Guia orientacion

15
GUÍA DO TRABALLO FIN DE GRAO (TFG): ORIENTACIÓNS, PROCEDEMENTO E DOCUMENTOS

Transcript of Guia orientacion

Page 1: Guia orientacion

GUÍA DO TRABALLO FIN DE GRAO (TFG):

ORIENTACIÓNS, PROCEDEMENTO E DOCUMENTOS

Page 2: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

2

No actual curso académico levouse a cabo unha xuntanza na que participaron titoras/es do TFG da facultade, chegando a acordos para realizar pequenas modificacións sobre o documento orientativo do curso pasado. Neste sentido, e ó amparo da NORMATIVA DO TRABALLO FIN DE GRAO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. UNIVERSIDADE DE VIGO, aprobada en Xunta de Centro do 8 de maio de 2012, cabe destacar o seguinte:

1. A estrutura facilitada para os TFG é orientativa. 2. Incorporouse explicitamente o deseño/avaliación/ implementación de recursos ou materiais.

Tanto no caso dos programas, como no dos materiais, non chega co simple deseño (como xa constaba o pasado curso).

3. Incorporouse un esquema, tamén orientativo, para os TFG da orientación de investigación teórica.

4. Engadiuse que, unha vez presentados e aprobados, quedará no centro un exemplar do TFG, que pode ser consultado.

Orientacións para o

Traballo Fin de Grao1

TIPOLOXÍA E ESTRUTURA

O alumnado pode elixir entre tres tipoloxías diferentes a hora de enfocar e estruturar o TFG: a opción profesionalizadora; a opción de investigación empírica; e a opción e investigación teórica.

1 Na páxina web da Facultade, pestaña de Traballo Fin de Grao atópase o Regulamento para a realización do TFG, da

Universidade de Vigo, e a Normativa do TFG da nosa Facultade, así coma outra documentación de interese.

Page 3: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

3

• Opción profesionalizadora (programas e/ou recursos)

Trátase de desenvolver unha proposta de actuación educativa, ou socioeducativa ou social (atendendo ao Grao do que se trate) nun contexto específico, a partir do estudo diagnóstico desa realidade. Esta modalidade debe incluír o deseño e/ou implementación e avaliación dun proxecto nun ambiente profesional ou a implementación e avaliación dun proxecto existente. Esta opción inclúe tamén o referido ao deseño e/ou implementación e avaliación de recursos ou materiais de interese para o título.

GUIÓN ORIENTATIVO

Resumo (en castelán, galego e francés ou inglés)

Palabras chave (nos respectivos idiomas, entre 3-6).

Título do TFM (nos respectivos idiomas).

Introdución

Presentación do documento, os seus obxectivos/ xustificación da elección, interese persoal ou académico do tema/ comentar a estrutura e contidos do traballo/ avanzar resultados de avaliación/ outras cuestións.

1. Estado da cuestión e relevancia do tema/Marco teórico

Buscar documentación sobre o tema, xustificar teoricamente e/ou a partir dos resultados de outros estudos, etc.

2. Análise do contexto

Realizar unha análise de necesidades.

3. Proposta de intervención:

3.1. Obxectivos xerais e específicos

3.2. Metodoloxía

3.3. Actividades

3.4. Recursos (humanos, materiais, ...)

3.5. Cronograma

3.6. Plan de avaliación

4. Resultados da avaliación

Reflectir, no caso de ter aplicado a intervención, ou describir as condicións nas que pode ser aplicada.

5. Conclusións (si procede)

Page 4: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

4

6. Propostas de mellora (si se aplica)

7. Reflexións finais

Poderase reflexionar sobre as competencias adquiridas co TFG, dificultades atopadas á hora da súa realización, autoavaliación, etc.).

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

ANEXOS (de ser o caso)

-------------------------xxxxxxx--------------------

• Opción de investigación empírica (cuantitativa ou cualitativa)

Proposta de investigación sobre un campo concreto. Responde a unha iniciativa que inclúe un marco teórico, unha hipótese e/ou obxectivos de investigación, cunha parte empírica cos seus resultados, discusión e conclusións. Esta modalidade debería incluír metodoloxías e técnicas básicas de investigación (tipoloxía de investigación, selección e uso de instrumentos/ ferramentas para capturar información, así como a análise e interpretación dos datos).

