Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As...

20
Cucaina Aula das Letras

Transcript of Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As...

Page 1: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

CucainaAula das Letras

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:12 Página 1

Page 2: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

ÍNDICECucaina 4Aula das Letras 12

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:12 Página 2

Page 3: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

Literatura Vicens Vives,un empeño educativo

Deseñar unha colección literaria é un labor apaixonante. Así a todo,

o reto é dobre cando se pretende conxugar o pracer que produce

a lectura dun bo libro coa vontade de formar a sensibilidade e o

espírito crítico dos estudantes. Tal empeño, que atopa camiño

aberto pola traxectoria editorial de Vicens Vives, materializouse

na creación de dúas coleccións literarias que, con decidida vocación didáctica,

están presididas por un rigor intelectual e unha calidade de edición capaces

de satisfacer o lector máis esixente.

Cucaina concibiuse para os primeiros niveis do ensino secundario e distínguese

pola calidade das súas numerosas ilustracións e polo seu atractivo formato.

En Cucaina publícanse relatos de escritores como Oscar Wilde, Charles Dickens,

Arthur Conan Doyle ou William Irish, quen, ao tempo que nos conmoven coa

beleza das súas historias, nos proporcionan sabias leccións sobre o ser humano.

Algúns títulos desta colección son adaptacións de grandes obras elaboradas

cun refinado estilo literario.

Con Aula das Letras pretendemos guiar os primeiros pasos do estudante

que se inicia na lectura de obras fundamentais da tradición literaria universal.

A escolma de autores e títulos capaces de seducir a lectores en proceso de for-

mación é, xa que logo, un obxectivo básico desta colección ilustrada en cor por

afamados artistas.

Ambas as coleccións dan cabida a toda clase de xéneros literarios. A edición

de todas as obras segue dous criterios rexedores: as notas e prólogos

proporcionan o conxunto de claves para a comprensión cabal do texto, mentres

que as meditadas actividades estimulan a participación activa e a reflexión

persoal do estudante.

LITERATURA 3

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:13 Página 3

Page 4: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

CUCAINA

O texto literario está composto cunha letra facil-

mente lexible. As abundantes ilustracións en cor

son obra de prestixiosos ilustradores nacionais e

estranxeiros. A nota léxica está redactada con gran sinxe-

leza e claridade.

As actividades ofrécense como complemento da lectura e

estrutúranse en tres apartados:

– En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os

episodios ou as situacións claves que fan progresar a

acción.

– En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da

comprensión superficial da obra, e, en función da

idade á que se destina cada lectura, reflexiónase sobre

personaxes, temas, valores éticos etc.

– En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha

serie de actividades creativas arredor da obra:

composición de textos escritos, debates,

dramatizacións etc.

Todos os volumes contan cunha Guía didáctica.

4 LITERATURA

As actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.

As abundantes ilustraciónsen cor son obra deprestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:13 Página 4

Page 5: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 5

As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.

O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.

CUCAINA

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 5

Page 6: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

6 LITERATURA

1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos

Hugh Lupton

Contos tradicionais e fantásticos

Como pode ver un cego con máis claridade que uncazador? É posible que chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques? As cativadorashistorias deste libro advírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiar nos soños nonsempre resulta desatinado, e apréndennos que o máissabio é quen ve cos ollos da mente… e do corazón.

Desde 7 anos ISBN: 978-84-682-1062-9

2. O Xigante egoístae outros contos

Oscar Wilde

Contos morais e fantásticos

Este libro reúne os contos máis fermosos econmovedores de Oscar Wilde, os seus relatosmáis dotados de valores morais. Os protagonistasdestes contos alcanzan a felicidade e o amorcando, renunciando ao egoísmo, se mostranamables e xenerosos e se preocupan polo bendos demais.

