CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos...

13
CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 1º ESO.- 1º TRIMESTRE PROXECTO 1: REALIZACIÓN DUN ROSETÓN XEOMÉTRICO (BLOQUE 3.- DEBUXO TÉCNICO) 1.- ELEMENTOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS Estándares de aprendizaxe Competen cias clave Grao mínimo de consecución para superar a materia EPVAB3.1.1. Traza as rectas que pasan por cada par de puntos, usando a regra, e resalta o triángulo que se forma. CAA Trazado coa regra de rectas que se cortan. EPVAB3.2.1. Traza rectas paralelas, transversais e perpendiculares a outra dada, que pasen por puntos definidos, utilizando escuadra e cartabón con suficiente precisión. CMCCT Trazado coa escuadra e o cartabón de rectas paralelas e de rectas perpendiculares EPVAB3.3.1. Constrúe unha circunferencia lobulada de seis elementos, utilizando o compás. CD Construción co compás dunha circunferencia lobulada de seis elementos. EPVAB3.4.1. Divide a circunferencia en seis partes iguais, usando o compás, e debuxa coa regra o hexágono regular e o triángulo equilátero que se posibilita. CMCCT División dunha circunferencia en seis partes iguais, trazando o triángulo e o hexágono inscritos.

Transcript of CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos...

Page 1: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO

Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 1º ESO.- 1º TRIMESTRE

PROXECTO 1: REALIZACIÓN DUN ROSETÓN XEOMÉTRICO

(BLOQUE 3.- DEBUXO TÉCNICO)

1.- ELEMENTOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB3.1.1. Traza as rectas que pasan por cada par de puntos, usando a regra, e resalta o triángulo que se forma.

▪ CAA Trazado coa regra de rectas que se cortan.

▪ EPVAB3.2.1. Traza rectas paralelas, transversais e perpendiculares a outra dada, que pasen por puntos definidos, utilizando escuadra e cartabón con suficiente precisión.

▪ CMCCT Trazado coa escuadra e o cartabón de rectas paralelas e de rectas perpendiculares

▪ EPVAB3.3.1. Constrúe unha circunferencia lobulada de seis elementos, utilizando o compás.

▪ CD Construción co compás dunha circunferencia lobulada de seis elementos.

▪ EPVAB3.4.1. Divide a circunferencia en seis partes iguais, usando o compás, e debuxa coa regra o hexágono regular e o triángulo equilátero que se posibilita.

▪ CMCCT División dunha circunferencia en seis partes iguais, trazando o triángulo e o hexágono inscritos.

Page 2: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

PROXECTO 2: DESEÑO DUNHA POSTAL DE NADAL

(BLOQUE 1.- EXPRESIÓN PLÁSTICA)

2.- ELEMENTOS CONFIGURATIVOS DA IMAXE

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB1.1.1. Identifica e valora a importancia do punto, a liña e o plano, analizando de xeito oral e escrito imaxes e producións gráfico plásticas propias e alleas.

▪ CCEC

▪ CCL

Analiza de xeito oral e por escrito a importancia do punto, a liña e o plano en imaxes propias e alleas.

▪ EPVAB1.2.1. Analiza os ritmos lineais mediante a observación de elementos orgánicos na paisaxe, nos obxectos e en composicións artísticas, empregándoos como inspiración en creacións gráfico-plásticas.

▪ CAA

▪ CCEC

Distingue os ritmos lineais nas composicións artísticas.

▪ EPVAB1.2.2. Experimenta co punto, a liña e o plano co concepto de ritmo, aplicándoos de forma libre e espontánea.

▪ CSIEE Aplica distintos ritmos con puntos, liñas e planos de forma libre e espontánea.

▪ EPVAB1.2.3. Experimenta co valor expresivo da liña e o punto e as súas posibilidades tonais, aplicando distintos graos de dureza, distintas posicións do lapis de grafito ou de cor (tombado ou vertical) e a presión exercida na aplicación, en composicións a man alzada, estruturadas xeometricamente ou máis libres e espontáneas.

▪ CCEC Experimenta o valor expresivo do punto e da liña, variando as posibilidades tonais en composicións espontáneas.

