GALICIA RURAL

65

description

Part one of a 220 page book of color photographs of rural Galicia (nw Spain) featuring landscapes, old stone walls and houses, bullock carts and walled tracks, waterfalls and watermills...and people working in the fields, haymaking etc

Transcript of GALICIA RURAL

Page 1: GALICIA RURAL
Page 2: GALICIA RURAL
Page 3: GALICIA RURAL

GaliciaRuralUn ensaio fotográfico

Page 4: GALICIA RURAL

Donón (Cangas, provincia de Pontevedra).

Page 5: GALICIA RURAL

GaliciaRural

Iain Colquhoun

Un ensaio fotográfico

Morgante

Page 6: GALICIA RURAL

Quero dedicar este libro á miña familia e sobre todo a Estrela, filla desta terra, sen a cal non existiría este traballo. Tamén quero decir “graciñas” a todas as persoas que me apoiaron neste proxecto.

© das fotografías: Iain Colquhoun, 2011© desta edición: Edicións Morgante, 2011(un selo de Rinoceronte Editora SL)Avenida de Bueu, 2636940 Cangas do Morrazo

ISBN: 978-84-15166-XX-XDepósito legal: XXX-XXXX

Impresión e encadernación: Publicep

A reprodución total ou parcial deste libro con fins comerciais debe solicitarse previamente ó editor.

Page 7: GALICIA RURAL

When holy were the haunted forest boughs,Holy the air, the water and the fire.

John Keats, Ode to Psyche

To preserve what has proved excellent need not imply a dislike of progress.

Galicia is a land of small proprietors whoderive from the fact of their proprietorship

a certain dignity, a love of the soil,a readiness to labour and a saving sense

of continuity…

aubrey bell, Spanish Galicia, 1922

Page 8: GALICIA RURAL

Muller coas súas vacas en Santiago de Ferroi (provincia de Lugo).

Page 9: GALICIA RURAL

LIMIAR

A ollada de Iain Colquhoun é unha ollada allea e sensible. Unha ollada que busca o que moitos galegos vemos e vivimos pero non ollamos e menos, moito menos, valoramos. A través dos ollos de Iain vense moitas cousas. Boas e menos boas, co-tiás e espectaculares, fuxidías e concretas, mais ningunha delas deixará a ninguén indiferente.

A paisaxe e paisanaxe que nos amosa neste seu álbum Galicia Rural é unha paisaxe resistente, ergueita e paciente a pesar das innumerables falcatruadas per-petradas contra ela. Sen irnos ás vistas aéreas comprobaremos esa Galicia indivi-dualista, de casas espalladas e focos pequenos, esparexidos e faltos de cohesión. Vemos tamén o desleixo, o atentado contra a natureza e contra os que a viven como algo consubstancial ao ser galego, a un modus vivendi esquecido e maltra-tado.

Fronte á apatía, o abandono e o desesperante acoso e derrubamento, pre-séntase a sinuosidade do noso relevo, os contrastes de tonalidades, de luz e de accidentes xeográficos. A dignidade da xente que aínda vive da terra e á que se lle albisca unha mirada inxenua e candorosa, discreta e axexante, pois non está afeita a que ninguén lles preste atención.

Esta é a Galicia que nos identificou, a Galicia que se debe recuperar como signo de identidade, como concepto de vida por riba do consumismo e das como-didades que non o son tanto. A Galicia dos nosos devanceiros e á que debemos retornar para a coidar e darlle pulo.

É Iain, e outros moitos, os que engordiño nos van lembrando quen somos, a cerna mesma das nosas orixes. Somos os galegos os que temos que tomar nota e dar unha virada cara á nosa terra para gozala sen que especuladores e pailáns varios nos vendan mentiras de atraso e pobreza. A Galicia rural é a que nos man-tivo durante séculos. A que nos deu de comer, a que nos protexeu e acubillou, a que nos inspirou para amar e ser amados, a da comuñón ontolóxica da que saíron as nosas lendas, as nosas tradicións e páxinas e páxinas da nosa literatura máis produtiva.

Contra os que non entenden e nos queren meter en nichos chamados propie-dade horizontal nas cidades e vilas galegas, cada vez menos galegas, debémonos arrepoñer cun pouco de memoria. De lembranza da esencia que tan ben nos ex-pón e nos lembra este álbum de sentimentos e amores.

Ríos, regatos, vales e montañas, homes e mulleres, esforzo, traballo, mantenza e vaquiñas filósofas, das que dan os entenderes, amenceres coas galiñas cantareiras e frescor do ar no corpo mergullado nun dioivo de sensacións.

Esa é a miña Galicia. Esa, a que quero para as nosas crianzas.

Héitor Mera

Page 10: GALICIA RURAL

Os galegos aproveitaron a terraata o bordo do mar para o cultivo.

Nesta fotografía, tomada na Costa da Morte,vense numerosos hórreos.

Page 11: GALICIA RURAL

UNHA NOTA DO AUTOR

Luz e progreso en todas partes…, pero as dudas nos corazós,

e bágoas que un non sabe por qué corren,e dores que un non sabe por qué son.

