Descripción de persoaxes

15
XESÚS CONSTELA OBRADOIRO DE DESCRICIÓN DE PERSOAXES CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

description

work shop on writing for children

Transcript of Descripción de persoaxes

Page 1: Descripción de persoaxes

XESÚS CONSTELA

OBRADOIRO DE DESCRICIÓN DE PERSOAXES

CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

Page 2: Descripción de persoaxes

Eu son a tartaruga vermella. Teño unha casa pequeniña. Só collo eu soa. Nunca teño convidados. Dáme tristura estar soa. Non podo coidar de miña nai e estou enfermiña. Miña nai é máis grande ca min. Meu pai está sempre somnolento pero aínda así é moi agarimoso. Os meus irmáns son pequeniños, graciosos e moi travesos. O meu pobo é tan grande coma oitocentas xirafas e teño amigos moito máis pequenos ca min. Son Pinga de Auga, Xeada, Formiguiña e Biscoitiño. Non estou moito con eles porque sempre estou a viaxar. Pero non importa, porque son os meus amigos igual. (Aroa Martínez

Page 3: Descripción de persoaxes

Eu son Rex Haxon, un militar da Escuadra de liberación Planetaria. Estou concentrado en salvar a miña unidade. Polo de agora non morreu ninguén, pero nos enfrontamos ao peor planeta do universo, Trasgoria. Non teño casa porque adoito vivir nunha nave militar, así que só vexo a miña familia por hologramas. A miña familia é moi grande, os dous xemelgos, que non paran, os dous maiores, a rapaza sempre á moda, o rapaz co monopatín planeador, meu pai e miña nai, sempre preocupados.

(Jorge Lago)

Page 4: Descripción de persoaxes

Eu son Manolito, e teño trece anos. Veño do planeta Marte. Gústame xogar ao xogo de Marte contra Mercurio. Son verde e teño os ollos negros. Tamén teño sete dedos e semello un coello. A miña casa é grande. Ten tres pisos. O meu cuarto ten unha cama con efecto memoria, unha tele de dúas mil polgadas, o meu un baño ten jacuzzi e hidromasaxe e teño oito criados. A miña familia é moi numerosa. Meu pai é un can e miña nai unha gata. Os meus tres irmáns son monos e eu son un neno humano. (Adrián Darriba)

Page 5: Descripción de persoaxes

Eu son Herbáceo, un extraterrestre. Vivo no centro do universo. Son verde claro (de aí o meu nome). Teño tres ollos, un por cabeza. Podo facer medrar as plantas e teño telecinesia. Ía nunha nave que chocou cun meteorito e por iso vivo no espazo. A miña casa é a cápsula da nave, pero o meu planeta natal é Natura. Nel viven moitos coma min e tamén moitos animais, coma o coello Zandilongo, o minielefante voador e o paxaro cuspe lume. Contén planas carnívoras do tamaño dun avión e esqueletos carnívoros microscópicos. Ten cen desertos con dragóns, vinte bosques e dúas montañas do tamaño da Terra, e nelas viven as bruxas. A miña familia está formada por animais de todo tipo, incluído o meu tío, que é un arbusto. Viven todos comigo na cápsula, que é máis grande do que parece. Miña nai é unha bruxa e meu pai un xigante. Miña irmá é un experimento da natureza mal feito. O meu pobo é enorme e está formado por xente coma min, pero o alcalde é un dragón que por desgraza quedou en Natura. Antes eramos trescentos, pero agora somos só cento corenta e tres con cinco, que a un atacoulle un escaravello divisorio e ao resto coméronos as plantas carnívoras (Miguel Soler e Xesús Vieira)

Page 6: Descripción de persoaxes

Eu son Batwoman, a muller da noite. Vivo nunha cova coa miña familia. Son alta e levo roupa negra dos pés á cabeza. Teño moitos amigos humanos e seres vivos porque miña nai é humana e meu pai un morcego, que se namoraron e tiveron tres fillos. O primeiro é un morcego, o segundo é humano a terceira son eu, Batwoman. A miña casa é moi escura. Poderíase dicir que é só negra, e non vén moita xente. O meu pobo é moi alegre con moita xente a camiñar dun lado para outro. Coñecémonos todos porque somos moi poucos.

