EMBATE 5

20
EM B ATE Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) outubro-novembro-decembro 2006 numero 5 -

description

Voceiro de Adiante

Transcript of EMBATE 5

Page 1: EMBATE 5

EMBATEV o c e i r o N a c i o n a l d e A D I A N T E ( M o c i d a d e R e vo l u c i o n a r i a G a l e g a )

outubro-novembro-decembro 2006 numero 5-

Page 2: EMBATE 5

ESPA

DEL

AAR

TESA

NAT

O ·

Rúa

do

Vila

r, 5

8-B

Com

post

ela

GRÁ

FICA

S PL

ANET

Pedr

auch

a 9

·

Tam

eiga

-Mos

LIBR

ERIA

MEN

DIN

HO

· A

vda.

Cas

tela

o, 7

· V

igo

CASA

DAS

CRE

CHAS

· V

ía S

acra

, 3

·

Com

post

ela

APO

LAN

APO

LA·

Rúa

Cerv

ante

s, 1

9 ·

Vigo

O B

ARD

O ·

Cer

vant

es 5

, Ba

ixo

· Vi

goLI

BRAR

IAAN

DEL

· Rú

a Pi

ntor

Lug

rís,

10

· Vi

go

ANIL

PERR

UQ

UEI

ROS·

Pra

za d

e Fe

ixóo

, nº

3

Com

post

ela

P U B L I C I D A D E

[email protected]

AVAN

TE ·

Can

tom

do

S. B

ieit

o, 4

· C

ompo

stel

aEM

BORA

· Rú

a Tr

as F

iz d

e So

lovi

o, 2

·

Com

post

ela

AVA

CALÁ

CTEA

· Rú

a Al

galia

de

Arri

ba,

Com

post

ela

ATU

LLA

· En

trer

rúas

, 1·

Com

post

ela

EMBATE2

Page 3: EMBATE 5

EMBATEnúmero 5 - outubro, novembro, decembro 2006

y

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

[email protected]

y

EMBATE non ten por que compartir

necesariamente a totalidade das opinións aquíexpresadas

y

Pódense reproducir os artigos citando a fonte

y

Local Nacional: Rúa do Peso, 12, 2º

15702 Compostela (Galiza)

y

Dep. Legal: C-1813-2005

CONtidos

Máis unha vez, comezamos o novo curso político nun aparente clima de calma e sumisión que ocapitalismo español, coa súa colonización, pretende facernos crer e vivir. No entanto, a mocidadegalega é a primeira coñecedora dos acontecementos que se sucederon nos meses pasados e dasfrentes abertas que nos esperan neste futuro próximo:Dunha banda, tod@s fomos testemuñas da queima sen tregua que sofreu a nosa terra durante osmeses de verán. Acostumad@s, pola incompetencia do poder político, a este tipo deacontecementos no interior do noso país, a sociedade galega conmocionouse ao constatar que,desta vez, era sobre todo a costa quen ardía brutal e incontroladamente.O estupor da sociedade galega non se traducíu en parálise ou en accións individualistas, como seríado gusto da España colonizadora, culpábel directa destes acontecementos por impedirnos a auto-organización dos nosos recursos ao tempo que pon freo á posibilidade de desenvolvermos unhapolítica forestal baseada no enriquecemento da flora e da fauna, non no das mafias especuladorasnin no do beneficio persoal. Non se traducíu, diciamos, na parálise, senón na organización por unhaarela común: dar resposta a un (suposto) ataque dos sicarios do PP para desacreditar o novogoberno. Sen constatar sequera que iso era tal e como apuntaban na súa defensa os políticos daXunta, a sociedade galega deu respota antifascista e pedíu, de paso, responsabilidade tamén a esanova Xunta, esa que non deu controlado a situación como cabería ter esperado.E con esa fin do verán comezamos un outono non menos hostil para o noso país, afogado desta voltanunhas chuvias que tornaron en riadas incontroladas debido, como apuntan os expertos, a un malxestionamento dos incendios estivais. Non é o seu labor controlar os fenómenos meteorolóxicos,mais si é obriga deste novo goberno erguer unha política ecolóxica que defenda os valores naturaisdo noso país. Que desterre para sempre as prácticas mafiosas do Partido Popular.Asimesmo, desde ADIANTE, non queremos deixar de lembrar dúas datas ben distintas que seachegaron sinalando xornada de convocatoria no noso calendario. Dunha banda, un 25 de novembropola reivindicación da loita feminista nunha sociedade patriarcal que nunca chegará a mudar o seupensamento no seo dun sistema capitalista como o imperante. E, pola outra, un 6 de decembro paradefender, máis que nunca, a autodeterminación, o dereito a sermos nós mesm@s, galegas e galegos,fóra do marco dunha Constitución española ilexítima por estranxeira e antidemocrática. Fóra taméndun marco estatutario que continúa o ronsel de medidas rexionalistas que vén tomando o novogoberno, sen rachar de vez con esa Constitución que nos é allea, lembremos que @s galeg@s non aeleximos.Chamámosvos, xaquelogo, á mobilización e á loita polos nosos dereitos na igualdade de xénero eno recoñecemento da nosa Nación. No entanto, non esquecemos que a loita que prende, como eseslumes que nunca deberon telo feito, é a que se xesta cada día co esforzo de todas e todos, coaresistencia que existirá sempre alá onde non goberne a democracia de tod@s e a liberdade.

[páx. 2] Editorial

[páx. 3-4] A muller atrapada no tempo

[páx. 5-6-7] En defensa dun mundo libre detransxénicos

[páx. 10-11] Entrevista a... Xiana López

[páx. 12-13-14] Referentes históricos da loitaxuvenil

[páx. 16] O abrente de América Latina[

páx. 17] Do lado dos aforcados

[páx. 18] Patrimonio inmaterial galego-portugués

[páx. 19] Música/libros/www

Editorial

EMBATE3

Page 4: EMBATE 5

EMBATE4

a muller atrapadabegoña martínez

Moito se escoita falar ultimamente nos mediosde comunicación oficiais sobre o traballodoméstico e as medidas de conciliación laborale familiar para a muller. Sen entrarmos adebater o propio termo de conciliación (que nonpoucos expertos sinalan como impropio paraeste tipo de políticas) cómpre, cando menos,facer algúns apuntamentos que nos axuden acomprender este tipo de medidas, o seu porquee a súa finalidade. E cómpre tamén, comomulleres e traballadoras, non deixarnos enganarpor un discurso político que nos ensina asmarabillas da conciliación, dicíndonos que através dela a nosa vida será máis fácil ecómoda, e que nos veremos libradas da duplacarga que soportamos diariamente e que noncontribúe a máis que a reforzar o noso papel desubordinación ao home.

As políticas de conciliación laboral e familiar(que están dirixidas exclusivamente á muller)xorden no contexto europeo como un intento depaliar a baixa fecundidade que afecta ámeirande parte dos países da UE. Deste xeito,non emerxen dunha demanda social dasmulleres, senón dunha preocupación dosdirixentes mundiais, que ven na baixanatalidade un problema para o futuro sustentodo sistema. O tema que abordan é xa vello e tenque ver, fundamentalmente, coa relación entretraballo e tempo (entendendo, en clavemercantil e masculina, o traballo como oemprego e o tempo como a xornada laboral).Esta relación é fundamental nas actuaissociedades capitalistas, pois serve para xerardereitos e deberes na cidadanía (acceso aservizos sociais, cotización...). Sen embargo,cando falamos da relación entre o traballo e otempo referido ás mulleres, o traballo non é sóo emprego, e a xornada laboral algo máis que aque ocupa o traballo asalariado. As ocupaciónsque a sociedade patriarcal vén atribuíndo ámuller, como o traballo doméstico e o coidadodas persoas maiores, non son recoñecidas anivel social como un Traballo; é máis, sontarefas invisibilizadas socialmente econsideradas como características "innatas" doxénero feminino. Á raíz da incorporación damuller ao mercado laboral, o sistema viu comoeste reparto deixaba de ser válido para aestabilidade do mesmo, pois moitas mulleresque traballan a tempo completo teñen quedeixar de lado algunhas das súas "obrigasinnatas", como por exemplo, a de ter fillos.

