Exercicios ar 1º bach economía

3
EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME Economía “No século XVIII as grandes crises de subsistencias desapareceron de Europa en favor dunha penuria globalmente tolerada. Iso, como vimos ademais doutros factores, permitiu o crecemento da poboación. Porén os cambios na agricultura, agás talvez Inglaterra, Países Baixos e algunhas zonas francesas, non foron significativos: as técnicas de produción de cereais seguían sendo as mesmas e os rendementos, en xeral, non subiron excesivamente e todo se fiaba, de novo, a novas roturacións que incrementasen a produción. Unha serie de elementos albiscaban, en cambio, a transformación da agricultura sobre todo a partir do segundo terzo de século nalgunhas zonas: a diminución do barbeito grazas entre outras cousas ao aumento do abonado; os novos utensilios agrícolas como o arado de vertedera ou a sementadora e malladoras mecánicas; e, sobre todo, a nova rotación de cultivos que reduciu o barbeito e que asociou gandaría e agricultura grazas ás plantas forraxeiras. A partir do último terzo de século a subida dos prezos dos cereais desencadeou unha febre por aumentar as producións e subir os beneficios para o cal se adoptaban algúns dos medios antes apuntados. A agricultura empezaba a deixar de producir para a subsistencia do campesiño e o mantemento da renda feudal, e pasaba a producir para vender, co fin de reinvestir e vender aínda máis (lóxica capitalista). Algúns emprenderon esta vía (Inglaterra), outros, temerosos das innovacións ou suficientemente satisfeitos co sistema non innovaron (Europa oriental e mediterránea).” Separa en dúas columnas os elementos que podían significar un progreso agrario e aqueles que se mantiñan máis ou menos inalterables como no século XVII. O texto cóntache a variable situación que vivía a agricultura nas distintas zonas europeas: trata de diferenciar dúas zonas segundo como avanzase o progreso agrario nelas. España, ¿en cal destas dúas áreas se situaría?, ¿por que? Comenta coas túas palabras que pode significar a frase escrita en cursiva. Imaxina que es un pequeno agricultor sen moitos medios, ¿cara que modelo te dirixirías máis? E se foses un gran propietario? Razoa as respostas. A quen pertencen as terras na provincia de Toledo á altura do século XVIII? Correspóndese esta distribución co peso demográfico de cada grupo?, Que consecuencia terá este feito na distribución da terra? Valora os resultados da última columna (“total terra fóra do mercado ”)

Transcript of Exercicios ar 1º bach economía

Page 1: Exercicios ar 1º bach economía

EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME

Economía

“No século XVIII as grandes crises de subsistencias desapareceron de Europa en favor dunha penuria globalmente tolerada. Iso, como vimos ademais doutros factores, permitiu o crecemento da poboación. Porén os cambios na agricultura, agás talvez Inglaterra, Países Baixos e algunhas zonas francesas, non foron significativos: as técnicas de produción de cereais seguían sendo as mesmas e os rendementos, en xeral, non subiron excesivamente e todo se fiaba, de novo, a novas roturacións que incrementasen a produción. Unha serie de elementos albiscaban, en cambio, a transformación da agricultura sobre todo a partir do segundo terzo de século nalgunhas zonas: a diminución do barbeito grazas entre outras cousas ao aumento do abonado; os novos utensilios agrícolas como o arado de vertedera ou a sementadora e malladoras mecánicas; e, sobre todo, a nova rotación de cultivos que reduciu o barbeito e que asociou gandaría e agricultura grazas ás plantas forraxeiras.A partir do último terzo de século a subida dos prezos dos cereais desencadeou unha febre por aumentar as producións e subir os beneficios para o cal se adoptaban algúns dos medios antes apuntados. A agricultura empezaba a deixar de producir para a subsistencia do campesiño e o mantemento da renda feudal, e pasaba a producir para vender, co fin de reinvestir e vender aínda máis (lóxica capitalista). Algúns emprenderon esta vía (Inglaterra), outros, temerosos das innovacións ou suficientemente satisfeitos co sistema non innovaron (Europa oriental e mediterránea).”

• Separa en dúas columnas os elementos que podían significar un progreso agrario e aqueles que se mantiñan máis ou menos inalterables como no século XVII.

• O texto cóntache a variable situación que vivía a agricultura nas distintas zonas europeas: trata de diferenciar dúas zonas segundo como avanzase o progreso agrario nelas. España, ¿en cal destas dúas áreas se situaría?, ¿por que?

• Comenta coas túas palabras que pode significar a frase escrita en cursiva.• Imaxina que es un pequeno agricultor sen moitos medios, ¿cara que modelo te dirixirías

máis? E se foses un gran propietario? Razoa as respostas.

• A quen pertencen as terras na provincia de Toledo á altura do século XVIII?

• Correspóndese esta distribución co peso demográfico de cada grupo?, Que consecuencia terá este feito na distribución da terra?

• Valora os resultados da última columna (“total terra fóra do mercado ”)

Page 2: Exercicios ar 1º bach economía

“...que cualquiera persona que quisiere usar el oficio de sombrerero en esta çiudad e sus arravales lo pueda haçer y aga conque primero y antes sea examinado(...)

Yten que cualquiera que assi hubiere de ser examinado de maestro y quisiere poner tienda que lo pueda hacer con que dé a los behedores que le examinaren dos ducados y al escrivano dos rreales por la carta del dicho examen

(...)que no se pueda traer ni traiga a bender a esta ciudad rropa labrada de sombreros sin que primero y antes que se benda sea vista y examinada por los behedores del dicho oficio.

(...)que ninguna persona maestro examinado que tubiere tienda en estaciudad o sus arravales no pueda tener más de hasta dos aprendiçes salvo que dos o tres meses antes que el uno salga pueda rrescibir y tener otro

(...)que ninguna caxa de sombreros de los que salieren fuera desta çiudad a benderse o vayan bendidas que sea de doce sombreros arriba no pueda salir de la dicha çiudad ni sus arravales sin que primero y antes sea bisitada por los dichos beedores y sellada con el sello que ellos tubieren...”

Ordenanzas do gremio de sombreireiros de Segovia, 1599

• Comenta, a partir deste texto, as características dos gremios.• Paréceche que as súas ordenanzas favorecen a liberdade económica? Razoao.• Que elementos positivos e negativos ves nun gremio para o desenvolvemento económico• Servindote destas normas como guía elabora un discurso no que realices unha crítica aos

gremios expondo as razóns que che levan a iso.

“A prosperidade do comercio depende dunha profunda industria en dar valor a todos os froitos naturais do reino en todos os diferentes usos a que poden ser empregados.Para o cal cómpre ter anualmente relacións puntuais de todo o que se produce en Francia, do que consume, do que envía a países estranxeiros e do que recibe, a fin de facer un cómputo do valor das mercadorías ou efectos de que se descarga pola súa abundancia co valor de que recibe por necesidade. É preciso saber tamén canto ten que pagar en especies de ouro e prata polos xéneros que recibe a máis dos equivalentes naturais que entrega; por que non se pode dubidar de que os seus equivalentes non a compensan enteiramente. A proba é evidente polo gran número de navíos estranxeiros que entran nos portos de Francia cargados en parte con mercadorías finas, e que se volven os uns con xéneros de la, os outros con efectos de maior volume e, por conseguinte, de menos valor. E como desta falta de equivalencia resulta que os estranxeiros se enriquecen e o reino empobrécese, cómpre sacar o desquite polos medios máis naturais.Primeiro medio: Aumentar todas as producións do reino, buscando a natureza onde foi menosprezada, e axudala con arte segundo o enxeño e particular habilidade de cada provincia.Segundo medio: Descargar ao Reino de todas as especies que produce e fabrica con superabundancia.Terceiro medio: Facer que tomen os estranxeiros estes sobrantes polo seu máis subido prezo.Cuarto medio: Non recibir as mercadorías estranxeiras senón ao máis baixo prezo posible e a cambio destes sobrantes.Quinto medio: Impedir o malo costume da extracción das especies de ouro e prata fóra do Reino .”

Proxecto de Monsieur Colbert ao rei Luis XIV sobre o comercio

• Realiza un resumo do texto• Quen é Colbert?. Cal é o seu obxectivo? Que medios propón para iso? Cita os que che

parezan máis importantes e sinala por que• Con que teorías ou prácticas económicas relaciónase?, por que?• Que prácticas económicas substituirán a este modelo tan intervencionista?• Paréceche que se pode falar de intervencionismo estatal neste proxecto? Por que? Intervén

hoxe o Estado na economía?, como? (pon algún exemplo)

Page 3: Exercicios ar 1º bach economía

“Pola presente establecemos a Compañía de Guinea, destinada ao comercio de negros, do ouro e de todas as outras mercancias coas que se poida comerciar nas costas de Africa desde o río Serra Leoa ata o Cabó de Boa Esperanza.Á devandita Compañía pertencerán de toda propiedade as terras que poderán ocupar durante o tempo da concesión. Poderá establecer fortes para a súa seguridade, transportar armas e canóns e dispor de soldados para defenderse tanto dos naturais coma dos estranxeiros.Para que a devandita Compañía poida levar a cabo a súa empresa queremos que, de acordo coa práctica vixente, reciba a suma de trece libras de gratificación por cada cabeza de negro que transporte ás nosas illas e colonias de América.”

Acta de Constitución da Compagnie de Guinée, Versalles, 1685

• Resume que é o que nos conta o texto. ¿E unha fonte primaria ou secundaria? Explícao• De que tipo de empresa fálase no texto? Comenta as súas características e que relación tiñan

co Estado• Pensas que esta compañía exercería algún tipo de monopolio ou existe a liberdade

comercial? Explicao• Busca información sobre algunhas destas compañías no século XVIII