▪ EPVAB1.3.1. Realiza composicións que transmiten emocións básicas (calma, violencia, liberdade, opresión, alegría, tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

▪ CCL Realiza composicións con puntos, liñas e planos co fin de transmitir emocións básicas.

Page 3: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

3.- COMPOSICIÓN ▪ EPVAB1.4.1. Analiza, identifica e explica oralmente, por escrito e graficamente, o esquema compositivo básico de obras de arte e obras propias, atendendo aos conceptos de equilibrio, proporción e ritmo.

▪ CCL Analiza oralmente e por escrito o esquema compositivo básico de obras de arte e obras propias.

▪ EPVAB1.4.2. Realiza composicións básicas con diferentes técnicas segundo as propostas establecidas por escrito.

▪ CSIEE Realiza composicións básicas con técnicas varias e en concreto unha postal de Nadal.

▪ EPVAB1.4.3. Realiza composicións modulares con diferentes procedementos gráfico-plásticos en aplicacións ao deseño téxtil, ornamental, arquitectónico ou decorativo.

▪ CCEC

▪ CSIEE

Realiza unha composición modular básica.

4.- CORES E TEXTURAS. ▪ EPVAB1.5.1. Experimenta coas cores primarias e secundarias, estudando a síntese aditiva e subtractiva e as cores complementarias.

▪ CSC Coñece a síntese aditiva e subtractiva.

Experimenta coas cores primarias, secundarias e complementarias pigmento.

▪ EPVAB1.6.1. Transcribe texturas táctiles a texturas visuais mediante as técnicas de frottage, utilizándoas en composicións abstractas ou figurativas.

▪ CSIEE Emprega texturas visuais coas técnicas de estampaxe, salpicado e augadas vistas anteriormente e tamén a de frottage.

▪ EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.

▪ CCL Sabe utilizar as técnicas que se propoñen para cada actividade.

Page 4: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

5.- MATERIAIS E TÉCNICAS ▪ EPVAB1.7.2. Utiliza o lapis de grafito e de cor, creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas.

▪ CSC Mínima experimentación co lapis de grafito para crear claroscuro.

▪ EPVAB1.7.3. Experimenta coas témperas aplicando a técnica de diferentes formas (pinceis, esponxas, goteos, distintos graos de humidade, estampaxes, etc.), valorando as posibilidades expresivas segundo o grao de opacidade e a creación de texturas visuais cromáticas.

▪ CCEC Mínima experimentación con témperas para a creación de texturas: salpicado, estampaxe, augadas.

▪ EPVAB1.7.4. Utiliza o papel como material, manipulándoo, resgando ou pregando, creando texturas visuais e táctiles, para crear composicións, colaxes matéricas e figuras tridimensionais.

▪ CAA Mínima experimentación co papel para a creación de texturas.

▪ EPVAB1.7.5. Crea co papel recortado formas abstractas e figurativas compóndoas con fins ilustrativos, decorativos ou comunicativos.

▪ CSC Creación dunha composición con papel recortado.

▪ EPVAB1.7.6. Aproveita materiais reciclados para a elaboración de obras de forma responsable co medio e aproveitando as súas calidades gráfico-plásticas.

▪ CSC Aproveita papeis de periódico ou cartón.

▪ EPVAB1.7.7. Mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

▪ CSC Recolle e limpa o material empregado e o seu espazo de traballo, e trae o material que se lle pide.

Page 5: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 1º ESO. 2º TRIMESTRE.

PROXECTO 3: ELABORACIÓN DUNHA VIÑETA SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO NO TRABALLO

(BLOQUE 2.- COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL)

6.- A IMAXE.

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB2.1.1. Diferencia imaxes figurativas de abstractas.

▪ CCL Sabe diferenciar entre imaxes figurativas e imaxes abstractas.

▪ EPVAB2.1.2. Recoñece graos de iconicidade nunha serie de imaxes.

▪ CCL Sabe recoñecer graos de iconicidade en varias imaxes.

▪ EPVAB2.1.3. Crea imaxes con distintos graos de iconicidade baseándose nun mesmo tema.

▪ CD Crea imaxes con graos varios de iconicidade.

▪ EPVAB2.2.1. Distingue símbolos de iconas. ▪ CCL Distingue símbolos de iconas.

