Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos...

46
Páx1 de 46 CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra 8861 20750 8861 20776 [email protected] Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Modelo MD85ACO01 CURSO 2017 - 18 Guía do alumnado CIFP MANUEL ANTONIO ELABORADO REVISADO APROBADO AREA DE CALIDADE, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL Asdo. Asdo. Asdo. Data 14 Setembro-2017 Data Data

Transcript of Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos...

Page 1: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

Páx1 de 46

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

Modelo MD85ACO01

CURSO 2017 - 18

Guía do alumnado

CIFP MANUEL ANTONIO

ELABORADO REVISADO APROBADO

AREA DE CALIDADE, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Asdo.

Asdo.

Asdo.

Data 14 – Setembro-2017 Data Data

Page 2: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

2

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Índice

1. Presentación do centro

1.1. Localización 1.2. Horarios 1.3. Oferta educativa 1.4. Organigrama funcional

3

4 4 5

10

2. Política de calidade 10

3. Dereitos e deberes do alumnado 11

4. Normas de convivencia no centro 16

5. Servizos do centro

5.1. Biblioteca 1. Obxectivos 2. Normas xerais de comportamento na biblioteca 3. Préstamos 4. Horario

5.2. Aulas 5.3. Cafetarías 5.4. Aparcamento

16 16 16 17 17 18 18 18 18

6. Horario e módulos do ciclo 18

7. Calendario escolar 19

8. Información de interese 8.1. Matrícula e convocatoria 8.2. Promocións e recuperacións 8.3. Validacións e exencións 8.4. Faltas de asistencia 8.5. Bolsas 8.6. Formación en centros de traballo 8.7. Emprendemento 8.8. Programas internacionais 8.9. Plurilingïsmo 8.10. Recursos informativos

22 22 22 26 30 31 31 32 32 32 32

9. Normas en caso de evacuación 33

ANEXO: Normas básicas de convivencia no CIFP

34

Page 3: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

3

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

1. Presentación do centro O CIFP Manuel Antonio está ubicado na cidade de Vigo, na estrada de Madrid, rodeado de tres centros próximos; o Centro Residencial Docente que esta integrado dentro das instalacións e recinto do CIFP, onde reside parte do alumnado do Instituto; unha residencia da terceira idade; un centro médico-xeriátrico asistido e un hospital xeral, así como dous centros docentes o CIFP Valentín Paz Andrade e IES Ricardo Mella.

Foi construído en 1976 como Centro de Universidades Laborais; o CIFP Manuel Antonio, érguese estendido sobre a vertente norte da ladeira dunha colina, que se atopa no barrio do Arieiro, pertencente á entidade menor de Bembrive, o que se coñece como Meixoeiro. A superficie total do recinto é duns 52.600 m2.

Desde o punto de vista arquitectónico é de resaltar a orixinalidade da súa construción, cualidade que o acredita como un dos edificios docentes máis singulares de Galicia; en el diferéncianse claramente dous corpos: por unha banda o Centro Residencial Docente e pola outra o Centro Integrado propiamente dito, formado por unha peculiar combinación de módulos rectangulares e poligonais, que se comunican entre si por corredores porticados; sendo o material de construción o formigón prefabricado. Todo isto forma unha unidade con distintas zonas diferenciadas, simulando a organización arquitectónica das aldeas tradicionais galegas.

Dentro do conxunto destaca como parte central o Salón de Actos de forma poligonal ó aire libre, que representarían respectivamente a igrexa e a praza principal da localidade, ó redor das que se situarían as distintas dependencias: zona administrativa, de dirección e zona de aulas.

Todo o conxunto arquitectónico ten unha grande orixinalidade debido á integración da construción na paisaxe con amplas zonas verdes e unha gran variedade de especies arbóreas.

É de subliñar a biblioteca do centro de planta hexagonal e tres niveis rematada nunha cúpula de cristal, onde a amplitude do espazo xoga un papel moi importante.

Un aspecto que cumpriría destacar da súa historia é que inicialmente foi creado como Centro de Universidades Laborais, a última do franquismo, pasando logo a ser un C.E.I. (Centro de Ensinanzas Integradas), posteriormente I.E.S.P (Instituto de Educación Secundaria e Profesional) e despois en I.E.S. (Instituto de Educación Secundaria), e, finalmente en CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) dende o 1 de xullo do ano 2011.

Page 4: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

4

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

1.1. Localización

Planos do centro

1.2. Horarios

O CIFP Manuel Antonio ten os seguintes horarios:

O centro está aberto de 8:00 a 23:00

O horario de atención ao público na secretaría é de 9:00 a 14:00 horas durante todo o ano.

Ademáis os luns e mércores: de 16:00 a 19:00

O horario das clases de:

réxime ordinario de mañán: de 8:40 a 15:00 (recreo de 11:40 a 12:00)

réxime ordinario de tarde: de 15:20 a 21:40 (recreo de 18:20 a 18:40 )

réxime adultos modular de tarde: de 16:20 a 22:40 (recreo de 18:20 a 18:40)

(agás situacións excepcionais, como os grupos afectados polo servicio de restaurante en Hostalaría, FP Básica, etc.)

Page 5: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

5

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

1.3. Oferta educativa

Os ciclos que se imparten no centro no actual curso 2017-2018 pertencen ás familias de Química, Sanidade, Hostalaría e Turismo, Téxtil e a de Industrias Alimentarias.

Consultar na páxina web do centro http://centros.edu.xunta.es/cifpmanuelantonio

Oferta educativa.

1. Formación Profesional

A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida. Esta modalidade de estudos ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo, aspecto que se trata de garantir combinando a formación no centro educativo coa formación nas empresas. Está organizada nun conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-practicos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións. Si precisades de máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Orientacion/folletos_informativos/conece_a_fp.pdf

2. FP Básica

Finalidade da FP Básica:

Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para

o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Alcanzar e desenvolver as competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida para

proseguir estudos de ensinanza secundaria postobrigatoria ou facilitar a súa transición cara á vida activa.

Page 6: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

6

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

3. FP Dual

A formación profesional dual combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de

formación.

Realízase como actividade formativa inherente aos contratos para a formación e a aprendizaxe

consonte o establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, e ten por obxecto a cualificación

profesional dos traballadores e das traballadoras nun réxime de alternancia da actividade laboral

retribuída nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo.

4. Probas libres

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

5. Acreditación de competencias

Un dos fins do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional é o de avaliar e acreditar

oficialmente a cualificación profesional, calquera que fose a súa forma de adquisición.

A avaliación e a acreditación da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral ou

de vías non formais de formación se debe desenvolver seguindo criterios que garantan a fiabilidade, a

obxectividade e o rigor técnico da avaliación, e que terá como referente o Catálogo nacional de

cualificacións profesionais.

6. Cursos de AFD

Estes cursos son accións formativas para a promoción do emprego, fundamentalmente xuvenil. Estas accións de formación profesional conforman un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego, como medida de mellora da empregabilidade .

Page 7: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

7

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Oferta educativa – Curso 2017-18

Familia Profesional : HOSTALARÍA E TURISMO

GRAO CICLO FORMATIVO RÉXIME MODALIDADE QUENDA CÓDIGO PRAZAS

Básico Cociña e restauración. 1º

e 2º

Ordinario Presencial Diúrno

Vespertino

CBHOT01 15

M

edio

Med

io

Cociña e gastronomía (A). 1º e 2º Ordinario Presencial Diúrno CMHOT01 22

Cociña e gastronomía (B). 1º e 2º Ordinario Presencial Vespertino CMHOT01 22

Servizos en restauración. 1º e 2º Ordinario Presencial Diúrno CMHOT02 30

Servizos en restauración (7 Módulos) 1º-3º

Itinerarios

Adultos Presencial Vespertino ZMHOT02 30

Cociña e gastronomía. 1º e 2º Itinerarios Adultos Presencial Vespertino ZMHOT01 22

Sup

erio

r

Sup

erio

r

Dirección de cociña. 1º e 2º Ordinario Presencial Diúrno CSHOT04 22

Dirección de servizos de restauración. 1º e

Ordinario Presencial Diúrno CSHOT05 22

Axencias de viaxes e xestión de eventos. 1º

e 2º

Ordinario Presencial Diúrno CSHOT02 30

Guía, información e asistencia turísticas.1º e

Ordinario Presencial Diúrno CSHOT03 30

Xestión de aloxamentos turísticos. 1º e 2º Ordinario Presencial Vespertino CSHOT01 30

Axencias de viaxes e xestión de eventos (3

Módulos)

Adultos Distancia Vespertino ZSHOT02 50

Dirección de cociña (4 módulos) 3º

Itinerario

Adultos Distancia Vespertino ZSHOT04 50

Guía, información e asistencia turísticas.

