ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A:...

28
ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO

Transcript of ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A:...

Page 1: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

ESQUELETO HUMANO

1. CRÁNEO

Page 2: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido
Page 3: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

2. COLUMNA VERTEBRAL

Page 4: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL

- escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido lateral.

Sempre é patolóxica. - lordose: curvas con concavidade posterior, que se atopa no tramo cervical - cifose: curvas con concavidade anterior que se atopan únicamente no tramo dorsal

TIPOS DE ESCOLIOSE:

- escoliose funcional: defecto da postura da columna vertebral, anatómicamente íntegra, consecuencia de condicións estáticas alteradas (acortamento dun membro inferior) ou de contracturas musculares antiálxicas (para evitar a dor) - escoliose orgánica: a alteración está primitivamente localizada na columna vertebral, nas suás articulacións ou ligamentos, nos músculos paravertebralis que a sosteñen. Pode ser: - conxénitas (forma irregular dunha vertebra, fusión entre dúas vertebras) - adquirida (idiopática, paralítica, miopática, osteopática despois dunha osteomalacia, espondilitis tuberculosa, fracturas e tumores diversos)

Page 5: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

SINTOMAS: as vértebras aplanan se e deforman se mentras que á curva escoliótica

primitiva engádense a outras de compensación, coa tentativa de manter o eixe de gravidade do tronco. Simultáneamente as vértebras inician un

proceso de rotación e de torsión sobre o eixe lonxitudinal que altera a súa disposición ó longo do raquis. As deformacións mais graves poden diminuir a capacidade respiratoria por compresión dos pulmóns, ou complicarse con lesións da médula espiñal, que se manifestan con parálise e paraplexías. TRATAMENTO: a corrección dunha escoliose é un delicado problema de ortopedia que require segúndos casos, intervencións de varios tipos có fin de deter ou de hacer regresar a deformación patolóxica do caquis

CIFOSE:

Curvatura da espiña vertebral, promovendo o arqueamento das

costas, normalmente na rexión superior.

Causas, incidencia e factores de risco:

Page 6: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

A cifose é o resultado de unha doenza ou problema conxénito. Pode

ocorrer en nenos, adolescentes ou adultos. A cifose do adolescente,

pode ocorrer por desenvolvemento retardado ou alteracións

vertebrales durante períodos de crecemento rápido. Outras causas:

infeción, inflamación, dexeneración de disco, osteoporose das

vértebras,enfermidades endócrinas, artrite, , poliomielite, fracturas

por compresión das vértebras, câncer, tuberculose ou postura

incorrecta.

LORDOSE:

Curvatura da columna vertebral con convexidade anterior. A lordose

é normal (lordose fisiolóxica) na rexión cervical e lumbar. É anormal

cando sitúase noutra parte da columna vertebral ou cando é moi

acentuada, neste caso fálase de hiperlordose.

Page 7: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Causas • Malas posturas

• Fatiga

• Debilidade muscular

• Xestación

• Obesidade

¿Qué e a hernia discal?

Entre a parte anterior e posterior das vértebras fórmase un

conduto, a canle medular, en cuxo interior se sitúa a medula espiñal.

Tamén entre as vértebras se forman uns buratos, chamados de

conxunción, un a cada lado da vértebra, por onde saen as raíces

nerviosas dende a medula.

Entre as vértebras existe unha estrutura, o disco intervertebral,

que ten unha función de amortecemento.

O disco na súa parte central ten un alto contido en auga, que vai

diminuíndo coa idade, o que fai que cos anos perda elasticidade e

capacidade para soportar tensións. Durante os movementos

vertebrais o disco compórtase como un amortiguador.

A partir dos 30 anos prodúcense cambios dexenerativos no disco

que conducen a unha perda de resistencia deste, pode facerse

incompetente e pode desprazarse posteriormente (protrusión discal)

e mesmo romper.

Isto é o que se coñece como hernia de disco e pode producir

síntomas por compresión de raíces nerviosas ou mesmo por

compresión medular, en casos severos.

Page 8: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

As hernias de disco son máis frecuentes a nivel cervical e lumbar, por

ser estes os segmentos con maior mobilidade da columna.

Pode producirse por traumatismo, pero o máis frecuente é que sexa

dexenerativa.

- O síntoma máis característico é a ciática: dor que se vai cara a

glúteo (nádega) e membro inferior, xeralmente máis alá do

xeonllo.

A dor adoita aumentar coa tose, mellorar tombado coas pernas

flexionadas, aumentar coa flexión anterior da columna e coa

sedestación prolongada e o paciente adoita estar mellor

camiñando que a pé quieto.

- Outro síntoma frecuente son as parestesias (sensación de

Page 9: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

formigo).

Poden producirse síntomas por irritación das raíces nerviosas ou

por compresión destas o que produciría un déficit neurolóxico

(perda de forza).