Este factor, unido ao desmoronamento do

modelo familiar tradicional (base eperpetuación das sociedades patriarcais) e aconseguinte aparición de cada vez máismulleres que deciden vivir de formacompletamente independente e autónoma,sendo as protagonistas da súa vida e non uncomplemento do home, fai que a estabilidadedo sistema perigue. Pois, se non hai mulleresque se ocupen do traballo doméstico, docoidado da familia e do fogar, quen o fará?

É neste punto onde aparecen as políticas deconciliación, que pretenden "facilitar" ásmulleres o desenvolvemento do seu duplotraballo: o de asalariadas e traballadoras naesfera pública, e o de mantedoras do fogar naprivada. Deste xeito, garanten a forza detraballo da muller na cadea de produción e, aomesmo tempo, aseguran a continuidade dosistema patriarcal e a perpetuación dasubordinación da muller.

O conxunto de medidas que se presentan comoconciliadoras (das que cabe salientar a políticaeuropea de Igualdade de Oportunidades, por sera de maior orzamento), céntranse,basicamente, en dous aspectos:

- Por unha banda, impoñen unha maiorflexibilización e precarización laboral aocolectivo das mulleres (xa discriminadas notraballo con respecto ao home). Mediante unharedución de xornada, traballo a tempo parcial ehorarios non habituais (nocturno) preténdeseque a muller siga asumindo despois da xornadalaboral toda a responsabilidade na casa. Asíperpetúase a división sexual do traballo queatribúe ás mulleres as tarefas do fogar-familia.É clave salientar neste punto que o núcleo forteda opresión ás mulleres atópase no seo familiarpor ser ela quen realiza, compensa e integra otraballo doméstico non realizado polos demaismembros da familia, sen obter, por outra parte,ningún recoñecemento social nin económico.

Ademais, aspectos coma a redución da xornadaou o emprego a tempo parcial, aumentan aprecariedade dos traballos femininos, pois osalario é moi inferior, polo tanto tamén asprestacións sociais ás que se pode acceder. Asmulleres vemos como deste xeito seguimosrelegadas a un papel secundario e dependentedo home.

- Outra das medidas que se contemplan é apromoción de servizos á vida diaria, que apenas

Page 5: EMBATE 5

EMBATE5

están desenvolvidos no Estado español. Cunhaboa planificación destes servizos o Estadopodería facerse responsábel do coidado daspersoas maiores, o que se vén chamando"socialización do coidado". Paraimplementar esta medida habería, enprimeiro lugar, que adquirir boaconciencia da importancia social dastarefas de coidado, de forma que o SAD(Servizos de Atención Diaria) non sexa unguetto feminizado e con baixacualificación, e se convirta nun servizo decalidade, cualificado e levado a cabo porprofesionais (tanto homes coma mulleres)que realmente se encargue do coidado daspersoas dependentes. Sen embargo, non éneste punto onde se centran as medidascontempladas polo Estado español.Concretamente, limítanse a ofertar unha axudamensual para as mulleres que teñan ao seucargo persoas maiores, e que se vexanimpedidas da realización dunha xornada laborala tempo completo. En determinados casos, ogoberno garante a presenza dunha persoa queaxude á muller nas súas "obrigas", pero que enningún caso suple o seu traballo.

Polo tanto, estas políticas dirixidas á muller nonmodifican en absoluto o eixo clave da cuestión:a desigual distribución do traballo doméstico efamiliar entre xéneros.

Se verdadeiramente pretendemos a igualdadeentre homes e mulleres, se as mulleresqueremos estar nun primeiro plano, ser donasdas nosas vidas e non relegarnos a "unha vidatraballando", debemos contemplar o traballo nofogar como algo fundamental. Posto que écompletamente imprescindíbel para omantemento da vida humana, faise necesariotrocar o imaxinario colectivo imposto, e queoutorga a homes e mulleres distintos rolessegundo unha división sexual.

As alternativasposíbeis sonmoitas, e

parten da baseprincipal de

modificar a relaciónentre o traballo e o

tempo. As mulleresvíronse gravementedesfavorecidas porun modelo des o c i e d a d ediscriminatorio porrazón de xénero,

no que a obtenciónde prestaciónssociais está

d i r e c t a m e n t evencellada ao traballo

asalariado. Chegados aeste punto, parece de xustiza esixir unha igualdistribución da dupla presenza na sociedade,pois isto suporía que o colectivo dos adultosasumen a carga total do traballo necesario paraque a sociedade subsista. Amais, unha reduciónda xornada laboral e as políticas de conciliacióndeberían dirixirse a ambos sexos, pois, unha vezmáis instígasenos a que sexamos as mulleres asque conciliemos. Conciliar que? A nosa duplapresenza, a nosa dupla carga e o noso duplotraballo?

Unha redución da xornada equivalente paraambos sexos (que permita que o traballoasalariado non sexa o centro das nosas vidas),unha mesma distribución do traballo doméstico,un sistema de servizos sociais non atado aotraballo asalariado e a asunción por parte doEstado do coidado das persoas dependentes,poderían ser, cando menos, puntos polos quecomezar.

no temporegina rodríguez

organizate e loita

www.adiantegz.org

Page 6: EMBATE 5

EMBATE6

Abordar o tema 'transxénicos' non resultadoado. A miúdo, sobre todo dende as posiciónsdefensoras, plantéxase a discusión en termospuramente técnicos ou científicos: unha mellorada técnica - o irrefreábel progreso - relacionadaneste caso coa evolución experimentada nocampo da manipulación xenética e a aplicaciónpráctica deste avance, que suxire a posibilidadede introducir cambios na estrutura xenética dosoganismos manipulados co obxectivo de obterunha determinada propiedade. Por detrás destadiscusión na que aparentemente só a cienciaten algo que dicir agóchanse cuestións de fondoben relevantes sobre as que a opinión doscientíficos non é máis importante que a decalquera outra persoa. Así, e deixando uninstante os aspectos técnicos a un lado - que,nembargante, se tratarán logo - o quepretendemos plantexar é que a discusión nonestá tanto na valía dunha tecnoloxía en si,senón na lexitimidade dunha forma moiconcreta de entender a Agri-Cultura enbase a uns determinados fins eobxectivos. Estes fins e obxectivosestán ao servizo do modelo deorganización económica e socialneoliberal guiado pola máxima dobeneficio a curto prazo e, porsuposto, polas ansias dedominación culturaloccidental baixo a etiquetado "cientifismo".

A complexidade edimensións doproblema sonconsiderábeis demáis como parareducir adiscusión aosi n t e r e s e s

económicos, ou a aspectos de índole ambientaltan graves e irreversíbeis como poden ser aperda de biodiversidade, a contaminaciónbiolóxica e química, etc.; cuestións centrais eimprescindíbeis, mais insuficientes. Existenelementos de índole política (no sentido amploda palabra) relacionados coas regras do xogo ea lexislación vixente sobre transxénicos a escalalocal, nacional e internacional tanto na esferada produción coma na comercialización, o papele as posturas das institucións formais einformais, as resistencias dos movementossociais, as organizacións campesiñas, etc.Tamén hai que ter en conta cuestións éticasrelacionadas cos efectos non planificados ouimprevistos da liberalización de OMXs sobre asaúde humana, sobre as xeracións vindeiras,sobre o resto das especies e, en xeral, sobre a

biosfera no seu conxunto. Hanseconsiderar tamén os conflitos

sociais que supón un modeloalimentario planificado a

escala mundial en base aunha nova división

internacional e sexual dotraballo e, por suposto,as cuestións que se

desprenden dadimensión individual

do problema quenos atinxe a

tod@s como

consumidores/as, como actores e actricessociais con capacidade, aínda que relativa, dedecisión e mediación no conflito (información,difusión, concienciación e por suposto acción).