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1104-6

5. Mitos gregosMaria Angelidou

Relatos mitolóxicos

Toda a maxia e a beleza da mitoloxía aparecenreflectidas nos catorce mitos gregos desta colección,que foron recreados con cativadora amenidade. Olibro explica, entre outras historias, a loita de Teseocontra o Minotauro, a lenda da caixa de Pandora, odesafortunado voo de Ícaro, a viaxe de Orfeo aosinfernos e a astucia do cabalo de madeira co queUlises puxo fin á guerra de Troia.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1049-0

CUCAINA

4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual

Relato moral e de fantasía

Ao vello avarento Ebenezer Scrooge aparécenselle unhanoite catro espectros que fan que recapacite sobre a súaconduta e que lle amosan o sinistro futuro que terá seteima no seu egoísmo. Con este conmovedor relato,Dickens propúxose remover as conciencias dos seuslectores e convencelos da necesidade de seren bondadosose de practicaren a caridade nun mundo inxusto.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1071-1

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 6

Page 7: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

6. Un tirón no raboMary Hoffman

Fábulas e contos de animais

Que acontece cando un lobo comellón pretendepapar a ovella máis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diante dun caranguexo?Neste libro reúnense once divertidas historias deanimais, nas que o lector descubrirá que se un sepasa de listo, é demasiado cobizoso ou se comportacoma un farfallán, pode saír bastante malparado.

Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1268-5

3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney

Contos morais e fábulas

Neste fermoso libro escolmáronse sesenta fábulas deEsopo, un xénero e un autor imitados sen descanso.A súa permanente popularidade non é de estrañar,pois cada relato depara unha sorpresa: un muiñeiroe seu fillo deciden levar un burro ao lombo, un lobodisfrázase cunha pel de ovella, unha gansa pon ovosde ouro, un sapoconcho gáñalle a unha lebre nunhacarreira…

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1133-6

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 7

Page 8: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

8 LITERATURA8 LITERATURA

11. O corcovadoe outros contos de «As mil e unha noites»

Anónimo

Contos de aventuras, fantasía e humor

Nestes dez contos de As mil e unha noites, as anécdotasmáis divertidas e as fábulas máis formativas conviven conhistorias tan fantásticas como a do home que gardaba nasúa bolsa toda unha cidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, o avarento que o perdeutodo por mor dos seus zapatos e o leñador que tornourico ao grito de «Ábrete, sésamo!».

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1302-6

CUCAINA

8. Relatos de monstrosSteven Zorn

Terror, humor e fantasía

Polas páxinas deste libro espreitan toda clase de monstros:un marabilloso dragón, uns enredantes trasnos, a criaturado doutor Frankenstein, un temible lobishome… Os seisrelatos que narran as súas aparicións farán que arrepíes demedo, que te divirtas, que te emociones, pero, sobretodo, con eles aprenderás que non todos os monstros sontan espantosos nin tan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1256-1

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso

William Irish

Aventura, misterio e humor negro

A intriga, a emoción e o suspense atrapan o lectordesde a primeira á última liña destes dousmagníficos relatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dun verdadeiro «aprendiz dedetective». O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nun arrepiantedesenlace.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-316-2941-0

NOVIDADE

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 8

Page 9: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 9LITERATURA 9

13. Relatos de pantasmasSteven Zorn

Misterio, terror e humor

Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cunmorto vivente… Un rapaz orfo recibe a visita dedúas pantasmas de curta idade que non pretendenoutra cousa que salvarlle a vida… Atrévete a entrarno mundo misterioso e fantástico dos oito contosdeste libro. En cada unha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1301-9

9. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez Zúñiga

Relato de aventuras e formación

O orfo Pip namórase de Estella, unha fermosa rapaza quevive cunha excéntrica anciá. Para conquistar a súa amada,Pip decide converterse nun cabaleiro e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambición lévao a desdeñar atodos aqueles que o queren de verdade e a se deixarhumillar polos que o desprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que o segredo dafelicidade reside nos bos sentimentos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1275-3

10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo Alonso

Novela de aventuras

Dominado pola ambición e o afán de aventuras,o mozo Robinson Crusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha serie de perigosasaventuras e infortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa e dominar unhanatureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivaro enxeño e a desenvolver múltiples destrezas.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1299-9

12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata

Arthur Conan Doyle

Relatos policiais

A capacidade de observación e o talento dedutivo de SherlockHolmes relocen nestes dous relatos subxugantes. En O misteriodos bailaríns, o famoso detective resolve un intrigante asasinatograzas ao enxeñoso desciframento dun criptograma, mentresque en Penca de Prata Holmes ten que empregar toda a súaperspicacia para desbotar as probas que acusan o presuntoculpable e identificar o verdadeiro asasino.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1300-2

