Feira do turismo sostible

18
Alumnado de 3º de ESO do IES Praia Barraña

description

Traballo realizado polo alumnado de 3º de ESO na materia de Ciencias Sociais.

Transcript of Feira do turismo sostible

Page 1: Feira do turismo sostible

Alumnado de 3º de ESO do IES Praia Barraña

Page 2: Feira do turismo sostible

Realizamos unha investigación por grupos sobre o patrimonio ambiental (os ríos, a serra da Barbanza, o mar, a flora e a fauna), construído (arquitectura monumental e arquitectura popular) e inmaterial (romarías, ditos e cantigas, costumes, gastronomía) da nosa contorna.

Cada grupo preparou un posto de información para dar a coñecer aos demais os resultados da súa investigación.

Todos nos esforzamos para preparar os postos máis vistosos.

Page 3: Feira do turismo sostible
Page 4: Feira do turismo sostible
Page 5: Feira do turismo sostible

Presentamos información sobre os os ríos de Boiro. Recreamos un ecosistema de río, repartimos chapas elaboradas por nós mesmas e mesmo compartimos con todos un saboroso biscoito caseiro.

Page 6: Feira do turismo sostible
Page 7: Feira do turismo sostible

Quixemos dar a coñecer a riqueza da flora autóctona do concello.

Recollemos plantas, e froitos das árbores, xuntamos as flores de San Xoan, fixemos xogos, preparamos unha infusión de fiúncho, e mesmorecollemos sinaturas para a protección da flora e fauna da serra.

Page 8: Feira do turismo sostible
Page 9: Feira do turismo sostible
Page 10: Feira do turismo sostible

O Pazo de Goiáns, é un dos exemplos máis representativos da arquitectura monumental de Boiro, e foi un dos protagonistas da feira do turismo.

A todo o grupo nos gustaría que o pazo fose restaurado e aberto ao público.

Page 11: Feira do turismo sostible
Page 12: Feira do turismo sostible
Page 13: Feira do turismo sostible

Hórreos, alpendres, vivendas, petos de ánimas, cruceiros, lavadoiros, fontes, muíños e pasos de río, son algúns dos exemplos da abundante arquitectura popular do municipio.

Page 14: Feira do turismo sostible
Page 15: Feira do turismo sostible

O mar está moi presente navida de todos nós, polo que non podía faltar na nosafeira do turismo sostible.

Podemos ir ao mar e á montaña no mesmo día (area, cunchas, breixos, xestas e toxos).

Débese combinar o desfrute do mar coa conservación das paisaxes dunares.

Non houbo marisco, pero houbo biscoito para todos.

Page 16: Feira do turismo sostible

Agora que chega o verán podemos disfrutar de numerosas festas. A nosapreferida é a romaría de San Ramón.

Algúns de nós levamos tempo practicando para participar na malla.

Intercambiamos ditos, refráns e cantigas.

Compartimos biscoitos e pan feitos na casa.

Page 17: Feira do turismo sostible

Aprendimos moito sobre a nosa contorna e agoravaloramos máis o que temos.

Divertímonos moitoorganizando a feira e vendo e percorrendo os postos dos demais compañeiros e compañeiras.

Viñeron visitar a nosa feiracompañeiros doutros cursos e profesores e taménaprenderon connosco.

Invitamos a todo o mundo a que veña visitar Boiro!

Page 18: Feira do turismo sostible

Este traballo foi realizado polo alumnado de 3º de ESO do IES Praia Barraña, curso 2012-2013: Miguel Ángel Araújo Pérez, Ana Bugallo Sánchez, Christian Bustelo Yáñez, José Cabrera Allal, Carlos CajaravilleLojo, Sergio Calo Oliveira, Manuel Campos García, Óscar Castro García, Alex Ferreirós Laíño, Agustín R. Figueira Cárcamo, Ignacio E. Figueira Cárcamo, Rubén García Ces, Alba García Nieto, Tareixa Gómez Silva, Jorge Gónzalez Vilarnovo, Jennifer Lago Piñeiro, Raúl Lapido Iglesias, Mauro Lojo Vidal, Carlos Lorenzo Ramallo, Julia Martínez Tomé, Juan C. Miguéns Sánchez, José A. Mirón Sampedro, Alejandro Muñiz da Costa, Rubén Muñiz Treus, Samuel Muñiz Vidal, Sara Outeiral Lago, YaniraPiñeiro Triñanes, Sonia Pouso Sobrado, Valeria Rial Redondo, Hugo Riveiro Fidalgo, Javier Rodríguez Fernández, Mª Camila Rodríguez Soto, Elías Romero Tubío, María Saborido Gey, Esther Sánchez Calo, Sara Santamaría Martínez, Martín Seco García, Andrea Suárez Sánchez, Lara Tarrío Moreno.

Mª Isabel Cobas Fernández foi a profesora que nos axudou co traballo e a que fixo as fotografías da feira.

Este traballo foi feitomaioritariamente a través de estudo de fontes primarias e da investigación directa do alumnado sobre o terreo.

Usouse información turística do concello de Boiro tanto en folletos en papel como en formato dixital: http://www.boiro.org

Domínguez Lerena, S e Martínez Rodríguez, E. (2003): Os segredosdas árbores (Guía informativa. Xunta de Galicia.

Caamaño, M. (2009): Galicia as construcións da arquitectura popular. Editorial Hércules.