DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS · DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS 60 ANIVERSARIO...

2
Artigo 1. Todos os seres humanos polo feito de nace- ren son libres e iguais en dignidade e dereitos e, tendo como teñen razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros. Artigo 2. Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta declaración, sen distinción de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión polí- tica ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

Transcript of DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS · DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS 60 ANIVERSARIO...

Page 1: DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS · DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS 60 ANIVERSARIO (1948-2008) A Declaración Universal dos Dereitos Humanos ce-lebra o 10 de Decembro o seu

Artigo 1.Todos os seres humanos polo feito de nace-ren son libres e iguais en dignidade e dereitos e, tendo como teñen razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2.Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta declaración, sen distinción de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión polí-tica ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

Page 2: DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS · DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS 60 ANIVERSARIO (1948-2008) A Declaración Universal dos Dereitos Humanos ce-lebra o 10 de Decembro o seu

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS

DEREITOS HUMANOS60 ANIVERSARIO (1948-2008)

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos ce-lebra o 10 de Decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos recoñecidos debémo-lo, en boa medida, ás persoas que se sacrificaron e mesmo deron a súa vida por facelos realidade. A Declaración Universal de 1948 é o resultado dun proceso secular de declaracións de dereitos. O ca-rácter de universalidade e quizás o máis orixinal e salientable desta Declaración, nacida nun contexto xeopolítico –certamente– occidental, pero aberta á consideración dunha gran familia humana con de-reitos iguais e inalienables, que han fundamentar a libertade, a xustiza e a paz no mundo.

Unha Declaración perfectibleA Declaración é imperfecta, no sentido de non acabada e, polo mesmo, perfectible. Debe ser en-tendida de forma dinámica. Non estamos a falar dun código fósil, definitivo. Os dereitos humanos non son ahistóricos. Son o feliz producto dunha dialéctica, dunha toma de conciencia e iluminación histórica que nos acerca máis e máis á xustiza, á liberdade, e á fraternidade. Non deberiamos en-tender os dereitos humanos como unha caixa de caudais intocable e pechada á inclusión de novos dereitos que iluminen e humanicen aínda máis as nosas relacións.

Unha práctica mellorableNestes últimos 60 anos temos mellorado, se ben de maneira moi desigual nos diversos contextos nos que se moven as persoas e os pobos. Por tal mo-tivo é obrigado prestar atención á dialéctica entre “Declaración” e “Práctica real do declara-do”. Lonxe de todo conformismo, debemos veri-ficar o contraste entre o ideal que estes Dereitos representan e a súa deficiente realización histórica, porque a historia dos dereitos humanos é tamén a da súa continua e sistemática violación. A conciencia e memoria destas insuficiencias e contradicións, móvenos a seguir impulsando este proceso de humanización que entraña a realiza-ción dos Dereitos Humanos; humanización que te-mos que defender por canto os Dereitos Humanos esmorecen sen a decidida vontade de defendelos. Defender e denunciar, porque as violacións de de-reitos no ano 2008 seguen a ser unha lamentable realidade que se está a producir nos diversos con-tinentes e culturas, nos diversos Estados, non só os gobernados por rexímenes autoritarios e ditatoriais senón tamén nas chamadas democracias formais. Basta repasar o “Estado do Mundo” nos anuarios económicos e xeopolíticos dos últimos anos, ou os Informes de Amnistía Internacional para cons-tatar a penosa situación na que viven millóns de seres humanos que deberían ser, e non son, bene-ficiarios de dereitos. As Nacións Unidas, as diver-sas ONGs, os sindicatos…, non deixan de mostrar a súa crecente preocupación diante dos efectos provocados por unha orde eco-

nómica internacional inxusta. A desigualdade da división social do traballo, do acceso á tecnoloxía, o inxusto reparto dos beneficios como consecuen-cia das actuais estruturas de intercambio e das inversións, etc., son mostras ben coñecidas desta inxusta situación. O tópico da “igualdade de opor-tunidades” está moi lonxe de ser unha realidade, mesmo nos réximes de democracia avanzada.

