Exercicios Tanda 2

16
PRATICA V: Selección de partes de imaxes Diferentes formas de selección de zonas dunha imaxe. Temos unha imaxe dunha folla sobre fondo branco e queremos sacarlle o fondo branco, deixalo transparente, para entón poder pegar a folla en outro sitio. Como o facemos? Podemos facelo coa variña máxica, seleccionando o fondo e entón invertendo a selección. Verdade? Tamén podería facerse de mais modos, pero para este caso en particular semella que a variña é a mellor opción: Apañamos a variña máxica e coa opción de ir engadindo zonas, imos picando no branco (seleccionaranos a maioría dun plumazo), até deixar todo o fondo seleccionado. Pero nós non queremos seleccionar o branco, se non a folla, é dicir , xusto o contrario, debemos inverter a selección. Así pois, nos imos ao menú da xanela da imaxe e seleccionamos Seleccionar Invertir. E agora copiamos a selección (Ctrol+C). Creamos un novo documento con fondo transparente. Para facer isto ultimo seleccionamos na xanela da caixa de ferramentas ArquivoNovo e na nova xanela seleccionamos opcións avanzadas. na lista de opcións que di Cubrir con, selecciona a opción Transparencia.

description

Segunda tanda de exercicios de Gimp

Transcript of Exercicios Tanda 2

Page 1: Exercicios Tanda 2

PRATICA V: Selección de partes de imaxes

Diferentes formas de selección de zonas dunha imaxe.

Temos unha imaxe dunha folla sobre fondo branco e queremos sacarlle o fondo branco, deixalo transparente, para entón poder pegar a folla en outro sitio.

Como o facemos? Podemos facelo coa variña máxica, seleccionando o fondo e entón invertendo a selección. Verdade?

Tamén podería facerse de mais modos, pero para este caso en particular semella que a variña é a mellor opción:

Apañamos a variña máxica e coa opción de ir engadindo zonas, imos picando no branco (seleccionaranos a maioría dun plumazo), até deixar todo o fondo seleccionado.

Pero nós non queremos seleccionar o branco, se non a folla, é dicir , xusto o contrario, debemos inverter a selección. Así pois, nos imos ao menú da xanela da imaxe e seleccionamos Seleccionar Invertir.

E agora copiamos a selección (Ctrol+C). Creamos un novo documento con fondo transparente. Para facer isto ultimo seleccionamos na xanela da caixa de ferramentas ArquivoNovo e na nova xanela seleccionamos opcións avanzadas. na lista de opcións que di Cubrir con, selecciona a opción Transparencia.

Page 2: Exercicios Tanda 2

Unha vez aberta a nova xanela, batemos o seleccionado (Ctrol + V): Upsssss.. nos deixáramos unha zona sen seleccionar. Nos aseguramos que tamén seleccionamos o cacho que faltaba coa variña máxica e calcamos a tecla Suprimir.

Perfecto.

Page 3: Exercicios Tanda 2

PRATICA V: FACER DESAPARECER UNHA ZONA DA IMAXE POR MEDIO DE CLONACIÓN

Temos unha imaxe e queremos facer desaparecer un pedazo dela, sen que se note que estaba aí.

Supoñer que temos esta imaxe de abaixo e queremos quedarnos con un pedazo nada mais e sacar algunhas cousiñas que sobran.

Se sabemos que realmente non queremos o resto da imaxe e queremos recorta-la directamente, temos a ferramenta de recorte .

Así non temos que bater en outra imaxe, nos quedamos nesta.

Selecciono o área co que quero quedarme .

Page 4: Exercicios Tanda 2

Aínda é demasiado grande, queremos apurar un pouco mais. Nos posicionamos na esquina ou borde que queremos agrandar, calcamos con o rato e arrastramos un pouco cara onde nos interese, até que consigamos que quede seleccionada exactamente o área que queremos.

Xa está, xa temos o área que quero.

Agora, ,como facemos para o cortar ?

Page 5: Exercicios Tanda 2

Tan só facendo duplo clic dentro da selección, e no mesmo documento nos quedamos co que tiña seleccionado.