▪ EPVAB2.2.2. Deseña símbolos e iconas. ▪ CD Deseña un símbolo e unha icona.

▪ EPVAB2.3.1. Deseña un cómic utilizando adecuadamente viñetas e lendas, globos, liñas cinéticas e onomatopeas.

▪ CCL Deseña unha viñeta de cómic.

▪ EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.

▪ CCL Sabe utilizar as técnicas aprendidas para esta actividade.

Page 6: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

(BLOQUE 2.- COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL)

7.- COMUNICACIÓN VISUAL.

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB2.4.1. Identifica e analiza os elementos que interveñen en actos de comunicación visual.

▪ CSC Identifica e coñece os elementos que interveñen nunha comunicación visual.

▪ EPVAB2.5.1. Identifica e analiza os elementos que interveñen en actos de comunicación audiovisual.

▪ CCL Identifica e coñece os elementos que interveñen nunha comunicación audiovisual.

▪ EPVAB2.5.2. Distingue a función ou funcións que predominan en mensaxes visuais e audiovisuais.

▪ CD Distingue a funcionalidade das mensaxes visuais e audiovisuais.

(BLOQUE 3.- DEBUXO TÉCNICO)

8.- ÁNGULOS E SEGMENTOS. PROPORCIONALIDADE.

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB3.5.1. Identifica os ángulos de 30º, 45º, 60º e 90º na escuadra e no cartabón.

▪ CSIEE Sabe identificar os ángulos de 30°, 45°, 60° e 90° na escuadra e no cartabón.

▪ EPVAB3.6.1. Suma ou resta ángulos positivos ou negativos con regra e compás.

▪ CMCCT Suma ou resta de ángulos con regra e compás.

▪ EPVAB3.7.1. Constrúe a bisectriz dun ángulo calquera, con regra e compás.

▪ CCEC Sabe construír a bisectriz dun ángulo con regra e compás.

Page 7: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

▪ EPVAB3.8.1. Suma ou resta segmentos, sobre unha recta, medindo coa regra ou utilizando o compás.

▪ CMCCT Suma ou resta de segmentos, sobre unha recta.

▪ EPVAB3.9.1. Traza a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra, e tamén utilizando regra, escuadra e cartabón.

▪ CMCCT Sabe construír a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra.

▪ EPVAB3.10.1. Divide un segmento en partes iguais, aplicando o teorema de Thales.

▪ CCEC Divide un segmento en partes iguais aplicando o teorema de Thales.

▪ EPVAB3.10.2. Escala un polígono aplicando o teorema de Thales.

▪ CSIEE Sabe aplicar o teorema de Thales para ampliar ou reducir de tamaño un polígono sinxelo.

Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 1º ESO. 3º TRIMESTRE.

(BLOQUE 3.- DEBUXO TÉCNICO)

9.- FORMAS POLIGONAIS

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB3.11.1. Explica, verbalmente ou por escrito, os exemplos máis comúns de lugares xeométricos (mediatriz, bisector, circunferencia, esfera, rectas paralelas, planos paralelos, etc.).

▪ CMCCT Coñece o concepto de lugar xeométrico, en concreto dunha circunferencia, dunha mediatriz e dunha bisectriz.

▪ EPVAB3.12.1. Clasifica calquera triángulo, observando os seus lados e os seus ángulos.

▪ CCEC Clasificación de triángulos segundo os seus lados e segundo os seus ángulos.

▪ EPVAB3.13.1. Constrúe un triángulo coñecendo dous lados e un ángulo, ou dous ángulos e un lado, ou os seus tres lados, utilizando correctamente as ferramentas.

▪ CAA Sabe construír un triángulo a partir dos seus tres lados; dous lados e un ángulo; dous ángulos e un lado.

Page 8: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

▪ EPVAB3.14.1. Determina o baricentro, o incentro ou o circuncentro de calquera triángulo, construíndo previamente as medianas, as bisectrices ou as mediatrices correspondentes.

▪ CSIEE Sabe construír as rectas características dun triángulo acutángulo: bisectrices, mediatrices, medianas e alturas.

▪ EPVAB3.15.1. Debuxa un triángulo rectángulo coñecendo a hipotenusa e un cateto.

▪ CMCCT Sabe construír un triángulo rectángulo coñecendo un cateto e a hipotenusa.

