CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu -...

18
ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR FUNCIONAMENTO DA LINGUA As categorías gramaticais 1. As palabras variables 2. As palabras invariables 3. As perífrases verbais ORTOGRAFÍA. O acento diacrítico. Acentuación das formas verbais EDUCACIÓN LITERARIA As cantigas de amigo 1. Concepto de cantiga de amigo 2. Características formais das cantigas de amigo 3. Clasificación das cantigas de amigo COMENTARIO DE TEXTO. Cantigas CONTIDOS DA UNIDADE

Transcript of CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu -...

Page 1: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

�ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR

�FUNCIONAMENTO DA LINGUA

As categorías gramaticais1. As palabras variables2. As palabras invariables3. As perífrases verbaisORTOGRAFÍA. O acento diacrítico.Acentuación das formas verbais

�EDUCACIÓN LITERARIA

As cantigas de amigo1. Concepto de cantiga de amigo2. Características formais das

cantigas de amigo3. Clasificación das cantigas

de amigo COMENTARIO DE TEXTO. Cantigas

CO

NT

IDO

S D

A U

NID

AD

E

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 42

Page 2: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

43

E S C O I T A R E F A L A R

1. � Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu -guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.Despois, responde as seguintes preguntas:

� Quen é a voz poética nesta cantiga?

a) Unha rapaza namorada. c) Un home.

b) Unha abeleira. d) Unha nai.

� A quen se dirixe esa voz poética?

a) A dúas amigas. c) A tres amigas.

b) Á súa parella. d) A Deus.

� Cal destes debuxos se corresponde coa imaxe descrita na canción?

� En que época do ano se desenvolve o poema? Xustifica a túa resposta.

� Que simbolizan na cantiga as flores e o baile? Explícao.

� Pensas que o sentimento que a música produce se corresponde co queexpresa a letra do poema? Xustifica a túa resposta.

2. A cantiga da que parte a letra desta canción é de Airas Nunes. Busca acantiga medieval e, logo de lérela, escoita de novo a canción e responde:

� Consideras que a lingua galego-portuguesa medieval era moi diferentedo galego e do portugués actuais?

� Pensas que aínda hoxe o galego e o portugués son dúas linguas moidiferentes entre si?

3. As cantigas medievais están anticuadas? Imos comprobar se as cantigasquedaron anticuadas ou non reproducindo como sería a conversa entre asamigas da cantiga se quedasen na actualidade para ir bailar.

� Organizádevos en grupos de tres.

� Imaxinade diálogos telefónicos nos que preparades un encontro entreamigos e amigas para irdes bailar a fin de semana. Deberedes decidironde quedar, que ides levar, a quen ides chamar…

� Despois, cada grupo representará o seu diálogo para o resto da clase.

T

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 43

Page 3: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 344

Mila levaba bastante présa. Aparcou en dobre filadiante da sucursal da Caixa e saíu lixeira do coche, xacoa tarxeta do caixeiro automático na man. Pechousepor dentro no portal e meteu a tarxeta no caixeiroelectrónico. Na pantalla apareceu «OLA, MILAGROS».Abriu a boca nun arrepío1 e sentiu un sufoco, unhaviolencia. Borrouse decontado e pasou a escribir «PARAOPERAR CO CAIXEIRO TECLEE O SEU NÚMERODE IDENTIFICACIÓN PERSOAL». Suspirou e fixo asoperacións rutineiras para sacar cartos matinando nasorpresa que lle deran ao programar o saúdo a cadacliente co número da tarxeta. Enxeñoso. E que tonta, quesusto levara. Gardou os cartos e saíu.

Estes da Caixa. Si que funcionaban ben! Releu a nota:por erro, ingreso de 600 €, demorouse na cantidade,600. Riu, se non a avisan vaia sorpresa había levar candofose mirar e vise todo aquilo de máis. O chaquetón depel. Non, mellor unha viaxe por Europa. Abriu uncaixón da mesa de traballo e gardou a notificación. Omalo era o da conta á que non lle ingresaron os cartos.Vaia susto debeu pasar. Ben, xa foi. Non tería que ir elaalí a nada? Mellor chamar por se acaso. Soprou osmocos cun kleenex que gardou na manga e ergueuse achamar.

Cando meteu a tarxeta apareceu na pantalla «OLAMILAGROS. QUE TAL? CHOVE?» Ficou parada, fría.Sentía medo, alí estaba a pasar algo. Sentíase miradapola máquina, a presenza da máquina. Marchar de alí,pero tiña dentro a tarxeta. A pantalla mudou o texto,«PARA OPERAR CO CAIXEIRO…». Mordendo o bei zofixo a operación de retirada de fondos. Colleu oscartos e o recibo, xa ía marchar cando a pantalla tecleou«PARA TI». Saíu a correr, o aire fresco confortouna. Erade tolos.

Cando chegou á casa mirou o recibo e no balancecomprobou a sospeita. Tiña 600 euros de máis na conta.Deixouse caer no sofá do tresillo e ficou alí estricada2

cos ollos moi abertos. Todo aquilo era de tolos, a quenllo ía contar?

Ao ir ao traballo parou na Caixa. Entrou coa vistabaixa, para non mirar o caixeiro. Que volveu a haber unerro, volvo a ter 600 euros de máis, vaia, grazas poravisar, canto sinto as molestias, parece que non se dáposto ben o caixeiro electrónico, mire, precisamentequería cancelar a miña tarxeta para o caixeiro, pero nonse preocupe muller, garántolle que non volve suceder,non importa, pero quero cancelala, pero se non fai falta,con non usala xa está, non, teño interese en cancelala.Como queira.

Ao saír do portal, sentiu a presenza da máquina quea fitaba3 pola pantalla. Camiñou decidida.

Releu a palabra escrita embaixo da cantidade final dobalance mensual. Pedíalle perdón. Outra vez, volvíaempezar. «PERDOA». Pobre, pensou. Sacudiu a cabeza,suspirou forte, fixo unha bóla co balance e guindounona papeleira. Ficou ollando á fronte, ao calendario daparede. Volveu coller o balance da papeleira. Estricoue alisou o papel, mirouno un intre e gardouno no caixónda mesa.

Os días de chuvia, coma aquel, non podía evitarlembrarse del, alí só, no portal, en silencio.

Fóra vense pasar os coches e xente con paraugas. Euagardo coa luz acesa. Algún día ha volver.

Tería sentimentos de certo? Quereríaa? Nunca sesentira desexada así. A verdade é que nunca tivera sortecos homes.

Sentía unha inquedanza que non a deixaba centrarno traballo. Estaba boba ou que? Sería tan parva devolver solicitar a tarxeta do caixeiro?

Suso DE TOROPolaroid, Biblioteca Galega 120-La Voz de Galicia (Adaptación)

1arrepío: estremecemento causado por frío, medo, repugnancia.2estricada: dise de alguén que ten estendido o corpo.3fitaba: mirábaa fixamente.

Desexo electrónico

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 44

Page 4: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

Comprensión do texto� Escoita e le o relato Desexo eléctronico, do escritor compostelán Suso de Toro.

Contesta as seguintes cuestións sobre o texto:

� Quen é a protagonista desta narración?