Pero... Que é un transxénico?

Os transxénicos - ou Organismos ModificadosXenéticamente - son organismos aos cales selles modifica a súa estrutura xenéticaintroducíndolle un xen doutra especie mediantetécnicas de biotecnoloxía. Cómpre dicir queeste intercambio de xenes se produce entreespecies de distinto reino e/ou entre especiesque por si soas nunca poderían intercambiarmaterial xenético. Por exemplo, o intercambiode material xenético nunca sería posíbel entreun coello e un tomate, entre outras cousas

CEGADOS POL

EN DEFENSA

LIBRE

TRANSX

Sen sermos conscientes estamos a ser os "coel

mundial. Dende hai anos estanse a libera

alimentaria organismos modificados xeneti

a aposta máis forte das m

DAVID PÉREZ NEIRA (JAS SKÁRNIO)

Page 7: EMBATE 5

porque existen barreiras naturais entre especiesque impiden tal suceso. Pódese dicir, polotanto, que os transxénicos son construciónsantinaturais no sentido de que estasconstrucións non estaban presentes nas redesdo funcionamento da biosfera con anterioridadeá intervención humana (como tamén sonantinaturais neste mesmo senso outrassustancias tales como os plásticos ou os residuosradioactivos, etc. coa diferenza de que os OMXsson organismos vivos e, polo tanto, estánsuxeitos a reprodución). Por outro lado, ostransxénicos son construcións altamenteinestábeis debido á súa creación no laboratorioa partires duns altos graos de descoñecementoe incertidume e cunhas tecnoloxías que, talcomo sinala Jorge Riechmann, son máis propiasde xastrería que de enxeñaría xenética(1). Ascondicións nas que se ten experimentado costransxénicos non ten levado senón a multiplicaros riscos e as incertidumes asociadas áliberación deste tipo de organismos vivos noambiente.

Implicacións da agricultura transxénica

En resumidas contas, as consecuencias daagricultura transxénica pódense traducir enimpactos sobre a biosfera, sobre a saúdehumana e animal, sobre a estrutura social eeconómica do campo, e sobre a seguridade esoberanía alimentaria nas diferentes escalas.Porén, e segundo a nosa percepción, aagricultura transxénica non constitúe unha novacategoría de facer agricultura en tanto que éherdeira do modelo de agricultura industrialque leva décadas occidentalizando a Agri-Cultura, homoxeneizando e destruíndo osagroecosistemas diversos para substituílos pormonocultivos industriais, expulsando aospequenos e medianos agricultores do campo,

contaminando o aire, a auga, erosionando ochan, facendo uso intensivo dos recursosnaturais, xerando dependencia d@sagricultores/as do mercado (plaguicidas,funxicidas, fertilizantes químicos de síntese,maquinaria, combustíbeis fósiles, etc. coas súasrespectivas consecuencias medioambientais) edas grandes transnacionais e distribuidorascomerciais, erosionando a biodiversidade...Nembargante, e a pesares disto, a agriculturatransxénica ten consecuencias a maiores dasanteriormente citadas, unhas inherentes áconstrución dos transxénicos en si, e outrasdado o contexto político-internacional no que seestán movendo.

Un dos aspectos diferenciais dos OMXs é que,como xa se apuntou anteriormente, sonorganismos vivos que se poden reproducir, poloque a súa liberación supón unha contaminaciónxenética viva. Así, as plantas transxénicas candopolinizan a outras plantas, estanlles a transferiros seus xens modificados - transxénicos - á súacadea de ADN. O avanzar deste proceso levaconsigo, entón, unha progresiva erosiónxenética e perda irreversíbel de biodiversidadeagrícola. Ao tempo que avanzan estas sementestransxénicas tamén avanza a perda dassementes autóctonas conservadas e melloradaspolos agricultores durante miles de anosadaptadas mediante un lento proceso deselección ás condicións edafoclimáticas eculturais da zona. Hai que ter en conta,ademais, que estas sementes transxénicas estánpatentadas, é dicir: teñen dono (existendereitos de propiedade intelectual), polo quepara seren utilizadas @s agricultores/as debenpagar por elas(2). A tendencia, entón, é clara: amedida que se van perdendo e contaminando assementes locais e as sementes transxénicas vanavanzando, a agricultura, o sustento dahumanidade, vai pasando paulatinamente amans privadas: a agricultura e a alimentaciónmundial estase convertendo nun auténticooligopolio baixo a lexitimidade políticainternacional!!! As implicacións que isto supónno longo prazo foxen incluso da nosaimaxinación...

Os riscos que pode supor xogar a crear vidasaltando por enriba das barreiras naturais entreespecies en base a un coñecemento precarioson, tamén, inimaxinábeis: bacterias resistentesa antibióticos (xa que na creación dostransxénicos introdúcese un xen marcador conresistencia a antibiótico que fica no organismomodificado), aparición de novas alerxias eenfermidades, desequilibrio nos ecosistemaspor colonización de especies sen competidoresnaturais, e un longo etc.

Cabe dicir que o Estado español é o únicomembro da Unión Europea que produce cultivostransxénicos con caracter comercial, que

POLOS XENES

A DUN MUNDO

RE DE

XÉNICOS

coellos de indias" dun gran experimento a escala

berar ao ambiente e a introducirse na cadea

neticamente (OMXs), os coñecidos Transxénicos:

as multinacionais do agronegocio.

DANIEL VÁZQUEZ MERÉNS

EMBATE7

Page 8: EMBATE 5

EMBATE8

permitiu a introdución no ano 1998 de dúasvariedades de millo insecticida no Rexistro deVariedades Comerciais, incorporando no 2003cinco variedades máis, e outras nove no 2004. Apesar de que en xuño do 2005 o goberno estatalretira deste Rexistro todas as variedadesportadoras de xenes de resistencia a ampicilina(as variedades Bt 176) grazas ás recomendaciónsda Axencia de SeguridadeAlimentaria que advertíado perigo destasvariedades e os seusefectos negativos sobre asaúde humana, no 2006vólvense aprobar norexistro tres novasvariedades de millo Bt.

Isto constitúe un claroexemplo do estado dacuestión; que a pesaresdo grao ded e s c o ñ e c e m e n t oexistente na materiatrunfa a imprudencia,guiada por intereseseconómicos enmascarados coa declaración deintencións de loitar contra a "fame no mundo"cando está sobradamente demostrado que aprodución agrícola mundial daría para alimentara toda a poboación humana se a distribucióndestes alimentos obedecese a tales obxectivos -garantir a alimentación da humanidade -.Obviamente este non é o obxectivopreponderante, senón non se explican osproblemas de sobreprodución e a destrución destocks alimenticios para manter os prezos dosprodutos. Por outro lado, non podemos pensarque é posíbel unha alimentación mundial enbase á dieta típica dos países do Norte, cargada,por exemplo, de proteína animal producida de

xeito intensivo - o que segundo datos da FAOabsorbe o 40% de cereais do mundo - (podemosimaxinar a 6.000 millóns de persoas comendo6.000 millóns de bistés de xato ao día?). Odebate, cremos, non radica tanto na produciónagraria, coma no que se fai con ela: especularnos mercados internacionais, criar gando dexeito intensivo para a posterior alimentación

dalgunhas persoas oudestinar a produciónagraria directamente áalimentación humana,evitándose así perdasenerxéticas e podendoalimentar a máis xente.

A miúdo nos preguntamos: enós que podemos facer parafrear isto dos transxénicos?A resposta é clara: apartede esixir e facer presión aosgobernos e administraciónspara a prohibición daprodución ecomercialización de OMXs(ou ao menos obrigar a que

no etiquetado dos produtos se especifique se haiOMXs para poder decidir), o noso xeito deconsumir é o máis importante. Non sempresomos conscientes do acto político que supónalgo que facemos tres veces ao día: o consumode alimentos. Que mercarlle os tomates aolabrego de ao lado ou no supermercado supónque esteamos beneficiando a un tipo deagricultura ou outra. As consecuencias políticas,económicas, sociais e ambientais das nosaspautas de consumo son importantes de máiscoma para seguir obviándoas e comprando nasgrandes superficies (Carrefour, Alcampo, ...) senmirar, sequera, o que pon na etiqueta.

