Días decisivos para o futuro do sector naval - ccoo.gal2... · peran os 65 anos son rémoras que...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 43 - 2.ª quiNceNa de xuño de 2013 O día 4 de xullo, ás 18:30 h, terá lugar na sede ferrolá da Funda- ción Caixa Galicia a presen- tación do segundo volume das Biografías obreiras de Ferrol . O traballo está prolo- gado por Xosé Manuel Sán- chez Aguión, Ignacio Fer- nández Toxo, Xulio Abelleira e Antonio Blanco. O libro in- clúe corenta e un perfís dou- tras tantas persoas que dedicaron a súa vida loitar por unha sociedade máis xusta. / PÁX. 8 Días decisivos para o futuro do sector naval n O sector naval atópase nos momentos máis complicados da súa historia recente: se finalmente a Comisión Europea da Competencia obriga a devolver as axudas, corren perigo 87.000 empregos no Estado SUMARIO 3 5 5 5 6 7 7 A Xunta desmantela o sistema de atención á dependencia mediante cambios normativos e recortes do orzamento Galicia insiste no rexeitamento á contrarreforma educativa que argallou o PP CCOO convocou mobilizacións para denunciar a precariedade laboral no Sergas A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense presentou unha rede solidaria de axuda á infancia Folga do comercio vario contra os recortes de dereitos O Supremo ratifica que a Xunta vulnerou o dereito de folga CCOO insta a Garavilla a readmitir o persoal despedido en Conservas Cuca O sector naval galego atópase nos momentos máis complica- dos desde a reconversión indus- trial de décadas atrás. Aos efectos da crise económica, que provocaron a destrución de mi- lleiros de postos de traballo nos últimos anos, pódese sumar en poucos días a pesada lousa da Comisión Europea da Competen- cia. No caso de que o organismo obrigue o sector a devolver as axudas concedidas ao abeiro do sistema de bonificación coñecido como tax lease, corren perigo de desaparecer 87.000 postos de traballo en todo o Estado, ao redor de 17.000 en Galicia. Así as cousas, a Federación de Industria de Comisións Obreiras insta á creación dunha fronte común que agrupe sindicatos, patronal e comunidades autóno- mas para mobilizarse xuntos en defensa do sector naval en todo o Estado español, cuxa desapari- ción dificultaría aínda máis a saída da crise. / PÁXS. 2 E 4

Transcript of Días decisivos para o futuro do sector naval - ccoo.gal2... · peran os 65 anos son rémoras que...

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 43 - 2.ª quiNceNa de xuño de 2013

Odía 4 de xullo, ás18:30 h, terá lugar nasede ferrolá da Funda-

ción Caixa Galicia a presen-tación do segundo volumedas Biografías obreiras deFerrol. O traballo está prolo-

gado por Xosé Manuel Sán-chez Aguión, Ignacio Fer-

nández Toxo, Xulio Abelleirae Antonio Blanco. O libro in-clúe corenta e un perfís dou-tras tantas persoas quededicaron a súa vida loitarpor unha sociedade máisxusta. / PÁX. 8

Días decisivos para ofuturo do sector navaln O sector naval atópase nos momentos máis complicados da súa historia recente: se finalmente aComisión Europea da Competencia obriga a devolver as axudas, corren perigo 87.000 empregos no Estado

SUMARIO

3

5

5

567

7

A Xunta desmantela o sistema de atención á dependenciamediante cambios normativos e recortes do orzamentoGalicia insiste no rexeitamento á contrarreforma educativa

que argallou o PPCCOO convocou mobilizacións para denunciar a

precariedade laboral no SergasA Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense presentou unha

rede solidaria de axuda á infanciaFolga do comercio vario contra os recortes de dereitosO Supremo ratifica que a Xunta vulnerou o dereito de folgaCCOO insta a Garavilla a readmitir o persoal despedido en