(Tatiana Barbeito

Page 7: Descripción de persoaxes

Eu son a formiguiña Gambina. A miña pel é de cor azul e teño tres patiñas e un ollo. Vivo nun oco dunha árbore cunha televisión de plasma e un sofá en forma de gamba. Fóra teño un xardín de flores carnívoras que comen a calquera persoa que veña molestar a miña árbore, pero aínda así soamente son a formiguiña Gambina, que non se mete con ninguén. Ah! Que sono teño! Vou durmir á miña cama, onde teño a miña mascota a Señora María, que é unha gaivota cazadora de gnomos de xardín. Encántanlle, tanto que cando os albisca engóleos dun bocado. Así son eu, a formiguiña Gambina, coa súa mascota María a gaivota. (Tamara Rodríguez)

Page 8: Descripción de persoaxes

Eu son Nico, o espertador de David. Son redondiño e de cor verde. Teño pés pero non podo andar e sempre dou a hora puntual. Son o mellor amigo de David. El chámame o seu “colega”. A miña casa é o caixón da mesiña de noite de David, porque pola noite méteme alí para que pola mañá non soe tan alto. A mesiña de noite está chea de lapis e cadernos e case non podo estirarme. Que atafego! Menos mal que polo día sácame e podo respirar aire fresco. Na miña familia somos cinco. David, a súa irmá Mariña, o seu pai Xosé, a súa nai, Ana e eu, o seu espertador. Eu só lle falo a David porque os outros cáenme mal. Un día Mariña case me bota pola ventá. Ana sempre lle di a David que ten que se desfacer e min e Xosé a verdade é que nunca me fixo nada, pero cando se enfada dá un medo que nunca me atrevín a falarlle. O meu pobo é grande, supoño, porque só o vin unha vez, cando me levaron a amañar á ferraxería. A verdade é que non sei moito máis. Sei que hai un colexio porque David me conta pola noite as súas aventuras nel. Supoño que o pobo será cómodo porque se non nos mudaríamos. Isto de ser un espertador non é moi divertido.

(Elsa Botello)

Page 9: Descripción de persoaxes

Eu son Pelotamazá, un neno nin alto nin baixo, pero si un chisco gordiño. O meu nome completo é Pime, Mazá, Pelo. Teño cabeza de mazá e corpo e pelota. O meu problema é que ás veces cústame un chisco andar porque son redondiño. Teño o cabelo louro e curto e cae sempre levo chándal. A miña mellor amiga é Perafresi. Ela é roxa, alta e fraca. O meu problema é que ás veces fan burla de min e Perafresi dilles que cando xoguemos ao fútbol vai facerlles unha tarxeta vermella,aínda que a expulsen e a castiguen. Pero eu dígolle que non é para tanto, e ela dime que non vai pasar nada. Eu dígolle que non quero tarxetas, nin verde, nin azul, nin amarela nin vermella. Non e non. A pesares diso levámonos moi ben. Por certo, que aínda non falei da miña casa, que ten forma de lapis. Xa sei que pode parecer rara, pero no meu país, Natustitislandia, todo é moi raro.

(Candela Varela)

Page 10: Descripción de persoaxes

Eu son Marifós. O meu nome pode parecer moi raro, pero eu son así. O nome púxomo a miña avoa. Era como se chamaba a miña tátara, tátara, tataravoa. No sequera sei como comezar. Que tal se digo que a miña casa , buf, a miña casa é enorme. É a máis grande que hai na veciñanza, con dicirvos que ten dúas habitacións, unha cociña e un baño. Va que é grande? O único problema que temos na nosa casa é que cun só baño ter dezasete irmáns non é doado. Teño cinco anos e unha amiga que se chama Lucilda.. Por se non o dixen antes eu son unha xoaniña como todas. O único que teño diferente é que dende pequena teño un lazo vermello arredor da cabeza. A verdade é que non son moi delgada. Máis ben estou recheíña. Hoxe veume chamar a casa Rodrigo, o neno máis fermoso de tódolos nenos da miña escola. Díxome: “Ola”. Eu díxenlle “Ola. E ti pola miña casa?”. “Veño pedirche os deberes de mates porque non s fixen. Ao mellor deixábasmos”. “Claro. Pasa”. Meu Deus. O neno máis guapo da clase vai entrar na miña enorme casa, pensei. “Que casa tan fermosa e tan grande. A miña ten só unha habitación e teño vinte irmás. Fíxate, Todas nenas.” Rodrigo contoumo todo da súa casa e da súa familia. Agora teño unhas ganas de ir que non se poden imaxinar. Cando cheguei a clase conteillo a Lucilda. Ela díxome: “Vaia sorte que tes. Eu levo toda a vida a intentar que se fixe en min, pero nada.” “Non te preocupes, Lucilda”, díxenlle, “xa chegará o teu día.” “Para ti é moi doado dicilo”, contestoume. Ese mesmo día pola tarde Rodrigo veu á miña casa e pasamos unha tarde estupenda.

