Folladecálculo1

14
ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas OPENOFFICE CALC É un programa do paquete ofimático, OpenOffice.org, que facilítanos a realización de cálculos rápidos manexando unha grande cantidade de datos, e poder visualizalos mediante gráficos, estatísticas..... Nós podemos empregalo, nas plantillas das diferentes notas dos nosos alumnos, facendo un promedio, unha porcentaxe... de certas notas e calculando a nota final. Tamén podemos facer a memoria final de curso, empregando os datos das notas e realizando estatísticas de aprobados, suspensos... así como, presentando os resultados con distintos tipos de gráficos. Acceder a OpenOffice Calc Podemos acceder de varias formas: Inicio—Programas----OpenOffice----Clic en OpenOfficeCalc. Clic na icona do OpenOffice.org do Escritorio e Clic en OpenOfficeCalc. Clic na icona de OpenOfficeCalc se a temos no escritorio. ABRIR E GARDAR FOLLAS DE CÁLCULO A ventá principal deste programa é 1 Barras de ferramentas Barra de título Barra de menú Área de traballo Barra de estado Barra de fórmulas

Transcript of Folladecálculo1

Page 1: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

OPENOFFICE CALC

É un programa do paquete ofimático, OpenOffice.org, que facilítanos a realización de cálculos rápidos manexando unha grande cantidade de datos, e poder visualizalos mediante gráficos, estatísticas.....

Nós podemos empregalo, nas plantillas das diferentes notas dos nosos alumnos, facendo un promedio, unha porcentaxe... de certas notas e calculando a nota final.

Tamén podemos facer a memoria final de curso, empregando os datos das notas e realizando estatísticas de aprobados, suspensos... así como, presentando os resultados con distintos tipos de gráficos.

Acceder a OpenOffice Calc

Podemos acceder de varias formas:

• Inicio—Programas----OpenOffice----Clic en OpenOfficeCalc.

• Clic na icona do OpenOffice.org do Escritorio e Clic en OpenOfficeCalc.

• Clic na icona de OpenOfficeCalc se a temos no escritorio.

ABRIR E GARDAR FOLLAS DE CÁLCULO

A ventá principal deste programa é

1

Barras de ferramentasBarra de título Barra de menú

Área de traballo

Barra de estado

Barra de fórmulas

Page 2: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Unha folla de cálculo está composta á súa vez por varias follas. Por defecto, ao crear unha folla de cálculo aparecen tres follas, podéndose apreciar debido ás pestanas que aparecen enriba da barra de estado.Vemos, polo tanto, que cada folla de cálculo pode conter varias follas e cada unha destas follas a podemos utilizar para o que mellor nos conveña. Por exemplo, poderiamos dicir que a folla de cálculo é como unha carpeta na que nós gardamos documentos de varios tipos: facturas, recibos, contratos... que no noso caso serán cada unha das follas.

Podemos abrir unha folla de cálculo xa existente, ou ben unha nova, se máis que seleccionar na barra de menú: Archivo, abríndose o seguinte cadro:

O mesmo menú contextual serviranos para gardar a folla de cáclulo: en Gardar ou Gardar como.

Tamén podemos empregar as iconas das barras de ferramentas, que son similares en todolos programas de OpenOffice.

O arquivo desta folla de cálculo ten extensión por defecto .ods; pero na opción guardar como, podemos cambiala extensión e gardalo noutro formato.

2

Abrir Guardar

Page 3: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Para salir temos a opción do menú: Arquivo---Terminar

ou coa icona

ou coas combinancións das teclas Ctrl+Q ou Alt+F4.

EDICIÓN DE CELAS

Cada unha das follas das que está composta unha folla de cálculo divídese en filas e columnas.As filas identifícanse por un número e as columnas por unha letra. A intersección dunha fila e unha columna recibe o nome de cela, e identifícase pola combinación de letra e número correspondentes á columna e fila ás que pertence.Na Barra de fórmulas encontraremos a referencia da cela na que nos encontramos. Sefacemos clic nas diferentes celas veremos como este indicador varía.

Para desprazarnos pola folla dispoñemos das barras de desprazamento, tanto vertical como horizontal.Se pulsamos nas frechas que aparecen nos extremos, desprazarémonos nesa dirección, ao longo das columnas se é a barra horizontal e ao longo das filas se é na barra vertical.Se arrastramos o cadro de desprazamento moverémonos máis rápido e en proporción ao

3

Celda A9

Page 4: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

tramo arrastrado. Ademais, cando o facemos desta última forma, aparece unha pequena mensaxe que nos informa da fila ou columna en quedarémola situados ao soltar o rato .

Práctica:

1. Selecciona unha cela.2. Comprueba como se nos vai indicando a referencia da cela que temos activa.3. Navega pola folla usando as barras de desprazamento.