Completo

Adultos Distancia Vespertino ZSHOT03 50

Page 8: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

8

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Familia Profesional : INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

GRAO CICLO FORMATIVO RÉXIME MODALIDADE QUENDA CÓDIGO PRAZAS

M

edio

Med

io

Panadaría, repostaría e confeitaría (A) .1º e

Ordinario Presencial Diúrno CMINA01 22

Panadaría, repostaría e confeitaría (B). 1º e

Ordinario Presencial Vespertino CMINA01 22

Familia Profesional : QUÍMICA

GRAO CICLO FORMATIVO RÉXIME MODALIDADE QUENDA CÓDIGO PRAZAS

Medio

Operacións de laboratorio. 1º e 2º Ordinario Presencial Diúrno CMQUI02 22

Su

per

ior

Sup

erio

r

Laboratorio de análise e de control de

calidade. 1º e 2º

Ordinario Presencial Diurno CSQUI01 22

Laboratorio de análise e de control de

calidade.1º e 2º Itinerarios

Adultos Presencial Vespertino ZSQUI01 22

Química ambiental 1º Ordinario Presencial Vespertino CS18002 30

Química industrial. 1º e 2º Ordinario Presencial Diurno CSQUI02 22

Fabricación de produtos farmacéuticos,

biotecnolóxicos e afíns. 2º itinerario

Adultos DUAL

Presencial

Vespertino SQUI03 22

Page 9: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

9

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Familia Profesional : SANIDADE

GRAO CICLO FORMATIVO RÉXIME MODALIDADE QUENDA CÓDIGO PRAZAS

Su

per

ior

Sup

erio

r

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. 1º e

Ordinario Presencial Diurno CSSAN06 22

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

(4 módulos)

Adultos Presencial Vespertino ZSSAN06 22

Hixiene bucodental . 1º e 2º Ordinario Presencial Diurno CSSAN09 22

Laboratorio clínico e biomédico. 1º e 2º Ordinario Presencial Diurno CSSAN05 22

Laboratorio clínico e biomédico. 1º e 2º

Itinerarios

Adultos Presencial vespertino ZSSAN05 22

Próteses dentais. 1º e 2º Ordinario Presencial Diurno CSSAN02 22

Audioloxía protésica. 1º e 2º itinerarios Adultos Presencial Vespertino ZSSAN01 22

Familia Profesional : TÉXTIL

GRAO CICLO FORMATIVO RÉXIME MODALIDADE QUENDA CÓDIGO PRAZAS

Básico Tapizaría e cortinaxe. 1º e 2º Ordinario Presencial Diúrno CBTCP02 15

Med

io

Med

io

Sup

erio

r

Sup

erio

r

Confección e moda. 1º e 2º Ordinario Presencial Diurno CMTCP01 22

Confección e moda. 1º Itinerario Adultos DUAL

Presencial

Vespertino ZMTCP01 12

10

Su

per

ior

Patronaxe e moda. 1º e 2º Ordinario Presencial vespertino CSTCP01 22

Page 10: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

10

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

1.4. Organigrama funcional

2. Política de calidade

O noso centro dispón dun sistema de xestión da calidade conforme a norma UNE-EN ISO 9001:2008 ao que convidámoste a participar coa túa opinión a través das enquisas que poderás cumprimentar ao longo do curso ou a través da caixa de suxestións. Contribuirás deste xeito á mellora do noso sistema de xestión da calidade.

Page 11: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

11

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

3. Dereitos e deberes As normas de organización, funcionamento e integración do noso centro están deseñadas para garantir o respecto entre tódolos membros da comunidade educativa e favorecer o ambiente educativo para acadar un óptimo aproveitamento dos recursos ao alcance do alumnado. MARCO LEGAL:

LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade Educativa.

DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

LEI 42/2010, do 30 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Dereitos e deberes do profesorado.

Dentro do marco legal establecido e no ámbito da convivencia escolar, sublíñanse o

recoñecemento dos seguintes dereitos:

a) A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

b) A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral. c)A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia escolar e da educación

integral do alumnado. d) Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes. e) A acceder a formación necesaria na atención á diversidade e na conflictividade escolar. f) A exercer as súas funcións docentes e impartir as ensinanzas con plena liberdade de cátedra, colaboración e respecto mutuo, empregando para iso os métodos pedagóxicos máis convenientes para a formación integral do alumnado e a súa propia realización persoal, axustándose ós obxectivos e contidos programados, segundo os currículos dos ciclos. i) A utilizar as instalacións, medios e materiais pedagóxicos dispoñibles con fins educativos ou de investigación. j) A ser informados, por medio dos órganos colexiados (Claustro, Consello Social), da xestión e administración do Centro.

Page 12: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

12

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Dereitos e deberes do alumnado

Recoñécenselle ao alumnado os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar, sen

prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación:

a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno

desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia,

liberdade e respecto mutuo.

b) O exercicio dos dereitos do alumnado implicará o recoñecemento e respecto dos

dereitos de todos os membros da comunidade educativa.

c) Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as

situacións de acoso escolar.

d) Á liberdade de expresión sen prexuízo dos dereitos de todos os membros da

comunidade educativa e o respecto que merecen as institucións de acordo cos

principios e dereitos constitucionais.

e) Á igualdade de oportunidades mediante a non discriminación por razón de

nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social,

conviccións políticas, morais ou relixiosas, así como por diminución físicas, sensoriais e

psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

f) Á igualdade de oportunidades de acceso aos distintos niveis de ensino.

g) A que se respecte a súa liberdade de conciencia, conviccións relixiosas, ideolóxicas, a

súa integridade física e moral e a súa dignidade persoal, no marco da Constitución

española.

h) A manifestar a súa discrepancia respecto das decisións educativas que lles

afecten. Cando a discrepancia revista carácter colectivo, a mesma será canalizada a

través dos Delegados de cada Grupo, cumprindo o PROTOCOLO DE INASISTENCIA A

CLASE, POR PARTICIPACIÓN EN MANIFESTACIÓN OU CONCENTRACIÓN dentro ou

fora do centro educativo.

i) A que o seu rendemento escolar sexa avaliado con plena obxectividade e

transparencia, conforme o establecido na normativa vixente. O profesorado dará a

coñecer ao alumnado a información relativa á programación de cada módulo

profesional, con especial referencia aos mínimos esixibles para acadar unha avaliación

positiva, así como os criterios de avaliación que serán aplicados.

j) Reclamar contra as cualificacións finais ordinarias e extraordinarias. O alumnado

ou os pais ou titores/as legais do alumnado menor de idade, poderán reclamar as

decisións e cualificacións que, como resultado do proceso de avaliación, se adopten ao

rematar o curso. A Administración educativa establecerá o procedemento para a

formalización e tramitación das reclamacións contra das cualificacións e decisións que

Page 13: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

13

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

como consecuencia do proceso de avaliación se adopten ao fin do curso ou ciclo.

k) A que a súa actividade académica se desenvolva nas debidas condicións de seguridade

e hixiene.

l) Á confidencialidade do Centro sobre toda aquela información que posúa acerca de

circunstancias persoais e familiares do alumnado. No entanto, os Centros comunicarán

á autoridade competente as circunstancias que poidan significar malos tratos para o

alumnado ou calquera outro incumprimento dos deberes establecidos polas leis de

protección de menores.

m) A participar activamente, tanto no proceso educativo, cando sexa consultado pola

Administración educativa, como na toma de decisións en materia de convivencia,

fundamentalmente na elaboración das normas de convivencia e resolución pacífica de

conflitos.

n) A recibir unha formación equilibrada nas dúas linguas oficiais da nosa

comunidade, garantíndose que o alumnado coñeza o vocabulario específico en galego

e castelán.

Son deberes básicos de convivencia do alumnado

a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun

adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou

compañeiras á educación.

b) Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio

das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

c) Aproveitar positivamente o posto escolar que a sociedade pon á súa disposición,

mostrando interese pola aprendizaxe e asistindo a clase diariamente e con

puntualidade.

d) Asistir a clase co material necesario e seguir con atención e respecto as

explicacións do profesorado, sen interromper o normal desenvolvemento das

mesmas, respectando o dereito ao estudio dos seus compañeiros/as e participando de

forma activa e responsable nas actividades propostas polo profesorado.

e) Colaborar no mantemento dun ambiente de traballo adecuado no centro, poñendo

especial coidado nos seguintes aspectos:

– Realizar os cambios de aula con rapidez e o máis silenciosamente posible.

– Dar un bo uso ás instalacións, material, moblaxe e equipos do centro.

Page 14: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

14

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

– Manter una relación cordial e respectuosa con todos os membros da

comunidade educativa (compañeiros/as, profesorado, persoal de secretaría,

conserxes, persoal de limpeza e de mantemento).

f) Servir de canle para a comunicación entre o centro e as familias ou representantes

legais, facéndolles chegar sen demora as comunicacións que o centro lles entregue e

viceversa.

g) Entregar ao profesorado e titor as xustificacións das faltas de asistencia e

puntualidade, nun prazo non superior aos 5 días dende a reincorporación a clase, así

como calquera outra documentación en relación coa súa actividade académica.

h) Asistir aos exames e probas nas datas propostas. As faltas de comparecencia a

exames e probas deben ser xustificadas documentalmente e só en casos excepcionais

de forza maior poderase solicitar a realización por parte do profesorado dunha proba

alternativa. A data de repetición desa proba será fixada polo profesorado de acordo cos

criterios pedagóxicos e marcha da programación que considere adecuados e que será

común para todo o alumnado.

i) Permanecer na aula cando o/a profesor/a falte; pasados 5-10 minuto o/a

delegado/a ou o/a subdelegado/a, ou calquera alumno/a en ausencia destes, acudirá a

Sala de Profesores para notificar ao Profesorado de Garda a ausencia do/a profesor/a.

No seu defecto, informar á Xefatura de Estudos ou outro cargo directivo ou

conserxería.

j) Cumprir e respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do

Centro.

k) Conservar e facer bo uso dos espazos, mantendo sempre o Centro limpo.

l) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade

de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos

restantes membros da comunidade educativa.

m) Non discriminar a ningún membro da comunidade educativa por razón de

nacemento, raza, sexo, ideoloxía ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

n) Respectar o proxecto educativo e o carácter propio do Centro, de acordo coa lexislación

vixente.

o) Participar na vida e funcionamento do Centro.

p) Os/as alumnos/as menores de idade entregaran aos/ás seus pais/nais ou titores/as

legais os boletíns de notas e terán que ser devoltos o/a titor/a correspondente no

prazo fixado.

q) Comunicar rapidamente o/a titor/a ou membro do equipo directivo calquera

desarranxo do que tiveran constancia.