� Que outros personaxes aparecen? Copia as frases que che permitiron contestar.

� En que lugares se desenvolven os feitos relatados?

� Poderías enmarcar os feitos nun período determinado?

Ordena as seguintes viñetas segundo se suceden os feitos no relato.

Os acontecementos desta historia organízanse en tres partes. Copia no teucaderno e completa o seguinte cadro coa estrutura desta narración.

Mila ten varios encontros co caixeiro. Completa a táboa.

Indica se estas afirmacións sobre o texto son verdadeiras (V) ou son falsas (F).

Mila mercou un chaquetón de pel cos cartos que lle regalou o caixeiro. �

Mila cancelou a súa tarxeta de crédito para non ver máis o caixeiro. �

O caixeiro pediulle perdón a Mila pola súa actitude. �

Mila, que nunca tivera sorte cos homes, sentía inquedanza polo caixeiro. �

Cal das seguintes opcións reflicte mellor o tema do texto?

a) Un caixeiro electrónico avariado regala cartos á xente.

b) A protagonista, ante o seu descontento coa Caixa, cancela a súa conta.

c) A protagonista namórase dun caixeiro electrónico da Caixa.

d) A protagonista namórase dun empregado da Caixa.

Nun fragmento do texto, na voz do narrador insírense enunciados propios dospersonaxes. Localízao e cópiao no teu caderno.

Na secuencia «Fóra vense pasar… Eu agardo coa luz acesa. Algún día ha volver»o narrador cambia de persoa. Quen está detrás desa primeira persoa?

Escribe agora un resumo do contido do conto de Suso de Toro.10 T

9

8

7

6

5

4

3

2

1

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 3 45

Parte I Dende Mila levaba ata Introdución ou inicio: preséntase a

Parte II Dende ata Nó:

Parte III Dende ata tarxeta do caixeiro. Desenlace: _______

Primeira visita

Segunda visita

Terceira visita

Actitude inicial de Mila Actitude do caixeiro e reacción de Mila O sentimento amorosoé universal e atemporal. Buscainformación sobre as seguin -tes parellas, símbolo da mito -loxía romántica universal.

Relaciona os personaxesan teriores cos auto res queapa recen a continuación.

T

Chrétien de Troyes

Pierre Abélard

Johann Wolfgang Von Goethe

Miguel de Cervantes

William Shakespeare

Abelardo e Eloísa

Werther e Carlota

Don Quixote e Dulcinea

Romeu e Xulieta

Tristán e Isolda

II

I

I nvest igac ión

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 45

Page 5: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

VocabularioA protagonista do relato, como ía con présa, aparcou o coche en dobre fila.

Introduce os termos que aparecen no recadro nos seguintes enunciados.

a) Xaneiro, febreiro e marzo constitúen o primeiro do ano.

b) Se mercas o envase sáeche a mellor prezo.

c) Existe unha solución para resolver este problema.

d) A empanada enteira éme moita. Córtame a

e) Como somos sete irmáns a cada un tócanos a parte.

Substitúe as palabras subliñadas nas seguintes oracións por un sinónimo.

a) Aparcou en dobre fila diante da sucursal da Caixa e saíu lixeira do coche.

b) Suspirou e fixo as operacións rutineiras para sacar cartos.

c) Programar o saúdo a cada cliente co número da tarxeta. Enxeñoso.

d) Camiñou decidida.

Mila gardou un kleenex «na manga e ergueuse a chamar». Localiza na ilustraciónda marxe os seguintes termos, que fan referencia a partes e adornos da roupa.

Localiza no texto verbos do campo semántico de «ver», busca o seu signi -ficado no dicionario e anótao. Despois, relaciona as expresións das dúas columnas.

Completa as seguintes oracións coas palabras do recadro.

a) En marzo, Brais ten que o segundo prazo das académicas.

b) Para poder mercar o coche, tivo que pedir un ao banco.

c) As afirman que o ano que vén mellorará a situación económica.

d) Aínda non recibín a carta do banco cos que me corresponden.

e) Díxolle que se non cobraba, tería que o pagamento da hipoteca.

f) Se non queres vivir de alugueiro tes que para mercar un piso.

g) A tarefa do concello é cartos por medio de impostos.

ExpresiónContinúa o relato Desexo electrónico tendo en conta os seguintes aspectos:

� Pensa que ocorrencia ten Mila para poder achegarse de novo ao caixeiro.

� Relata como é a historia de amor que viven ambos os dous.

� Inventa un final no cal os namorados adquiran a mesma condición física.

fisgar

entrever

albiscar

outear

asexar

pespuntoollallapelafibelacoloabadoapeto

T14

adiar xuro aboar aforrar taxa recadar empréstito estatística

metade terzo duplo triplo sétimo

16

15

13

12

11

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 346

Mirar de esguello e con disimulo.

Observar con atención e coidado para non ser visto.

Ver con dificultade unha cousa semioculta.

Observar desde un lugar alto.

Ver ao lonxe ou de maneira confusa.

1

2

3

4

5

6

7

8

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 46

Page 6: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

As categorías gramaticais

As palabras variables O substantivo, o adxectivo cualificativo e o verbo

O substantivo é a palabra que designa obxectos, seres vivos ou ideas.

O substantivo recoñécese porque pode aparecer precedido dos artigos o, a,os, as: o lapis, a balea, os piñeiros, as teimas.

O adxectivo cualificativo expresa unha calidade ou característica do substantivo.

Recoñécese porque pode acompañar un nome, co que concorda en xéneroe número: avó amoroso, cadela espelida, días claros, actividades sás. Ademais,pode expresar grao: positivo (doado), comparativo (máis / menos / tan doadocomo) e superlativo (moi doado, doadísimo, o máis doado de, doado doado).

O verbo expresa unha acción que se realiza ou acontece no tempo.

O verbo pódese conxugar: admite variacións de persoa (primeira —falo—,segunda —falas— ou terceira —fala—), número (singular —falo— ou plural—falamos—), tempo (presente —falo— pretérito —falei— ou futuro —falarei—)e modo (indicativo —falo—, subxuntivo —fale— e imperativo —fala—).

Actividades

Copia no teu caderno todos os substantivos que aparecen no seguinte texto.

As desvantaxes da defensa en liñaSituado no emprazamento teórico do que en tempos antigos se tiña designado

baixo o nome de zagueiro central, contemplou o achegamento do balón queviña rexeitado polo pau traveseiro da meta propia, logo de superar o esforzo dogardarredes, que se estricou en van, aínda que, sorte, alí estaba a madeira queevitou o tanto. Con actitude e xesto que virtudes innatas e técnica aprendidamudaran en perfección pulcrísima, introduciu o peito cara a dentro e alí pousouobediente e maino o esférico que chegaba. Ergueu lixeiramente, con precisión demáquina infalible, a súa perna dereita, cuxo xeonllo a bóla bicou docemente,e baixou o coiro, cun control perfecto, ata o chan, logo de o ter detido definitiva-mente con morna dondice1 co pé esquerdo. […] Sereno, a bóla durmiñandoencol da herba, ergueu a vista e ollou o carrileiro dereito que acenaba coa mandemandándolle o pase ao oco desgardado.

