GUÍA

3
BIBLIOTECA ESCOLAR: A Biblioteca Escolar é un espazo educativo que está ao servizo dos procesos de ensino-aprendizaxe. É o centro de recursos do noso colexio: nela habemos centralizar todo o material informativo. É a encargada de organizar, facilitar e difundir, entre o profesorado e o alumnado, todos os fondos existentes para un uso eficaz dos mesmos, tanto no tratamento da información como no fomento da lectura. Non só é un lugar para atopar os recursos necesarios para a realización de traballos ou para o estudo, senón tamén para o entretemento, a imaxinación, para gozar de historias, visitar lugares e épocas... USUARIOS/AS: É usuario todo o alumnado, o profesorado, os pais/nais e os ex-alumnos/as do Centro. O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta na BE é estar en posesión do carné da Biblioteca. O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en que pertence ao centro. Os pais, nais e ex-alumnos/as teñen que solicitalo á BE. Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso. O resto dos usuarios o manteñen na súa posesión. HORARIOS: A BE está aberta todos os días, de luns a venres, durante o horario lectivo: de 9 h. ás 14 h., para o alumnado e profesorado e polas tardes (non sendo os martes), en horario extraescolar, de 16:00 a 17:00, para as familias e ex-alumnos/as. Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á Biblioteca, que está tamén aberta durante os recreos, atendida por profesorado responsable da mesma. Durante este horario realízanse os préstamos. PRÉSTAMOS: Todos os usuarios da BE poden utilizar o servizo de préstamo, utilizando o carné da Biblioteca. O número de fondos que cada usuario pode levar prestado é de 1 exemplar.

description

GUÍA DE USO

Transcript of GUÍA

Page 1: GUÍA

BIBLIOTECA ESCOLAR:

A Biblioteca Escolar é un espazo educativo que está ao servizo dos procesos de ensino-aprendizaxe.

É o centro de recursos do noso colexio: nela habemos centralizar todo o material informativo. É a encargada de organizar, facilitar e difundir, entre o profesorado e o alumnado, todos os fondos existentes para un uso eficaz dos mesmos, tanto no tratamento da información como no fomento da lectura.

Non só é un lugar para atopar os recursos necesarios para a realización de traballos ou para o estudo, senón tamén para o entretemento, a imaxinación, para gozar de historias, visitar lugares e épocas...

USUARIOS/AS:

É usuario todo o alumnado, o profesorado, os pais/nais e os ex-alumnos/as do Centro.

O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta na BE é estar en posesión do carné da Biblioteca.

O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en que pertence ao centro. Os pais, nais e ex-alumnos/as teñen que solicitalo á BE.

Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso. O resto dos usuarios o manteñen na súa posesión.

HORARIOS:

A BE está aberta todos os días, de luns a venres, durante o horario lectivo: de 9 h. ás 14 h., para o alumnado e profesorado e polas tardes (non sendo os martes), en horario extraescolar, de 16:00 a 17:00, para as familias e ex-alumnos/as.

Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á Biblioteca, que está tamén aberta durante os recreos, atendida por profesorado responsable da mesma. Durante este horario realízanse os préstamos.

PRÉSTAMOS:

Todos os usuarios da BE poden utilizar o servizo de préstamo, utilizando o carné da Biblioteca.

O número de fondos que cada usuario pode levar prestado é de 1 exemplar.

Os fondos prestados poden ser libros de lectura, de divulgación ou publicacións periódicas. Non se prestan os dicionarios, as enciclopedias, os libros de consulta, os de coleccións nin as “novidades recentísimas”.

A duración do préstamo é de 15 días, prorrogables outros 15 previa petición expresa.

As familias poderán, presentando o seu carné, retirar libros identificados co distintivo de adultos, nas mesmas condicións que o alumnado.

CÓDIGO DE CORES PARA PRÉSTAMOS:

Page 2: GUÍA

Etiqueta azul: prelectores, de 3 a 6 anos. Etiqueta vermella: 1º lectores, de 6 a 9 anos. Etiq. verde: lectores autónomos, 9 a 12 anos.

Etiqueta amarela: lectores adultos (Familias).

NORMAS:- Estar en silencio ou falar baixiño, se é preciso.- Coidar os libros e o material, son de todos/as. - Non se pode comer na Biblioteca.- Deixar recollidos libros e cadeiras antes de saír

USO DOS ORDENADORES:

Na Biblioteca hai tres ordenadores, un para a xestión da mesma e dous para uso dos usuarios/as, que poden ser usados para consultar enciclopedias, buscar información en internet, realizar traballos e visitar webs e xogos educativos. Non se poden usar os ordenadores para chatear ou mandar mensaxes.

Lembrade que para usar estes servizos terá que estar presente sempre un profesor/a.

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO GUÍA DE USO

SERVIZOS:Lectura e consulta

Préstamo individual e ás aulas.Acceso a Internet.

Visionado de vídeos e DVD...