Conservas Cuca

O sector naval galego atópasenos momentos máis complica-dos desde a reconversión indus-trial de décadas atrás. Aosefectos da crise económica, queprovocaron a destrución de mi-lleiros de postos de traballo nosúltimos anos, pódese sumar enpoucos días a pesada lousa daComisión Europea da Competen-cia. No caso de que o organismoobrigue o sector a devolver asaxudas concedidas ao abeiro dosistema de bonificación coñecido

como tax lease, corren perigo dedesaparecer 87.000 postos detraballo en todo o Estado, aoredor de 17.000 en Galicia.Así as cousas, a Federación de

Industria de Comisións Obreirasinsta á creación dunha frontecomún que agrupe sindicatos,patronal e comunidades autóno-mas para mobilizarse xuntos endefensa do sector naval en todoo Estado español, cuxa desapari-ción dificultaría aínda máis asaída da crise. / PÁXS. 2 E 4

GaLicia SiNdicaL Número 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Galicia vai á deriva. Anteos peores efectos dacrise económica, a

Xunta reacciona negando arealidade ou recortando máis aquen está máis prexudica-do porque perdeu o emprego,porque non ten ingresos ounecesita dos servizos e pres-tacións públicas para non caerna pobreza ou ter un mínimode atención social en situa-cións de dependencia.O conxuntural e precario

emprego xerado en maio nonpode servir de parapeto por-que, ademais, non é resultadodirecto de ningunha medidapromovida pola Xunta, por isomesmo: porque non promoveunin unha medida que xere em-prego de calidade e reforce otecido económico e a cidada-nía galega fronte á crise.Nas zonas onde a crise

está a cebarse aproveitandoa desesperada situación queveñen sufrindo desde haianos –como ocorre co sectornaval galego, tanto públicocomo privado, en Ferrol e enVigo–, a xente xa non espera

ren de quen lle mente sistema-ticamente con promesas decartón pedra –como os contra-tos con Pemex– nin de quen seengurra ante o Goberno do es-tado e da Comisión Europea,canto á imprescindible aten-ción que merecen en forma decarga de traballo e de desen-volvemento estratéxico, parapaliar a traxedia social que xase está padecendo.Galicia queda de vez sen

sector industrial co pecheconstante das poucas em-presas que resistían, o quesignifica un drama pola des-trución de emprego que isoleva consigo. Pero aínda máisimportante: anula todas as po-sibilidades de desenvolve-mento económico de Galicianas actividades en que máiscompetitividade se pode des-envolver cunha acertada polí-tica industrial e de I+D+i.Para cando o Goberno da

Xunta queira actuar en de-fensa do sector industrial deGalicia, igual é tarde de máis.Moito tememos que xa étarde de máis.

EDITORIAL

Galicia necesita industria

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: B. Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Isabel Gómez, Verísimo Pazos, Benxamín Rocha, Fran-cisco Gil, Benxamín Vences (foto) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 1/7/2013

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

Pensionistaspenados

Segundo o ministro de Eco-nomía xaponés, «o deberpatriótico dos anciáns é

morrer cando lles corresponde».Xapón queda a unhas quincehoras en avión, pero escribo cunordenador made in Japan, teñoun televisor made in China, vistoroupa made in Taiwan... O Ex-tremo Oriente está ben preto!Aplicando aquí tales teorías, os

millóns de pensionistas que su-peran os 65 anos son rémorasque viven a cazola prestada: haianos que deberían estar mortos!Ninguén se atreve a dicir tanto,tampouco o comité de expertossobre as pensións, ou polomenos non en voz alta.Estes expertos, case todos da

banca e de entidades asegurado-

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

ras, queren privatizar os recursosdo sistema público de pensiónspara facer negocio e sustentan assúas propostas en datos catas-trofistas, como di Vicenç Navarrono artigo «Los errores y falaciasdel llamado comité de expertossobre las pensiones públicas».Instan o Goberno a reducir as

pensións sen agardar máis, dinque cómpre aproveitar a crisepara facer os cambios, porque axente está receptiva e sen capa-cidade de resposta. Se acepta-mos a teoría de que nós, o 90%da cidadanía, somos culpables devivir por riba das nosas posibili-dades e esiximos dereitos quenon nos corresponden, estamosás portas do paroxismo da bar-barie. Que a terra nos sexa leve!