Page 15: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

15

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

r) Participar e intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte a

convivencia do centro.

s) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro

docente.

t) Empregar a parte do aparcadoiro adicada ao alumnado nas prazas sinalizadas

para elo, respectando aqueles espazos asignados ao persoal do centro, e non

obstaculizando a entrada e saída de vehículos.

O incumprimento implicará a toma de medidas disciplinarias, co apercibimento

correspondente, e no caso de reincidencia no incumprimento da normativa

procederase a apertura inmediata de expediente disciplinario.

u) Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.

Cumprir a normativa vixente relativa ós centro educativos, facendo fincapé na

prohibición da venda e consumo de: tabaco, bebidas alcohólicas ou outras drogas. A

prohibición esténdese a todo o recinto do Centro incluíndo patio, xardín, e pavillón.

O incumprimento implicará a toma de medidas disciplinarias, co apercibimento

correspondente, e no caso de reincidencia no incumprimento da normativa

procederase a apertura inmediata de expediente disciplinario.

LEI 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade

educativa

Lei 42/2010 de 30 decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e

reguladora da venda, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do

tabaco.

Page 16: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

16

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

4. Normas de convivencia no centro

No CIFP Manuel Antonio deberemos rexernos polas normas de convivencia, as cales se anexan ao final desta guía, e que tamén se atoparán expostas no taboeiro, e comentadas polo/a titor/a ao comenzo de curso.

O obxectivo último que deberemos perseguir é acadar, coa colaboración de tódolos sectores da comunidade educativa, un marco de convivencia e autorresponsabilidade que faga practicamente innecesaria a adopción de medidas disciplinarias.

5. Servizos do centro

5.1. Biblioteca

O CIFP Manuel Antonio entende a súa biblioteca como un espazo de uso común que debe ser respectado ao máximo por tódolos membros da comunidade educativa por tratarse dun punto de encontro de usuarios afeccionados á lectura, alumnado que desexa estudar, alumnado que utiliza os equipos informáticos para a realización de traballos como tarefa das súas clases, profesores que desexen traballar con seus grupos de clase, etc.

Obxectivos

• Asegurar á toda comunidade educativa o acceso ao fondo de recursos bibliográficos e multimedia dos que dispón a nosa biblioteca.

• Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de entretemento e información.

• Recompilar toda a documentación existente no centro, así como os materiais e recursos didácticos relevantes.

Page 17: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

17

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Normas xerais de comportamento na biblioteca

A biblioteca é un lugar no que polas súas características tódolos usuarios e usuarias deberán respectar as seguintes normas básicas:

a. Cómpre apagar os móviles antes de entrar na biblioteca.

b. É obrigatorio gardar silencio na biblioteca.

c. Non se permite introducir comidas ou bebidas en ningunha zona da biblioteca, agás unha botella de auga.

d. É obrigatorio respectar e conservar as instalacións, mobiliario e fondos documentais.

Está prohibido subliñar, pintar ou esgazar deliberadamente calquera dos seus elementos.

e. A extracción sen autorización da biblioteca de calquera documento suporá a aplicación das sancións correspondentes.

f. Os usuarios e usuarias non poden alterar a disposición dos mobles.

g. A biblioteca non se fai responsable dos obxectos persoais dos usuarios e usuarias.

h. Non está permitida a reserva de postos de lectura.

i. O usuario ou usuaria ten a obriga de reintegrar o documento solicitado nas mesmas condicións físicas en que se lle prestou.

j. En caso de perda ou deterioro dos fondos, o usuario/a estará obrigado a restituír unha obra idéntica á desaparecida ou deteriorada; ou no seu defecto abonar o importe do documento. En tanto no se cumpra este requisito , o usuario/a quedará suspendido de préstamo.

k. O profesorado de garda é o responsable do proceso de entrega e devolución dun documento polo que en ausencia do mesmo non se poderán retirar libros da biblioteca.

l. Os alumnos que utilicen os computadores, deberan apuntar nun caderno situado no mostrador de recepción, o seu nome, o número de computador e a hora en que o utilizaron.

Préstamos en biblioteca

a. Só poderá realizar préstamos dos fondos da biblioteca o profesorado de garda.

b. Antes de realizar o préstamo o profesorado de garda debe comprobar que o usuario ou usuaria non ten mais de tres libros pendentes de devolución. Se un usuario/a ten fondos pendentes de devolución, non poderá levar prestado mais de tres, non tendo dereito á renovación.

c. Os fondos a disposición do alumnado serán libros, vídeos, e dvd . Non se prestarán o resto de materiais especiais almacenados e catalogados na biblioteca como os libros marcados como non prestables, as coleccións ou as revistas.

d. Os prazos de préstamo serán para o Alumnado de 15 días, podendo levar até 3 libros ou fondos por persoa non podendo prorrogarse este prazo ata trascorrer unha semana dende a súa entrega. Só os membros do club de lectura poderán ter en préstamo catro libros.

e. No caso de que algún alumno ou alumna continúe sen devolver o fondo prestado despois de ser avisado na súa titoría, e o período de retención do mesmo supere os 40días, o caso será levado a Xefatura de Estudos, para a súa sanción dacordo co regulamento do centro.

f. A biblioteca dará tamén servizo de consulta dos seus fondos a persoas alleas á comunidade educativa, pero non se lles facilitará en préstamo.

Page 18: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

18

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Horario

A Biblioteca estará aberta de luns a venres, en horario matutino e vespertino. Dito horario será exposto na entrada da Biblioteca e nos taboleiros de información do Centro.

5.2. Aulas No Centro atopámonos con diversas aulas: teóricas, prácticas, de informática, talleres, laboratorios, cociña, comedor, pastelaría, cafetería, … A súa distribución, tanto física como en horario, e as normas de funcionamento de cada unha delas será dada a coñecer polo/a xefe de departamento correspondente.

5.3. Cafetarías A cafetaría do Centro abre de 8 a 20 horas.

A cafetaría do CRD (Centro Residencial Docente) abre de 8 a 20.30 horas, en horario continuo.

5.4. Aparcadoiro

O alumnado aparcará na marxe da entrada do Centro, a ambos lados, sin sobrepasar a barreira, xa que a partir de ahí é para persoal do centro e non obstaculizando a entrada e saída de vehículos.

O incumprimento implicará a toma de medidas disciplinarias, co

apercibimento correspondente, e no caso de reincidencia no

incumprimento da normativa procederase a apertura inmediata de

expediente disciplinario.

6. Horario e módulos do ciclo

O/a titor/a comunica o horario, cos respectivos módulos, ao alumnado o día primeiro de clase (Xornada de acollemento)

Page 19: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

19

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

7. Calendario escolar, curso 2017/18*

1ª AVAL. (64 días lectivos) 2ª AVAL. (47 días lectivos) 3ª AVAL (49 días lectivos) + AVAL. FINAL (12 días lectiv.)

SETEMBRO 2017 XANEIRO 2018 ABRIL 2018

L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D

1 2 3 1 2 3 4 5 6 7 1

4 5 6 7 8 9 10 8 9 10 11 12 13 14 2 3 4 5 6 7 8

11 12 13 14 15 16 17 15 16 17 18 19 20 21 9 10 11 12 13 14 15

18 19 20 21 22 23 24 22 23 24 25 26 27 28 16 17 18 19 20 21 22

25 26 27 28 29 30 29 30 31 23 24 25 26 27 28 29

30

OUTUBRO 2017 FEBREIRO 2018 MAIO 2018

L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D

1 1 2 3 4 1 2 3 4 5 6

2 3 4 5 6 7 8 5 6 7 8 9 10 11 7 8 9 10 11 12 13

9 10 11 12 13 14 15 12 13 14 15 16 17 18 14 15 16 17 18 19 20

16 17 18 19 20 21 22 19 20 21 22 23 24 25 21 22 23 24 25 26 27

23 24 25 26 27 28 29 26 27 28 28 29 30 31

30 31

NOVEMBRO 2017 MARZO 2018 XUÑO 2018

L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D

1 2 3 4 5 1 2 3 4 1 2 3

6 7 8 9 10 11 12 5 6 7 8 9 10 11 4 5 6 7 8 9 10

13 14 15 16 17 18 19 12 13 14 15 16 17 18 11 12 13 14 15 16 17

20 21 22 23 24 25 26 19 20 21 22 23 24 25 18 19 20 21 22 23 24

27 28 29 30 26 27 28 29 30 31 25 26 27 28 29 30

DECEMBRO 2017

XULLO 2018

L M M X V S D L M M X V S D

1 2 3 1

4 5 6 7 8 9 10 2 3 4 5 6 7 8

11 12 13 14 15 16 17 9 10 11 12 13 14 15

18 19 20 21 22 23 24 16 17 18 19 20 21 22

25 26 27 28 29 30 31 23 24 25 26 27 28 29

30 31

Inicio clases: 15/09/2017 1º trimestre: do 15/09/2017 ao 21/12/2017

Día do ensino: 07/12/2017 Día das Letras Galegas: 17/05/18

Final clases: 21/06/2018 2ª trimestre: do 08/01/2018 ao 16/03/2018

Días a elixir polo centro: 2 días

Probas extraordinarias FP Básica: 1,4,5/09/2017

3ª trimestre:do 19/03/2018 ao 21/06/2018

Días elixidos polo claustro de profesorado: 13/10/2017 18/05/2018

Page 20: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

20

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

PERÍODOS DE VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

Día da Hispanidade: 12 de outubro de 2017

Día de Todos os Santos: 1 de novembro de 2017

Día da Constitución: 6 de decembro de 2017

Día do ensino: 7 de decembro de 2017

Día da Inmaculada: 8 de decembro de 2017

Vacacións de Nadal: dende ó 22 de decembro de 2017 ata ó 5 de xaneiro de 2018, ambos inclusive

Vacacións de Entroido: 12,13 e 14 de febreiro de 2018

Vacacións de Semana Santa: dende o día 26 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.

