Galego na Igrexa

9
O. INTRODUCIÓN No estudo Receptividade do galego na liturxia, recentemente editado polo Consello da Cultura Galega e elaborado por Daniel Muñoz e Bernardo García Cendán, concluíase que entre a comunidade de fieis católicos de Galicia existe “unha actitude moi favorable” cara ao idioma galego; o 63,5% por cento dos crentes enquisados desexaría que o galego fose a lingua ordinaria na liturxia ou alomenos se utilizase maioritariamente. Pola contra, cos datos que fornecen as dióceses, nas parroquias galegas o uso do idioma propio é moi minoritario e ás veces inexistente. O alumnado escolarizado no noso centro é de confesión católica e, malia notarse a crecente secularización tamén patente na sociedade en xeral, observamos que hai aínda unha porcentaxe moi importante de alumnos/as, e presumiblemente das súas familias, que manteñen a práctica relixiosa viva, polo menos ata a adolescencia, a idade en que abandonan o centro. Na liña de buscar a colaboración con outras institucións alleas ao propio centro educativo, e ampliar así o ámbito da normalización, o ENDL decidiu facer un estudo do uso do galego na igrexa do Concello de Lousame con dous obxectivos básicos: - Provocar a reflexión entre os crentes do centro (alumnado, profesorado, pais e persoal non docente) e tamén do propio Concello, incluíndo por suposto o clero. - Establecer algunha medida ao noso alcance para potenciar o emprego do galego nesta área. Para a realización deste estudo, que desde o comezo queremos presentar como un proxecto sinxelo e pouco ambicioso tanto polo ámbito ao que nos restrinximos como polos recursos e formación cos que contamos neste campo, pasáronselles aos párrocos as enquisas utilizadas polo sociólogo Daniel López Muñoz no seu estudo O idioma da igrexa en Galicia (Consello da Cultura Galega, 1989).Os datos obtidos son os que a continuación se ofrecen. . 1. Descrición do colectivo O Concello de Lousame consta de 7 parroquias que son atendidas por 5 curas párrocos de idades moi variadas: dous deles teñen menos de 40 anos, outros dous máis de 70 e un entre 56-70 anos. Todos se ocupan en exclusiva do labor parroquial excepto un, que é

description

O galego na Igrexa no concello de Lousame

Transcript of Galego na Igrexa

Page 1: Galego na  Igrexa

O. INTRODUCIÓN

No estudo Receptividade do galego na liturxia, recentemente editado polo Consello da Cultura Galega e elaborado por Daniel Muñoz e Bernardo García Cendán, concluíase que entre a comunidade de fieis católicos de Galicia existe “unha actitude moi favorable” cara ao idioma galego; o 63,5% por cento dos crentes enquisados desexaría que o galego fose a lingua ordinaria na liturxia ou alomenos se utilizase maioritariamente. Pola contra, cos datos que fornecen as dióceses, nas parroquias galegas o uso do idioma propio é moi minoritario e ás veces inexistente.

O alumnado escolarizado no noso centro é de confesión católica e, malia notarse a crecente secularización tamén patente na sociedade en xeral, observamos que hai aínda unha porcentaxe moi importante de alumnos/as, e presumiblemente das súas familias, que manteñen a práctica relixiosa viva, polo menos ata a adolescencia, a idade en que abandonan o centro.

Na liña de buscar a colaboración con outras institucións alleas ao propio centro educativo, e ampliar así o ámbito da normalización, o ENDL decidiu facer un estudo do uso do galego na igrexa do Concello de Lousame con dous obxectivos básicos:

- Provocar a reflexión entre os crentes do centro (alumnado, profesorado, pais e persoal non docente) e tamén do propio Concello, incluíndo por suposto o clero.

- Establecer algunha medida ao noso alcance para potenciar o emprego do galego nesta área.

