En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

8

description

Poemas galegos do século XV

Transcript of En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Page 1: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 60

Page 2: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Oséculo XIII foi o do esplendor lírico do idioma galego, do que nos quedougarrida mostra nos cancioneiros trobadorescos galego-portugueses. As déca-das finais do século XIV e iniciais do XV coñecerían un modesto florece-

mento da chamada escola galego-castelá. Ata o de agora supúñase que a definitivadecadencia poética do galego, que se desenvolveu en relación inversa co de emerxen-cia do castelán, viñera da man da obsolescencia da poesía lírica que recuaba paseniñoante a nova moda da poesía recitada (o dezir).

E de súpeto, unha inesperada revelación: un manuscrito poético en galego, con-tendo vinte e tres poemas, copiado por volta de 1433-34, que recentemente tivemosa fortuna de exhumar grazas á xenerosidade de dona Pilar Iglesias (a súa propietaria)e mais de Dolores Pereira e Gabriel Quiroga (os arquiveiros que o descubriron). Unspoemas sorprendentes en primeiro lugar pola lingua —un galego cunha pegada moilimitada do influxo castelán—, pero tamén polo ámbito de produción —a propiaGalicia— e a autoría presumible destes textos. Por parte, chama a atención o carácterdas composicións: non son cantigas, senón dizeres, isto é, non son composiciónsmusicadas, senón recitativas.

O groso do seu corpo vén constituído por poesía amatoria, do estilo da cantiga deamor trobadoresca. Pero tamén contén unha insólita composición piadosa bastanteextensa (cento tres versos) e unha mostra de poesía burlesca que evoca as cantigas deescarnio e maldizer. E aínda unha mostra de debate poético, unha pergunta de Afon-so Paez ou Perez e a correspondente resposta de Joan Garcia. Coidamos que o con-xunto dos textos forman parte dun cancioneiro de autor que nos chegou en estadiofragmentario. Atribuímolo ao dito Afonso Paez ou Perez, aínda que tamén podería seratribuído a Joan Garcia, e incluso podería ser doutro autor (ou doutros autores). A datación dos textos entre as décadas finais do século XIV e as primeiras do XV vénasegurada pola data dos instrumentos notariais que os acompañan (1433-34) e polaproximidade en temas e formas á poesía da escola galego-castelá e polo propio estadiolingüístico dos poemas.

A subscrición dos documentos notariais por Lopo Garcia de Toar, “escribán delRei e o seu notario público na vila de Ferrol” e a referencia nunha nota marxinal a unmoyto honrado señor Diego de Andrade convidan a situar nesa área a copia do manus-crito. A mención dun señor da casa de Andrade resulta extremadamente suxestivo,tendo en conta o pulo desa liñaxe desde a metade do século XIV e ao longo de todoo XV, un pulo político e social pero tamén cultural. Coas súas irregularidades, os poe-mas teñen a aparencia de obras experimentais. Semellan indicar que o outono poéti-co do galego medieval non só foi máis tardío do que supuñamos, senón tamén máisrico e creativo. En todo caso, o alcance da súa importancia non se limita á historialiteraria galega, mais atinxe o conxunto da historia literaria peninsular.

Ofrecemos unha pequena mostra do manuscrito cunha presada de imaxes e de textosen edición crítica. Unhas e outros están extractados do volume En cadea sen prijon. Can-cioneiro de Afonso Paez, recentemente publicado pola Xunta de Galicia �

Poesía postrobadoresca en galego

En cadea sen prijon

H E N R I Q U E M O N T E A G U D O

D O C U M E N T O S

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 61

Page 3: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Dous bifolios do manuscrito que conteñen o texto do poema reproducido na páxina seguinte. Obsérvese que no folio complementario ao que conténo texto poético estan copiados, en sentido inverso, documentos notariais. Por esa razón se ven ao revés. Os documentos van subscritos polo notarioLopo García de Toar, en Ferrol, nos anos 1433-1434.

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 62

Page 4: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Quita-me de maas doloresJhesu Christo glorioso!E tu me queyras salvare ao teu paraíso levarque é lugar celestioso.

Señor, porla tua mortetu me queyras ajudare do diabro gardarque é cousa sotil forte e ten moytos enganadose ao Inferno levados,que é lugar sen conorte.

Reço-te por piadadeque me non queyras acusarnen me queyras condenarno lugar sen craridade que senpre é sen alegriae nunca en el á dia,ant’ en el moyta maldade.

Señor, contra ty pequeye senpre fize pesar,e non me soybe nenbrar—Señor, non me acordey—da morte que tu tomaste,nen de quanto mal pasaste,Señor, nunca me nenbrey.

Moyto pequey en comeren bever e en falar,en riir e en posfaçar,en quedar e en veer.Nunca andey romarias,ante senpre en maas vias:—nunca al soybe fazer.

Pensando en moyto mal,Señor, non me confesey,ante senpre te errey,e nunca pensava en alsenon en te deservir,fazendo mal sen falire pensar moy desigal,

e mintindo e posfaçandoen esto me deleytey.Señor! Nunca jajueymas senpre en mal coydando,fazendo mal e nunca ben,

e esto era meu talent,mas nunca en ben pensando

nunca gardey os mandamentos,ante rindo e escarnecendomoyto mal senpre dizendo.Senpre eran meus pensamentoscomo gaton luxuryosoa ty non foy amoroso.Non me nembrey dos tormentos

que tu por min recibisteenna santa verdadeyra cruz.Mas tu me dá lume e luz,poys por min morte prendiste.Non me queyras enviar,Señor, a aquel lugar que tu para os maos feziste!

