GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

9

description

 

Transcript of GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

Page 1: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO
Page 2: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

11 XORNADAS DE ARQUITECTURA GALEGA. Cambados, 11-14 outubro 1979 . . . . . . . . . . . . 5

A ordenación do terri torio. Unidades territoriais que permiten un avance cara o socialismo, César Portela Fernlmdez-JardÓn . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

Evolución histórica da cidade de Ourense, lago Seara Morales . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 Analisis de la localización de la dotación escolar en el planeamiento urbanístico del medio rural gallego, Miguel M. de Liñán Azorín. . . . . . . . . . . . . . . . . 37

111 XQRNADAS DE ARQUITECTURA GALEGA. Santiago de Compostela, 30 abril - 2 majo 1981 . 45

Las dos ciudades. Recuperación de la ciudad existen-te, Antonio Fernández Alba . . . . . . . . . . . . . . . . 47 Santiago de Compostel'3l : Teoría do monumento na lexislaciOn protectora, Carlos AJmulña Dlu . • • • • • 50

Lugo: Estado do patrimonio nun recinto amuralado, Cristina L6pez ~ e Santitlgo CaraMn TobiII . _ • _ _ 54

SUMARIO

Construcción do territorio versus ordenación urbanís-tica do territorio, lago Seara M orales . . 59

Cal é e cómo conservar o patrimonio arquitectónico g8lego, César Porte/a Fernsndez-JardÓn . . . . . . . . 65

- Cómo conservar o patrimonio arquitectónico coa intervención do arquitecto. Un exemplo: a reconstrución e readaptación da Casa do Concello de Brión ...... _ . . . . . . . . . . . 66

- O territorio galego como patrimonio arquitec­tónico. Un exemplo: o territorio do Pazo de Oca . . . ................ ___ . . . . . 71

Arquitectura popular de produciOn agricola. Problemática actual, Begoña Bas López • • . . . . . . 82 La restauraciOn y reutilización del Pabel6n de la Mer-ced deJ Hospital de la $anta Creu i Sant Pau de Bar-celona, Antonio GonzMez Mon!no-Nava"o . . . . . 95 Lo que habría que entender en la destrucción del pa-bimouio arqUtectóillic:o, Isaac Dlu Pardo. . . 106

Corru1icaciOn de k:Js Amigos de k>s Pazos. . 107

Page 3: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

Recóllense nesta pUblicación as ponencias presentadas nas Segundas e Terceiras Xornadas de Arquitectura Galega que, orgaizadas polo COAG, tiveron lugar en Cambados e Compos­tela nos anos 1979 e 1981.

Mália o tempo transcurrido e a heteroxeneidade das mes­mas, os temas que se trataran seguen a ter hoxendía a mei­rande actualidade e interés; todos eles coa común arela da análise e coñecimento da nasa realidade, tan escasa, por outra banda, do necesario estudo no eido específico da produción e protección do patrimonio edificado e urbanlstico, do territorio no que se asentan as construcións, así como das relacións entre ambos os dous; estudos que recollan desde a visión pro­fesional do arquitecto tanto os temas de carácter máis xeral como aqueloutros cun contido máis concreto.

Esta tarefá é a que se quere encetar e estimular coa progra­mación das Xornadas de Arquitectura Galega; nelas, e baixo o común denominador do proprio tíduo, se está a incluir unha ampla e variada gama de temas, obxecto de atención e con­sideración polos ponentes, como amasa o sumario; desde os

PRESENTACIÓN

aspectos xerais ou de meirande amplitude espacial, correspon­dentes á ordenación, orgaización e construción do territorio galego, aos máis específicos ou pontuais que atinxen ás agru­pacións urbanas de Ourense, Lugo e Santiago, e aínda dando un paso máis adiante, ate o caso da consideración concreta dos edificios públicos ou institucionais, dos residenciais, os pazos, a arquitectura popular, os temas da proteccion e con­servación do patrimonio arquitectónico, etc. Todos eles como un ha significativa contribución do Colexio de Arquitectos de Galicia a esa aproximación e coñecimento do legado material, arquitectónico e urbanístico do naso país, ao debate sobre a sua problemática, e á aportación de experiencias e solucións que están a contribuir, sen caste de dúbida, a unha fonda con­cienciación e interés por estes temas culturais dun cada vez máis amplo sector da poboación galega.