GUIÓN ORIENTATIVO

Resumo (en castelán, galego e francés ou inglés)

Palabras chave (nos respectivos idiomas, entre 3-6).

Título do TFM (nos respectivos idiomas).

Introdución

Presentación do documento, obxectivos/ xustificación da elección, interese persoal ou académico do tema/ comentar estrutura e contidos do traballo/ outros aspectos.

1. Marco teórico e estado da cuestión

Revisión bibliográfica sobre o tema, conceptos, teorías, ...

2. Obxectivos/hipóteses (se procede)

3. Metodoloxía de investigación

3.1. Participantes

3.2. Deseño da investigación (tipo de investigación)

3.3. Instrumentos de recollida de datos/información

3.4. Procedemento (pasos seguidos para a obtención/recollida dos datos)

3.5. Análise de datos (procedemento e tipo de análises)

Page 5: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

5

4. Resultados

Presentación sistemática da información (pode incluírse -táboas, esquemas, figuras, debuxos, ...- e descrición da mesma.

5. Conclusións

6. Reflexións finais

Poderase reflexionar sobre as competencias adquiridas co TFG, dificultades atopadas á hora da súa realización, autoavaliación, etc.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

ANEXOS (de ser o caso)

-------------------------xxxxxxx--------------------

• Opción de investigación teórica

Afondamento sobre un concepto teórico específico ou temática de interese para o título.

É un estudo teórico (proba ou monografía) que implica unha análise teórica, comparativa ou crítica, como base para discusión ou presentación sobre un tema en profundidade. Esta opción debe incluír unha ampla revisión bibliográfica sobre o tema de estudo e debate en relación aos referenciais teóricos explícitos e coñecementos dispoñibles.

GUIÓN ORIENTATIVO

Resumo (en castelán, galego e francés ou inglés)

Palabras chave (nos respectivos idiomas, entre 3-6).

Título do TFM (nos respectivos idiomas).

Introdución

Presentación do documento, obxectivos/ xustificación da elección, interese persoal ou académico do tema/ comentar estrutura e contidos do traballo/ outros aspectos.

1. Plantexamento dunha pregunta ou tema de estudo

2. Marco teórico e estado da cuestión

Presentación das aportacións relevantes sobre o tema (revisión bibliográfica sobre o temática, conceptos, teorías, ...)

Page 6: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

6

3. Argumentación crítica sobre ditas aportacións

4. Conclusións

5. Reflexións finais

Poderase reflexionar sobre as competencias adquiridas co TFG, dificultades atopadas á hora da súa realización, autoavaliación, etc.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E FONTES CONSULTADAS

ANEXOS (de ser o caso)

-------------------------xxxxxxx--------------------

CUESTIÓNS DE FORMATO/FORMA

- Idioma: Galego, castelán, francés e inglés.

- Extensión máxima ó redor de 70.000 caracteres (excluíndo espazos), contabilizándoa desde o resumo (exclúese páxinas anteriores: índice, portada, etc.) e exclúen os anexos.

- Espazo interlineal 1,5; marxe 2,5 superior e inferior e 3,3 (na marxe de encadernado) e 3 no exterior; fonte 12 (Arial, Times New Roman ou similar) para os títulos principais do corpo do TFG empregar maiúscula e negriña, subtítulos de 1º nivel en negriña e cursiva para o 3º nivel (con numeración arábiga); citas textuais, táboas, figuras, ... tamaño inferior. Utilizar sangría, de 1,25, para a primeira liña ó iniciar o parágrafo ordinario ou se se escolle o estilo de paragrafo moderno empregar espazado posterior de 6.

- Resumo, máximo 250 palabras.

- Palabras chave, nos respectivos idiomas (entre 3-6).

- A portada debe incluír:

Logotipo e nome da Universidade

Facultade

Grao

Título do TFG (no idioma do corpo do texto)

Nome da autora ou autor

Nome da titora ou titor

Lugar, mes e ano da súa defensa.

Page 7: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

7

- O TFM incluirá un índice indicando o número de páxina. Tamén o corpo do traballo debe ser debidamente paxinado.

- Os símbolos, siglas ou nomenclaturas deberá indicarse por extenso a 1ª vez coa abreviatura entre paréntese ou incluír un índice sobre os mesmos, aínda que estean normalizados.

- As táboas, figuras, debuxos,..., de existir, contarán con títulos e serán citadas no corpo do texto ademais e, de ser necesario, levarán pés explicativos.

- As notas a pé de páxina, de existir, numeraranse consecutivamente. As referencias bibliográficas non se aceptan como notas a pé de páxina.

- Referencias bibliográficas, o final do TFG, incluiranse nun listado denominado "Referencias bibliográficas". Presentarase por orden alfabético, referenciadas segundo a normativa APA ou outra normativa estandarizada. Tódalas citas bibliográficas que se inclúan no texto do traballo deben ter a súa correspondencia nas "Referencias bibliográficas", sen incluír ningunha outra que non fose citada no corpo do TFG.

- Os anexos que inclúan información complementaria, de existir, irán aparte o final do TFG (non formaran parte do corpo do traballo), preferentemente numerados.

PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DO TFG (de ser o caso)

a) Pasos a seguir polo alumnado

- O alumnado solicitará a presentación e avaliación do TFG, incluíndo o visto e prace do seu respectivo titor/a académico (Art. 10) no interior do mesmo (como 1ª folla despois da portada), na data e hora comunicada. Anexo II.

- Entrega, a partir das condicións esixidas, de 3 copias impresas para o tribunal, que presentará na sala de reunións do equipo decanal (ala esquerda do edificio de ferro 4º andar) ó coordinador/a de 4º curso, asimesmo subirá o TFG a Faitic, nun único arquivo pdf, ó apartado "Exercicios".

- A entrega en papel dos exemplares e da solicitude para a presentación do TFG será feita polo interesado/a, na data comunicada, en horario de mañá (12:00-14:00 horas) ou tarde (16:00-18:00 horas) ó coordinador/a de 4º curso, no 4º andar do edf. de Ferro (sala de reunións do equipo decanal).

- Presentación e defensa ante o tribunal na data establecida. A exposición oscilará entre 10-15 minutos.

b) Obrigas do titor/a do TFG

- Emitir unha constancia para a autorización da presentación do TFG que entregará o alumno/a co traballo (Anexo II).

Page 8: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

8

- Cualificar, seguindo o acordado, o TFG do alumno/a (entre 0 - 3 puntos, pondera ata o 30%, entendéndose que o aprobado está en 1,5 ptos. Polo tanto, esta é a puntuación mínima necesaria para poder defenderse o TFG ante o tribunal). Para elo, entregará ó coordinador/a de 4º curso, no 4º andar do edf. de Ferro, na sala de reunións do equipo decanal ou mediante email (nun pdf) ó coordinador/a de 4º curso (na mesma data e hora comunicada para a entrega dos TFG polo alumnado) os Anexos III e IV.

AVALIACIÓN DO TFG POLO TRIBUNAL (anexo V e VI)

A Comisión Permanente nomeará o tribunal de avaliación do Traballo de Fin de Grao entre o profesorado da titulación (ou de titulacións afíns, se fose necesario) que nese curso académico teña ofertado liñas temáticas para o TFG. Este constará polo menos de tres persoas, cos seus respectivos suplentes, que exercerán presidencia, secretaría e as funcións de vogal, sendo alomenos dous deles docentes con vinculación permanente á Universidade (Art. 9).

Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación final tomando en consideración o informe emitido polo titor/a académico/a, a calidade do contido do TFG, así como a propia exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e defensa argumental do/a alumno/a.

A cualificación será a suma ponderada da cualificación do Tribunal (de 0 a 7 puntos) mais a valoración do titor/a (de 0 a 3 puntos, entendéndose que o aprobado está en 1,5 ptos., sendo esta a puntuación mínima necesaria para poder defenderse o TFG ante o tribunal). A valoración do Tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros (Art. 12).

CRITERIOS A CONSIDERAR NA AVALIACIÓN (cumprimentar anexos V e VI)

a) Para o traballo escrito

- Estruturación das partes do TFG.

- Equilibrio entre os diferentes apartados do traballo.

- Orixinalidade das ideas, contribuíndo á creación de coñecemento e achegas persoais.

- Corrección metodolóxica.