- Se hai unha herniación masiva na liña media pode producirse

compresión da medula espiñal. Isto é pouco frecuente.

Sospéitase ante perda de forza progresiva e afectación de

esfínteres (vesical e anal).

Non sempre que hai dor en membros inferiores

ou parestesias existe unha hernia de disco.

Page 10: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

3. CAIXA TORÁCICA

Page 11: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido
Page 12: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

4. COXA

Page 13: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

DIFERENCIAS DAS COXAS ENTRE AMBOS SEXOS:

Page 14: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

5. EXTREMIDADE SUPERIOR

Page 15: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

5. A. CODO

Osos do carpo (pulso)

Page 16: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

6. EXTREMIDADE INFERIOR

Osos do nocello e pé

Page 17: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

XEONLLO

Page 18: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Osos do nocello (tarso) e pé

Page 19: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

OS ESGUINCES OU ESCORDADURAS

Que é?

Unha escordadura é a lesión dos ligamentos que unen os dous ósos

que forman unha articulación. Se a lesión é tan importante que o

ligamento deixa de poder suxeitar os ósos na súa posición e estes se

separan, diagnostícase unha luxación.

A diferenza entre unha escordadura e unha luxación é que no

primeiro a posición do óso non varía, mentres que na luxación os

ósos se separan e esa separación maior do normal pode observarse

nunha radiografía.

Cómo se produce?

Esencialmente ao forzar o límite máximo de movemento da

articulación. Os mecanismos máis habituais polos que se produce

son:

- Os movementos bruscos e excesivos, nos que se supera a

amplitude de movemento que permite a articulación, de forma que se

distende ou esgaza o ligamento que mantén unidos ambos os dous

ósos.

- Os accidentes, tipicamente de coche, nos que se combinan

movementos extremos con forzas externas.

Nalgunhas articulacións, existen músculos potentes que fixan as

articulacións, contribuíndo ao labor dos ligamentos. Así pois, unha

musculatura potente e ben adestrada protexe aos ligamentos, así se

se esaxera o movemento disténdese antes o ligamento que o

músculo, e a súa contracción reflexa evita que a articulación exceda o

seu límite máximo de movemento.

A maioría das escordaduras prodúcense na columna cervical, pois é a

parte máis móbil da columna vertebral e a que ten unha musculatura

comparativamente menos potente.

Page 20: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Síntomas

Os ligamentos están inervados por fibras nerviosas, de forma que a

súa distensión ou esgazadura produce dor.

Unha escordadura, tipicamente causa dor local na zona, ás veces con

dor referida, con contractura muscular e limitación dolorosa do rango

de movemento. Despois, un mecanismo neurolóxico pode

desencadear la inflamación.

Riscos

As escordaduras en si mesmo adoitan ter bo prognóstico e tenden a

curarse espontaneamente.

A única posibilidade que empeora o prognóstico é que a escordadura,

ao causar dor, inflamación e contractura muscular, desencadee un

episodio de dor de costas comúns que persistan cando a escordadura

xa se cure.

Tratamento

Antigamente prescribíase repouso absoluto e inmobilización total,

mesmo con férulas de xeso, para dar tempo a que o ligamento se

reparase sen volver lesionalo cun novo movemento excesivo. Como

entón tamén se prescribía repouso para a dor de costas comúns, non

formulaba serios problemas a dificultade de diferenciar con precisión

se a dor se debía a unha escordadura ou a unha contractura

muscular.

Non obstante, o repouso absoluto demostrou ser ineficaz e

contraproducente para a dor de costas. Por iso, cando actualmente se

sospeita a existencia dunha escordadura úsanse mecanismos que

impiden forzar o movemento pero non forzan a inmobilidade

absoluta, como colariños cervicais flexibles ou semirríxidos.

Page 21: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

O resto das medidas son comúns coas da dor de costas comúns.

Existen moitos tratamentos e os que demostraron ser eficaces

combínanse nunha pauta progresiva.

Na fase aguda dunha escordadura adoita ser suficiente usar fármacos

ou intervención neurorreflejoterápica se a dor persiste malia os

fármacos durante máis de 14 días.

Como a curación da escordadura leva consigo limitar a mobilidade -

aínda que habitualmente só de forma relativa e non absoluta, e de

xeito transitorio- pode producir perda de forza ou potencia muscular.

Por iso, unha vez curada a escordadura, é conveniente facer exercicio

evitando só aqueles movementos que eventualmente desencadeen ou

incrementen a dor

Page 22: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Que é unha luxación?

Falamos de luxación cando ás lesións de cápsula e ligamentos

(alongamento, ruptura ou desinserción) se engade a separación

permanente das superficies articulares (a diferenza da escordadura,

no que volvían enfrontarse). As luxacións poden ser completas, cando

a separación é total, ou incompletas, parciais ou subluxacións, cando

unha porción das superficies articulares segue en contacto, aínda que

dunha forma patolóxica e anormal.