Miguel Silva Suárez, Decano Santiago, novembro 1984

Page 4: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

EVOLUCION HISTORICA DA CIDADE DE OURENSE

lago Seara Morales

BREVE ANA LIS E DA EVQlUCION HI5TQRICA

Nós vemos o territorio relacionado con OUAENSE, é decir, a comarca OURENSA, como un territorio construido por xeracións e xeracións cheas de in­fraestruturas que superpostas unhas encel doutras, unhas veces sumándose, QUlras restándose, levaron a configurar o que OURENSE e o territorio que o sostén son hoxe. Por tal motivo este "territorio construido" é unha obra inseparábel da vida social, e así como un obradoiro é un lugar onde traballa , crea e se realiza un ar­tesán, un territorio construido é o obradoiro desa sociedade ou comunidade territoria l . Quer decir, é onde traballa, crea e se realiza a comunidade comarcal. Este territorio construido é función da procura dun ambiente máis propicio para a vida e contén unha intencionalidade es­tética. Co tempo, este territorio cons­truido medra cualitativamente sobre a sua mesma idea, adquire conciencia de seu, na sua construci6n permanecen os seus motivos xerais pero co tempo concreta e modifica os motivos do seu mesmo de­senvolvimento.

20

Hoxe en dia isto vese variado polas revoluci6ns sistelTláticas dos medios de transporte, os sistemas produtivos, etc. Polo tanto, aquel territorio que se cons· truia permanentemente entrou nun proceso de destruciÓfl ao "revolucionarse traumaticamente", e f6ra dunha concien· cia colectiva que demandase previamente tal CUESTION.

Oeste xeito, aquelas corredoiras, fueiros, camiños, sulcos fluviais, sulcos pluviais, ladeiras, vales, aldeas, parro· quias, lugares, Bias ... etc, son os ele· mentos que pola sua unidade fan que un territorio teña unha estrutura propria, en definitiva, unha arquitectura propria, como a ten a cidade de Ourense. Decla don Vicente Risco: " Hai en n6s unha ten· dencia a nos confundir coa lerra. Outros pobos aínda agrícolas como n6s xúntanse en grandes centros de poboaci6n. N6s, ao revés, espallámonos polo campo adiante, en aldeiñas, en casas isoladas, en lugares pequenos que se agachan nas encanadas, nos recantos dos vales. Nas vilas, as hortas e as viñas métense polas casas, case non hai vilego que non teña

aldea ou que non vaia a ela. Aquí o home vive lonxe do home, pero sempre perto da terra, e a terra une aos homes" . .

Dentro desta disertaci6n, polo tanto, a cidade de OURENSE é un elemento imprescindíbel dun territorio construido: o territorio construido dependente da ciclade de OURENSE. Este territorio está nun solar formado no val medio do Miño, nun lugar no que a corrente fluvial camiña profunda e flanqueada nas duas beiras por " pinacháns" de regular altitude que deseen cara ao río abrindo un val de 6 km . de ancho. "Terreo ben traballado pala erosi6n viva dos regatos e que se desen­volve en encostas, en escal6ns máis suaves, en chairas e terrazas sedi· mentadas de arxilas e cantos rodados, en bravas paisaxes de coutos profunda­mente desecados pOlas augas, en ribeiras marxinais estreilas polo xeral , en coi­ñais ... "l. Os afluentes Barbaña e Loña confluen no dito solar coas mes mas características, pero en menor escala. O Barbaña adquire máis importancia xa que as suas terrazas foron o primitivo asenta­mento da cidade de OURENSE.

