EVITAR O PLAXIO. - USC
Transcript of EVITAR O PLAXIO. - USC
EVITAR O PLAXIO. ESTILO APA 7ª ED.
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC)
Formación en Competencias en Información
APA 7ª EDICIÓN - Introdución
As normas APA (American Psychological Association) son as máis empregadas na área das CC.
Sociais e das Humanidades.
A lectura detida deste documento permitirá que acades uns coñecementos mínimos para
evitar oplaxio, aprendendo a citar, redactar e organizar as referencias bibliográficas dos teus
traballos académicos empregando este estilo.
APA ten como mandado fundamental que todos os documentos que se empreguen nun traballo
deben ser citados no texto, e que por cada cita haxa una referencia na bibliografía final.
Emprega un método de cita breve (Autor, data) que permite ao lector identificar un
documento orixinal e localizalo nas referencias bibliográficas ao final do traballo.
O PLAXIO
QUE É PLAXIAR?
Un traballo de investigación debe ser unha creación
persoal que reflicta as ideas e opinións propias do autor.
Polo tanto, debe estar redactado coas súas propias
palabras.
Mais, para reforzar a nosa investigación cómpre coller ideas
e contidos de documentos (libros, artigos, recursos de
Internet) doutros autores. Nestes casos debemos citar
sempre a eses autores, e facer a referencia completa á
fonte da que tomamos esa cita xa que, do contrario,
atentariamos contra a Lei da Propiedade Intelectual1 e
cometeriamos PLAXIO, tipificado como delito na LPI.
Debemos ter claro que o dereito de autor NON protexe as ideas nin os simples feitos, senón a
forma de expresión desas ideas/feitos.
Isto significa que pode haber moitas obras sobre a mesma idea (por exemplo, un romance
entre dúas persoas de distinta clase social) e todas estarán protexidas polo dereito de autor
mentres expresen esa idea dun xeito orixinal (seguindo co exemplo, as obras “Romeo e
Julieta” ou “Titanic” levan de fondo ese argumento, mais son obras diferentes, expresadas
de xeito distinto, cada unha no seu formato, etc.
Para incluír grandes fragmentos da obra, así como para incluír, adaptar ou
reproducir táboas e figuras orixinais, é necesario obter o permiso do
propietario dos dereitos de autor (copyright, ©) do material.
Todo o que está suxeito a dereitos de autor permite incluír fragmentos
sempre que estea correctamente citado, pero está prohibido todo tipo de
reprodución e reutilización da obra completa sen permiso.
Algúns propietarios ceden certos dereitos patrimoniais (reprodución,
distribución ...) a través de licencias copyleft, mais o dereito de
recoñecemento da autoría é irrenunciable, o que implica o deber de citar
sempre e en todo caso.
Cómpre recordar, ademais, que no caso de fotografías onde aparecen persoas
é preciso contar cunha autorización de dereitos de imaxe, especialmente se
se trata de menores de idade.
AS CITAS
QUE É CITAR? CANDO HAI QUE FACELO?
Citar é recoñecer a autoría dos documentos que se utilizaron para a elaboración dun traballo, sexa cal fora o seu soporte, evitando facer pasar por nosas aquelas ideas que non o son.
Nun traballo de investigación deben estar perfectamente
identificadas as ideas do autor e as ideas doutros autores.
Cando se empregan as palabras ou ideas doutra persoa sen mencionala,
cométese un tipo de roubo denominado PLAXIO e aténtase contra os
dereitos de autor.
Débese citar sempre:
• Cando se copian frases literalmente.
• Cando se utilizan ideas recollidas de textos doutros autores, aínda que se
reproduzan con outras palabras.
• Os documentos que conteñan datos estatísticos, discursos, etc.
Non é necesario citar:
• Os feitos e datos xeralmente coñecidos e que poden atoparse en calquera
enciclopedia (por exemplo, a data dun feito histórico, a extensión ou a
poboación dun país, etc).
CITAS, REFERENCIAS E BIBLIOGRAFÍA
CITA: mención abreviada a unha contribución dentro do texto. Sempre ten que
corresponderse cunha referencia bibliográfica completa ao final do documento.
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA: conxunto mínimo de datos (autor, título,
publicación...) que permite a identificación dun documento (libro, artigo,
revista...) ou dunha parte do mesmo (capítulo, relatorio...)