Día do traballo: 1 de maio de 2018

Día das Letras Galegas: 17 de maio de 2018

Días elixidos polo centro (2): 13/10/2017 e 18/0572018

DISTRIBUCIÓN DOS PERIODOS LECTIVOS

Set Outubro Novembro Decembro Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Total

11 21 21 12 18 17 17 20 21 15 173

ENSINANZA 1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

TOTAL

CICLOS FORMATIVOS RÉXIME ORDINARIO

1º ano 65 47

49- 3º Aval. (05/06/2018) 61 – Av. Final (21/06/2018)

2º ano 65 47

ENSINANZA COMEZO REMATE

CICLOS FORMATIVOS Ordinario- Adultos- FP Básica

15 de setembro

21 de xuño

Cálculo de períodos lectivos para o réxime ordinario: 1º curso ( 960 h) => 6 sesións/día x 161 días (15 setembro - 5 xuño) = 966 H lectivas 2º curso ( 630 h) => 6 sesións/día x 111 días (15 setembro - 16 marzo) = 666 H lectivas

Cálculo de períodos lectivos para o réxime de adultos: 1ºe 2º curso ( 1590 h) / 2 = 795 h/curso 5 sesións*/día x 161 días (15 setembro – 5 xuño) = 805 H lectivas

Page 21: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

21

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

CALENDARIO DE AVALIACIÓNS

AVALIACIÓNS iniciais: 18 e 19 de outubro

AVALIACIÓNS TRIMESTRAIS

Outubro Novembro Decembro Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño

1ª avaliación: 20 /12/2017

Réximes ordinario e oferta

modular.

Final extraordinaria ciclos

1400 H.

Final ordinaria /

extraordinaria (FCT).

Entrega de boletíns: 21/12/2017

2ª Avaliación: 14-15/03/2018

Primeiro curso réxime

ordinario, oferta modular.

Segundo curso réxime

ordinario (previa realización

FCT).

Entrega de cualificacións:

16/03/2018

3ª Avaliación: 05/06/2018 (pendente

calendario final de curso)

Primeiro curso réxime ordinario,oferta modular.

Avaliación Final: 21/06/2018

1º e 2º cursos réxime ordinario e oferta modular.

Entrega de cualificacións e informes individualizados

pendente calendario final de curso

PERIODOS DE F.C.T. (períodos aproximados dependendo do ciclo)

CICLOS CONVOCATORIA ORDINARIA

1.400 HORAS

440 horas FCT Aproximadamente dende o 27 de setembro ao 18 de decembro.

2.000 HORAS

384-410 horas FCT

RÉXIME ORDINARIO: aproximadamente dende o 3 de abril ao 15 de xuño, agás

situacións excepcionais.

RÉXIME ADULTOS: aproximadamente dende o 27 de setembro ao 18 de decembro.

O alumnado de 2º curso de Réxime Ordinario poderá incorporarse as empresas, para iniciar a FCT en marzo de

2018, unha vez rematados os prazos administrativos de presentación e resolución de reclamacións.

As convocatorias extraordinarias de FCT para os ciclos de 384-410 H, poden ser nos seguintes períodos:

setembro-decembro, xaneiro-marzo ou abril-xuño.

Page 22: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

22

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

8. Información de interese

8.1. Matrícula e convocatorias

O alumnado formaliza a matrícula do ciclo para cada curso académico, o que lle da dereito a unha única convocatoria, que se esgota cando se realice a avaliación final de módulos do curso.

Pode ser avaliado un máximo de catro convocatorias dun mesmo módulo profesional,con independencia do réxime ou modalidade que se curse. A única excepción é o módulo de Formación en Centros de Traballo, que terá dúas convocatorias.

Con carácter xeral, se poderá realizar a matrícula no mesmo centro un máximo de dúas veces por curso. Si se repite o primeiro curso no mesmo centro e non se cumpre o requisito para promocionar a segundo, só poderá formalizar unha terceira ou cuarta matrícula no mesmo centro cando existan prazas dispoñibles e non haxa lista de espera (ciclo liberado).

8.2. Promocións e recuperacións

O alumnado poderá formalizar a matrícula de segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas.

En caso de pasar a segundo con algunha materia pendente de primeiro, o alumno/a deberá realizar actividades de recuperación que lle propoña o equipo docente e será avaliado na avaliación parcial de segundo curso previa á FCT.

Se non se superan todos os módulos de primeiro e/ou segundo, o alumnado poderá recuperalos no período en que os compañeiros estean facendo a FCT.

8.3. Validacións e exencións Resolveranse tendo en conta a RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18. Punto QUINTO. Validacións e exencións de módulos profesionais 1.- Os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, para os efectos da obtención da nota media, segundo o artigo 3.5 da Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro (BOE do 20 de novembro), pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional do sistema educativo español e medidas para a súa aplicación, e se modifica a Orde do 20 de decembro de 2001 pola que se determinan validacións de estudos de formación profesional específica derivada da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. 2.- O alumnado matriculado en ciclos formativos de títulos de formación profesional establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), poderá validar os módulos profesionais que correspondan, logo da aplicación do disposto:

Page 23: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

23

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

a) Nos anexos I e II da Orde do 20 de decembro de 2001 (BOE do 9 de xaneiro de 2002) pola que se determinan validacións de estudos de formación profesional específica derivada da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e na Orde ECD/1842/2002, do 9 de xullo (BOE do 19 de xullo), pola que se rectifican erros advertidos na Orde do 20 de decembro de 2001. b) No anexo I da Orde ECD/2159/2014.

3.- O alumnado matriculado en ciclos formativos dos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), poderá validar: a) Os módulos profesionais que correspondan a partir de módulos superados de títulos da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), de acordo co establecido no anexo III da Orde ECD/2159/2014. b) Os módulos profesionais que posúan similares resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos básicos, con independencia do ciclo en que se inclúan, a partir de módulos superados de títulos da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, que están establecidos no anexo II da Orde ECD/2159/2014. c) O módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora, de ter aprobado o mesmo módulo en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. d) O módulo de Formación e orientación laboral, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias: 1º. Que se acredite ter superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral. 2º. Que se achegue o título de técnico superior en Prevención de Riscos Profesionais aprobado segundo a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. 3º. Que se obtivese a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, que se acredite, polo menos, un ano de experiencia laboral e que se estea en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación e da acreditación das unidades de competencia incluídas no título debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral.

Page 24: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

24

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

e) Os módulos profesionais que se establecen na norma pola que se regula cada título, por ter acreditada algunha unidade de competencia que forme parte do Catálogo nacional de cualificacións profesionais obtida mediante o procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais establecido no Real decreto 1224/2009 ou mediante certificados de profesionalidades elaborados a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Non é posible a validación de módulos achegando unha unidade de competencia obtida pola superación de módulos profesionais do sistema educativo. Neste caso aplicarase a validación de módulos que corresponda. 4.- Os módulos profesionais de Inglés ou Lingua estranxeira, sempre que se trate da mesma lingua, serán obxecto de validación con módulos profesionais, certificados e titulacións universitarias oficiais, de nivel avanzado B2 ou superior, segundo o establecido nos anexos da Orde ECD/2159/2014. 5.- Os módulos profesionais que xa fosen previamente validados non poderán ser achegados como formación para solicitar outra validación de módulos. 6.- Os estudos que teñan concedida a equivalencia específica (titulacións declaradas equivalentes nos reais decretos dos títulos de formación profesional) ou xenérica (formación externa ao sistema educativo que sexa declarada equivalente a ensinanzas do sistema educativo mediante normativa do ministerio con competencias en educación), para os efectos académicos e/ou profesionais, con títulos de formación profesional, así como a homologación de títulos estranxeiros, non poderán ser utilizados pola súa vez para a validación de módulos profesionais. 7.- A resolución favorable ou desfavorable do recoñecemento das validacións recollidas nos puntos anteriores corresponde á dirección do centro docente público onde conste o expediente académico do alumno ou a alumna. 8.- As persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), segundo o procedemento establecido na Orde do 25 de febreiro de 2008 ou na Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental, poderán solicitara validación dos módulos profesionais asociados perante a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 9.- Os módulos profesionais que non estean incluídos nos puntos anteriores poderán ser obxecto de validación, de ser o caso, pola Subdirección Xeral de Orientación, Formación Profesional e Formación Profesional Dual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, sempre que se dean os seguinte supostos: a) Que se acheguen estudos universitarios oficiais e se realice unha solicitude de validación de módulos profesionais incluídos en títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei orgánica 1/1990, do 3 outubro.