Víctor VAQUEIRO

Os xenerais de África, Galaxia

Especifica o xénero e o número de cada un dos substantivos do texto anterior.

Copia todos os adxectivos cualificativos do fragmento. Hai algún que non esteaen grao positivo? Identifícao e di en que grao aparece.

Nos seguintes pares de palabras, diferencia o substantivo do adxectivo.

a) grave / gravidade c) ledicia / ledo e) tenrura / tenra

b) cansazo / cansado d) pulcro / pulcritude f) bo / bondade

Localiza todas as formas verbais presentes no texto e analízaas.5

4

1

2

3

1

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 3 47

1dondice: (palabra non normativa);dise de algo que é suave, doce oudelicado.

L e m b r a

As clases de palabras pódensedividir en dous grupos: palabrasvariables e palabras invariables.

PALABRAS VARIABLES

Con variación de xénero, número e (algunhas) persoa

� Artigo� Substantivo� Adxectivo (cualificativo

e determinativo)� Pronome

PALABRAS INVARIABLES

Sen variacións

� Adverbio� Preposición� Conxunción� Interxección

Con variación de persoa, número,tempo, modo e aspecto

� Verbo

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 47

Page 7: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

O artigo, os adxectivos determinativos e os pronomes

O artigo colócase diante do substantivo e a súa función é determinalo.

O artigo presenta dous tipos de formas: os artigos determinados (o río, aviaxe, os legumes, as montañas) e os indeterminados (un mariñeiro, unha tarefa,uns exercicios, unhas amigas). Uns e outros presentan contraccións.

Os adxectivos determinativos acompañan o substantivo e seleccionan o obxectoao que se refire o falante.

Os determinativos concordan en xénero e número co substantivo ao queacompañan e, como os artigos, funcionan como determinantes: estes amigos,a nosa vila, quinto andar, varias veces.

Os pronomes son as palabras que substitúen os substantivos.

Xunto aos pronomes persoais, existen tamén pronomes demostrativos,posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos. Estes seisúltimos tipos diferéncianse dos determinativos correspondentes en que estesacompañan sempre un substantivo en canto que os pronomes o substitúen:

Quería algunhas mazás. Quédalle algunha?(Adx Indef � Subs) (Pron Indef)

Actividades

Razoa se as palabras subliñadas nas oracións son determinativos ou pronomes.

a) Nós xa estiveramos xuntos en varias ocasións nese areal, mais esta foi especial.

b) Díxencho dúas veces, non penses ti que vai haber unha terceira.

c) O meu irmán percorre dous quilómetros en bicicleta todos os días para chegarao traballo e algúns incluso lle dá tempo a mercar o seu xornal favorito.

d) Son poucas as oportunidades coma esa, non o penses nin cinco minutos.

e) O outro día amañamos esa billa por cuarta vez no que vai de ano.

f) Saíron todos na procura da miña cobaia perdida.

Clasifica os adxectivos determinativos e os pronomes da actividade 6.

Sinala a que substantivos substitúen os pronomes das oracións a), b) e c).

Indica o número e a persoa dos pronomes persoais das oracións do exercicio 6.

Escribe unha oración na que as palabras esa, túa e algún sexan adxectivosdeterminativos e outra na que funcionen como pronomes. 10

9

8

6

7

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 348

CLASES DE ADXECTIVOS DETERMINATIVOS

este / -a / -es / -as, ese / -a / -es / -as, aquel / aquela / -es / -as

un / unha / uns / unhas, algún / algunha…, outro…, todo…, moito…

meu, teu, seu, noso / -a / -os / -as, voso / -a / -os / -as…, meus, teus, seus…

� Cardinais: un / unha, dous / dúas, tres…, dez…, cen…, mil…� Ordinais: primeiro / -a / -os / -as, segundo…; undécimo…; vixésimo…

Demostrativos

Indefinidos

que, cal / cales, canto / canta / cantos / cantas…Interrogativos e exclamativos

Posesivos

Numerais

Os pronomes persoais

Os pronomes persoais refírenseás tres persoas gramaticais queinterveñen na comunicación.

1.ª

2.ª

3.ª

SINGULAR PLURAL

eu, me,min,comigo

ti, te, che,contigo

el, ela, se,o, a, lle, siconsigo

nós,nosoutros / as,nos, connosco

vós, vosoutros / -as,vos, convosco

eles, elas, se,os, as, lles, si,consigo

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:35 Página 48

Page 8: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

As palabras invariables

Os adverbios expresan lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación ou negación.

As preposicións e as conxuncións serven para relacionar palabras (cana de pescar)ou grupos de palabras (A rapaza e as súas amigas; collelo ou deixalo).

A seguir, inclúese un cadro coas preposicións máis frecuentes e as principaisclases de conxuncións (estudaralas a partir da UNIDADE 7).

As interxeccións son palabras que expresan un sentimento ou emoción (dor, ledicia,medo…) ou que pretenden conseguir unha reacción na persoa a quen se dirixen.

As interxeccións equivalen a unha oración e empréganse sempre cun tonexclamativo: ai!, adeus!, bo!, ca!, eh!, ei!, ho!, madía!, oh!, ola!, upa!, vaites!, xo!

Actividades

Le o texto e explica coas túas palabras que misterio encerran as doce badaladas.

CronóforosO reloxeiro da Praza Maior sabíao. Tamén o sabía don Pexerto Álvarez, o peni-

tenciario1 da catedral, e don Heriberto Rodil, de Tecidos e Novidades «La Selecta».Alén deles tres, semellaba que ninguén coñecía o valor premonitorio do reloxo.

Afortunadamente non sucedía a miúdo. Desde a última vez pasaran xa quinceanos. Quince anos desde que Lutgarda Santiso aparecera, morta na bañeira.Non había sinais de violencia como non os houbera no pasamento das tresirmás que a precederan na morte repentina. Quince anos despois as cousascomezaban igual: o reloxo dera as doce con once badaladas e media. Era a sétima aque non chegaba a ser enteira. Cumpría un oído musical para percibir o fenómeno.

Marica CAMPO

Confesión e morte de María Balteira, Bahía (Adaptación)

Copia no teu caderno todos os adverbios que aparecen no texto e clasifícaos.

Identifica as preposicións e mais as conxuncións da pasaxe.

Indica a que clase de palabra pertence cada un dos termos subliñados14

13

12

11

2

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 3 49

CLASES DE ADVERBIOS

aquí, aí, acá, alá, alí, aló, arredor, cerca, preto, lonxe, diante, detrás, embaixo…

agora, antes, despois, logo, onte, hoxe, mañá, daquela, aínda, xamais, mentres…

Lugar

Tempo

así, ben, mal, mellor, peor, adrede, devagar, amodo…Modo

moi, moito, pouco, nada, só, abondo, bastante, demasiado, apenas, case, xusto… Cantidade

si, abofé, tamén, certamente, efectivamente…Afirmación

non, tampouco, sequera…Negación acaso, disque, seica, quizais, talvez…Dúbida

agás, ante, após, ata / até, baixo, cabo, canda, con,contra, de, deica, desde / dende, en, entre, para, por,segundo, sen, sobre, tras…

PREPOSICIÓNS

e, mais, nin, ou, pero, porén, senón,porque, que, se, como, cando,onde…

CONXUNCIÓNS

1penitenciario: confesor.

