GuÃa pais nais Mosteiro 2017-2018 - edu.xunta.gala... · Title: Microsoft Word - GuÃa pais nais...

12
1 Contido Calendario anual de actividades da ANPA e celebracións mes a mes ....................... 2 As comisións de traballo e o seu funcionamento...................................................... 4 Comisión de aniversarios ..................................................................................... 4 Comisión de biblioteca ......................................................................................... 5 Comisión de recursos de galego ........................................................................... 6 Comisión de colonias............................................................................................ 7 Comisión de escola de familias ............................................................................. 8 Datos de contacto da ANPA.................................................................................... 11 Datos de contacto do colexio ................................................................................. 12

Transcript of GuÃa pais nais Mosteiro 2017-2018 - edu.xunta.gala... · Title: Microsoft Word - GuÃa pais nais...

1

Contido Calendario anual de actividades da ANPA e celebracións mes a mes ....................... 2 As comisións de traballo e o seu funcionamento ...................................................... 4

Comisión de aniversarios ..................................................................................... 4 Comisión de biblioteca ......................................................................................... 5 Comisión de recursos de galego ........................................................................... 6 Comisión de colonias ............................................................................................ 7 Comisión de escola de familias ............................................................................. 8

Datos de contacto da ANPA .................................................................................... 11 Datos de contacto do colexio ................................................................................. 12

2

Calendario anual de actividades da ANPA e celebra-cións mes a mes SETEMBRO

Recollida de libros, axenda e pagamento da cota da ANPA. Iscripción nas actividades extraescolares. Asemblea da ANPA co tema central das actividades extraescolares.

OUTUBRO Inicio das actividades extraescolares.

NOVEMBRO Magosto

o para alumnado no horario escolar (centro) o para as familias en horario de tarde (ANPA)

DECEMBRO Festival de Inverno (centro) Venda de plantas, calendarios e lotería para colonias (ANPA)

XANEIRO Baixas e altas nas actividades extraescolares do segundo cuadrimestre.

FEBREIRO/MARZO Entroido

o Bailes no centro (alumnado) o Desfile en Bembrive (alumnado participante e familias) o Outros desfiles (Mos, Redondela, Baiona… depende do ano. Parti-

cipan alumnado e familias) ABRIL

Cross (ANPA)

3

MAIO Festival de primavera (centro) Maios (ANPA) Maios / Alfombras (centro)

XUÑO Festival de actividades extraescolares Asemblea da ANPA Reserva de libros Reserva de comedor, madruga e bus

TODOS OS MESES Festas de aniversario do alumnado de infantil (Comisión de aniversarios do

centro.) Colaboración por cursos no avituallamento dos chiringuitos montados nas

distintas festas para xuntar os cartos de colonias. (Comisión de colonias do centro)

TODOS OS ANOS Colonias (centro)

4

As comisións de traballo e o seu funcionamento

A comunidade educativa do CEIP Mosteiro Bembrive leva a cabo numerosas activi-dades ao longo do ano de xeito paralelo á actividade lectiva, para o que se organiza nas seguintes comisións:

Comisión de aniversarios Comisión de biblioteca Comisión de recursos de galego Comisión das colonias Comisión de escola de familias

A participación nas comisións é voluntaria. O grao de implicación dependerá sempre da dispoñibilidade de cadaquén.

Anexo a esta guía facilítase un formulario para inscribirse nas comisións correspon-dentes.