CUCAINA

NOVIDADE NOVIDADE

NOVIDADE

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 9

Page 10: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

10 LITERATURA

CUCAINA

15. Miguel StrogoffJules VerneAdaptación de José María Pérez Zúñiga

Novela de aventuras

O capitán Miguel Strogoff realiza unha longa e perigosa viaxepola estepa siberiana para previr o gobernador de Irkutsk contrao traidor Iván Ogareff, que se aliou cos invasores tártaros. Polocamiño, o correo do tsar é capturado e cegado cun sabreincandescente polo inimigo. Con todo, a perseveranza deStrogoff e a axuda da moza Nadia permiten que o heroeescape, se enfronte a Ogareff e deteña a invasión tártara.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1442-9

EN PREPARACIÓN

14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual

Novela realista e moral

Esta conmovedora novela narra as desventuras de OliverTwist, un rapaz que medra nun refuxio de mendigos eque sofre incontables penalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños. Cun hábil manexo daintriga e o misterio, Dickens traza un retrato satíricodunha sociedade incapaz de comprender que só o amorpode vencer os peores instintos humanos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1298-2

EN PREPARACIÓN

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 10

Page 11: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 11

CUCAINA

17. PinochoCarlo Collodi

Novela de fantasía e formación

Pinocho é un boneco de madeira que se move por si só,fala e discorre. O malo é que un día si e outro tamén aca-ban saíndolle as contas furadas. As súas sorprendentesaventuras, cheas de animais falangueiros e de ogros fero-ces, descóbrennos o doado que resulta meter a zoca candoun ten pouca experiencia nas cousas da vida, pero taménnos aprenden que, cun pouco de esforzo, calquera podefacer realidade as súas maiores ilusións.

Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1444-3

EN PREPARACIÓNEN PREPARACIÓN

16. O ollo de cristalCharlie sairá esta noite

Cornell Woolrich

Relato policial e de intriga

Estes dous apaixonantes relatos policiais demostran amestría de Cornell Woolrich no manexo do suspense e daintriga. En O ollo de cristal, un rapaz enxeñoso e afoutosegue o rastro dun asasino, mentres que en Charlie sairáesta noite un capitán de policía presente que o seu propiofillo é un perigoso atracador.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1443-6

18. As viaxes de GulliverJonathan Swift

Novela de aventuras, fantasía e sátira social

Tras naufragar na illa de Liliput, o doutor Lemuel Gullivercoñece os seus diminutos e mesquiños habitantes, capa-ces de declararlle a guerra ao país veciño por non sepoñeren de acordo sobre como escachar os ovos. Nasviaxes sucesivas, Gulliver convive con outros personaxesextraordinarios, a través dos cales satiriza, con humore enxeño incomparables, os defectos da sociedade edos seres humanos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1643-0

EN PREPARACIÓN

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:14 Página 11

Page 12: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

12 LITERATURA

Os textos auxiliares reúnendocumentos críticos, históricos,éticos etc., que constitúen o puntode partida para as actividades.

Foliación en números arábigos.

Nota léxica redactada con claridade.

Número da nota socioculturalou de interpretación destacadoen cor.

Concibida para cubrir as etapas da Educación Secun-daria Obrigatoria e do Bacharelato, esta colecciónreúne unha serie de libros que cativarán o interese

do estudante tanto polos seus temas coma polo seu valorliterario. A carón de autores de obrigada presenza (Poe,London, Conan Doyle…), Aula das Letras ofrece opcións in-novadoras tales como escolmas de relatos policiais, de hu-mor ou de narracións fantásticas. Esta colección aspira asímesmo a familiarizar o alumnado con todos os xéneros li-terarios, polo que inclúe novelas, relatos, pezas teatrais…

Alén de ponderadas introducións, cada edición incorporaunha útil dobre anotación (léxica e explicativa) e, sobretodo, un amplo abano de propostas de traballo onde otexto se analiza non só desde o punto de vista literario,senón atendendo a outros enfoques que o contido de cadalibro esixe: histórico, ético etc.