Adxectivo ou adverbio?

Cómpre prestares atención paranon confundires os adverbiosde cantidade cos adxectivosindefinidos:

� Os adxectivos indefinidosacostuman aparecer diante dunsubstantivo, co cal concor danen xénero e número: Vai moitacalor; Teño bastante fame.

A excepción é o indefinidoningún / ningunha, que podecolocarse diante ou detrás dosubstantivo: Non teño ningunhafame / fame ningunha.

� Os adverbios de cantidadeadoitan ir detrás do verbo ouante un adxectivo cualificativoou outro adverbio. Ademais,son invariables: Camiñamos moi-to; Foi moi sinxelo.

© Luisa Díaz.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 49

Page 9: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

As perífrases verbais

Unha perífrase verbal é unha categoría constituída por dúas formas verbais quedesempeñan, conxuntamente, a función de núcleo do sintagma verbal.

Está formada por un verbo auxiliar en forma conxugada e un principal enforma non persoal, que achega o significado fundamental. Estas dúas formasverbais poden ir unidas por unha preposición ou pola conxunción que:

nesas caixas. todo iso.V Aux � Prep � V Ppal V Aux � Conx � V Ppal

As perífrases verbais pódense clasificar segundo dous criterios: a forma nonpersoal do verbo e o significado da propia perífrase.

Actividades

Localiza as perífrases verbais das seguintes oracións e clasifícaas segundo oscriterios estudados. Nas modais, indica cales expresan obriga e cales posibilidade.

a) Andas a tremer porque non trouxeches o abrigo.

b) Nese grupo non hai ninguén que non estea a aprobar.

c) Esta semana van facer unha viaxe moi esperada.

d) Lévao intentando todo o día, mais non dá feito.

e) Xa deben de ser as doce, así que temos de marchar a fume de carozo.

f) Teredes de volver mañá, porque hai que rematar de sementar a leira de centeo.

g) E logo ela de quen vén sendo?

h) Aínda vén de saber que aprobou o exame e xa deu en repartir agasallos.

Completa con dúas perífrases a oración do seguinte recadro.

3

Moito (camiñar) eu por ese paseo, mais poucas veces (completar) todo o percorrido.

16

15

limparqueHairemexeraAndan

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 350

Un erro frecuente constitúeoo uso da perífrase ir � infinitivocoa preposición a: *Vou a xantaren vez de Vou xantar.

Exceptúase da norma anterioro emprego de ir � a � infinitivocando equivale a ir � xe rundio.Daquela, son correc tas as expre-sións Ían a correr todo o camiñoe Ían correndo todo o camiño.

En canto ao uso da perífraseter � participio, lembra quenon é equivalente a un temposimple (teño escrito � escribín).Ademais, indica con frecuenciareiteración no pasado: Temosvisitado esa catedral en variasocasións.

Norma cu l ta

CLASES DE PERÍFRASES SEGUNDO A FORMA NON PERSOAL

Perífrases de infinitivo

ir � inf: Imos cear; ter que / de � inf: Teño de marchar; estar a � inf: Está a chover; estar para � inf: Está para se deitar; andar a � inf: Andan a xogar;vir de � inf: Veño de comprobar os freos.

Perífrases de xerundio

estar � xer: Está nevando; andar � xer: Andaba pescudando no meu pasado;levar � xer: Levo vivindo aquí toda a vida; seguir � xer: Seguía falando só; vir � xer: Veño sendo así desde sempre.

Perífrases de participio

dar � part: Non deu feito a cea en tempo; levar � part: Levo lido centos de libros;ir � part: O catarro xa vai curado; ter � part: Teño estado alí moitas veces.

CLASES DE PERÍFRASES SEGUNDO O SEU SIGNIFICADO

Perífrases temporais:indican futuridade

ir � inf: Vai impartir unha conferencia.estar a / para � inf: Estivo para os deixar en terra.haber (de) � inf: Has de confesar deseguida.querer � inf: As cebolas xa queren agromar.

Perífrases modais: indicanobriga, posibilidade oucapacidade

� Perífrases de obriga: haber que � inf: Hai que pagar todo;deber � inf: Debo calar; ter que / de � inf: Tes que vir.

� Perífrases de posibilidade ou capacidade: deber de � inf:Deben de ser as oito; haber � inf: Han ser novos na vila; poder � inf: Pode ter vinte anos.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 50

Page 10: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

O acento gráfico nasformas verbais

� As formas verbais que levanun pronome enclítico compór -tanse coma se fosen una soapalabra e levan acento gráficoou non segundo as regrasxerais: dixeron / dixéronllelo,mantén / mantense…

� As formas verbais que levanacento diacrítico consérvanocando levan un pronome enclí -tico: é / éche, pór / pórlle…

� A primeira e segunda per-soas do plural do copretérito,antepretérito e pospretéritoteñen acentuación grave, polotanto non levan acento gráfico:can ta bamos, cantarades, canta -ria mos…

O acento diacrítico. Acentuación das formas verbais

O acento diacrítico utilízase na escritura para distinguir parellas depalabras con significados distintos que se escriben de forma idéntica.

O R T O G R A F Í A

Le o seguinte texto e copia todas as palabras que levenacento diacrítico. Escribe tamén o seu significado.

Ás voltas coa estaturaNon é que ás persoas normais lles interese moito que aque-

les que os gobernan sexan máis ou menos cativos —sempreque o da cativeza estea referido só á estatura, naturalmen-te—, pero debemos comprender que, cando alguén chega ataonde este home chegou, hai unha lóxica tendencia a se desta-car da xente da rúa e non é moi doado admitir que calquerados que, polas razóns antes ditas, deben estar por baixo delresulte ser mellor mozo. E cómpre que fagamos por entendelo,aínda que nos custe caro… Non importa que outros sexanmáis intelixentes, sensibles, razoables, cultos ou comprensivosxa que iso non se aprecia nas fotografías dos xornais, o quelle resulta imposible de aturar é o da estatura, precisamenteporque iso é algo que si se pode ver a poucas que un se fixe.

Paco MARTÍN

Lerias, Xerais

No texto hai palabras que pertencen ás parellas queutilizan o acento diacrítico, pero non o levan. Cópiaas.

Constrúe enunciados coas seguintes palabras.

Acentúa nas oracións as palabras que o precisen.

a) Xacinto ven con presa xa que ten clase pola tarde.

b) Nos entramos no pavillón e vos quedastes fora.

c) Teño un no nos amallós e non son quen de o desatar.

d) Que che gusta mais, a macela, o poexo ou o te?

e) Crebei o fémur, o oso mais longo do esqueleto.

Conxuga os tempos dos verbos que se indican. Queformas verbais levan acento gráfico e cales non?

a) Copretérito de amar e andar.

b) Antepretérito de correr e coller.

c) Pospretérito de partir e seguir.

Acentúa ortograficamente os verbos que o precisen.

a) Cando chegaron pola tarde deronlles os agasallos.

b) Dixolles que este Nadal non ía viaxar en tren.

c) Deronnos unha boa lección de como se debe xogar.

d) Contalle ao profesor a mesma desculpa todos os días.

