Día contra violencia de xénero

3
Día Contra a Violencia de Xénero en infantil As nenas e nenos de infantil levamos unha grande sorpresa cando chegamos as nosas clases… tiñamos a aula decorada con globos laranxas . E por que? Algúns pensabamos que era o cumple da profe, outros deciamos que era porque o nadal está ben cerquiña…non dabamos atinado co motivo, ata que as profes explicáronnos que era un día especial: O día no que celebramos que todos os nenos e nenas nos levamos ben, compartimos, colaboramos e que nos gusta estar xuntiños. Beltrán tomouse o día moi en serio! Ben pronto abrazou a Irati e mostroulle todo o seu cariño. Quixemos decorar o noso corcho para que todo o mundo soubese que os nenos e nenas de infantil levámonos moi ben, e deixamos a nosa huella en globos de cor laranxa. Xogamos a intercambiar os globos empregado 3 claves máxicas: “nos miramos aos ollos, sorrimos e pedimos por favor”.

Transcript of Día contra violencia de xénero

Page 1: Día contra violencia de xénero

Día Contra a Violencia de Xénero

en infantil

As nenas e nenos de infantil levamos unha

grande sorpresa cando chegamos as nosas clases…

tiñamos a aula decorada con globos laranxas .

E por que? Algúns pensabamos que era o cumple da profe,

outros deciamos que era porque o nadal está ben cerquiña…non

dabamos atinado co motivo, ata que as profes explicáronnos que

era un día especial:

O día no que celebramos que todos os nenos e

nenas nos levamos ben, compartimos, colaboramos e

que nos gusta estar xuntiños.

Beltrán tomouse o día moi en serio! Ben pronto

abrazou a Irati e mostroulle todo o seu cariño.

Quixemos decorar o noso corcho

para que todo o mundo soubese

que os nenos e nenas de infantil

levámonos moi ben, e deixamos a

nosa huella en globos de cor

laranxa.

Xogamos a intercambiar os globos

empregado 3 claves máxicas: “nos miramos

aos ollos, sorrimos e pedimos por favor”.

Page 2: Día contra violencia de xénero

Tamén escoitamos o conto “Maruxa” (Oqo

editora) no que a través dun divertido

matrimonio, –Pepiño e Maruxa- coñecemos

como as veces o traballo da casa está moi mal

repartido: mentres Maruxa pranchaba,

labraba e barría, Pepiño folgaba e durmía…

ata que un día…

Despois da lectura do libro

fixemos as nosas representacións

creativas de “Maruxa”

E por suposto, como no conto

Pepiño afanábase por facer pan, nós

tamén quixemos poñernos mans a

obra! E fixemos os nosos propios

pans!... pero con chourizo que é

un dos bocatas preferidos de

infantil.

Medimos, pesamos,

amasamos,

forneamos…

Page 3: Día contra violencia de xénero

E finalmente comemos o bocata elaborado por nos mesmos…

Algúns estaban moi quentes pero que bos estaban!!

A 25 novembro de 2014

Fontes-Baíña