REFERENCIAS OU LISTAXE FINAL DE REFERENCIAS: Relación ordenada de todas
as referencias bibliográficas das fontes que foron citadas no texto
BIBLIOGRAFÍA: Listaxe final que inclúe todas as referencias bibliográficas das
fontes que foron consultadas para a elaboración do texto, foran citadas no
mesmo ou non
GUÍAS DE ESTILOS
Para citar e redactar as referencias en traballos académicos e de investigación existen moitos manuais de estilo que establecen certas normas de uso, coa finalidade de uniformar as citas, referencias e bibliografía, de xeito que sexa mais doado para o lector identificar e localizar as fontes utilizadas
Dependendo da disciplina ou área de coñecemento utilízase un ou outro. O recomendado é empregar o estilo apropiado para a túa disciplina.
As normas e estilos máis utilizados son:
a norma ISO 690:2010 (multidisciplinar)
as normas APA (Ciencias Sociais e Humanidades)
a guía de estilo MLA (Humanidades, Lingua e Literatura)
o estilo Vancouver (Ciencias da Saúde)
a guía de estilo Chicago (Humanidades, Historia, Arte,
Literatura, Ciencias Sociais)
o estilo Harvard (Física, Ciencias Naturais e Sociais)
a guía CSE (Bioloxía e Ciencias da Natureza)
A NORMA APA. 7ª ED.
As políticas da APA permiten o uso, con algunhas excepcións, dun máximo de 3 figuras
ou táboas dun artigo ou capítulo, dun texto simple de ata 400 palabras ou varios
fragmentos que sumen un máximo de 800 palabras sen ter que solicitar permiso formal
do autor.
Para o que exceda destes límites débese solicitar este permiso, ben directamente ao
propietario dos dereitos, ben a través das entidades de xestión.
Todos os documentos que utilices no traballo deben ser citados no texto. Isto implica
que cada cita intercalada no texto ten que ter a súa correspondente referencia na
listaxe final.
Utilízase un método de cita breve (autor, data) que permite ao lector identificar o
documento orixinal e localizalo na listaxe de referencias que se coloca ao final do
traballo, (sempre nunha nova páxina, pero continuando coa numeración correlativa das
páxinas do artigo, traballo, tese ...)
APA 7ª EDICIÓN – Pautas xerais
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do textoC
ITA
Tipo de cita
Directa outextual
Indirecta ouparáfrase
Estilo de cita
Entre paréntese(Autor, data)
Cita narrativa
Número de autores
Un ou dousautores
Tres ou máisautores
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do texto
TIPO
DE CITA
CITA REDACCIÓN EXEMPLOS
CIT
A D
IRECTA O
U T
EXTU
AL (
Repro
duce
as
pala
bra
s exacta
s da f
onte
de info
rmació
n)
Citas curtas (ata 39
palabras do texto
citado)
Engádese o fragmento do texto citado
entre comiñas e engádese a cita
(autor, ano e páxinas)
“Las competencias no pueden entenderse como algo
que se tiene o no se tiene, no representan estados o
logros determinados, sino estados en proceso de
evolución” (Gimeno Sacristán, 2009, p. 29)
Cita longa (40
palabras ou máis)
Omitimos as comiñas para transcribilo
en parágrafo á parte. O primeiro
páragrafo irá sen sangría, e os
seguintes con sangría de 1,4 cm. Logo
se engade a cita (autor, ano e páxinas)
O feito de seren realidades heteroxéneas, relativamente
recentes e en continua evolución, poderían considerarse
factores negativos.
A paixón no ensino é política, precisamente
porque é persoal. Se o ensino como traballo está
a desprofesionalizarse progresivamente, como se
pode ver nas intencións actuais das políticas
educativas de todo o mundo, é precisamente
porque – de modo paralelo – estase a
despersonalizar. (Nias, 1996, pp.305-306)
Sen embargo, neste traballo apóstase por unha lectura en
clave de oportunidades, entendéndoa coma unha resposta
á necesidade de visibilizar estas estratexias.
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do texto
TIPO
DE CITA
DEFINICIÓN EXEMPLOS
CIT
A IN
DIR
ECTA O
U P
ARÁFRASE
É un resumo breve ou parafraseado (usando palabras diferentes ás
empregadas polo autor). Ao parafrasear aconséllase (non é obrigatorio)
especificar a parte da páxina para que o lector poida localizar a
información da fonte. Inclúense como parte do propio texto, sen facer
distincións de comiñas ou saltos de liña.
Un estudo do tempo de reacción
(Rogers, 1994) indica que se reduce
considerablemente...