� Escoita o texto do ditado e cópiao no teu caderno.

Copia todas as palabras do texto do ditado que escribisescon acento gráfico e razoa por que o levan.

oso fóra ves vén chás sé ás do bola

3

2

7

8

6

5

41

UNIDADE 3 51

PALABRAS QUE SE DISTINGUEN POLO ACENTO DIACRÍTICO

a: artigo, preposición ou pronome / á:extremidade das aves; contracción a � a

no: contracción en � o / nó: lazo

as: artigo ou pronome / ás: extremidades dasaves; carta co número un; contracción a � as

nos: contracción en � os; pronome átono /nós: pronome tónico, plural de nó.

besta: animal / bésta: arma antiga; resorte o, os: pronomes átonos, artigos / ó, ós: a � o, os

bola: peza de pan / bóla: pelota oso: animal / óso: parte do esqueleto

ca: conxunción / cá, cás: ca � a, ca � as pe: letra do alfabeto / pé: parte do corpo

co, cos: con � o, os / cós, cós: ca � o, os pola: contracción por � a / póla: galiña, rama

compre: merque / cómpre: é preciso por: preposición / pór: poñer

cha, chas: che � a, as / chá, chás: fem. de chan presa: prendida; encoro; puñado / présa: apuro

da, das: contraccións de � a, as / dás: v. dar se: conxunción ou pronome / sé: sede; v. ser.

do, dos: de � o, os / dó, dós: compaixón; nota. so: baixo / só: unicamente; en soidade

e: conxunción copulativa / é: verbo ser te: pronome átono / té: letra; infusión

fora: verbos ser ou ir / fóra: adverbio ves: verbo ver / vés: verbo vir

ma, mas: me � a, as / má, más: mala, malas ven: verbo ver / vén: verbo vir

mais: conxunción / máis: adv. de cantidade vos: pronome átono / vós: pronome tónico

Actividades

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 51

Page 11: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

A C T I V I D A D E S

María Balteira, soldadeiraMaría Balteira foi a máis sonada das soldadeiras da nosa

época medieval, mulleres adscritas á Corte que tiñan comooficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada. Nasilustracións do Cancioneiro de Ajuda aparecen danzando,tocando as castañetas ou o pandeiro na compaña dun xograr.

Temos noticia da Balteira polas cantigas de escarnio que llededican dez trobadores, que fixeron dela albo das súas burlas.Por eles coñecemos unha muller paradigma de todos os viciose transgresións que a época condenaba, malia ser parte deles,nun exercicio de dobre moral. Boca xuradora, practicante dotiro con bésta, xogadora de dados, trampulleira no xogo…

Como no caso das demais soldadeiras, non se fai ningunhareferencia á súa arte. Eran tempos en que a muller só podíaelixir entre practicar o amor santo, no claustro ou no ma -trimonio, lonxe do pracer, ou ser soldadeira para gozar, maliaentrar nunha certa marxinalidade. Isto explica a opción deBalteira que, sendo fidalga e posuíndo bens de seu, elixe unoficio próximo á prostitución.

Nada se sabe do lugar e data da súa morte. Hai un diplomade 1257, no que «dona María Pérez lles cede unha rica herdadeaos monxes cistercienses de Sobrado, a cambio dunha rendavitalicia que ha cobrar na súa casa de Armeá (A Coruña). DonaMaría debe facer servizo ao mosteiro, e á súa morte os monxeslevarana a Sobrado nun ataúde, e daranlle dó cumprido defamiliar». Mais non se atopa ningunha referencia de secumpriu ou non a devandita manda. Este documento dáconta tamén do propósito da Balteira de ir a unha cruzada.

Fica a dúbida sobre que datos das cantigas responden á súaauténtica biografía porque estas son un tópico literario en queconflúe a sátira dos autores co ánimo de facer rir, lonxe dunhaintención moralizadora. En todo caso, a visión que se nosofrece responde ao imaxinario masculino da época, cheo deprexuízos machistas, a cimbrar entre a veneración ás santase o vituperio ás soldadeiras, entre as Cantigas de Santa Maríaou as cantigas de amor e as obscenidades das de escarnio.

Mais a lenda desta muller traspasa os séculos e segueinspirando a autores dos nosos días que a ven como un ar deliberdade nas ríxidas normas coas que o sistema patriarcalmarcou o territorio feminino. Neles, María Balteira renaceoutra, como se a literatura, que antes a abaixou, a quixeserehabilitar agora e elevar á categoría de heroína patria.

En todo caso, María Balteira é excepción ou é a punta doiceberg dun conxunto de mulleres ousadas? Non se esquezaque ela pertence a unha nación, Galicia, cunha marcadatradición artística feminina, desde as puellae cantoras1 a quese refiren clásicos como Estrabón ou Lilio Itálico, ata nacontinuación diacrónica, a «meniña gaiteira», de Rosalía deCastro.

Marica CAMPO

www.culturagalega.org (Adaptación)

1puellae cantoras: rapazas músicas.

Le o texto e responde as seguintes cuestións:

� Quen eran as soldadeiras? De onde lles vén o nome?

� En que cantigas se fai un retrato de María Balteira?Como a presentan?

� Segundo o texto, responde esa descrición fielmenteá realidade? Por que?

Cos datos do texto e a túa imaxinación, escribe unhabiografía de María Balteira que se arrede da sátira dascantigas, do imaxinario masculino e do perfil de heroína.

Copia todos os substantivos do segundo parágrafo dotexto e indica o xénero e número de cada un deles.

Identifica agora os adxectivos cualificativos que apare -cen no cuarto parágrafo. A que substantivos acompañan?

Localiza no texto un adxectivo en grao superlativo.

Clasifica no teu caderno as palabras resaltadas en corno texto segundo sexan determinativos ou pronomes.

Clasifica nunha táboa os determinativos da actividade 6.De que clase non atopaches exemplos? Engádeos ti.

A que substantivos substitúen os pronomes da acti vi -dade 6?

Analiza as formas verbais subliñadas segundo o exemplo.

Exemplo � foi: verbo ser; 3.ª persoa do singular do pretérito.

Localiza todos os adverbios do fragmento e clasifícaossegundo a circunstancia que expresen.

Que preposicións aparecen no texto?

Identifica, no terceiro parágrafo, cando menos unhaconxunción.12

11

10

9

8

7

6

5

4

3

2

1

UNIDADE 352

Repaso e desenvolvemento de competencias básicas

Demostrativos Interrogativos

Indefinidos Numerais

Posesivos Exclamativos

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 52

Page 12: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

Le estoutro fragmento e contesta as cues tións:

� Quen foi Prisciliano? Cando, onde e como morreu?

� Cales eran as bases da súa doutrina?

� Por que o xornalista Ramón Chao denomina soamenteCompostela á cidade de Santiago de Compostela?

Explica a teoría de Ramón Chao e razoa por que de -fende que a proba do car bono 14 sería definitiva para deter -minar a quen pertencen os restos da catedral de Santiago.

Busca no texto unha perífrase verbal que obedeza aoesquema ter � participio, e indica o seu valor.