Usamos a ferramenta de clonar: con opacidade á metade e

esvaecemento seleccionado e imos riscar os pedazos de xente que se ve en riba da imaxe.

Imos copiando zonas (Con o Control seleccionado, seleccionamos o que queremos copiar). Neste caso un anaco de auga.

Page 6: Exercicios Tanda 2

Se queres facer Zoom para retocar a fondo zonas da imaxe, fai teclea + e se en calquera momento desexas voltar á imaxe a tamaño natural, teclea 1.

Soltamos o control e imos facendo clic para ir batendo o que habíamos copiado.

Imos pouco a pouco e con paciencia riscando á xente, até conseguir o efecto que queremos. e coa ferramenta de desenfoque ou pinga de auga, difuminar o entorno para que o foco se fixe nos remeiros.

Esta ferramenta de pinga, ten un parámetro que é velocidade, podemos xogar con iso, así nos desenfocará aínda mais

Guarda a imaxe e a envía por correo con asunto.

Page 7: Exercicios Tanda 2

PRÁTICA VI: MONTAXE DE 2 IMAXES UNHA SOBRE OUTRA

Imos facer unha composición con 2 imaxes.

Temos estas 2 imaxes, un lago e un parrulo. Queremos obter unha imaxe na que o parrulo estea neste lago. A ver o que tal parece.

Aquí temos o lago. Abrimos a imaxe con gimp

Aquí temos o parrulo: abrimos a imaxe con gimp. O primeiro que temos que facer é seleccionar o parrulo. O facemos coas tesoiras , con coidado.

A tesoira é outra ferramenta de selección. Indicada cando hai moita diferenza de cor entre 2 áreas e non podemos seleccionar por cor.

Fai Zoom (teclea +)

Page 8: Exercicios Tanda 2

Mediante clics vou definindo puntos ao longo do trazado que quero seleccionar. Vai facendo un trazado que se vai adaptando á figura.

Unha vez acabamos o contorno, clicamos dentro, e obtemos a selección do parrulo que é o que queremos. A copiamos (Ctrl+C)

Creamos un novo documento. na capa do fondo batemos o estanque. E creamos outras 2 capas, parrulo e parrulo2

Para iso debes quitar o menú de capas. Vai ao menú do novo documento en branco e escolle Capa . Capa novo … dous veces. Teclea Ctrol + L

Page 9: Exercicios Tanda 2

Unha capa chamarase parrulo e outra parrulo2. Para nomear as novas capas, fai clic en cada capa co botón dereito do rato e escolle a opción Editar atributos de cada capa…

Pomos na capa o parrulo e batemos a selección que habíamos copiado.

Queda un pouco "antinatural" polo pedazo tamaño de parrulo que batemos. Imos a pó-lo un pouco mais pequeno.

Para iso (estando na capa "parrulo"), apañamos a ferramenta de Redimensionar (Tecla Abreviada: Maiúsculas + T), e probamos tamaños. O de 50px no noso caso queda ben.

Page 10: Exercicios Tanda 2

Aquí vemos o resultado, aínda onde está aí queda un pouco mal, demasiado grande, Pero se movemos (Ferramenta Mover: Tecla Abreviada: M) a capa do parrulo até a traer adiante ao primeiro plano, xa queda mais natural.

Para mover o parrulo fai clic no botón mover da caixa de ferramentas. Finalmente, para que o noso parrulo quede finalmente pegado á imaxe do estanque, fai clic en calquera zona da imaxe do estanque.

Agora facemos o mesmo, pero na capa do segundo parrulo: parrulo2, é dicir, teclea (Control + L) para ver a lista de capas e seleccionas a capa cuxo nome é parrulo2 e pegas a imaxe do parrulo (Control+ V)

Primeiro imos a voltealo horizontalmente: Seleccionamos a ferramenta de volteo: (Tecla Abreviada: Maiúsculas + F) e clickamos no parrulo: Imos pór un parrulo mais pequeno que o anterior, o redimensionamos (mantendo proporción: cadea pechada) a 35px por exemplo.

Aí temos o parrulo, case na montaña.. ;)

Page 11: Exercicios Tanda 2

Apañamos a capa e a movemos de modo similar ao primeiro parrulo até deixar ao patiña pequeno enfrontado a súa mai.