LEMBRA:
• En toda cita directa hai que reproducir textualmente o que di o material citado, isto é: ortografía e
puntuación.
• Cada cita no texto ten que aparecer na listaxe de referencias bibliográficas ao final do traballo.
• Aínda que expliques as ideas doutro autor coas túas propias palabras tes que citalo.
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do textoEST
ILO
DE C
ITA
DEFINICIÓN EXEMPLO
ENTRE PARÉNTESE
• Escóllese este estilo cando se desexa poner énfase nunha frase ou teoría específica
na que o autor ten un papel secundario.
• O autor e a data van entre paréntese e separados por unha coma e poden aparecer
no medio do texto ou ao final.
Falsely balanced news coverage
can distort the public’s
perception of expert consensus
on an issue (Koehler, 2016).
CITA NARRATIVA
• Escóllese cando se quere resaltar ou citar o pensamento ou a posición específica
dalguén sobre un tema en concreto.
• O apelido do autor aparece no texto e a data aparece entre paréntese
inmediatamente despois do apelido do autor.
Koehler (2016) noted the
dangers of falsely balanced
news coverage.
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do textoA
UTO
RES
DEFINICIÓN EXEMPLO
OBRA SEN AUTOR IDENTIFICADO /ANÓNIMA
• Cando a obra non ten autor identificado, citaremos dentro do texto as
primeiras palabras da “referencia bibliográfica” correspondente
(normalmente o título), seguidas do ano.
• Cando se sabe que a obra é anónima, a cita seguirá o formato (Anónimo,
data de publicación)
• Tal como se recolle no libro College
Bound Senior (2008) ...
• Esta idea xa foi exposta no “Lazarillo de
Tormes” (Anónimo, 1554)
AUTOR GRUPAL/ORGANISMO/ENTIDADE
• Cando citamos un traballo elaborado por un organismo ou entidade (autor
grupal), indicaremos o nome da mesma tal e como aparece na fonte,
mais na cita desenvolveremos o nome completo, cando menos á primeira
vez. Nas seguintes citas incluíremos o nome abreviado, sempre que sexa
suficientemente coñecido ou facilmente entendible.
• A ONU considera que o descoñecemento
dos dereitos humanos orixina actos de
barbarie para a conciencia de la
humanidade (Organización de Nacións
Unidas [ONU], 2004).
• Así, a ONU (2004) declarou que estas e
outras razóns foron as que a levaron a
redactar o informe.
APA 7ª EDICIÓN – Citar dentro do textoN
ÚM
ER
O D
E A
UTO
RES
DEFINICIÓN EXEMPLO
UN OU DOUS AUTORES
• Cando un documento ten un ou dous autores, hai que citar ambos nomes cada vez que
apareza a referencia no texto.
• Sepáranse entre eles pola conxunción & ou e.
• Para publicacións en inglés debe empregarse &.
• DOUS AUTORES en cita entre paréntese: (Vidal
e Fernández, 2015)
• DOUS AUTORES en cita narrativa: Vidal e
Fernández (2015)
TRES OU MÁIS AUTORES
• Cando son tres ou máis autores, cítase ao primeiro autor, seguido da expresión et al.
• Se co primeiro autor non podemos identificar claramente unha obra porque, por
exemplo, temos dúas referencias ou máis que comezan por un mesmo autor,
engadiremos os seguintes autores ata que poidamos diferencialas.
• (Wisdom et al., 2007) : obra escrita por A.
Wisdom, J. Parker e S. Lee no 2007.
• (Wisdom, Anderson et al., 2007) : obra escrita
por A. Wisdom, B. Anderson e I. Duncan no
2007.
DÚAS OU MÁIS CITAS NA MESMA PARÉNTESE
• Os autores ordenaranse alfabeticamente dentro da mesma paréntese.
• As citas bibliográficas deberán ir separadas entre si por punto e coma.
• En distintos estudios (Gómez-Juncal, et al.,
2008; 2010; 2011) encontramos idéntico
resultado.
• > Moitos estudios (Bennet, Foreman-Peck y
Higgins, 1996; Hernández, 2005; Sayer y Studd,
2006), indican o contrario.
• > Isto conclúe Costas en varios dos seus
traballos (2008, 2009a, 2009b).