(1) A decodificación de xenoma humano publicada no 2001 (Proxecto Xenoma Humano) deixou como un dosresultados máis abraiantes que o xenoma do homo sapiens ten uns 30.000 xenes, unha terceira parte dos quese estimaban a priori dado o número de características dos humanos en relación ás outras especies. Querelevancia ten este descubrimento? A enxeñaría xenética baséase na idea de que cada característica se podeatribuír a un xen (un xen, unha característica) (esta teoría é coñecida como a Teoría do Dogma Central,elaborada por Watson e Crick nos anos 50), e polo tanto só é necesario localizar o xen desexado, illalo, ecolocalo noutro lugar para que realice a mesma función que no lugar de orixe (visión mecánica da vida). Apartires da publicación dos resultados do Proxecto Xenoma queda claro que esta vella idea de "un xen, unhacaracterística" é totalmente falsa. A transmisión de información xenética é un fenómeno altamente complexoonde interveñen moitos outros mecanismos reguladores e onde o ambiente celular constitúe un factorirreducíbel, superándose así a idea de transmisión mecánica e unidireccional no que se basea o dogma central.A denominación de "xastrería" de Riechmann, pola súa parte, obedece a que no proceso de fabricación duntransxénico o xen non se coloca nun punto determinado, senón que se dispara contra a cadea de ADN doorganismo receptor, sendo o azar quen sitúa ao novo xen nun lugar ou noutro de tal cadea. A sensación de"exactitude científica" que se nos transmite cando se fala de biotecnoloxía dilúese a medida que nosmergullamos no tema. Tendo en conta que dende 1996, e aínda tras coñecérense os resultados do ProxectoXenoma, se seguen a liberar OMXs ao ambiente, só queda pensar que o problema "científico" é que hai unhaindustria multimillonaria apegada ao vello Dogma Central.

(2) Cabe resaltar que as sementes transxénicas soen ser estériles grazas a un xen coñecido como "terminator",o que asegura que @ agricultor/a teña que mercar un ano tras doutro a semente á empresa distribuidora e nonpoida, como se veu facendo tradicionalmente, aproveitar e mellorar a semente para a próxima colleita.

Page 9: EMBATE 5

EMBATE9

Desde hai máis dun ano, varios veciños e veciñas de

Cangas, organizados e organizadas ao redor do

Foro Social pola Defensa do Pobo, están

protagonizando unha intensa loita contra o

proceso de ‘marbellización’ urbanística e

medioambiental apadriñada pola política

especulativa do goberno municipal de Sotelo (PP) e

dos seus aliados como a entidade financeira

Caixanova.

A loita continúa e continuará en Cangas, Nigrán,

Bouzas, Redondela... e en todos os lugares de

Galiza dispostos a se defender. A loita contará

certamente coa solidariedade e as mans dispostas

da xuventude organizada en ADIANTE.

Loitamos unid@s, venceremos loitando!

Page 10: EMBATE 5

Despois de sete anos de militancia en diversos eidos do independentismo, Xiana López éCoordenadora Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega). Unha moza que participouactivamente no ensino, no movemento contra a LOU e o de Nunca Máis, que viu nacer o proxectogalego da Marcha Mundial de Mulleres e que está afiliada sindicalmente desde o nacemento da

Central Unitaria de Traballadores/as.

ADIANTE ten xa algo máis de dous anos detraxectoria. Por que se decidiu, no seumomento, crear unha nova organización damocidade independentista?

Pois a verdade é que eu e varias persoas comamin, que xa participaran anteriormente nomovemento independentista, comezamos a nospercatar de que existía un baleiro que noncubrían as organizacións da mocidade. Por unlado estaba unha organización independentistaque non cubría todo o espectro ideolóxicoposíbel no independentismo e, polo outro, aorganización xuvenil maioritaria, que nonabranguía correntes independentistas dentrodela. Foi deste xeito como vimos a necesidadedunha outra organización independentista, naque pudieran organizarse aquelas persoas que,coma nós, non se sentiran identificadas cosrumbos que estaban a tomar as outrasorganizacións. Ademais vimos como algoprioritario darlle unha clara perspectiva de claseao noso movemento e achegarnos á mocidadetraballadora do noso país, e non só aoestudantadado. Despois de varias conversascomezamos a organizarnos.

De que forma?

O primeiro paso era atopar a xente coma nós, interesada en formar parte do noso proxecto. Puxémonos encontacto varias persoas procedentes de distintos eidos do independentismo (sindical, estudantil…) e que noscoñecéramos en loitas inda recentes como a da LOU. A partir de aí iniciamos unha serie de asambleas abertasnas que se foron sumando máis persoas de toda Galiza, algunhas que xa participaran no movementoindependentista e outras que non. Iniciamos debates e conversas de cómo debería ser a organización quebuscábamos, até que en outubro de 2004 celebramos a nosa Asamblea Nacional Constituínte.

Un dos principias problemas da mocidade galega é unha taxa de paro xuvenil que chega ao 10% no ano2005, sendo unha das máis altas do Estado. Que análise fas da situación?

O problema do paro afecta a toda a clase traballadora, pero, sen dúbida, é na mocidade onde máis se sinte.Vémonos obrigados a ir de ETT en ETT con traballos temporais, mal pagados e en penosas condicións, ou atraballar en pizzerías xornadas interminábeis por salarios de miseria. E non escapan a isto os que optan porfacer unha carreira universitaria. Despois de rematala nos esperan anos de traballo sen contrato, a través debolsas de prácticas, anotarnos no paro ou marchar á emigración. Eu por exemplo conseguín un traballo dunano a través do Plan Labora, pero agora que? E isto pasará cada vez máis, pois non se toman medidas e é ondenos leva a lóxica do sistema onde vivimos: á flexibilización do emprego, á precariedade e ao paro.

Falas da emigración da mocidade…

Por suposto! Non podemos esquecer que a emigración non é algo que pertenza ao noso pasado, senón taménao noso presente máis inmediato. Ou quen non ten algún amigo ou coñecido que vaia a buscar traballo naconstrucción ou hostelaría a Canarias, Barcelona ou Madrid? E non é isto emigrar? As mozas (e os mozos) vemoscomo na nosa terra non temos oportunidades, polo que moitos deciden probar sorte fóra, e vénse obrigados amarchar para desepeñar traballos que en ningún caso escapan á precariedade que aquí existe.

En que se concreta esta precariedade da que falas?

Entrevista a...

EMBATE10

Page 11: EMBATE 5

xiana lópez

EMBATE11

A precariedade laboral que sufrimos as mozas e os mozos (as mozas en mayor medida, pola nosa condición demulleres) non é só a de cumplir longos horarios. O tipo de contratos que se nos fan son temporais, facemoshoras de máis sen que nos sexan remuneradas, e, despois, poden despedirnos en calquera momento coamáxima impunidade; vexamos o traballo na hostelaría, por exemplo Outro factor é a realización de traballossubvencionados. A realización de prácticas en empresas e as bolsas para o primeiro taballo, por exemplo. Sonformas que adoptan as empresas e a Xunta, e que nos levan a unha mayor precariedade: en forma de"prácticas" ou de "aprendizaxe" substituímos prazas de traballadores, coas súas mesmas responsabilidades eobrigas (cando non máis) por un salario moi inferior. E isto por poñer algúns exemplos, porque na nosa vidadiaria, todas e todos poderíamos poñer moitos máis… Por iso é tan importante non deixarnos vencer, eorganizarnos nos nosos traballos en sindicatos galegos e que defendan os intereses de clase, para loitar polosdereitos que día tras día nos son arrebatados. Se non loitamos nós, quen o vai facer?