Page 5: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

LUGO: ESTADO DO PATRIMONIO NUN RECINTO AMURALLADO

Cristina L6~z Eimil e Santiago Catalan Tabía

EN TORNO A UN SOLAR POlEMICO

Para falar do estado do Patrimonio Ar­Quitectónico en Lugo, poderiamos come­zar por citar un exemplo significativo da amenaza que gravita sobre moitos ele­mentos urbanos e máis aínda sobre o entramado "entremurallas" de toda a ei­dade. A modo de breve introduci6n dire­mos que o Centro Histórico de lugo está conformado por duas prazas: o Cantón ou Praza Maior e a praza de Santa Maria. a CantOn é o centro " vital" da cidade ha­xe. A praza queda centrada polo Axunta­mento, un magnífico e peculiarfsimo edifi­cio barroco do 1700. A dereita e esquerda deste edificio colócanse por unha banda a fachada do Convento dos Franciscanos e o Círculo das Artes e por outra banda va­rias fachadas de casas tradicionais gale­gas e dous bos edificios racionalistas que, ainda que a sua calidade é indubidébel. estén fóra de escala .

A marxe dos violentos atentados que destruiron, nestes últimos anos, a imaxe orixinal desta praza, dos que despois nos ocuparemos, centrémonos agora na fachada este que está enfrentada ao palé­cio barroco do Concello. A través dela queda resolta a uniÓn coa segunda praza, a praza de Santa Maria, á que dé a facha­da románica da Catedral e o Palácio Epis­copal. unha elegante edificación do sécu­lo XVIII.

Actualmente existen duas aberturas na linealidade desta fachada: dunha ban­da , unha estreila rua escalonada e da outra unha ampla rampa pola que os

,.

automóveis acceden ao aparcamento no que está convertida a segunda praza an­tedita . No médio destes dous comunica­dores quedan definidos dous solares me­dianeiros polo seu eixo: un deles ocupado por un edificio con miradoiros e balcóns de proporciÓns agradabelmente inofensi­vas. O outro solar é o obxecto desta intro­duciÓn. Tencionamos dar unha chamada sobre a situaciÓn na que se atopa na ac­tualidade. Pouco coñecemos sobre a sua poslbel edificabilidade. Asi e todo os "ru­mores" sobre a colocaciÓn dun edificio aqui aumentan. Hai xa planos desta edifi­caciÓn . Redáctaos un arquitecto a través do encargo particular dunha entidade pri­vada. Oeste xeito, a sua resposta non deixa de ser unha tesposla excluinte e in­dividualista .

A confrontación de várias propostas que poderían definir unha axeitada meto~ doloxia de actuaciÓn, é desestimada unha vez máis. A amiga polémica en torno a este tema está recolllda no informe dos arquitectos de Belas Artes Manzano Mo­nis e Fernando Chueca, opoMndose ti es­pectacular idea da eliminación do antedi­to edificio e a creación, deste xeito, dunha "grande praza". A marxe do acer­to ou non desta idea, é moi claro que asi chega riase a un desmembramento ainda maior da orixinal trama Q(gánica da cida­de, xa danada noutras ocasións en dife­rentes actuacións pontuais. Hoxe, con estas amenazas e despois de coñecida a calidade da resposta arquitectónica dada a un problema urbano tan complexo co­mo este, a polémica fica cortada .

A construción dun novo edificio neste casco histórico terá que dirixirse doutro xeito. Non pode ser un edificio calquera. Ten que ariellar axeitadamente un Centro Histórico bipolarizado nunha cidade dunha alta calidade de deseño urbano nestes recintos . Aldo Aossi, nunha visita pantasma que fixo a lugo hai unhos anos, percebeu, no seu primeiro paseo, a caries urbana que chega a producir o so­lar do que falamos, fixo notar a importan­cia definitiva dunha actuación nese lugar e sinalou a necesidade dun concurso de arquitectura para obter unha axeitada res­posta .

EN TORNO AO CANTON OU PAAZA MAIOR

No Cantón produclronse, nos últimos anos, unha serie de modificacións que da­naron sensibelmente a imaxe dunha praza racionalmente conformada . Oestruironse nalgúns casos, edificios dun grande valor arquitectónico.

