Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014

4
EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014 A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade. Coincidindo coa realización do obradoiro de radio Laboratorio Radiofónico, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendasAproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos. Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas. Animádevos e visitade o noso blogue, onde atoparedes os diferentes podcasts que conforman esta edición radiofónica tan especial: http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/04/emision-radiofonica-vi-rastro- solidario.html

Transcript of Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014

Page 1: Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014

EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014

A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial

para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de

portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron

a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta

actividade. Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que

se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e

dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha

gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais

que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis

pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos

para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería

realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de

vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles

tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun

montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda

en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos. Tamén

entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a

importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos

tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e

satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.

Animádevos e visitade o noso blogue, onde atoparedes os diferentes podcasts que

conforman esta edición radiofónica tan especial:

http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/04/emision-radiofonica-vi-rastro-

solidario.html

Page 2: Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Page 3: Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014
Page 4: Crónica emisión radiofónica vi rastro solidario e operación quilo 2014