Page 25: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

25

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

b) Que se acheguen títulos regulados ao abeiro da Lei 14/1970, do 4 de agosto, e que se realice unha solicitude de validación de módulos profesionais incluídos en títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. c) Que se acheguen títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, e que se realice unha solicitude de validación de módulos profesionais incluídos en títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. Antes do 31 de outubro, o centro tramitará a solicitude de validación e a documentación achegada polo alumnado, logo da súa revisión e verificación, utilizando a sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (https://sede.educacion.gob.es). O modelo de solicitude establecido para tal efecto, recollido no anexo IV da Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, establece validacións entre módulos profesionais de formación profesional do sistema educativo español e medidas para a súa aplicación, e modifica a Orde do 20 de decembro de 2001 pola que se determinan validacións de estudos de formación profesional específica derivada da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 20 de novembro), de ordenación xeral do sistema educativo. 10.- O procedemento de validacións de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional aterase ao disposto no artigo 41 da Orde do 12 de xullo de 2011 e na Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro. 11.- Contra a resolución de validación da persoa titular da dirección do centro a solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. Se a resolución de validación é competencia da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, interporase ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Segundo o artigo 6 da Orde ECD/2159/2014, en caso de que a resolución de validación sexa emitida pola Subdirección Xeral de Orientación, Formación Profesional e Formación Profesional Dual, o recurso será interposto ante a Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. As resolucións esgotarán a vía administrativa. 12.- Para os efectos de formalización de matrícula polo réxime ordinario no curso que corresponda, os módulos que son validables pola dirección do centro teranse en conta como superados para determinar o cumprimento dos criterios de promoción. No caso do réxime para as persoas adultas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade e carga horaria a que se fai referencia no artigo 5.1 da Orde do 12 de xullo de 2011. Así mesmo, no caso da matrícula simultánea de ensinanzas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade a que se fai referencia no artigo 6.1 da Orde do 12 de xullo de 2011. Os centros educativos resolverán as solicitudes de validacións de módulos do alumnado que estea afectado por algún dos casos anteriores, con carácter previo á toma de decisións do cumprimento do criterio de promoción, de compatibilidade e carga horaria, e de matrícula simultánea de ensinanzas.

Page 26: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

26

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

13.- Os módulos profesionais que teñan os mesmos códigos e as mesmas denominacións, capacidades terminais ou resultados de aprendizaxe, contidos e duración serán considerados idénticos, independentemente do ciclo formativo a que pertenzan; trasladaranse as cualificacións obtidas nos módulos profesionais superados a calquera dos ciclos en que os ditos módulos estean incluídos. 14.- O alumnado que, logo de resoltas as solicitudes de validación, ou que, logo do traslado da cualificación obtida nun módulo profesional superado noutro ciclo formativo en que este estea incluído, teña todos os módulos profesionais do centro educativo superados poderá ser proposto para realizar o módulo de Formación en centros de traballo e o módulo de Proxecto, de ser o caso, en calquera dos períodos establecidos no artigo 6.4. da Orde do 28 de febreiro de 2007. 15.- Con independencia do establecido na disposición novena da presente resolución, o alumnado que logo de resolta a exención do módulo de Formación en centros de traballo teña todos os módulos profesionais do ciclo formativo superados poderá anticipar a proposta de título.

8.4. Faltas de asistencia

Considerarase o CORREO ELECTRÓNICO como vía de comunicación preferente entre o alumnado e o centro educativo.

Control de asistencia de alumnado. Información e xestión.

1. O profesorado controlará a asistencia a clase do alumnado de xeito sistemático, deixando constancia das faltas nun rexistro, faltas que serán reflectidas na aplicación XADE semanalmente.

2. Cada profesor/a informará o/a titor/a das faltas acumuladas polo alumnado para a xestións dos informes a remitir ao alumnado, relativos a Apercibimentos e Comunicacións de Anulación, Perda dereito avaliación continua, Baixas, etc do alumnado da súa titoría.

3. Todo o profesorado do grupo está implicado no rexistro das faltas (de puntualidade, de asistencia e de orde).

4. As actividades que sexan de obrigada asistencia (conferencias, xornadas, presentacións...), trataranse, a todos os efectos como sesións lectivas.

5. Enviaranse comunicacións aos pais e/ou nais ou titores/as legais do alumnado menor de idade.

Page 27: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

27

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

PROCEDEMENTO XESTIÓN ANULACIÓN MATRICULA, BAIXA DE OFICIO E PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN

CONTINUA. CURSO 2017/18

o ANULACIÓN DA MATRÍCULA Inasistencia alumnado os 5 primeiros días lectivos: o centro a través da Dirección requirirá por escrito (e-

mail) a súa inmediata incorporación; o/a alumno/a disporá dun prazo máximo de tres días para incorporarse as clases. En caso de non facelo, agás causa debidamente xustificada, procederase á anulación da súa matrícula.

Xustificación faltas: o Motivos persoais: saúde e/ou imperativo legal o Motivos laborais: ata 5 días

Xestión da Anulación de Matrícula:

o O profesorado informará ao Titor/a o venres 22 de Setembro (e-mail) do alumnado que non asistiu a

clase os 5 primeiros días lectivos.

o O Titor/a enviará o venres 22 de Setembro (e-mail), á conta de correo do centro:

[email protected]. A relación de alumnado que non asisteu a clase.

o O profesorado informará ao Titor/a o mércores 27 de Setembro (e-mail) do alumnado que non se

incorporou ás clases.

o O Titor/a enviará o mércores 27 de Setembro (e-mail), á conta de correo do centro:

[email protected]. A relación de alumnado que non se incorporou ás clases.

o A Dirección cursará o Apercibimento/Comunicación de Anulación de Matrícula.

-------------------------------------

o O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula, cunha antelación

mínima dunha semana ao remate do período de matrícula.

o A praza vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo.

o A anulación da matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas.

o BAIXA DE OFICIO Número de faltas de ASISTENCIA INXUSTIFICADAS superior a 15 días lectivos consecutivos

(apercibimento por escrito ós 10 días de inasistencia), ou 25 días lectivos descontinuos. Xustificación faltas:

o Motivos persoais: saúde e/ou imperativo legal o Motivos laborais: contrato xurdido con data posterior ao inicio do curso.

Xestion da Baixa de Oficio: o O profesorado informará ao Titor/a da inasistencia (e-mail) o O Titor/a presentará o modelo de Apercibimento/Comunicación de Baixa na Secretaría do centro:

Modelo “ apercibimento”: MD.85.AUL.03 Modelo “comunicación”: MD.85.AUL.04

o A Dirección cursará o Apercibimento/Comunicación de Baixa de Oficio.

Page 28: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

28

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

o PERDA DO DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA o Alumnado que non xustifique faltas: perderá o dereito a avaliación continua cando as faltas

acumuladas sexan do 10% da carga horaria total do módulo. Apercibimento ao 6% de faltas

acumuladas.

o Alumnado que xustifique parte das faltas: perderá o dereito a avaliación continua cando as faltas

acumuladas sexan do 15% da carga horaria total do Módulo, sempre que se xustifiquen como

mínimo un 5%. Apercibimento ao 6% de faltas acumuladas.

Xustificación faltas: o Motivos persoais:

Organismos oficiais: Citacións xulgado, DNI, Carné conducir, INEM, exames escola

idiomas, etc.

Enfermidade común, hospitalización, citas médicas, enfermidade familiares, etc.

o Motivos laborais: Debidamente xustificados pola empresa, ETT, etc. Xestion da Perda do Dereito a Avaliación Continua:

o O profesorado informará ao Titor/a cando o alumnado acumule un 6% de faltas acumuladas (e-mail).

o O Titor cursará o Apercibimento de PD, remitirá por e-mail ao alumnado o Modelo Apercibimento: MD.85.AUL.05

o O profesorado informará ao Titor/a cando o alumnado acumule un 10% de faltas non xustificadas, ou o 15% xustificadas e non xustificadas.

o O Titor cursará a Comunicación de PD, remitirá por e-mail ao alumnado o Modelo Comunicación: MD.85.AUL.06

o Rexistrarase copia da xestión en Xefatura de Estudos o Para a xustificación das faltas, o alumnado terá que presentar documento acreditativo

orixinal; disporá dun prazo máximo de 5 días dende a ausencia. A data límite para comunicar o/a Titor/a a Perda do dereito a avaliación continua ao alumnado é de:

15 días antes da 3ª avaliación (recepción da comunicación por parte do alumno/a e rexistro en

Xefatura de estudos).

15 días antes da 2ª avaliación para o alumnado de 2º curso de Réxime Ordinario (recepción da

comunicación por parte do alumno/a e rexistro en Xefatura de estudos).

LEXISLACIÓN APLICABLE:

o ORDE do 12 de xullo de 2011: pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

o RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017: pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.

Page 29: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

29

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

IMPORTANTE:

O alumnado que perda o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba

final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente, de acordo co establecido no artigo

25.5 da Orde do 12 de xullo de 2011. A cualificación obtida na devandita proba consignarase na avaliación final de

módulos do curso correspondente. O devandito alumnado non terá dereito a realizar para eses módulos as

correspondentes actividades de recuperación a que se refiren os artigos 29.3, 31.4 e 34.3 da Orde do 12 de xullo

de 2011, e no caso do segundo curso do réxime ordinario non terá acceso ao módulo de formación en centros de

traballo no período ordinario.

PROTOCOLO DE INASISTENCIA A CLASE: MANIFESTACIÓNS OU

CONCENTRACIÓNS:

• Os delegados dos grupos, que decidan participar nunha manifestación ou concentración

colectiva de estudantes, presentarán un escrito, modelo dispoñible en Xefatura de estudos e

conserxería, dirixido a Dirección do Centro, onde se explicarán os motivos da inasistencia, a súa

duración e o alumnado implicado.

• Os alumnos menores de idade que desexen participar na convocatoria, necesitarán presentar

en Xefatura de estudos unha autorización expresa do seu pai/nai ou representante legal, 24

horas antes da inasistencia. Recoller o impreso de autorización na conserxería do Centro.

• O escrito de cada grupo terase que presentar, a lo menos, con 48 horas de antelación a

inasistencia.

• Haberá máximo respecto co alumnado que non participe na concentración ou manifestación,

que permanecerá na aula co profesor.

• O Profesorado rexistrará a falta de asistencia do alumnado que non estea presente, deixando

constancia en Xefatura de estudos, tendo en conta que dita falta non será obxecto de sanción,

sempre que se cumpra o protocolo de inasistencia.

