Enquisa machismo coas respostas

14
ENQUISA DETECCIÓN MACHISMO Indica se hai algún machismo ou non nas seguintes afirmacións Explica porque cres que son machistas ou feministas a lo menos 5 Frase Femini sta Machis ta Nin o un nin o outro Explicación Exemplo: dame un folio, por favor. x Exemplo: o meu home axúdame coa colada x Da por sentado que a responsabilidade das tarefas do fogar son dela As mulleres deben empoderarse x Franco era un ditador Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés Os homes son máis simples que as mulleres Os homes deben obedecer ás mulleres As mulleres son máis sensibles que os homes As mulleres teñen vaxina e os homes pene Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir Moros fuera

Transcript of Enquisa machismo coas respostas

Page 1: Enquisa machismo coas respostas

ENQUISA

DETECCIÓN MACHISMO

Indica se hai algún machismo ou non nas seguintes afirmacións

Explica porque cres que son machistas ou feministas a lo menos 5

Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro Explicación

Exemplo: dame un folio, por favor. x

Exemplo: o meu home axúdame coa colada

x Da por sentado que a responsabilidade das tarefas do fogar son dela

As mulleres deben empoderarse xFranco era un ditador

Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao

revés

Os homes son máis simples que as mulleres

Os homes deben obedecer ás mulleres

As mulleres son máis sensibles que os homes

As mulleres teñen vaxina e os homes pene

Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir

Moros fuera

Non é non, incluso coas bragas baixadas

Frase feminista machistaNin o un

Nin o outro

Explicación

Page 2: Enquisa machismo coas respostas

Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos

colexios

Os españois son demócratas

Teño sono

A lei laboral do PP crea emprego

A monarquía é a base da esencia española

Todas as violencias son rexeitables por igual

As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer

As cociniñas son xoguetes para nenas

Pisei unha poza

Normas para os usuarios da biblioteca

Sección de pacientes especiais

Stop

O Manolo é unha nenaza

Ítems e resposta correcta (segundo a Obxectivo e valoración das respostas

Page 3: Enquisa machismo coas respostas

profesora que elaborou a enquisa)

1. Franco era un ditador (nin o un nin o outro).

O obxectivo de este ítem era comprobar que entendían que non pregunto se Franco era machista senón se a frase en si mesma é machista, feminista ou non ten nada que ver nin co un nin co outro. En 3º tiven que explicalo. Hai pouco que traballamos as ditaduras, e estudamos o machismo do réxime franquista, polo que ao ler “Franco” xa lles saía poñer “machista”. O 100% do alumnado comprendeu que a frase en si mesma non é nin machista nin feminista.

2. Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés. (Feminista).

Este ítem pretendía comprobar o nivel de feminismo baseándome na idea de que os neomachistas consideran que todas as violencias son igual de rexeitables, sen ter en conta que é máis grave a violencia cando se exerce contra un colectivo oprimido ou sometido. O feminismo entende que a violencia dun home contra unha muller é máis grave porque existe toda unha estrutura patriarcal que pon á muller en situación de desvantaxe. Esta é a base da lei de violencia de xénero.Pero é un ítem que pode crear confusión, dado que, como me explica unha alumna, esta mesma frase pode dicila unha persoa machista (entendendo que é máis grave pegarlle a unha muller por ser o “sexo débil”) ou unha persoa feminista (que sexa consciente da diferenza de poder e privilexio dos homes e mulleres).

3. Os homes son máis simples que as mulleres (machista)

Hai tres items que deben analizarse de forma conxunta:- Os homes son máis simples que as mulleres.- Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir.- As mulleres son máis sensibles que os homes.Pretende pescudar se distinguen entre diferenzas biolóxicas e diferenzas de xénero . Aquí é interesante constatar que hai unha concienciación moito maior na igualdade da muller co home que ao revés. É dicir, está moi traballado nos medios de comunicación, na escola, etc., o feito de que as mulleres poden facer o mesmo que os homes e teñen as mesmas capacidades. Saben rexeitar ideas machistas como a de considerar ás mulleres máis sensibles que os homes. Sen embargo non reflexionaron aínda sobre como son os homes e as ideas e estereotipos machistas que hai sobre eles. Tamén se pode apreciar certo descoñecemento do que é o feminismo, ao ser considerado, por un pequeno sector do alumnado, como un movemento que quere que o home obedeza á muller e que considera aos homes máis simples e impulsivos.

4. Os homes deben obedecer ás mulleres (nin o un nin o outro).

Pretendía sondar a idea que se ten do feminismo, qué parte do alumnado confunde feminismo co contrario do machismo.