Comisión de aniversarios Composición: Pais e nais do ciclo de Infantil. Mestras de referencia: Marga Villar e Belén Funcia. Actividade: O último venres de cada mes, por norma xeral, celébranse os aniversa-rios de todos os nenos e as nenas de infantil dese mes. A celebración ten lugar arre-dor das 11 da mañá no comedor e consiste nunha merenda con torta e deseguido unha actuación teatral, contacontos… preparada e protagonizada polos pais e nais. Datas: Ao principio do curso establécense as datas das celebracións de todo o ano, se ben nalgúns casos hai cambios que se van comunicando sobre a marcha. Tarefas para as que se precisan persoas voluntarias:

Facer as tortas. Facer as coroas para os/as homenaxeados/as. Preparar a actuación e actuar. Mercar o material necesario (merenda, agasallos en Nadal…) Levar a tesourería

5

Preparar o comedor entre as 9 e as 11 da mañá os días dos aniversarios (mover as mesas, facer bocadillos etc.).

Modo de comunicación: Por whatsapp. A persoa coordinadora do grupo convidará a participar no mesmo as persoas interesadas que así o indiquen no formulario. Ade-mais celebrarase unha reunión da comisión a principio do curso á que se convoca a todos os pais e nais que indicaron no formulario que estaban interesados/as en par-ticipar na comisión. Orzamento: Esta comisión conta cun pequeno orzamento para material, que consiste nunha achega realizada polos pais/nais de infantil a finais de cada curso escolar (aprox. 11/12 €), que se encargan de recoller as correspondentes mestras de cada curso de infantil. Observacións:

As tortas deberán ser para intolerantes (de galleta e chocolate). No colexio vanse gardando os guións das obras de teatro, que están a dispo-

sición das nais e pais para volver empregalas. Normalmente, na medida do posible, quédase o venres anterior ao día da

celebración pola tarde ou durante esa mesma semana ‒sen que sexa isto un requisito obrigatorio para participar‒ para decidir o que se vai representar, ver as necesidades de vestiario, número de personaxes e repartir papeis. En todo caso, o grao de participación depende da dispoñibilidade das persoas.

Nalgúns meses, a celebración dos aniversarios aprovéitase para realizar ou-tras actividades despois da merenda, polo que se cancela a actuación dos pais/nais: no Nadal, coa entrega de agasallos por parte de Papá Noel/o Apalpador (protagonizado polos pais/nais), no mes de maio, cando o colexio aproveita para facer un maio ou alfombras florais e no mes de xuño, cando ten lugar a graduación do alumnado de 5 anos.

Comisión de biblioteca Composición: Pais e nais dos ciclos de Primaria e Infantil, mestras e encargada da biblioteca. Mestra de referencia: Actividade: Organización de actividades relacionadas coa lectura.

6

Obxectivos: Contribuír á catalogación dos fondos da biblioteca. Potenciar na comunidade educativa o gusto pola lectura. Achegar suxestións que fomenten os bos hábitos lectores. Apoiar todas as iniciativas que decida levar a cabo a comisión.

Tarefas para as que se precisan persoas voluntarias: Facer propostas de actividades relacionadas coa lectura. Colaborar nas actividades que se realicen en relación coa biblioteca. Levar a "enfermería" dos libros, que consiste en ir arranxando os libros ve-

llos que así o precisen. Cada dous anos: colaborar na organización da exposición literaria que se ce-

lebra en torno ao día do libro, en abril, onde se presentan as novidades de diferentes editoriais galegas.

Modo de comunicación: Ao principio do curso convócase a unha reunión ás persoas que se amosaron interesadas en participar nesta comisión a través do formulario, onde se poñen en común ideas e propostas relacionadas coas actividades lectoras. Ademais desta reunión inicial, ao longo do ano tamén poden realizarse propostas e achegar ideas neste sentido. Orzamento: Entre un 5 e un 10 % do orzamento do centro. A achega do PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares).

Comisión de recursos de galego Composición: Pais e nais dos ciclos de Primaria e Infantil, equipo de dinamización lingüística do centro. Mestra de referencia: Teresa Rodríguez Actividade: Propoñer e aplicar medidas prácticas que contribúan ao incremento do uso efectivo do galego nas aulas e nas actividades lectivas do centro educativo. Tarefas para as que se precisan persoas voluntarias: 1. Alimentar de forma constante un documento (formato Excel) onde se compilen os recursos en galego relacionados co proxecto anual de centro e coas

7

actividades festivas para a súa posta a disposición do profesorado/comunidade esco-lar (música, audiovisual, material oral). 2. Poñerse á disposición do profesorado/dirección do centro para, na medi-da do posible e dentro das limitacións do traballo voluntario, facer traducións ao galego de material para traballar na aula ou para difundir no centro. 3. Facer propostas de calquera tipo destinadas a incrementar e fomentar o uso do galego nas actividades do centro. Modo de comunicación: Por WhatsApp/email. A persoa coordinadora do grupo con-vidará a participar no mesmo as persoas interesadas que así o indiquen no formula-rio.

Comisión de colonias Composición: Pais e nais dos ciclos de Primaria e Infantil, mestras encargadas das colonias. Mestra de referencia: Pachu Nicolás. Actividade: Saídas de fin de semana dunha noite para os alumnos de 6º de infantil ata segundo de primaria e de dúas noites para os alumnos de terceiro a 6º de prima-ria. Estancias en réxime de residencia en instalacións axeitadas de Galiza para a realiza-ción de visitas, actividades lúdicas, deportivas, culturais, ecolóxicas e de lecer. Agás no caso de sexto de primaria que saen de mércores a venres o resto dos cursos saen de venres a sábado ou a domingo dependendo do nivel. Estas saídas resultan moi beneficiosas para o crecemento e desenvolvemento dos nenos nun entorno diferente e una experiencia de convivencia moi formativa para os nosos alumnos. Tarefas para as que se precisan persoas voluntarias:

Colaborar na entrega e reparto de material para financiamento das colonias (plantas, calendarios, lotería).

Organizar e participar na atención dos distintos bares que se montan ao longo do curso, uns dentro do propio centro (Magosto, Nadal, Cross escolar, Festa de actividades) e outros en festas nas que somos convidados pola En-

8

tidade Local Menor de Bembrive (Festa da sidra, Festa do acordeón, Carreira nocturna, Entroido).

Participación no Entroido organizado pola Entidade Local menor e no caso de ter dispoñibilidade e conseguir inscrición noutros entroidos (Mos, Re-dondela...)

Suxerir novas actividades ou destinos para os distintos cursos. Acompañar o alumnado nas saídas programadas. Debater novas propostas de financiamento. Avaliar as actividades desenvoltas nas diferentes saídas. Todas aquelas iniciativas que xurdan na propia comisión e sexan consensua-

das por todos os seus membros. Modo de comunicación: Mediante cita xeralmente a través de circular enviada polo propio centro para as reunións e por WhatsApp para os distintos bares.

Comisión de escola de familias Composición: Pais e nais dos ciclos de Infantil e Primaria, equipo de Orientación e mestras. Mestra de referencia: María Goretti Vila Pazos Introdución: A educación dos nosos fillos e fillas é unha difícil tarefa na que estamos inmersos tanto a escola como as familias, e na que a colaboración de ambas resulta esencial e altamente beneficiosa. Aínda quedan moitos cabos por atar, pero a nosa intención é a de ir dando pasos seguros para chegar a contar cunha escola de familias sólida e duradeira no noso centro. Moi importante: a colaboración e o compromiso de todos e todas de participar na Escola na medida do posible (!!) Obxectivos:

Propiciar momentos de reflexión e de intercambio de experiencias en torno a situacións da vida cotiá e dinámicas de funcionamento do grupo familiar e propoñer recursos para mellorar ou cambiar esas dinámicas, no seu caso.

Estimular nos pais e nais o desenvolvemento de habilidades e actitudes que contribúan ao desenvolvemento positivo dos fillos e fillas e da familia.

9

Favorecer a comunicación na familia e co entorno educativo. Promover o coñecemento das características evolutivas e das necesidades

dos nenos e nenas. Identificar a tempo situacións problemáticas que poidan existir na familia o

nalgún membro dela para previr posibles consecuencias de problemas soci-oeducativos como condutas violentas, fracaso escolar, consumo e hábitos non saudables.

Achegar información sobre calquera tema relevante para o crecemento in-tegral dos fillos e fillas.

Estrutura da Escola: A formación ás familias ofrecerase a través de dous tipos de sesións:

1. Talleres de formato pequeno, cun número limitado de asistentes, compos-to, na medida do posible, por nais e pais de nenos e nenas de idades seme-llantes (en principio poderían agruparse en catro grupos: infantil, 1º+ 2º, 3º+4º e 5º+6º).

2. Charlas, abertas e sen límite de asistencia (en principio poderían ser tres ao longo de todo o ano: unha por trimestre).

Os talleres consistirán en sesións participativas nas que se exporá un tema relevante para as familias, intercambiaranse experiencias entre os asistentes, facilitarase in-formación e estratexias para abordalo e desenvolveranse dinámicas e técnicas para que as familias poñan en práctica os contidos e os recursos. Nestes talleres os temas que se tratarán axustaranse na medida do posible ás idades dos nenos e nenas, e configuraranse tendo en conta os desexos e inquedanzas que expresen as familias e o profesorado do centro. En canto ás charlas, serán abertas e sen límite de asistencia. Os temas que se trata-rán serán máis amplos e de interese educativo xeral. Con posterioridade á charla, abrirase unha rolda de preguntas e un debate aberto. Exemplos de temas para os talleres:

Presentación. Que é educar? Educar a/con intelixencia emocional. A comunicación: estratexias para entendernos mellor cos nosos/as fillos/as. Coñezo o meu fillo/a? Resolución de conflitos na educación dos nosos fillos e fillas. desenvolvemento da personalidade na adolescencia.

10

Educar para o ocio e o tempo libre. Potenciar a autoestima equilibrada. As normas, castigos e a autoridade positiva familiar. Como falar cos fillos/as sobre temas "difíciles": drogas, sexo, morte... Estilos educativos dos pais e as nais a influencia no comportamento dos/as

fillos/as. Habilidades sociais: como facer peticións e expresar críticas. Os bos pais non nacen, fanse; aprender a ser mellores pais e nais, pautas

educativas. Exemplos de temas para as charlas:

Hábitos saudables. A importancia dunha boa alimentación. Educar na igualdade. Técnicas de estudo. Xogo didáctico. Hábitos saudables. A importancia dunha boa hixiene dental.

Modo de comunicación: Por Tokapp School, WhatsApp ou circular. Con tempo sufi-ciente para que podamos organizarnos e acudir de xeito masivo, fundamental para sacar adiante este proxecto.

11

Datos de contacto da ANPA Xunta directiva:

Montserrat Puime González Presidenta Marga García Souto Vicepresidenta, Transporte Diego Barros Alonso Tesoureiro Alexandra Pereira Pérez Tesoureira Natalia Moure López Secretaria Nuria Costas Caride Vogal De Actividades Vanesa María Correa Abalde Vogal De Actividades Eugenio Camiña Gándara Vogal De Comedor Rafael Ameneiro Bravo Vogal De Cross Almudena Carballo González Vogal de Apoio Iolanda Pérez Posada Vogal de Apoio Beatriz González Lamas Vogal de Apoio

Correo electrónico:

[email protected]

Números de teléfonos: ANPA 665 860 814 Comedor 665 860 811 (María José) Autobús 694 468 167 (Erika)

12

Datos de contacto do colexio Teléfonos

886120216 886120217

Fax 886120218

Correo electrónico [email protected]

Esta é unha pequena guía que será ampliada a través de circulares que chegarán nas mochilas dos vos@s fill@s onde se farán en cada momento as notificacións pertinen-tes con respecto a normas e datas específicas de funcionamento. Benvid@s a tod@s e grazas por ternos elixido e querer formar parte deste proxec-to.