▪ EPVAB3.16.1. Clasifica correctamente calquera cuadrilátero.

▪ CCEC Sabe a clasificación dos cuadriláteros.

▪ EPVAB3.17.1. Constrúe calquera paralelogramo coñecendo dous lados consecutivos e unha diagonal.

▪ CAA Sabe construír un paralelogramo coñecendo dous lados consecutivos e unha diagonal.

▪ EPVAB3.18.1. Clasifica correctamente calquera polígono de tres a cinco lados, diferenciando claramente se é regular ou irregular.

▪ CCEC Sabe a clasificación dos polígonos de tres a cinco lados, diferenciando os regulares dos irregulares.

▪ EPVAB3.19.1. Constrúe correctamente polígonos regulares de ata cinco lados, inscritos nunha circunferencia.

▪ CMCCT

Constrúe polígonos regulares inscritos nunha circunferencia, en concreto: triángulo equilátero, cadrado, hexágono.

▪ EPVAB1.4.2. Realiza composicións básicas con diferentes técnicas segundo as propostas establecidas por escrito.

▪ CSIEE Realiza unha composición con elementos xeométricos básicos.

Page 9: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

▪ EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.

▪ CCL Sabe utilizar as técnicas aprendidas para esta actividade.

▪ EPVAB1.7.7. Mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

▪ CSC Recolle e limpa o material empregado e o seu espazo de traballo, e trae o material que se lle pide.

(BLOQUE 1.- EXPRESIÓN PLÁSTICA)

10.- VOLUME

Estándares de aprendizaxe Competen cias clave

Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ EPVAB1.2.3. Experimenta co valor expresivo da liña e o punto e as súas posibilidades tonais, aplicando distintos graos de dureza, distintas posicións do lapis de grafito ou de cor (tombado ou vertical) e a presión exercida na aplicación, en composicións a man alzada, estruturadas xeometricamente ou máis libres e espontáneas.

▪ CCEC Executa con lapis e a man alzada debuxos de obxectos sinxelos, `procurando unha certa expresividade coa liña.

▪ EPVAB1.4.4. Representa obxectos illados e agrupados do natural ou do ámbito inmediato, proporcionándoos en relación coas súas características formais e en relación co seu ámbito.

▪ CCEC Debuxa a lapis e a man alzada, mediante encaixado , unha composición sinxela de obxectos.

▪ EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas

▪ CCL Sabe utilizar as técnicas secas (lapis de grafito e de cor) para buscar o volume dos obxectos debuxados.

Page 10: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.

▪ EPVAB1.7.2. Utiliza o lapis de grafito e de cor, creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas.

▪ CSC Utiliza o lapis de grafito e de cor para sombrear cun mínimo de gradación tonal.

▪ EPVAB1.7.4. Utiliza o papel como material, manipulándoo, resgando ou pregando, creando texturas visuais e táctiles, para crear composicións, colaxes matéricas e figuras tridimensionais.

▪ CAA Emprega o papel para crear unha figura tridimensional sinxela.

▪ EPVAB1.7.6. Aproveita materiais reciclados para a elaboración de obras de forma responsable co medio e aproveitando as súas calidades gráfico-plásticas.

▪ CSC Aproveita materiais de reciclaxe como cartóns e papel de xornal.

▪ EPVAB1.7.7. Mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

▪ CSC Recolle e limpa o material empregado e o seu espazo de traballo, e trae o material que se lle pide.

Page 11: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN NA ESO

Farase unha AVALIACIÓN INICIAL nas primeiras semanas de curso, que comprenderá de maneira global nunha serie de preguntas sobre a súa relación coa

plástica, unha proba acerca de coñecementos básicos segundo o nivel correspondente e actividades prácticas básicas, co obxecto de analizar, tanto as

características persoais do alumnado, como a súa actitude, predisposición e coñecementos de base sobre as distintas materias que se desenvolverán ao longo

do curso.

Durante o curso a avaliación será CONTÍNUA, polo que revisarase o traballo diario en clase, traballos a entregar, traballo en grupo, preguntas e respostas

na aula, probas onde se revise a asimilación de conceptos e actitude de respecto fronte as normas de traballo e comportamento.

