Epadidactica

13

Click here to load reader

description

Unidade didáctica sobre o coñecemento científico

Transcript of Epadidactica

Page 1: Epadidactica

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN

1. Datos xerais

2. Que se pretende con esta unidade

II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización)

1. Obxectivos específicos da unidade.

III. CONTIDOS.

1. Conceptuais.

2. Procedimentais.

3. Actitudinais.

IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE.

(Secuenciación).

1. Actividades de comprensión.

2. Actividades de aplicación.

3. Actividades Complementarias/Extraescolares.

4. Actividades ordinarias de aula

V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

1. Criterios xerais.

2. Criterios específicos desta unidade.

3. Criterios cualitativos.

4. Criterios formais.

VI. ANEXO. (TÁBOA DE AVALIACIÓN)

Page 2: Epadidactica

Ciencia

por petiska

Page 3: Epadidactica
Page 4: Epadidactica

I. INTRODUCIÓN

1.- DATOS XERAIS

Curso: Primeiro de Bacharelato.

Centro: EPA BERBÉS

Trimestre: Primeiro.

Número de sesións: catro

Data de inicio: Unha vez rematado o primeiro núcleo temático adicado Ó saber

filosófico (catro sesións). Iníciase o segundo núcleo adicado ó Coñecemento. Unidade

nº 2: O coñecemento científico. Orixes, método e límites.

O desenvolvemento desta unidade aparece vencellado ó resto de unidades que

compoñen este núcleo temático, a lóxica, o problema da verdade e a linguaxe.

Séguese o currículo prescritivo para esta etapa educativa. Obxectivos, contidos

criteros de avaliación, establecidos no Decreto 275/94 do 29 de Xullo (Dog.31de Agosto)

modificado polo Decreto 231/2002, do seis de xuño (dog 15 de xullo) e na orde do 2 de

maio de 1996 (dog do 30).

2.- QUE SE PRETENDE CON ESTA UNIDADE.

En función do método elixido pódense establecer diferentes tipos de coñecementos

en base ós obxectivos que se persigan, atendendo ó obxecto, ós suxeitos que coñecen

ou os fins perseguidos. Entre eses tipos hai un de especial importancia: a ciencia.

A ciencia é un modo de coñecemento baseado nunha metodoloxía que, malia ser variada

e múltiple, posúe certas características comúns, como pode ser o intento de explica-los

fenómenos mediante observacións facendo inferenzas con rigor, buscando regularidades

que permitan preve-los acontecementos.

Page 5: Epadidactica

Tanto a filosofia como a ciencia dende unha perspectiva materalista que é a que

defendemos na exposición da asiganatura, aparecen relacionadas ata o punto que a

filosofia como saber de segundo grao, presupón outros saberes previos que son

precisamente as ciencias. Ademáis a ciencia dalle que pensar ó filósofo, por canto pode

analiza-los presupostos ontolóxicos cos que traballa a investigación científica. Por outra

banda á filosofia interésalle o científico, tamén polo que lle aporta cada campo categorial

como material de traballo para o desenvolvemento das Ideas filosóficas e a súa relación

dialéctica.

Coñece-las claves do método científico, as súas características e a reflexión que a

filosofía fai ó respecto é un dos obxectivos fundamentais desta unidade.

II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización)

������ Consolidar unha madurez persoal, social, intelectual e moral que lles permita

actuar de forma responsable e autónoma.

������ Dominar a linguaxe filosófica e os coñecementos científicos e tecnolóxicos

fundamentais.

������ Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora de seu entorno

social.

������ Comprender os problemas filosóficos e empregar con propiedade os conceptos

e términos utilizados na súa análise e discusión.

������ Adoptar unha actitude crítica ante todo intento de xustificación de

desigualdades sociais.

1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA UNIDADE

������ Introducir no marco do coñecemento en xeral a noción de coñecemento

científico.

Page 6: Epadidactica

������ Distinguir os diversos tipos de ciencias no ámbito do saber científico: as

formais e as empíricas (naturais e sociais).

������ Coñece-los principais métodos científicos, usando adecuadamente os términos

empregados.

������ Coñece-las reflexións que se levan feito dende a filosofia da ciencia para

enfocar e resolve-los problemas que xiran sobor o coñecemento científico.

������ Diferenciar o saber científico e o técnico.

������ Analiza-los problemas que plantexa hoxe a tecnoloxía á humanidade, e

amosar como o saber filosófico (a ética) os enfoca dende a responsabilidade e a

emancipación.

III. CONTIDOS

Haberán de ser o suficientemente claros e a ser posible deberán relacionarse cos

doutras asignaturas, especialmente coas de contidos científicos. É necesario combinar os

conceptuais e os actitudinais

1.- Conceptuais.

������ Conceptos básicos: definición, demostración, inducción, deducción,

axiomático, contrastación, falsación, explicación, compensión, hermenéutica.

������ Evolución que se producíu no concepto de “ciencia”.

������ Características dos principais métodos do saber científico: método axiomático,

método hipotético-deductivo ou experimental, método das ciencias empírico-

sociais.