Tendo en conta que as mulleres son as máis discriminadas laboralmente e socialmente, resulta estraña asúa escasa militancia…

É certo, mais hai que ter en conta varios factores. En primeiro lugar, a triple opresión que sufrimos as mulleresgalegas: pola nosa condición de mulleres, pola condición de clase traballadora e pola nosa pertenza a unhanación colonizada. A carga que soportamos sobre nós non é pouca, máis se temos en conta os estragos que asociedade patriarcal fixo e continúa a facer sobre nós. Pero a verdade é que esta realidade maioritaria non secorresponde coa da nosa organización, onde hai unha maioría de mulleres. É un aspecto moi importante, poisa cuestión de sexo témola sempre moi presente en todo o que facemos. Así, consideramos fundamental otraballo feminista, que levamos a cabo dentro da Marcha Mundial de Mulleres.

Falemos agora do ensino. Diversas reformas se están a levar a cabo tanto a nivel europeo como estatal.Cara a onde camiña a ensinanza?

Ben claro está que tanto o proceso Boloña (que pretende a reforma universitaria a nivel europeo) como a LOEson ferramentas para unha, inda maior, privatización do ensino. Ademais estas reformas non son ailladas senónque responden a un proceso privatizador de servizos públicos en todo o mundo. Dende a nosa organizaciónloitamos e seguiremos facéndoo por un ensino PÚBLICO e LAICO, pois a educación non é algo que se compra ese vende, e todos temos que ter acceso a un ensino de calidade e galego.

Galego coma as Galescolas?

Non. Polo que loitamos é por unha plena normalización da nosa lingua no ensino; por un ensino monoligüe engalego. Até chegar a este punto, o goberno da Xunta debería, polo menos, facer cumprir a Lei deNormalización Lingüística, claramente insuficiente, e ampliala, en vez de idear medidas discriminatorias.

Se miramos o panorama internacional, pode dicirse que estamos ante unha ola represiva a nivel mundial?

Si, a represión que sofre a mocidade organizada en Galiza non é casual nin aillada. Aquí, compañeiros doindependentismo sufriron a Operación Castiñeira, en Euskal Herria a mocidade de SEGI está tamén perseguida,e, en Chequia veñen de ilegalizar á KSM, mocidade comunista. O sistema tenta manter a orde mundialestablecida, e as mozas e mozos organizados e revolucionarios, ao redor do mundo, non somos de agrado. Peroisto ten que servir para reafirmarnos na loita e nos nosos valores internacionalistas e de solidariedade conoutros movementos arredor do mundo.

E que pasa coa mocidade nacionalista galega?

Estamos nun momento no que están a xurdir iniciativas moi interesantes no movemento xuvenil galego, quepaga a pena pararse a analizar. Ademais van xurdindo locais sociais en moitas partes de Galiza, e a mocidadeimplícase cada vez máis nas súas actividades. Penso que esta situación podería abrir novos campos dou formasde actuación.

Que perspectiva de futuro ten unha organización como ADIANTE?

Nun prazo de tempo próximo celebraremos o noso II Congreso Nacional, oportunidade que aproveitaremos parafacer balance do camiño percorrido e comezar unha nova etapa. O nacemento dunha organización dende ceroé duro, difícil e lento, polo que non pretendimos "chegar e encher". Despois de dous anos, a nosa organizacióné moito máis madura e forte.

.

se non loitamos nós, quen o vai facer?“ ””xiana lópez

Page 12: EMBATE 5

EMBATE12

Jarrai, inspirada no modelo organizativo de ERGA, naceu afinais de ´70 como movemento xuvenil da alternativapatriótica e revolucionaria representada polas entidades daKoordinadora Abertzale Sozialista (KAS) de Euskal Herria.

Durante dúas décadas, e grazas á súa actividade de debatelibre e loita sen tregua, medrou dun xeito incesante até seconstituír na maior e máis importante organización xuvenil daesquerda real europea.

As súas sucesoras Haika e Segi foron ilegalizadas polas farsasdos tribunais políticos do Estado Imperialista Español (EIE),polo que moit@s moz@s basc@s sufriron, e algún/has aíndasufren, cadea, represión, persecución e exilio.

Independencia e socialismo, o proxecto

político de

Jarrai

V CONGRESO, 1992: OSALICERCES PARA UN PROCESOFRUTÍFERO

a) Punto de partida ou "campode fútbol"

Nesta época escoitábase moito odebate do "campo de fútbol". Édicir, utilizábase para definir osalicerces do debate. Habíamoita confusión e para chegar aun acordo sobre os parámetrosdo deseño de Jarrai, para falar

tod@s o mesmo idioma, para comezar no debate e no traballo, precisabamos un "campo" común.Fixéronse un montón de reunións para definir as medidas dese "campo de fútbol".

b) Eixos do debate

* Valor político-estratéxico do traballo social (traballo de formiga). Foi recollida por primeira vez comoemenda á totalidade no proceso de debate de Kimuak. Durante longos anos a Esquerda Abertzaleplantexara o traballo político e social a curto prazo (para un inminente proceso negociador) dentro dunesquema de acumulación de forzas. Acumular forzas e engordar HB de cara á solución.

* "Concepción do suxeito". O que se quería suliñar por debaixo desta visión, era o valor do traballo caladoe anónimo de todos os días. Por exemplo, o traballo que se desenvolvía no eido do lecer infantil,recoñecéndolle o seu valor e natureza transformadora, ollando niso a semente para o alicerce dunhanova sociedade, que daí comezaba o futuro do euskera ou que nun plantexamento "a posteriori" ollar queo euskera non podería ter base abonda para sobrevivir. Día a día, facer noso o que nos corresponde senagardar por mudanzas políticas cualitativas.

* Unha aposta pola sectorialidade. Ao longo da historia de Jarrai sempre estivo presente a necesidade decomplementar vieiros e moldes entre o conflito político xeral e os diferentes sectores (diferentesproblemas xuvenís).

Trabállase a sectorialidade sobre todo nun plano reivindicativo. Tratouse sobre a necesidade de superara dicotomía entre sectorial/xeral sen conseguilo. Cómpre dicir que faltou unha visión integral. Aotraballo sectorial chamóuselle traballo de construción, traballo social. O reto estaba en traballar dunpunto de vista integral, deixando de vez a un lado conceptos da sectorialización.

c) Novos alicerces ideolóxicos

Unha organización de toda Euskal Herria

O tema da territorialidade tiña cada vez maior presenza en Jarrai. Comezouse a profundizar as relaciónscoa mocidade de Iparralde (norte de Euskal Herria) e a realizar campañas conxuntas entre outras cousas.

Con esta nova sección da nosa revista tenc

partires dun texto característico, dalgúns d

mocidade anti-sistema

Nesta primeira entrega apresentámos

revolucionaria basca sobre os últimos anos

con Gazteriak para crear

Referentes

his

tóricos

internacio

nais

da

loita

xuvenil

revolucio

naria

Page 13: EMBATE 5

EMBATE13

Este decorrer das cousas tivo un grande pulo nanatureza nacional cando por primera vez se recoñeceucomo definición de Jarrai. O salto de Hegoalde (sur deEuskal Herria) e Iparralde a Euskal Herria, ademáis dedar pasos claros no discurso, abriu novas oportunidadese aliás unha nova coerencia. É máis, no vieiro quetraballou a Esquerda Abertzale posteriormente, colocouo traballo de Jarrai nunha boa situación xa que tiñamoitos pasos adiantados.

Unha organización "euskaldún" (que fala euskera)

Jarrai defínese por primera vez coma unha organización euskaldún. Esta decisión trouxo consigo unhagrande transformación na organización xuvenil, xa que, até entón apenas se redixira case nada eneuskera. Fixéronse esforzos para pular pola euskaldunización interna e a súa utilización, así como paraa promoción da produción en euskera. Pequenos froitos que foron debilitándose co tempo, aínda que sefixeron algunhas campañas e traballos en xeral, foise diluíndo o que daquela era o principal alicerceideolóxico.