• Só serán autorizadas aquelas inasistencias colectivas que cumpran o protocolo de inasistencia

as aulas, por MANIFESTACIÓN OU CONCENTRACIÓN, garantindo o cumprimento do R.D.

732/1995, relativo ós dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia nos Centros,

que no artigo 27 di: “o alumnado ten dereito a manifestar a súa discrepancia respecto as

decisións educativas que lles afecten”.

Page 30: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

30

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

• A falta colectiva a clase, sen mediar convocatoria xustificada de inasistencia, está tipificada na

LEI 4/2011, no Artigo 16 como conduta leve contraria a convivencia, o que implicará unha

sanción ou medida correctora da actuación.

RENUNCIA DE MATRÍCULA NAS MODALIDADES PRESENCIAIS

Segundo a Resolución do 3 de agosto de 2017, pola que se ditan instrucións para o

desenvolvemento dos ciclos formativos de FP no curso 2017/18, os procedemento a seguir para formalizar

renuncias, anulacións e baixas de matrícula rexeranse polo dispost na Orde de 12 de xullo de 2011 pola

que se regula o desenvolvemento, avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de FP

inicial.

Procedemento de solicitude de renuncia.

A solicitude de renuncia de matrícula, xunto coa documentación acreditativa, deberase presentar ante a

dirección do centro educativo de acordo cos seguintes prazos e requisitos:

• No caso de que todos os módulos sexan de formación no centro educativo (módulos de primeiro curso en réxime ordinario ou calquera módulo en réxime para as persoas adultas): cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final de módulos correspondente.

• No caso do alumnado de segundo curso en réxime ordinario, en que os módulos de formación de segundo curso se realicen no centro educativo e no centro de traballo: cunha antelación mínima de dous meses á data prevista como inicio do período ordinario da FCT.

Renuncia á matrícula.

• Poderase renunciar, con carácter xeral, por unha soa vez, á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas, sempre por causas debidamente xustificadas.

• A aceptación da renuncia non implicará reserva de praza para o seguinte curso académico.

Page 31: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

31

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

8.5. Bolsas

O Ministerio de Educación do Goberno de España convoca cada ano becas e axudas para o estudio nas diferentes etapas educativas. Para os estudantes de Formación Profesional se establecen becas de diferentes cuantías e tipos en función das características persoais e familiares do solicitante.

Dende hai varios anos este procedemento se fai dende a páxina web do Ministerio: www.educacion.gob.es

Para máis información consultar ao Departamento de Información e Orientación Profesional do centro.

8.6. Formación en centros de traballo

Ao final do teu período formativo no centro educativo, terás que cursar un módulo denominado Formación en Centros de traballo. Consiste en un período de prácticas nunha empresa real, durante o cal podes poñer en funcionamento todas as destrezas e coñecementos que adquiriches durante o teu ciclo.

Trátase dun módulo obrigatorio, para o que se pode solicitar exención -total ou parcial- se xa se ten experiencia laboral.

Para máis información consultar o/a Titor/a ou no Departamento de Relación con Empresas do centro.

8.7. EDUEMPRENDE.

É un proxecto innovador que pretende converter en realidade as ideas innovadoras e empresariais do alumnado de formación profesional.

Consta de catro programas:

Deseño para incentivar e premiar as mellores ideas innovadoras ou emprendedoras.

Permite obter formación práctica para poñer en funcionamento unha empresa e coñecer experiencias emprendedoras.

Posibilita a creación dunha empresa a través dos viveiros dos centros de formación profesional.

Page 32: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

32

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Permite simular o funcionamento dunha empresa na aula. O alumnado toma as decisións sobre funcionamento da empresa e ocupa os postos de traballo dos diversos departamentos de xeito rotatorio.

Dende a Coordinación de Emprendemento informarase puntualmente das actividades previstas para estes programas no curso 2017-2018 e as condicións de participación do alumnado para cada unha delas.

8.8. Programas internacionais

O CIFP Manuel Antonio ten concedida a carta Erasmus dende o mes de decembro do 2013.Todos os anos revisamos as posibilidades de intercambios internacionais dos nosos alumnos, buscando novas empresas e convenios de colaboración.

Dende a Coordinación de Programas Internacionais informarase puntualmente das actividades previstas para o curso 2017-2018 e as condicións de participación do alumnado para cada unha delas.

8.9. Plurilingüismo Segundo o Decreto 79/2010, relativo ao plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no

capítulo III Artigo 9º faise referencia a formación profesional específica, de grao medio ou superior,

indicando: “cada centro educativo establecerá unha oferta equilibrada de materias e módulos en galego e

en castelán que garanta que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas

oficiais.

En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico nas dúas linguas

oficiais”.

Os equipos docentes cumprimentarán a enquisa que permitirá valorar o grao de cumprimento do Decreto,

facendo propostas viables naqueles ciclos que inicialmente non se cumpra o mesmo, co compromiso firme

de garantir a formación, expresión e coñecemento das dúas linguas oficiais de Galicia.

A dirección do centro remitirá a Inspección Educativa o resultado das mesmas, xunto coas propostas

presentadas polos equipos docentes de cada ciclo formativo.

8.10. Recursos informativos

A normativa vixente para este curso 2017 – 18 é a seguinte:

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG de 15 de xullo).

Page 33: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

33

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

RESOLUCIÓN 3 agosto 2017 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.

No CIFP Manuel Antonio disponse de TABOLEIROS e PANTALLA para manter informados a todos os membros da comunidade educativa.

A páxina web do centro: http://centros.edu.xunta.es/cifpmanuelantonio

Nela atoparedes información e noticias relevantes relacionadas co noso centro.

Por suposto, podes consultar todas as cuestións que desexes no propio Departamento de Información e Orientación Profesional (situado no edificio administrativo).

6. Normas en caso de evacuación

No CIFP existe un Plan de autoprotección, así como unhas “Normas en caso de evacuación”

adaptadas ao centro e daranse a coñecer a todo o alumnado a través dos titores e titoras.

Mentras tanto, en caso de emerxencia seguir as seguintes normas:

ALUMNADO

SE DETECTA UN ACCIDENTE:

o Comunicarllo ó responsable máis próximo. o Retornar rapidamente a súa dependencia.

SE SOA A ALARMA:

o Mante-la orde. o Atende-las indicacións do responsable de planta. o Non demorarse para recoller obxectos persoais. o Saír ordenadamente sen correr. o Non falar durante a evacuación. o Permanecer no punto de reunión en proximidade do

responsable de planta.

Page 34: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

34

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

ANEXO: Normas básicas de convivencia no CIFP

Segundo a LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa,

publicada no DOG do 15 de xullo de 2011, o título terceiro, estruturado en tres capítulos, establece as

normas básicas de convivencia nos centros docentes.

Capítulo I. Disposicións xerais

Artigo 10. Plan de convivencia e normas de convivencia.

As normas de organización, funcionamento e integración do noso centro están deseñadas para

garantir o respecto entre tódolos membros da comunidade educativa, así como favorecer e potenciar

un ambiente educativo axeitado para acadar un óptimo aproveitamento dos recursos ao alcance do

noso alumnado.

As nosas normas actualmente vixentes para a convivencia son:

Sobre o recinto escolar

O recinto do Centro está reservado aos membros da Comunidade Educativa. Por tanto, non se permitirá a entrada o persoas alleas á mesma, se non é con autorización.

As zonas de aparcamento: unha está reservada para o profesorado e o persoal non docente do Centro e só para vehículos automóbiles. Outra para alumnado e visitas.

O alumnado menor de idade só poderá abandonar o Centro durante a xornada escolar, ben acompañados dos seus pais e/ou nais ou das persoas nas que estes deleguen, ou previa autorización por escrito dos seus pais e/ou nais ou titores/as legais. O incumprimento desta norma será de exclusiva responsabilidade do alumnado, dos seus pais e nais ou titores/as legais.

Sobre a puntualidade

Todos os membros da comunidade educativa serán puntuais para aproveitar o tempo efectivo das clases e outras obrigas. O alumnado que chegue tarde incorporarase ao grupo quedando consignado o atraso no parte de faltas.

Page 35: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

35

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Na aula débese

Intentar sentirse a gusto nas clases creando un bo ambiente de traballo.

Non se debe coartar a iniciativa dos compañeiros e tense que respectalos.

Potenciar o máximo o respecto mutuo e o aproveitamento dos recursos didácticos. Cando

un/unha alumno/a perturbe gravemente a convivencia e o desenvolvemento da docencia,

cubrirase un parte de incidencias de aula e comunicarase a Xefatura de Estudos; en situación

extremas mandarase ó alumno/a Xefatura de Estudios.

Non comer durante as clases.

O alumnado non poderá utilizar os teléfonos móbiles ou dispositivoselectrónicos como

mecanismos de comunicación durante os períodos lectivos.Excepcionalmente, o profesor

poderá autorizar a súa utilización como ferramenta pedagóxica.

Non se pode baixar á cafetería entre clase e clase, agás casos excepcionais.

Deixar a aula ordenada, as luces e os ordenadores apagados ao abandonar o aula.

Durante os recreos, o alumnado so permanecerá nas aulas cando sexa estritamente necesario e

sempre coa presencia do profesor.

Sobre a ausencia do profesorado

O alumnado esperará na súa aula ata que chegue o profesorado de garda, se pasados dez

minutos non chega o profesorado de garda, o/a delegado/a, subdelegado/a ou calquera

alumno/a en ausencia destes, deberán buscar ao profesorado de garda que se atopará na Sala

do Profesorado. En ausencia do profesorado de garda, porase en contacto cos bedeis e/ou

xefatura de estudios.