“¿Quen non xime?”, Follas Novas, rosalía de Castro

Rosalía de Castro, unha das máis importantes poetas galegas, escribiu estas liñas a finais do século xix mentres era testemuña dos cambios transcendentais que a industrialización trouxo á súa querida Galicia. Estes cambios, en poucas décadas, marcarían o final do estilo de vida que estivera en vigor durante séculos, e que producira unha cultura material de beleza e valor imperecedoiros, o produto dunha relación íntima coa terra e coa orde natural.

Esta pequena colaxe de fotografías da Galicia rural e dos seus habitantes ofrece ao lector non máis ca unha efémera visión dunha cultura que non só deixou tras de si unha enorme cantidade de obxectos materiais –casas e vivendas rústicas de pedra, muros, camiños, pontes e muíños marabillosamente construídos–, senón tamén unha consciencia na Galicia contemporánea das súas raíces na terra e nas tradicións de mutua axuda e artesanía. A “aldea” segue sendo o verdadeiro fogar de moitos galegos, o sitio que dá sentido ás súas vidas e os manteñen en contacto coas súas raíces.

A integridade da vida rural “na cal o traballo e calquera pracer que poidamos atopar ou inventar están entretecidos nunha única textura” (Farewell Happy Fields, Kathleen Raine, 1973) desapareceu hai moito tempo co estilo de vida. Non se pode negar o feito de que a vida rural implica traballo moi duro, de sol a sol, especialmente nunha sociedade que depende case integramente do traballo manual, onde a mecanización era escasa. Como a vida mesma, os ritmos da natureza non esperan por ninguén. Pero certamente, hai cousas peores ca ter que vivir segundo os ritmos da natureza. E estamos descubrindo agora o custo real de ir en contra deles. A Galicia rural era unha sociedade que vivía en simbiose co medio, un estilo de vida verdadeiramente sustentable, que, por necesidade –pero tamén por escolla– vivía coa natureza, non en contra dela, coma se sacase o máximo partido ao poder dos ríos para que servise aos seus pragmáticos propósitos sen interromper o seu curso.

Page 12: GALICIA RURAL

Pequeno núcleo de poboación nas ladeiras do río Verdugo, rodeado de leiras.

Page 13: GALICIA RURAL

Aínda hoxe en día, mentres vagamos polas aldeas de Galicia, moitas delas xa completamente abandonadas, podemos sentir o feitizo, a dignidade silenciosa deste antigo xeito de vida. Para min, polo menos, está sempre presente nos muros rústicos de pedra e nas estreitas corredoiras.

Co declive deste milenario estilo de vida e dos seus valores, aprendemos que a nosa pretensión de dominar e controlar a natureza, ata o punto de querer volver deseñala, está esgotando e contaminando aqueles recursos que durante xeracións tan coidadosa e firmemente se conservaron. Mentres as sociedades antigas veneraban o mundo natural (recoñecendo coas súas accións diarias que o home pertence á terra e non ao contrario), a sociedade de “usar e tirar”, dun consumismo desbordante, trátao coma fonte de materias primas e coma vertedoiro dos detritos.

A cultura rural en Galicia, os seus costumes e obxectos, a súa arquitectura e a súa simple pero efectiva tecnoloxía foi construída pola xente común e é una herdanza inestimable que non só ten que ser conservada, contemplada e admirada; é un modelo do cal tirar algunhas leccións importantes para o futuro. É hora de que escoitemos de novo unhas voces vellas e sabias que seguen resoando entre estes vellos muros de pedra e que nos falan doutra maneira de vivir en consonancia coa nosa verdadeira humanidade e co noso planeta Terra. Espero que este pequeno libro de fotografías, por moi incompleto que sexa, captase algo desas resoancias.

Por último, quero ofrecer os meus agradecementos máis sinceros a todas as persoas que coñecín nas miñas andainas fotográficas por Galicia, homes e mulleres que seguen traballando na terra e que a manteñen viva. Aínda teño moito por coñecer e por aprender.

Iain Colquhoun

Page 14: GALICIA RURAL

Restos dun castro no monte do Facho (Donón, Cangas, provincia de Pontevedra).

Page 15: GALICIA RURAL

Calzada romana ou prerromana que levaao facho de Donón (ver a páxina seguinte).

Page 16: GALICIA RURAL
Page 17: GALICIA RURAL
Page 18: GALICIA RURAL

Muros rústicos de granito.

Page 19: GALICIA RURAL

Aldea de Acevedo (Pontesampaio, provincia de Pontevedra) vista entre dous eucaliptos, cunha

calzada romana en primeiro plano.

Page 20: GALICIA RURAL

Ermelo, provincia de Pontevedra

Calzada romana (Acevedo, Pontesampaio, provincia de Pontevedra).

Page 21: GALICIA RURAL

Ermelo, provincia de Pontevedra

Page 22: GALICIA RURAL

Calzada romana que sobe á praia de Liméns (Cangas, provincia de Pontevedra).