A colección conta con ilustracións en cor de artistas derecoñecido prestixio.

AULA DAS LETRAS

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:15 Página 12

Page 13: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 13

Explicación previa áformulación de cuestións.

A letra en negra destaca os temasnos que se centran as preguntas.

Clara división temática enapartados e subapartados.

Nas actividades remítese aostextos auxiliares, á Introducióne, sobre todo, ao propio textoliterario.

Todos os volumes contancon ilustracións en cor.

AULA DAS LETRAS

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 13

Page 14: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

14 LITERATURA

AULA DAS LETRAS

5. Canción de NadalCharles Dickens

Novela moral e de fantasía

A melodramática historia do vello avaro EbenezerScrooge, que unha noite soña cos horrores que haberáde padecer se porfía no seu detestable egoísmo,ofrécese nesta fermosa edición cun prólogo que estudaa famosa obra de Dickens con detalle. A edición contacon máis de sesenta acuarelas do artista irlandés P. J.Lynch e unhas actividades que analizan o libro desde opunto de vista literario, histórico e ético.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1304-0

1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa Morgue

Edgar Allan Poe

Relatos de enxeño e de misterio

Este libro reúne dous dos contos máis famosos de Poe. En«O escaravello de ouro», o achado dun pergameo cunhamensaxe cifrada da pé á exhibición do enxeño doprotagonista, Legrand, e do humor do seu inesqueciblecriado. En «Os crimes da rúa Morgue», o investigadorDupin consegue resolver cunha asoballante lóxica oenigmático caso dun crime cometido nun cuarto fechado.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1047-6

2. A visita do inspectorJ. B. Priestley

Drama moral e de intriga

Un inspector de policía preséntase no domicilio dafamilia Birling, interrompe a animada cea coa que estána celebrar o compromiso matrimonial de Sheila eindaga na implicación dos comensais no suicidio dunhamoza. A obra desenvolve a partir de entón unha tramachea de suspense na que se presenta un tema de fondocalado moral: todos formamos parte da humanidade esomos responsables da sorte dos demais.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1048-3

6. Antoloxía do relato policialSelección de J. Santamaría e P. Alonso

Relatos policiais

Os relatos policiais desta engaiolante escolma conteñenos grandes temas do xénero e contan cos máis famososdetectives como protagonistas: o inimitable SherlockHolmes, o duro e cínico Sam Spade ou o infalible ElleryQueen. Nos contos de Conan Doyle, Dashiell Hammett,Berkeley Cox ou William Irish, o lector descubrirá afascinación que exerce o misterio e o pracer queproduce resolvelo.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1305-7

EN PREPARACIÓNNOVIDADE

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 14

Page 15: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 15

3. A chamada da naturezaJack London

Novela naturalista e de aventuras

Ambientada no Canadá e durante a «febre do ouro» de1897, A chamada da natureza relata a loita polasupervivencia de Buck, un can ao que uns desaprehen-sivos raptan en California para ser vendido nas xélidasterras do Norte. A crueldade que Buck debe afrontarqueda mitigada polo amor e a fidelidade que o can sentepolo seu amo, unha lección que nos fai vibrar e queLondon nos transmite con todo dramatismo…

4. A rateiraAgatha Christie

Drama policial

Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxento depolicía Trotter preséntase nun pequeno hotel afastadoda capital e illado pola neve para advertirlles aos seusmoradores que o asasino está a piques de chegar copropósito de cometer outro crime. A habelencia coa quea autora manexa a intriga e o desenlace sorprendenteconverteron esta obra na máis representada de toda ahistoria do teatro.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1070-4 Desde 11 anos ISBN: 978-84-1303-3

AULA DAS LETRAS

NOVIDADE

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 15

Page 16: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

16 LITERATURA

AULA DAS LETRAS

11. Relatos de humorEdición de Montserral Amores

Contos de humor

O humor ten moitas virtudes: libera as tensións, mellorao ánimo, denuncia os vicios sociais e amósanos sen nosmagoar as verdades máis duras. Para que as risas nonfalten, Relatos de humor recolle algúns dos contos máisdivertidos da literatura universal, polos que desfilan,entre outros moitos personaxes, unha momiaanalfabeta, un gato falangueiro e un ladrón vocacionalque non dá roubado por moito que o intenta.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1447-4

