Dossier a noite xusto antes dos bosques

8
A NOITE XUSTO ANTES Bernard-Marie Koltès adaptación e interpretación ADRIÁN RÍOS DOS BOSQUES A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER Arre Vento teatro

Transcript of Dossier a noite xusto antes dos bosques

Page 1: Dossier a noite xusto antes dos bosques

A NOITE XUSTO ANTES

Bernard-Marie Koltès

adaptación e interpretación ADRIÁN RÍOS

DOS BOSQUES

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER

Arre Ventoteatro

Page 2: Dossier a noite xusto antes dos bosques

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER

ÍNDICE

A compañía...................................................1

Sinopse................................................................2

Sobre o autor...........................................3

Ficha artística..........................................4

Requerimentos técnicos.....................6

Contacto e distribución..................6

Arre Ventoteatro

Page 3: Dossier a noite xusto antes dos bosques

A COMPAÑÍA:

1A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER

Arre vento Teatro é unha compañía creada por Adrián Ríos no ano 2015. O proxecto nace da necesidade de poder levar á escena un teatro actual, de aires novos, capaz de levarlle ao público historias cheas de forza e intensidade. Xorde nun momento de cambio, dunha transición sociocultural que esixe alentos de reivindicación, de contar o que é preciso contar, posuíndo un estilo propio e definido no marco lúdico que será sempre o Teatro. Ao mesmo tempo, a transición socioeconómica que estamos a vivir fai cada día máis dificultosa a acción teatral, esa comunicación cultural da que queremos comezar a formar parte neste intre. Por iso é preciso facernos escoitar con textos que mostren a máis actual necesidade de ser transmitidos e removan a conciencia do público, amosándolle os nosos mundos sobre a escena.

Comezamos así o camiño dunha compañía con desexos de continui-dade e constante auto renovación a prol da escena galega.

Cremos na verdade e de tal xeito amosámola, transformando a pala-bra escrita en realidades que a todos se nos antolla acadar. Encadra-mos as nosas historias nun marco de crueza e visceralidade, definido pola naturalidade no estilo e alimentado polas mellores dramaturxias.

A noite xusto antes dos bosques é o primeiro exemplo que Arre vento Teatro pon en marcha, levándolle ao espectador unha cuestión de controversia actual, que convive con nós cada día e que, indiferente-mente, deixamos de atender. Sen esquecernos da poética, esta primeira montaxe convértese nese berro colectivo que todos confia-mos escoitar pero que, por mor da “indefensión aprendida”, non somos quen de esgarrar.

“Só teño ganas, un día, de contar ben, coas palabras máis simples, a cousa máis importante que coñeza e que poida contarse, un desexo, unha emoción, un lugar, luz, sons, calquera cousa que sexa un fragmento do noso mundo e que pertenza a todos”.

Bernard-Marie Koltès.

Arre Ventoteatro

Page 4: Dossier a noite xusto antes dos bosques

SINOPSE:

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER2

A noite xusto antes dos bosques, obra escrita no ano 1976 polo dramaturgo francés Ber-nard-Marie Koltès e representada por vez primeira en 1977 no Festival de Avignon Off, constitúese non coma un monólogo senón coma un “monodiálogo”: un diálogo no que só están rexistradas as intervencións dun interlocutor. A poética concéntrase no dicir dunha soa personaxe que evoca, dende a súa propia, outras voces. A omisión deliberada da palabra do outro produce un efecto multiplicador do sentimento de soidade.

O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado, aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza. Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a espe-ranza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o rexeitan.

A peza pon sobre o tapete unha cuestión que co paso do tempo adquiriu unha potente actualidade: a marxinación do emigrante estranxeiro, eses brotes de racismo provocados por outros mar-xinados que lle impiden sobrevivir ao protagonista incluso no medio sórdido no que quizais pensou que podía atoparse. Porén, a personaxe que atopamos no texto non é unha voz mar-xinal, senón unha multitude de voces pola capacidade que ten de evocar personaxes e situacións. Este “estraño” que fala atiborra ao seu receptor cunha gran can-tidade de descricións sobre as emocións e sentimentos arraiga-dos nunha soa persoa que significan unha masa. É a súa forma férrea de curarse da soidade e irse vivir ao bosque. A necesida-de de comunicarse, de ser escoitado, de procurar a compañía de alguén, a frustración, o odio, o medo, o amor, a esperanza, a soidade, o racismo, a desigualdade social, entre outros, son algúns dos principais temas que o espectador poderá ver reflexados neste abrumador e poderoso discurso como é A noite xusto antes dos bosques.

Arre Ventoteatro

Page 5: Dossier a noite xusto antes dos bosques

SOBRE O AUTOR:

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER

Bernard-Marie Koltès é un dramaturgo francés nado en Metz no ano 1948. Entre a súa produción teatral destacan: Legado (1971), A noite xusto antes dos bosques (1977), Combate de Negro e de cans (1979), Na soidade dos campos de algodón (1985), Regreso ao deserto (1988) e Roberto Zucco (1988), entre outras obras.

