ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da...

20
ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E PRESTACIÓNS NECESARIOS PARA A “FESTA DO DEPORTE” EDICIÓN 2019 Concellería de Deportes – Concello de Santiago de Compostela ATLANTIC PONTE 2000 S.L.U. R/ San Lázaro, nº36, 15707, Santiago de Compostela

Transcript of ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da...

Page 1: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E

PRESTACIÓNS NECESARIOS PARA A “FESTA DO DEPORTE”

EDICIÓN 2019

Concellería de Deportes – Concello de Santiago de Compostela

ATLANTIC PONTE 2000 S.L.U. R/ San Lázaro, nº36, 15707, Santiago de Compostela

Page 2: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

1

ÍNDICE:

A) ANTECEDENTES

B) DATOS ANALIZADOS

C) CARACTERÍSTICAS DO EVENTO

D) DURACIÓN DO SERVIZO

E) CRONOGRAMA DO SERVIZO

F) MÉTODO DE CÁLCULO DO ORZAMENTO DE LICITACIÓN

G) CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL

H) RESUMO DO ESTUDO ECONÓMICO

ANEXO I: ESTUDO DESAGREGADO

Page 3: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

2

A) ANTECEDENTES:

Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

económico, no que se valoran os custes asociados á contratación dos servizos e prestacións necesarios

para a realización do evento “Festa do Deporte” na súa edición de 2019, para poder así, a partir deses

cálculos fixar o orzamento base de licitación da contratación.

O obxecto desta licitación será o servizo prestación e dotación de infraestrutura, loxística, persoal e

sinalética necesarios para o desenvolvemento do evento deportivo denominado “Festa do Deporte”, que

terá lugar inicialmente os días 29 e 30 de setembro de 2019 na cidade de Santiago de Compostela. Todas

elas están descritas no Prego de Prescricións Técnicas que servirán de base á licitación e posteriormente

ao contrato, e baixo a dirección e control do Departamento Municipal de Deportes.

Este evento xa foi organizado nos anos 2017 e 2018 polo Concello de Santiago de Compostela, polo que

se pode ter acceso ao “knowhow” e á experiencia e información sobre o proxecto que permita a

elaboración deste estudo dun xeito máis preciso.

B) DATOS ANALIZADOS:

✓ Aportados pola Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela:

- Datos de edicións anteriores

- Memoria técnica do proxecto

✓ Estudo económico da edición 2018

✓ Orzamentos solicitados para os servizos precisos

✓ Información de empresas do sector

C) CARACTERÍSTICAS DO EVENTO:

A duración da Festa do Deporte será de 2 días, e celebrarase concretamente os días 29 e 30 de setembro

de 2019. As actividades e intervencións principais da mesma teñen como obxectivos principais a

organización na cidade de un evento deportivo singular, de carácter aberto e eminentemente

Page 4: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

3

participativo, que congregue a maior número posible de entidades locais así como centros educativos de

cara a poñer en valor o mundo do deporte compostelán.

A localización escollida para a celebración do evento será nesta ocasión exclusivamente o entorno do

Parque Público de Galeras e Instalacións deportivas de Santa Isabel.

Os horarios previstos para o evento “Festa do Deporte” é o seguinte:

Domingo 29 de setembro de 2019 dende as 11:00 ata as 14:30 horas.

Luns 30 de setembro de 2019: 10:30 a 14:00 horas

D) DURACIÓN DO SERVIZO:

En canto á duración estimada dos servizos e actuación que deberá levar a cabo o adxudicatario prevese

que abarque dende o día de formalización do contrato, previsiblemente sobre o día 20 de setembro, e

dende o cal se levarán a cabo labores de coordinación, ata o día 2 de outubro no que se finalizará co

transporte e devolución de estruturas ou equipamentos. Esta duración ven definida no cronograma no

que se establece o cómputo de tempo de prestación de servizos do persoal vinculado ao contrato, que

segue a continuación.