8. O signo dos catroArthur Conan Doyle

Relato policial e de misterio

A señorita Mary Morstan acode a Sherlock Holmespara que a acompañe a unha cita cun home descoñe-cido que lle foi enviando unha perla cada ano duranteos últimos dez. O enigmático personaxe é fillo dunamigo do pai de Mary, un oficial británico desaparecidomisteriosamente, e no encontro relátalles unhatrepidante historia de roubos, traizóns e asasinatosque Holmes deberá solucionar.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1307-1

EN PREPARACIÓN

EN PREPARACIÓN

7. As mil e unha noitesSelección e versión de Brian Alderson

Relatos de aventuras, de misterio e de humor

Magoado pola infidelidade da súa esposa, un vingativosultán decide axustizar cada día unha muller até que,chegada a quenda de Sahrazad, a rapaza se nega aaceptar ese destino atroz. Para adiar a súa morte,Sahrazad acorda cativar a atención do rei unha noitetras outra con historias ateigadas de prodixios, relatosde misterio e intriga, contos humorísticos… atéconformar o libro máis fascinante de todos os tempos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1306-4

NOVIDADE

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 16

Page 17: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 17

10. O gato negroe outros contos de horror

Edgar Allan Poe

Relatos de fantasía e horror

Para provocar o espanto do lector, Poe indagou nos recantosmáis escuros da mente humana: dela proceden as imaxesdelirantes que inducen ao asasinato os protagonistas dalgúnsrelatos («O gato negro» e «O corazón delator») e nela incuba odesexo de vinganza que culmina en atroces crimes («A barricade amontillado» e «Hop Frog»). En todos estes relatos, en fin,brilla o xenio literario de Poe, mestre inigualado de contistas.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1446-7

9. O can dos BaskervilleArthur Conan Doyle

Relato policial e de misterio

Desexoso de satisfacer os seus ávidos lectores, ArthurConan Doyle baseouse na lenda dun can feroz e espectralpara compoñer a máis brillante de todas as novelas nasque o protagonista é Sherlock Holmes. O can dosBaskerville é unha obra espléndida onde, a partir da fusióndo xénero policial cos recursos da novela gótica, secontrapoñen, sazonados cunha boa dose de suspense,o poder da razón e as pantasmas do sobrenatural.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1445-0

AULA DAS LETRAS

EN PREPARACIÓN

12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia-ficción

Edición de Agustín Sánchez

Non hai xogo máis excitante que imaxinar o que vai vir.A iso é ao que se dedica a ciencia ficción, o xénero aoque pertence Viaxe ao futuro. Unha partida de cazadoresembarca nunha máquina do tempo para matar undinosauro, cinco astronautas desaparecen sen deixarrastro no planeta Xúpiter, un androide chega á Terracargado cunha bomba letal, unha estraña epidemiaimpulsa os homes a acabar coas mulleres que aman…

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1448-1

EN PREPARACIÓN

EN PREPARACIÓN

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1644-7

EN PREPARACIÓN

13. A pantasma de Cantervillee outros contos

Oscar Wilde

Relatos de fantasía e horror

Encabezada por «A pantasma de Canterville», un relato quecombina trazos do xénero gótico e unha divertidísima sátirada aristocracia británica, esta antoloxía reúne os contosmáis entrañables do escritor irlandés. Neles, Wilde critica aridícula vaidade dun pretensioso foguete, censura ahipocrisía de quen finxe amizade ou conmóvenos co amore a xenerosidade sen límites de moitos dos seus personaxes.

