Filatelia, patrimonio e museos

2
Filatelia, Patrimonio e Museos Presentación do Selo conmemorativo e Exposición. 2014 XUNTA de GALICIA Sociedade Filatélica MIÑO. Ourense Museo Etnolóxico Ribadavia

description

Folleto da exposición da Sociedad Filatélica Miño . Ourense organizada no Museo Etnolóxico con motivo da presentación do selo conmemorativo coa imaxe do Museo Etnolóxico. Ribadavia

Transcript of Filatelia, patrimonio e museos

Page 1: Filatelia, patrimonio e museos

Filatelia, Patrimonio e Museos

Presentación do Selo conmemorativo e Exposición. 2014

XUNTA de GALICIA

Sociedade Filatélica MIÑO. Ourense

MuseoEtnolóxicoRibadavia

Page 2: Filatelia, patrimonio e museos

FILATELIA, PATRIMONO e MUSEOS. 2014

O coleccionismo forma parte da historia e a xenealoxía dos Museos. Sen a curiosidade de moitos homes e mulleres, que transforman en paixón o seu devezo pola recollida e acumulación de obxectos de moi diferentes temáticas, non terían xermolado singulares e extraordinarias series e panoplias de cuestións e feitos variados.

A filatelia e os filatélicos constitúen un xeito de aristocracia do coleccionismo. A teimosía, a paciencia, o espírito de observación e o gusto polo detalle abrollan no seu quefacer de colleiteiros da historia postal, en boa medida a cerna das prácticas de comunicación entre persoas, territorios e sociedades. A Sociedade Filatélica MIÑO de Ourense é un exemplo de traballo, bonhomía e xenerosidade. Levan 50 anos na gabia e outros 50 recollendo o froito do seu desinteresado labor. O Museo Etnolóxico mostra aquí e agora uns cantos exemplos do coleccionismo desenvolvido polos membros desta Asociación, con series temáticamente moi ligadas ás inquedanzas deste Museo.

R E V I S T A D E A R T E , C U L T U R A E T R A D I C I Ó N S P O P U L A R E S

Reproducido de Raigame, nº19. 2004

Ademais do Selo Conmemorativo dedicado o Museo Etnolóxico, centra esta pequena mostra unha escolma espe-cialmente ligada á figura de Xaquín Lorenzo, mestre e referen-cia da etnografía galega e ourensá.