E) CRONOGRAMA DO SERVIZO:

DÍA ACTIVIDADE HORARIO

APROX. 20/09 COMEZO DAS LABORES DE COORDINACIÓN E

PLANIFICACIÓN DO EVENTO SEGUNDO NECESIDADE

XOVES 26/09 TRASLADO E ACOPIO DE MATERIAIS. SEGUNDO NECESIDADE

VENRES 27/09 TRASLADO DE MATERIAIS E INICIO DA MONTAXE

PREVIA. XUNTANZAS DE COORDINACIÓN CO PERSOAL. SEGUNDO NECESIDADE

SÁBADO 28/09 TRASLADO DE MATERIAIS E LABORES DE MONTAXE.

XUNTANZAS DE COORDINACIÓN CO PERSOAL. MONTAXE FINALIZADO ANTES

DAS 24:00 H.

DOMINGO 29/09 LABORES DE MONTAXE E DESMONTAXE ADAPTADOS Á

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO EVENTO. SEGUNDO NECESIDADE

LUNS 30/09 LABORES DE MONTAXE E DESMONTAXE ADAPTADOS Á

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO EVENTO. DESMONTAXE FINALIZADA

ANTES DAS 24:00 H.

Page 5: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

4

MARTES 01/10 ACOPIO E/OU DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS E

EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS ESPECÍFICOS ÁS

ENTIDADES SEGUNDO NECESIDADE

MÉRCORES 02/10 DATA LÍMITE DE DEVOLUCIÓN DE TODO O MATERIAL

CEDIDO POLOS PARTICIPANTES. SEGUNDO NECESIDADE

F) MÉTODO DO CÁLCULO DO ORZAMENTO DE LICITACIÓN:

Realízase un estudo pormenorizado dos custes asociados ao proxecto e ás prestacións que o adxudicatario

deberá levar a cabo en relación cos gastos realizados anterior edición organizada polo Concello. Con isto,

sen chegar a ser un estudo por custes unitarios, aínda que si se fai de algunhas partidas, fíxase en outras

o presuposto a tanto alzado.

Igualmente obtéñense prezos unitarios, daquelas partidas que si o permiten, tendo en conta prezos xerais

de mercado e observando deste xeito o establecido no artigo 100 da Ley 9/2017, de 8 de novembro, de

Contratos del Sector Público

Desagrégase o estudo económico en varios subgrupos por tipoloxía de actuación para o cálculo dos custes:

1. Custes de persoal

2. Custes de alugueiro de infraestruturas e loxística

3. Custes de sinalética, comunicación e publicidade

4. Custes de xestión e produción do evento

Os custes de cada subgrupo son cuantificados segundo a súa propia natureza, e como se pode comprobar

sen engadirlle o IVE, que será engadido no resumo final que leva a establecer o orzamento total da

contrata.

En canto aos custes xerais nos que a empresa adxudicataria podería incorrer estímase que ao non ser un

servizo baseado especialmente na man de obra estrutural da empresa nin nas infraestruturas da empresa,

imputándose o alugueiro das mesmas, un porcentaxe do 4 por cento sería xustificable como axeitado.

No capítulo de beneficio industrial impútase un 6 por cento do orzamento.

Page 6: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

5

G) CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL:

CANTIDADE CONCEPTO PARÁMETROS CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN TOTAL

1 Coordinador Dende a data estimada de adxudicación do

contrato 20/09/2019 ata o día 03/10/2019. Media xornada laboral. Sen horas nocturnas.

76

3 Persoal Atención ao Público

Dende 1 hora antes do comezo do evento ata 1 hora despois da finalización do mesmo os días

29/09/2019 e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.

33

6 Persoal Atención Sedes Dende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do

29/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.

45

18 Persoal Atención Sedes Dende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do

30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.

135

1 Locutores/as Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen

horas nocturnas. 7

1 Técnico de Son

Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de son ata 4 horas

despois da finalización do mesmo para a desmontaxe dos mesmos. Xornada laboral normal.

Sen horas nocturnas.

20

3 Persoal de montaxe e loxística Dende o día 26/09/2019 ata o día 02/10/2019.

Xornada laboral diaria con horario irregular. Días 26/27 e 02 (8 horas) 28/29/30/01(10 horas).

