Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de...

20
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio Guía de Recepción Curso 2016-2017

Transcript of Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de...

Page 1: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Grao en Xeografía

e Ordenación do Territorio

Guía de Recepción Curso 2016-2017

Page 2: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente
Page 3: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Grao en Xeografía

e Ordenación do Territorio

Benvido/a

Dende o Departamento de Xeografía queremos darvos a benvida á Universidade de Santiago e ao Grado en Xeografía e Ordenación do Territorio. Aquí tedes unha pequena Guía para orientarvos nalgúns dos vosos primeiros pasos na vosa vida universitaria.

Page 4: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

En todo caso, a Dirección do Departamento, os Coordinadores de Grao e de Cursoe todos os profesores da Titulación sempre tentaremosde axudar con calquera dúbida ou problema.

A Facultade de Xeografía e Historia

O Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio é una das titulacións que se imparten na Facultade de Xeografía e Historia, xunto cos Graos de Historia, o Grao de Historia da Arte e diversos Máster e Programas de Doutoramento.

www.usc.es/gl/centros/xeohistoria O Decanato da Facultade se atopa na primeira planta da Facultade. No Decanato da Facultade é onde tes que acudir para cuestión académicas coma solicitar cambios de Grupo de prácticas, exencións de docencia por actividade profesional, cambios de horario… Fronte ao Decanato están instalados diversos paneis de cortiza onde atoparás horarios, datas de exames, convocatorias… Moita información a terás tamén dispoñible no monitor situado á entrada do Decanato. Decano Juan Manuel Monterroso Montero Vicedecano Jesús Leopoldo Balboa López

Page 5: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Secretario da Facultade José Miguel Andrade Cernadas Secretaría do Decanato Raquel Valledor Núñez Contacto Tlf. 881812585 E-mail: [email protected]

O Departamento de Xeografía

O Departamento de Xeografía da USC está composto por persoal docente e investigador de tres áreas de coñecemento: Xeografía Física, Xeografía Humana e Análise Xeográfica Rexional. Os despachos do persoal se atopan na Facultade de Xeografía e Historia e tamén na 4ª planta do edificio da Facultade de Filosofía. Ademais terás materias impartidas por profesores de Historia, Historia da Arte, Edafoloxía e Dereito.

Tes máis información sobre o Departamento na súa páxina Web, incluíndo enlaces de Internet, software libre, recursos…

Page 6: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

http://www.usc.es/xeograf/ Todos os teléfonos que aparecen nesta Guía son as extensións telefónicas. Para chamar a calquera deles tes que marcar primeiro o número da centraliña da USC: 881 811 000 Director: Francisco R. Durán Villa E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12721 Fac. Xeog. E Hª. 3ª planta. Despacho 301 Secretario: Xosé Manuel Santos Solla E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12629 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 236 Secretaría administrativa: Sandra Fernández Caínzos E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12591 Horario administrativo: 9-14 h Coordinador de Grao Montserrat Villarino Pérez E-mail: [email protected] Tlf: 12602 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta (acceso Biblioteca). Despacho 241 Coordinador de 1º curso Montserrat Villarino Pérez E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12602

Page 7: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta (acceso a la Biblioteca). Despacho 241 Coordinador de 2º curso Julio Hernández Borge E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12630 Fac. de Xeografía e Hª.Entreplanta 2ª. Despacho 237 Coordinador de 3º curso Augusto Pérez Alberti E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12626 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 216 Coordinador de 4º curso Rubén C. Lois González E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12635 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 213 Coordinador Prácticas Académicas Externas: Alberto Martí Ezpeleta E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12608 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 214 Coordinador Erasmus: Valeriá Paul Carril E-mail: [email protected] Ext. tlf: 12635 Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 213

Page 8: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Ante calquera dúbida ou problema que che poda xurdir, non

dubides en consultar cos Coordinadores de Curso e de Grao, así

coma co Equipo Directivo.