5. As mulleres son máis sensibles que os homes (machista).

A sensibilidade feminina é aínda un estereotipo moi estendido. Malia iso, o alumnado ten moi claro que é machista considerar ás mulleres máis sensibles que os homes so polo feito de ser mulleres.

6. As mulleres teñen vaxina e os homes pene (nin o un nin o outro*).

Son diferenzas biolóxicas que habitualmente non levan carga machista, *aínda que en determinados contextos transfóbicos sí que podería selo. En realidade, aínda que sexan unha minoría hai mulleres con pene e homes con vaxina. 3 persoas de 4º contestaron que esta frase é machista.

7. Os homes teñen impulsos sexuais Este ítem pretendía determinar se o alumnado é quén de identificar

Page 4: Enquisa machismo coas respostas

que non poden reprimir (machista). os estereotipos masculinos tradicionais como falsos. É falso que os homes teñan uns impulsos sexuais máis acusados que os das mulleres por pura bioloxía. Isto está demostrado xa dende mediados do século XX. O discurso da impulsividade sexual dos homes é un discurso fondamente machista que xustifica os abusos e violacións a mulleres que “van provocando”.

8. Mouros fora (machista polo uso da linguaxe sexista).

Linguaxe sexista. As mulleres musulmás desaparecen do imaxinario colectivo ao pronunciar esta frase.

9. Non é non, incluso coas bragas baixadas (feminista).

Esta frase pretendía comprobar se o alumnado le sobre feminismo nas redes sociais ou se o falan entre si. O alumnado que non escoitara nunca esta frase non entendía a que se refería. Dos resultados da enquisa se comproba que é un tema traballado polos medios de comunicación, supoño que a raíz do caso da violación de San Fermín, que foi moi comentada. Aínda así unha gran parte do alumnado descoñece esta expresión.

10. Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos colexios (machista polo uso da linguaxe sexista).

O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista. A frase en sí, á marxe da carga sexista é unha barbaridade que non hai por onde coller. O meu alumnado sabe que teño un neno con Síndrome de Down que asiste ao cole como calquera e que estou totalmente a favor da inclusión dos nenos e nenas con diversidade funcional. Aclaro isto nunha nota ao final.

11. Os españois son demócratas (machista polo uso da linguaxe sexista).

O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista.

12. Teño sono (nin o un nin o outro) Frase de recheo.

13. A lei laboral do PP crea emprego (nin o un nin o outro).

Frase de recheo.

14. A monarquía é a base da esencia española (nin o un nin o outro).

Frase de recheo.

15. Todas as violencias son rexeitables por igual (machista).

Pretenden comprobar o mesmo que o segundo item “Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés”.Das respostas pode apreciarse que este concepto é un dos máis descoñecidos. Só unha alumna de 4º é consciente de que a estrutura social na que nos movemos pon ás mulleres en desvantaxe, a mesma alumna que captou a linguaxe sexista. En terceiro outra nena indicou que a frase “non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés” era unha frase feminista, pero en observacións aclarou “é o mesmo”. Este debe ser un dos puntos a traballar, xa que é o principal motivo dos prexuízos e oposición á Lei Integral contra a Violencia de Xénero e a falta de apoio na sociedade ás mulleres maltratadas.

16. As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer (machista).

É un concepto que está perfectamente claro tanto en 3º como en 4º da ESO.

17. As cociniñas son xoguetes para nenas (machista).

Outro dos conceptos que non é necesario traballar nestes dous cursos. En terceiro, aínda que puxeron a cruz en “nin o un nin o outro” dúas persoas, nas aclaracións entendíase que consideraban que as cociniñas poden ser un xoguete para nenos xa que eles tamén cociñan. O alumnado de 2º de PMAR, sin embargo, aínda ten a imaxe de que existen xoguetes para nenos e para nenas e que

Page 5: Enquisa machismo coas respostas

debe de ser así. En 2º da ESO traballarémolo.

18. Pisei unha poza (nin o un nin o outro).

Frase de recheo.

19. Normas para os usuarios da biblioteca (machista polo uso dunha linguaxe sexista).

Curiosamente, rapazas que non detectaron machismo noutras frases con linguaxe sexista, detectárono nesta. Pode ser porque a principio de curso eu falara da necesidade de cambiar o cartel da entrada da biblioteca e tamén porque unha rapaza preguntou en voz alta se existía a palabra “usuarias”.