É complexo atopar un dramaturgo máis alegoricamente contemporáneo e ao mesmo tempo universal que Bernard-Marie Koltès. É o autor dos esquecidos, dos anónimos, dos solitarios, dos asasinos... Sen xuízo cédelles a palabra para que expoñan a súa profunda realidade, as súas ilusións e desilusións. Creador de lugares á marxe do social, de lugares sen nome, reclusos, abandonados, na procura da dimensión universal.

O mundo de Koltès é o mundo dos suxeitos e as conciencias, o mundo do simbólico e dos inter-cambios humanos.

Koltès comezou a escribir dende o comezo dos anos setenta, dirixindo el mesmo nun inicio as súas obras. Pero foi o famoso director francés Patrice Chéreau quen o �xo saír do anonimato no ano 1983, cando dirixiu Combrate de Negro e de cans.

Dende 1983 ata a súa morte Chéreau foi o único en montar as obras de Koltès en Francia. É soamente despois da súa morte prematura cando comeza a ser realmente coñecido a nivel inter-nacional. Hoxe en día volveuse un clásico no repertorio dramático, sendo o autor francés contem-poráneo máis representado.

3Arre Ventoteatro

Page 6: Dossier a noite xusto antes dos bosques

4

FICHA ARTÍSTICA:

Adrián Ríos é un actor nado en Moaña no ano 1990.

Iniciou a súa traxectoria interpretativa no eido do teatro afecio-nado na compañía Teatro Aurín, da que formou parte entre os anos 2000 e 2007 e na que destacan montaxes como A pousa-deira ou Comedia bífida. Comezou a súa formación de arte

DIRECCIÓN E INTERPRETACIÓN:

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER

dramática na Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas (2007-2009) da man de profesionais como Casilda Alfaro e Pepa Barreiro, entre outros. Neses anos formou parte do elenco nas montaxes A balada do cárcere de Circe e O des-embarco dos turcos. María Soliño, producidas por Ningures Teatro. No ano 2009 comeza os seus estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, dentro da especialidade de Interpretación Textual. Paralelos aos estudos superiores realiza formación complemen-taria, impartida por referentes teatrais como José Piris, nos seminarios intensivos de Teatro Xestual na escola internacional de teatro Total Nouveau Colombier.

No 2009 comeza a súa traxectoria profesional, iniciando a súa labor teatral na Compañía Escénica da ESAD Galicia ata 2010 coa montaxe Os soños de Walla e representando, posteriormente, clásicos do teatro como A tempestade (2012), Edipo rei (2013) e Antígona (2013). No ano 2011 participa na peza O dondo sabor das mazás, espectáculo de teatro contemporáneo producido por Butaca Zero, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e com-partindo escena cos profesionais galegos Machi Salgado, Fernando González, Laura Míguez, Melania Cruz, entre outros. No 2013 interpreta Matanza, de Roberto Salgueiro, adaptada ao micro-teatro e dirixida por Toni Salgado. Dende o ano 2013 ata o 2015 inté-grase no traballo activo das compañías teatrais Moito Morro Teatro e 8mm Teatro, coas producións Es-ketches I: microzapping e Unha historia de amor ao Tarantino, respectiva-mente.

No tocante á súa traxectoria profesional no mundo audiovisual, comeza no ano 2010 cando participa no filme galego-brasileiro Onde está a felicidade?, dirixido polo cineasta Carlos Alberto Riccelli e no que interveñen tamén os actores Luis Zahera, María Pujalte, Marta Larralde, Bruna Lombardi e Marcelo Airoldi, entre outros. A partires de aí continúa a aumentar a súa experiencia traballando en diversas curtametraxes e webseries, entre as que destacan Los malos hábitos, Maleteiro, Clases de lo social ou Dando la lata; tamén aparece en series de TV, como Escoba, Serramoura e Pazo de familia.

Arre Ventoteatro

Page 7: Dossier a noite xusto antes dos bosques

Fran Soaje

J. Pablo Pintor (Incongo Art)

Marielvy Martínez

Aurín

Arre Vento Teatro

Deseño de iluminación e técnico

Fotografía e vídeo

Deseño gráfico

Vestiario

Produción

EQUIPO ARTÍSTICO:

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER5

AGRADECEMENTOS:

Ricardo Solveira

Pepa Barreiro

Henrique Harguindey

Xavier Castiñeira

ESAD Galicia

Arre Ventoteatro

Page 8: Dossier a noite xusto antes dos bosques

· 6m de ancho· 6m de fondo· 4m de altura

REQUERIMENTOS TÉCNICOS:

(Posibilidade de realizaren espazos máis reducidos)

CONTACTO E DISRIBUCIÓN:

ARRE VENTO TEATRO -Tlf: 647 190 021 / e-mail: [email protected]

A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER6

Arre Ventoteatro