Enlaza elementos de cada grupo e constrúe seis perí -frases verbais. Poden levar ou non elemento de enlace.16

15

14

13 Constrúe unha oración simple con cada unha das perí -frases que escribiches na actividade 16.

Fíxate nas oracións que aparecen máis abaixo e indicao seguinte:

� Cales inclúen unha perífrase verbal.

� De que perífrases verbais se trata.

� Cal é o valor de cada perífrase.

� A diferenza de significado entre os cinco seguintesenunciados.

a) Esta tarde xogarei un partido de fútbol.

b) Esta tarde teño que xogar un partido de fútbol.

c) Esta tarde volvo a xogar un partido de fútbol.

d) Esta tarde hai que xogar un partido de fútbol.

e) Esta tarde non demos xogado un partido de fútbol.

Escribe as palabras que levan acento diacrítico para sediferenciaren das destacadas en cor no texto.

Elabora un mapa conceptual dos principais contidosdo bloque de Funcionamento da lingua desta unidade.

T20

19

18

17

UNIDADE 3 53

A C T I V I D A D E S

ten

deberon

están

segue

leva

temos

facer

ardendo

quentar

esperado

avisar

coincidido

O priscilianismo foi un movemento herético que sedesenvolveu no norte da Hispania romana dende finais doséculo IV ata practicamente a chegada dos musulmáns áPenínsula no ano 711. Debe o seu nome a Prisciliano, bispode Ávila que redactou unha doutrina á marxe do Catolicismoe que se rodeou dun numeroso grupo de seguidores.

A súa doutrina tiña posta a súa mirada no máis primitivoe puro cristianismo, aquel que acompañou os primeirosdiscípulos de Xesús. Unha das súas características principaisfoi o ascetismo do que se rodearon Prisciliano e os seusdiscípulos. Opoñíase radicalmente á crecente opulencia da quefacían gala algúns membros da xerarquía católica.

Outra das súas características era o nomeamento dedoutores á marxe da acción da Igrexa Católica e a presenzade mulleres nas súas reunións. Entre os seus obxectivosfiguraba a reforma do clero e da sociedade a través do celibatoe da pobreza.

A traxectoria de Prisciliano como bispo de Ávila e teóricoda nova doutrina truncouse cando viaxou a Tréveris (actualAlemaña) para se entrevistar co emperador Máximo. Caeununha trampa e foi decapitado no ano 385.

Por desgraza para os seus inimigos, a doutrina priscilianistanon acabou coa morte do bispo. Estendeuse con moitísimaforza na Gallaecia e durante varios séculos recolleuse a pre -senza de priscilianistas. A súa pegada pérdese coa chegada dosmusulmáns á Península, no 711.

Anos despois da súa morte, algúns seguidores do bispo tras-ladaron os seus restos mortais dende Tréveris ata Gallaecia.Non son poucos os que sosteñen que a tumba de Santiago deCompostela, onde na actualidade se venera o apóstolo Santiagoacolle, en realidade, os restos de Prisciliano.

Entre os que manteñen esta tese atópase o xornalistaRamón Chao: «Santiago, en Galicia, non ten o valor mítico querepresenta en Europa ou en Brasil. É un santo turístico e o seuvalor naceu como unha necesidade política, social e militardos cristiáns europeos. O Camiño era tan importante que osingleses chamaban a todo o norte de España Jacobsland,aínda que eu á cidade chámoa Compostela, non Santiago».

«O apóstolo», prosegue, «foi decapitado en Xerusalén noano 42 e enterrado en Palestina. Co carbono 14 radioactivosería moi doado probar que os restos da catedral son dunhome do século I, pero nunca se ten feito. Non se quixo faceresa proba, que sería definitiva». O escritor galego súmase asía outros historiadores españois e estranxeiros que aseguranque a arca de prata da catedral encerra as reliquias do herexePrisciliano, e non as do apóstolo.

FONTES: Wikipedia e elmundo.es

Santiago ou Prisciliano?

que

a

de

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 53

Page 13: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

As cantigas de amigo

Concepto de cantiga de amigoAs cantigas de amigo enmárcanse nun fondo lírico europeo no que se

inscriben tamén as kharxas mozárabes e os vilancicos casteláns, cos quepresentan trazos temáticos comúns.

Nas cantigas de amigo unha voz poética feminina láiase da ausencia do amadocoas amigas, a súa nai ou algún elemento da natureza.

Nestas cantigas o namorado aparece nomeado coa palabra «amigo». Destacaa ambientación nunha paisaxe idílica —cam pestre ou mariñeira—, confi gu radasegundo o tópico do locus amoenus, na que cobran importancia os símbolos.

Actividades

� Escoita atentamente e le a seguinte cantiga. Despois, contesta as cuestións.

Ondas do mar de VigoOndas do mar de Vigo,se vistes meu amigo?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,se vistes meu amado? 5

E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,O por que eu sospiro?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Se viste meu amado, 10Por que hei gran coidado?

E, ai Deus, se verrá cedo!Martín CÓDAX

� Quen fala no poema? Onde se atopa?

� A quen se dirixe? Copia as expresións coas que apela ao receptor.

� Por quen pregunta? Con que palabras o nomea?

Escribe un breve resumo da anécdota desta cantiga.

Explica a ambientación da composición. Recoñeces algún símbolo?3

2 T

1

1

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 354

L e m b r a

� A poesia galego-portuguesamedieval desenvolveuse no reinode Galicia dende finais do séculoXII ata mediados do século XIV.

� As súas producións literariasconsérvanse fundamentalmente noCancioneiro da Ajuda, no Cancio -neiro da Biblioteca Nacional e noCancioneiro da Biblioteca Vaticana.

� As cantigas medievais pódenseclasificar en cantigas de amigo,cantigas de amor, cantigas deescarnio e maldicir, e Cantigas deSanta María.

SÍMBOLOS POÉTICOS DAS CANTIGAS

Árbores� A abeleira, ao ser unha das primeiras árbores en florecer, está asociada

á primavera, a estación do amor. � Os piñeiros, traen novas do namorado e as súas pólas protexen os encontros.

Auga

Está relacionada coa fecundidade:� As fontes sinalan o encontro e os baños son preliminares das citas amorosas. � Lavar cabelos ou camisas significa que os namorados teñen relacións sexuais.� As augas claras son signo de pureza e as remexidas, de perda da virxinidade.

Cervo Simboliza o namorado, o elemento masculino.

DoasSon as prendas que se intercambian os namorados (fitas, aneis…) comopromesa de amor. A súa perda indica infidelidade.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 54

Page 14: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

Características formais das cantigas de amigoNa poesía galego-portuguesa distínguense dúas formas básicas: a cantiga de

refrán, á que responden a maioría das cantigas de amigo, e a cantiga de mestría,máis habitual nas cantigas de amor (UNIDADE 4).

Formalmente, as cantigas de amigo son cantigas de refrán, pois ao final decada estrofa repítese o mesmo verso, denominado «refrán».

As cantigas de amigo están constituídas por unha serie de estrofas de dousversos coa mesma rima —isto é, dísticos monorrimos— rematados polo«refrán», que presenta unha rima independente.