INTRODUCIR DATOSIntroducir información en Calc é sinxelo. Abonda con dirixir o cursor á cela que

desexemos, seleccionala e inserir a información. Conforme o facemos a barra de fórmulas activarase. A partir deste momento

poderemos modificar o contido da cela tamén dende a devandita barra:

Os botóns que aparecen servirannos para cancelar os datos introducidos, e para validar os devanditos datos.

4

Page 5: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Unha vez introducido o dato en cuestión, abonda con pulsar o botón de validaciónou o que é máis simple, a tecla Intro. No caso de que desexemos cancelar a introdución de algún dos datos, podemos facer un clic sobre a icona cancelar ou pulsar a tecla Esc.

Basicamente, os tipo de datos que imos introducir serán: números, texto, datas e horas. Aforma en que serán tratados dependerá do formato concreto que se lle aplicase á cela e que será tratado posteriormente neste curso.. Número: é calquera combinación de díxitos.. Data: as datas posuirán un esquema de día, mes e ano que se deberá seguir.. Hora: ao igual que as datas, as horas posuirán un esquema para a súa introdución.. Texto: Texto será para Calc toda aquela cadea de carácteres que non poida interpretarcomo un dato doutro tipo.. Fórmulas: Independentemente do tipo de datos que introducísemos, a folla decálculo pode interpretar de dúas maneiras diferentes a información introducida:

. pode tratarse dun dato introducido directamente nunha cela, xa sexanúmero, texto...

. pode ser unha fórmula, xa sexa secuencia de valores, referencia a outras celas,funcións producidas a partir doutros valores existentes, etc.

As fórmulas empezarán sempre co signo de igual (=). Por exemplo, se queremos introducir nunha cela a operación 2+2, poñeremos =2+2 .

Na cela só aparecerá o resultado unha vez aceptemos a introdución do valor, pero en cambio, e isto é importante, na barra de fórmulas se aparecerá a fórmula que contén oculta esa cela.

5

Page 6: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

En moitas ocasións necesitaremos introducir nunha fórmula o valor que adopta outra cela. Nestes caso, introduciremos simplemente a referencia desa cela, como se mostra na imaxe.

A cela D5, que é a cela activa, posúe o valor 9, pero como mencionamos anteriormentena barra de fórmulas aparece a expresión que dá orixe a ese valor (neste caso 5 máis o valor da cela B4). Se na cela B4 existise outra fórmula, Calc só toma o valor que se reflicte na cela, con independencia de se a súa orixe é unha fórmula ou un valor directamente.

• OperadoresSe se combinan varios operadores nunha única fórmula, Calc executará as operacións na orde que se indica na táboa que se mostra a continuación. Se unha fórmula contén operadores co mesmo precedente (por exemplo, se unha fórmula contén un operador de multiplicación e outro de división) Calc avaliará os operadores de esquerda a dereita. Para cambiar a orde de avaliación escribiremos entre paréntese a parte da fórmula que se calculará en primeiro lugar.Operador Descrición - Negación (como en -1) % Porcentaxe ^ Expoñente * e / Multiplicación e división + e - Suma e resta & Conecta dúas cadeas de texto (concatenación)= < > <= >= Comparación (igual, menor que, <> maior que, menor ou igual que,

maior ou igual que, diferente

Regras á hora de introducir datos. Pódense incluír puntos (por exemplo, podemos escribir 1.000.000).. Unha soa coma nunha cifra será considerada como entrada decimal (é dicir,

6

Page 7: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

podemos escribir 123,50).. Os signos de suma diante dos números serán ignorados.. Os números negativos deberán ter incorporado o signo de menos (-) ou estar

entre paréntese.. Se escribimos dúas cifras separadas por unha barra (/) Calc interpretará que se

trata dunha data (1/2 será o un de febreiro), a non ser que poñamos o signo de igual diante, en cuxo caso interpretarase como unha división.

1º Exercicio

1.Introducimos texto nunha cela.2.Modificamos o texto na barra de fórmulas e pulsamos validar.3.Introducimos unha fórmula noutra cela (=3+2) e pulsamos o botón validar.4.Nunha terceira cela introducimos a expresión =4+5.Facemos clic co rato á cela que lle queiramos sumar á expresión anterior.6.Pulsamos o botón Validar.

SELECCIONAR CELASSeleccionar unha cela é tan simple como facer clic sobre ela. Cando unha cela se encontra seleccionada dise que a cela está activa. A cela activa aparecerá como un bordo máis groso e a súa referencia aparecerá na área de folla da barra de fórmulas.

Tamén podemos realizar a selección facendo uso das teclas de dirección do cursor; conelas poderémonos ir desprazando polas celas da folla.

Un rango de celas é un conxunto de celas . A forma de designar un rango é utilizando o nome da primeira cela (en caso dun rango rectangular, a cela da esquina

7

Page 8: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

superior esquerda) seguida por dous puntos e o nome da última cela (esquina inferior dereita).