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

Comisións Obreiras denunciao desmantelamento do sistemade atención á dependencia en Ga-licia e critica a redución dun 8%nos fondos destinados polaXunta. Segundo un estudo elabo-rado polo sindicato, esta situa-ción, sumada ás modificaciónsnormativas, ao recorte de presta-cións e ao maior copagamentodos servizos, provoca que, porvez primeira desde a aprobaciónda lei, se reduza o número de so-licitudes, en concreto o 1,75%.Como consecuencia dos Reais

decretos 20/2011, do 30 de de-cembro, e 20/2012, do 13 dexullo, introducíronse moratoriasno calendario de aplicación da leide dependencia. Os atrasos afec-tan sobre todo ao colectivo

máis numeroso, o das persoascunha dependencia de primeirograo –dependencia moderada–,xa que non se admiten novassolicitudes de prestacións ata oano 2015.Deste xeito, con data do 1 de

xaneiro deste ano, en compa-ranza co 2012, reduciuse por vezprimeira o número de solicitudes,que caeu case dous puntos,cando non deixara de aumentardesde a entrada en vigor da lei no2008.Ademais desta moratoria, que

obxectivamente reduce o númerode persoas beneficiarias, as mo-dificacións normativas tamén in-troducen mecanismos para redu-cir a intensidade das prestacións:recalculáronse á baixa as contías

económicas e diminuíu o númerode horas de servizo.Finalmente, CCOO denuncia o

aumento do copagamento má-ximo, que fai recaer nas persoasusuarias o financiamento do sis-

CCOO denuncia o desmantelamentodo sistema de atención á dependencian O orzamento recortouse un 8%, ao tempo que as modificacións normativas restrinxen o número depersoas con dereito á asistencia, que se reduce por primeira vez desde o ano 2008

tema. O estudo realizado polosindicato revela que entre osservizos máis prexudicadosestán a teleasistencia, a pre-vención, a axuda a domicilio eos centros de día, nos que ocopagamento máximo pasa do65 ao 90%. Pola súa parte, asresidencias continúan co mesmomáximo do 90%.Para CCOO, os recortes na

atención á dependencia teñenunha «clara repercusión nega-tiva» sobre as persoas usua-rias –ou potenciais usuarias– dosistema, pero tamén terán un«impacto prexudicial» no em-prego, especialmente pola nonaceptación de novas solicitudesata o 2015 e pola mingua no nú-mero de horas de servizo.

O financiamentoda atención recaesobre as persoasusuarias, pois ocopagamentomáximo elévasedo 65 ao 90%

Solidariedade de CCOO de Galiciacos traballadores e traballadorasde Portugal, que fixeron folga o día 27

Portugal viviu unha nova xor-nada de folga xeral o pasadodía 27. Con motivo da convo-catoria, o secretario xeral deCCOO de Galicia, Xosé ManuelSánchez Aguión, expresoulleao seu homólogo do sindicato

CGTP-IN, Arménio Carlos, asolidariedade da organizacióngalega.Con esta folga, seguida ma-

sivamente polos traballadorese traballadoras de Portugal, aCGTP-IN e outros sindicatos

esixíronlle ao Goberno portu-gués un cambio de rumbo naspolíticas de austeridade, queestán a provocar un incre-mento «da explotación e doempobrecemento».Dous anos despois da aplica-

ción do «memorando que agri-de os traballadores, humilla opobo e hipoteca a soberanía, opaís está devastado económi-ca e socialmente», insiste aCGTP-IN. Cómpre lembrar quePortugal ten actualmente unmillón e medio de persoas senemprego e que a OCDE pre-vé que o ano que vén a dé-beda do país represente o132% do seu PIB.