Ademais, nestas composicións empréganse dous recursos de repeticióncaracterísticos: o paralelismo e o leixaprén. Fíxate na seguinte cantiga:

Como vivo coitada, madre…Como vivo coitada1, madre, por meu amigo,ca m’enviou mandado que se vai no ferido2:

e por el vivo coitada!

Como vivo coitada, madre, por meu amado,ca m’enviou mandado que se vai no fossado3:

e por el vivo coitada!

ca m’enviou mandado que se vai no ferido:eu a Santa Cecilia de corazón o digo:

e por el vivo coitada!

ca m’enviou mandado que se vai no fossado:eu a Santa Cecilia de corazón o falo:

e por el vivo coitada!Martín DE XINZO

� Paralelismo. Fíxate en que os versos destacados en azul son case iguais;neles só cambian a últimas palabras: amigo / amado, sinónimas entre si. Aeste recurso chamámolo paralelismo.

� Leixaprén. Observa agora que o verso que aparece en maxenta —o segundoda primeira estrofa— é o primeiro da terceira (e así sucesivamente); esteprocedemento rítmico denomínase leixaprén.

Actividades

Contesta as seguintes cuestións sobre a cantiga de Martín de Xinzo:

� Quen é a voz poética desta composición?

� Con quen fala ese emisor? Con que palabra apela ao receptor?

� De quen fala? Como o nomea?

Escribe en dúas liñas un resumo da anécdota desta cantiga.

Fíxate agora na forma do poema:

� De cantas cobras está composta? Cantas palavras ten cada cobra?

� En que cor aparece destacado o refrán?

� Cantas sílabas teñen os versos da cantiga? Que tipo de rima presentan?

Copia a cantiga no teu caderno e sinala coa cor correspondente outros exemplosde paralelismo e leixaprén.7

6

5 T

4

2

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 3 55

Métrica medieval

� Nas cantigas medievais de -no mínaselle cobra ao que ha -bi tualmente se nomea estrofa,e palavra, ao que cha mamosverso. Á hora de realizar o cóm -puto silábico das pala vras, debester en conta que non se fanmáis sinalefas que as especifica -das na cantiga e que só se contaata a última sílaba tónica.

� Nas cantigas dáse o fenó -meno do isosilabismo, é dicir,todos os versos deben ter omesmo número de sílabas.

� No que se refire á rima, seas palavras rematan en palabraaguda, dicimos que se trata deversos machos, e se rematan enpalabra grave, de versos femias.

Dístico monorrimo

Refrán

Dístico monorrimo

Refrán

Dístico monorrimo

Refrán

Dístico monorrimo

Refrán

1coitada: desventurada.2ferido: expedición guerreira.3fossado: expedición guerreira.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 55

Page 15: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

Clasificación das cantigas de amigoAs cantigas de amigo pódense clasificar en función de dous criterios:� Segundo a forma do discurso, poden ser monologadas, cando só

escoitamos a voz da rapaza; e dialogadas, cando establece un diálogo cunreceptor (a nai, as amigas…). Algunhas non seguen estes modelos.

� Segundo a temática que desenvolven, presentan os seguintes subxéneros.

Actividades

� Escoita e le a seguinte cantiga. Entre quen se establece o diálogo?

Digades, filha, mia filha velida—Digades, filha1, mia filha velida:porque tardastes na fontana fría?

Os amores ei!

Digades, filha, mia filha louzana:porque tardastes na fría fontana? 5

Os amores ei!

—Tardei, mia madre, na fontana fría,cervos do monte a augua volvían.

Os amores ei!

Tardei, mia madre, na fría fontana,cervos do monte volvían a augua. 10

Os amores ei!

—Mentir, mia filha, mentir por amigo!Nunca vin cervo que volvese ao río.

Os amores ei!

Mentir, mia filha, mentir por amado! 15Nunca vin cervo que volvess’o alto.

Os amores ei!Pero MEOGO

Identifica e explica os símbolos empregados nestes versos.

Resume en dúas ou tres liñas o contido da cantiga de Pero Meogo.

De cantas cobras está composta? Cantas palavras compoñen cada unha? Queverso constitúe o refrán?

Mide as sílabas das palavras e indica a rima deste poema.

Sinala os casos de palalelismo do texto. Hai leixaprén? Razóa a túa resposta.

Clasifica a cantiga de Pero Meogo pola forma do discurso e pola temática.

Indica agora a que clase pertencen as cantigas das dúas páxinas anteriores.

12

15

14

13

11

9

T10

8

3

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 356

Principais autores das cantigas

Como noutras tradicións poéti -cas, a lírica galego-portuguesafoi cultivada tanto por troba -dores como por xograres. Entreos creadores das cantigas deamigo destacan os seguintes:

� Martín Códax. Este xograr,probablemente de Vigo, ondesitúa as súas composicións, éautor de sete cantigas deamigo atopadas no pergamiñoVindel (UNIDADE 2), xunto coaspartituras de seis delas.

� Mendiño. Deste xograr sóconservamos unha cantiga quefala da ermida de San Simón.

� Pero Meogo. É autor de no -ve cantigas nas que aparece ocervo como representación donamorado.

CLASIFICACIÓN TEMÁTICA DAS CANTIGAS

Bailadas Expresan a alegría de vivir e, moitas, constitúen unha invitación á danza.

Mariñas oubarcarolas

Son aquelas nas que aparece a presenza do mar, xeralmentepersonificado como interlocutor da rapaza.

De romaríaPresentan o ambiente das festas nos adros das igrexas. A moza agardaa presenza do seu namorado ou láiase da súa ausencia.

Albas ealboradas

Falan ben da separación dos amantes coas primeiras luces do día, ben da longura das noites pola ausencia do namorado.

1filha: filla; observa que a linguamedieval presenta grafías diferentesá actual (lh � ll, n � ñ).

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 56

Page 16: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

A C T I V I D A D E S

UNIDADE 3 57

No século XII, a célebre poetisa María de Francia recolleu,na vila bretoa de Sant Maló, a lenda do laustic («rousinol»),e incluíu esta historia na súa obra en verso Lais, escrita enanglo-normando. Le con atención esta versión prosificada.

Lay du lausticDous cabaleiros, un bacharel e un home casado, vivían en

dúas casas contiguas. O bacharel era moi famoso por ser uncabaleiro bondadoso e honrado.

Transcorrido algún tempo de veciñanza, a esposa docabaleiro e o bacharel namoraron. Sabían que era imposibleconsumar o seu amor, dado que ela estaba sempre vixiada,mais mirábanse a través das fiestras do dormitorio e apro- veitaban a proximidade das casas para se comunicaren. Amuller era feliz unicamente con escoitar as súas palabras.

O marido, unha noite que ela se ergueu en repetidas oca-sións, comezou a sospeitar e preguntoulle por que se erguíatantas veces para ir á fiestra. Ela contestoulle que era paraescoitar un rousinol que a desvelaba. O cabaleiro, enfadadopolas continuas ausencias da súa muller, deu orde aos seuscriados de capturar o paxaro.