Na esquina coa rua da Reina derrubá­ronse duas casas "galegas" no máis amplo sentido do termo, que deixaban pechada a praza no seu lado oeste e que, facendo frente á igrexa da Nova, forma­ban un conxunto coerente e tiñan resolto, coa sua escala contida , todos os proble­mas de perspectiva e imaxe dunha es­quina histórica e representativa. Foron sustituidas por un edificio non galego se­nón con "reminiscencias 9alegas". Aom­péronse as proporCións e aumentáronse as alturas, empregouse o aluminio sen

Page 6: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

¡;""f"d ., ("/...,,,, ,(, . . J'~'.H,,,";' /"

¡1I'k/,.,. "",;/" ,, ' ti ,:" .. ,{",d

~, . Po"'"''I''''' ,r, . .I~·'/:.'I;·"'''' ,/,,{ ".",,,,

~ Id ,l.. ,r"'I.('I';"'';' ,¡''¡_4~,,·,

:. (d. ,t.. ti, 1;,,,,,/',,/ .'1 ""

'n,w/,.·;" /,,:'1 "'''' ,,"',

i; I:d", 'Ú' ¡'¡"""' 'I'',I

28

(;MU I.~"J',",,""';'/'v

IhM.",.." ,\1 11".".,. ¡h"",, ... 1I

~ •. ,(,v",","'" ,;,,,,.,1';,,../,,

OREN SE '-

;: " '

-',"

",

/" ,/'-1 (¡"""",, 1,1 ,l.. 'Ir",. ,¡,.¡ /"..".

/,1,Id ';"'-",/1,/",. ¡,¡ ,r,. 1,.., "¡~I.'. ,¡I",""",

/,{ ,{..( ¡¡.~~"

/.J ,l,. ,(, .';,1 /,1 ,1,", IN",,,

/" "'. ¡" /''''''0'''''' ;,{ ,/ .. 1" I;·,.¡",

¡,¡ K,¡v",.",1r~, ;,''':;::::::.11 ti ,fr . '¡',>'f"J <11>'''' " ,;,,,,,, ,f,. {'''''''' " f{'!I;' ,Y

,r"rt"{.·,,. ,." /,,, IJ,,,.,,,,~,,

Francisco CoellQ /870.

Page 7: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

, -ProV1 de EspallQ

contemplaciÓns e, para rematar, degra­douse a esquina nos seus baixos até as ul­timas consecuéncias; onde houbo un "café" sonado en Lugo agora hai un Ban­co coñecido ncutros moltos lugares.

Noutro f rente da praza cairan duas vellas casas racionalistas de relativo gosto mais cunha imaxe neutra, que non estor­baban a equ ilibrada fachada do Convento dos Franciscanos, que conservaban cer­tas alineaci6ns e a sua temperanza era un logro. Foron susti tuidas por un edif icio de vivendas en aplacado de granito pulido e madeira branca. As proporcións rómpen­se Qutra vez. O Convento vese pasado a un segundo lugar. Aa seu lado, unha chea de pequenas casas t radicionais de fachadas de pedra e fiastras de madeira

5.

pintada de várias ceres, afUndense pouco a pouco e xa teñen incoado o seu expe­dente de ruina. O seu valor non é grande e o seu deseño non é tampouco dunha elevada calidade, mais qué outros edifi ­cios pasarán a sustituilas? Cal vai ser o cri ­terio empregado para a sua demolición? Qué motivos van impulsar a resposta indi­vidual do deseñador que aClue nestes so­lares? Moitas cuestións quizais con moitas respostas de todos coñecidas.

EN TORNO Á PRAZA DE SANTO DO ­MINGO

Esta praza tamén sofriu notábeis mo­dificacións que teñen afectado aos seus osos e á sua imaxe. Outra vez os proble­mas céntranse, non no valor das casas

ft - =

derrubadas senón na calidade das sustitu­cións. Todos os cámbios fanse aumen­tando o volume edificado. Os novas edifj­cios son irresponsábeis no sentido de ig­norar o seu entorno e non manter nengún diálogo cos outros edificios de escala mo­derada que os arrodean. Foi sustituido un bulevar central de paseo con algunhas fermosas farolas e zonas de xardfn por unha espécie de lila central no médio do t ráfico. Tamén desapareceron os aseos públicos subterráneos e colocáronse ar­bitrariamente cabinas telefónicas, lagoas de césped e, para rematar, situouse no centro da praza unha coluna sobre a que está colocada unha águia conmemorativa do "bimilenario" da fundación de cidade, monumento de dubidoso gasto e nostal-