Page 9: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Directorio do Departamento de Xeografía

Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho

Persoal docente investigador

Augusto Pérez Alberti Xeogr. Física 12626 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 216

Marcos Valcárcel Díaz Xeogr. Física 12676 [email protected] Fac. Filosofía. 4ª planta. Despacho 409

Ramón Blanco Chao Xeogr. Física 12675 [email protected] Fac. Filosofía. 4ª planta. Despacho 409

Alberto Martí Ezpeleta Xeogr. Física 12608 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 214

Manuela Costa Casais Xeogr. Física 12607 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 3ª planta (Torreón). Despacho 308

José Antonio Aldrey Vázquez Análise Xeograf. Rex. 12545 [email protected] Fac. Filosofía. 4ª planta. Despacho 408

Jose Manuel López Andión Análise Xeograf. Rex. 12624 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 215

Francisco Durán Villa Análise Xeograf. Rex. 12721 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 3ª planta (Torreón). Despacho 301

Ruben C. Lois González Análise Xeograf. Rex. 12635 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 212

Valeriá Paul Carril Análise Xeograf. Rex. 12635 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 212

Maria José Piñeira Mantiñán Análise Xeograf. Rex. 12632 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta (acceso Biblioteca). Despacho 241

Carlos Ferrás Sexto Xeogr. Humana 12704 [email protected] Fac. Filosofía. 4ª planta. Despacho 414

Julio Hernández Borge Xeogr. Humana 12630 [email protected] Fac. Xeog. e Hª.Entreplanta 2ª. Despacho 237

Miguel Pazos Otón Xeogr. Humana 12632 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta (acceso Biblioteca). Despacho 241

Xosé Manuel Santos Solla Xeogr. Humana 12629 [email protected] Fac. Xeog. e Hª.Entreplanta 2ª. Despacho 236

Montserrat Villarino Pérez Xeogr. Humana 12602 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta (acceso Biblioteca). Despacho 240

Manuel Borobio Sanchís Xeogr. Humana 12607 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 3ª planta (Torreón). Despacho 308

Antonio Doval Adán Xeogr. Humana 24729 [email protected] Fac. Humanidades, Campus de Lugo

Bolseiros/Contratados

Daniel del Rio Franqueira Análise Xeograf. Rex. 12722 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 3ª planta (Torreón). Despacho 308

Juan M. Trillo Santamaría Análise Xeograf. Rex. 12631 [email protected] Fac. Xeog. e Hª.Entreplanta 2ª. Despacho 238

Olalla López Costas Xeogr. Física 12631 [email protected] Fac. Xeog. e Hª.Entreplanta 2ª. Despacho 238

Profesores Ad Honorem

Andrés José Precedo Ledo Xeogr. Humana 12721 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 3ª planta (Torreón). Despacho 303

Page 10: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Profesores doutros Departamentos con Docencia no Grao de Xeografía e O.T.

Nome Dpto. Extensión tlf. Correo electrónico Despacho

Eduardo García-Rodeja Gayoso Edafoloxía e Quím. Agr. 13287 [email protected] Fac. de Bioloxía. Campus Vida.

Teresa Taboada Rodríguez Edafoloxía e Quím. Agr. 13289 [email protected] Fac. de Bioloxía. Campus Vida.

Francisco J. Pontevedra Pombal

Edafoloxía e Quím. Agr. 13238 [email protected] Fac. de Bioloxía. Campus Vida.

Margarita Barral Martínez Historia Cont. e América 12575 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 1ª planta. Despacho 104

Julio Vázquez Castro Historia da Arte 12714 [email protected] Fac. Xeog. e Hª. 2ª planta. Despacho 205

Mª. Teresa Carballeda Rivera Dereito Publ. e Teoría do Estado 14690 [email protected] Fac. Dereito. Campus Vida

Na Facultade existe un Despacho de Profesores Visitantes, situado na Planta Baixa (Despacho nº 015). Algúns dos

profesores doutras Facultades con docencia en Xeografía establecen alí as titorías.

Page 11: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Información xeral para os estudantes da USC

Case toda a información necesaria para a túa vida na Universidade a tes dispoñible na páxina web da USC (http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/) Nelas podes atopar, ademais da información académica e administrativa, información sobre bolsas, programas de mobilidade, actividades deportivas e culturais na USC Tamén podes atopar moita información na páxina web da Facultade de Xeografía e Historia (http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/) Para calquera consulta a USC dispón ademáis dunha Oficina de Información Universitaria http://www.usc.es/oiu

Pavillón Estudantil, 2º andar - Campus Vida Teléfono: 881 81 20 00 E-mail: [email protected]

Page 12: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Tarxeta Universitaria de Identidade

A Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) é o documento que che identifica coma membro da Comunidade Universitaria. Ademais pode ter funcións de monedeiro electrónico, que poderás usar para certos servizos coma os de reprografía. Os estudantes matriculados en titulacións oficiais de grao non teñen máis que acudir á oficina do Campus do Santander Central Hispano levando unha fotografía e cubrindo o formulario correspondente.

Credenciais de acceso e Correo electrónico

Cando formalizas a matrícula por primeira vez na USC, créanse automaticamenteas túas Credenciais de Acceso e

una conta de correo electrónico institucional. As credenciais de acceso serven para identificarchecoma membro da comunidade universitaria en practicamente todos os servizos da USC: correo electrónico, acceso aos ordenadores da USC, Campus Virtual, Secretaría Virtual…

Page 13: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

As credencias teñen un formato xeral [email protected], e un contrasinal privado que pode ser modificado en calquera momento. Aínda que seguramente tes una conta de correo privada, é altamente recomendable que na túa comunicación respecto a asuntos académicos cos profesoresutilices o correo electrónico da USC.

Activación de acceso á WifiEduroam

Dende calquera edificio da USC podes ter acceso a conexión Wifi. A rede Eduroam permite un acceso a internet non soamente na USC, senón tamén en calquera das universidades ou institucións adheridas á iniciativa Eduroam: (http://www.usc.es/gl/servizos/atic/rede/senfios/eduroam/) Necesitas activar o servizo de acceso á rede Eduroam, no teu Portal de Activación de Servizos: http://www.usc.es/gl/servizos/atic/portalas/ O uso da rede Eduroam precisa da instalación dun software específico de seguridade. Para poder instalalo no teuequipo particular, tes as instrucións en http://www.usc.es/gl/servizos/atic/rede/senfios/

Page 14: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

A meirande parte das materias atópanse no Campus Virtual. Esta é una plataforma

de apoio aos docentes e aos estudantes. A través dela os profesores facilitarán materiais de clase como apuntes, materiais para prácticas, enlaces a páxinas web, así como tamén pode servir para levar a cabo avaliacións, exercicios, entrega de traballos…

É importante que verifiques canto antes que podes acceder ao Campus Virtual e que tes acceso ás materias nas que estás matriculado O acceso ao Campus Virtual faise a través do enlace: http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html

Podes consultar unha Guia de uso en: http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/alumnado.html

Page 15: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Biblioteca

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/ A Biblioteca se atopa na segunda planta da Facultade. O seu horario normal de funcionamento é de 8:30 a 21:30. Para o uso dos servizos das Bibliotecas da USC é necesario ter activada a TUI. Ademais do acceso aos libros e revistas dispoñibles nos fondos da Biblioteca, tes acceso a revistas electrónicas das principais editoriais científicas, así como a libros electrónicos e ao Repositorio Institucional da USC. http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/recursos/ A principios de curso, a Biblioteca da Facultade organiza un cursiño de funcionamento e busca de bibliografía para os alumnos de 1º Curso, recoñecible coma créditos ECTS. Aínda que vos avisaremos con tempo, procura estar atento ás datas de celebración. Lembra que podes utilizar todas as Bibliotecas da USC, pero que para o acceso a algunhas delas coma a Biblioteca Concepción Arenal necesitas activar a TUI.

Page 16: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Aulas de informática

A Facultade dispón de tres Aulas de Informática. As aulas A17, situada na segunda planta, e AI-04 situada na planta baixa, son aulas para docencia; pero existe ademais un Aula de Informática para alumnos na segunda planta. Nesa aula tes dispoñiblepracticamente o mesmo software que en calquera das Aulas de Docencia, pero podes acceder a ela en calquera momento dentro dos horarios de apertura da aula. Os horarios establécense para cada cuatrimestre. Lembra que para utilizar calquera ordenador na USC terás que identificarte mediante as túas Credenciais de Acceso.

Page 17: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

Servizos de reprografía Campus na Nube

A USC ten centralizado o servizo de impresión dixital en Campus na Nube. Utilizando a túa TUI e as credenciais de acceso, podes enviar e imprimir arquivos e recollelos en distintos centros, incluíndo un situado na Praza de Mazarelos.

http://campusnanube.com/impresion-autoservicio/

Outros espazos na Facultade Seminario do Departamento de Xeografía

O Seminario do Departamento é un espazo para usos diversos, no que se celebran reunión dos órganos colexiados, reunións académicas e tamén actividades docentes de grupos reducidos. Atópase na 2ª planta da Facultade (Seminario 213)

Laboratorio Aula 01

Page 18: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

O Laboratorio atópase na planta baixa da Facultade. A permanencia no Laboratorio so pode facerse en presenza dun profesor, salvo que teñas autorización expresa.

Acreditación do nivel B1 de Lingua Extranxeira

Para obter o título de grao necesitas acreditar o dominio dunha lingua estranxeira no nivel B1 segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC imparte cursos e leva a cabo as probas para a obtención do certificado.

http://www.usc.es/gl/servizos/clm/ Pero tamén podes optar por obter certificacións de nivel superior, algo moi recomendable especialmente se tes intención de solicitar becas Erasmus, cursar un Master no extranxeiro... ¡Procura non esperar aos últimos cursos para obter a acreditación B1!

Horarios Curso 2016-2017

Os Horarios de cada curso están dispoñibles na web da USC

(http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/) e colgados nos tablóns

de anuncios da Facultade. Ten en conta que sempre se poden

producir modificacións, polo que é importante que verifiques que

tes os horarios e Aulas correctos.

Page 19: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

En pouco tempo coñecerás a distribución das Aulas na nosa

Facultade. En cada planta atoparás uns paneis coa localización das

Aulas, despachos e outras instalacións.

Para as materias con varios grupos de Aulas Interactivas, o Decanato

establece nas primeiras semanas a distribución dos alumnos por

Grupos. Pódese solicitar cambio de Grupo, pero ten que ser sempre

por motivos xustificados, xeralmente de carácter laboral ou

conciliación familiar.

Ademais das horas docentes nas aulas, os profesores teñen unhas

horas de titorías nos seus despachos. Podes consultalas na páxina

web dos horarios dos profesores

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/profesorado.html

Permanencia e asistencia en Títulos de Grao

Existe unha normativa para a permanencia dos estudantes nos

títulos de Grao da USC, que podes consultar en

http://www.usc.es/gl/normativa/estudantes/

Page 20: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio · 2016. 9. 22. · Directorio do Departamento de Xeografía Nome Area Extensión tlf. Correo electrónico Despacho Persoal docente

A modo de resumo, ten en conta que para poder continuar os

estudos de Grao tes que aprobar polo menos unha materia de 1º

Curso. De non cumprirse, pódese formalizar de novo a matrícula no

seguinte curso, pero neste caso deberás superar un mínimo de 30

créditos do primeiro curso para matrícula a tempo completo, e 15

no caso de tempo parcial.

Nos seguintes cursos os estudantes deben matricularse

obrigatoriamente de todas as materias pendentes, pero sempre sen

superar os 75 créditos.

Dispós de catro convocatorias anuais para superar una materia,

unha por curso. En cada convocatoria terás dúas oportunidades,

unha en maio e outra en xuño-xullo.

A asistencia a clase é obrigatoria e pode contabilizar para a

cualificación final. Consulta na programación de cada materia os

criterios a este respecto.