Señor, senpre renegando,eu moyto me deleytavae nunca ben pensava,Señor, en maas vias andando.Moyto soo fornicador,mintiroso, posfaçador,moyto mal senpre pensando!

E eu fornicio senpre useye senpre foy mal feytor,en todo te fize error,e, Señor, nunca gardeyas obras de piadade,senpre te fiz desvontade,nunca ningun ben pensey.

Et das açoutes que te deron,Señor, eu foy olvidado,e outrosy non foy gardadoda coroa que te poseron.Non me acordey da prijonnen de tua tribulaçonnen do mal que te fezeron.

Nos sete pecados mortaesme deleytey sen conpensaçonsenpre con maa entençonvivi ennos veniaese darlles conta non sey,furtando, mintindo, roubeycon grandes pecados carnaes.

Quita-me de maas dolores

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 63

Page 5: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 64

Page 6: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Señor, tanto mal ey feytoque o non poso contar.Porende, non me queyras olvidar,meu Señor, ja en teu pleito,que contar non poderiaos pecados que cada diacontra ty faço sen jeyto.

Ja a ty me tornareycon moy pura devoçonque me des consolaçon:meu Señor! confesareytodolos meus pecadosque ey feytos e pensadose contigo me yrey.

Poys que ja quero morrer

Poys que ja quero morrermando ben alta fazera cova para meter meu corpo dentro en ela—da que soo moy namoradoe por quen paso coydadoe me ten atormentado,que é moy linda e bela.

Mando ali enterrarmeu corpo, en seu lugar,poys que me quiso matarsen lle eu fazer error,e me dou tribulaçon,e trouxo en sua prijonsenpre o meu coraçon,seendo eu seu servidor.

E mando moy ben tangeros sinos por coñoscera que me trouxo en poder.Tangeran toda sazonpero que me non quis confortar,ante me leyxou penare moytas coytas pasar,non sey eu por qual razon.

Maldigo miña ventura

Maldigo miña venturae o dia en que eu nascin!pois ¡triste, coytado, maldito de min!por miña señora vivo en rancura.Maldita seja sua fremosura,e o dia en que a eu vin!E maldito o dia en que a coñocin,poys por ela vivo en amargura!

Pero non a culpo, ca non é de culpar,mays culpo a min e ao que me fadou,que me tal fada ao colo deytou,que ja sobre min non poso tornar.E culpo a min, que a foy amar,e culpo meus ollos e meu coraçon,que me deytaron en tal afliçonque noytes nen dias non poso folgar,

que un dia a miña señor preguntey(a esta por que paso coytas e dolor):“Dizede vós, miña nobre señor,poys que vos servi e nunca errey,se de vós galardon algun averey, ou se esperarey en vosa mercede.”E ela me diso: “Por certo sabedeque no me demandardes culpa non ey.”

Porende culpo triste, coytado,a min e ao que me foy engendrare tanta vergonça a min quiso dar,poys que vivo de miña señor alongado,que por vergonça eu ando anojadoe vivo triste sen ningun placer,porlo qual moyro e quero morrer,ou se viver, viverey penado.

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 65

Page 7: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 66

Page 8: En Cadea Sen Prijon (1433 - 1434)

Dizede, señora, poys que vos servi

Dizede, señora, poys que vos servino tenpo pasado, segund que sabedes:¿Por que me dades coytas asy?Segund de presente, agora veedes,miña senora, gran torto fazedesdar-me penas e graves tormentos.Non saberia de taes mudamentos:o mal que paso entende-lo devedes.

Miña señora, sabedes moy benque moytas vezes a min me disestesque senpre seria voso talenatender o que me prometestes.E poys, señora, tal ben me fegestesnenbrade-vos do tenpo pasado:o ben que ouvemos non seja olvidadopoys que, señora, amar-me quesestes.

Miña señora de gran fremusura,en vosa mercede eu seja nenbrado:poys que quiso miña venturade por vós viver tan atormentado,pido-vos ora que aja recado,miña señora, por vosa mercede,e o que me prometestes a min atendede,e non me leyxedes viver enganado �

Miña señora, por vosa nobreza

Miña señora, por vosa nobrezaquerede ora meu cor confortar,e tirar a min de tanta gravezae dolor e grande pesar,e non me leyxedes tanto penar,mays querede a min responderse é voso talente a min de valerou por voso amor me leyxardes matar.

Querede-me ora dar bon recadoe confortar este meu coraçon,que meu corpo vive penadocon gran dolor e tribulaçon.

Se de vós non ey galardon desta terra me yrey alongar,ante que tal vida agora pasare viver en tal maldiçon.

Finda

Meu desejo ja chega a morte,caentura, dolor, pesar forteque ora paso en esta sazon.

So vosa esperança conven-me morrer

So vosa esperança conven-me morrer,pero senpre en vós esforço terrey,e por onde for, señora, direyque so voso ben eu querrey viver,porque teño esforço de vós me fazertodo prazer e bon gasallado,e por onde for yrey namorado,señora, de vós, con moyto prazer.

En todo tenpo eu me chamarey,señora, a vós e a voso ben,e en vos servir non mingarey ren,como aquela que amo e amareyquanto que agora, e senpre chorareyse non me mostrades de vós bon talent.¡Ah, luz nacida escontra orient,de min vos nenbrade, que ora morrerey!

Miña señora, quen me preguntar,non sey que lle diga por que ando nojoso,que meu coraçon anda pensoso,e non sera farto de senpre chorar.Porende, vos rogo que queyrades tornara este meu corpo o meu coraçon,que vós-lo tragedes en vosa prijon,e non lle queyrades mays tormento dar.

04 Documentos Quique_02 3-Bouzada / Lage 13/06/13 12:54 Página 67