192

4 Persoal de montaxe e loxística Dende o día 28/09/2019 ata o día 01/10/2019.

Xornada laboral diaria (10 horas). 160

2 Vixiante Seguridade s/arma

Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata as 10:00 do 29/09/2019, dende as 15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas. Horas

nocturnas non laborables.

60

▪ Coordinador Xeral:

A empresa adxudicataria deberá nomear unha persoa que actuará como interlocutor co Departamento

de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, que realizará funcións de coordinación, e que terá

total dispoñibilidade para o evento, tanto nas xornadas previas de montaxe e coordinación, os propios

días da actividade, coma na xornada posterior de desmontaxe debendo estar localizado en todo

momento.

A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte

cálculo:

Page 7: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

6

Dende a data estimada de adxudicación do contrato 20/09/2019 ata o día 3/10/2019. Media xornada

laboral. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos: 76 horas.

• 20/21/22/23/24/25/26 de setembro e 1 e 2 de outubro (4 horas)

• 27/28/29/30 de setembro (10 horas)

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional II.

Segundo a RESOLUCIÓN de 16 de abril de 2019, de la Secretaría General de Empleo, por la que se dispone

la inscripción en el registro y la publicación, en el Diario Oficial de Galicia, del acuerdo de la comisión

paritaria del Convenio colectivo autonómico de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia,

pola que se actualizan las tablas salariales de los años 2017, 2018 y 2019, publicada no DOG de

13/05/2019, o prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 16,17€/hora.

▪ Persoal Atención ao Público:

Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:

• Recepción dos cidadáns e participantes, a fin de proporcionarlles a orientación e asistencia

que necesiten no momento inicial da súa visita e, en particular, sobre a localización das sedes.

• Orientación e información, proporcionando as aclaracións e axudas prácticas para que os

asistentes que o requiran podan participar e beneficiarse da Festa do Deporte.

• De xestión, en relación cos procedementos específicos nos que incluirá a recepción da

documentación inicial que sexa precisa, así como, determinar as solucións de cuestións que

requiran dunha resposta inmediata.

• De recepción das iniciativas, queixas e/ou suxestións feitas polos cidadáns ou polas propias

entidades colaboradoras co fin de mellorar a calidade do evento.

• De traslado das indicacións e avisos emitidos polos responsables do evento, debendo existir

unha comunicación permanente co coordinador xeral.

• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu

ámbito de competencia.

A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 3 persoas.

Page 8: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

7

A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte

cálculo:

Dende 1 hora antes do comezo do evento ata 1 hora despois da finalización do mesmo os días 29/09/2019

e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos: 33

horas.

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional IV. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o

prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 13,07 €/hora.

▪ Persoal Atención Sedes:

Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:

• De control e supervisión das necesidades de cada unha das sedes en base ao establecido pola

organización.

• De orientación e asistencia aos participantes segundo necesidade.

• De dinamización de espazos de actividades segundo necesidade.

• De información, asesoramento e colaboración cos monitores e/ou adestradores responsables

das sedes de actividade e/ou entidades deportivas responsables.

• De atención as iniciativas, queixas ou suxestións feitas polos cidadáns ou polo propio persoal

técnico de cada sede co fin de mellorar a calidade do evento.

• De apoio nas labores elementais de montaxe e desmontaxe dos elementos propios das sedes

(por exemplo, movemento de colchonetas, recolocación de vallas, reubicación de mesas, etc)

• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu

ámbito de competencia, especialmente todas aquelas que teñan que ver co deseño e

desenvolvemento das actividades deportivas.

Polas características especias que concorren neste posto, as persoas que realicen esta función deberán

dispoñer de titulación académico deportiva (preferentemente formación profesional grado superior).

A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 6 a 18 persoas.

Page 9: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

8

A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte

cálculo:

- 6 persoas dende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do 29/09/2019. Xornada laboral normal.

Sen horas nocturnas.

- 18 persoas dende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do 30/09/2019. Xornada laboral normal.

