DAVIÑA EXPRESS€¦  · Web view11.000Unha cifra doada de dicir pero difícil de acadar. Ese...

2
INFOBIBLIO Boletín informativo da Biblioteca - Nº 13 - Decembro 2019 IES Xograr Afonso Gómez de Sarria http://biblioxograr.wordpress.com Novos aires Os que está recibindo o noso club lector “O Xograr Lector”. Despois do magnífico traballo de coordinación feito polo profesor de Relixión e membro da biblioteca, Jorge Marcos López, colleu o seu relevo este curso Xosé Lois Gutiérrez Faílde, profe de Ciencias Sociais e tamén no equipo de biblio, co propósito de seguir traballando nesta instaurada actividade e obter os logros que se viñan conseguindo. De momento, e aportando cousas novas, a primeira reunión tivo lugar o pasado día 4, pivotando arredor das suxestións lectoras traídas por todos os participantes. Nas vindeiras reunións traballarase xa con títulos que poderán ser collidos como préstamo para a súa lectura. Parabéns!!! Como ven sendo habitual co gallo do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, a biblioteca do noso centro convocou un concurso dirixido ao alumnado da ESO. Desta volta os mellores traballos foron os presentados por (de esquera á dereita) Antela López Domínguez (1º ESO B), Widad El Makkas (1º ESO A), Sara Trebolle Rodrigo (1º ESO C) e Hiba El Malki (3º ESO A). O seu esforzo e interese tivo a súa recompensa en forma de agasallo. Parabéns ás catro e a 11.000 Unha cifra doada de dicir pero difícil de acadar. Ese número corresponde aos fondos correctamente catalogados polo sistema Meiga aos que acabamos de chegar no mes de decembro. Unha tarefa laboriosa, que se fai curso a curso e que permite ter correctamente informatizados libros, dvds, cds, bandas deseñadas, etc. O libro con dito guarismo foi “Whapps. Mírame a los ojos” de Andreu Martín. Avanzando O novo sistema da Hora de Ler acarreou, como é lóxico, certos problemas de xuventude. Pouco a pouco, semana a semana, vaise pulindo o sistema, aínda que sempre hai capacidade de mellora. Lembrade a importancia de traer un libro de casa, pois o repositorio da conserxería é só para emerxencias moi precisas. Na variedade.... ..está o gusto, tende a dicirse. Por iso, cada curso a colaboración entre os departamentos e a biblioteca busca organizar actividades diferentes. Neste primeiro “estreáronse” o Refrán do mes, A Película do mes, Día da Música, Día dos Discapacitados, entre outras.

Transcript of DAVIÑA EXPRESS€¦  · Web view11.000Unha cifra doada de dicir pero difícil de acadar. Ese...

Page 1: DAVIÑA EXPRESS€¦  · Web view11.000Unha cifra doada de dicir pero difícil de acadar. Ese número corresponde aos fondos correctamente catalogados polo sistema Meiga aos que

INFOBIBLIO Boletín informativo da Biblioteca - Nº 13 - Decembro 2019

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria http://biblioxograr.wordpress.com

Novos airesOs que está recibindo o noso club lector “O Xograr Lector”. Despois do magnífico traballo de coordinación feito polo profesor de Relixión e membro da biblioteca, Jorge Marcos López, colleu o seu relevo este curso Xosé Lois Gutiérrez Faílde, profe de Ciencias Sociais e tamén no equipo de biblio, co propósito de seguir traballando nesta instaurada actividade e obter os logros que se viñan conseguindo. De momento, e aportando cousas novas, a primeira reunión tivo lugar o pasado día 4, pivotando arredor das suxestións lectoras traídas por todos os participantes. Nas vindeiras reunións traballarase xa con títulos que poderán ser collidos como préstamo para a súa lectura.

Parabéns!!!Como ven sendo habitual co gallo do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, a biblioteca do noso centro convocou un concurso dirixido ao alumnado da ESO. Desta volta os mellores traballos foron os presentados por (de esquera á dereita) Antela López Domínguez (1º ESO B), Widad El Makkas (1º ESO A), Sara Trebolle Rodrigo (1º ESO C) e Hiba El Malki (3º ESO A). O seu esforzo e interese tivo a súa recompensa en forma de agasallo. Parabéns ás catro e a seguir así !!!

11.000Unha cifra doada de dicir pero difícil de acadar. Ese número corresponde aos fondos correctamente catalogados polo sistema Meiga aos que acabamos de chegar no mes de decembro. Unha tarefa laboriosa, que se fai curso a curso e que permite ter correctamente informatizados libros, dvds, cds, bandas deseñadas, etc. O libro con dito guarismo foi “Whapps. Mírame a los ojos” de Andreu Martín.

AvanzandoO novo sistema da Hora de Ler acarreou, como é lóxico, certos problemas de xuventude. Pouco a pouco, semana a semana, vaise pulindo o sistema, aínda que sempre hai capacidade de mellora. Lembrade a importancia de traer un libro de casa, pois o repositorio da conserxería é só para emerxencias moi precisas.

Na variedade......está o gusto, tende a dicirse. Por iso, cada curso a colaboración entre os departamentos e a biblioteca busca organizar actividades diferentes. Neste primeiro “estreáronse” o Refrán do mes, A Película do mes, Día da Música, Día dos Discapacitados, entre outras.