Como se producen as luxacións?

Distinguimos varios mecanismos:

Por traumatismos: Que actúan directamente separando os

fragmentos, ou indirectamente sobre o óso, o cal á súa vez actúa

como unha panca sobre a articulación, separándoa.

Por tracción muscular: Consecuencia de movementos inadecuados ou

bruscos, violentos e involuntarios (como acontece nas crises

epilépticas e na electrocución).

De forma espontánea: Debido á debilidade articular e ósea

consecuencia de enfermidades debilitantes, como un cancro ou a

tuberculose.

De causa conxénita: Producidas na época fetal ou por alteración

dende o nacemento da elasticidade articular, que é excesiva

(síndrome de hiperlaxitud articular), o que leva consigo luxacións

habituais, que se producen e reducen con facilidade, mesmo polo

propio individuo.

Luxación recidivante: Cando por mala curación persiste a

rupturaligamentosa e a luxación aparece con calquera traumatismo.

Require intervención cirúrxica para a súa definitiva estabilización.

Page 23: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Cómo se manifesta unha luxación e cáles son os seus

síntomas?

Dor: É unha dor moi viva ao producirse a lesión, que calma

posteriormente, e que se acentúa con calquera intento de mobilizar o

membro luxado.

Impotencia funcional: Ao principio existe unha imposibilidade total

de realizar movementos, aínda que logo se permiten movementos

moi limitados.

Deformidade: O membro luxado perde o seu relevo e situación

normais, desprazándose e localizándose noutros sitios. Nas luxacións

atípicas, con esgazadura cápsuloligamentoso, existe tamén un

acurtamento acentuado.

O 10% das luxacións acompáñase de fracturas, co que se engaden

aos síntomas da luxación os propios da fractura.

Cal é o tratamento das luxacións?

En ningún caso se intentará reducilas. Inmobilizaranse con panos,

vendas ou charpas na posición en que se encontren. Xa no hospital, e

preferiblemente tras radiografía da zona para descartar fracturas

asociadas, procederase á redución:

Redución incruenta: Urxente nas luxacións recentes e baixo narcose

se é preciso. Utilízanse maniobras suaves, cuxo obxectivo é relaxar

os grupos musculares contracturados, facendo penetrar a

extremidade luxada pola esgazadura capsular e levándoa ao seu

lugar correcto. Despois colocarase unha vendaxe lixeira, para manter

o membro en repouso e evitar a rixidez. Seguirase con masaxe e

mobilización precoz.

Redución cruenta: Nas luxacións habituais, recidivantes e aquelas

Page 24: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

que non conseguimos reducir coas manobras anteriores. Restitúense

os extremos óseos e sutúrase a cápsula articular.

o

Page 25: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

Que é unha fractura?

Unha fractura consiste na perda de continuidade do óso.

A súa orixe pode ser moi diversa, dende unha fractura causada

por unha enfermidade nos ósos que fai que sexan débiles e

propensos ás fracturas ata unha fractura causada pola

aplicación dunha forza ou presión sobre o óso máis alá do o cal

este pode soportar.

Causas das fracturas:

A parte da orixe da enfermidade nos ósos, as causas que fan

que estes rompan son moi variados.

Algúns exemplos son:

Impacto directo

Caída dende unha altura

Accidentes de coche, moto, etc...

Maltrato

Estrés ou sobrecarga, forzas repetitivas(que provoca unha

fisura delgada no óso).

Tipos de fracturas:

Dependendo do aspecto da fractura externo, imos distinguir

dous tipos:

- fractura pechada: na que o óso está roto pero a pel quedou

intacta.

- fractura aberta: na que o óso está roto e ademais a pel

Page 26: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

quedou lesionada.

Dependendo do aspecto interno do óso ao romper,

distinguimos:

- Fractura Oblicua: fractura en ángulo co eixe

- Conminuta: o óso queda fracturado en moitos fragmentos

máis ou menos pequenos.

- Espiral: a fractura xira arredor do eixe do óso.

- En talo verde: o óso fracturouse de forma incompleta, só se

dobra.

Síntomas das fracturas:

As características dunha fractura son:

- Dor intensa, que ademais aumentará conforme intentemos

mover a zona.

- Deformidade da parte do corpo lesionada.

- Amoratamiento ou arrubiamento da zona afectada.

- Incapacidade de movemento.

- Inchazo.

Page 27: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

TIPOS DE ÓSOS

LARGOS CURTOS

Page 28: ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO HU… · ESQUELETO HUMANO 1. CRÁNEO. 2. COLUMNA VERTEBRAL. 2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL -escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido

PLANOS

IRREGULARES