APA 7ª EDICIÓN – Táboa resumo de citas
TIPO DE AUTOR CITA ENTRE PARÉNTESE CITA NARRATIVA
Un autor (Luna, 2020) Luna (2020)
Dous autores (Salas & D’Agostino, 2020) Salas & D’Agostino (2020)
Tres ou máis autores (Martin et al., 2020) Martin et al. (2020)
Autor grupal – 1ª cita (National Institute of Mental
Health [NIMH], 2020)
National Institute of Mental
Health (NIMH, 2020)
Autor grupal - citas
subseguintes
(NIMH, 2020) NIMH (2020)
Autor grupal sen abreviatura (Stanford University, 2020) Stanford University (2020)
APA 7ª EDICIÓN – Cando cites ten en conta…
• Cando temos obras de autores diferentes, pero cos mesmos apelidos, debemos identificar ao autor
engadindo a inicial do nome.
• Cando o autor dun traballo é unha institución, cítase o nome completo da institución. Só cando a
abreviatura sexa moi coñecida ou o nome da institución moi extenso utilizarémola a partires da
segunda cita.
• FONTES SECUNDARIAS: en ocasións é necesario citar a un autor que vimos referenciado nunha das
nosas fontes (cita dentro doutra cita), para facer isto cómpre:
✓ Mencionar no texto o título da fonte orixinal.
✓ Empregar a expresión como se citou dentro da paréntese, seguida dos apelidos do autor e da
data da fonte secundaria.
✓ Incluir só a referencia da fonte secundaria; por exemplo: (como se citou en Bruck, 2016)
✓ O manual de APA recomenda non abusar deste tipo de citas e intentar acadar sempre a fonte
orixinal, citándoa de maneira directa.
• Existen múltiples casuísticas, polo que se se precisa máis información ou verificar a que xa se ten, o
correcto é acudir á fonte orixinal das Normas APA, que achega múltiples exemplos de utilidade.
La capacidad de innovación varía de unosterritorios a otros, como han destacadoalgunos autores (Acosta y Coronado, 1999,p.62, citado por Baumert & Heijs, 2002).
E na bibliografía:Baumert, T. y Heijs, J. (2002). Losdeterminantes de la capacidad innovadoraregional. (Documento de trabajo nº 33)Recuperado del sitio de Internet deUniversidad Complutense, Instituto deAnálisis Industrial y Financiero:http://www.ucm.es/BUCM/cee/iaif
AS REFERENCIAS
BIBLIOGRÁFICASAPA 7º EDICIÓN
APA 7ª EDICIÓN – Diferenza entre LISTAXE DE REFERENCIAS
e BIBLIOGRAFÍA
A LISTAXE DE REFERENCIAS recolle ordenadamente os documentos que se
empregaron para facer un traballo académico e que se citan textualmente no
mesmo.
A BIBLIOGRAFÍA inclúe outras fontes de información que se consultaron para o
traballo (dicionarios, enciclopedias, apuntamentos, etc.) pero que non forman
parte do seu contido, pois non se citaron nin directa, nin indirectamente.
APA recomenda facer listaxe de referencias e non bibliografía, o que significa
que cada cita no texto deberá ter a correspondente referencia bibliográfica na
listaxe final, e por cada referencia haberá, polo menos, unha cita no texto.
APA 7ª EDICIÓN – Redacción da listaxe de referencias
Ordenación alfabética, tendo en conta os apelidos dos autores.
As obras dun mesmo autor ordenaranse por apelido e data de publicación. No caso de que a data se
repita, o terceiro elemento a ter en conta na orde alfabética será o título da obra. Nestes casos é
necesario engadir unha letra á data para identificar a fonte na cita do texto; por exemplo: (Luna,
2020b), (Luna, 2020c)
Número de autores:
Ata 20 autores: hai que engadir os 20 na redacción da referencia, separándoos por comas, agás
o derradeiro, que irá precedido de & ou e.
Se temos 21 autores ou máis: anotaranse os 19 primeiros, seguidos de puntos suspensivos e o
último autor; neste caso non hai que usar & ou e.
Cada elemento da referencia está separado do anterior por signos concretos. Segundo sexa dun tipo
ou outro de referencia, os signos poden variar. Tamén hai determinados elementos que deben ir en
cursiva.
APA 7ª EDICIÓN - EXEMPLOS
DOCUMENTOS IMPRESOS
TIPO DE DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS
Libro
Impreso: Apelido/s do/s autor/es, Iniciais do
nome. (Ano de publicación). Título do libro:
Subtítulo (cursiva). Editorial.
Electrónico: Apelido/s dos autor/es, iniciais
do nome. (Ano de publicación). Título do
libro: subtítulo (cursiva). Editorial.
http://URL
Sharrock, W. W. & Read, R. J. (2002). Kuhn:
Philosopher of scientific revolution. Polity
Cobo, C. y Moravec, J. W. (2011). Aprendizaje
invisible: hacia una nueva ecología de la
educación. Universitat de Barcelona. http://
www.aprendizajeinvisible.com/download/Apre
ndizajeInvisible.pdf
Capítulo de libro ou
contribución a congreso
Impreso: Apelidos, Inicial do Autor/s do
capítulo (ano de publicación). Título do
capítulo. En Editor/es do libro. Título do libro
(cursiva) (pp. xx-xxx). Editorial.
Electrónico: Apelidos, Inicial do Autor/s (ano
de publicación). Título da comunicación. En
Editor/es. Título do libro de actas
(cursiva) (pp. xx-xxx). Editorial. http://
URL
Martín Riego, M. (2014). La formación del clero
sevillano. En M. Ruiz Sánchez (Ed.), La Iglesia
en Andalucía durante la Guerra Civil y el
primer Franquismo (pp. 231-253). Universidad
de Sevilla, Secretariado de Publicaciones.
Artigo revista impresa
Apelido/s, Iniciais do nome., Autor, B.
(Ano de publicación). Título do artigo:
subtítulo do artigo. Título da revista:
Subtítulo da revista (cursiva), Volume
(cursiva) (Número), páxina inicial-páxina
final.
Bravo, E., Barco, R. y Bullón, A. (2010).
Anatomic study of the abductor pollicis longus:
A source for grafting material of the hand.
Clinical Orthopaedics and Related Research,
468(5), 1305-1309.
APA 7ª EDICIÓN - EXEMPLOS
DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS
TIPO DE
DOCUMENTO
MODELO EXEMPLOS
Documento
procedente de
páxina web
Apelido/s, A. (Ano). Título do documento
(cursiva). Nome do sitio Web. http://URL
Notas:
• o autor pode ser un grupo (empresa,
institución, etc.).
• cando o recurso pode sofrer
modificacións recoméndase o usode
Recuperado o data de consulta
precedendo á URL.
Sharrock, W. W. & Read, R. J. (2002). Kuhn: Philosopher of
scientific revolution. Polity
Cobo, C. y Moravec, J. W. (2011). Aprendizaje invisible: hacia
una nueva ecología de la educación. Universitat de Barcelona.
http://
www.aprendizajeinvisible.com/download/AprendizajeInvisible
Artigo de revista
electrónica
Apelido/s, Iniciais do nome., Autor, B. (Ano
de publicación). Título do artigo: subtítulo
do artigo. Título da revista: Subtítulo da
revista (cursiva), Volume (cursiva)
(Número), páxina inicial- páxina final.
http://URL
Lavega Burgués, P., Costes i Rodríguez, A. y Prat Ambrós, Q.
(2015). Educar competencias emocionales en futuros profesores
de Educación Física. Revista interuniversitaria de formación del
profesorado, 83, 61-73.
http://aufop.com/aufop/uploaded_files/revistas/14442277571.p
df#page=61
Dueñas Cid, D., Pontón Merino, P., Belzunegui Eraso, A. G. y
Pastor Gosalbez, M. I. (2016). Expresiones discriminatorias,
jóvenes y redes sociales: la influencia del género. Revista
Comunicar, 46, 67-76. http://
dx.doi.org/10.3916/C46
APA 7ª EDICIÓN - EXEMPLOS
DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS
DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS
Artigo de xornal
Apelido/s, A. (Día de mes de Ano). Título do
artigo: subtítulo do artigo. Título do xornal
(cursiva). http://URL
Carreño, L. (9 de febrero de 2020). La disputa gremial por los
aranceles a las prendas de vestir. El Espectador.
https://www.elespectador.com/economia/la-disputa-gremial-
por-los-aranceles-las-prendas-de-vestir-articulo-903768
Teses de
doutoramento e
mestrado
Apellido, N. (año). Título da tese [Tese de
doutoramento non publicada]. Nome da
Institución Académica.
Apellido, N. (año). Título da tese [Tese de
mestrado, Nome da institución que otorgou o
título]. Nome da base de datos.
Varga Pérez, J. A. (2018) Detección y prevención de virus
respiratorios aplicado a plásticos burbujas [Tesis de doctorado
no publicada]. Universidad Católica.
Sáenz Jiménez, F. A. (2017). Factores ambientales y antrópicos
que determinan la presencia y distribución del Cóndor Andino
[Tesis de Maestría, Pontificia Universidad Javeriana]. Repositorio
Institucional – Pontificia Universidad Javeriana.