Para a realización deste estudo, que desde o comezo queremos presentar como un proxecto sinxelo e pouco ambicioso tanto polo ámbito ao que nos restrinximos como polos recursos e formación cos que contamos neste campo, pasáronselles aos párrocos as enquisas utilizadas polo sociólogo Daniel López Muñoz no seu estudo O idioma da igrexa en Galicia (Consello da Cultura Galega, 1989).Os datos obtidos son os que a continuación se ofrecen..

1. Descrición do colectivo

O Concello de Lousame consta de 7 parroquias que son atendidas por 5 curas párrocos de idades moi variadas: dous deles teñen menos de 40 anos, outros dous máis de 70 e un entre 56-70 anos. Todos se ocupan en exclusiva do labor parroquial excepto un, que é ademais profesor numerario. Todos eles naceron no medio rural e tiveron como lingua materna o galego.

Page 2: Galego na  Igrexa

. A formación teolóxica de 4 deles tivo lugar en Galicia e só 1 a desenvolveu fóra da nosa comunidade. Todos eles traballaron ata o de agora exclusivamente en Galicia.

Das publicacións teolóxicas ás que están subscritos, dous deles adquírenas en galego e 2 non; un deles non está subscrito a ningunha publicación.Cos datos que ofrece esta análise previa, parecería natural un uso normalizado do galego no labor pastoral, pero a realidade é máis complexa, como veremos a continuación.

Page 3: Galego na  Igrexa

2. Uso do galego no labor pastoral

Nunha fin de semana normal todos os párrocos celebran entre 1 e 3 misas. Ningunha delas se celebra totalmente en galego. Dous deles celebran parcialmente en galego 1 misa e un deles 2 misas; outros dous realízanas integramente en castelán. O uso parcial do galego vai unido, ademais, ao factor idade: son os dous cregos de maior idade (70 ou máis anos) os que realizan as misas integramente en castelán.

A distribución porcentual amosa unha escasa normalización da lingua autóctona na celebración litúrxica por excelencia, a misa, e deixa patentes algúns puntos débiles da igrexa galega dos que se falaba no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004: o clero parece instalado no castelán cando se trata de asuntos estritamente bíblicos e litúrxicos, especialmente nos usos relacionados coa escrita.

Nótese que das misas celebradas parcialmente en galego, en 3 casos o uso da nosa lingua limítase aos avisos e á homilía e nun ás oracións do canon e ás cancións. Parece que existe unha asociación entre o uso do galego e o tratamento de temas non estritamente litúrxicos, quizais porque se consideran menos importantes e solemnes. Por outra banda, fronte ao carácter máis ou menos ritual das fórmulas litúrxicas, a homilía inclúe a mensaxe –en cada celebración distinta- que o párroco lle quere transmitir de xeito claro aos seus fregueses; tal vez por iso se faga na lingua na que o pobo está instalada, o galego na inmensa maioría dos crentes de Lousame. Pero tamén se podería interpretar que o uso da nosa lingua se debe a que o clero –e quizais tamén os crentes- non se senten capacitados para ler/comprender a variante estándar propia dos usos escritos; ao mesmo tempo, ben por comodidade ou ben por oposición, amosarían reticencias cara á súa aprendizaxe e posterior uso.

O uso da lingua mellora un pouco na catequese, tal vez porque non é impartida directamente polos párrocos ou porque, abondando no que explicabamos máis enriba, hai un predominio do uso oral. Tres párrocos afirman que se utiliza a nosa lingua, 1 indica que se fai maioritariamente en galego e 1 maioritariamente en castelán.

Page 4: Galego na  Igrexa

Pola contra, nos materiais empregados predomina o uso do castelán: só un párroco afirma utilizar materiais exclusivamente en galego; dous utilizan maioritariamente materiais en castelán e outros dous só en castelán.

En consonancia cos datos anteriores, só un párroco ten publicacións parroquiais e nelas emprega maioritariamente o castelán. Pola contra, na conversa coloquial cos fregueses, todos os párrocos utilizan o galego, se ben un especifica que sempre ten en conta a lingua do interlocutor.