Finalmente, NUNCA ESQUEZAS FACER CLIC en calquera zona de fora da imaxe do parrulo peque, por exemplo, nas montañas. Así queda definitivamente pegado.

Fácil ,Verdade? Agora podemos engadir un texto por exemplo: Lago de Tigns – Verán 2007 por (engade o teu nome)

Aquí témo-lo.

Temos outra capa mais (criouna o Gimp) para o texto

Movemos un pouco o texto para o deixar ben arrimado, e aquí temos o resultado. FOTO TRUCADA!!!!!

Page 12: Exercicios Tanda 2

Imos a rota-lo , para o deixar vertical;

Guarda o documento e envíao por correo con asunto.

PRATICA VII: SACAR AS ENRUGAS DUN ROSTO

¿Sabes que co Gimp podes facerche a cirurxía plástica gratis? Vexamos como.

Baixa a foto titulada Muller con sorriso e ábrea con Gimp. Ímoslle a dar unha alegría a esta muller e ímo-la renovar sacándolle enrugas.

no tema de retoque non hai que exaxerar. Hai que ser o mais sutil posíbel.

Sempre é interesante duplicar a capa. Teclea Control + L para ver a lista de capas e selecciona a opción duplicar capa

Page 13: Exercicios Tanda 2

Ter a imaxe orixinal nunha capa e ter outra na que vas facendo os retoques, para poder ir vendo os trocos (co ocultar/mostrar capa). Ao final Cando xa teñamos o resultado final que queremos obter poderíamos riscar a capa orixinal.

Nos achegamos á imaxe co zoom (+) para poder ir mais ao detalle e para nos mover pola imaxe podemos usar a tecla espaciadora.

Imos a facerlle desaparecer os enruguiñas. Para iso usaremos a ferramenta que clona luces e texturas

Imos apañar un pincel grande e torto

Funciona similar ao clonar: seleccionas unha zona coa tecla Control (así selecciona a textura e a cor da zona). Agora soltas o control e vas calcando sobre as zonas que queiras limpar. Espetamos en zonas próximas ás enrugas co Ctrol seleccionado, e entón solto o ctrol e vou sacando pouco a pouco e con paciencia as enrugas.

En cada momento vexo o que tipo de pincel usar, mais pequeno, mais gordo, diferente forma...

Page 14: Exercicios Tanda 2

Antes Despois

Tras seguir con diferentes zonas, aquí temos un resultado. notades a diferenza? Sacámoslle até o buraco do pendente.. ;).Conclusión:

¡Non che fíes dos anuncios de antes e despois que prometen enfraquecer ou rexuvencer!

A imaxe final lle insires texto co teu nome.

Guarda a imaxe e a envia por correo con asunto.

Page 15: Exercicios Tanda 2

Agora a xogar coas vosas fotos.. ;)

PRATICA VIII: SACAR ZONAS COA FERRAMENTA DE CLONAR

Este é un exemplo moi claro para que practiques pola túa conta como sacar zonas. Tamén hai que dicir que a foto é moi fácil de retocar.

Sen facer moito traballo, ollar o que podemos obter Temos na imaxe inicial, selva.xcf, un camiño en medio dunha selva. Coa ferramenta de clonar , podemos sacar o camiño. Seleccionamos nunha zona de árbores co Control e entón soltamos o Control e imos cubrindo o camiño con coidado. Segundo imos movéndonos voltamos a seleccionar co Control outra zona cercana ao camiño, e voltamos a pintar.

Outro exemplo sinxelo

Neste caso de abaixo imos riscar a sombra coa ferramenta de clonar : A imaxe, excursionista.xcf

Para iso facemos o mesmo. seleccionamos unha parte que queremos copiar (a herba) e con paciencia imos batendo na sombra.

Page 16: Exercicios Tanda 2

Aquí tendes o resultado

Insire en cada unha das imaxes os vosos nome.

Guarda as dúas imaxes retocadas cos seus nome orixinais. Ambas fotos converte-las nun só arquivo premido Gimp08.zip e as envías por correo con asunto. Se non sabes face-lo pregunta.