Cando lograron capturalo, levoullo á súa esposa e expli-coulle que xa non tería causa para desvelarse. Ela pediulleque lle dese o rousinol, mais el matouno e arroxou o corpomorto contra o peito dela, deixándoo salpicado de sanguexunto ao corazón.

A esposa entristeceuse moito porque xa non tería escusapara visitar o seu amante e decidiu envolver o corpo dorou sinol nun pano bordado con ouro e facerllo chegar aoseu amado, como mostra de que foran descubertos polo seuhome.

O amante, arrepentido, gardou o corpo da ave nun xoieiroprecioso para lembrar o amor perdido.

María DE FRANCIA

Lais, Siruela (Tradución e adaptación dos autores)

� Cantos personaxes aparecen mencionados no texto?Busca dous adxectivos acaídos para cada un deles.

� Ordena as accións segundo a orde en que se narraron.

O bacharel gardou o corpo do rousinol.

A muller prégalle ao home que lle dea o rousinol.

O home casado sospeita e sente celos.

Os criados capturan a ave.

Unha muller casada namora do seu veciño.

� Que simboliza o rousinol?

a) O amor.

d) A liberdade.

c) O matrimonio.

d) A prisión.

Enuncia cunha frase breve o tema do texto.2

1 Busca na Internet información sobre os poemas narra -tivos chamados Lais. Nalgunhas cantigas de amigo, comoas de Pero Meogo, tamén se fala de aspectos narrativos.Explica que elementos típicos da narración comparten ecales aparecen nos lais, pero non nas cantigas.

Explica as semellanzas que atopas na maneira deexpresar o sentimento amoroso feminino entre o lai queacabas de ler e as cantigas de amigo galego-portuguesas.

Le agora as seguintes kharxas mozárabes e a súa tra -dución ao galego, e contesta as cuestións que se propoñena continuación.

KharxasGarīdboš, ay yermanēllaš,kóm kontenēr-hémewmā´lē,sīn al- abīb non bibrē´yo:¿ad obl’ iréy demandā´re?

***Bay-še mio qorason de mib.Yā ra bī, ¿šiše tornarad?ţan mal mio doler al-habīb!Enfermo ÿed, ¿quan šanarad?

***¿Qué faré, mamma?Mio al-habib eštad yana.

� A quen pertence a voz lírica que fala en cada poema?

� A quen se dirixe?

� Que sentimentos expresa ese emisor?

Indica que semellanzas e diferenzas —temáticas eformais— atopas entre os poemas da actividade 5 e unhacantiga de amigo.

Elabora un mapa conceptual dos principais conti -dos do bloque de Educación literaria desta unidade.

T7

6

3

5

4

Repaso e desenvolvemento de competencias básicas

Tradución:

Dicídeme, ai irmás!,como conter meu mal?Sen o amado non vivirei:onde irei buscalo?

***Meu corazón vaise de min.Oh Deus, acaso tornará?Tan forte é a dor polo amado!Enfermo está, cando curará?

***Que farei, madre?Meu amado está á porta.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 57

Page 17: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

C O M E N T A R I O D E T E X T O

UNIDADE 358

CantigasEnas verdes hervas

Enas verdes hervasvi anda-las cervas,

meu amigo. Enos verdes pradosvi os cervos bravos, 5

meu amigo. E con sabor delaslavei mias garcetas,

meu amigo. E con sabor delos 10lavei meus cabelos,

meu amigo. Des que os lavei,d’ ouro os liei,

meu amigo. 15Des que as lavara,d’ ouro as liara,

meu amigo. D’ ouro os lieie vos asperei, 20

meu amigo. D’ ouro as liarae vos asperara,

meu amigo.Pero MEOGO

Cantigas de amigo. AntoloxíaA Nosa Terra

1garcetas: pelo da sen que cae cara ás meixelas.

Pero Meogo no verde prado—Dime a onde vas, miña cerva ferida,dime a onde vas, polo meu amor!—Vou para o verso dunha cantiga

meu cazador!—Dime a onde vai teu cabelo, doncela, 5dime a onde vai polo meu amor!—Vai para unha fita verde de seda

meu cazador!—Dime unha cita de alba, amiga,dime unha cita polo meu amor! 10—Onde o cervo do monte a iauga volvía2

meu cazador!—Nunca vi cerva nos beizos deitada,nunca vi fita que atase o ventonunca vi cervo que volvese o alto 15

polo meu amor!Álvaro CUNQUEIRO

Herba aquí ou acoláGalaxia

2volvía: revolvía.

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 58

Page 18: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Escoita atentamente a versión dunha cantiga medieval galego-portu - guesa feita pola cantante brasileira Socorro Lira no disco Cores do Atlántico.

Análise do contido� Escoita atentamente e le a cantiga de Pero Meogo e a composición do poeta

contemporáneo Álvaro Cunqueiro.

Que sentimento se expresa en ambos os textos?

O simbolismo amoroso está moi presente nos dous poemas. Une cada elementoco seu significado.

Contesta agora as seguintes cuestións sobre o poema Enas verdes hervas:

� Que tipo de voz lírica atopas nesta primeira composición?

� A quen se dirixe ese emisor?

� Hai narración? Explica coas túas palabras o que sucede.

Atende agora á composición de Álvaro Cunqueiro:

� Quen fala neste segundo texto? Apoia a túa resposta con palabras do poema.

� A quen se dirixe a voz poética?

� Que lle pide a ese receptor?

Localiza todos os termos do poema Pero Meogo no verde prado que teñan que vercoa súa ambientación medieval. Que elementos innovadores inclúe a composiciónde Cunqueiro?

Os dous textos da páxina anterior fan referencia á coita (dor) por amor ou, polacontra, expresan un amor correspondido? Xustifica a túa reposta.

Análise da formaComo sabes, as cantigas poden clasificarse segundo a forma do seu discurso.

O texto de Pero Meogo é unha cantiga monologada ou dialogada? E o poema deCunqueiro? Razóa ambas as respostas.

Realiza a análise métrica da cantiga medieval:

� Mide todos os seus versos. Podemos falar de isosilabismo?

� De cantas cobras se compón? Sinala cantos versos inclúe cada cobra.

� É unha cantiga de mestría ou refrán? No segundo caso, indica que verso se repite.

� Indica a rima do poema. Ten rima macho ou femia?

Localiza no texto de Pero Meogo todos os exemplos de paralelismo que atopes.

Mide agora os versos do segundo poema e fai o seu esquema métrico completo.Que recursos comparte coa cantiga medieval?

Localiza, finalmente, os paralelismos da composición de Cunqueiro.

Relación co contextoLocaliza todos os elementos temáticos e formais do primeiro texto que permitan

afirmar que é unha cantiga de amigo.

A segunda composición pertence á corrente neotrobadoresca que nacena época das vangardas, a comezos do século XX. Indaga en que consistiu oneotrobadorismo e quen foron os seus principais representantes.

declararse o amoramantesnamorargardar a ausenciafecundidade

río (auga)intercambiar as prendasliar o cabelolavar o cabelocervos

T14

13

12

11

10

9

8

7

6

5

4

3

2

1

C O M E N T A R I O D E T E X T O

UNIDADE 3 59

4S3LLLA_2011.03 23/2/11 10:36 Página 59