(Sara Norelle)

Page 11: Descripción de persoaxes

Eu son Robitrón 4, un extraterrestre. Son forte e moi listo. Tamén teño partes robóticas. Son un ladrón intergaláctico. Escapei da prisión intergaláctica L-1 trinta e nove veces e estou en busca e captura Xa vendín case todo o que roubei menos a miña nai. Sen ela que ía facerme a comida?. A miña casa é unha nave abandonada nun planeta gasoso. Alí encóntrase o meu pai, nunha residencia, porque xa tivo vinte infartos. Pobre!. Debería de estar moi contento con todo o ouro que lle din e as cidades que destruín para el. A miña familia son Robitrón 1, meu pai, Robitrón 2, miña nai e Robitrón 3, meu irmán. Este último axúdame coas armas. Cómpraas por ebay, naturalmente. O meu pobo é unha pequena vila nun planeta chamado X-32. Hai vinte e cinco anos que non roubo alí porque xa está na ruína. Alí está o meu récord de roubos. O mellor, sen dúbida.

(Diego Lago)

Page 12: Descripción de persoaxes

Eu son a xirafa con saia. A miña saia é de cor rosa con flores amarelas e estou sempre maquillada. Non son moi grande pero no me preocupa. Non me gusta nadar. Para min é moi aburrido. A miña pel é de cor azul e non sei por que. A miña casa é grande e ancha e de cor laranxa para que o sol sexa o meu amigo e para non ter que ter a luz acesa de día, porque gastaría moita electricidade e miña nai castigaríame. A miña familia é moi numerosa. Meu pai é un hipopótamo e miña nai unha elefanta. Meu irmán é un arroaz e xa non vive na nosa casa porque non pode respirar. Só pode facelo no mar. O eu pobo é moi grande pero nel só viven animais porque as persoas non poden saber que os animais falamos porque comezarían a investigar por que.

(Andrea López)

Page 13: Descripción de persoaxes

Eu son Chiclewoman, aínda que me chaman Estela, pero non llo digades a ninguén. Chiclewoman é a miña identidade secreta. Vouvos contar como son. Teño o cabelo louro e os ollos verdes, e coido que son bastante atractiva. A miña casa non é cousa do outro mundo. Por desgraza son unha rapaza normal que traballa nun supermercado. Isto de non salvar xente por diñeiro non funciona moi ben! Porque despois como se paga a hipoteca? Ah! Teño que empezar a cobrar. Se non para que serve ser superheroe? Para cambiar un pouco de tema vouvos contar un pouco como é a miña familia. Pois a miña familia é un pouco rara, coma min. A miña nai é rosa coma un chicle, cando é superheroe, claro. O meu pai tamén se estira como un chicle cando se converte. Entón xa non fai falla dicirvos por que me chaman Chiclewoman. Non si?

(Patri Soto)

Page 14: Descripción de persoaxes

Eu son Estreliña, e miña irmá é Mariluz. Agora vouvos contar un pouco da miña casa. Está feita de pedra e ten uns balcóns xigantes que teñen bambáns. O xardín ten unha piscina con forma de estrela e ten cabaliños de mar. A miña familia é bastante grande: Mamá, Papá, Friski, o meu can, as miñas tartarugas, que son catro, e miña irmá Mariluz. O meu pobo é moi verde e a miña casa moi vella. Nela hai moitos animais: cabalos, vacas, burros, porcos e cabras.

(Iria López e Raquel Lago)

Page 15: Descripción de persoaxes

OBRADOIRO DE CREACIÓNLITERARIAABRIL 2009