Conto nadal Italia

2
O BELÉN DE GREGGIO Vivía na comarca de Greggio, en Italia, Giovanni de Vellita, que era moi amigo de san Francisco de Asís, a quen todo o mundo o coñecía polos seus desexos de mostrar a forma de amar a vida e todas as cousas da Creación. San Francisco vivía nunha ermida nos montes da comarca, e sempre que Giovanni o visitaba falaban de como facer que a xente comprendera as tarefas de Deus na Terra. Achegábase o día de Nadal de 1223, e Giovanni insistía a Francisco para que este abandonase o seu retiro e celebrase as Pascuas xunto á súa familia. -Querido Giovanni -díxolle Francisco-,gustaríame conmemorar o nacemento daquel neno en Belén de forma que os meus ollos corporais puideran ver os seus traballo na Terra. Gustaríame ser testigo de como xacía sobre a palla do presebe, de como o boi e o asno o quentaban co seu alento, de como a Virxe María o arrolaba nun soño divino, de como os pastores acudiron desde os prados veciños para adoralo. - Claro que si exclamou Giovanni-, sería marabilloso presencialo! Giovanni e Francisco descenderon á aldea, e encontraron un vello cortello abandonado, que encheron de palla fresca. Giovanni falou cun granxeiro e pediulle prestada unha mula, e a un labrador pediulle o boi que tiraba o arado. Francisco, pola súa banda, falou coa esposa de Giovanni, que era costureira, e explicoulle como era a roupa que levaban as mulleres da época do nacemento do neno en Belén, e logo pediulle a un vendedor uns cantos trapos para confeccionar un boneco. Todo o mundo sentíase moi intrigado polo que aquel santo se dispoñía a facer con todas aquelas cousas, pois nin san Francisco nin Giovanni explicaron a ninguén cal era o seu plan. Por fin, á media noite do día 24 de decembro xa estaban todos os preparativos feitos, e invitaron a todos os veciños/as a acudir ó antigo portal abandonado. Impresionados quedaron todos ó ver o pequeno boneco, como un Neno Xesús xacendo sobre a palla do presebe, como un boi e unha mula o quentaban co seu alento, como unha muller vestida coma a Virxe María o arrolaba… Ademais, todos os veciños/as parecían pastores que acudiran a adoralo. Giovanni e San Francisco intercambiaron unha mirada, pois parecía realmente que estivesen contemplando o que tiña sucedido fai tantos anos no sagrado portal de Belén. Aquel foi o primeiro presebe.

description

Tradicións de Nadal. Biblioteca CEIP ADR Castelao. Rianxo.EDLG

Transcript of Conto nadal Italia

Page 1: Conto nadal Italia

O BELÉN DE GREGGIO

Vivía na comarca de Greggio, en Italia, Giovanni de Vellita, que era moi

amigo de san Francisco de Asís, a quen todo o mundo o coñecía polos seus

desexos de mostrar a forma de amar a vida e todas as cousas da Creación. San

Francisco vivía nunha ermida nos montes da comarca, e sempre que Giovanni o

visitaba falaban de como facer que a xente comprendera as tarefas de Deus na

Terra.

Achegábase o día de Nadal de 1223, e Giovanni

insistía a Francisco para que este abandonase

o seu retiro e celebrase as Pascuas xunto á súa

familia.

-Querido Giovanni -díxolle Francisco-,gustaríame

conmemorar o nacemento daquel neno en Belén

de forma que os meus ollos corporais puideran

ver os seus traballo na Terra. Gustaríame ser

testigo de como xacía sobre a palla do presebe,

de como o boi e o asno o quentaban co seu

alento, de como a Virxe María o arrolaba nun

soño divino, de como os pastores acudiron desde

os prados veciños para adoralo.

- Claro que si –exclamou Giovanni-, sería marabilloso presencialo!

Giovanni e Francisco descenderon á aldea, e encontraron un vello cortello

abandonado, que encheron de palla fresca. Giovanni falou cun granxeiro e pediulle

prestada unha mula, e a un labrador pediulle o boi que tiraba o arado. Francisco,

pola súa banda, falou coa esposa de Giovanni, que era costureira, e explicoulle

como era a roupa que levaban as mulleres da época do nacemento do neno en

Belén, e logo pediulle a un vendedor uns cantos trapos para confeccionar un

boneco.

Todo o mundo sentíase moi intrigado polo que aquel santo se dispoñía a facer con

todas aquelas cousas, pois nin san Francisco nin Giovanni explicaron a ninguén cal

era o seu plan. Por fin, á media noite do día 24 de decembro xa estaban todos os

preparativos feitos, e invitaron a todos os veciños/as a acudir ó antigo portal

abandonado. Impresionados quedaron todos ó ver o pequeno boneco, como un

Neno Xesús xacendo sobre a palla do presebe, como un boi e unha mula o

quentaban co seu alento, como unha muller vestida coma a Virxe María o

arrolaba… Ademais, todos os veciños/as parecían pastores que acudiran a

adoralo.

Giovanni e San Francisco intercambiaron unha mirada, pois parecía realmente que

estivesen contemplando o que tiña sucedido fai tantos anos no sagrado portal de

Belén. Aquel foi o primeiro presebe.

Page 2: Conto nadal Italia

TRADICIÓNS DE ITALIA

Buon Natale

- Os oito días anteriores a Nadal coñécense como a novena. Durante estes días, os nenos/as piden diñeiro nas casas dos seus veciños/as, cantando panxoliñas, cos que despois poden comprarse algúns regalos. - Unha meiga montada nunha vasoira chamada Befana é a encargada de dar os regalos o día 6 de xaneiro a todos os nenos e nenas que se portaran ben. Os que se portaran mal… só reciben carbón!

- O panetone é o doce máis típico de Italia, sobre todo en Milán. Este suave biscoito tómano sempre cun viño de moscatel e acompáñano de queixo Mascarpone do máis rico.