Documentosdo décimoCongreso

Desde hai uns días están dis-poñibles na web do sindicatoos documentos aprobados no10.º Congreso do Sindicato Na-cional de CCOO de Galicia, istoé, os novos estatutos, o relato-rio e varias resolucións.

GaLicia SiNdicaL Número 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Cómpre unha fronte entresindicatos, patronal eautonomías a prol do navalA Federación de Industria de

Comisións Obreiras insiste nanecesidade de crear unha frontecomún que agrupe sindicatos,patronal e comunidades autóno-mas para mobilizarse xuntos endefensa do sector naval en todoo Estado español.Neste senso, CCOO considera

positivo que o Ministerio de In-dustria decidira convocar unhaxuntanza para o 1 de xullo. O sin-dicato defenderá na reunión aadopción dunha estraxia que de-fenda os 87.000 postos de traba-llo do sector naval español, cuxofuturo se vería «seriamenteameazado» se a Comisión Euro-pea da Competencia confirmaque se deben devolver as axudasfroito do anterior sistema de bo-nificación: o tax lease.CCOO apunta que o sector

naval é «potencialmente rendi-ble» grazas á capacidade de xerare soster elevadas taxas de ocu-pación, con persoal de alta cuali-ficación, así como facilidade paradesenvolver na súa contorna untecido industrial integrado eorientado á exportación.A Federación de Industria sa-

lienta que o sector naval fixo«grandes esforzos» para espe-

cializarse na construción de bu-ques que ofrecen vantaxes com-parativas e alta tecnoloxía,desenvolvendo un saber facerpropio «altamente competitivo»,que asegura –en condicións nor-

mais de mercado– o mante-mento e desenvolvemento dodas instalacións navais.Así as cousas, o expediente

instado pola Comisión da Com-petencia ao sistema de financia-

mento español provocou que onivel de actividade caera porbaixo do 25% desde o ano 2011,posto que algúns dos estaleiros–como os galegos Barreras, Vul-cano ou Freire– están en nula ac-tividade e os armadores de refe-rencia vense na necesidade cons-truír os seus buques en paísesasiáticos como Corea, China ouVietnam.

MobilizaciónsAnte a «preocupante dimen-

sión do que está en xogo», CCOOtraballa nun calendario de mobi-lizacións para a primeira quin-cena de xullo no conxunto dosector naval privado. É, polotanto, a continuidade da folga quetivo lugar o pasado día 20 dexuño en todo o Estado e que con-tou cun seguimento total na co-marca de Vigo.

Falta de carga de traballoCon todo, CCOO-Industria lem-

bra que todo o naval, público eprivado, está en graves dificulta-dos debido á falta de carga de tra-ballo. O exemplo máis claro distoson os estaleiros da ría de Ferrol,Navantia. Precisamente, un centode operarios e operarias viaxarona Santiago de Compostela o 28de xuño para, ás portas da Xuntade Galicia, denunciaren os in-cumprimentos gobernamentais.Desde a Federación insisten en

que a continua desaparición deempresas do naval pode desem-bocar na «perda irremediable»dunha cultura industrial fincadano noso territorio. «O futuro dospobos faise defendendo os sec-tores produtivos. Destruíndo anosa industria, estamos empe-ñando o noso presente e futuro»,sentencia o sindicato.