3. Valoración da lingua.

Precisamente, co afán de afondar na valoración que tiñan do galego, presentáronselles aos enquisados varias teses cuxa defensa agochaba un prexuízo cara ó idioma propio.

A primeira cuestión formulada é se sería egoísta realizar a liturxia en galego debido ao grande número de xente de fóra que pasa por Galicia ao longo do ano. Tratábase de que se posicionasen arredor dun argumento que se utiliza a miúdo para non usar a lingua autóctona: a deferencia coas persoas alleas á nosa comunidade; un argumento, por outra parte, que supón unha falacia, impensable en calquera outra comunidade lingüística; sería conveniente, daquela, celebrar as liturxias en inglés, francés ou outro idioma por deferencia aos turistas? Parece evidente que non, ou polo menos non ocorre en ningún outro país. Sorprende, por tanto, a indefinición dunha parte do clero, que parece deberse máis ao desexo de “non tomar partido” que á incapacidade de opinar.Ante esta afirmación, 2 párrocos non se pronuncian, outros dous non están de acordo e un manifesta

Page 5: Galego na  Igrexa

o seu acordo.

Máis unánimes son os datos respecto da asociación galego-medio rural: ningún deles está de acordo con usar a nosa lingua nas parroquias rurais e o castelán nas urbanas. A situación mellora respecto do estudo do Consello da Cultura do ano 1989 (téñase en conta que pasaron 20 anos): mesmo os párrocos máis vellos desbotan esta asociación.

A unanimidade pérdese na seguinte afirmación: non están de acordo 4 deles en especializar na liturxia en galego unhas parroquias e manter o castelán nas demais, o que López Muñoz chamou “solución ghettificadora”; aínda que a un deles lle parece unha boa idea, semella que a tendencia é a adoptar unha solución unitaria e igualitaria para todo o clero fronte ao problema da lingua.

Page 6: Galego na  Igrexa

Finalmente, respecto da utilidade do uso do galego no mundo globalizado de hoxe, só un párroco pensa que o galego é útil no contexto en que vivimos; outro párroco considérao inútil; pero o dato salientable é de novo a indefinición de 3 párrocos, a maioría, que cren que pode ser útil pero non son quen de aseguralo.

4. Conclusións e posibles medidas de actuación

Á vista do exposto, podemos extraer varias conclusións:

En canto ao uso no labor pastoral, poderiamos afirmar que o galego vive unha situación de diglosia na Igrexa do Concello de Lousame: utilízase para os usos máis informais e o rexistro

Page 7: Galego na  Igrexa

oral e substitúese polo castelán nos usos escritos e formais. Malia que son todos eles galego falantes, o uso parcial do galego está moi ligado ao factor

idade: son os párrocos máis novos os menos reticentes ao uso da lingua propia, aínda que sexa só nos contextos antes citados. Tamén son eles os que amosan unha valoración máis positiva do noso idioma.

O camiño cara á normalización debe aproveitar os datos positivos para seguir avanzando. As primeiras actuacións deben ir encamiñadas a coñecer a disposición dos fregueses a mellorar esta situación, se ben somos conscientes desde o principio do peso do costume e a comodidade do “xa sabido”; paralelamente, haberá que buscar a sensibilización de toda a comunidade de crentes, tanto dos fregueses como clérigos, pois eles son o verdadeiro motor do cambio: se se realizan en galego e sen problemas as oracións do canon, por que non o resto da misa? Unha terceira vía, complementaria e moi necesaria, sería facilitarlles información e ofrecerlles e/ou axudarlles a conseguir os materiais normalizadores.

Somos conscientes de que esta é unha tarefa longa e lenta, para a que contamos con recursos limitados, pero desde o ENDL tentaremos realizar algunhas destas actuacións destinadas a conseguir a plena normalización do galego nesta área do noso concello.