Page 23: GALICIA RURAL

Corredoira en Ferroi (provincia de Lugo).

Page 24: GALICIA RURAL
Page 25: GALICIA RURAL

Corredoira entre muros de pedra e castiñeiros (Ferroi, provincia de Lugo).

“Os camiños constitúen unha herdanza dos nosos antepasados que serviron para comunicar os pobos e os seus

habitantes. O seu trazado é un exemplo de adaptación ao medio, ao dar desposta aos usos da xente do lugar,

das labregas, dos pastores, dos arrieiros, dos mariscadores, dos peregrinos, etc.” Roteiro polo patrimonio de Pontesampaio,

Concello de Pontevedra

Page 26: GALICIA RURAL

Lousas de pedra para marcar lindes na provincia de Lugo.

Page 27: GALICIA RURAL
Page 28: GALICIA RURAL

Un camiño moi antigo, case imperceptible entre a maleza, en Tourón (Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra).

Page 29: GALICIA RURAL
Page 30: GALICIA RURAL
Page 31: GALICIA RURAL

Corredoira en Ferroi, Lugo.

Unha corredoira sobe cara a unha aldea preto de Sarria (provincia de Lugo). Ver a páxina seguinte.

Page 32: GALICIA RURAL
Page 33: GALICIA RURAL

Corredoira preto de Ferroi, Guntín, provincia de Lugo.

Page 34: GALICIA RURAL

Dous exemplos de muro de pedra. En cada provincia de Galicia a construción dos muros é diferente. En Lugo prevalece o uso de grandes lousas perpendiculares cun recheo de pedras máis pequenas.

Page 35: GALICIA RURAL

Corredoira na provincia de Lugo.

Page 36: GALICIA RURAL

É setembro e unha muller baixa do monte levando un pau para o fogón. Sobe e baixa do monte pisando as pedras da calzada romana, que en tempos pasados os veciños mantiñan limpa. Contoume que, antes de que “chegase a luz” e “os muíños electricos”, axudaba aos seus pais coas tarefas de moer o millo que se cultivaba por toda a zona.

Page 37: GALICIA RURAL
Page 38: GALICIA RURAL
Page 39: GALICIA RURAL

O sol da mañá fíltrase entre as pólas duns carballos (Ferroi, provincia de Lugo).

Page 40: GALICIA RURAL

Muimenta (Salcedo, provincia de Pontevedra).

Page 41: GALICIA RURAL
Page 42: GALICIA RURAL

Ponte romana en Pontebora (provincia de Pontevedra), escenario dunha batalla entre galegos e soldados franceses durante a Guerra da Independencia.

Page 43: GALICIA RURAL

Ponte romana en Barcia de Mera (Mondariz, provincia de Pontevedra).

Page 44: GALICIA RURAL
Page 45: GALICIA RURAL

Ponte romana sobre o río Navia en Pontes de Gatín (Os Ancares, provincia de Lugo).

Ruta da Vía XIX romana.

Page 46: GALICIA RURAL
Page 47: GALICIA RURAL

Fervenza de San Xusto(provincia da Coruña).

Page 48: GALICIA RURAL

O río Miño no outono.

Page 49: GALICIA RURAL
Page 50: GALICIA RURAL
Page 51: GALICIA RURAL

O río Tambre en Ponte Maceira (provincia da Coruña).

Page 52: GALICIA RURAL

Muíños no río Barosa(provincia de Pontevedra).

Page 53: GALICIA RURAL
Page 54: GALICIA RURAL

Fervenza do río da Freixa en Meira (Moaña, provincia de Pontevedra), nunha “ruta dos muíños”.

Page 55: GALICIA RURAL

Fervenza de San Xusto,provincia da Coruña.

Page 56: GALICIA RURAL

Muíño no río Miño.

Page 57: GALICIA RURAL
Page 58: GALICIA RURAL

Canle de granito levando auga do río ás leiras, en Barcia de Mera (Covelo, provincia de Pontevedra).

Page 59: GALICIA RURAL

Canles de granito que noutrora levaban o torrente de auga do río a estes dous muíños na provincia de Pontevedra.

Page 60: GALICIA RURAL

Muíño en Castroverde(provincia de Lugo).

Page 61: GALICIA RURAL
Page 62: GALICIA RURAL

Muíño preto de Castroverde (provincia de Lugo).

Page 63: GALICIA RURAL

Antonio reparou este muíño de Castroverde e prepara fariña de millo e trigo para panadarías da localidade. As pedras do muíño procedían de Francia, dun sitio famoso pola calidade da pedra, La Ferté-sous-Jouarre. A placa de metal na contra di: MEULES A MOULINS SOCIÉTÉ GÉNÉRALE MEULIÉRE, LA FERTÉ-SOUS-JOUARRE. Enviáronse moitas pedras a muíños de España. Contoume Antonio que as pedras as levaron en carros de bois tras unha viaxe en barco ás costas do norte de Ga-licia, probablemente a principios do século xx.

Page 64: GALICIA RURAL

O mecanismo do muíño en funcionamento.

Page 65: GALICIA RURAL