Sen horas nocturnas.

Horas totais de prestación de servizos: 180 horas.

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional II. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o prezo

por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 16,17 €/hora.

▪ Locutor/a:

Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:

• De dinamización e animación á participación na festa do deporte durante os días propios do

evento.

• Realización de entrevistas a deportistas, participantes, presidentes de clubs colaboradores,

responsables políticos, …,durante os días do evento.

• Locución e dinamización in situ nas diferentes sedes do parque público de Galeras, Praza Roxa

e nas instalación deportivas de Santa Isabel.

• Locución e dirección dos actos de entrega de agasallos, inauguración e clausura da Festa do

Deporte.

• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu

ámbito de competencia.

Polas características singulares que concorren neste posto, a persoa que realice esta función deberán ter

experiencia previa en eventos de natureza semellante.

A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte

cálculo:

Page 10: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

9

Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos:

7 horas.

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional III. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o

prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora.

▪ Técnico de Son:

Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante o horario completo do evento:

• Coordinar o uso e dispoñibilidade en correcto estado de funcionamento dos equipos de son

que se distribuirán ao longo das sedes.

• Estar presente durante os principais actos do evento, garantizando que os equipos, micros,

etc., se atopan nas debidas condicións.

• Dimensionar a acústica de cada equipo as necesidades da actividade.

• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu

ámbito de competencia.

Polas características singulares que concorren neste posto, a persoa que realice esta función deberán ter

experiencia previa e a formación oportuna.

A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte

cálculo:

Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de son ata 4 horas despois

da finalización do mesmo para a desmontaxe dos mesmos. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.

Horas totais de prestación de servizos: 20 horas.

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional III. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o

prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora.

▪ Persoal de montaxe e loxística:

Page 11: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

10

Para o desenvolvemento desta función estímase a necesidade de dispoñer de entre 3 e 7 persoas, que

serán as encargadas do traslado de equipamentos e da montaxe e desmontaxe de toda a infraestrutura

necesaria para o desenvolvemento da Festa do Deporte. Este persoal deberá estar dispoñible segundo o

cronograma que posteriormente se detalla, dende o día 26 ata o 2 de outubro para poder realizar os

traslados, almacenamento de materiais, montaxes necesarios e posterior desmontaxe de todo o

operativo, que se definirán nos días previos en función da programación que finalmente se elabore.

A efectos orientativos, tomando como referencia o ano anterior, está previsto unha media de 40 sedes

de actividade que poderán requirir da montaxe e traslado de diferente material, tanto o específico-

deportivo tipo colchonetas, dianas, vallas de atletismo, obstáculos, tapices de rítmica, canastras de

baloncesto, porterías de fútbol sala, etc., así como, o de carácter xeral e loxístico como vallas e cinta de

separación, conos, elementos identificativos, carpas, bancos, megafonías, sinalética, etc.

Pode ser preciso que parte do material deportivo sexa necesario trasladarse doutras cidades da provincia

dada a súa singularidade e especificidade, labor que deberá ser atendida polo adxudicatario.

CRONOGRAMA DE NECESIDADE DO PERSOAL DE MONTAXE:

DIAS MÍNIMO DE PERSOAS

Dende o 26 de setembro ao 2 de outubro 3 persoas

Dende o 28 setembro ao 1 de outubro (a maiores das anteriores) 4 persoas

A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese

co grupo profesional V. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o

prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora

▪ Persoal de seguridade:

Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante os horarios e días que figuran

determinados máis adiante:

• Vixiar e protexer os bens mobles, equipamentos e inmobles que se instalen no parque de

Galeras.

• Evitar a comisión de infraccións en relación co obxecto da súa protección.

Page 12: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

11

• Realizar roldas periódicas a través dos distintos espazos das instalacións ubicadas no parque

público de galeras, con especial atención naqueles lugares de maior risco.

• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu

ámbito de competencia de protección e vixilancia

A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 2 persoas.

O horario do persoal de vixilancia será como mínimo o seguinte: Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata

as 10:00 do 29/09/2019, dende as 15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas.

