Cun pé no pasado e outro no futuro.

3
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de novembro (06/11/2015). Cun pé no pasado e outro no futuro. Moción presentada para a constitución dun órgano de xestión municipal que atenda as necesidades de conservación, mantemento e promoción do Patrimonio Cultural e Natural do Concello de Ourense. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO: Dende Ourense en Común entendemos o Patrimonio como aquel ben, sexa cultural, natural, material ou inmaterial, que recibimos como herdanza do noso pasado, continuamos a crear hoxe, e legaremos ás xeracións futuras. Así é que, como parte irrenunciable do ser colectivo, o Patrimonio non pode ser propiedade de ninguén. En tanto que está inserido na propia identidade persoal non debe ser xestionado como algo estático, pechado e obsoleto. A súa conservación supera os límites do individuo fronte ao colectivo e avanza máis aló do plano administrativo. Só garantindo o seu coñecemento acadará a valoración social necesaria para ser protexido. Só abordado dende unha óptica multivocal e transversal ás diferentes concellerías, cun desenvolvemento paralelo ao plan estratéxico de cidade, poderá engadir todo o seu valor científico, estético e simbólico, pero tamén económico como motor de riqueza. DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN Segundo o marco de competencias fixado no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 (Art. 27/ 18) “correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia” de “Patrimonio histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico”. Así foi plasmado na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, actualmente en fase de actualización, que superaba a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. No mesmo marco do Estatuto de Autonomía de Galicia, agora no Art.27.30, fíxase a “ competencia exclusiva para ditar normas adicionais de protección do medio ambiente e da paisaxe”. Sendo materializada na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza que convive na actualidade coa estatal Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Na actualidade, segundo o Decreto de Alcaldía – Presidencia sobre as áreas de goberno (II) do 28 de agosto de 2015, estruturase a administración municipal do Concello de Ourense en seis áreas de goberno: 1. URBANISMO E VIVENDA 2. INFRAESTRUTURAS, MEDIO AMBIENTE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ 3. CULTURA, EDUCACIÓN, TURISMO E TERMALISMO 4. BENESTAR SOCIAL E PERSOAL 5. PROMOCIÓN ECONÓMICA, COMERCIO E EMPREGO 6. FACENDA E SERVIZOS XERAIS

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de novembro (06/11/2015). Moción presentada para a constitución dun órgano de xestión municipal que atenda as necesidades de conservación, mantemento e promoción do Patrimonio Cultural e Natural do Concello de Ourense.

Transcript of Cun pé no pasado e outro no futuro.

Moción do Grupo Municipal Ourense en

Común a presentar no pleno ordinario do mes

de novembro (06/11/2015).

Cun pé no pasado e outro no futuro.

Moción presentada para a constitución dun órgano de xestión municipal que atenda as

necesidades de conservación, mantemento e promoción do Patrimonio Cultural e Natural do

Concello de Ourense.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO:

Dende Ourense en Común entendemos o Patrimonio como aquel ben, sexa cultural, natural,

material ou inmaterial, que recibimos como herdanza do noso pasado, continuamos a crear hoxe, e

legaremos ás xeracións futuras. Así é que, como parte irrenunciable do ser colectivo, o Patrimonio non pode

ser propiedade de ninguén. En tanto que está inserido na propia identidade persoal non debe ser xestionado

como algo estático, pechado e obsoleto. A súa conservación supera os límites do individuo fronte ao

colectivo e avanza máis aló do plano administrativo. Só garantindo o seu coñecemento acadará a valoración

social necesaria para ser protexido. Só abordado dende unha óptica multivocal e transversal ás diferentes

concellerías, cun desenvolvemento paralelo ao plan estratéxico de cidade, poderá engadir todo o seu valor

científico, estético e simbólico, pero tamén económico como motor de riqueza.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

Segundo o marco de competencias fixado no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 (Art. 27/

18) “correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia” de “Patrimonio

histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico”. Así foi plasmado na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do

patrimonio cultural de Galicia, actualmente en fase de actualización, que superaba a Lei 16/1985, do 25 de

xuño, do patrimonio histórico español.

No mesmo marco do Estatuto de Autonomía de Galicia, agora no Art.27.30, fíxase a “competencia

exclusiva para ditar normas adicionais de protección do medio ambiente e da paisaxe”. Sendo materializada

na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza que convive na actualidade coa estatal Lei

42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

Na actualidade, segundo o Decreto de Alcaldía – Presidencia sobre as áreas de goberno (II) do 28

de agosto de 2015, estruturase a administración municipal do Concello de Ourense en seis áreas de

goberno:

1. URBANISMO E VIVENDA

2. INFRAESTRUTURAS, MEDIO AMBIENTE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

3. CULTURA, EDUCACIÓN, TURISMO E TERMALISMO

4. BENESTAR SOCIAL E PERSOAL

5. PROMOCIÓN ECONÓMICA, COMERCIO E EMPREGO

6. FACENDA E SERVIZOS XERAIS

O Decreto de Alcaldía – Presidencia do 14 de agosto de 2015, de delegación de competencias na

Xunta de Goberno Local e nos concelleiros/as membros da mesma (IV), atribúe a don José Jesús Cudeiro

Mazaira competencias na Área de Goberno 1. Urbanismo e Vivenda en materia de Xestión e Planeamento,

Urbanismo e Patrimonio municipal. Sendo este o único órgano de xestión do Concello de Ourense no que se

recolle o termo Patrimonio. Agora ben entendido só na acepción que fai referencia ao conxunto de bens

propios da institución (mobles ou inmobles). Sendo os seus cometidos o inventario xeral dos mesmos, a

responsabilidade patrimonial ou o Patrimonio Municipal do Solo (PMS). Conceptos todos alleos ás

necesidades de xestión propias do Patrimonio Natural e Cultural que deben estar atravesadas por

panorámicas transversais en materia de turismo, cultura, medio ambiente, termalismo, educación, etc.