Page 8: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO

CONSTRUCCIÓN DO TERRITORIO VERSUS ORDENACIÓN URBANÍSTICA DO

TERRITORIO

INTAODUCION

o territorio do país 9a1e90 é a memo­ria da histor ia de Galicia. Para que exista unha entidade, como é unha nacionalida ­de, cunha conciencia propria como é Ga ­licia, que non se confunde nen con Cata­luña, Castela nen con cutras, ten que conservar os testimuños da sua concien­cia, ten que conservar as estruturas histó­ricas máis fortes, as estruturas espaciais máis significativas, ten que conservar o seu patrimonio territorial, ten que conser­var a arquitectura do territorio. Respetalo, reutilizalo e transformalo sempre en diálo­go ce territorio que as nosas xeraci6ns herdaron.

Di Otero Pedrayo: "Certamente as paisaxes naturaes figuran máis ou menos humanizadas, todas amostran a tónica do t raballo e da conciencia .. . "

Polo tanto, como deciamos, o naso territorio é máis historia que natureza, pOis na nasa cultura os animais e máis os homes no seu traballo irmanados cons­truiron o territorio e, como di tamén Otero Pedrayo, "Calquer paisaxe de veiga , non se concibe ou comprende sin as vacas e os bois ... elC. As suas pisadas, como as das abenzas, axudan a darfle aos cami­ños, 0$ eldos, etc., a SUB flsognomfa".

Nós distinguimos duas formas de achegarnos ao coñecimento do noso territorio: a do sentimento e a espacial, que non se encontran separadas e si complementadas. Ambas as duas teñen a sua historia e a sua evolución. A esta, a espacial, chamarémoslle " construción do territorio versus ordenación urbanística do territorio", e á primeira, "paisaxe".

Para nós, a paisaxe é a percepción co sentimento do noso territorio. Para isto xogan, con disciplina e metodoloxia proprias, todas as formufacións estéticas posíbeis: literatura, poesía, pintura. escul­tura ... e mesmo o que hoxe se chama ar­quitectura de papel. Abonda lembrarmos as pinturas de Maside, Seoane ou Virxilio; os poemas de Curros, Celso Emilio, Caba­nillas, Novo Neira; ou as esculturas da no­sa arquitectura románica rural, de tanta personalidade histórica; as narracións de Rosalía ou Blanco Amor; ou a arquitectu­ra de papel de Palacios ou Villar.

Nunha e noutra entran, ademáis da ar­quitectura e a forma do territorio, quer di ­cer, da construción do territorio por xera­cións e xeracións e a sua cultura, moitos aspectos, entre eles tamén nubes, chu­vias, neves, etc. , a luz, a cor. ..

l ago Seara Morales

l. A CON$TRUCION DO TERRITORIO

A paisaxe das terras do viño, das hor­tas, da montaña, das terras do pan , cos seus lugares, parroquias e vilas, é algo máis que unha paisaxe . E un grande lega­do cultural e material, un herdo histÓrico feito (construido) polo traballo de moitas xeracións, que manipularon un territorio cada vez máis, até chegaren á transfor­mación de concas e vales enteiros, do que os exemplos' máis importantes están nas concas do Bibei (As Ermidasl, Sil , Mi­ño, Cabe, Avía. Todas estas xeracións xestaron a sua vida no traballo da terra. Mesmo poderíamos dicer que existiu e ainda existe unha forte tendencia a con­fundirse ca territorio construido, con esa terra que domesticaron, que culturizaron en función dunha "cultura" agrícola, é decir, duns cultivos e unha economía do­méstica, fundamentalmente de auto­consumo. Transformaron a terra para po­dela cavar, canalizaron as torrenteiras pa­ra que non arrastrasen as terras, cons­tfuiron os seus rueiros, camiños, con­gostras ou sendairos, o sau hábitat.

Todo isto f¡xo enormemente depen­dentes da terra a xeracións e xeracións que tiveron que viver neste territorio

59

Page 9: GALICIA, PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, CIDADE E TERRITORIO