Por mor doexpediente daComisión Euro-pea, a activi-dade caeu porbaixo do 25%desde o 2011

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

Galicia insiste no rexeitamentoá contrarreforma educativan No mes de xuño continuaron as mobilizacións contra a LOMCE e contra o novo sistema de bolsas

A Plataforma en Defenda doEnsino Público, da que formanparte CCOO e outras organiza-cións, realizou durante todoxuño diversas accións contra oproxecto da Lei de mellora dacalidade educativa (LOMCE). Opunto culminante do calendariode accións foron as manifesta-cións e concentracións quetiveron lugar en toda Galicia odía 27.Desde CCOO-Ensino salientan

que os principais motivos pararexeitar a LOMCE son que constitúeunha «imposición ideolóxica» doPP, argallada sen consenso, quevai segregar de forma temperá oalumnado para, supostamente,mellorar os resultados nos infor-

mes internacionais. A plataformacritica que a norma se use paraincumprir as sentenzas xudiciaise dar cobertura legal aos concer-tos a centros que segregan porsexo e que fomente o desmante-lamento da escola no mundorural.

Novo sistema de bolsasNas mobilizacións do 27 tamén

se berraron consignas contra oproxecto de novo sistema de bol-sas, que condenaría milleiros deestudantes á exclusión do sis-tema educativo, prexudicandoa igualdade de oportunidadesamais de consolidar e ampliara política de recortes, denunciaCCOO-Ensino. Concentración contra a lomCe en Vigo

CCOO denuncia aprecariedade no SergasA Federación de Sanidade de

CCOO de Galicia denuncia a pre-cariedade laboral no Sergas. Porunha banda, pola taxa de reposi-ción de só o 10%, o que está aminguar o cadro de persoal e unincremento da presión asistencialsobre os profesionais sanitarios.Pola outra, a Xunta créalles «fal-sas expectativas» a milleiros dedemandantes de emprego apun-tados nas listas de contratación,chegando a convocar listas decategorías que non se usan porestaren os servizos privatizados,co que converten a sanidade pú-blica nunha «fábrica de para-dos».CCOO defende que é posible

crear emprego no Sergas, perocómpre vontade política. Para o

sindicato, a actual taxa de repo-sición das xubilacións non é vá-lida, e demanda crear unha prazapor cada caso para evitar que di-minúa o cadro de pesoal. Esixeque non se utilice persoal fixopara cubrir as ausencias á custade pagar horas extras ou ofertardías libres, como ocorre con fre-cuencia na atención primaria.Tamén rexeita a voluntariedade,intersubstitucións e outras mo-dalidades de cobertura de ausen-cias que impiden crear emprego.Ante as «escandalosas» listas

de espera en Galicia, Comisiónsinsta a implantar un plan de cho-que para reducilas, creando em-prego coa apertura de quirófanose servizos centrais na quenda detarde, contratando máis persoal.

Rede de axuda á infanciaen Ourense

CCOO de Ourense presentou acampaña Rede Solidaria, impul-sada en colaboración coa CruzVermella. A secretaria xeral co-marcal, Ana Barrios, sinala que«dado o contexto económico esocial especialmente crítico paramoitas familias desta provinciadeprimida e azoutada pola crise»,decidiuse iniciar unha campaña

de recollida de diversos produtosde primeira necesidade, que sedestinarán a axudar a infancia.A partir de setembro habilita-

rase un espazo específico nasede comarcal de CCOO para arecollida, almacenamento e cus-todia de alimentos, cueiros,produtos de hixiene ou mate-rial escolar.

Acto de presentación desta campaña a favor da infancia

GaLicia SiNdicaL Número 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

No peche desta edición do Ga-licia Sindical, día 1 de xullo, estáconvocada unha xornada defolga no sector do comercio varioda provincia da Coruña. Afectaaos comercios do téxtil, calzado,ópticas, multiprezos, materialeléctrico e construción.A secretaria xeral da Federa-

ción de Comercio, Hostalaría eTurismo de Comisións Obreirasde Galicia (FECOHT-CCOO),Isabel Castaño, sinala que conesta folga se pretende impedirque a patronal do ámbito re-corte dereitos laborais. Se-gundo a dirixente sindical, «están

en xogo as condicións laboraisno sector», pois a patronal pre-tende utilizar a reforma laboralpara rexeitar que o actual conve-nio continúe vixente mentres semanteñen as negociacións parapactar un novo texto. A isto cóm-pre sumar que a proposta em-presarial é «retrógrada», pois«devólvenos a unha situación demoitos anos atrás», denuncia asindicalista.Isabel Castaño lembra que

levan xa dous anos intentandochegar a un acordo de renova-ción do convenio, pero as dife-rentes patronais impedírono.

Folga no comercio varioda provincia da Coruña

Na mañá do 27 de xuño, pretode cincocentos traballadores etraballadoras do sector de segu-ridade privada manifestáronsecontra dos recortes en seguri-dade que a Xunta de Galiciaquere impor na nova contrata

que vixiará as súas instalacións.Segundo a Federación de Ser-

vizos Privados de CCOO, a Admi-nistración autonómica pretenderecortar case un 26%, o que re-presentaría a destrución de casecincuenta empregos.

Manifestación contra osrecortes en seguridade

Aguión denuncia no Congreso estatal deCCOO-Correos os recortes «ideolóxicos»A sección sindical estatal de

CCOO de Correos organizou enSantiago de Compostela o seu XICongreso, no que saíu reelixidocomo máximo responsable Re-gino Martín.Na inauguración do conclave

interveu o secretario xeral deCCOO de Galicia, Xosé ManuelSánchez Aguión, que denunciouque o PP utilice a crise como pre-texto para aplicar uns recortesque non son necesarios, senón«ideolóxicos».

Para Sánchez Aguión, as ac-tuacións do PP responden á súa«ideoloxía neoliberal», polo quea crise «só é unha escusa». Re-prochoulles aos populares queestas políticas só están incre-mentando a pobreza. «Milleirosde familias son hoxe máis po-bres e teñen menos dereitos»,denunciou.Tamén foi moi crítico co PP o

responsable confederal de Ac-ción Sindical, Ramón Górriz. Nasúa intervención, o sindicalista

afirmou que «non é necesariaunha reforma das pensións ninoutra volta á reforma laboral», etamén rexeitou a reforma das ad-ministracións pública e local.Porén, defendeu a reforma tri-butaria que, ao seu ver, «nonpode agardar ao 2014», xa quepermitirá incrementar os ingre-sos do Estado para destinalosa políticas sociais e investi-mentos produtivos.Pola súa parte, o secretario

xeral de CCOO-Correos, Regino

Martín, pediulle á dirección daempresa pública que diversifiquea actividade, de xeito que se con-verta nun dos motores da recu-peración económica de España.Sinalou a necesidade de procurarnovos nichos de mercado paradar resposta aos factores que in-ciden na caída do tráfico postal eesixiu medidas efectivas para odesenvolvemento do plan de ac-ción de Correos, para o que pediu«maior concreción», pois púxoseen marcha hai cinco meses.

7

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 43 - xuño 2013 (2.ª quincena)

O Tribunal Supremo ratifica que aXunta vulnerou o dereito de folgan Dálle a razón a CCOO, que denunciara servizos mínimos «abusivos» na folga xeral do 2010

Unha sentenza asinada polasección sétima da sala conten-cioso administrativa do TribunalSupremo afirma que a Xunta deGalicia vulnerou o dereito defolga fixando uns servizos míni-mos que CCOO cualificou de«abusivos» con motivo da folgaxeral do 29 de setembro do 2010.Deste xeito, o alto tribunal rexeitao recurso de casación da Admi-nistración galega e obrígaa apagar 4000 euros de custas.Ramiro Otero, coordinador da

Área Pública de CCOO, lamentaeste «dispendio do diñeiro detodas e todos», que se evitaría sea Xunta acatase «as numerosassentenzas que en Galicia e noresto do Estado explican clara-mente como se deben fixar osservizos mínimos». O sindicalistaconsidera «lamentable» que oGoberno galego siga ignorandoas resolucións xudiciais e per-sista na pretensión de vulnerar

un dereito fundamental como é oda folga mediante decretos conservizos mínimos abusivos.A sentenza fai agora defini-

tiva a resolución xudicial quenas instancias anteriores lledaba a razón a CCOO, que de-

CCOO insta a Garavillaa readmitir o persoalde Conservas CucaA Federación Agroalimentaria

de Comisións Obreiras de Galiciainsta a Garavilla a cumprir a sen-tenza que a obriga a readmitir nasúa factoría de Vilaxoán, na co-marca de Arousa, as 69 persoasdespedidas de Conservas Cuca,a maioría mulleres.Desde a Federación, a sentenza

é «executiva», polo que, aíndaque cabe recurso, a empresa estáobrigada a cumprir cos termosda resolución xudicial. Ademais,

CCOO apoia as accións legaisemprendidas polo comité de em-presa contra o traslado de ma-quinaria que se realizou, enten-den, en contradición cos termosda resolución xudicial.Cómpre lembrar que a sen-

tenza tombou o ERE da empresae ratifica os aspectos defendidospor CCOO, isto é, que non sesosteñen as causas alegadaspola empresa, nin económicas,nin organizativas nin doutro tipo.

Accións en defensado carácter público da Xustizae contra a privatización

Na imaxe, unha das manifestacións da folga xeral do 2010

nunciara os servizos mínimosda folga xeral do 2010, recolli-dos no Decreto 151/2010 daConsellaría da Presidencia eque prexudicaba especialmen-te este dereito fundamental naCRTVG, nos servizos educa-

tivos e no transporte escolar.O Supremo remítese a senten-

zas anteriores para afirmar queas «indicacións xenéricas» dodecreto da Xunta non permiten«deducir cales son os elementosvalorados» para fixar os servizosmínimos. No caso da CRTVG,educación e transporte escolar, oalto tribunal afirma que a condi-ción de «servizos esenciais» nonexime a Xunta do deber de sinalaros dereitos concretos e bens enxogo nin a exonera de explicar enque medida a folga xeral convo-cada os poría en perigo.En opinión de Ramiro Otero, a

resolución do Supremo é un «se-vero correctivo» á Xunta de Gali-cia, que «persiste en ignorar assentenzas que se lle acumulansobre a mesa, todas na mesmadirección», e avanza que, previsi-blemente, nos próximos meseshaberá novas resolucións nomesmo sentido.

CCOO convocou concentra-cións ás portas de todos os xul-gados de Galicia os días 11, 19 e26 de xuño para frear a privati-zación do servizo público de Xus-tiza, así como o emprego noámbito.O sindicato oponse aos plans

de privatización, que afecta-rán especialmente os rexis-tros civís e os servizos co-múns de actos de comunica-ción e execución.

Para CCOO, é imprescincibleevitar a reforma da Lei orgánicado Poder Xudicial e da Lei deplanta xudicial, que suprimirá du-cias de partidos xudiciais e pro-vocará un «despedimento masi-vo» de persoal interino, actual-mente uns 1.200 profesionais.Estas e outras cuestións tamén

foron tratadas o día 25 nunhaxornada que tivo lugar en Vigo,«Por unha sociedade de Xus-tiza», na que participou CCOO.

Número 43 - 2.ª quiNceNa de xuño de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Odía 28 de xuño cele-brouse o Día Interna-cional do Orgullo LBGTI

(Lesbianas, Gais, Bisexuais eTransexuais e Intersexuais).En diferentes localidades detodo o Estado houbo acciónsso o lema «Mocidade sen ar-marios», xa que a xuventudeé un dos colectivos máis pre-xudicados pola crise e, den-tro dela, a LGBTI.Isto é así porque, como

lembra a Confederación Sin-dical de CCOO no manifestoque editou co gallo da cele-bración, «mentres o paro xu-venil en España chega ao57%, vivir abertamente aorientación sexual ou a iden-tidade de xénero é un riscoengadido que non todo omundo se pode permitir». Aprecariedade laboral golpeade xeito especial lesbianas,gais, bisexuais, transexuais eintersexuais, «entre quen secalculan taxas de paro próxi-mas do 80%».Neste senso, a contrarre-

forma educativa, ou sexa, aLOMCE, é un paso atrás queagrava a situación do colec-tivo. Coa supresión da mate-ria da educación para acidadanía, que representabaun avance nunha educaciónpública, laica, integradora eigualitaria, camíñase cara aoutro modelo educativo que«pode contribuír a elevaraínda máis os altos niveis deabandono escolar entre amocidade LGBTI», por faltade atención á diversidade se-xual e de xénero, critica osindicato. Isto, como conse-cuencia, representará unhatraba máis para o accesoao mercado laboral e si-tuará o colectivo «en riscode exclusión social», alertaComisións Obreiras.

Mocidade senarmarios

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Presentación do segundo volumedas Biografías obreiras de Ferrol

AXENDA

O vindeiro 4 de xullo, ás 18:30 h, presen-tarase na sede ferrolá da Fundación Nova-caixagalicia o segundo volume da obraBiografías obreiras de Ferrol, que inclúe co-

renta e un perfís doutras tantas persoas quededicaron a súa vida a facer a nosa socie-dade máis xusta, homes e mulleres que loi-taron por un mundo mellor.

A obra conta con prólogos dosecretario xeral confederal deCCOO, Ignacio Fernández Toxo,do secretario xeral do sindicatoen Galicia, Xosé Manuel SánchezAguión, do ex-secretario xeral deCCOO de Ferrol, Xulio AbelleiraSouto, e do autor, Antonio BlancoCarballo.

MicrohistoriasToxo destaca que a publica-

ción deste segundo volumecompleta un «excelente traballode recuperación de memoriahistórica do movemento obreiroe cidadán de oposición ao fran-quismo», un labor de historio-grafía sindical impulsado polaUnión Comarcal de Ferrol en co-laboración coa Fundación 10 deMarzo. De microhistoria en mi-crohistoria, pasamos dos re-latos en primeira persoa áconstrución dunha «historia co-lectiva que marcou gran parte

do século pasado», salienta.Pola súa parte, Sánchez

Aguión remarca a «habelenciosaconxugación de memoria e reali-dade» para actuar que demostra-ron estas mulleres e homes,levando a cabo accións «trans-versais, cando non directas» parareclamar as liberdades «que undesprezable veciño lles negaralogo do golpe de Estado de1936».

Aprendices para as grandesremudasO secretario xeral de CCOO

de Galicia lembra que o move-mento obreiro actual proce-de destas persoas, a maioríadelas de orixe humilde, queforon «ben conducidos por"mestres sen escola", na casa eno taller», converténdose en«aprendices para as grandesremudas».O ex-secretario xeral de CCOO

de Ferrol salienta que, corentaanos despois, o movementoobreiro vólvese enfrontar anovas agresións, desta volta porparte dos Gobernos da Xunta edo Estado, que «queren arrasarcoas conquistas daquelas loitas,loitas de moitos sacrificios, com-promisos e tamén emocións,manifestadas polos entrevista-dos». Hoxe, o obxectivo dos Go-bernos é «privatizar todo opúblico para favorecer as elitescapitalistas e acabar co estadodo benestar», denuncia.Finalmente, Antonio Blanco en-

fatiza que os protagonistas destevolume «souberon estar á alturadas circunstancias e da historia:rebeláronse contra o totalita-rismo e esixiron o seu lexítimodereito ás liberdades, rompendoo silencio e as normas de obe-diencia e submisión que pre-valecían para a maioría da ci-dadanía».