Malia a que como se apuntaba arriba o marco xurídico para a súa protección sexa en exclusiva

responsabilidade autonómica, ambos patrimonios quedan afectados en maior ou menor medida por accións

e incluso normativas que parten dun contexto municipal. Sirvan como paradigma o catálogo de bens

asociado ao planeamento urbanístico ou o propio PERI 1997/98 (Plan Especial de Reforma Interior) como

garante da integridade patrimonial do Centro Histórico. Por non mencionar todas aquelas accións

específicas de recuperación en puntos concretos do concello de Ourense que partiron dende iniciativas

municipais variadas como o complexo das Burgas, Conxunto Arqueolóxico e Natural de Santomé, Parque de

Montealegre, etc.

Evidenciase así que a xestión patrimonial, malia a estar condicionada por un marco fiscalizador e

xurídico supramunicipal, depende en grande medida da proactividade local para implementar accións en

prol da súa conservación, estudo e posta en valor como recurso turístico e/ou cultural. Obxectivos

dificilmente alcanzables sen un órgano de xestión coordinador que integre todas as perspectivas hoxe en día

disgregadas nas diferentes concellarías.

EPÍLOGO: Cun pé no pasado e outro no futuro

O Plan Estratéxico Termal do Concello de Ourense, aprobado en 2007 por unanimidade de todas

as organizacións políticas con representación na corporación municipal, propón a “conservación dos

recursos termais e a súa posta en valor con outros naturais e culturais asociados”. Este documento marco

que debe sentar as bases do modelo de cidade a construír outorga unha importancia nodal ao patrimonio

natural e cultural. Así é que aposta por “un modelo económico en base a recursos endóxenos e ao

desenvolvemento dunha oferta territorial integral sobre bases planificadas” a futuro. Tendo en conta en todo

momento que estamos perante un recurso que non pode ser deslocalizado.

A constitución dun órgano de xestión ou mesa de traballo específica en materia de Patrimonio

Natural e Cultural permitirá asemade avanzar nos compromisos electorais das diferentes organizacións

políticas:

- Dar prioridade a aquelas accións para a posta en valor do patrimonio histórico, artístico e

cultural como estandartes da cidade e verdadeiros reclamos turísticos (Programa electoral do

Partido Popular de Ourense / 121).

- Actuar de soporte e órgano de presión para a posta en marcha do Museo Arqueolóxico

Provincial, Arquivo Histórico e/ou a Biblioteca Municipal (Programa electoral do Partido Popular

de Ourense / 122).

- Propiciar o marco de traballo para desenvolver un Plan específico sobre o Patrimonio Histórico:

catalogación, conservación, protección e reintegración (80 Propostas marco programa

electoral do Partido Socialista / 51).

- Avanzar na recuperación das festas tradicionais (Programa electoral de Democracia

Ourensana / 15) como garante da conservación do Patrimonio Inmaterial e Etnográfico.

- Elaboración dun catálogo completo do patrimonio local. Informes de valoración cunha

diagnose do estado de conservación e plan de acción (Programa electoral de Ourense en

Común / t34).

- Mellora e rotulado, itinerario e mantemento do Camiño de Santiago no paso polo Concello de

Ourense, separando o trazado das vías con gran cantidade de tráfico rodado (Programa

electoral de Ourense en Común /t35).

- Recuperación do patrimonio espoliado, abandonado ou en risco (Programa electoral de

Ourense en Común /t37).

- Campañas de sensibilización patrimonial e mellora da súa accesibilidade (Programa electoral

de Ourense en Común /t39).

Este órgano deberá contar tanto con técnicos municipais, como con persoal especializado e de

apoio que será convocado para cada actuación. Asemade deberá ter representación de todos os grupos

municipais pero tamén sociais: universidade, museos, arquivos, etc.

Este órgano de xestión a modo de mesa de traballo deberá ter carácter consultivo pero tamén a

posibilidade de elevar as súas propostas ao equipo de goberno para que estas sexan executadas

atendendo sempre a legalidade, xa que logo contarán co consenso ou no seu defecto co apoio maioritario

dos grupos municipais. Referendados ademais polos diversos colectivos participantes.

A súa constitución non pode supoñer un gasto para a corporación. Os técnicos municipais que

asistan farano en horario laboral como parte das súas funcións. De igual modo os representantes dos

diferentes grupos municipais non recibirán compensación algunha pola súa asistencia.

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu

debate e aprobación os seguintes

ACORDOS:

1. Constitución dun órgano de xestión municipal que atenda as necesidades de conservación,

mantemento e promoción do Patrimonio Cultural e Natural de Ourense.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato con D.I. , en

calidade de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en

Ourense a 30/10/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato