GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents ›...

22
Edificio Administravo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento. (menos de 200 persoas) GC-13T-02-01-01-B GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que debe incluír o Protocolo de autocontrol e xestión dun abastecemento ou parte deste (Abastecementos de menos de 200 persoas) O protocolo de autocontrol e xestión dun abastecemento é o documento que vai incluír toda a información relativa ao noso abastecemento. É unha das ferramentas fundamentais para un bo control destes. A finalidade de elaboración deste documento é garantir a calidade da auga dos abastecementos a través do estudo dos perigos aos que está sometido o noso abastecemento, para poder previlos ou eliminalos, a través da instauración de medidas preventivas. Debe ser específico e exclusivo para cada abastecemento e conterá os procedementos previstos, para ser aplicados de forma rutineira, co obxecto de manter as condicións hixiénico-sanitarias das infraestruturas que abastecen de auga de consumo humano. Conterá tamén información do control da calidade da auga de consumo humano e cal é a mellor maneira de xestionar o noso abastecemento. O protocolo de autocontrol e xestión dividirase en 3 partes: parte xeral, identificación dos perigos do abastecemento e plans específicos. A súa elaboración é responsabilidade do xestor do abastecemento. A primeira parte, que é a parte xeral, constará de información xeral do abastecemento: titulares, xestores, laboratorios que realizan analíticas. Así mesmo, incluirase neste apartado un esquema do abastecemento, xa que é necesario describir detalladamente todos os procesos do sistema de abastecemento, desde a captación ao momento de entrega ao consumidor. Na segunda parte incluirase unha análise dos perigos e sucesos aos que está sometida a nosa zona de abastecemento, desagregado por infraestrutura. A parte específica constará de plans específicos. En cada un deles describiranse todas aquelas condicións e prácticas que deben adoptarse para unha correcta e eficaz xestión do abastecemento da auga. Estes plans están baseados en adopción de medidas de preventivas. GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 1 de 22

Transcript of GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents ›...

Page 1: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

GC13T-02-01-01-PARTE B

Guía coa información mínima que debe incluír o Protocolo de autocontrol exestión dun abastecemento ou parte deste

(Abastecementos de menos de 200 persoas)

O protocolo de autocontrol e xestión dun abastecemento é o documento que vai incluír toda

a información relativa ao noso abastecemento. É unha das ferramentas fundamentais para

un bo control destes.

A finalidade de elaboración deste documento é garantir a calidade da auga dos

abastecementos a través do estudo dos perigos aos que está sometido o noso

abastecemento, para poder previlos ou eliminalos, a través da instauración de medidas

preventivas.

Debe ser específico e exclusivo para cada abastecemento e conterá os procedementos

previstos, para ser aplicados de forma rutineira, co obxecto de manter as condicións

hixiénico-sanitarias das infraestruturas que abastecen de auga de consumo humano.

Conterá tamén información do control da calidade da auga de consumo humano e cal é a

mellor maneira de xestionar o noso abastecemento.

O protocolo de autocontrol e xestión dividirase en 3 partes: parte xeral, identificación dos

perigos do abastecemento e plans específicos. A súa elaboración é responsabilidade do

xestor do abastecemento.

A primeira parte, que é a parte xeral, constará de información xeral do abastecemento:

titulares, xestores, laboratorios que realizan analíticas. Así mesmo, incluirase neste apartado

un esquema do abastecemento, xa que é necesario describir detalladamente todos os

procesos do sistema de abastecemento, desde a captación ao momento de entrega ao

consumidor.

Na segunda parte incluirase unha análise dos perigos e sucesos aos que está sometida a

nosa zona de abastecemento, desagregado por infraestrutura.

A parte específica constará de plans específicos. En cada un deles describiranse todas

aquelas condicións e prácticas que deben adoptarse para unha correcta e eficaz xestión do

abastecemento da auga. Estes plans están baseados en adopción de medidas de

preventivas.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 1 de 22

Page 2: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

1 PARTE XERAL

Datos da zona de abastecemento

Denominación

Localización (concellos/provincia)

Natureza do abastecemento (público/privado)

Volume medio diario de auga subministrada considerando o cómputo anual (m3/día)

Dotación (litros/habitante/día) (se existe máis dunha rede, a dotación sería a suma

destas)

Información da poboación abastecida

LOCALIDADES ABASTECIDAS (SEGUNDO INE) % POBOACIÓN ABASTECIDA

DESAS LOCALIDADES

Poboación censada total de toda a zona de abastecemento (segundo o INE)

Poboación estimada total de toda a zona de abastecemento

Lista de infraestruturas

INFRAESTRUTURAS XESTOR TITULAR LOCALIZACIÓN

Esquema actualizado con todas as partes do abastecemento

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 2 de 22

Page 3: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Datos do titular/titulares

Datos do titular: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo electrónico

Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico

Datos do xestor/xestores

Datos do xestor: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo electrónico

Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico

Datos do/s laboratorio/s encargado/s da realización dos controis

analíticos

Datos do laboratorio: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo

electrónico

Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 3 de 22

Page 4: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Datos das infraestruturas que xestiona

Esta información só é necesaria cubrila neste documento, mentres non conste no Sistema

de Información Nacional de Aguas de Consumo (SINAC), xa que esta información pódese

encher directamente na aplicación.

Captacións (por cada captación incluirase a seguinte documentación)

Denominación

Localización da captación (lugar/concello)

Demarcación hidrográfica: Galicia-costa, Confederación Miño-Sil, Confederación del

Douro, Confederación del Cantábrico

Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)

Categoría del agua: Augas subterráneas. Chuvia. Superficial costeira. Superficial de

transición. Superficial lago. Superficial río

Tipo de captación: Galería. Manancial. Pozo entubado. Pozo escavado. Chuvia.

Costeira/mar/porto. Bahía/estuario/marisma/delta/desembocadura. Lagoa/laguna.

Río/encoro/canal

Masa de auga e o seu código. Cando non se saiba o xestor deberá solicitarlle esta

información ao organismo de bacía

Uso da captación: ordinaria, extraordinario, en desuso

Volume de auga captada: media anual (m3/ano ou Hm3/ano)

Tipo de toma: a media profundidade, con bomba de extracción. No leito, en orela, en

profundidade, en superficie, por gravidade, por outros métodos, torre de toma

Protección: perímetro de protección, persoal de seguridade, prohibido facer

actividades deportivas, prohibido baño, porta controlada, sistema de alarma, valado do

perímetro, ventá,...

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 4 de 22

Page 5: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Condución da auga (desde captación ata ETAP ou depósito)

Lonxitude en km

Materiais

Tipo de condución (a presión, por gravidade)

Forma de condución (aberta, pechada, mixta)

Infraestrutura orixe

Infraestrutura destino

Tratamento de potabilización

Denominación da ETAP ou tratamento

Tipo de tratamento: En infraestrutura ou instalación interior, En planta de

tratamento(ETAP), recloración

No caso de que os tratamentos sexan nunha infraestrutura ou instalación interior ou

sexa unha recloración, cal é a infraestrutura na que se realiza (depósito, rede, instalación

interior, condución)

Uso: en uso, fora de uso, extraordinario

Localización do tratamento (concello/lugar)

Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)

Procedencia da auga que se vai tratar (infraestruturas inmediatas)

Destino da auga tratada

Auga tratada ao día (m3/día)

Caudal nominal (volume medio tratado por unidade de tempo).

Procesos unitarios de tratamento (PUT): Especificaranse as unidades de tratamento

empregadas: coagulación-floculación, corrección pH, decantación, desareado, desbaste,

desinfección, filtración con leito filtrante, filtración con membrana, ozonización, pre-

oxidación, remineralización, resinas de intercambio iónico, flotación, electrodiálise reversible,

adsorción, aireación-stripping, microfiltración, outros tratamentos, ou outros PUT.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 5 de 22

Page 6: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Posición dos procesos unitarios (orde)

Uso do proceso unitario: en uso, fora de uso, extraordinario

Métodos de desinfección empregados:

Esquema desta coas unidades de tratamento implicadas

Depósitos de auga de consumo (por cada depósito)

Denominación

Localización do depósito (lugar / concello)

Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)

Uso: ordinario, extraordinario, en desuso

Tipo: elevado, subterráneo

Clase: cabeceira, regulación, distribución, auga bruta

Número de vasos:

Materiais

Sistemas de purga e baleirado

Capacidade

Contador de auga á saída do depósito ou outro sistema de medida de auga tratada

Medidas de protección: persoal de seguridade, porta controlada, sistema de alarma,

valado do perímetro, ventás

Ano de construción e última modificación

Sinalización

Procedencia da auga

Destino da auga almacenada

Tempo medio aproximado de permanencia da auga no depósito

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 6 de 22

Page 7: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Rede de distribución

Nalgunhas zonas de abastecemento pode haber varias redes. Noutros casos pode ser só

unha rede con puntos de mostraxe representativos de toda a rede.

Denominación

Localidades abastecidas segundo a lista do INE

Porcentaxe de poboación abastecida por cada localidade

Número de persoas abastecidas segundo o INE (contabilizando a porcentaxe de

poboación de cada localidade)

Número de persoas abastecidas estimadas polo xestor (non ten por que coincidir coa

do INE, xa que pode verse incrementado polo turismo, industrias,..... Pola contra tamén

pode diminuír)

Clase de rede: rede de urbanización, rede de zona rural, rede de zona turística, rede

industrial ou rede urbana (clasificalo segundo as definicións de zona de abastecemento do

manual do SINAC)

Tipo: mallada, ramificada ou mixta

Materiais: de ser posible, indicarase tipo de materiais da rede, revestimento, xuntas e

acometidas

Lonxitude total

Anos de construción e última modificación:

Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación dos sistemas de

peche e purga por sectores.

Procedencia da auga

Volume de auga distribuída (m3/día)

Dotación (litros/habitante/día)

Plano e/ou esquema actualizado

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 7 de 22

Page 8: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

2 IDENTIFICACIÓN DOS PERIGOS DO ABASTECEMENTO

Neste apartado identificaranse os posibles perigos asociados ao noso abastecemento e as

súas infraestruturas (captacións, tratamentos, depósitos, redes de distribución), así como os

relacionados coa falta de formación e de mantemento.

Por iso haberá que facer unha lista dos perigos aos que está sometido o noso

abastecemento en función á avaliación dos seguintes puntos:

PRESIÓNS ÁS QUE ESTÁ SOMETIDA A CAPTACIÓN PRESIÓN DISTANCIA

Identificación das presións: usos dos terreos da contorna,

industrias, fosas sépticas, cemiterios, gasolineiras, aplicación de

zurros,pozos negros…

Indicar a dirección das escorregas e distancia estimada das

presións á captación: <10 metros, 11-101 metros, 101-1000

metros, >1000 metros.

OUTROS ASPECTOS SI NON

É probable que a nosa captación estea afectada por incendios

forestais?

É probable que a nosa captación estea afectada por situacións

meteorolóxicas que se dean con asiduidade como a seca?

É probable que a nosa captación estea afectada por situacións

meteorolóxicas que se dean con asiduidade como choivas

extremas ou inundacións?

Cáptase de auga encorada ou de augas abaixo dun encoro?

Nestes casos podería haber risco de crecemento de cianobacterias

É probable que a nosa captación estea afectada por outras

situacións anómalas? Deberán identificarse estas situacións

Tense contempladas subministracións alternativas de auga?

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 8 de 22

Page 9: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

CAPTACIÓNS SI NON OBSERVACIÓNS

Os materiais son adecuados

A captación está ben construída

A captación está ben protexida

DEPÓSITOS SI NON OBSERVACIÓNS

Os materiais de construción son adecuados

Ten paredes e/ou cubertas en bo estado de

conservación.

A dimensión dos depósitos é adecuada

Relacionado co consumo e coa poboación ao que se abastece. En

consecuencia, o tempo de residencia da auga no depósito pode ser

superior ou inferior ao adecuado.

Están ben protexidos

Teñen sistemas de purga e baleirado adecuados

TRATAMENTOS SI NON OBSERVACIÓNS

Os tratamentos de potabilización son suficientes para

tratar a auga

Dosifícase correctamente o desinfectante

Utilízanse substancias permitidas para tratar a auga

REDE DE DISTRIBUCIÓN SI NON OBSERVACIÓNS

Os materiais de construción son adecuados

Dispoñen de mecanismos que permitan o peche por

sectores

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 9 de 22

Page 10: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Dispoñen de sistemas que permitan a purga por sectores

CALIDADE DA AUGA SI NON OBSERVACIÓNS

Coñécese a calidade da auga das captacións

Detéctase algún parámetro de radioactividade en

captación?

Detéctase algún parámetro anómalo en captación?

Exemplo: turbidez elevada, aluminio, ferro, manganeso,

arsénico,nitratos.....

Detectouse algún incumprimento en auga tratada?

Cales?

MANTEMENTO/FORMACIÓN/LABORATORIOSSI NON

IDENTIFICACIÓN

DO PERIGO

Realízase mantemento das captacións, tratamentos,

depósitos e rede?

Realízanse limpezas e desinfeccións periódicas dos

depósitos e da rede de distribución?

Os depósitos deben limparse e desinfectarse anualmente. A

rede de distribución periodicamente, e sempre que se realice

calquera operación de mantemento.

As persoas que traballan no abastecemento dispoñen da

formación necesaria?

Nota: A falta de formación dos operarios supón un perigo. É

necesario dispor de coñecementos sobre prácticas correctas de

hixiene e sobre os perigos que supoñen condutas inadecuadas.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 10 de 22

Page 11: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Os laboratorios que realizan as análises cumpren cos

requisitos normativos?

Nota: Os laboratorios que realicen as analíticas de auga e superen a

determinación anual de 5000 mostras de auga de consumo, deberán

ter todos os métodos de análise acreditados pola norma UNE EN

ISO/IEC-17025.

Aqueles que non superen as 5000 mostras, e que non teñan todos os

métodos de análise acreditados por esta norma, deberán ter

implantado, como mínimo, un sistema de calidade que estará

validado ante unha unidade externa de control de calidade que

realizará periodicamente unha auditoría. Así mesmo, os métodos

empregados estarán validados e documentados de conformidade coa

UNE EN ISO/IEC-17025, para dar cumprimento ao indicado na

normativa sanitaria).

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 11 de 22

Page 12: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

3 PARTE ESPECÍFICA

A elaboración dos seguintes plans e a información dos seguintes apartados van axudar a

xestionar adecuadamente o noso abastecemento.

3.1 Plan de autocontrol

O ámbito normativo deste plan é o artigo 18 do Real decreto 140/2003.

Este plan incluirá un plan de mostraxe coa seguinte información:

• Plan de puntos de mostraxe: Relación de puntos de mostraxe para a determinación

de todos os controis que hai que realizarlle á auga (controis diarios de desinfectante

residual e pH. Exame bisemanal organoléptico, análise de control e completas.

Controis de Radioactividade). Indicarase a localización exacta dos puntos de

mostraxe.

Compróbase que con frecuencia os puntos de mostraxe de rede de distibución

realízanse en billas de instalación interior. Os xestores deberanse habilitar

progresivamente puntos de mostraxe na rede de distribución.

• Lista dos parámetros para determinar en cada tipo de análise, incluída a

determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa

necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en

función da avaliación de riscos do abastecemento (por exemplo cianotoxinas,

parámetros de radioactividade, arsénico, aluminio, turbidez ou nitratos).

• Frecuencia de mostraxe das análises en cada tipo de análise, incluída a

determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa

necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en

función da avaliación de riscos do abastecemento (plan de vixilancia específico de

determinados parámetros).

Deberase indicar como se calculan os valores de auga tratada e distribuída para o

cálculo das frecuencias (lectura de contadores ou datos estimativos de caudal).

• Con respecto aos puntos de mostraxe e lista de parámetros en billa do consumidor

que son responsabilidade do concello, atopámonos con varias opcións:

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 12 de 22

Page 13: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

➢ Que o concello teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do

abastecemento

➢ Que o concello non teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do

abastecemento

➢ O concello é o xestor do abastecemento e realiza as análises de billa

De todos os xeitos, no protocolo deberán figurar os puntos de mostraxe e controis en

billa do consumidor, polo que cando non sexa o xestor o que se encargue destes

análises deberá solicitarlle a dita información ao concello.

• Debe estar tamén incluído neste plan a maneira de coñecer a calidade da auga do

punto de captación, que pode ser a través do organismo de conca no caso de masas

de auga superficiais destinadas a produción de auga para consumo humano, e que a

partir dun ou varios puntos de captación proporcionen unha media de máis de 100

metros cúbicos diarios (artigo 8 do Real decreto 817/2015), ou a través de controis

periódicos realizados polos xestores nos casos de non dispoñer destes datos.

• Calendario dos controis analíticos cos puntos de mostraxe de cada ano.

PLAN DE ANÁLISE

VOLUME DE AUGA TRATADA/

DEPÓSITO/ AUGA DISTRIBUÍDA

A. CONTROL A. COMPLETOS

Previstos Realizados Previstos Realizados

ETAP ou depósito de cabeceira

Depósito de distribución

Rede distribución

PLAN DE ANÁLISE Previstos Realizados

Control de Radioactividade

Control en captación:

Control en rede de distribución:

Billa do consumidor (por poboación abastecida) Este análise é responsabilidade do concello

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 13 de 22

Page 14: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Por tanto indicarase neste plan:

• Plan de mostraxe

• As persoas responsables dos controis (análises e medidas “in situ” e controis

organolépticos) e os responsables de cubrir os rexistros,

• Calendario dos controis

• Rexistros de:

◦ Lectura de contadores ou datos estimados de caudal

◦ Controis in situ

◦ Análises organolépticos

◦ Análises de control

◦ Análises completos

◦ Controis de radioactividade

◦ Análises de plans de vixilancia específicos de determinados parámetros (exemplo

cianotoxinas)

◦ Controis de billa

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 14 de 22

Page 15: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

3.2 Plan de medidas preventivas e correctoras ante incidencias

Neste plan plasmaranse as medidas preventivas e correctoras necesarias para solucionar

os problemas aos que pode estar sometido o noso abastecemento e que foron descritos na

parte 2 deste protocolo de autocontrol e xestión (identificación dos perigos máis comúns do

noso abastecemento).

O principal obxectivo deste plan é evitar unha situación de incidencia, pero de producirse,

se adopten as medidas correctoras necesarias, co fin de evitar que se produzan

incumprimentos paramétricos na calidade da auga.

Hai que diferenciar entre as incidencias que poden ocorrer, que sendo controladas, non son

desencadeantes de incumprimentos paramétricos, e aquelas incidencias que si produciron

un incumprimento paramétrico que hai que xestionar segundo o indicado no artigo 27 e

anexo X do Real decreto 140/2003.

Obrigatoriamente avaliaranse neste plan as seguintes situacións:

Actuacións ante episodios de seca. Deben avaliarse as situacións derivadas de

episodios de seca. Planificación das medidas preventivas e correctoras, de ser o

caso

Actuacións no caso de situacións derivadas de situacións meteorolóxicas extremas

(fortes precipitacións, risco de inundacións,..) Deben avaliarse estas situacións e

planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.

Incendios forestais. Deben avaliarse estas situacións derivadas dos incendios

forestais e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.

Radioactividade. Deben estar avaliadas as situacións derivadas de problemas de

radioactividade na auga de captación e planificar as medidas preventivas e

correctoras, de ser o caso.

Cianobacterias. Deben estar avaliadas as situacións derivadas dunha situación de

risco por cianobacterias e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o

caso.

Especificamente as posibles incidencias que poden ocorrer no noso abastecemento

e que foron avaliadas na identificación de perigos, e planificar as medidas

preventivas e correctoras para cada situación, de ser o caso.

Subministracións alternativas previstas en caso de incidencias.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 15 de 22

Page 16: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

LISTA DOSPERIGOS

(Apartado 2 desteprotocolo e as situacións

enumeradasanteriormente)

MEDIDASPREVENTIVAS

MEDIDASCORRECTORAS

DATA PREVISTA

(de ser o caso)

Tamén debe quedar contemplado neste apartado as actuacións ante incumprimentos

baseado no artigo 4 e 27 do Real decreto 140/2003.

Deberá existir un rexistro de incidencias ante incidencias e incumprimentos paramétricos.

INCUMPRIMENTO

PARAMÉTRICO OU

NON PARAMÉTRICO

DATA DO

INCUMPRIMENTO

MEDIDA

CORRECTORA

DATA DA

ENMENDA

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 16 de 22

Page 17: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

3.3 Rexistros de mantementos

Realizaranse os seguintes rexistros de mantementos:

CALENDARIO DE MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS

DATA PREVISTA DO

MANTEMENTO

DATA REAL DO

MANTEMENTO

DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO

MANTEMENTO

(CERTIFICADO DO MANTEMENTO OU

PERSOA QUE O REALIZA )

CAPTACIÓNS

PLANTA DE TRATAMENTO

DEPÓSITOS

REDE DE DISTRIBUCIÓN

Notas: Mantemento das infraestruturas (limpeza da zona de protección inmediata,

limpeza do entorno do depósito, limpeza do edificio da ETAP, limpeza do trazado de

rede de distribución na zona de matogueira, inspección do trazado da rede,..)

CALENDARIO DE LIMPEZAS E DESINFECCIÓNS DE INFRAESTRUTURAS

INFRAESTRUTURA

DATA PREVISTA

DA LIMPEZA E

DESINFECCIÓN

DATA REAL DA LIMPEZA E

DESINFECCIÓN

SUBSTANCIAS

EMPREGADAS

PERSOA/EMPRESA

(CERTIFICADO DO

MANTEMENTO)

Notas:

◦ Deberanse rexistrar as limpezas e desinfeccións de captacións, depósitos, rede

de distribución, limpezas da ETAP e gardar os certificados de limpeza.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 17 de 22

Page 18: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

◦ Segundo o Real decreto 140/2003, os depósitos e redes de distribución

deberanse limpar periodicamente. Esta limpeza debe ter as funcións de

desincrustar, desinfectar e aclarado con auga.

• Por isto a frecuencia de limpeza dos depósitos determinarase en función

dunha avaliación de risco. Recoméndase unha vez ao ano e nunca cunha

frecuencia superior aos 4 anos.

• As redes de distribución deberanse limpar antes de súa posta en

funcionamento e despois de calquera actividade de mantemento e

reparación que poida supor un risco de contaminación da auga de

consumo. Esta limpeza de redes pódese realizar por tramos ou sectores

afectados.

CALENDARIO DE MANTEMENTO DOS EQUIPOS SEGUNDO AS

ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DOS EQUIPOS E DOS TRATAMENTOS

TIPO DE EQUIPOTIPO DE MANTEMENTO

DATA DO MANTEMENTO

PROVEDOR

DOCUMENTACIÓNDISPOÑIBLE

(especificaciónstécnicas dos equipos)

Nota: Mantemento dos equipos segundo as especificacións técnicas dos equipos e

dos tratamentos (por exemplo dos sistemas de cloración, dosificación de produtos

coas fichas técnicas, mantemento, limpeza e cambio de filtros ou resinas de

intercambio).

CALENDARIO DE PRODUTOS E SUBSTANCIAS EMPREGADAS NO

TRATAMENTO DA AUGA

DENOMINACIÓNDATA DA

COMPRAPROVEDOR

DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE

(FDS, ALBARÁ DE COMPRA,

ETIQUETA, MANUAL DE USO)

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 18 de 22

Page 19: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Notas:

Os produtos utilizados para o tratamento de desinfección da auga de consumo

humano ou da auga destinada á produción de auga de consumo humano, deberán

cumprir o establecido no Regulamento (UE) n.º 528/2012 do Parlamento Europeo e

do Consello, de 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e o uso dos

biocidas, para Tipo de Produto 5 (PT5).

É necesario aplicar á lexislación comunitaria relativa á substancias químicas,

que comprende o Regulamento (CE) n.º 1907/2006 do Parlamento Europeo e

do Consello, de 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, a avaliación, a

autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH),

polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos,

se modifica a Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) n°

793/93 del Consello e do Regulamento (CE) n.º 1488/94 da Comisión, así

como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as Directivas 91/155/CEE, 93/67/

CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión e o Regulamento (CE) n.º

1272/2008 do Parlamento Europeo y do Consello, de 16 de decembre de

2008, sobre clasificación, etiquetado e envasado de substancias e mesturas, e

polo que se modifican e derrogan as Directivas 67/548/CEE e 1999/45/CE e se

modifica o Regulamento (CE) n.º 1907/2006 (CLP), así como calquera outra

normativa comunitaria aplicable.

Os produtos deberán estar etiquetados e coa FDS actualizada.

CALENDARIO DE MANTEMENTO DA INFORMACIÓN DO SINAC

TIPO DE MANTEMENTODESCRICIÓN DO MANTEMENTO

DATA DO MANTEMENTO

PERSOAL QUE OREALIZA

Altas de infraestruturas

Baixas de infraestruturas

Revisión da información de infraestruturas

Modificacións

Suba de boletíns

Revisión da información de boletíns

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 19 de 22

Page 20: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

3.4 Rexistros de formación

REXISTRO DA FORMACIÓN DAS PERSOAS QUE TRABALLAN EN CONTACTO

COA AUGA DE CONSUMO

PERSOAS QUE

REALIZA A TAREFA

TAREFAS

REALIZADASFORMACIÓN DATA DA FORMACIÓN

Nota: Toda persoa que realiza tarefas relacionadas coa xestión da auga (persoas

que se encarguen do mantemento das infraestruturas ou dos equipos de tratamento

de auga, ou leven a cabo os controis e rexistro) debe dispoñer dunha formación

adecuada e continua e que a leven á práctica de forma correcta no desenvolvemento

da súa actividade laboral.

A formación recibida debe ser conforme ao establecido no Regulamento (CE)

852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á

hixiene de produtos alimenticios e acorde a súa actividade laboral (mantemento e

tratamentos de alga de consumo), xa que a formación debe dar resposta as

necesidades concretas de cada sector (abastecemento ou partes deste)/deste) e o

seu obxectivo fundamental é inculcar aos manipuladores prácticas correctas de

hixiene, ademais de mantelos actualizados nos contidos dos cambios normativos.

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 20 de 22

Page 21: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

Normativa e bibliografía empregada:

• Directiva 98/83/CE do Consello, do 3 de novembro de 1998, relativa á calidade das

augas destinadas ao consumo humano (DOCE L n.º 330 do 5 de decembro de 1998).

• Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios

sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE 45 do 21/02/2003). Corrección de

erros Real decreto 140/2003 (BOE 54 do 4/03/2003).

• Orde SCO 1591/2005, do 30 maio sobre o Sistema de información nacional de auga

de consumo (SINAC) (BOE 131 do 2/06/2005).

• Orde SSI/304/2013, do 19 de febreiro, sobre substancias para o tratamento da auga

destinada á produción de auga de consumo humano (BOE 50 do 27/02/2013).

• Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do

Dominio Público Hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e VIII do

texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de

xullo.

• Lei 9/2010, do 4 de novembro de Augas de Galicia.

• Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública.

• Directiva 2013/51/ EURATOM do Consello de 22 de outubro de 2013, pola que se

establecen requisitos para a protección sanitaria da poboación con respecto as substancias

radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano.

• Directiva (UE) 2015/1787 da Comisión de 6 de outubro de 2015 pola que se

modifican os anexos II e III da Directiva 98/83/CE do Consello, relativa á calidade das aguas

destinadas ao consumo humano.

• Real Decreto 817/2015, de 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de

seguimento e avaliación do estado ds augas superficiais e as normas de calidade ambiental.

• Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do

Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto

11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións

hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Guadalete-Barbate

e do Tinto, Odiel e Piedras.

• Real Decreto 314/2016, de 29 de xullo, polo que se modifican o Real decreto

140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da

auga de consumo humano, o Real decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 21 de 22

Page 22: GC13T-02-01-01-PARTE B Guía coa información mínima que ... › Saude-publica › Documents › 6527 › ... · Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)

GC-13T-02-01-01-B

regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial

envasadas para consumo humano, e o Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo

que se regula o proceso de elaboración e comercialización das augas preparadas

envasadas para o consumo humano.

• Real decreto 902/2018, de 20 de xullo, polo que se modifica o Real decreto

140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da

auga de consumo humano e as especificacións dos métodos de análise e as especificacións

dos métodos de análise do Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se regula

a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial

envasadas para consumo humano, e do Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo

que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas

para o consumo humano.

• Lei 9/2019, do 11 de decembro, de Galicia de medidas de garantía do abastecemento

nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.

• Guía para a elaboración dun protocolo de control e xestión de pequenos

abastecementos. Proxecto Life Rural Supplies.Ano 2018

• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation. NFGW. Ano

2014

Máis información en:

• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para

pequeñas redes de abastecimiento". Guía para la elaboración de un protocolo de

control y gestión de pequeños abastecimientos.

• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para

pequeñas redes de abastecimiento". Instrucción técnica para el abastecemiento

autónomo.

• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para

pequeñas redes de abastecimiento" https://ruralsupplies.eu/

• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation.

https://nfgws.ie/quality-assurance-implementation/

GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 22 de 22