Page 36: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

36

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

NORMAS BÁSICAS DE COMPORTAMENTO

A. Débese respectar a todas as persoas que integran a nosa comunidade educativa,

independentemente das súas conviccións relixiosas, ideolóxicas, non atentando contra a

integridade física, moral ou dignidade persoal de ningún membro da comunidade.

B. O alumnado non poderá utilizar os teléfonos móbiles ou dispositivos electrónicos como

mecanismos de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, o profesor

poderá autorizar a súa utilización como ferramenta pedagóxica.

C. Deberase permanecer sempre na aula coa indumentaria axeitada ásactividades que se

realicen.

D. Subliñar que para un adecuado desenvolvemento das clases, e co fin de evitar molestias,

débense desconectar os teléfonos móbiles antes de entrar na aula.

E. Deberase manter, en todo momento, a debida atención, corrección e respecto.

F. Débese observar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

G. Quedan prohibidos os xogos de azar en todo o centro, salvo con fins didácticos.

H. Quedan terminantemente prohibidos no Centro a venda e consumo de tabaco e de

bebidas alcohólicas, ou consumir drogas en todas as súas dependencias cubertas ou non,

segundo a lexislación vixente.

I. Non está permitido fumar no centro. A prohibición esténdese a todo o recinto do Centro,

incluíndo patio, xardín, e pavillón.

O incumprimento dos apartados H e I implicarán a toma de medidas disciplinarias, coa

correspondente apertura inmediata de expediente disciplinario.

Sobre as actividades complementarias a formación

Nas actividades complementarias á formación (ACF) programadas polo Centro, o alumnado deberá cumprir e acatar as decisións que tome o profesorado acompañante tanto en horario como en comportamento. A asistencia ás ACF requirirá o consentimento expreso dos pais e/ou nais ou titores/as legais, para alumnos menores de idade, mediante unha autorización asinada por estes. Ningún alumno/a poderá asistir a estas actividades, nin desenvolverse estas se non se cumpre este requisito.

Page 37: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

37

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Sobre o servizo de cafetería

O centro dispón de dúas cafetarías. A cafetaría do Centro abre de 8 a 20 horas. A cafetaría do CRD (Centro Residencial Docente) abre de 8 a 20.30 horas, en

horario continuo.

Sobre os instrumentos de información, publicidade e suxestións

O vestíbulo do centro dispón de taboleiros para a exposición pública de información. Calquera membro da

comunidade educativa así como outros organismos ou persoas poderán utilizar eses espazos para colocar

información sobre distintas actividades, sen ánimo de lucro, sempre co previo coñecemento e autorización de

calquera membro do Equipo Directivo.

No edificio principal existe taboleiros específicos para cada un dos departamentos reflectidos no

organigrama do mesmo, coa finalidade de proporcionar información puntual e actualizada dos mesmos. Parte desa

información tamén se pode atopar na web do centro.

Empregaranse os taboleiros informativos como canle de comunicación para probas extraordinarias, datas

exames finais ou de PD, etc.

Na sala de profesores/as tamén existen taboleiros que conteñen a seguinte información: cadros horarios do

profesorado, grupos, gardas, información da Xefatura de Estudos, taboleiro sindical e profesional (cursos,

seminarios...) e taboleiro para convocatorias de diferentes órganos e reunións.

Ao carón de conserxería existe un BUZÓN SQ para que o alumnado amose as súas inquedanzas, suxestións,

etc.

Empregarase o correo electrónico para remitir comunicacións ou información específica de cada alumno/a.

A información xeral do centro estará a disposición de todo o alumnado na web do mesmo:

www.edu.xunta.es/centros/cifpmanuelantonio

Page 38: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

38

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Sobre a hixiene e habitabilidade:

É necesario e imprescindible que todos usemos as papeleiras para manter limpas as diversas dependencias do Centro.

Por respecto a quen os vai empregar despois, debemos conservar, aulas, taboleiros de anuncios e cadros, mesas, cadeiras, taquillas e demais moblaxe no mesmo estado no que se atopaban a principios de curso. O alumnado responsabilizarase da súa limpeza e conservación.

Os lavabos e servizos hixiénicos e sanitarios deben ser usados exclusivamente e de xeito racional para o fin para o que están pensados. Polo tanto no deben considerarse como lugar de recreo, nin zona de fumadores.

Por respecto ao noso entorno medioambiental non se botará polas fiestras ningún obxecto ao exterior. Do mesmo xeito debemos respectar o céspede e o xardín.

Por respecto aos demais membros da Comunidade Educativa deberase manter a debida hixiene corporal.

Artigo 11. Condición de autoridade pública do profesorado

No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, o profesorado ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.

No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado, e que se formalicen por escrito, teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais cando sexa menor de idade.

O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares. O requirimento previsto neste punto obriga a alumna ou alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta fora menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se fora maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.

Page 39: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

39

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 12. Incumprimento das normas de convivencia

1. Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias ás normas de convivencia realizadas polo alumnado dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares, así como durante a prestación dos servizos de comedor.

2. Así mesmo, poderán corrixirse disciplinariamente as condutas do alumnado que, aínda que realizadas fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten aos seus compañeiros ou compañeiras ou a outros membros da comunidade educativa e, en particular, as actuacións que constitúan acoso escolar.

3. As posibles condutas contrarias ás normas de convivencia realizadas mediante o uso de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos, que teñan conexión coa actividade escolar, serán obxecto de corrección disciplinaria.

Artigo 13. Responsabilidade e reparación de danos.

1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e aos materiais do centro docente, incluídos os equipos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non fora posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.

2. Cando se incorra en conductas tipificadas como agresión física ou moral, deberase reparar o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da responsabilidade dos actos, ben en público ou en privado, segundo corresponda pola natureza dos feitos e de acordo co que, de ser o caso, determine a resolución que impoña a corrección da conducta.

Capítulo II. Condutas contrarias a convivencia e a súa corrección

Sección 1ª. Condutas contrarias á convivencia

Artigo 14.Clases de condutas contrarias á convivencia.

1. As condutas contrarias á convivencia nos centros docentes clasifícanse en condutas gravemente prexudiciais para a convivencia e condutas leves contrarias á convivencia.

2. Cando calquera membro da comunidade educativa entenda que os feitos poden ser constitutivos de delito ou falta, deberá comunicarllo á dirección do centro educativo para a súa remisión á Administración educativa e ao Ministerio Fiscal, sen prexuízo de tomar as medidas cautelares oportunas.

Page 40: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

40

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 15. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.

a) As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e ascoaccións contra os demais membros da comunidade educativa.

b) Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento,raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social,conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas,ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c) Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao persoalde administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.

d) A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, á dignidade da persoa, á intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar. f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación, alteración ou

subtracción de documentos académicos. g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalación se

aos materiais, maquinaria e instrumentos do centro docente, incluídos os equipos informáticos, o software e as posibilidades da rede INTERNET,documentos do Centro ou nos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros, así como a súa subtracción.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a elas.

j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa. En todo caso, reputarse indisciplina grave a resistencia ou a negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto c do artigo 11.

k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia. L) O incumprimento das sancións impostas.

Artigo 16.Condutas leves contrarias á convivencia.

a) As condutas tipificadas no Artigo 15 que non alcancen a gravidade requirida ou cando non constitúan condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro educativo.

b) O incumprimento das normas de convivencia do centro.

Page 41: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

41

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 17. Prescrición das condutas contrarias á convivencia.

a) As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia prescriben aos catro meses da súa comisión e as condutas leves ao mes.

b) O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día en que a conduta se leve acabo, salvo cando se trate dunha conduta continuada, caso no que o prazo de prescrición non se empezará a computar mentres aquela non cese.

Sección 2.ª Medidas correctoras

Artigo 18. Principios xerais das medidas correctoras.

a) As correccións que se apliquen polo incumprimento das normas de convivencia terán un carácter educativo e recuperador, garantirán o respecto dos dereitos do resto do alumnado e procurarán a mellora da convivencia no centro docente.

b) En todo caso, na corrección das condutas contrarias á convivencia aplicaranse os seguintes principios:

Ningún alumno/a poderá ser privado do exercicio do seu dereito a educación, polo que non se imporán correccións que supoñan a suspensión da asistencia ás clases ou o cambio de centro.

Non se poderán impoñer correccións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumnado.

A imposición das correccións previstas respectará a proporcionalidade coa conduta do alumnado e deberá contribuír á mellora do seu proceso educativo.

c) Terase en conta a idade do alumnado e as demais circunstancias persoais, familiares e sociais. Para estes efectos, poderase solicitar os informes que se consideren necesarios sobre as mencionadas circunstancias e recomendar, de ser o caso, ás nais e pais ou ás titoras ou titores ou ás autoridades públicas competentes a adopción das medidas necesarias.

Artigo 19. Programas e actuacións complementarias ás medidas correctoras.

a) O departamento de orientación elaborará e desenvolverá un programa de habilidades sociais dirixido ao alumnado que incorra reiteradamente en condutas disruptivas, coa finalidade de mellorar a súa integración no centro educativo. Así mesmo, elaborará e desenvolverá un programa de habilidades sociais para aquel alumnado que, como consecuencia da imposición das medidas correctoras, se vexa temporalmente privado do seu dereito de asistencia ao centro.

b) Estes programas aplicaranse en colaboración co profesorado titor e, de ser o caso, cos servizos sociais, e procurarán implicar o resto do profesorado e as familias para lograr,conxuntamente, o desenvolvemento adecuado do proceso educativo e das accións propostas.