- Adecuación da interpretación dos resultados e conclusións.

- Claridade de expresión e corrección lingüística.

- O uso adecuado da bibliografía.

Page 9: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

9

b) Para a defensa pública

• Claridade e precisión da exposición.

• Corrección lingüística e uso adecuado do vocabulario.

• Orixinalidade, organización e calidade do contido.

• Resultados e presentación das conclusións.

• Adecuación das respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de avaliación.

• Adecuación da presentación ao contido do traballo escrito.

• Uso axeitado de recursos informáticos.

OUTROS ASPECTOS

Cabe resaltar que, os TIPOS DE TRABALLO incluídos nas “Orientacións para o Traballo Fin de Grao”, teñen un carácter orientativo. Poden considerarse positivas outras variantes sempre que sexan coherentes e pertinentes ao problema que se analiza.

Recordar que o “Afondamento sobre un concepto teórico específico de interese para ou Título”, é considerada unha orientación relevante incluída na opción de investigación teórica.

A propiedade intelectual da TFG será do estudante/autor do traballo. Con todo, entendendo que o profesorado/titor tamén contribuíu para a súa elaboración, no caso que se procedera a súa difusión vai esixir o consentimento de ambos, autor e profesor, sendo necesario que conste o nome do docente/titor como coautor en segundo termino.

A presentación do TFM inclúe o depósito dun exemplar no decanato, que estará a disposición para a súa consulta directa, previa solicitude. O préstamo do TFM debe realizarse só co consentimento das autoras e autores.

Page 10: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

10

ANEXO I

ALUMNADO

SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN E AVALIACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO

EXPÓN:

Que dacordo co artigo 10 da NORMATIVA DO TRABALLO FIN DE GRAO DA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. UNIVERSIDADE DE VIGO,

CAMPUS DE OURENSE

SOLICITA

A súa admisión para ser presentado/a e avaliado/a na presente convocatoria.

DOCUMENTACIÓN APORTADA:

Versión Escrita do Traballo Fin de Grado (3 exemplares)

Versión informática en Faitic

Ourense, Data ____________________________

SINATURA DA PERSOA INTERESADA:........................................................

PRESIDENTA DA COMISIÓN PERMANENTE DECANATO CC. EDUCACIÓN OURENSE

Titulación

Apelidos e Nome

Correo electrónico

D.N.I. TELÉFONO

Enderezo postal

Page 11: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

11

ANEXO II

Prof................................................................

FACULTADE DE CC. DA EDUCACIÓN

Campus de Ourense

Avd. /Castealo, s/n 32004 Ourense (España)

E-mail: .................................... Tef.: ........................

AUTORIZACIÓN DO TITOR/A PARA A PRESENTACIÓN DO TFG O/a profesor/a................................................ (Universidade de Vigo), COMO TITOR/A do Traballo Fin de Grado do/a alumno/a ............................................... titulado “................................................”. FAI CONSTAR: Que o mencionado Traballo Fin de Grao reúne os requisitos académicos e científicos necesarios para proceder ao acto da súa presentación e defensa pública.

Ourense, ....... de ................... de ..........

Asdo. ..................................................

Page 12: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

12

ANEXO III

Prof................................................................

FACULTADE DE CC. DA EDUCACIÓN

Campus de Ourense

Avd. /Castealo, s/n 32004 Ourense (España)

E-mail: .................................... Tef.: ........................

INFORME CUALIFICACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO (titor/a)

Título: Grao en ........................................ Curso académico: .............................

O/A titor/a: ..........................................................

INFORMA,

Que o Traballo Fin de Grao, do/a alumno/a ........................................................ (D.N.I. ...........................), titulado “............................................................................. ”, feito baixo a miña supervisión, reúne os requisitos necesarios para ser defendido publicamente.

A valoración que lle outorgo á calidade deste traballo é a seguinte: ............. puntos.

(puntuar de 0-3 puntos, entendéndose que 1,5 puntos é o aprobado. Polo tanto, esta é a puntuación mínima necesaria para poder defenderse o TFG ante o tribunal. Admítese un decimal).

Esta puntuación corresponde ao 30% da cualificación final.

O que fago constar aos efectos oportunos.

Ourense, a ...............de ................................... de ..........................