Para seleccionar un rango temos varias opcións:. Unha primeira opción é arrastrando o rato. Para iso, en primeiro lugar activamos a

primeira cela do rango (recordemos que isto se facía realizando un clic de rato sobrea devandita cela) e, sen soltar o botón do rato, arrastramos ata a última cela e unha vez que o rango desexado apareza marcado, soltamos o rato.

. Outra opción é seleccionar a primeira cela do rango (neste caso si podemos soltar o rato) e, unha vez esta encóntrese activa, pulsamos a tecla Mayus e, sen soltala,seleccionamos a última cela do rango.

. Tamén é posible seleccionar un rango, colocando directamente na área de folla dabarra de fórmulas a referencia do rango, tras o cal pulsamos a tecla Intro.

Por exemplo:

Para seleccionar unha fila ou columna enteira faremos un clic co rato sobre a letra ou número da columna ou fila. Deste modo quedará seleccionada na súa totalidade, ou ben clic co rato nunha cela e arrastrar sobre as demáis celas a seleccionar.

8

Page 9: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Se queremos combinar varias celas (unir) seleccionamos as celas e clicamos no botón

da barra de ferramentas

Tamén, dende a barra do menú, en Formato---Combinar celas

Dar formato ás celasSelecciónanse as celas e clic en Formato----Celas

Temos as diferentes opcións, formato de números, fontes, alineación, bordes das celas.....

9

Page 10: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

MODIFICAR O TAMAÑO• Modificar o alto das filas

Por defecto, Calc axusta a altura da fila ao contido desta. Pero en certas ocasións nos pode interesar aplicar un alto diferente. Isto podémolo facer de varias formas:◦ Se achegamos o cursor ata a marxe dereita, na zona na que aparece a

numeración das filas e situámolo xunto na unión de dúas filas, o cursor cambiará de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na imaxe. Se neste momento arrastramos cara a abaixo e cara a arriba, modificaremos a altura da fila

• Se sabemos o valor exacto da altura da fila, no menú Formato, elixiremos a opción Fila e no seguinte despregable Alto... Tras isto apareceranos un cadro de dialogo que pídenos o valor da altura da fila.

10

Page 11: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

• Modificar o ancho das columnas.Ao igual que vimos para as filas co Alto, a columnas poden ser axustadas no ancho.Non obstante, existe unha diferenza fundamental, xa que o ancho da columna non se axusta automaticamente por defecto ao contido da cela. Se o contido non cabe na cela, este invadirá a cela contigua, sempre que estea baleira, no caso contrario os datos quedarán ocultos.Nós podemos axustar o ancho da columna das seguintes formas:. Se achegamos o cursor ata a parte superior, na zona na que aparecen as letras que designan as columnas e situámolo na unión de dúas columnas, o cursor cambia de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na imaxe. Se neste momento arrastramos cara a dereita e esquerda, modificaremos a anchura da columna

.Se sabemos o valor exacto da anchura da columna, no menú Formato, elixiremos o comando Columna e no seguinte despregable Ancho... Tras isto apareceranos un cadro de dialogo que nos pide o valor da anchura da columna.

11

Page 12: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Podemos adaptar a anchura dunha columna ás necesidades específicas do contido dascelas.

Unha vez, que temos deseñada a táboa, tal como a queremos, xa podemos traballar , introducindo datos, fórmulas....

12

Page 13: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

TRABALLANDO CON FÓRMULAS

Dentro da barra de fórmulas temos 3 iconas segundo a orde:

. Asistente para funcións: Esta icona activa o asistente para funcións, que nos permite utilizar funcións matemáticas de diferente índole dentro da nosa folla de cálculo.

. Rexeitar. Esta icona, restaura o contido da cela ao seu valor inicial. Deste modo non introdúcense os datos e a cela seguirá co valor que tiña. Ao pulsar sobre esta icona a cela activa seguirá sendo a mesma e non se produce ningún desprazamento.

• Aplicar: É o botón coa marca de verificar verde da barra de fórmulas; ao facer clic sobre el valídase o valor para introducilo na cela.

EXERCICIO

Con esta información,faremos o seguinte exercicio que é moi útil para o control dos exames, notas de traballos, e actitudes dos nosos alumnos.

Tomamos como referencia o exercicio que fixemos en Writer do listado dos noso alumnado.

Deseñamos unha táboa como a seguinte pero cada quen pode modificala como queira

Na que temos aquí, consideramos unha valoración do 45% a nota do exame, un 30% nota do traballo e un 25% a nota da actitude, polo tanto, a nota final a calcula o programa considerando a fórmula introducida na 1ª cela debaixo da Nota fina (F3)l.

Podemos introducir a fórmula na casilla correspondente como:

e despois, situándonos na cela no extremo inferior dereito, arrastramos cara abaixo e a fórmula se copiará en cada cela.

13

Page 14: Folladecálculo1

ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas

Así, agora xa podemos introducir os datos do noso alumnado, e automáticamente teremos xa as notas finais.

Por exemplo:

14