EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

16
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

description

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA. QUE É O EDLG?. É un órgano consultivo e dinamizador do centro para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica do colexio. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

Page 1: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO

DE

DINAMIZACIÓN

DA

LINGUA GALEGA

COLEXIO CALASANZ

(PP. ESCOLAPIOS)

A CORUÑA

Page 2: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

QUE É O EDLG?

• É un órgano consultivo e dinamizador do centro para os eidos lingüístico e cultural.

• Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica do colexio.

• A súa creación está estipulada pola Consellería de Educación en todos os centros galegos para que o alumnado domine a nosa lingua ao mesmo nivel que o castelán.

Page 3: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

QUEN SOMOS?

• Somos un grupo de persoas relacionadas co centro preocupadas pola nosa lingua e interesadas en normalizar o seu uso.

• Dentro deste grupo somos entre 10 e 15 profesores que participamos cada ano co EDLG, dependendo do curso, e cada ano contamos cun bo número de alumnos implicado nas nosas actividades e dispostos a colaborar no seu desenvolvemento.

Page 4: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS?

• Promover actividades que faciliten o noso labor e que fagan extensible a nosa dinamización.

• A nosa función primordial é conseguir que o alumnado poida chegar a ser competente na lingua galega e a usala digna e normalmente.

• Entre as nosas finalidades está lograr unha valoración positiva do uso da lingua e a mellora da competencia lingüística da comunidade educativa.

Page 5: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: O SAMAÍN e O MAGOSTO

Recuperamos estas festas tradicionais para dalas a coñecer entre o alumnado máis novo (Infantil e Primaria) e vivir o outono galego de máis fonda raíz.

Page 6: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: O ENTROIDO

Festexamos e damos a

coñecer toda a

tradición que conleva

esta celebración.

Page 7: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: O CORRELINGUA

Contamos con rapaces maiores para realizar

unha carreira lúdico-educativa a prol do galego.

Page 8: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: AS LETRAS GALEGAS

Cada ano elaboramos unha actividade diferente

para celebrar este día tan importante na nosa lingua.

Page 9: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: O PROGRAMA DE RADIO

• Cada martes lectivo do curso, de 5 a 6 da tarde, podes escoitar o noso programa “A fume de carozo” no 103.4 da FM na comarca da Coruña.

• Tamén podes escoitarnos por Internet na páxina web da emisora CUAC FM (cuacfm.org), na sección “En directo”.

Podes escoitar todos os programas xa emitidos na páxinawww.blogoteca.com/afdcblog

Page 10: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: A REVISTA CROA

Que dicir da revista que non saibades?

Como sempre traballaremos para continuar a mellorar esta

publicación anual tan esperada polo noso público lector.

A revista CROA naceu no curso 1987-88 e sempre se fixo integramente en galego.

Page 11: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: CONCURSO CULTURAL

• Concurso de preguntas sobre cultura galega que se celebra o último venres do mes de maio.

• Orientado a alumnos de Secundaria e Bacharelato.• Preguntas sobre Arte, Comunicación e Espectáculos, Deportes, Historia, Literatura, Música e Xeografía.• Os premios son de tipo cultural, como libros, películas, discos de música e camisetas con lemas.

Page 12: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

DICIONARIO VISUAL

• Cada ano, o EDLG escolle unha letra do abecedario e os alumnos de cada aula do colexio fan un mural sobre unha palabra que comeza por esa letra.

• Comezamos no curso 2010-2011 coa letra A, como podedes ver na foto.

• E o dicionario irá crecendo cada ano.

Page 13: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: PREMIO LITERARIO “FREI MARTÍN SARMIENTO”

• Orixinal certame onde os alumnos non deben escribir, senón que deben ler libros xa publicados en galego e facer de xurado puntuando os 3 libros finalistas da categoría indicada para a súa franxa de idade.

• Certame de ámbito galego que naceu no ano 2003 no noso centro e no que agora xa participan máis de 8.000 alumnos de numerosos colexios relixiosos de Galicia.

• Participan voluntariamente moitos alumnos dende 1º de Primaria ata 2º de Bacharelato, e habitualmente somos o colexio galego con maior número de participantes, sempre por riba dos 600.

• Ao final de curso, asistimos xunto con outros colexios ás celebracións de entrega de premios aos escritores gañadores, evento coñecido como “Festa da Lingua”.

• É unha actividade de animación á lectura de éxito indiscutible.

Page 14: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES: FESTA DA LINGUA

• Celebración de entrega de galardóns aos escritores gañadores nas diferentes categorías do Premio Literario “Frei Martín Sarmiento”.

• Habitualmente celébrase nalgún lugar do centro de Galicia (Santiago, Silleda, etc.) e ese día xúntanse alí milleiros de rapaces de colexios relixiosos de Galicia para honrar e homenaxear aos escritores galegos que máis lles gustan.

Page 15: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

OUTRAS ACTIVIDADES

E ademais de todo o anterior, tamén temos actividades que só puidemos facer nalgunhas ocasións ou que non teñen unha periodicidade tan regular como as anteriores. Poderiamos salientar as seguintes:

• Curso de Curtametraxes: veñen expertos a impartirlles un curso para realizar audiovisuais e curtametraxes para poder participar con máis recursos na certame Rec-Curta, organizada polos colexios relixiosos de Galicia.

• Coñezamos os nomes das nosas rúas: tríptico no que os nosos alumnos de 5º de Primaria nos ilustran sobre os persoeiros que dan nome ás rúas dos nosos barrios máis próximos.

• Folleto con enderezos de Internet: tríptico que informa aos nosos rapaces sobre as páxinas web en galego máis interesantes.

• Contos cooperativos: realizados conxuntamente entre todos os alumnos de varias clases e publicados na revista CROA.

Page 16: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Tes varias formas de contactar connosco ou saber que andamos a facer:

• O noso enderezo electrónico é

[email protected]

• E tamén temos un blog onde informamos das nosas actividades. Está en

http://linguaparaamar.blogspot.com.es

CONTACTO CO EDLG