Unha organización plural

Jarrai era unha organización que estaba composta por unha "estrutura de cadros" políticos que tratabade "politizar á masa de xente nova" e organizala nunha práctica e teoría de desdobramento militante.Jarrai marcou as súas liñas de traballo en base a esta duplicidade, secuestrando as liñas de traballo enfavor dunha estrutura concreta durante longos anos. Pero esta teorización non daba para máis, noncando menos nunha organización independentista e revolucionaria como Jarrai.

Para superar este problema máis que unha clarificación teórica, foi a práctica a que ensinou cales eranos camiños a seguir. Para entender esta práctica é preciso facer referencia ao documento do Vº Congresoe o seu enmarque teórico: "Neste senso, Jarrai abrirá as súas portas a tod@ moz@ que sexa abertzale eprogresista que, de forma organizada (colectiva), estean dispost@s a loitar. Cando dicimos abertzale,abonda que vexan a filosofía e contidos da Alternativa KAS, aínda vendo nela claro-escuros puntuais".Este alicerce novo e aberto ofreceu grandes oportunidades no desenvolvemento de Jarrai. Con estepunto de partida, Jarrai rachara as cadeas do apriorismo político masa/cadro. Dando á súa vez, outropunto de vista ao traballo coa xente achegada, superando o problema militante/"laguntzaile"(colaborador/a), facilitando o traballo con outros sectores, creando asembleas. Dando pasos, aliás, paraser un movemento e non só unha organización.

d) Novo senso e definición de Movemento Xuvenil

Na evolución histórica de Jarrai ten habido tres perspectivas diferentes de definir o Movemento Xuvenil(MX). Nun principio só se tomaba como Movemento Xuvenil ás organizacións de masas a nivel nacional,é dicir, as que actuaban ao redor da "vangarda".

Máis tarde e co IV Congreso, fíxose unha curiosa definición. O Movemento Xuvenil era o conxunto deexpresións xuvenís: grupos de montaña, catequistas, seccións xuvenís de partidos políticos... tantoeuskaldúns como castelán-falantes, tanto @s que amosaban respecto cara Euskal Herria, como @s que adesprezaban; todo era Movemento Xuvenil, segundo esta nova definición. Neste intre, en troques, nonse concretou cal é o Movemento Xuvenil que precisaba Euskal Herria e por conseguinte, non había rastrodo traballo que tiña que facer Jarrai.

A terceira e última definición veu ao fío da renovación que trouxo o V Congreso en 1992. O obxectivoera ofrecer unha definición utilizábel que aclararía o rumbo de traballo a levar a cabo. Ao mesmo tempodéronse criterios operativos para erguer o Movemento Xuvenil e se puxeron os alicerces concretos dotraballo político da organización xuvenil. Segundo esta perspectiva, no Movemento Xuvenil terían cabidadiferentes niveis de compromiso, é máis, todos serían precisos. Ademáis, subliñouse a importancia deentender e estudar os resultados do Movemento Xuvenil a longo prazo; porén, tomouse como clave otraballo calado e anónimo en vilas e barrios. Por outra parte, ao parecer de Jarrai, sería o MovementoXuvenil toda expresión xuvenil que exprese compromiso cara Euskal Herria, por conseguinte, daraseespecial importancia á postura que tomará o Movemento Xuvenil respecto ao euskera. Por último, cítasea natureza plural do MX, entre outras cousas.

e) O "zulo" (burato) da estrutura

O V Congreso tivo grande incidencia tamén no ámbito da estrutura. Non se instaurou unha definiciónalicerzada nos estatutos e tampouco se creou unha forma estrutural pechada. Tomouse unha posturaclara cara a apertura no modelo de organización das vilas, na composición dos comités, así como na

tencionamos amosar unha pequena mostra, a

ns dos principais referentes internacionais da

ema na historia recente.

mosvos unha análise feita pola mocidade

anos da evolución de Jarrai antes de confluír

ear Haika e máis tarde Segi

Page 14: EMBATE 5

EMBATE14

concreción da coordinación dos "eskualdes" (comarcas). En vez de concretar un plantexamento,propuxéronse moldes segundo o intre e o lugar dando vieiros para o seu desenvolvemento.

1992-96: RESULTADOS DO CAMIÑO PERCORRIDO

Referencialidade

Co quefacer diario, asumindo riscos con coerencia e afouteza, levando unha mensaxe clara e directa,Jarrai conseguiu rachar co apartheid informativo imposto polo sistema. Resultando que areferencialidade non se gañou co discurso, foi a práctica de Jarrai. Alén da importancia que se deu aotraballo de vila a vila, a capacidade amosada en retos concretos, foi a característica principal destesanos. A militancia de Jarrai que estaba implicada en diferentes loitas de vilas e barrios, conseguiu unhaclara referencialidade respecto á Esquerda Abertzale e tamén respecto aos diferentes sectores xuvenís.Por conseguinte, o factor da polarización quedou desartellada.

Medre, renovación da militancia

Como comentamos anteriormente, na esquerda abertzale había unha preocupación sobre as actitudesque tomaban @s nov@s. Pero nestes anos, amosouse a capacidade de organizar novas forzas. Da man deJarrai unha nova xeración sumouse á loita, unha xeración que tomou un rexo compromiso na construciónde Euskal Herria.

As mudanzas que se deron encol do concepto da militancia foron o alicerce do éxito. Nestes últimos tresou catro anos foron milleiros e milleiros @s moz@s que traballaron xunto a Jarrai, amosando que Jarraiera un instrumento axeitado para a loita.

Visión nacional

O movemento Gazteriak naceu en 1994 e foi un instrumento imprescindíbel para a organización damocidade do Iparralde. Desde o principio houbo unha grande relación entre Jarrai e Gazteriak, e isto deuos seus froitos; froitos como a organización do Gazte Topaguneak (encontros xuvenís) e os mendi martxak(marchas ao monte) conxuntamente.

Resultados prácticos

a) Gazte Topaguneak

Tres foron os máis importantes, os que se celebraron en Etxarri, Zaldibi e Soüta. Estes foron o reflexoda evolución de Jarrai; a demostración de forza dunha nova e ampla mocidade que se sumou á loita.

Alén de ser simplemente unha expresión de capacidade de Jarrai e de aumento de forzas, foroniniciativas que promoveron outra clase de resultados, resultados máis profundos e interesantes. Servironpara afortalar os alicerces do Movemento Xuvenil Basco e para lle dar forma a este movemento.

b) A loita a prol da desmilitarización

Jarrai, dous anos atrás, realizara unha análise teórica sobre a loita contra o militarismo. Asconsecuencias que acarrexaba o militarismo en Euskal Herria, superaban os problemas do servizo militar.E naqueles intres Jarrai atinou ao ligar a loita a prol da desmilitarización co proceso de liberación deEuskal Herria.

c) Gazte sarea

Instrumento creado para superar a dispersión de forzas e a incomunicación entre as diferentes loitas quese daban no movemento xuvenil de Euskal Herria, é dicir, un sitio de encontro continuo.

VI ASAMBLEA, 1996: OS ALICERCES PARA AVANZAR

A partires da década de noventa comezouse a avanzar, mostra diso foron as novas xeracións que loitabanen barrios e vilas. No Movemento Xuvenil había sendos alicerces e isto deixaba ollar as oportunidades deabrir unha nova xeira.Aprofundando na situación d@s moz@s

Neste tempo reflexionouse sobre a situación da mocidade e as consecuencias que se tiraron foronpreocupantes. A moitos fenómenos que se estaban a dar por todo o mundo (globalización da economía,uniformización da cultura, maior diferenza entre pobres e ricos...) había que lle sumar os ataques

Page 15: EMBATE 5

específicos que sofría Euskal Herria. Por un lado, ser un pobo ao que se lle nega a palabra, e por outrolado, consecuencia desta negación, o enfrontamento que existe cos Estados español e francés.

A mocidade basca vive no medio desta situación, e son moi graves as consecuencias que crean estascondicións: o paro e as pésimas condicións de traballo, imposibilidade de acceder a unha vivenda, aopresión continua cara a lingua, represión e control social,...