20. Sección de pacientes especiais (nin o un nin o outro).

Frase de recheo

21. Stop (nin o un nin o outro). Frase de recheo

22. O Manolo é unha nenaza (machista).

Aquí notouse moito que eu traballara a principio de curso o tema dos insultos en feminino cos rapaces e rapazas de terceiro. Coido que o traballaron tamén con algunha outra profesora anteriormente. En cuarto é un tema que a maioría teñen asumido, malia que dous rapaces non detectaron machismo nesta frase. Considero que será suficiente traballalo nunha sesión de media hora en 4º, xa que é un concepto sinxelo a estes niveis. De novo o grupo de PMAR de 2º da ESO está moi verde neste aspecto, sendo común que se insulten entre eles en feminino. Será unha cuestión a traballar nese nivel.

Page 6: Enquisa machismo coas respostas

Resultados enquisa en 3º da ESO

Número de alumnos/as: 15

Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro NS/NC

Exemplo: dame un folio, por favor. xExemplo: o meu home axúdame coa

colada xAs mulleres deben empoderarse x

Franco era un ditador 0 0 15 0

Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés 1 9 2 3

Os homes son máis simples que as mulleres 4 6 2 3

Os homes deben obedecer ás mulleres 10 0 3 1

As mulleres son máis sensibles que os homes 0 14 1 0

As mulleres teñen vaxina e os homes pene 0 0 15 0

Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir 3 7 3 2

Moros fuera* 0 1 14 0

Non é non, incluso coas bragas baixadas 8 2 0 5

Page 7: Enquisa machismo coas respostas

Frase feminista machista Nin o unNin o outro Explicación

Os nenos autistas deben estar separados dos normales nos colexios* 0 1 14 0

Os españois son demócratas 0 0 15 0

Teño sono 0 0 15 0

A lei laboral do PP crea emprego 0 0 15 0

A monarquía é a base da esencia española 0 0 14 1

Todas as violencias son rexeitables por igual 4 0 4 7

As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer 0 15 0 0

As cociniñas son xoguetes para nenas 0 13 2 0

Pisei unha poza 0 1 14 0

Normas para os usuarios da biblioteca 0 4 11 0

Sección de pacientes especiais 0 0 15 0

Stop 0 0 15 0

O Manolo é unha nenaza 1 14 0 0

Page 8: Enquisa machismo coas respostas

Respostas á enquisa en 4º da ESO

Nº de alumnos/as: 14

Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro NS/NC

Exemplo: dame un folio, por favor. xExemplo: o meu home axúdame coa colada x

As mulleres deben empoderarse xFranco era un ditador 0 2 11 1

Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés 2 8 3 1

Os homes son máis simples que as mulleres 4 1 9 0

Os homes deben obedecer ás mulleres 4 4 6 0

As mulleres son máis sensibles que os homes 0 11 3 0

As mulleres teñen vaxina e os homes pene 0 3 11 0

Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir 4 8 2 0

Moros fuera* 0 1 13 0

Non é non, incluso coas bragas baixadas 9 2 2 1

Page 9: Enquisa machismo coas respostas

Frase feminista machista Nin o unNin o outro Explicación

Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos colexios* 0 1 13 0

Os españois son demócratas 0 1 11 2

Teño sono 0 0 14 0

A lei laboral do PP crea emprego 0 1 11 2

A monarquía é a base da esencia española 0 0 12 2

Todas as violencias son rexeitables por igual 4 1 8 1

As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer 0 14 0 0

As cociniñas son xoguetes para nenas 0 14 0 0

Pisei unha poza 0 0 14 0

Normas para os usuarios da biblioteca 0 1 13 0

Sección de pacientes especiais 0 0 13 1

Stop 0 0 14 0

O Manolo é unha nenaza 0 12 2 0

Page 10: Enquisa machismo coas respostas

*Puxen frases coas que non estou para nada de acordo, como estas tan polémicas e ofensivas, e outras que o meu alumnado sabe perfectamente que para min son falsidades. Tiña dous obxectivos: por unha parte estar segura de que non pensan que é machismo todo o que non lle gusta a unha feminista coma min, é dicir, asegurarme de que non identifican como feminista todo o “bon” e “machista” todo o malo, porque eu son feminista. Tamén coa fin de despistar, xa que ao ver o racismo ou a marxinación da diversidade funcional queda oculto o sexismo da linguaxe, pero será moi impactante cando lles mostre imaxes de “moras” ou “nenas con autismo” nas que seguro que non pensaron para nada cando leron a frase. Por último quero facerlles reflexionar que non hai que coidar a linguaxe só cando falamos de feminismo ou de mulleres, senón en cada un dos momentos da vida, incluso (ou quizás máis aínda) cando falamos de temas tan graves.