curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4....

10
e intervención socioeducativa curso online (Tran)Sexualidades, Infancia, 30 horas + sesión de traballo presencial

Transcript of curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4....

Page 1: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

e intervención s

ocioeducativa

curso online

(Tran)Sexualidade

s,

Infancia,

30 horas

+ sesión de traba

llo presencial

Page 2: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

introdución Como profesionais da Educación Social, coñecer a realidade sexuada é unha

oportunidade para entender e atender mellor as situacións que ocorren nas

nosas intervención cotiás. E tamén, para saber que e como facer naquelas

situacións máis peculiares dos sexos, que polo seu contido, poden xerar

certos niveis de dificultades e malestar nos suxeitos que as protagonizan.

Unha destas situacións é a transexualidade. Unha expresión máis da

diversidade dos sexos, que por razóns alleas a estes, xera complicacións nas

biografías de quen a vive.

As educadoras e os educadores sociais atopámonos nunha posición

privilexiada para reducir estas situacións. A nosa capacitación para traballar

no acompañamento individual desde o contexto grupal, supón unha

extraordinaria posibilidade de socialización para os nenos e nenas, as e os

adolescentes en situación de transexualidade.

Para iso, entendemos que é básico que as e os profesionais da educación

social teñamos unha formación que nos permita entender a transexualidade

como unha expresión máis da realidade sexuada dos suxeitos. Unha

expresión que é mostra da diversidade de formas de ser homes e mulleres e

non un problema ou unha patoloxía. E desde esta idea, adquirir as pautas

básicas de acompañamento ás mozas e mozos en situación de

transexualidade e ás súas familias, nos diferentes contextos profesionais nos

que as e os educadores sociais desempeñamos a nosa labor.

Page 3: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

obxectivos Adquirir as nocións conceptuais do marco sexolóxico que axuden a

unha mellor comprensión dos suxeitos en situación de

transexualidade.

Analizar as diferentes actitudes posibles fronte ao fenómeno da

transexualidade e as consecuencias que teñen sobre os suxeitos.

Desenvolver estratexias para realizar acompañamentos individuais en

contexto grupal e comunitario.

Incorporar ás prácticas profesionais habituais a promoción da

diversidade sexual como un valor e as diferenzas entre as/os

sexuadas/os como unha riqueza.

Coñecer materiais de apoio, recursos de derivación e profesionais

cas/os que coordinarse.

persoas destinatarias Profesionais, estudantes do ámbito social ou educativo e, en xeral, persoas

interesadas na temática, dándolle prioridade a profesionais e estudantes do

Grado de Educación Social.

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 4: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

contidos 1. A realidade sexuada dos suxeitos: o mapa do feito sexual humano.

2. O proceso de ir facéndose sexuado: o proceso de sexuación.

3. A transexualidade como feito de diversidade sexual.

4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades.

5. Marco lexislativo e sanitario da atención ás/aos menores en situación

de transexualidade.

6. A educación sexual como marco de atención individual e de

intervención grupal nos casos de menores en situación de

transexualidade.

7. As actitudes como ferramenta fundamental do equipo profesional.

8. Funcións e tarefas dos e as profesionais da educación social.

9. Claves para o acompañamento das/os menores e as familias.

10. Recursos materiais, profesionais e comunitarios.

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 5: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

metodoloxía Os contidos do curso distribúense en 10 temas. Cada un dos temas

desenvólvese nun dossier que se remitirá por mail a cada participante. Nel

inclúense tres tipo de documentos:textos básicos, textos de apoio e lecturas

complementarias.

Os primeiros son os textos de imprescindible lectura para realizar os

exercicios de reflexión que debes enviar para acceder ao seguinte bloque de

materiais. Os segundos son textos breves, que ilustran algúns puntos

concretos dos textos básicos. Igualmente, a súa lectura é moi recomendable

para realizar os exercicios, aínda que non resulta imprescindible. E por

último, as lecturas complementarias propóñense para quen estea interesada

en profundar un pouco máis. Neste apartado vas atopar artigos de

diferentes autoras/es e orixes.

Cada participante no curso, debe enviar unha reflexión crítica sobre as

lecturas realizadas en cada tema. Unha vez enviado este traballo ó/á titor/a

do curso, recibirá por mail o novo dossier correspondente ao tema

seguinte.

O peche do curso realizarase nunha sesión presencial na que se retomarán

todas as dúbidas e debates xurdidos nas reflexións. Na última parte deste

encontro, exporanse as conclusións e as instrucións necesarias para realizar

o traballo final.

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 6: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

duración Un total de 30 horas, distribuídas en:

10 temas traballados de maneira individual (20 horas) a través da

atención on line da titora/titor, do 14 de marzo ao 22 de abril.

1 encontro presencial, de traballo grupal (6 horas), na sede do Ceesg

en Santiago de Compostela. Terá lugar o día 30 de abril de 9:30 a

14:00 e de 16:00 a 18:00 h.

1 traballo final individual (ao que se se lle asigna unha carga lectiva de

4 h.)

equipo docente Almudena Herranz, sexóloga e educadora social e Samuel Díez, sexólogo.

Compoñentes do Centro sexolóxico Sexorum. www.sexorum.org

Docentes do Máster en Sexología da Universidade de Alcalá de

Henares e do Programa de Sexología Avanzada do Instituto de

Sexología In.Ci.Sex.

Asesora e asesor técnico da Asociación de Familias de Menores

Transexuais CHRYSALLIS.

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 7: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

idioma O idioma do curso será o castelán ao tratarse dun equipo profesional

docente de fora de Galicia, sen coñecementos do idioma galego.

prezos

1 A situación de desemprego debe acreditarse enviando tarxeta de desemprego.

Educadoras/es sociais colexiadas/os: 160 €

Estudantes Amigas/os do Ceesg: 160 €

Educadoras/es sociais en desemprego1 : 160 €

Outras situacións: 190 €

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 8: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

Procedemento

1. Cubrir o formulario que se atopa na web www.ceesg.org.

2. Enviar o xustificante de pago, e no seu caso, copia da tarxeta de

desemprego, a [email protected] ou ó fax 981938274.

Nº de conta ES41-0081-0499-61-0001046708 (Banco Sabadell)

A inscrición non se considerará completada ata que non se realicen os dous

pasos. Unha vez recibida a inscrición completa, enviarase un email de confir-

mación.

Adxudicación de prazas (20 prazas)

Terán prioridade para a inscrición os seguintes supostos, por esta orde:

1. Educadoras/es sociais colexiadas/os ou estudantes amigas/os do

Ceesg.

2. Educadoras/es sociais non colexiadas/os ou estudantes de Educación

Social 1.

3. Outras/os profesionais que traballen con menores.

4. Outras persoas interesadas.

Despois destas prioridades, terase en conta a orde de inscrición.

De non cubrir un mínimo de prazas, o Ceesg resérvase o dereito de cance-

lar a acción formativa.

inscricións

1 Debe acreditarse enviando copia do título ou da matrícula do curso actual.

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 9: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

Prazo de inscrición

Ata o 9 de marzo de 2016. O día 11 de marzo notificarase vía email ás

solicitantes se foron ou non admitidas. Se se cubren as prazas antes desa

data, notificarase o antes posible. Ás persoas que non resulten admitidas,

devolveráselles a cota de inscrición.

Normativa Podes consultar as normas da formación organizada polo Ceesg na web

http://www.ceesg.org/formacion/formacion-ceesg/normativa

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa

Page 10: curso online encial - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/transexualidadeinfancia2016.pdf · 4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades. 5. Marco lexislativo e sanitario

entidades colaboradoras

(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa