Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé...

23
Falamos galego, sentimos o galego, logo... SOMOS GALEGO!!! V 1.00000001 Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] Regueifas e regueifeiros. Crónica dun obradoiro e dun espectáculo de regueifas. Historias e viaxes Viaxe a Londres Unha morte dobre Amores e desamores dun bacharel Caligramas Poemas Debuxos Deportes O Vioño fútbol club A dopaxe no deporte Biografía de Levon Kendall Biografía de Lois Pereiro Un Valle-Inclán moi noso Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto

Transcript of Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé...

Page 1: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

Falamos galego, sentimos o galego, logo...

SOMOS GALEGO!!!V 1.00000001

Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011]

Regueifas e regueifeiros.Crónica dun

obradoiro e dun espectáculo de

regueifas.

Historias e viaxes

Viaxe a LondresUnha morte dobre

Amores e desamores dun bacharel

CaligramasPoemas

Debuxos

DeportesO Vioño fútbol club

A dopaxe no deporteBiografía de Levon Kendall

Biografía de Lois PereiroUn Valle-Inclán moi noso

Entrevistas

Xosé Manuel Pereiro

Xurxo Souto

Page 2: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 2

O Recreo nº 9 (Xullo 2011)

EditaENL do IES Urbano Lugrís

A Coruña

DirecciónXulia Rodríguez Abella

RedacciónIrene Vázquez Daniel LoureiroSergio Caridad Sergio Cedrón

Carolina GonzálezYosua MartínezAlejandro PeralDaniel Piñeiro

Humberto ReimúndezSabela GómezSandra SantosAna Vázquez

CaligramasPedro Carollo

Yosua MartínezDaniel Piñeiro

Humberto ReimúndezAna Vázquez

Miguel VázquezSergio Cedrón

Héctor Fernández

FotografíaEstevo Rodríguez

Roberto VarelaA.A.V.V.

MaquetaciónAlejandro Peral Taboada

Francisco Euloxio Ponte González Héctor Fernández Varela

Correlingua 2011.................................................................3Real dicionario do koruño.................................................4As nosas regueifas.............................................................8Biografía ao homenaxeado das letras galegas 2011......9Poemas e caligramas do Urbano Lugrís........................10Regueifas e regueifeiros..................................................12Entrevistando a Xosé Manuel Pereiro............................13Amores e desamores dun bacharel................................14Entrevista a Xurxo Souto.................................................15

Unha morte dobre.............................................................17Shakespeare para ignorantes.........................................18Unha viaxe a Londres.......................................................19A casa encantada.............................................................20Un Valle-Inclán moi noso.................................................20O Vioño, un C.F.................................................................21A dopaxe e o deporte.......................................................21Levon Kendall...................................................................22Os nosos debuxos............................................................23

Page 3: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 3

Correlingua 2011

Participación do Urbano Lugrís no CorrelinguaO pasado día 4 de maio, chegámonos a xuntar 3.000 estudantes da Coruña e Carballo arredor da Torre. O motivo non foi outro que celebrar o famoso Correlingua, que xa se vén celebrando dende hai varios anos para fomentar o uso do galego.

Moitos alumnos quixeron apoiar a nosa lingua levando camisetas con mensaxes, frases feitas, é que… xa vedes, a cabeza non para!. Tamén houbo xente que rescatou bandeiras, dende as máis nacionalistas ata chegar a unha do Deportivo!

A camiñada comezou no estadio de Riazor, onde nos xuntamos todos os colexios e institutos; con música posta polos organizadores botámonos a andar, aínda que algún centro puxo a súa propia música, que nos amenizou a ruta, con algunha paradiña polo paseo

de Riazor.

Tras un longo percorrido, chegamos á Torre de Hércules, onde nos esperaba un espectáculo de maxia e un animado concerto, ofrecido polo grupo Nugalla.

Tamén houbo premios, como o do IES Ramón Caamaño de Muxía, que levou o trofeo á mellor pancarta, cunha traballada imaxe e versos de Lois Pereiro (poeta homenaxeado nestas Letras Galegas).

Pero non todo podía ser festa, xa que entre tanta diversión, gardamos un minuto de silencio pola alumna do Fernando Wirtz que falecera o sábado anterior na praia de Bastiagueiro.

Con esta celebración, non queremos dicir que só temos que falar en galego este día no ano, pero é unha boa forma de recordar que temos unha lingua propia e non debemos deixala perder.

Page 4: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 4

Real dicionario do koruño

AAAbarrote no Parrote: en desuso. Expresión utilizada para indicar o "abarrotado" que está un sitio. Emprégase en concentracións de persoas superiores a unha densidade de 15 persoas por metro cadrado.

Abrirse: marcharse.

Achantarse: apartarse, moverse, quitarse de en medio ou esconder. Achantar a mui!: calar a boca.

A dolor: con moita énfase ou en abundancia.

Aforar: pegar, tamén pagar.

Aí: partícula de énfase. Aí, neno!: moi ben, amigo. Aí está o forito, neno! (Frase orixinal: Aí está el forito,neno!): moi ben, sobre todo, cando algo está mal e se arranxa.

Ao igual… : frase que ten significados varios, por exemplo nunha pelexa significa que,como sigan así, vanse golpear.

Apalancar: quedarse na casa doutro e non contribuír cos gastos.

Apirolado: aparvado.

Aplicar: devolver unha broma que che fixeron ou gastala ti mesmo de inicio. Aplicar durísima: devolver a broma de tal xeito e forma que o outro non poda reaccionar. Aplicar a da 13-14: facerlle unha falcatruada a alguén ou, tamén, unha xogada dentro dun deporte que é fácil de recoñecer, pois se unha xogada acaba ben é a xogada da 13-14.

Argolla: aldea.

Argollano: aldeán.

Atorao ou atrapao: ido, ausente, despistado ou, tamén, ofuscado nunha cousa.

Así como de risas (de risel): falto de seriedade, referido a unha situación.

BBBaixar o po: tirar ou baixar o lixo.

Baldeo: arma branca, navalla.

Bambas: Zapatas dos deportes ás que se lles poden introducir calcetíns baixo a lingüeta para avultar.

Barul: lixo. Chindar a barul!: tirar o lixo.

Bastas: mans.

Bata-lora: nai.

Belfo: beizo. Polo belfo!: gratis, pola cara.

Biciclitas: personaxe da Nova Cultura Koruña que é amigo de Charles e do Cholas, que un día falando cunha rapaza no canto de dicir Bicicleta dixo Biciclita. Tamén vive na Sagrada Familia.

Birra: cervexa.

Bocoi: gordo.

Bofia: policía.

Bolos: calcetíns que se meten nas bambas.

Botar un regao: mexar.

Buah!: Interxección. Usado como unha muleta en diversas áreas: Apelación, causal, temáticas, indiferente, correlato, psicotrópicas ... Acompañase xeralmente da outra partícula neno.

Bufas: peitos, mamas.

Buga: coche

Bul: cu.

Burlar: saber de algo

CCCachalote: gordo

Cachar: Descubrir a alguén facendo algo malo.

Cacharra: pistola, arma de fogo.

Cacharro: cubata ou cunca de viño.

Calamar: porro

Calí: rolo, rosco. Comerse un calí: ligar, comerse un rosco.

Calzoeiro: nalgúns sitios rapeiro.

Canibete: coito. Botar un canibete: facer o coito.

Carretar: levar algo pesado, sobre todo madeira para San Xoán.

Caseto: radio-casette dun coche

Cebolo: gordo.

Chanar: saber de algo.

Chante: dentada.

Charles: personaxe da Nova Cultura Koruña, que vive preto da Sagrada Familia, aínda sen moitos datos nin fitos na súa conta.

Cherifo: líder, xefe.

Chikilín: dise dos rapaces pequenos

Chimpar: botar a alguén dun sitio, saltar.

Chinarse: enfadarse, drogarse no contexto do tema da droga.

Chindar a pañí: mexar.

Chinorro, chinorrín: cativo, pequeno referido a obxectos.

Chorar: roubar.

Chorbiño: referido a alguén máis pequeno ca ti (Empregado cos nenos tamén); tamén utilizado, con ton despectivo, fai referencia a alguén que te está a molestar.

Chorbo: rapaz.

Choscas: gafas, lentes.

Chotarse: chibarse de algo.

Chu: duro, euro. Non teño chu!: non teño cartos.

Chupa: zamarra, cazadora.

Chukel: can.

Chuzas: borracho.

Chuzarse: consumir grandes cantidades de alcol.

Coa man aberta!: frase que advirte de que a alguén lle van dar unha malleira ou modo de dar un golpe.

Conachada: parvada

Como se lo bate!: chulearse, ser un máquina.

Cotizar: practicar o coito.

Cundir: merecer a pena.

Currarse: pelexarse.

Curtir: agredir fisicamente.

Page 5: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 5

DDDar o pao: atracar.

De gratis ou de gratís: de gratis, ao gratín.

De pinga: estupendo

Do mil ou do quince: aumentativo estándar.

Deso (o deso): persoa maior ou que se cre moi importante sen selo.

Deus: crese que Deus foi algún fulano esquecido de cando as muvis do chorbo ese que quería dividir en dous as augas do Orzán. Cóntase que Fraga e Paco Vázquez son do seu tempo e xa discutían xuntos. Emprégase para dicir que alguén é moi bo en algo.

DJ Panaskas: seudónimo do Freddy empregado para ameazar a Xurxo Souto no documental “O Legado de Hércules”

Djukic!!!!: berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor.

Dobrar: vomitar.

Duguis: dous. Sempre se usa só; non como adxectivo.

Dumbas: orellas.

Durísimo: sinónimo de moito.

Durisimamente: de modo superlativo.

EEEmpanar: entender algo, emprégase normalmente para dicir que non entendes algo.

Empiltrar: durmir

Engorilarse: emocionarse.

Escais: ollos.

Escartarse: caer, facerse moito dano.

Esgarro: cuspe.

Eskakeado: agachado.

FFFarra: festa

Fiera: que é bo en algo.

Filtrar ou fliter: suar.

Flapas: orellas.

Flai: peido.

Fly: porro.

Fotón: golpe.

Fraga: personaxe da tradición koruña que se conta chegou á terra canda Deus, que discutía con Paco Vázquez, que trouxo a tranquilidade a Galicia e á Coruña, grazas ás súas loitas memorábeis contra os castelanistas para defender o Koruño, en poucas palabras, un bo pavo.

Freddy: personaxe da tradición koruña que foi dono da Coruña e lle cambiou o nome polo de Chorbotawn e fixo o Camiño de Santiago desde a Praza do Obradoiro ata a Praza de Monte-Alto, é dicir, fíxoo do revés.

Fregao: movida, situación complicada.

Friki: dise do chorbo que xoga moito aos videoxogos, só fala deles e compra obxectos relacionados cos videoxogos.

Fucar: funcionar.

(a) Fuego: con intensidade

Full: de pouco valor.

Full de Istambul: superlativo

Fulero, Fuleiro Adxectivo de Full.

Furar : golpear o balón con forza no fútbol ou estragar.

Furolo ou Furonazo: disparo forte no fútbol.

GGGambas: pernas

Gambear, Ir a gambín: correr.

Ganso: que é grande, alto

Garimba: cervexa. Líquido elemento, de color amarela con escuma.

Garimbería: cervexería, en especial referido á mítica cervexaría de Estrella Galicia de Catro Camiños.

Gepeto: cabeza.

Geta: cara. Cabeza.

Getazo: golpe coa cabeza.

Ghañuflas (tamén ghañufo): aldeán.

Ghapo (o gapo): cuspe.

Gherolo: cabeza.

Gicho: xitano, pequeno ladrón.

Gol nas Gaunas!!!!!: outro berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor.

Grelo: porro. Ter grelo: ter sorte.

Grillao: tolo.

Gripar: vomitar, enfermar ou estragar un vehículo por botarlle no lugar de gasolina calquera cousa.

Guano: porro.

Guillar: tolear.

Guita: cartos.

Guripas: policía ou Garda Civil.

Gusa: fame.

HHHo: apócope de home, empregada para dicirlle a alguén que se dea présa.

IIIr a baroke (referido á discoteca de Sada “Baroke”): irse de festa ou irse de prostitutas.

I fuego: e xa está, faise iso e non hai volta de folla.

Irse polo friso ou polo frisamen: defecar enriba dun.

JJJá, jambrina, jamba: rapaza ou noiva dun amigo.

Page 6: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 6

Jaimolas: superlativo de Jaime. Tamén é un rapaz da Sagrada Familia que viste de rapeiro cuns auriculares enormes e moitos aneis e colgantes de ouro.

Jalar: comer.:

Jalufa: alimentos, especialmente de orixe porcina.

Jalufar: comer.

Jamao: tolo

Janrol: navalla.

Jefe ou xefe: persoa que por facer unha cousa crese moi boa ou intocábel, emprégase en ton despectivo.

Jerolo: cabeza. Jerolazo: golpe na cabeza.

Juangitada: falcatruada dun cativo.

Juja: referido a algo que es una merda

Julai, Julay: imbécil.

Julandra, Julandrón: superlativo de julay, con connotacións homosexuais.

Juma: malleira.

Jumel: golpe co puño ou coa man.

Jupar / Junar: ver.

KKKel: casa.

Kíada: maldade dun kíe, falcatruadas sen importancia.

Kíe: chulo que busca pelexa.

Kiote ou kilote: rapaz sen importancia.

Kilar: facer o coito.

Kinito ou kinitoh: chulo de praia.

Kinigüini: rapaz que vai camiño de ser un kíe.

LLLa Coru: nome abreviado da cidade. Es un termo utilizado sobre todo por las femias.

Latar: non asistir a clase

Lelas: gafas. Lentes.

Lercho/a: persoa que fala de máis sen saber y con maldade a veces a berros.

Les van vibrar las flapas!: alguén vaise emocionar cando escoite ou vexa algunha cousa.

Liada: complicación.

Ligada: cachada. (Véxase cachar)

Liló: tolo

Lumi: prostitutas.

MMMacoi: neno entre 12 e 16 anos que se vai de kíe (ou que ten kiadas)

Malaje: xente non grata.

Mallar: pegar una malleira

Mara: xente.

Mararse: rir a gargalladas.

Matao: tolo ou que pensa que por facer algo que todos fan xa é alguén importante.

Matizar, Estar de matiz: ligar.

Maquearse: amañarse.

Máis que se fora: hai que ver o chulo que é o compadre.

Mazar: bicar. Atracar. Facer muñuñui.

Meco: golpe.

Men: eu ou calquera dos teus amigos. Emprégase nesta construción: Que hai men?!

Meu: sinónimo de camarada

Mimá!: expresión de admiración.

Mimén!: admiración.

Movida ou Muvi: evento

Movidón: superlativo de muvi

Movida2, movido: couso, cousa

Muda: muller.

Mucho (neno): grazas

Mui: boca

NNNajar: irse, vomitar

Nel: non, nada ou ren

Nel do panel: superlativo de nel

Neno: tío, amigo, principal forma de segunda persoa do singular.

Nin jarto de grifa: con poucas ganas de facer algo, quere dicir literalmente: Nin farto de viño

Notas ou notarilo: persoa con pouco poder pero que cre que ten moito e actúa como tal. Dise tamén dos adultos que reúnen as anteriores características.

Non hai fallo/erro: todo controlado.

ÑÑÑaco / Ñasco: chante

Ñapa: chupaza mal feita aínda que funcione.

Ñé: substantivo empregado como desprezo a alguén de poucas luces

Ñordo: cousa que produce noxo.

Ñu: que non fai un favor ou que contesta mal sen sentido.

PPPaco Vázquez: disque foi un alcalde da Coruña memorábel, do tempo de Deus e Fraga, que molou moito e agora o tempo na Coruña mídese en anos a. P. V. (Antes de Paco Vázquez) ou d. P. V. (Despois de Paco Vázquez).

Pañí: ouriños

Parida: facer unha graza que non fai graza, parvada.

Paridonga: en desuso e eventualmente usado como superlativo de parida.

Pasantía: clases particulares de apoio académico.

Page 7: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 7

Pelete: frío.

Pelote: golpe coa cabeza. Personaxe da tradición koruña que era amigo do Freddy e que un día fumou un porro e saíu á ventá, veu unha camisa vermella, pensou que era un autobús e tirouse.

Peluco: reloxo. Que hora gasta o teu peluco?: que hora é?

Peña: grupo de persoas, amigos.

Peñuki: grupo de persoas que non molan, kiotes.

Percal: palabra comodín que significa tema, cousa…

Perito: arcaico; excelente.

Perras: traidor, Xudas.

Person: individuo indesexable.

Pestrucha, Pestru: moza habitual das pelexas e, nalgúns contextos, noiva dun.

Pestruchear: ligar

Peta: porro

Petado: cheo de xente.

Petar: facer o coito ou encher.

Petrolera: calificativo de muller que pode ser un piropo ou insulto, dependendo do contexto.

Playeros: calzado deportivo

Pía: noxo ou fobia

Picar: chocar as cinco ou chamar ao timbre de alguén

Piltra: cama

Piltrar: durmir.

(de) Pinga: xenial, ao meu gusto.

Pimientix: xenial

Pinrel: pé

Pinrelar: correr

Piños: dentes.

Piñata: boca

Pipín o Pinpín: tonto.

Pirolo: véxase matao.

Pirolón: superlativo de pirolo.

Plas: irmán/á

Playuki: praia

Polla: sorte. Pene.

Potar: vomitar

Potra: sorte

Pozo: bolsillo do pantalón, ou casa en mal estado

Prea: mala xente ou que vai porco, desaseado.

Prestige: lixo ou refugallos

Priva: alcol.

Privar: beber alcol

Pulir: vender, gañar ou gastar.

Puril, purila: pai, nai.

RRRabar: vomitar.

Rachí: festa.

Ril: flatulencia.

Rilar: defecarse enriba dun. Ter medo.

Rilao: mexericas.

Rular: pasar algo, transportar. Funcionar.

Rule: volta, paseo.

S S Safar(se): librar(se) dun castigo ou da realización dunha tarefa. Salvarse.

Ser un XYZ de la vida: comportarse como XYZ en certo aspecto. XYZ = Personaxe famoso por algún defecto que comparte co citado.

Ser un topo: tonto, case porque se practica.

Sobar: durmir

Sobrada: que está de máis.

Sobrarse: pasarse con algo ou algén.

Sobre: cama.

TTTachiles/tachines: calzado.

Tajarse: emborracharse.

Taladrao: tolo.

Tocha: nariz

Trenco: torpe

Triguis: tres, no mesmo sentido que duguis.

Tripulada: volta co coche

Trobas: melenas. (Esta palabra é usada por Pardo Bazán nalgunha das súas novelas, o que dá idea de que o cheli Koruño xa o falaban os nosos puriles, aínda que só sexa usado por nós os adolescentes).

Truco: véxase meco

Truja: cigarro.

Trujel: cigarro ou paquete deles.

UUUñolo ou unllolo: Véxase furonazo ou furolo.

VVVa: aceptar

Vaska: xente coa que te moves, amigos

Verón: home moi grande

Voltio: volta.

Volverse polla: fliparse

Vreje: ano, idade. Expresión para preguntar a idade de alguén.

XXXu: noivo

Page 8: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 8

YYYuki: acortación de playuki.

ZZZapatear: tirar de mal xeito, descansar.

Zapear: correr

Zarpao: xenial, perfecto

Zobar: correr

Zumbar: Pegar ou practicar o acto sexual

Zumbe: atontamento

Zuncho: muller pouco agraciada fisicamente

Zurrar: pegar, dar unha malleira.

As nosas regueifasEu que vivo na Coruña

o outro día fun ao mar

camiñei pola areíña

e púxenme a cantar.

Eu biquei a unha rapaza

e fuxiu coma un raio

porque me cheiraba o alento

antes eu comera allo.

Antes eu comera allo

na casa da miña tía

ela vive en Peisaco

vouche alí cada día.

Camiñaba polo bosque

de repente dei un brinco

e cando mirei aos pés

había un ornitorrinco.

Había un ornitorrinco

vaia cousa máis estraña

e colgando da súa cola

el levaba unha araña.

El levaba unha araña

eu na vida vin tal cousa

nunca saín da Coruña

pésame coma unha lousa.

Gustóuchenos ben a cea

toda a base de empanada

se nos volves invitare

engádelle unha queimada.

Onte empatou o Dépor

que ledicia que contento!

e moito mellor sería

se houbera aínda máis tempo.

O noso idioma é cultura

con el facemos país

gústachenos falar ben

sen que doian os cadrís.

Disque marcha o noso Estevo

non lle damos despedida

porque seica vai voltare

axudarnos moitos días.

E coma el nos di sempre

coma un portugués no fado

a palabras eléctricas

ouvidos desconectados.

Estamos a facer reguifas

non se fan todos os días

pero que lle imos facer

xa chegou a despedida.

Page 9: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 9

Biografía ao homenaxeado das letras galegas 2011

Lois PereiroLuis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña o 24 de maio de 1996. Foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas.

A súa familia é procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, dedicada ao vidro, regresa a Madrid para estudar a lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do Paraíso.

En 1983 e 1987 viaxou canda a Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte a mans da Sida, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Recoñecemento

O 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011, tras a reclamación de que se producise este feito. A Academia apreciou evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo.

En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas: “Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".

Obra

Poemas 1981/1991 (1992)

Poesía última de amor e enfermidade (1995)

Poemas para unha Loia (1996)

Page 10: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 10

Poemas e caligramas do Urbano Lugrís

Daniel Piñeiro Rielo 4ºA

Pedro Carollo Fernández 4ºA

Miguel Vázquez Ferreiro 4ºA

ARCAloumiños e arrumacos,

non sempre saen baratos.Mais polo ollar dos teus ollos,

pagarei calquera prezoe poñereime de xeonllospor terte ó meu carón.

Noites e días,choran as meniñas,

ouvea o corazónque sen ningunha razón

viaxa na túa busca,por unha paixón,

que quizais tardía,corre día a día

detrás do teu amor.

Bolen sentimentos,non hai arrepentemento.

Fráxiles bolboretas,foxen as caretas,

e quedo co coñecementode saber que voltarás.

O sol escapa polo mar,acaricia o vento as meixelas,

vés ti a cantarque me queres namorar.

Xa non asubía a brisa,Sós, ti mais eue o teu ollar,

que me fixo tolear.

Lara Loureda 2º Bach

O marO mar, fillo dos océanos

E pai das rías,Amante das nubes

E inimigo das rochas.Casado coa area

Destinado a vivir con ela.Traballador ás ordes da lúa,

Traidor e mentireiroE lonxe do mundo enteiro

Só e tranquilo.

Mirian Cabarcos Iglesias 4ºB

Agora síntome benOs soños da mente vólvense reais

O día e a noite vólvense un.Non hai DIFERENZAS,

Todo é o mesmo, EU son TI.Comprensión total,

Liberdade, igualdade¡Felicidade sen igual!

ALMAS soltas e perdidasReencóntranse na ESCURIDADE

Que se volve claridadeTodo é visible, EU son TI.

E ti es un soño feito REALIDADE.

Carolina González Gil 4ºB

Page 11: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 11

Sergio Cedrón Prieto 4ºA

Yosua Martínez Rodríguez 4ºA

Héctor Fernández 4º A

Humberto Reimúndez Martínez 4ºA

Page 12: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 12

Regueifas e regueifeiros

Crónica dun obradoiro e dun espectáculo de regueifas

Sergio Cedrón Prieto

Que é unha regueifa?

As regueifas son cantigas improvisadas entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Parécese á tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado.

A regueifa é un xénero musical e popular que se está perdendo, ao igual que a cultura tradicional galega (contos, cantigas, refráns, algúns bailes...), pois normalmente non hai relevo xeracional por diversas razóns (urbanización e abandono do agro, diminución do uso da lingua galega nas novas xeracións, novas tecnoloxías...). Son poucos os regueifeiros activos que quedan, pero hai algúns recuperadores e divulgadores deste xénero como Pinto d'Herbón ou Luís Caruncho, os cales acostuman impartir obradoiros en escolas e colexios.

A parte divertida consistía en "cantar a regueifa": un cantador dos de fóra da parroquia botaba unha copla meténdose cos de dentro, e entón un cantador da parroquia respondíalle. Iniciábase así entre os dous unha disputa dialéctica de coplas improvisadas cada vez máis incisivas, ás veces escarnecedoras para os noivos ou para as súas familias, de xeito que o certame poético podía rematar nunha pelexa. Por esta razón, os da casa escollían unha madriña para bailar a regueifa e armaren unha foliada salvadora. O regueifeiro gañador, aquel que cantaba a última copla, era quen tiña a honra de repartir a regueifa. Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor ou retranca, o que fai este tipo de cantares moi divertidos para todos os públicos. A controversia entre os regueifeiros pode durar horas.

Yosua Martínez Rodríguez

Nos tamén sabemos regueifas

O luns día 21 de febreiro, no salón de actos do IES Urbano Lugrís, os alumnos dos cursos 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e algúns de Ciclos

Formativos asistimos a un obradoiro de regueifas. Ese obradoiro foi impartido polos famosos regueifeiros Pinto d’Herbón e Luís o Caruncho. Pinto é nado na parroquia de Herbón (de aí xe vén o nome) e o Caruncho naceu en Vigo. Antes de comezar a nos amosar o xeito de compor as regueifas, fixeron unha pequena demostración do seu saber, tomando como obxecto da súa burla e sátira (sen malicia) os alumnos alí presentes.

Tras amosarnos a súa destreza, mostráronnos como deberíamos compolas, para iso fixeron un esquema no que viamos a rima e as sílabas que cada verso da copla podía ter. Asemade, o Caruncho, fixo o papel dos cegos que ían polas aldeas contando as noticias cruentas ocorridas nas parroquias veciñas, para nos contar que nome recibían as regueifas nas distintas partes de España e do mundo.

Tras varios ensaios fomos capaces de compor as nosas regueifas, por exemplo esta composta por un servidor:

Fun comer coa miña tíaSó tiña unha empanada

Estaba coma un chamizoEstaba un pouco queimada

O día 4 de marzo, os alumnos do IES Urbano Lugrís acudimos ao Centro Cívico dos Mallos para ver como os regueifeiros que nos fixeran o obradoiro, demostraban a súa capacidade facendo coplas con distintos ritmos e tomándose a eles mesmos como obxectivo das rimas e, tamén, a nós, os espectadores. Foi un espectáculo excepcional, pois moi poucas veces se pode ver en directo a regueifeiros de tan alto nivel. En resumo, calquera das dúas actividades que nos mostran esta parte da nosa cultura foi moi entretida.

Page 13: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 13

Entrevistando a Xosé Manuel Pereiro

Irmán do célebre escritor Lois Pereiro

A. Peral

Pregunta: Que razóns o levaron a formar o seu grupo musical?

Resposta: Falamos da época dos 80, onde o mundo era moi aburrido e non había moitas formas de escoitar música, e debido a iso, apareceu, entre outros, un lema que dicía “faino ti”. Eu tiña boa voz e podíame permitir o luxo de cantar letras como as de Antonio Machín e Boleros. Os do grupo sempre me dicían que como non sabía tocar nada, o que facía era cantar. Así chegamos a actuar ante 3000 persoas, mais ao final tivemos que decidir entre o grupo e a profesión.

P: En que se inspiraban os do seu grupo para facer as letras?

R: En que non nos gustaba a praia e nas cancións do tipo “a miña chica non me quere e voume suicidar”, mais en xeral cancións de tipo reivindicativo. E debido a unha delas tivemos problemas co equipo arxentino de fubito. Mais se me falas de grupos, fundamentalmente os Ramones e Scrash.

P: Era un bo estudante ou máis ben festeiro?

R: Eu era un bo estudante debido a que era un bo lector e por iso ás veces tiña problemas na clase, incluso ao meu irmán criticábano porque non era tan bo coma min. Moitas veces o teñen crucificado por iso. Sen embargo, cando me encontraba na facultade de matemáticas suspendín catro debido a que os

números non eran o meu.

P: Como xornalista, a quen lle gustaría ter entrevistado?

R: Non entrevistei a grandes personaxes, mais eu prefiro a reportaxe, porque na entrevista é “coma se intentases ligar, os dous menten”, mais a min gustaríame facer unha reportaxe sobre a emigración dos anos 20 e 30 a América e poder ver de cerca os barcos onde a xente viaxaba, as condicións que soportaban e a búsqueda dun futuro mellor.

P: Como ve a situación actual na cultura galega?

R: Hai aspectos positivos e aspectos negativos. Por exemplo, o tema das letras é algo que non se encontra no mellor. Ademais, penso que a política galega é unha desfachatez. Pero o referente á música tradicional é bestial. Para min, a industria cultural que se atopa é coma un mineral a pulir porque, por exemplo, somos moi bos contadores de historias, pero á hora de publicalo nótase o atraso que posuímos. Tamén temos unhas elites que non valen para nada.

P: Metas que ten pensado para o futuro?

R: Sobrevivir ao 17 de maio, que non sei de onde vou sacar forzas, mais o máis importante é sacar adiante aos fillos, procurar vivir disto, que é bastante difícil na actualidade debido á crise, e tratar de seguir escribindo.

Page 14: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 14

Amores e desamores dun bacharel

Daniel Loureiro Tubío 2ºBach

Non quero ir á maldita festa. Non teño ganas de saír. Xa ves que é Entroido e que vai ser moita festa, pero non quero ir..

Miguel xa me dixera que Sara era unha desas rapazas que quentan a comida que non van comer. Pero eu xa me afixera á súa compañía e tiña, non sei... esperanzas. Non estaba namorado, era máis ben, físico.

Pero Miguel non aceptaba un non por resposta, como ía faltar eu?... Claro que vou! Como non vou ir! Estamos parvos ou que? Tiña un disfrace de vampiro. Non era moita cousa, unha capa e os dentes. Pintei a cara branquiña, un carreiro de sangue caéndome polos beizos e, perfecto...!

Chegamos a Ordes e todas as rapazas me viñan preguntar se ía de crepúsculo, arrepentinme seriamente de escoller ese disfrace... e marchei para o Colors a ver se había alguén coñecido. Cando estaba na barra fixeime nunha gata; unha gata alta, delgadiña, pálida, co pelo moreno e os ollos pintados de negro. Un vestido negro bastante apertado e curto, cuns zapatos altos que descubrían unhas longas pernas.

Ela acendeu un cigarro, xirouse e cachoume mirándoa, como se de verdade se tratase dunha gata e co instinto adiviñase que a miraba. Non apartei a mirada, era imposible, nos seus ollos había algo que me incitaba a mirala, coma se a ela non lle importara, ao contrario, quixera que a vise ben.

Achegueime, non sei que me pasou pola cabeza, normalmente non fago esas cousas, pero esa rapaza... en vez de soltarlle o típico piropo das 6 da mañá de “nena, eu por ti fágolle dous largos ao pozo do purín!”, pedinlle lume, sacou o chisqueiro, prendeume o cigarro e, quedei alí, sen volver a onde estaba, ela riuse. Pregunteille como se chamaba e díxome que Rebecca.

Ela agarroume e levoume a outro Pub. Bailamos, rimos, abrazámonos, bicámonos... Falamos de nada e todo á vez. Tiña un irmán, díxome que lle recordaba moito a el. Abraceina, deixeille a miña chaqueta e fomos para fóra. A música xa agoniaba. Bicoume, bicoume moito. Nunca me bicaran así. Sentín unha sensación de euforia, quería estar con ela e abrazala sempre. Sentamos nun banco e estivemos abrazados

sen dicir nada.

Deron as 6 da mañá, e ela tiña que marchar, xa que o bus non esperaba por ninguén. Eu non trouxera coche e non sabía se os meus amigos tiñan sitio para ela. Chegamos diante de Lp, onde paran os buses... acompañeina ata a escaleira, pedinlle o teléfono, deumo, deume un bico e marchou.

Agardei alí de pé ata que ela se dera a volta, para saber se tiña o mesmo sentimento ca min, pero non o fixo, e sentouse do lado que eu non a vía.

Chameina, chameina sen parar. Ata que un día me contestou un señor de Barcelona, dicindo que alí non había ningunha Rebecca. Entendín que ninguén me volvería dar un bico con tanta paixón.

Nunca máis a volvín ver, pero sempre lembrarei a aquela rapaciña que fumaba moito, ría menos e abrazaba con ganas.

Page 15: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 15

Entrevista a Xurxo Souto

Un coruñés excepcional

Y. Martínez / H. Reimúndez

Xurxo Souto, de nome completo Xurxo Manuel Souto Eiroa, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966. Estudou Filoloxía Clásica e, ademais, é un acordeonista, cantante, locutor de radio, escritor (destaca o seu libro "Contos da Coruña") e líder dos "Diplomáticos de Monte Alto".

P: Cando cres que naceu en ti o interese pola cultura galega?

R: Penso que é desde sempre, pois eu que son da Coruña, chamábame moito a atención o galego que falaban os meus compañeiros da aldea a que meu pai era mestre. Penso que con sete anos xa escribín o meu primeiro poema en galego.

P: Quen foi o teu referente musical?

R: Houbo moitos e en diferentes etapas, gracias a que a música é moi diversa. Na casa escoitaba aos cantautores da época, Fuxan os ventos, e máis tarde de agrupacións coma Milladoiro. Tempo despois fun seguidor da música folk adscrita á música punk, con grupos coma The Pogues, para acabar descubrindo o acordeonista “total”, que era Pucho Boedo.

P: Que é bravú?

R: Foi a etiqueta que inventamos para denominar o que estábamos facendo, pois iamos en contra do establecido, xa que dicían que o galego non valía para a música en xeral. Pois descubrimos que había outros grupos coma nós, Os Diplomáticos de Monte Alto: Os Escornabois en Lourenzá. Entón decidimos xuntarnos nun magosto, ao que chamamos Castiñazo Rock, e alí puxémonos unha etiqueta. Eliximos bravú porque é o sabor da carne sen castrar, do monte e salvaxe; co que queriamos mostrar a nosa “rebeldía”.

P: A Coruña é un referente na túa obra, que podes salientar dela e por que a fas referente da túa obra?

R: Fágoa referente porque eu quero ser cidadán do mundo, e para selo plenamente, hai que principiar coñecendo o que temos máis preto de nós. Que salientar dela? Pois que é una grande descoñecida para os propios coruñeses: hai lendas, relatos “dos vellos” que din, por exemplo, que dende a Torre de Hércules pódese ver Irlanda… Estas son as cousas que se deberían coñecer e compartir da nosa cidade.

P: Por que decidiches recompilar no libro Contos da Coruña os relatos mariñeiros e relacionados coa cidade?

R: Polo que estabamos falando antes, para mostrar a realidade da cidade que nos transmitían nas historias na Tropa da Tralla e eliminar algúns prexuízos sobre os coruñeses. Eses contos que deixan agromar a vida da Coruña tal como é, coas súas alegrías e penas e os personaxes anónimos que dan veracidade a todo o que vemos de maneira cotiá.

P: Que opinas de que lle dediquen este ano o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro?

R: Unha das ideas máis felices de todos os tempos. Lois Pereiro é unha persoa cosmopolita, un poeta de grande modernidade, con textos de moita beleza vixentes no pensamento actual. Xa que A Coruña nos oitenta estaba a ferver culturalmente, grupos artísticos coma Poetas de amor e Desamor que quixeron transmitir esa fervenza que se vivía. Había recitais nos que enchían as salas, e noutros máis poetas ca público. En resumo, Lois era un referente de modernidade e un dos máis feros defensores do atlantismo e do galeguismo.

P: Das túas facetas de escritor, músico… Cal che reportou máis gratificacións?

R: É todo un continuo, os límites entre música, literatura… son só formais. Para min a maior gratificación é deixar de ser espectador e converterme en protagonista. Porque o máis importante é a realización persoal, xa que os premios son banais. Todos os lugares nos que traballei e, asemade, os medios nos que colaborei son moi grandes gratificacións.

P: Que metas tes para o futuro?

R: Agora aos meus corenta e catro anos tiven dúas xemelgas e estou no que eu chamo Operación Cueiros. Agora mesmo sigo colaborando na radio, espero que un dos meus libros saia para o ano, pero a medio prazo comezarei a colaborar máis intensamente.

P: Cres que é un bo momento para a cultura galega?

R: Si, extraordinario. Aínda que se leva iso de queixarse, que todo anda mal. Si que é certo que

Page 16: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 16

dende a Administración estase a apoiar moi pouco a cultura e a lingua galegas. Este pequeno curruncho do mundo é un centro de creación artística importantísimo, libros de Suso de Toro, Manuel Rivas… interesan a medio mundo. Temos actores da sona de Luís Tosar, e agora a nosa representante en Eurovisión. Pero o dito, dende a Administración debería haber máis apoio. Así mesmo, é marabilloso pertencer a unha cultura tan grande e bonita como é a nosa.

P: Colaboras no proceso de recuperación dos Murais de Lugrís, poderíasnos falar un pouco sobre iso?

R: Volvo ao tema central: A Coruña, rodeada de artistas. Por estas rúas, paseaba, segundo dicía Antón Avilés de Taramancos, “a segunda humanidade de Lugrís”. Este persoeiro creou, nas súas pinturas, unha atmosfera da Coruña como cidade-barco. Unha das súas obras máis grandes e importantes é o mural que se atopa no Vecchio (A Coruña), que foi pintada para a pista de baile que se atopaba no lugar do bar. É precioso poder relacionarte coa obra dun pintor, non coma nos museos, senón dende a proximidade, case sentindo a calor que desprende. Ese cadro non está protexido, está nun estado de conservación moi malo e, ademais, hai un problema de tipo legal, pois os donos do café non son os donos do local, senón que o é a familia Echeverría. Hai unha asociación de arquitectos (Asociación O Mural) que están a recadar fondos para restaurar o cadro. Para conseguir cartos, fixeron na praza de San Andrés un encontro pictórico no que acabaron pintando nas paredes artistas de renome e grafiteiros.

P: Quen foi o teu escritor favorito e en quen te inspiraches para escribir o libro Contos da Coruña?

R: Debemos ter moitos e distintos referentes. Como estudei filoloxía Clásica, debería citar os clásicos latinos e gregos (A Eneida de Irxilio). De aquí, da nosa terra, gústame moito Valle-Inclán, sentes como

vibran as súas páxinas. “Fillo” directo del, o gran Cunqueiro, creador do realismo máxico, que non é contar historias fantásticas, senón narrar as doces historias cotiás dun lugar. Tamén tiven a honra de coñecer a Novoneyra, que nos explicou que os ambientes máis arredados poden ser moi belos. Como resumo, non debemos ter un só favorito, senón un conxunto deles que nos transmitan aquilo co que estamos de acordo ou co que estamos relacionados.

P: O outro día vimos na Internet o vídeo no que regueifabas con Pinto d’Herbón, gustaríache dedicarte á regueifa ou só o fas por divertimento?

R: Claro que me gustaría, pero non o sei facer ben. Para facelas hai que ter unha axilidade mental moi grande e unha capacidade como a que ten Pinto d’Herbón, e eu non a posúo. Sería como a técnica do freestyle no Hip-Hop.

P: Tamén vimos os vídeos do Legado de Hércules sobre o Koruño, como decidiches participar nel?

R: Pareceume unha iniciativa moi fermosa e rapidamente quixen participar nela. Teño que dicir que Monte Alto quedou derrotado polo poder do DJ Panaskas de Labañou. Aparte da miña pobre intervención, creo que é fermosísimo reivindicar a cultura popular da cidade. Se existe o Koruño é que A Coruña ten personalidade propia.

P: Pensas que este idioma está en declive ou está en auxe grazas aos vídeos?

R: Non penso que estea en declive, senón que está en constante cambio ao ser una fala popular. Gracias a Internet, agora está de moda, é algo puntual, pero máis tarde xurdirán poetas que o levarán ás máis altas cotas.

P: Das túas primeiras etapas na radio, que destacarías?

R: A gran fascinación por ese medio de comunicación. Comecei a traballar nela con vinte anos, colaborando con Carlos Blanco.

P: Por último, e a modo de peche, que che pareceu esta entrevista?

R: Pareceume moi interesante e, sobre todo, moi documentada, porque aparte de coñecer moi ben a miña biografía, cousa que se agradece, coñecedes moi ben ese contexto que rodea a biografía. Falando con vós, sentinme cómplice desa Coruña invisible e parte da tripulación desta cidade-barco.

Page 17: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 17

Unha morte dobre

Carolina González Gil 4ºB

Unha morte dobre. Unha tarde máis. Xosé, deitado na cama, contaba as horas, os minutos e os segundos para a chegada da súa morte. Había un mes detectáranlle a SIDA, pero nun estado avanzado, polo que non había case nada que facer. Na mesiña de noite, os frascos da medicación xunto coa análise médica que o certificaba. Tomou a súa dose diaria, probablemente a derradeira. Xa non tiña forzas, esvaíase pouco a pouco. O seu único fillo, Román, nada sabía disto. Vivía noutra cidade, inmerso no seu traballo de fiscal. Era un home intelixente, pero demasiado melancólico. Era adoptado, e isto facíao sentirse desgraciado, a pesar de que Xosé o coidaba con agarimo. Por moito que Román insistira en descubrir a identidade do seu pai biolóxico, el nunca abría a boca. Esta foi a causa do seu carácter, tan triste e pensativo. Pero Xosé xa non podía calar máis. Sentía no seu peito o ardor do desacougo. Non quería deixar ao seu fillo sen a verdade. Chamouno por teléfono:

-Fillo, son eu. -… -

-Tirando. ¿E ti? -… -Alégrome. Escoita, teño que falar contigo en persoa, canto antes. ¿Terías tempo de…?

-… -Esta ben, espérote.

O reloxo marcaba as cinco da tarde. Román sentara nunha cadeira preto da cama. -¿E dis que só tes un arrefriado? Véxoche moi mala cara.

O pai, con ollos húmidos, colleuno da man.

-Fillo, hai algo que debes saber sobre o teu verdadeiro pai e máis eu. Os ollos de Román ficaron petrificados nos ollos de Xosé.

-¿Xa era hora non? -Perdoa-contestou o pai con tristura.

-Fala, por favor. -Ben… Contoulle por fin a verdade. Fora adoptado porque o seu pai biolóxico morrera asasinado no seu propio traballo, por un ladrón de xoias primeirizo e nervioso. Antes de saír correndo de pánico polo acto sanguento, oíu uns berros de bebé. Con coidado, abriu a porta dun cuarto contiguo á tenda. Alí, chorando, había un bebé de dous meses. O ladrón compadeceuse del. Adoptouno. Chamoulle Román…

-Tanto tempo… ¿para acabar descubrindo que ti mataches ao meu verdadeiro pai ?-exclamou

enfurecido. Nos seus ollos ardía o lume da ira.

-Quería que o souberas antes de que eu… Non puido rematar a frase. Román sufría dende había moito tempo unha depresión aguda, que o levara ao borde da loucura. Toda a carraxe que gardara dende neno, desatouse. Coas súas propias mans, agarrou o pescozo do seu pai adoptivo e aforcouno. Xa non oiría máis a escura realidade, non tería xamais un pai pobre e indigno, un asasino,…

Entón, chorou. Cometera un crime abominable. Arrepentiuse. ¿Cómo fora capaz de facelo? Observou ao seu arredor, tiña medo. A mesiña estaba chea de frascos de menciñas. Entre eles, unha análise médica. Tivo curiosidade e leuna. A palabra SIDA fixo que se cambaleara. Matar a un home terminal. Manchara as mans cun condenado. Só lle quedaba o cárcere e a soidade, pero non un pai. Marchou da casa, conduciu de présa no seu coche, dirixíndose ás aforas. Había un río en fronte súa, pero non torceu cara a dereita.

Page 18: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 18

Shakespeare para ignorantes

Sabela Gómez Vázquez 2ºBach

O 7 de febreiro acudimos ao Forum Metropolitano para ver a obra de teatro Shakespeare para

ignorantes do grupo Mofa e Befa con Producións Teatráis Excéntricas, cos cursos de 2º de Bach. O instituto correu cos gastos.

Antes de ver a obra hai que ter en conta o significado da palabra ignorancia: falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral.

A obra comeza cando un prestixioso docente (Quico Cadaval) está dando unha conferencia sobre Shakespeare a un público que pouco sabe sobre o mesmo. De repente aparecen Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, Mofa e Befa, dous actores que tampouco teñen moito coñecemento sobre o escritor e son contratados para representar escenas da súa obra na que interpretan a personaxes que adoitan quedar nun segundo plano como asasinos, bufóns, cornudos etc..

O espectáculo inclúe escenas de obras como Ricardo III, Pericles, o príncipe de Tiro, O Rei Lear, Hamlet, Xulio Cesar, Romeo e Xulieta, Otelo, Como gustedes, Cimbelino…

Collendo anacos destas obras fan un texto entretido e serviunos para aprender cousas que ata agora non sabíamos, e todo isto cun punto de humor que nos permitiu achegarnos aos contidos da obra deste recoñecido literato.

Page 19: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 19

Unha viaxe a Londres

Humberto Reimúndez Martínez

Do día 6 ao 10 de abril, 15 alumnos de 4º ESO fomos nunha viaxe cultural á capital inglesa, á xigantesca cidade de Londres, viaxe organizada polo departamento de inglés e acompañáronnos os profesores Mercedes Uzal e Alberto Alonso.

Saímos en avión desde o aeroporto santiagués de Lavacolla. O voo durou unha hora e media, aproximadamente. Aterramos no aeroporto de Londres-Stansted e alí, esperábanos a nosa guía local cun cartel ben decorado -con dúas bandeiras españolas aos extremos-. Á saída do aeroporto, subimos a un autobús que nos levou ata o noso hotel, chamado Hampstead Britannia, no barrio londinense de Camden. Despois de instalármonos nos nosos cuartos, saímos xantar.

Neste primeiro día visitamos as zonas de Soho, Leicester, Picadilly e Chinatown, todas elas son zonas moi concorridas, están cheas de xente e resulta bastante difícil andar a paso lixeiro. Tras varias horas de camiñada, chegou a hora de cear e fomos a un restaurante preto de Picadilly Circus.

O segundo día, visitamos o Museo Británico, onde observamos restos arqueolóxicos e esculturas da época dos exipcios. gregos e romanos. Estivemos alí máis de tres horas, á saída fomos en metro ata a beira do río Támesis, onde subimos a un barco para dar un paseo polo río e, xusto despois, subimos ao London Eye, á famosa noria, na que puidemos

admirar dunha magnífica vista de toda a capital inglesa. Logo, vimos a zona moderna de Londres e a Catedral de San Paulo, e alí preto ceamos nun dos tradicionais pubs ingleses.

O terceiro día, fomos ata o Pazo de Buckingham para ver o cambio de garda e a Abadía de Westminster, onde casaron os Príncipes de Gales. Despois de xantar, vimos as casas do Parlamento, a National Gallery e Trafalgar Square, ceamos ás sete da tarde.

O cuarto día, visitamos os Museos de Ciencia e Historia Natural, onde estivemos máis de catro horas e pasámolo moi ben, logo fomos comer. Xa, á noitiña, ceamos nun restaurante italiano, preto de Picadilly Circus.

O quinto e último día, marchamos á zona comercial do barrio de Camden para facer as últimas compras da viaxe. Ás 13:30 horas da tarde, volvemos ao hotel a recoller as maletas e, pouco despois, o autobús nos levou ao aeroporto, onde nos despedimos da guía, pasamos o control de seguridade e embarcamos no avión que nos trouxo de volta a Galicia.

Resumindo, esta viaxe cultural foi unha experiencia inesquecible e todos os que fomos, estaríamos encantados de volver outra vez.

Page 20: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 20

A casa encantada

Sandra Santos Astray 4º ESO B

Rosa vivía en Madrid, pero hai unha semana que se mudou a unha pequena vila de Lugo, a unha casiña peculiar, na que non vivía ninguén dende había moito tempo.

Ela xa estivera de visita por Galicia, polo que entendía o idioma e falábao bastante ben.

María, unha veciña, estaba moi preocupada desde que esta moza chegara vivir alí; un día atopouse con ela e comezaron a falar.

- Ola Rosa, que tal? - preguntou María.

- Ben, moi ben, a verdade é que xa me estou acostumando - respondeulle.

- Alédame, pero véxome na obriga de contarche algo - dixo María.

Explicoulle que na vila corría un rumor de que a casa

estaba habitada por pantasmas e que todo o que ía vivir a ela, tarde ou cedo, morría.

Rosa non creu nada e marchou camiñando paseniño. Pensou que María o facía para amedrentala.

Pasados uns días, as dúas volveron atoparse, mais non cruzaron nin unha palabra.

Na cidade comentábase que as pantasmas xa se apoderaran dela.

Había dúas semanas que María non a vía, así que foi á súa casa, pero ninguén lle abriu.

- Rosa, Rosa! - abre, que son María!

Porén, Rosa non contestaba. Daquela chamaron á policía. Esta entrou na casa e atoparon a Rosa enriba da cama.

Dende entón ninguén máis volveu habitar nesa casa.

É ben certo que o que avisa non é traidor…

Un Valle-Inclán moi noso

Yosua Martínez Rodríguez 4ºA Desde o 15 de decembro do 2010, comézase a rodar en Santiago un documental sobre o escritor nado en Pontevedra. Un documental que leva o título de Este que veis aquí; que terá unha duración aproximada de 45 minutos e que está a cargo da produtora Gona. O papel de Valle-Inclán estará interpretado polo actor, escritor e xornalista lucense Xerardo Pardo de Vera. Este documental conmemora o 75 aniversario da morte do escritor (Aínda que tal aniversario ten a súa verdadeira data no 2011). Segundo palabras do director, José Luis García Sánchez: “Abordamos este traballo pola necesidade de dar a coñecer a vida e obra dun dos xenios da literatura española, á marxe de efeméride algunha”.

No documental, son os protagonistas das obras de Valle-Inclán quen comentan todo o relacionado coa vida e obra do autor.

A acción comeza no Ateneo de Madrid, onde se comentan as peripecias do pontevedrés na capital e aspectos da súa obra de ambiente madrileño.

Page 21: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 21

O Vioño, un C.F.

Ana Vázquez Ferreiro

O Vioño C.F está composto por unha plantilla de 20 xogadores. É o equipo máis vello da Coruña e en toda a súa historia só xogaron tres nenas nel: Lucía, Cruz e eu, Ana.

Lucía foi a primeira nena que xogou no Vioño C.F, máis tarde xogaría Cruz e por último eu, que aínda sigo. Levo 8 anos de alegrías e tristuras, nos cales aprendín que temos que ser unha piña e non separarnos nunca, porque cada un aporta unha cousa ao equipo que o fai diferente e especial do resto. Os primeiros torneos que xoguei con este equipo foron na Coruña, nos campos da torre de Hércules.

Logo chegaría o torneo de Ferrol. Máis tarde xogaríamos a fase de ascenso para a liga galega en Viveiro (Lugo), pero o torneo que máis me gustou xogar foi o do verán pasado, fomos a Bilbao (País

Vasco), unha semana na que as dez horas en autobús valerían a pena. Coñecemos persoas de moitos países: portugueses, africanas, ucranianos, madrileños, etc.

No torneo quedamos de cuartos e fómonos moi alegres e contentos por ter coñecido e convivido con tanta xente. Este ano son a capitá do equipo grazas aos meus compañeiros. Eu animo a toda a xente a facer algún deporte porque é unha forma moi saudable de coidarse e coñecer xente nova, por desgraza este ano é o último que xogo co Vioño C.F e dáme moita pena marcharme despois de tantos anos convivindo cos meus compañeiros de equipo.

A dopaxe e o deporteEstes días non só o deporte español recibiu un pau descomunal polo descubrimento da trama da dopaxe no atletismo, senón tamén todos os deportistas, afeccionados e miles de rapaces que se adestran a diario seguindo os pasos dos seus ídolos.

Doutra banda, a boa noticia é que existe tolerancia

cero contra os que menten, contra os que intentan beneficiarse manchando a imaxe do deporte ao que se dedican multitude de deportistas, tanto de alta competición como de niveis inferiores, que respectan e obedecen os valores que o deporte de competición achega: a capacidade de superación, a colaboración

Page 22: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 22

e o traballo en equipo, o esforzo, o compañeirismo, o respecto aos adversarios, a disciplina, aprender a gañar e a perder, son activos moi apreciados como para deixar que se desprestixen coa falta de ética e a ambición desmesurada.

Sabemos que a dopaxe é a utilización de sustancias ou métodos cuxo uso está prohibido no deporte federado. Tamén se considera dopaxe a promoción ou a incitación a utilizar estas sustancias e métodos. Entendemos que é un grave problema que afecta á actividade deportiva e física, en xeral, e sobre todo, ao deporte de competición. É unha práctica antideportiva que non só afecta ao deportista, senón que implica tamén ás persoas da súa contorna: médicos, adestradores, técnicos e directivos deportivos.

Existe o Plan de loita contra a dopaxe no deporte que é unha iniciativa do Consello Superior de Deportes que busca reforzar na sociedade española a cultura do xogo limpo e do deporte saudable.

As medidas establecidas por este Plan estrutúranse en catro apartados. No primeiro, enuméranse as reformas lexislativas do noso ordenamento que comporta a súa posta en marcha. No tres apartados

seguintes, detállanse as medidas a desenvolver en tres ámbitos prioritarios de actuación: a prevención, o control e a represión da dopaxe no deporte.

Tanto o deporte de recreación, amateur, como o competitivo, ocupan un lugar destacado nas sociedades modernas. O profesionalismo impulsado polas empresas e a televisión levan aos deportistas a esforzos tremendos e a unha superación constante. O atleta ante unha expectativa de maiores beneficios sóbese a esa carreira desenfreada e como lle resulta difícil manter ese ritmo con medios naturais recorre á dopaxe. Tamén hai deportistas amateurs e afeccionados que se deixan seducir por promesas de centos de produtos que lle poden axudar a practicar un deporte con máis intensidade ou a obter resultados deportivos que doutra maneira non conseguirían e que buscan afanosamente por motivos de prestixio persoal e social.

En definitiva, pódese dicir que facer uso dalgunha técnica que se considere como dopaxe, a primeira ollada pode parecer tentador, até gratificante, pero cunhas consecuencias que poderían ser nefastas.

Por iso, unámonos aos atletas españois que asinaron un comunicado no que avogan “por un deporte limpo”.

Levon Kendall

Daniel Piñeiro Rielo 4ºA

O equipo de baloncesto compostelán, o Obradoiro, fichou no verán ao pívot internacional canadense Levon Kendall polas súas calidades defensivas. O que non coñecía o equipo era o carácter polifacético do baloncestista. Cando chegou, o adestrador

preguntoulle se sabía español, ao que lle respondeu que aínda non. En tres meses xa manexaba o idioma sen problemas. Xustificábase dicindo que en Vancouver aprendera francés, que é semellante ao castelán.

Aparte de xogar ao baloncesto, tamén sabe tocar o piano. Desde pequeno, escoitaba a seu pai tocar e descubriu que tiña un talento natural para a música. O curioso é que toca de oído xa que ten serios problemas para interpretar unha partitura. Na rede aparece unha representación súa da canción Angel of mine. Agora en Santiago, estase introducindo noutro mundo, o da pintura. Ao ver que no seu piso non había cadros, optou por facelos el mesmo, e estalle a gustar a experiencia. E ademais de todo isto, fíxose con vermes para reciclar restos orgánicos e lograr compost.

O seu nome completo é Levon Kendall Simon Maxwell, e naceu o 4 de xullo en Vancouver, Canadá.

Page 23: Dicionario da RAK do Koruño [Versión 2011] · Biografía de Levon Kendall ... Entrevistas Xosé Manuel Pereiro Xurxo Souto. A Coruña, O Recreo 2 O Recreo nº 9 (Xullo 2011) Edita

A Coruña, O Recreo 23

Xoga de ala-pívot e mide 2,09 m. Xogou no equipo universitario, “Piggsburgh Panthers”, da Universidade de Pittsburgh. Alí saíu elixido dúas veces MVP e foi fundamental para levar ao seu equipo á vitoria. No ano 2007 xogou no equipo grego Panionios, onde se quedou durante dúas tempadas. Con este equipo xogou na ULEB Cup e na Euroliga, aparte da liga grega. Na tempada 2009/2010 fichou polo Maroussi

BC, tamén da liga grega. E finalmente, na tempada actual, chegou ao Obradoiro compostelán, co que xoga na liga Adecco Ouro española.

Por outra banda, é membro do equipo nacional de baloncesto de Canadá, co que competiu no Mundial FIBA 2008 Toreno Preolímpico e no Mundial FIBA 2010 de Turquía.

Os nosos debuxos

David Docampo Segade

David Docampo Segade

David Docampo Segade