������ Discusións que, dende a filosofía da ciencia, contribuíron a modificar a forma

de comprender a ciencia.

������ Relacións entre ciencia, técnica e tecnoloxía.

Page 7: Epadidactica

������ Límites do coñecemento científico.

2.- Procedimentais.

���� Búsqueda de información sobre os conceptos básicos que se estudan na

unidade.

������ Elaboración de mapas conceptuais que permitan relacionar as ideas

traballadas.

������ Utilización de exemplos prácticos que amosen as diferenzas existentes entre

os diversos métodos científicos.

������ Análise das condicións históricas, sociais, económicas, etc, que fan posible en

cada momento o desenvolvemento do coñecemento científico.

������ Comentarios de textos seleccionados para a unidade.

3.- Actitudinais.

������ Interese por coñece-la evolución e a situación actual do coñecemento

científico.

������ Actitude crítica para plantexar unha reflexión sobre os problemas que encerra o

coñecemento científico.

������ Recoñecemento das grandes posibilidades que a ciencia e a tecnoloxía abren

ó progreso e futuro da humanidade.

������ Respecto da dignidade do ser humán como límite para as pretensións do saber

científico.

������ Aceptación de que a ciencia non é o único saber valioso nin pode respostar a

tódalas cuestións que a existencia humana plantexa.

IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE (Secuenciación)

Page 8: Epadidactica

Os procedementos metodolóxicos son destrezas, estratexias, técnicas que se

aprenden, onde o docente cumpre a función de guía e axuda.

As actividades deben ser motivadoras para que se leve a cabo unha aprendizaxe

construtiva e significativa co fin de que se poidan acadar os obxectivos e contidos

plantexados na unidade. Desenvolveranse as seguintes:

Como actividade inicial; na primeira sesión establecerase un plan de diálogo

respondendo a preguntas iniciais que consigan ligar o aprendido na primeira unidade en

relación ó saber filosófico, coa ciencia. Presentarase un esquema xeral que englobe a

clasificación das ciencias e realizarase un test de coñecementos previos. Daremos lectura

ó caso histórico (febre puerperal) que describe Hempel no seu libro “Filosofía da ciencia

natural”

Cuestións:

a) Afinidades e diferenzas entre mito, filosofía e ciencia.

b) Que tipos de coñecementos se fan pasar por científicos.

c) Cres que o coñecemento científico é superior a outras formas de

coñecemento?

Como actividades de desenvolvemento na segunda sesión presentaremos varios

textos onde introduciremos o concepto de “ciencia” tratando de amosar a súa evolución ó

longo da historia, así como a función dos seus métodos. Mediante un comentario-guión

analizaremos tres textos; o primeiro de A. Eddington, “A natureza do mundo físico”

(diferente maneira de entende-la realidade por parte dos científicos) o segundo texto para

introducir as fases do método científico-experimental (Hempel, op,cit) e un terceiro que

destaque problemas de socioloxía da ciencia (Sánchez Ron, J.M. “A ciencia, súa

estrutura, seu futuro.ed. Debate) que remarquen os retos ós que hoxe se enfrontan os

científicos, e trataremos de que os alumnos aprecien a importancia da ciencia na súa vida

Page 9: Epadidactica

cotiá. Para elo ligaremos as ideas fundamentais con temas que estan presentes na

actualidade, (contaminación, capa de ozono, conservación do espazo natural, etc).

Na terceira sesión plantexaremos unha serie de cuestións que faciliten unha boa

comprensión dos contidos:

a) Hai algún punto de partida común entre a filosofía e a ciencia?.

b) De onde xorde a necesidade dun método na ciencia?

c) Definir os seguintes termos: experiencia, símbolo, formal, paradigma, hipótese,

observación...

Estas cuestións irán acompañadas de actividades de aplicación:

Búsqueda de noticias no xornal, e nas revistas (Mundo científico, Investigación

científica e Moi interesante) terán que relaciona-las coas cuestións plantexadas

anteriormente. Poderán utilizar en internet a wikipedia en galego.

Na cuarta sesión proxectaremos o documental de Al Gore “ A verdade incómoda”,

e estableceremos un debate intentando relacionar a ciencia a técnica e a ética aplicada.

Na quinta sesión realizaranse actividades de síntese. Nas que se comprobará se

o alumno asimilou os contidos da unidade didáctica e logrou os obxectivos propostos.

Deberán elaborar un mapa conceptual que englobe e relacione os contidos fundamentais

e intentarán buscar pontes de interdisciplinariedade coas asignaturas de Física (método

hipotético-deductivo), coa Bioloxía (teoría da evolución), etc.