Unha protección máis efectivaNa nosa iniciativa 2008 queremos manifestar o desexo de que a realización e protección dos De-reitos Humanos sexa cada vez máis efectiva. Neste sentido precisamos, tanto a nivel nacional como internacional, dunhas institucións políticas e dun sistema xudicial que favorezan e non entorpezan a realización e gozo dos dereitos. Porque é moi triste recoñecer que mentres, a escala mundial, o respec-to ós dereitos humanos é aínda moi baixo, o nivel de impunidade para os violadores de dereitos é moi alto. Por tal razón apoiamos a idea da Xustiza Universal coa vixencia dun Tribunal Penal Interna-cional e a reforma do sistema de institucións inter-nacionais para acadar unha auténtica gobernanza democrática planetaria.

Unha progresiva ampliación dos DereitosDesexamos tamén a progresiva ampliación do con-cepto de Dereitos Humanos como incluír o Dereito Humano á Paz, por exemplo, ou o recoñecemento dos chamados Dereitos de Solidariedade. Si os de-reitos individuais e políticos corresponden a primei-ra xeración de dereitos, os económicos e sociais, á segunda, os ambientais á terceira, fálase xa dunha cuarta xeración para os asuntos relacionados coa ciencia, a tecnoloxía e as comunicacións. Por último queremos destacar tres violacións de dereitos humanos que, por desgraza, teñen máis tráxica actualidade:

1ª. A TORTURA. Chégase mesmo a falar de “tor-tura de baixa intensidade” como resposta fronte ao terrorismo, que se realiza en cárceres especializadas, de sobra coñecidas e moitos países aínda manteñen a PENA DE MORTE.

2ª. A VIOLENCIA DE XÉNERO. Temos que pro-poñer e defender un modelo de sociedade que parta da equiparación dos sexos, e que reduza e mesmo chegue a eliminar a violencia contra as mulleres, con resultado de morte.

3ª. A INMIGRACIÓN. Un fenómeno complexo que resulta do dereito á libre circulación, para saír do propio país, pero tamén para entrar no outro, combinado co dereito á vida, a saúde e

a dignidade. Tratalo co máximo respecto e intensidade política é unha obriga de soli-dariedade e de xustiza.

Non deixes que o 10 de Decembro pase desapercibido!

PARTICIPA!

• Edición e distribución a tódolos colexios, concellos, entidades... do cartel - tríptico conmemora-tivo.

• Reedición do Minilibro sobre os Dereitos Humanos e os Dereitos de Nenos e Nenas.• Ciclo de charlas e conferencias (ó longo do curso).• Cursos de formación do profesorado sobre a pedagoxía dos dereitos humanos (ó longo do curso).• Foro Social Galego (5, 6 e 7 de Decembro) en Santiago de Compostela. Mesa de Debate: “Cidadanía, Dereitos Humanos e Gobernanza Planetaria”.• Acto conmemorativo o 10 de Decembro no Consello da Cultura Galega coa intervención de D. Federico Mayor Zaragoza ás 10.00 h.• Actos en colaboración coa Iniciativa polos Dereitos Humanos (Día 10, ás 19:00 horas no

Salón de Actos de Filosofía na Praza de Mazarelos). • Entrega do Premio Portapaz a Amnistía Internacional, o día 29 de xaneiro ás 20 h.• Campaña do Día Escolar pola Paz sobre a pedagoxía dos dereitos humanos.• XXIV Encontros de Educación para a Paz en Santiago de Compostela (12, 13 e 14 de Marzo):

“A pedagoxía dos dereitos humanos como base da convivencia cidadá”.• Exposición sobre a Declaración Universal en galego.

Espazo web específico en www.sgep.org sobre o 60 Aniversario da Declaración con materiais, bibliografía, videos, unidades didácticas…

PROGRAMA DE ACTIVIDADES