Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

8
Conto de Nadal (adaptación de Conto de Nadal de Charles Dickens)

Transcript of Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Page 1: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Conto

de

Nadal

(adaptación de Conto de Nadal de Charles Dickens)

Page 2: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Personaxes

Bramante

Árbores

Espírito do Nadal pasado

Trasnos

Espírito do presente

Farolas

Espírito do futuro

Fada da curiosidade

Fada solidaria

Fada do amor

Page 3: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

A choiva martelea no chan, e zoa o vento. Vai moito frío. Ás polas das árbores

abaneanse dun lado para o outro. Os coches pasan a toda velocidade polas rúas da

cidade, facendo soar as bucinas. Bramante aparece na escena, con xesto serio, ollando

cara todos os sitios. Párase no centro da escena.

Bramante: Odio o Nadal, é horrible

Non vin nada igual, é terrible

Árbores: Por que? Por que? Por que?

Bramante: Iso é o que digo, todos parecen amigos:

O ladrón, o policía,

Os dentes da miña tía

E cando chega a noite,

Mira! Ninguén que me escoite

O xeneral, o poeta

Page 4: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Meteríaos todos nunha carreta

Árbores: Non lle gusta o Nadal! Pasao mal! Moi mal!

Bramante: Mal, dicides? De que vos rides?

Aquí estou en soidade,

Non teño amigos de verdade

Árbores: Pobre! Pobriño! Perdeu o camiño!

Bramante: E todas as luces, comida, agasallos, adornos,

Metereinos a todos nun forno

Árbores: Está tolo! Triste! Anoxado!

Bramante: Será mellor que marche, agora

Vai frío e non quero durmir fora,

E por certo, odio o Nadal!!

Bramante marcha da escena e vaise a luz. Soa a música, e óense máis alto as bucinas

dos coches e o son da choiva.

Interior da casa de Bramante. Vese un roupeiro e unha cheminea. Tamén unha cama.

Bramante colga o sombreiro no roupeiro e achégase á cama. Olla desconfiado cara un

cofre.

Bramante: Moedas, moediñas,

Son todas miñas,

Con cartos pra contar,

Quen precisa falar?

Page 5: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Comeza a soar unha canción e entran tres trasnos desprazándose arredor seu. Logo

detéñense e comezan a cantar ao son do piano: se tivera catro euros con cincuenta,

case tería cinco euros con cincuenta, se tivera cinco euros con cincuenta, case tería

corenta...se tivera cinco euros con cincuenta, case tería seis euros con cincuenta, se

tivera cinco euros con cincuenta, case tería sesenta...Doces soooños!!!

Bramante déitase na cama e comeza a soñar. Ao fondo, sobre a cama, proxéctase o seu

soño. Cando remata, óense sons de tronos e música salóbrega e misteriosa. Da

escuridade, sae unha figura envolta nunha capa e cun sombreiro de copa, e gafas de

sol. É o espírito do Nadal pasado.

Espírito do Nadal pasado(berrándolle ao público): Aaaaahh! Uuuuuhhh! Uuuuuhhh!

Uuuh-uuh...uh...Que pasa, non tedes medo?

Vou despertar a este paifoco,

Así que prenderei a luz do foco(chisca cos dedos cara a luz)

Ei, ti, arriba!

Bramante: Ai! Dóeme a barriga!

Espírito do Nadal pasado: Pero que di?! Érguete! Camiña!

Bramante: Teño famiña!

Espírito do Nadal pasado: Famiña, di? Será mamalón!

Bramante: Uuuhmm!! Patacas con lacón!

Espírito do Nadal pasado: A modo!

Bramante: Dico, dico! Marmelada de amorodo!

Espirito do Nadal pasado: Este está xordo!

Page 6: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Bramante(erguéndose): A min ninguén me chama gordo! Son Bramante! E ti quen

eres?

Espírito do Nadal pasado(ollando cara o público): Eu son o Espírito do Nadal pasado,

así que ten moito coidado.

Bramante: Xa sei quen eres.

Agora dime o que queres.

Espírito do Nadal pasado: Viñen para explicarche algo importante. E vouche falar dun

paxaro de Bemantes.

Bramante: Bemantes? Onde oín eu iso antes?

Espírito do Nadal pasado: Bramante, se non sabes de onde vés, que é o que ves?

Escoita. Eu voume.

Comezan a verse os debuxos da “Canción dun paxaro triste e fraco” e cantan os nenos

e nenas. Volta a luz.

Bramante: Vaia! A natureza é incrible!

pero para min era invisible.

Xa comezo a sentila,

mesmo quero compartila!

Óense tronos. Entra outra figura misteriosa. É o Espírito do presente que se achega a

Bramante polas costas.

Bramante: Aaahh! E ti, maldición, queres que me dea algo ao corazón?

Espírito do Presente: Cheguei agora, son o que acontece, un minuto, unha hora, o ceo

que escurece!

Bramante: E que queres, como sei que o eres?

Espírito do Presente: Que máis probas precisas, ti, eu, o chan onde pisas! Son o Espírito

do Presente.

Page 7: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Bramante: E para iso viñeches? Nin consellos me deches! E que facemos na rúa? Non

será cousa túa? Isto vai traer cola, ata as farolas me din ola!

Farolas: Ola! Ola! Ola!

Espírito do Presente: Non podes vivir sempre só e fungando! As persoas enténdense

falando!

Farolas: Ou cantando! Ou sorrindo! Mesmo imaxinando!

Bramante: Cantar, sorrir, imaxinar! Comézame a gustar! Falar so todo o día, quen o

aturaría?

Farolas: Canta! Baila! Imaxina!

Espírito do presente: Pero con iso aínda non abonda, vai a casa, alí saberás o que pasa.

Farolas: Corre! Bule! Deprisa! Non é cousa de risa!

Bramante entra na casa. Atopa na cama a alguén deitado. Asústase.

Bramante: Como se atreve? Entrar pola fiestra! Entrará a neve.

O espírito do futuro ergue.

Espírito do futuro: Vós, nenos, sabedes quen son?

Bramante: Claro que o sei. Ti es o espírito do futuro, non veñas de duro, e non me fales

da vida, xa teño a lección aprendida.

Espírito do futuro: E que aprendiches?

Bramante: A pensar nos demais, un pouquiño, e a non ver todo tan negro.

Espírito do futuro: Xa, pero aínda che falta algo máis.

Bramante: O que?

Espírito do futuro: Abrir ben os ollos!

Entra a fada da curiosidade.

Fada da curiosidade: Son a fada da curiosidade. Quero aprender, preguntar, imaxinar,

saber!

Page 8: Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)

Vaise e entra a fada da solidaridade.

Fada solidaria: E eu son a fada solidaria. Quero axudar, entender, non renderme!

Vaise e entra a fada do amor.

Fada do amor: E eu son a fada do amor. Quero querer, e construír, e compartir!

Bramante: Non sei porqué, pero estou cambiado. Estou vivo, neste mundo, como non o

tiña pensado? Nenas e nenos: Abride ben os ollos! Felices festas!

Retíranse todos do escenario