Contémplanse actividades de reforzo e ampliación para aqueles alumnos que

estean por enriba da media e que xa acadaran os obxectivos propostos para as

actividades anteriores.(comentar algún programa de Redes e debatir o seu contido

relacionándoo co explicado) para os que teñen dificultade de aprendizaxe dos contidos ou

que por calquera outra causa non acaden os mínimos esixidos, deberán elaborar unha

Page 10: Epadidactica

actividade de reforzo que consistirá en desenvolver esquemas simples e ordenadores cos

conceptos fundamentais. Traballo cada dous sobre algunha biografía de científicos

ilustres, Galileo, Newton, Einstein, etc

Teremos en conta a diversidade do alumnado, prestándolle especial atención ós

inmigrantes (bastante presentes neste instituto da mariña) que amosen problemas de

aprendizaxe ou de integración cos compañeiros .

Está programada como actividade complementaria a visita á Feira da Ciencia e

Tecnoloxía de Ribadeo. ( Realizaremos un debate tratando de relacionar ciencia e

tecnoloxía en base ó material exposto na feira).

Como actividades ordinarias de aula os alumnos teñen que elaborar un

diccionario con todos aqueles términos e ideas que vaian aparecendo ó longo do curso e

que deben aparecer na súa libreta de actividades.

V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

A avaliación terá que ser continua e formativa. Aplicámola para coñecer se os

alumnos acadaron os obxectivos previstos, é dicir os cambios desexados e esperados ó

retomar o proceso de aprendizaxe. Debe implicar as posibilidades de recuperación dos

alumnos así como subsanar as deficiencias básicas que teñan para consegui-la cohesión

do grupo.

•€€€€€€€€ Avaliación inicial; na actividade inicial de coñecementos previos.

•€€€€€€€€ Avaliación continua e procesual: nos exercicios recollidos ós alumnos

para súa correción; escalas de observación directa (si se realizan as actividades,

se se presta atención).

•€€€€€€€€ Avaliación sumativa: valórase a evolución dos alumnos, tendo en conta

o resultado global das probas e traballos desta unidade e das que completan o

Page 11: Epadidactica

bloque relativo ó coñecemento.

1. Criterios xerais:

Na cualificación do alumno terase en conta:

•€€€€€€€€ Proba obxectiva .Exame escrito (60% da nota). Repartirase nunha proba que consistirá

nunha serie de cuestións sobre os contidos explicados (50%) e nun test de control que constará de

dez items que relacionan a filosofia coa ciencia.(10%).

•€€€€€€€€ Comentario crítico sobre unha noticia vencellada coa ciencia/técnica

(10%)

•€€€€€€€€ Revisión dos cadernos(10%)

•€€€€€€€€ Actitude e interese pola asignatura(20%)

2. Criterios específicos desta unidade

•€€€€€€€€ Comprende-la importancia da ciencia como modo de coñecemento.

•€€€€€€€€ Coñece-las carácterísticas da ciencia e do seu método.

•€€€€€€€€ Defini-los termos fundamentais relacionados co coñecemento científico.

•€€€€€€€€ Cuestionar e resolve-los posibles problemas do diálogo entre ciencia e

filosofia

•€€€€€€€€ Valora-la importancia do rigor metodolóxico na tarefa do pensamento.

3. Criterios cualitativos

•€€€€€€€€ Esíxese unha definición clara e precisa dos conceptos máis salientables

que aparezan na unidade.

•€€€€€€€€ Elaboración dun esquema no que apareza unha vertebración coherente

dos termos máis relevantes..

•€€€€€€€€ Valorarase a proxección dos problemas plantexados en relación co

desenvolvemento da ciencia na actualidade.

Page 12: Epadidactica

4. Criterios formais

Dada a importancia que a expresión escrita ten nun uso axeitado da linguaxe:

ortografía, acentuación, ausencia de erros gramaticais, argumentación, caligrafía, etc

Valoraranse negativamente ata un 15% da puntuación global os erros que a

continuaciòn se expoñen:

•€€€€€€€€ Máis de catro faltas nas probas escritas. (acentuación)

•€€€€€€€€ Uso de letra ilexible, de abreviaturas de calquera símbolo persoal.

•€€€€€€€€ Para todos aqueles alumnos que teñan perdido o dereito a avaliación

continua nesta asignatura non se examinarán dos exames parciais pero accederán

a un exame final que se baseará nos contidos mínimos programados na

asignatura.

•€€€€€€€€ Finalmente, realizarase tamén unha avaliación do proceso ensinanza-

aprendizaxe e da propia labor docente para verificar o traballo desenvolvido e

mellorar súa calidade. (ver ANEXO)

INTERDISCIPLINARIEDADE E TRANSVERSALIDADE

O método científico é aplicable de maneira matizada nas materias de contido

científico; por iso, os alumnos poden observa-lo seu uso nas materias propias do

bacharelato de ciencias da natureza ( Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía) e no

bacharelato de humanidades e ciencias sociais (Economía, Historia).

Na medida en que o diálogo entre as “dúas culturas” (científica e humanística)

propicia o entendemento entre modos distintos de enfoca-lo coñecemento da realidade,

esta unidade garda relación co contido transversal educación moral e cívica.

•€€€€€€€€ Educación para a convivencia,

•€€€€€€€€ Educación para a conservación do medio ambente.

Page 13: Epadidactica