Os CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN consistirán na valoración de tres aspectos fundamentais:

* Capacidade de comprensión e razoamento lóxico

Avaliarase este aspecto a partires das probas realizadas esporadicamente, así como nos traballos prácticos propostos nos que se verá a aplicación

correcta dos conceptos explicados.

Para a súa puntuación terase en conta a capacidade de entendemento e análise dos conceptos expostos.

* Creatividade

Darase a debida importancia ó interese pola investigación de alternativas como posibles solucións nalgunha das actividades propostas, non só a

cantidade de ideas, se non tamén na modificación das mesmas.

Así mesmo, coa excepción de traballos mais ben mecánicos ou de aplicación concreta dos contidos, será importante ter en conta as solucións orixinais,

de busca de ideas propias, rexeitando estereotipos.

* Actitudes

Poderase resumir este aspecto en catro partes basicamente:

a) actitude crítica nos distintos exercicios propostos e que se manexen na exposición de contidos;

b) atención e respecto: indica unha actitude cívica de tolerancia con respecto á relación da alumna ou alumno co profesor e cos mesmos compañeiros

ou compañeiras;

Page 12: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

c) participación e colaboración: tanto no momento de exposición de conceptos na aula, como na realización de traballos en grupo;

d) hábito de traballo: constancia na realización das tarefas e puntualidade na entrega das mesmas.

A porcentaxe que se aplicará para a nota global, tendo en conta as posibles variacións dependendo de cómo sexa a tarefa que se propón en cada

momento, será como a continuación se indica:

TRABALLOS PRÁCTICOS (70 % da nota total) onde se valorarán:

Creatividade:

• Cantidade de ideas

• Modificación de ideas

• Orixinalidade (rexeitamento estereotipos)

Coñecementos:

• Aplicación de conceptos Técnica:

• Dominio de técnicas Acabado:

• Presentación e acabado.

PROBAS (30% da nota total), téndose en conta: Conceptos

• Expresión teórica e/ou práctica dos conceptos. Expresión

• Dominio da linguaxe específica (expresión escrita).

Presentación

• Boa presentación e acabado.

ACTITUDES. Valorarase o seguinte: Interese:

• Atención na clase. Respecto:

Page 13: CONTIDOS MÍNIMOS EN 1º ESO - edu.xunta.gal e avaliación...tristura, etc.) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liñas, puntos, texturas, cores, etc.).

• Participa na clase.

• Colabora cos compañeiros e compañeiras.

• Tolerancia. Traballo:

• Constancia e puntualidade na entrega de traballos.

• Esforzo na realización das tarefas.

• Elaboración das actividades propostas dentro da aula (na casa só se rematarán cando se considere oportuno), sendo de obrigatorio cumprimento o manexo do material propio para a realización das mesmas (requirido dende o principio de curso).

PROMOCIÓN:

A nota da avaliación será a que se obteña da suma destes apartados. Mais non se poderá facer este cálculo se nalgún apartado non hai unha mínima

presentación (unha nota mínima cualificable de 4). Na avaliación ao final do curso terase tamén en conta a evolución do alumnado.

➢ Mecanismo/s para recuperar unha proba non superada:

Poderase realizar unha proba de recuperación ao inicio do seguinte trimestre. Reforzaranse os estándares de aprendizaxe non asimilados con actividades para realizar na casa que serán revisadas polo profesor/a.

➢ Mecanismo/s para recuperar unha avaliación non superada:

O alumnado terá que recuperar os traballos non superados na avaliación con actividades para realizar na casa (reforzaranse os estándares de aprendizaxe non asimilados), que serán revisadas polo profesor/a. Se ademais non superou unha proba, se é o caso, poderase presentar a unha proba de recuperación ao inicio do seguinte trimestre, tal como se describe no anterior apartado. Se chegado ao final do curso o alumnado ten algunha avaliación pendente, terá a posibilidade de poder presentarse a unha proba final e terá que presentar os traballos non superados se é o caso.

➢ O alumnado que suspenda en xuño, poderase presentar en setembro e a valoración da materia será da seguinte maneira:

- presentará un mínimo esixido de traballos prácticos (láminas) que contarán cun 70% da nota total;

- unha proba na que se avaliarán os coñecementos de todo o curso, contando o 30% da nota total.