Unha vez analisadas as condicións de vida da mocidade, chegouse á conclusión de que a clave paramudalas e loitar estaba na organización da mocidade. Pero isto fixo reflexionar á organización xuvenil:O movemento xuvenil de hoxe en día resposta á lamentábel situación que sofre a mocidade basca?

A clave está en crear e xunguir forzas, é dicir, na utilidade social do movemento xuvenil. Na eficacia dacalidade e organización dos criterios de traballo.

Por outro lado, nestes tempos nos que os actos para a eliminación de toda conciencia comunitaria sonconstantes, outro punto é a necesidade de pular e reforzar a conciencia xuvenil. Sendo @s moz@s oprincipal suxeito de loita para a transformación da sociedade, é esencial decatarse das nosas forzas edos problemas que temos en común. Porque o problema que poidamos ter cada un/ha de nós (aprecariedade por exemplo) non é un problema individual, senón de todo un colectivo.

Por último, sendo a mocidade un colectivo cada vez máis excluido da sociedade, ollamos imprescindíbelexercer a favor da nosa palabra e voz. Amosando a total determinación de retomar o lugar que noscorresponde na sociedade.

Independencia e socialismo, o proxecto político de Jarrai

A mocidade precisa a independencia. A mocidade precisa a independencia persoal e colectiva. Aindependencia alén de ser unha opción, é unha necesidade para asegurar tanto o futuro da mocidadecomo a supervivencia do noso pobo. Porque se non é así ás/aos nov@s se nos nega o futuro. Os Estadosespañol e francés só ofrecen a subordinación económica, a miseria e a desaparición de Euskal Herria.

Do mesmo xeito, realízaseunha aposta por superar asinxustizas que crea osistema actual e porconstruír un novo modelo.Un modelo alicerzado naxustiza, no reparto dariqueza, na igualdade dedereitos dos homes emulleres, nunha economíaque realice un uso racionaldos instrumentos deprodución, é dicir, nosocialismo. Acentuouse anecesidade de que EuskalHerria precisaba crear unmodelo propio,aprendendo dos evidenteslogros e virtudes doutrospobos e dos seus propiosdefectos.

A independencia e osocialismo constrúense nodía a día. Traballando asliñas que os posibiliten epulando polas rupturascara o sistema opresoractual.

EMBATE15

Page 16: EMBATE 5

"O que fai Cuba é compartir o que ten, non dar o que lle sobra"

Corenta e catro anos de bloqueo. Algo máis de 80.600 millóns de dólares que foron reprimidos aCuba neste tempo, a imposibilidade de acceder ao comercio de Estados Unidos, de importar e deexportar, de recibir turismo deste país, de usar o dólar, de acceder aos organismos fianceirosinternacionais... Corenta e catro anos nos que o monstro imperialista fixo e desfixo ao seu antollo,tendo sempre en mente un único obxectivo: facer todo o posíbel para rematar coa revolucióncubana. E os Estados Unidos non están sós nesta loita, teñen todo o apoio implícito ou explícito daUnión Europea e dos organismos internacionais, que mesmo converxen co PlanBush para rematar conquen supón unha ameazaá orde establecida. OPlan Bush para Cubaestivo dotado nos anos2004-05 de 59 millónsde dólares, eampliouse este ano, nonsó no presuposto, senóntamén nas súas medidas,sancionando coenxuízamento penal oincumprimento do bloqueo.

Ante este negro panorama, quenon só ameaza a Cuba (máis se temos enconta as intencións de Estados Unidos coALCA, que intenta establecer unha área de libre comercio en toda América Latina), non poden máisque xurdir alternativas de loita, pois a resistencia é necesaria, pero é hora de pasar tamén áofensiva. É aquí onde nace a Alternativa Bolivariana para América Latina (ALBA), proxecto históricode integridade entre as nacións defendido xa dende o século XIX polos revolucionarios FranciscoMiranda, Simón Bolívar, Martí e, posteriormente Sandino. O ALBA baséase en doce principioscentrados na loita contra a pobreza e a exclusión social, en erradicar as desigualdades entre países,así como en profundizar na integridade latinoamericana. Conta, ao tempo, con catro piaresfundamentais (segundo sinala Fernando Bossi), que definen o xeito en que isto ha de levarse a cabo:

- Complementación: as nacións deben complementarse entre elas segundo as súas posibilidades.Deste xeito Arxentina produce alimentos que Venezuela necesita e esta producir o combustiblenecesario para Arxentina.

- Cooperación: Encádranse aquí, por exemplo, os acordos petroleiros entre Brasil e Venezuela, polosque ambos países socializan os seus coñecementos específicos sobre a produción do combustible.

- Solidariedade: como exterminar as desigualdades sen o principio básico da solidariedade entrepobos? Xurde así Petrocaribe, acordo polo que Venezuela axuda aos países caribeños a adquirircombustible a un prezo xusto (sen regalar nada), e fóra do mercado internacional.

- Respeto á soberanía: a integración latinoamericana non supón (como por exemplo, no caso daUnión Europea) unha perda de soberanía dos países asinantes.

E, contra o que intenta o poder mundial, o ALBA vai camiñando, día a día, fortalecendo a unión dasnacións latinoamericanas e os acordos entre elas. E xa existen Telesur, Petrosur e o Banco do Sur.E vai chegar a construción de vivendas na área bolivariana, a mellora das liñas ferroviarias,proxectos de desenvolvemento endóxeno, a construción de novas Facultades en Cuba para aloxaraos estudantes de Medicina dos países de América Latina, acordos para a produción de etanol apartires da caña de azucre... E vai chegar o alba, e está chegando, e é imparábel. Porque o tempoda resistencia pasou, e a ofensiva antiimperialista e anticapitalista está en marcha.

ggrraaddiissccaa

O abrente Deamérica latina

EMBATE16

Page 17: EMBATE 5

Nada que ver coa xustiza. A condena a SadamHusein aseméllase ben máis a un intento delexitimar invasión, mortes, ilegalidade… endefinitiva, a desfeita absoluta que os EstadosUnidos e os seus cómplices levaron a cabo nopaís iraquiano. Nada mellor que amosar a presapara xustificar a caza, aínda que a caza estiveseatrás doutra presa, falamos do petróleo e docontrol. Do poder. Sabémolo, coñecemos afarsa: que o Tribunal Especial Iraquiano e oxuízo a Sadam Husein violan o DereitoInternacional, pois a Convención de Xenebra, daque Washington participa, prohibe a un poderocupante crear tribunais. As súas sentenzas,pois, son legalmente nulas.Ou que sucede coaConvención Internacional sobre os Dereitos Civíse Políticos cando se lles vén impondo aosacusados un réxime de total aillamento e se llesdenegou a posibilidade de calquera vista. Ouque, no que vai desde a captura de Husein deica

a súa sentencia de morte, ate cinco avogados da defensa foran asesinados.

Esta é a súa democracia, por iso nós non cremos nas súas Convencións, corruptas desde onacemento, feitas desde o capitalismo para o seu propio beneficio. Manter o circo en pé. Uns díasantes das últimas eleccións no imperio, coñeceuse a condena para Sadam e mais para os seuscolaboradores achegados, pero servíulle de pouco a EE.UU, se contaba con que a repercusiónsimbólica destes asasinatos lle favorecese electoralmente. É posible que os cidadáns vaian cansose George Bush estea un pouco, só un pouco, desacreditado despois de demostrarnos qué significahoxe e comos e fai unha ocupación. O xenocidio explícanolo cada día a súa man dereita, ArielSharon. A resistencia cóntannola os outros, todos os outros, os que consiguen o descrédito damasacre, con todas as súas caídas inocentes e con todo o seu pensamento firme e limpo. Porque aidea de que o imperio non pode decidir sobre o control dos recursos de Iraq e ficar inmune, é tanclara coma a de que non será sen oposición que EE.UU determine o futuro do lexítimo xefe degoberno iraquiano; para os contrarios á ocupación, aínda, Sadam Husein.

