EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
Transcript of EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2011/2012
PROGRAMACIÓN DO 2º CICLO
AUTORA: Patricia Somoza
Obxectivos para o 2º ciclo
Coñecer, aceptar e valorar o propio corpo e a actividade física como medio de exploración e de gozo das posibilidades motrices, de relación coas demais persoas e como recurso para organizar o tempo de lecer.
Desenvolver as capacidades motrices, as habilidades e as destrezas.
Empregar os recursos expresivos e comunicativos do corpo.
Asumir un nivel de autoesixencia acorde as súas posibilidades.
Recoñecer os efectos positivos da actividade física, da hixiene corporal e da alimentación sobre a saúde e a calidade de vida
Participar en actividades físicas e deportivas resolvendo por medio do diálogo os conflitos
Coñecer e valorar a variedade de actividades físicas, lúdicas e deportivas como elementos culturais.
Coñecer e practicar xogos e deportes propios da cultura galega
Competencias básicas
Competencia en comunicación lingüística. Competencia matemática. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Competencia no uso das TICs. Competencia social e cidadá. Competencia cultural e artística. Competencia para aprender a aprender. Autonomía e iniciativa persoal.
BLOQUES DE CONTIDOS
O corpo: imaxe e percepción
Habilidades motrices
Actividades físicas artístico-expresivas.
Actividade física e saúde.
Xogos e deportes.
3º NIVEL
1º TRIMESTRE/sesións 2º TRIMESTRE/sesións
3º TRIMESTRE/sesións
Anuais: Aprendo a coidarme e Os valores están no xogo.
Presentación………………….3
O circo…........................4
Predeporte II…………6
Coñezo o meu corpo………4
Cooperamos………………..6
¡ A xogar ¡ ………………..6
Bailamos sen parar……….7
O meu corpo se expresa……………….........6
Xogos e bailes populares…………………..6
Pequenos atletas……………6
Xogos de raqueta I……4
Buscando o tesouro…6
Xogos para todos………….3
Predeporte I………………….6
Total: 29 sesións Toltal: 20 sesións Total: 24 sesións
TEMPORALIZACIÓN
4º NIVEL
1º TRIMESTRE/sesións
2º TRIMESTRE/sesións 3º TRIMESTRE/sesións
Anuais: Coidome e Os valores están no xogo.
Presentación……………….3
Acrosport ………………..4
Predeporte III.……….6
Percibo todo o meu entorno…………………………6
Xogo cooperativo: Colpbol…………..…………..6
Xogos alternativos…..6
O corpo se expresa……6
Bailes do mundo..……..6
Bailes e xogos de María Castaña…………..6
Mini olimpiadas…..……….6
Xogos de raqueta II……………………………………4
Iniciación a orientación…………………6
Xogos sensibilizadores………….3
Pequevoley……………………6
Total: 29 sesións Toltal: 20 sesións Total: 24 sesións
AVALIACIÓN
Avaliación individualizada atendendo a progresión das capacidades individuais.
30% da cualificación en función das actitudes e comportamentos, 20% dos traballos e exercicios escritos e 50% en función do nivel acadado no desenvolvemento das capacidades motrices.
Os criterios de avaliación son unha referencia non metas de obrigado cumprimento.
Ficha individual de seguimento. Enquisas trimestrais aos alumnos/as para
coñecer a súa satisfacción coa a clase de E.F.
NORMAS NA AULA
Estar en silencio e atento as explicacións, pregunta todo o que non entendas cando acaben as explicacións.Sube e baixa ao pavillón en silencio non molestando as outras clases.Respecta o teu sitio na fila e sube e baixa andando ( non se corre) polo lugar asignado.Cada semana haberá un equipo encargado de coller e recoller o material.
NORMAS NO PAVILLÓN Para estar dentro do pavillón tes que ter permiso do profesor.
Debes usar calzado axeitado.
Está prohibido comer ou traer chicles, caramelos, pipas ou calquer outro tipo de alimento as clases.
Procura limpar o calzado antes de entrar, sobre todo os días de choiva.
As gradas son espazos para sentarse, non para correr , saltar ou xogar.
Procura non deixar material esquecido no pavillón.
NORMAS NOS VESTIARIOS Anda sen correr.
Fala cos demáis pero non precisas berrar para que te escoiten.
Ten moito coidado coas portas porque non queres ferir a ninguén.
Cando te asees procurar non malgastar nin botar auga fora do lavabo.
Usa as papeleiras.
Respecta as instalacións e os materiais.
NORMAS DURANTE A SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA. Atende ao profesor.
Procura non berrar durante os xogos; sobre todo no pavillón porque é un
espazo pechado e con mais nenos/as traballando.
Respecta aos demáis para evitar conflitos.
Xogamos para disfrutar e non para discutir ou pelexarnos. Se aparecen conflitos procura solucionalos mediante o diálogo. Se non eres capaz de resolvelos, pídelle axuda a profesora.
MATERIAL Calzado axeitado (tenis).
Podes cambiar o calzado
antes de empezar no vestiario.
Chandal.
Camiseta, podes traer unha de recambio
por se é necesario cambiala.
Traer unha toalla pequena nunha bolsa
de aseo para lavarse despois da clase.
Como ves todo está disposto:
Xa sabes o que imos a traballar ao longo do curso
O material que tes que traer
Sabes tamén as normas¡ procura non olvidalas ¡
E agora :
¡aprende e disfruta moito¡.