Leis e documentos
legais
As Normas APA non inclúen pautas específicas
para citar e facer referencia a leis, tratados
ou decisións xudiciais. Isto débese a que os
exemplos de referencias legais de APA
proveñen de The Bluebook: A Uniform System
of Citation
Número e ano da lei. Asunto. Data de
promulgación. Número no Diario Oficial.
Número y año del decreto / ordenanza /
acuerdo / resolución [Ente que lo promulgó].
Asunto. Fecha de promulgación del acto.
Ley 1060 de 2006. Por la cual se modifican las normas que
regulan la impugnación de la paternidad y la maternidad. 26 de
julio de 2006. D.O. No. 46341.
Resolución 6577 de 2008 [Ministerio de Educación Nacional]. Por
la cual se establecen los parámetros y procedimientos para la
fijación de la tarifa de matrícula. 29 de septiembre de 2008.
APA 7ª EDICIÓN - EXEMPLOS
DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS
DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS
Entrada nun
diccionario
Cita
(Título do dicionario, Ano, definición nº)
Referencia
Autor. (Ano). Título (Nº edición).
En liña
Autor. (s.f.). Entrada. En Título. Recuperado o Día
de mes de Ano, de https://URL
Cita
(Real Academia Galega, 2014, definición 3)
Referencia
Real Academia Galega. (2014). Diccionario da lingua galega (23a ed.)
En liña
Real Academia Española. (s.f.). Cultura. En Diccionario de la lengua
española. Recuperado el 10 de febrero de 2019, de
https://dle.rae.es/cultura?m=form
Olimpíada de ajedrez de 1939. (23 de septiembre de 2019). En Wikipedia.
https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=119643209
Video de YoutubeNome do autor. [Nome de usuario en Youtube]
(data). Título do vídeo [Vídeo]. Youtube.
http://youtube.com/url-do-vídeo
Canal REDMÁS. (19 de septiembre de 2017). Antanas Mockus en
Confesiones [Archivo de Vídeo]. Youtube. https://youtu.be/de_4nTCHtJs
Entrada en redes
sociais (Twitter,
Facebook, Instagram…)
Nome da persoa ou grupo [@usuario]. (Día mes e
ano). Contido da entrada en cursiva limitado ao
primeiras vinte palabras incluíndo hashtags
[Descrición audiovisual]. Nome da Rede Social.
https:// direccion.onde/atopar-a-entrada
Obama, B. [@BarackObama]. (12 de enero de 2016). Real oportunity
requires every American to get the education and training they need to
land a good-paying job [Tweet]. Twitter.
https://twitter.com/barackobama/status/687098814243549185
Museo del Oro [@museodeloro]. (5 de mayo de 2020). Mientras que las
puertas del @MuseoDelOro estén cerradas, sus objetos seguirán hablando
y no pararan de contarnos sobre nuestro pasado [Fotografia]. Instagram.
https://www.instagram.com/p/B_0cxAJp33L/
Outros exemplos en: https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
APA 7ª EDICIÓN - Conclusións
Estas pautas son mínimas e básicas.
Manexarás documentos que non se axustan aos modelos expostos, que podes
explorar consultando, por exemplo, o blog que a APA mantén para este fin:
https://apastyle.apa.org/blog. Nel atoparás todos os tipos de materiais, e
unha sección de preguntas frecuentes lanzadas por outros usuarios.
Tamén podes acceder á edición completa das normas APA (dispoñible na
BUSC), que te guiará na redacción da referencia de calquera tipo de
documento.
Vai redactando as referencias a medida que incorpores as citas no texto do
traballo, resultará moito máis doado que deixalo para o final.
APA 7ª EDICIÓN – INFORMACIÓN DE REFERENCIA
Biblioteca Ciencias de la Educación Universidad de Sevilla. (2020). Evitar el
plagio: APA para citas y referencias: actualizado a APA 7. Recuperado o 8 de xullo
de 2020, de https://guiasbus.us.es/ld.php?content_id=20512221
Biblioteca de la Universidad de Sevilla. (2020). Bibliografía y citas: APA 7ª.
Recuperado o 8 de xullo de 2020, de
https://guiasbus.us.es/bibliografiaycitas/apa7
American Psychological Association. (2020). Publication manual of the American
Psychological Association (7th ed.). https://doi.org/10.1037/0000165-000
Grazas pola vosa atención