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 17

Page 18: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

18 LITERATURA

1. A voz dos soñose outros contos prodixiososHugh Lupton

Contostradicionaise fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·

2. O Xigante egoístae outros contosOscar Wilde

Contosmorais e

fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·3. Fábulas de Esopo

Jerry Pinkney

Contosmorais efábulas · · · · · · · · · · · · · · · ·

4. Conto de NadalCharles Dickens

Relatomoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·

5. Mitos gregosMaria Angelidou

Relatosmitolóxicos · · · · · · · · · · · · · · · ·

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish

Aventura,misterioe humornegro

· · · · · · · · · · · · · · · ·6. Un tirón no rabo

Mary Hoffman

Fábulas econtos deanimais · · · · · · · · · · · · · · · ·

8. Relatos de monstrosSelección de Steven Zorn

Terror,humor efantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·

9. Grandes esperanzasCharles Dickens

Relato deaventuras eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·

10. Robinson CrusoeDaniel Defoe

Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·

11. O corcovado e outros contosde «As mil e unha noites»Anónimo

Contos deaventuras,fantasíae humor

· · · · · · · · · · · · · · · ·12. O misterio dos bailaríns

Penca de PrataArthur Conan Doyle

Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·

13. Relatos de pantasmasAdaptación de Steven Zorn

Misterio,terror

e humor · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Oliver Twist

Charles DickensNovelarealista · · · · · · · · · · · · · · · ·

15. Miguel StrogoffJules Verne

Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·

Colección Cucaina

CADRO DE VALORES

Amiz

ade

Com

pañe

irism

o

Con

fianz

a

Con

stan

cia

Cre

ativ

idad

e

Crit

erio

prop

io

Div

ersid

ade

Xen

eros

idad

e

Hon

rade

z

Imax

inac

ión

Xus

tiza

Med

iona

tura

l

Resp

onsa

bilid

ade

Solid

arie

dade

Tole

ranc

ia

Vale

ntía

16. O ollo de cristalCharlie sairá esta noiteCornell Woolrich

Relatopolicial ede intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 18

Page 19: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

LITERATURA 19

Colección Cucaina

CADRO DE VALORES

1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa MorgueEdgar Allan Poe

Relatos deenxeño e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·2. A visita do inspector

J. B. Priestley

Dramamoral e de

intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·3. A chamada da natureza

Jack London

Novelanaturalista

e deaventuras

· · · · · · · · · · · · · · · ·4. A rateira

Agatha ChristieDramapolicial · · · · · · · · · · · · · · · ·

5. Canción de NadalCharles Dickens

Novelamoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·

6. Antoloxía do relato policialVarios autores

Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·

7. As mil e unha noitesVarios autores

Relatos deaventuras,

de misterio ede humor

· · · · · · · · · · · · · · · ·8. O signo dos catro

Arthur Conan Doyle

Relatopolicial e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·

Amiz

ade

Com

pañe

irism

o

Con

fianz

a

Con

stan

cia

Cre

ativ

idad

e

Crit

erio

prop

io

Div

ersid

ade

Xen

eros

idad

e

Hon

rade

z

Imax

inac

ión

Xus

tiza

Med

iona

tura

l

Resp

onsa

bilid

ade

Solid

arie

dade

Tole

ranc

ia

Vale

ntía

10. O gato negroe outros contos de horrorEdgar Allan Poe

Relatos defantasía e

horror · · · · · · · · · · · · · · · ·

17. PinochoCarlo Collodi

Novela defantasía eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·

18. As viaxes de GulliverJonathan Swift

Novela deaventuras,fantasía e

sátira social· · · · · · · · · · · · · · · ·

9. O can dos BaskervilleArthur Conan Doyle

Relatopolicial e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·

11. Relatos de humorVarios autores

Contos dehumor · · · · · · · · · · · · · · · ·

12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia-ficciónVarios autores

Relatos deciencia-ficción · · · · · · · · · · · · · · · ·

13. A pantasma de Cantervillee outros contosOscar Wilde

Relatos defantasía e

horror · · · · · · · · · · · · · · · ·

Colección Aula das Letras

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 12/04/13 14:16 Página 19

Page 20: Cucaina Aula das LetrasCUCAINA O texto literario está composto cunha letra facil-mente lexible. As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos ilustradores nacionais

Nova librería en liña de Vicens Vives.

or ercar en vicensvivesonline.co de descon o e envíora í o de libros e a eriais de a el.

Ronda de Outeiro, 308. 15011 A Coruña. Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 86

15011 A Coruña • [email protected] • www.vicensvives.es

C10

0662

Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 15/04/13 11:54 Página 20