Horas nocturnas non laborables. A localización do persoal de seguridade será o Parque público de Galeras.

Para o cálculo do custe de este persoal acudiuse a prezos de mercado de empresas do sector, xa que o

máis probable é que este servizo sexa externalizado polo adxudicatario.

H) RESUMO DO ESTUDO ECONÓMICO:

CUSTES ACUMULADOS

PERSOAL 10.378,15 €

INFRAESTRUCTURA E LOXÍSTICA 14.008,00 €

SINALÉTICA, COMUNICACIÓN E PUBLICIDADE 5.393,46 €

XESTIÓN E PRODUCIÓN 3.650,00 €

SUBTOTAL 1 33.429,61 €

Gastos Xerais (4%) 1.337,18 €

Beneficio Industrial (6%) 2.005,78 €

SUBTOTAL 2 36.772,57 €

IVE 21 % 7.722,24 €

TOTAL ORZAMENTO 44.494,81 €

Page 13: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

12

Este estudo foi elaborado por persoal cualificado de Atlantic Ponte 2000 S.L.U..

En Santiago de Compostela a 10 de xullo de 2019.

Asdo. Xosé Ares González

Page 14: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

13

ANEXO I: ESTUDO DESAGREGADO

Page 15: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

SUBGRUPO 1: GASTOS DE PERSOAL

CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE

CUSTES LABORAIS MOCOR 76 hora Man de obra Coordinador 16,17 € 1.228,92 € 1.228,92 € MOATEN 33 hora Man de obra Atención Público 13,07 € 431,31 € 431,31 € MOATENSED 180 hora Man de obra Atención Sedes 16,17 € 2.910,60 € 2.910,60 € MOLOC 7 hora Man de obra Locutores 14,40 € 100,80 € 100,80 € MOTECSON 20 hora Man de obra Técnico de Son 14,40 € 288,00 € 288,00 € MOMON 352 hora Man de obra Montaxe e Loxística 12,12 € 4.266,24 € 4.266,24 € MOVIX 16 hora Man de obra Vixiante Diurna nonlab 14,10 € 225,60 € 225,60 € MOVIXNNL 44 hora Man de obra Vixiante Nocturna nonlab 16,97 € 746,68 € 746,68 €

CUSTES INDIRECTOSMOUNIF 30 unid Uniforme (Polo/Chaleco) (1 por persoa) 6,00 € 180,00 € 180,00 €

SUBTOTAL 10.378,15 €

Page 16: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

SUBGRUPO 2: ALUGUEIRO DE INFRAESTRUCTURA E LOXÍSTICA

CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO UD SUBTOTAL DÍAS IMPORTE

ALUGUEIRO MATERIAL INFRAESTRUCTURA INFTRUS 1 unid Truss entrada rotulado. Tamaño mínimo 8x3,50m (s/ montaxe) 350,00 € 350,00 € 2 700,00 € INFESC6 1 unid Escenario de medidas mínimas 6,25x6,25x0,70m (s/ montaxe)(Moqueta ignífuga+rampa) 650,00 € 650,00 € 2 1.300,00 € INFMOST 4 unid Mostradores brancos pechados e rotulados 40,00 € 160,00 € 2 320,00 € INFMAST 30 unid Mástiles en forma de T (2m de altura + travesa 80 cm+ sistema fixación chan) 40,00 € 1.200,00 € 1 1.200,00 € INFGELEC50 1 unid Grupo electróxeno insonorizados de a lo menos 50 kva 100,00 € 100,00 € 2 200,00 € INFGELEC5 1 unid Grupo electróxeno insonorizado de a lo menos 5,5 kva 50,00 € 50,00 € 2 100,00 € INFTRANGE 1 unid Transporte Grupos electróxenos 200,00 € 200,00 € 1 200,00 € INFNEV 5 unid Neveiras tipo barra 40,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFCAR 12 unid Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sistema de anclaxe e/ou contrapesos 90,00 € 1.080,00 € 2 2.160,00 € INFCARROT 2 unid Carpas laranxa de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas (SUMINISTRO) 250,00 € 500,00 € 500,00 € INFCARROT 3 unid Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas 90,00 € 270,00 € 2 540,00 € INFCAD 116 unid Cadeiras 2,00 € 232,00 € 2 464,00 € INFMES 37 unid Mesas cun tamaño mínimo de 1,80 x 0,75 x 074 cm 8,50 € 314,50 € 2 629,00 € INFASEOS 3 unid Aseos portátiles (Feminino, masculino e adaptado) 60,00 € 180,00 € 2 360,00 € INFCARGRAN 1 unid Carpa branca de tamaño 10x8 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. s/rotulación inchable 200,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFRAMPACC 2 unid Rampas acceso Galeras 40,00 € 80,00 € 2 160,00 €

