Grandeslectores

6

Click here to load reader

Transcript of Grandeslectores

Page 1: Grandeslectores

Cartas de inverno Sinceramente é un dos meus libros favoritos, só superado por O Guerreiro Branco. Agustín Fernández Paz con este libro conseguiu que o valorasen como un dos mellores autores de narrativa xuvenil. Para min é o verdadeiro libro de terror: houbo momentos en que me deu calafríos e tamén engancha moito. Trata sobre sucesos estraños que suceden na nova casa de Adrían. Casa da que non volverá a saír. Xabier intentará salvar ao seu amigo pero quedará retido tamén.

Quique Blanco1º ESO A

Page 2: Grandeslectores

A casiña azul

Grandes letores: Aquí tendes a miña pequena crítica.Este libro foi un dos mellores que lin. Narra a historia dunha nena maltratada. A pesar disto ela intenta descubrir os misterios dunha casa abandonada que se volve azul unha vez no ano e... ben, se queredes sabelo, terédelo que ler. O que a min máis me gustou foi o final. E o peor... a verdade é que a este libro non lle vin ningunha pega. Sei que lles encantará a rapaces que gocen cos misterios.Unha cousiña! Non xulguedes un libro pola súa portada nin polo seu tamaño. Xulgádeo despois de lelo.

Adrián Bermúdez1º ESO A

Page 3: Grandeslectores

A filla do ladrón de bicicletas

É un libro que me gustou moito porque a protagonista facía cousas dificilísimas coa súa bicicleta que nin tiña marchas nin freos. Era incrible! Ata lle gañou unha carreira a un rapaz cunha boa bicicleta. O que menos me gustou foi o final porque era moi irreal, porque non circos hai equilibristas pero non de bicicletas.

Este libro recoméndollelo a que lle guste a aventura.

Sergio Caamaño1º ESO A

Page 4: Grandeslectores

As lágrimas de ShivaO libro encantoume por ser de misterio e romance. Narra a historia de dúas familias enfrontadas, porque anos atrás, unha rapaza dunha das familias deixou plantado ao namorado, da outra familia, e fuxiu cun colar valiosísimo que el lle regalara. Dous curmáns descobren o misterio do colar, “As lágrimas de Shiva”, e conseguen que as dúas familias deixen de estar enfrontadas.

Recomendaríallelo a lectores que lles guste ler e teñan tempo.

Darío Abuín1º ESO A

Page 5: Grandeslectores

A historia do home canDo libro gustoume todo de principio a fin. Conta a historia dun home que ao tomar un xarope rexuvenecedor convértese en can por mesturalo con alcohol. Entón marcha da casa e empézanlle a ocorrer unha serie de problemas e situacións sorprendentes. A noite do aniversario da súa voda volve á casa.

Recoméndollo a todo o mundo porque está moi ben, aínda que lle vai gustar máis aos rapaces. Gabriel Fariña 1º ESO A

Page 6: Grandeslectores

Vaiche boa!

O libro encantoume. O personaxe Brian Bell pareceume moi inxenioso. Son un feixe de relatos que van sobre unha barra de labios que volve tolas as rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon... Os relatos que máis me gustaron foron “O esqueleto do retrete” e “Crema de bosta de vaca”. O que menos, foi “Xeado da intelixencia” .Eu recomendaríallelo aos que lles gusten os libros de relatos.

Darío Santiso1º ESO B