Page 42: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

42

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 20. Procedementos conciliados de resolución dos conflictos

a) A participación do alumnado ou dos seus representantes legais terá carácter voluntario, e esixirá o compromiso de cumprimento das accións reparadoras.

b) A opción pola conciliación suspende o inicio do procedemento disciplinario de corrección da conduta, que se retomará no caso de que a conciliación sexa infrutuosa. O cumprimento das accións reparadoras dará lugar a finalización do procedemento de corrección da conduta contraria á norma de convivencia.

c) No procedemento, formalizado por escrito, incluirase a intervención dunha persoa instrutora e dunha persoa mediadora.

d) O procedemento formalizado será o que determine o centro.

Artigo 21. Medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.

a) Realización, dentro ou fóra do horario lectivo, de tarefas que contribúan á mellora eao desenvolvemento das actividades do centro.

b) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de entre dúas semanas e un mes.

c) Cambio de grupo. d) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro

días lectivos e dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

e) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catrodías lectivos e un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberárealizar os traballos que se determinen para evitar a interrupción no procesoformativo.

f) Cambio de centro.

Page 43: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

43

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 22. Medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia.

a) Amoestación privada ou por escrito. b) Comparecencia inmediata ante a xefatura de estudos. c) Realización de traballos específicos en horario lectivo. d) Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e ao

desenvolvemento das actividades do centro. e) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do

centro por un período de ata dúas semanas. f) Cambio de grupo por un período de ata unha semana. g) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días

lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

h) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

Artigo 23. Graduación das medidas correctoras.

a) O recoñecemento espontáneo do carácter incorrecto da conduta e, se é o caso, o cumprimento igualmente espontáneo da obriga de reparar os danos producidos nos termos previstos polo artigo 13.

b) A existencia de intencionalidade ou reiteración nas condutas. c) A difusión por calquera medio, incluídos os electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos,da

conduta, das súas imaxes ou da ofensa. d) A natureza dos prexuízos causados. e) O carácter especialmente vulnerable da vítima da conduta, si se trata dun alumno ou

alumna, por razón da súa idade, de recente incorporación ao centro ou calquera outra

circunstancia.

Artigo 24. Prescrición das medidas correctoras.

a) As medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro prescriben ao ano da firmeza en vía administrativa da resolución que as impón. As medidas correctoras das conductas leves contrarias á convivencia prescriben aos catro meses da súa imposición.

Page 44: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

44

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Sección 3.ª Procedemento para a imposición das medidas correctoras

Artigo 25. Procedemento para a imposición de medidas correctoras de condutas gravemente prexudiciais

para a convivencia.

a) As medidas correctoras de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia sóse poden impoñer logo da tramitación do procedemento disciplinario.

b) Corresponde acordar a incoación do procedemento á persoa titular da dirección docentro docente, por propia iniciativa, por petición motivada do profesorado ou da titora ou titor da alumna ou alumno ou da persoa que ocupe a xefatura de estudos.

c) A incoación do procedemento notificarase á nai ou pai ou á titora ou titor da alumna ou alumno, ou a este se é maior de idade, con indicación da conduta que o motiva, as correccións que poden corresponder e o nome da profesora ou profesor que actuará como persoa instrutora. Así mesmo, comunicarase á inspección educativa.

d) No propio acordo de incoación ou en calquera momento da tramitación do procedemento, a persoa titular da dirección do centro pode adoptar motivadamente, por iniciativa propia ou por instancia do instrutor, como medidas provisionais o cambio temporal de grupo da alumna ou alumno ou a suspensión do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases ou actividades, por un período non superior a cinco días lectivos. A adopción de medidas provisionais notificaranse á nai ou pai ou á titora ou titor da alumna ou alumno, ou a este se é maior de idade.

e) Finalizada a instrución do procedemento, a persoa instrutora formulará proposta deresolución e dará audiencia á alumna ou alumno e, se é menor de idade, á nai ou pai ouá titora ou titor, convocándoos a unha comparecencia en horario lectivo na que poderán acceder a todo o actuado e da cal se estenderá acta. No caso de incomparecencia inxustificada, o trámite de audiencia terase por realizado para todos os efectos legais, sen prexuízodo previsto no artigo 27.

f) Realizado o trámite de audiencia, a persoa titular da dirección do centro ditará resolución motivada que se pronunciará sobre a conduta da alumna ou alumno e impoñerá, seé o caso, a correspondente corrección, así como a obriga de reparar os danos producidos nos termos previstos polo artigo 13.

g) A resolución notificarase á nai ou pai ou á titora ou titor da alumna ou alumno, ou a este se é maior de idade, nun prazo máximo de doce días lectivos desde que se tivo coñecemento dos feitos que deron lugar á incoación do procedemento, e comunicarase a inspección educativa. H) A resolución da dirección do centro pon fin á vía administrativa e será inmediatamente executiva.

Contra a resolución da persoa titular da dirección do centrocabe instar a revisión ante o Consello Social no

prazo de dez días lectivos.

Page 45: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

45

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 26. Procedemento para a imposición de medidas correctoras de condutas leves contrarias á

convivencia.

a) O profesorado e/ou o titor da alumna ou alumno, oído este e dando conta á xefatura de estudos,no caso das medidas previstas nos apartados a), b), c) e d) do artigo 22.

b) Xefatura de estudos, ou a persoa titular da dirección do centro, oídos a alumna oualumno e a súa profesora ou profesor ou titora ou titor, no caso das medidas previstas nos apartados a), c), d), e) e f) do artigo 22.

c) A persoa titular da dirección do centro, oídos a alumna ou alumno e a súa profesoraou profesor ou titora ou titor, no caso das medidas previstas nos apartados g) e h) do artigo 22.

d) A imposición destas medidas correctoras comunicarase á nai ou pai ou á titora outitor da alumna ou alumno antes de que estas se fagan efectivas, así como ao Observatorio da Convivencia Escolar.

e) As resolucións que impoñen as medidas correctoras poñen fin á vía administrativa e son inmediatamente executivas.

Artigo 27. Responsabilidade das nais e pais ou das titoras ou titores.

a) As audiencias e comparecencias das nais e pais ou das titoras ou titores do alumnado menor de idade nos procedementos disciplinarios regulados nesta sección son obrigatorias para eles, e a súa desatención reiterada e inxustificada será comunicada ás autoridades competentes para os efectos da súa posible consideración como incumprimento dos deberes inherentes á patria potestade ou á tutela.

Capítulo III. Prevención e tratamento das situacións de acoso escolar

Artigo 28. Acoso escolar.

a) Considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunca relación que xurda no ámbito escolar.

Artigo 29. Protección integral das vítimas.

a) A dirección do centro docente, adoptarán as medidas precisas para garantir ao alumnado vítima de situacións de acoso escolar a protección integral da súa integridade e dignidade persoais e do seu dereito á educación, debendo primar sempre o interese da vítima sobre calquera outra consideración no tratamento destas situacións.

b) A protección da vítima garantirase mediante medidas cautelares que impidan a ameaza,o control ou o contacto entre vítima e causantes da situación de acoso. Arbitraranse medidas para o seguimento dos causantes da situación de acoso que impidan a continuación de eventuais condutas acosadoras.

Page 46: Guía do alumnado - edu.xunta.gal do... · Finalidade da FP Básica: Facilitar a permanencia dos alumnado no sistema educativo e ofrécelle maiores posibilidades para o seu desenvolvemento

46

CIFP Manuel Antonio Avd.Madrid, s/n CP: 36214VigoPontevedra

8861 20750 8861 20776 [email protected]

Artigo 30. Medidas para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar.

a) O Goberno galego, a través dos departamentos competentes en materia educativa e benestar, está a elaborar un protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar.

b) O plan de convivencia do centro docente incluirá un protocolo, en elaboración (Anexo I), para a prevención,detección e tratamento das situacións de acoso escolar, que incorporará, como mínimo,as seguintes previsións:

Realización de campañas de sensibilización do profesorado, das nais e pais ou das titoras ou titores e do alumnado contra o acoso escolar, que axuden a previlo e preparen a todos os membros da comunidade educativa para detectalo e reaccionar fronte a el.

Establecemento de canles específicas que faciliten a exteriorización polas víctimas das situacións de acoso escolar.

Determinación das medidas que se deben adoptar no caso de detección dunha situación de acoso escolar para poñerlle fin a esta, sen prexuízo das correccións disciplinarias que correspondan. En todo caso, preverase a designación pola dirección do centro dunha persoa responsable da atención á vítima entre o persoal do propio centro docente, procurando que sexa unha persoa coa que a vítima garde unha relación de confianza ou proximidade.

Nos supostos menos graves de situación de acoso, favorecemento da mediación realizada por alumnado do centro educativo que obtivese formación e cualificación para a intervención nestas situacións.

c) Cando por razón das circunstancias ou da gravidade da situación de acoso se faga preciso, poderase prever a intervención de persoas mediadoras alleas ao persoal do centro, que serán designadas pola Administración educativa.

d) As situacións de acoso escolar que se detecten serán comunicadas á inspección educativa, xunto coas medidas que se adopten para poñer fin a elas.

e) No caso de condutas de especial gravidade, informarase da situación e das medidas aos servizos sociaisdo correspondente concello, aos servizos especializados do departamento competente enmateria de benestar e, se é o caso, á Fiscalía de Menores para facilitar as medidas que llescorresponda adoptar nos seus respectivos ámbitos competenciais.

f) O departamento competente en materia educativa, en coordinación cos restantes departamentos

da Xunta de Galicia, poñerá en marcha campañas de información e sensibilización para incentivar a

cultura da paz e previr o acoso escolar. Igualmente a Xunta de Galicia velará para que nos medios de

comunicación de Galicia se ofreza un tratamento axeitado das noticias sobre acoso escolar.

** Os puntos 7 e 8.4 están pendentes de aprobación por Inspección educativa.

CIFP Manuel Antonio

Vigo, a 14 de setembro de 2017