Asdo.: ...................................................

Page 13: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

13

ANEXO IV

MOTIVACIÓN DA CUALIFICACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO (titor/a)

TITULACIÓN:____________________________________________________________________

NOME E APELIDOS DO ALUMNA/O: ___________________________________________

NOME E APELIDOS DO TITOR/A:______________________________________________

CUALIFICACIÓN (0-3 puntos, entendéndose que 1,5 ptos. é o aprobado. Polo tanto, esta é a puntuación mínima necesaria para poder

defenderse o TFG ante o tribunal. Admítese un decimal): _________________

Traballo escrito: 30%. Máximo 3 ptos. Deficiente Regular Bo Excelente OBSERVACIÓNS

A contido do documento está organizado de forma

lóxica e con unha estrutura que facilita o

seguimento do TFG.

Claridade e corrección lingüística.

Fundamentación teórica e estado da cuestión.

Orixinalidade do contido, contribución á creación

de coñecemento e achegas persoais.

De ser o caso, adecuación metodolóxica.

Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación dos resultados.

Suficiencia, coherencia e actualidade da

bibliografía utilizada. Uniformidade das citas e da referenciación e correspondencia.

De ser o caso, as conclusións e discusión son

coherentes cos obxectivos/preguntas de

investigación/hipótese e cos resultados.

CUALIFICACIÓN GLOBAL (0-3 PUNTOS): ...................................

Ourense, ......... de ......................... de.....................

Asinado:.........................................................................

Page 14: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

14

ANEXO V

CUALIFICACIÓN DO TFG (membro tribunal)

TITULACIÓN:________________________________________________________________

NOME E APELIDOS DO ALUMNA/O___________________________________________

NOME E APELIDOS MEMBRO DO TRIBUNAL: ____________________________________

CUALIFICACIÓN (0-7 ptos): ________________________________

Traballo escrito: 30%. Máximo 3 ptos. Deficiente Regular Bo Excelente OBSERVACIÓNS

A contido do documento está organizado de forma

lóxica e con unha estrutura que facilita o

seguimento do TFG.

Claridade e corrección lingüística.

Fundamentación teórica e estado da cuestión.

Orixinalidade do contido, contribución á creación de

coñecemento e achegas persoais.

De ser o caso, adecuación metodolóxica.

Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso,

interpretación dos resultados.

Suficiencia, coherencia e actualidade da bibliografía

utilizada. Uniformidade das citas e da referenciación

e correspondencia.

De ser o caso, as conclusións e discusión son

coherentes cos obxectivos/preguntas de

investigación/hipótese e cos resultados.

CUALIFICACIÓN (0-3): ...................................

Defensa pública: 40%. Máxima 4 ptos. Deficiente Regular Bo Excelente OBSERVACIÓNS

Selección do contido que se presenta.

Orixinalidade e organización da presentación.

Fixo unha exposición comprensible e un uso

axeitado dos recursos informáticos.

Claridade da exposición. Uso apropiado do

vocabulario.

Respostas ás cuestión formuladas polos

membros da comisión de avaliación.

CUALIFICACIÓN (0-4):...............................

CALIFICACIÓN GLOBAL INDIVIDUAL (0-7 puntos):....................................

Ourense, ......... de ......................... de ......................

Asinado:.........................................................................

Page 15: Guia orientacion

Edificio de Facultades Campus de Ourense 32004 Ourense España

Tel. 988 387101 Fax 988 387159

15

ANEXO VI

TRABALLO FIN DE GRAO

TITULACIÓN:……………………………………………………………………………………………………..

Cualificacións Provisionais (tribunal)

CONVOCATORIA (marcar segundo corresponda): 1ª 2ª

En sesión pública fixeron a presentación e defensa dos Traballos Fin de Grao os alumnos/as indicados coa

Seguinte cualificación:

APELIDOS E NOME ALUMNADO

CALIFICACIÓNS

Titor/a

(ata 3

puntos)

Tribunal

(ata 7

puntos)

Cualificación

global (ata 10)

Para que conste, asínase a presente en .................................., a ..............de…………….................. de...................

PRESIDENTE/A SECRETARIO/A VOCAL

Asdo:.................................... Asdo:....................................... Asdo:…………...................