Existe un movemento mundial que rexeita activamente a invasión estadounidense de Iraq. Estemovemento ten a obriga crítica de rexeitar cada aspecto desta guerra, da estadounidense. Osxuizos e condenas aos membros do goberno iraquiano, coma as eleccións programadas, son unaspecto máis. Pois cada actuación do imperio é un ataque á liberdade dun pobo para facer a súapropia Historia. Correspóndelle, pois, ao pobo de Iraq, coma a todo pobo soberano,unha vez recuperada a súa democracia, xulgar as actuacións dos gobernos do seupaís, os anteriores a 2003. E, sen lugar a dúbidas, corresponde tamén ao poboiraquiano xulgar e condenar aos ocupantes que arramplaron coa sociedade civildo seu país, desartellaron as súas estructuras político-económicas econdenaron a morte ao seu lexítimo goberno.

O que queda despois da desfeita é o que nunca debía ter sucedido, ao queningún imperio debería ter acceso xamais: cando expolia e asesina e impóna súa forza, o capital actúa, ademais, de máquina do tempo, freándolle ásociedade a súa propia evolución política, escollas estratéxicas ou relaciónsinternacionais. Sabemos o que significou para o Estado español o franquismo -non me refiro só ao atraso cultural que aínda hoxe padece respecto doutrosEstados centralistas europeos, tampouco exactamente á anulación da República,senón e sobre todo á ilegalidade que supón hoxe o seu regreso, segundo as leisdunha democracia que se basea en principios determinados polo franquismo:monarquía- e o impedimento constante, por que non chamarlle atraso, que significacada día para Galiza a colonización española.

Algún día o pobo de Iraq, o heróico pobo revolucionario de Palestina, algún día o pobogalego ceibe… terán que ocuparse dos seus invasores, colocalos no lugar que merecen ereescribir a Historia. Avanzar na súa soberanía. Reescribir a Historia.

Até entón, moitas e moitos de nós entendemos que o único lugar posible é aquel que está dolado dos aforcados.

DOLADODOS

AFORCADOSOORRIIAANNAA MMÉÉNNDDEEZZ

EMBATE17

Page 18: EMBATE 5

No ano 2003 a Unesco, consideranecesario a aprobación do Textoda conveción para a salvaguardado Patrimonio CulturalInmaterial.

Con anterioridade á aprobacióndeste texto, xa no 72, variosestados membros da UNESCOmanifestaron o seu interese enque se lle dera importancia ásalvaguarda do que conposterioridade se chamarápatrimonio inmaterial. Nos anossucesivos outros países, comoCorea, Bolivia ou México

consideran importante insistir na necesidade de ampliar a definición de "patrimonio cultural" parapoder así asegurar a protección e salvaguarda de todo o seu patrimonio, entre o cal incluen ófolclore. E entre os anos 97 e 98 a UNESCO inicia o proceso que conducirá á proclamación de ObrasMestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.

O 25 de novembro de 2005 o colectivo Ponte…nas Ondas! presenta a súa Candidatura á UNESCO afavor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Ponte…nas Ondas! nace no ano 1995, coincidindocoa inauguración da Ponte Internacional entre Salvaterra e Monção. Por aquel entón varios centroseducativos decidiron aproveitar as radios que había nas súas escolas e extender unha ponte que fosemáis aló e que unise os centros educativos das dúas marxes do Miño. Aquela primeira experienciafoi medrando, e este colectivo decidiu profundizar sobre outros temas…ata a decisión de presentara candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Esta Candidatura suscitou o apoiounánime de entidades e institucións da Galiza e Portugal e apoios como o do Parlamento da Galiza,do Congreso dos Deputados de España ou dos grupos do Parlamento Europeo.

Tendo en conta que a cultura tradicional galega, en concreto o baile e a música tradicional, semantiveron ó longo dos anos por medio da tradición oral de xeración en xeración, e que esta cadeaxeracional hai anos que rompeu, o noso folclore atópase nunha situación de lenta agonía. Orecoñecemento do noso foclore como Patrimonio da Humanidade suporía a protección econservación do mesmo coa mesma seriedade e cos mesmos medios que se aplican por exemplo, acalquera ben inmoble galego. Suporía tamén o único medio polo cal garantiríamos que a nosacultura tradicional puidese chegar ata xeracións futuras.

A Candidatura foi ben valorada pero non acadou o recoñecemento internacional, segundoexplicaban os membros dos xurados en rolda de prensa posterior á ceremonia, pola súa amplitudetanto no territorio que abarca coma na diversidade de manifestacións que comprende. Este foi omotivo que levou a non conceder ó Patrimonio Galego Portugués este recoñecemento internacional.

Dende a UNESCO animouse ós promotores a continuar o traballo reenfocando o proxecto.

Os mesmos promotores da candidatura desprazados ata París, fixeron fincapé no feito de que "aquínon remata nada" é só un punto e seguido, indicando que o mero feito de ter chegado ata aquí éxa de seu un logro importante para a cultura galega e portuguesa. A posta en valor que se fixo de

todo este Patrimonio, e a difusión que do mesmo se levou a cabo é só o puntode partida.

Patrimonio

inmaterialgalego-portugués

SSAABBEELLAA RROOMMEERRAA

EMBATE18

Page 19: EMBATE 5

UUnn FFeeiixxee, novo traballo de Mugardos

Non é pop, nin rock, nin jazz, nin blues, nin bossa, nin folk. Pero, sen dúbida, o novo disco

de Mugardos recolle algo de todos eses estilos. O compositor galego presenta o seu cuarto

traballo, Un Feixe, dez cancións que falan de amor e xustiza e que constitúen a súa

proposta máis serena. Desde a composición até a produción, Xavier Mugardos ocupouse de

todos os procesos de elaboración dun disco no que, por primeira vez, emprega a súa

expresiva e esnaquizada voz do primeiro ao último tema. "Son un compositor que canta,

non un cantante", explica o músico, quen considera que Un Feixe é o seu traballo máis

honesto. "As cancións veñen ao mundo coa miña voz polo que é así como as vai a

escoitar o público", asegura.

http://glug.es

O GLUG é o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, e ten como obxectivos dar acoñecer este sistema operante, a filosofía con el asociada (a do Software Ceibe) e ser

punto de encontro entre os usuarios do GNU/Linux da nación.Se che interesa o Software Ceibe e o GNU/Linux, pero non coñeces a xente que che

poida axudar, ou se queres levar adiante algunha iniciativa relaccionada e precisascolaboradores, ou se sinxelamente gostarías de compartir as túas experiencias, dúbidas

ou o que sexa con outros usuarios galegos, non o dubides e ponte en contacto.

MUSICA

A Verdade e a Mentira sobre a Revoluçao deAbril

Álvaro Cunhal, ed. Avante, 1999

Na acción política, a verdade constituíu un valor identificador de uns e amentira nunha práctica viciosa e sistemática de outros. Dos partidos e fóra dos

partidos.A novidade, sobre todo a partir do XX aniversario do 25 de Abril, é que, destruídasmoitas das principais conquistas da Revolución e en vías de institucionalización osobxectivos estratéxicos contra-revolucionarios os seus protagonistas abríronse en

confesións.Confesións individuais, abundantemente e prolixas, soltas, incompletas, parciais e

dispersas. Esclarecedoras tamén, sexa cada unha por si, sexa cando, xuntando as mil eunha pezas do puzzle, se completan unhas ás outras.

Valiosas para a historia da Revolución de Abril e da contra-revolución. Valiosas paraque se coñezan e recoñezan verdades sempre afirmadas polo Partido Comunista Portugués, entón

desmentidas polas mentiras da contra-revolución.

Galicia en guerraEduardo Rolland, ed. Xerais, 2006

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galiza na IIGuerra Mundial. De 1939 a 1945, Galiza estivo en guerra porque, malia a neutralidade

do Estado español, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraídodas minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha rede de espías

alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot seabastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron

en Galiza.

EMBATE19

libros

www

Page 20: EMBATE 5