Cuestións xerais dos documentos administrativos

2
1. Cando a entidade ou organismo que se cita non se fai coa súa denominación completa, pódese optar por conservar ou non as maiúsculas iniciais (nesta demarcación / nesta Demarcación). 2. D./Dna. (nunca se deben usar estas formas acompañando o nome de persoa que asina, no peche dos documentosa). 3. En galego é regra de estilo a reiteración pleonástica do pronome de P3 (lle, lles) malia ir expreso o C.I. por medio dunha frase preposicional encabezada por “a” (Deulles ás persoas solicitantes o certificado que pediran). 4. A expresión “con data de + artigo” (con data do...) só se emprega para referirse ao día en que se redactou ou se rexistrou un documento (Onte recibimos o seu informe con data do 25 de maio). Polo tanto, hai que evitar utilizalo para indicar o día en que ocorreu algo para non imitar a forma castelá “con fecha de”. 5. Para os numerais, débense escribir con cifras as cantidades superiores a nove. 6. As expresións de tempo e lugar no corpo do documento deben ir grafadas con número. No ano teñen que aparecer catro díxitos e sen punto. No e na cabeceira o día e o ano irán con cifras e o mes expresarase con letra; nunca pode poñerse un punto final porque non se trata dunha oración (A Coruña, 20 de novembro de 2007). 7. Nos textos legais só se grafará en maiúscula a inicial da primeira palabra (Lei xeral tributaria, Real decreto 23/2007). 8. O uso das maiúsculas é inxustificada para indicar o tipo de sesión, os meses, os espazos físicos, os cargos (sesión ordinaria, salón da alcaldía...). 9. Na enumeración dos asuntos dunha orde do día non se deben empregar números, puntos nin raias, un símbolo é suficiente. Tamén é incorrecto empregar o punto e o trazo para indicar o final de cada un dos apartados.

description

Algunhas consideracións xerais

Transcript of Cuestións xerais dos documentos administrativos

Page 1: Cuestións xerais dos documentos administrativos

1. Cando a entidade ou organismo que se cita non se fai coa súa denominación completa, pódese optar por conservar ou non as maiúsculas iniciais (nesta demarcación / nesta Demarcación).

2. D./Dna. (nunca se deben usar estas formas acompañando o nome de persoa que asina, no peche dos documentosa).

3. En galego é regra de estilo a reiteración pleonástica do pronome de P3 (lle, lles) malia ir expreso o C.I. por medio dunha frase preposicional encabezada por “a” (Deulles ás persoas solicitantes o certificado que pediran).

4. A expresión “con data de + artigo” (con data do...) só se emprega para referirse ao día en que se redactou ou se rexistrou un documento (Onte recibimos o seu informe con data do 25 de maio). Polo tanto, hai que evitar utilizalo para indicar o día en que ocorreu algo para non imitar a forma castelá “con fecha de”.

5. Para os numerais, débense escribir con cifras as cantidades superiores a nove.

6. As expresións de tempo e lugar no corpo do documento deben ir grafadas con número. No ano teñen que aparecer catro díxitos e sen punto. No pé e na cabeceira o día e o ano irán con cifras e o mes expresarase con letra; nunca pode poñerse un punto final porque non se trata dunha oración (A Coruña, 20 de novembro de 2007).

7. Nos textos legais só se grafará en maiúscula a inicial da primeira palabra (Lei xeral tributaria, Real decreto 23/2007).

8. O uso das maiúsculas é inxustificada para indicar o tipo de sesión, os meses, os espazos físicos, os cargos (sesión ordinaria, salón da alcaldía...).

9. Na enumeración dos asuntos dunha orde do día non se deben empregar números, puntos nin raias, un símbolo é suficiente. Tamén é incorrecto empregar o punto e o trazo para indicar o final de cada un dos apartados.

10. Os números de teléfono deben grafarse de tres en tres díxitos.

11. Non é correcto o tratamento Sr. D.

12. Os números de orde nunca levan punto (ano 2007, exp. 345509), os números de cantidade deben levar un espazo ou un punto a partir das cinco cifras (15 120). As cantidades superiores a nove débense escribir con número, agás se se trata dun prazo, onde se poden utilizar números ou letras (Dispón dun prazo de 15/quince días...). Unha oración non debe empezar por unha cifra (25 persoas asistiron...). As porcentaxes debémolas escribir con cifras e co seu símbolo (O 15% dos asistentes...). Os números que van despois dun substantivo deben ir en cifras (páxina 23, artigo 3, capítulo 8).

13. Con cargos e profesións non se deben utilizar os tratamentos (*Sr. Presidente > O presidente).