ALUGUEIRO MATERIAL SONINFSONCAI 4 unid Caixas de son PA autoamplificadas de 400W (Espazo Información) 50,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFSONMES 1 unid Mesa de mesturas(Espazo Información) 40,00 € 40,00 € 2 80,00 € INFSONUSB 1 unid Reproductor de música con USB (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONMIC 1 unid Micrófono inalámbrico (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONDIA 1 unid Micrófono inalámbrico de diadema (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONCOM 2 unid Combo caixa son/reproductor/micrófono inalámbrico 15" (Tipo IBIZA SOUND) 50,00 € 100,00 € 2 200,00 €

ALUGUEIRO MATERIAL SINALIZACIÓN E BALIZAMENTOINFSINVALD 50 unid Vallas deportivas inclinadas (s/ colocación) 4,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFSINVAL 100 unid Vallas (s/colocación) 2,50 € 250,00 € 2 500,00 € INFSINCON 100 unid Conos diferentes medidas 1,95 € 195,00 € 2 390,00 € INFSINCIN 3500 m Cinta balizar rotulada (SUMINISTRO) 0,05 € 175,00 € 175,00 €

ALUGUEIRO LOXÍSTICA INFLOXFUR 1 unid Furgonetas con condutor con capacidade de carga útil de cómo mínimo 10m3 (c/combustible) 60,00 € 60,00 € 7 420,00 € INFLOXCAM 1 unid Camión con conductor (PMA aprox. 18Tm) (c/ combustible) 400,00 € 400,00 € 3 1.200,00 €

OUTRO MATERIALINFPEQMAT 1 unid Pequeno material de montaxe (cinta americana, bridas, corda…) 100,00 € 150,00 € 1 150,00 € INFEPIS 7 unid Epis Persoal Montaxe (Casco, calzado, guantes, arnés…) 40,00 € 280,00 € 1 280,00 €

14.008,00 € SUBTOTAL

Page 17: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

SUBGRUPO 3: SINALÉTICA, COMUNICACIÓN E PUBLICIDADE

CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE

SUMINISTRO SINALÉTICA E IMAXE

IMPRLON3 3 unid Lona 300x150 cm con ojales según deseño 99,00 € 297,00 € 297,00 €

IMPRLAN 200 unid Lanyard según deseño (c/ mosqueton e funda) 2,00 € 400,00 € 400,00 € IMPRSEL 20 unid Selos redondos de 25 mm de diámetro según deseño 6,00 € 120,00 € 120,00 € IMPRVINT 30 unid Vinilo con traseira gris 25x75 cm 4,00 € 120,00 € 120,00 € IMPRLONMAP 2 unid Lonas mapas 250x250 cm 137,50 € 275,00 € 275,00 € IMPPULS 1800 unid Pulseiras tela según deseño 0,20 € 360,00 € 360,00 € IMPREV 2500 unid Revista informativa (cor/ 180x297 mm/ 4 páxinas) 0,50 € 1.250,00 € 1.250,00 € IMPGLOB 3 unid Globos latex rotulados 1 tinta 1 m diámetro (+ pp helio) 60,82 € 182,46 € 182,46 € IMPPVC4 5 unid Paneis PVC 40x70 cm impresos a cor 40,00 € 200,00 € 200,00 € IMPPANCAR 300 metros Pancarta cubrevalla impresa 2 caras 80 cm altura según deseño (+ Cliche) 1,33 € 399,00 € 399,00 €

ALUGUEIRO ESTRUCTURAS PUBLICITARIASESTPUBMAP 2 unid Estructuras para montar mapas 250x250 cm 100,00 € 200,00 € 200,00 €

COMUNICACIÓN E AUDIVISUALCOMVID 1 unid Cobertura audiovisual do evento (vídeo profesional) 1 cámara e operador 2 días 500,00 € 500,00 € 500,00 € COMREP 1 unid Edición e mestura reportaxe (duración aprox.3 / 4 min.) 500,00 € 500,00 € 500,00 € COMFOT 1 unid Cobertura fotográfica profesional do evento. 1 Fotógrafo 2 días 250,00 € 500,00 € 500,00 € COMSGAE 1 unid Cota SGAE 90,00 € 90,00 € 90,00 €

SUBTOTAL 5.393,46 €

Page 18: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

SUBGRUPO 4: XESTIÓN E PRODUCIÓN EVENTO

CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE

ALM 1 unid Almacenaxe e acopio 300,00 € 300,00 € 300,00 € LOXINTER 1 unid Loxística e transportes dentro do termo municipal 150,00 € 150,00 € 150,00 € SEGRC 1 unid Seguro RC (Prorrateo) 200,00 € 200,00 € 200,00 € SEGACC 1 unid Seguro Accidentes 3.000,00 € 3.000,00 € 3.000,00 €

SUBTOTAL 3.650,00 €

Page 19: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

CANTIDADE CONCEPTO PARÁMETROS CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN TOTAL UD CÓDIGO PARTIDA PREZO/HORA GRUPO CONVENIO

1 CoordinadorDende a data estimada de adxudicación do contrato 20/09/2019 ata o día

03/10/2019. Media xornada laboral. Sen horas nocturnas.76 hora MOCOR Man de obra Coordinador 16,17 € II

3 Persoal Atención ao Público

Dende 1 horas antes do comezo do evento ata 1 horas despois da finalización

do mesmo os días 29/09/2019 e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen

horas nocturnas.

33 hora MOATEN Man de obra Atención Público 13,07 € IV

6 Persoal Atención SedesDende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do 29/09/2019. Xornada laboral

normal. Sen horas nocturnas. 45 hora MOATENSED Man de obra Atención Sedes 16,17 € II

18 Persoal Atención SedesDende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do 30/09/2019. Xornada laboral

normal. Sen horas nocturnas. 135 hora MOATENSED Man de obra Atención Sedes 16,17 € II

1 Locutores/as Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen horas nocturnas. 7 hora MOLOC Man de obra Locutores 14,40 € III

1 Técnico de Son

Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de

son ata 4 horas despois da finalización do mesmo para a desmontaxe dos

mesmos. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.

20 hora MOTECSON Man de obra Técnico de Son 14,40 € III

3 Persoal de montaxe e loxísticaDende o día 26/09/2019 ata o día 02/10/2019. Xornada laboral diaria con

horario irregular. Días 26/27 e 02 (8 horas) 28/29/30/01(10 horas).192 hora MOMON Man de obra Montaxe 12,12 € V

4 Persoal de montaxe e loxísticaDende o día 28/09/2019 ata o día 01/10/2019. Xornada laboral diaria (10

horas).160 hora MOMON Man de obra Montaxe 12,12 € V

2 Vixiante Seguridade s/arma

Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata as 10:00 do 29/09/2019, dende as

15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas. Horas días

non laborables.

16 hora MOVIX Man de obra Vixiante Diurna nonlab 15,67 €

44 hora MOVIXNNL Man de obra Vixiante Nocturna nonlab 16,97 €

29/09/2019 11:00 a 14:30

30/09/2019 10:30 a 14:00

HORARIO DO EVENTO:

CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL

Page 20: ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E ...€¦ · 2 A) ANTECEDENTES: Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo

MOCOR Man de obra Coordinador

MOATEN Man de obra Atención Público

MOATENSED Man de obra Atención Sedes

MOLOC Man de obra Locutores

MOTECSON Man de obra Técnico de Son

MOMON Man de obra Montaxe e Loxística

MOVIX Man de obra Vixiante Diurna

MOVIXN Man de obra Vixiante Nocturna

MOVIXNNL Man de obra Vixiante Nocturna nonlab

MOUNIF Uniforme (Polo/Chaleco) (1 por persoa)

INFTRUS Truss entrada rotulado. Tamaño mínimo 8x3,50m (s/ montaxe)

INFESC6 Escenario de medidas mínimas 6,25x6,25x0,70m (s/ montaxe)(Moqueta ignífuga+rampa)

INFMOST Mostradores brancos pechados e rotulados

INFMAST Mástiles en forma de T (2m de altura + travesa 80 cm+ sistema fixación chan)

INFGELEC50 Grupo electróxeno insonorizados de a lo menos 50 kva

INFGELEC5 Grupo electróxeno insonorizado de a lo menos 5,5 kva

INFTRANGE Transporte Grupos electróxenos

INFNEV Neveiras tipo barra

INFCAR Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sistema de anclaxe e/ou contrapesos

INFCARROT Carpas laranxa de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas (SUMINISTRO)

INFCARROT Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas

INFCAD Cadeiras

INFMES Mesas cun tamaño mínimo de 1,80 x 0,75 x 074 cm

INFASEOS Aseos portátiles (Feminino, masculino e adaptado)

INFCARGRAN Carpa branca de tamaño 10x8 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. s/rotulación inchable

INFSONCAI Caixas de son PA autoamplificadas de 400W (Espazo Información)

INFSONMES Mesa de mesturas(Espazo Información)

INFSONUSB Reproductor de música con USB (Espazo Información)

INFSONMIC Micrófono inalámbrico (Espazo Información)

INFSONDIA Micrófono inalámbrico de diadema (Espazo Información)

INFSONCOM Combo caixa son/reproductor/micrófono inalámbrico 15" (Tipo IBIZA SOUND)

INFSINVALD Vallas deportivas inclinadas (s/ colocación)

INFSINVAL Vallas (s/colocación)

INFSINCON Conos diferentes medidas

INFSINCIN Cinta balizar rotulada (SUMINISTRO)

INFLOXFUR Furgonetas con condutor con capacidade de carga útil de cómo mínimo 10m3 (c/combustible)

INFLOXCAM Camión con conductor (PMA aprox. 18Tm) (c/ combustible)

INFPEQMAT Pequeno material de montaxe (cinta americana, bridas, corda…)

INFEPIS Epis Persoal Montaxe (Casco, calzado, guantes, arnés…)

IMPRLON3 Lona 300x150 cm con ojales según deseño

IMPRLAN Lanyard según deseño (c/ mosqueton e funda)

IMPRSEL Selos redondos de 25 mm de diámetro según deseño

IMPRVINT Vinilo con traseira gris 25x75 cm

IMPRLONMAP Lonas mapas 250x250 cm

IMPPULS Pulseiras tela según deseño

IMPREV Revista informativa (180x297 mm e 4 páxinas)

IMPGLOB Globos latex rotulados 1 tinta 1 m diámetro (+ pp helio)

IMPPVC4 Paneis PVC 40x70 cm impresos a cor

IMPPANCAR Pancarta cubrevalla impresa 2 caras 80 cm altura según deseño (+ Cliche)

ESTPUBMAP Estructuras para montar mapas 250x250 cm

COMVID Cobertura audiovisual do evento (vídeo profesional) 1 cámara e operador 2 días

COMREP Edición e mestura reportaxe (duración aprox.3 / 4 min.)

COMFOT Cobertura fotográfica profesional do evento. 1 Fotógrafo 2 días

COMSGAE Cota SGAE

ALM Almacenaxe e acopio

LOXINTER Loxística e transportes dentro do termo municipal

SEGRC Seguro RC (Prorrateo)

SEGACC Seguro Accidentes

LISTAXE PARTIDAS