I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016...

41
www.foroeconomicodegalicia.es Fernando González Laxe (coord.) José Francisco Armesto Pina Patricio Sánchez Fernández Santiago Lago Peñas Informe de Conxuntura socioeconómica I / 2016

Transcript of I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016...

Page 1: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

1

Marzo de 2016

www.foroeconomicodegalicia.es

Fernando González Laxe (coord.)José Francisco Armesto PinaPatricio Sánchez Fernández

Santiago Lago Peñas

Informe de Conxuntura socioeconómica

I / 2016

Page 2: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

2

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

1. A economía galega continuou coa súa senda expansiva ao longo de todo o ano 2015, presentando un crecemen-to anual acumulado do 2,1 % fronte ao 0,4% rexistrado no ano anterior. Ase-made, as taxas intertrimestrais seguen a amosar unha tendencia ascendente, a diferenza do que acontece no conxunto do Estado, rematando o ano cun cre-cemento interanual de 2,6% e un 0,8% respecto ao trimestre anterior. Este forte dinamismo do PIB galego ten de ser ma-tizado tendo en conta que a súa inten-sidade segue sendo significativamen-te menor que á da economía española (3,2% interanual).

2. A demanda interna constitúe o prin-cipal motor de crecemento, cunha ache-ga positiva de 2,8 puntos porcentuais, nove décimas menos que no conxun-to do Estado, o que explica a diferen-za existente na taxa de crecemento do PIB en 2015. Tanto en Galicia como en España, o investimento é a magnitude que presenta un mellor comportamento (5,8% en Galicia), por diante do gasto fi-nal en consumo privado e público (2,3% e 1,9%, respectivamente), sendo estas medras inferiores ás estimadas na eco-nomía española. Por contra, a demanda externa detrae 0,7 puntos ao crecemen-to agregado do PIB, dúas décimas máis que en España, presentando o sector exterior galego tres feblezas principais: a súa concentración xeográfica, a súa concentración sectorial e o escaso peso relativo no total estatal do investimento no estranxeiro.

3. Dende o punto de vista da oferta, o aspecto máis destacado é o crecemento positivo do valor engadido bruto xera-do polas grandes ramas de actividade, salientando por riba de todo o incre-mento da industria manufactureira, cun 4,6% respecto ao ano anterior, seguido pola construción, que retoma as taxas positivas anteriores á crise económica (3,7%). No conxunto do Estado, o sector de maior dinamismo é a construción por diante da industria manufactureira, cun 5,2% e 3,8%, respectivamente.

4. O forte proceso de converxencia da economía galega cara á media da UE-28 fréase no ano 2009, cando representa o 89% do PIB per cápita comunitario. Iníciase nese ano un proceso de diver-xencia, a pesares da caída poboacional, que parece estabilizarse en torno ao 80% en 2013 e 2014. En relación á me-dia española, o proceso de diverxencia rexístrase entre 2010 e 2012, manténdo-se a porcentaxe en torno ao 88% nos últimos anos.

5. A recuperación económica non foi quen de frear a perda de poboación en Galicia, sendo especial intensa no caso da poboación potencialmente activa. Os datos do padrón municipal de habitan-tes reflicten que á perda de case 90.000 activos entre os anos 2008 e 2013 hai que sumarlle preto de 23.500 máis no ano 2014. Asemade, a EPA amosa que en 2015 o número de activos reduciuse en máis de 13.000 persoas.

Aspectos salientables

Page 3: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

3

Marzo de 2016

6. O dinamismo económico reflíctese nun bo comportamento do mercado de traballo atendendo á evolución da ocu-pación, tanto se se mide en termos de EPA (1,9%), de afiliacións (2%) ou de postos de traballo equivalente (1,9%), como na redución do desemprego es-timado e rexistrado no servizo público de emprego (-11,7% e -9,2%, respec-tivamente). Este incremento da ocupa-ción, unido ao retroceso da poboación activa é o que xustifica a caída da taxa de paro, que se sitúa no 19,3%, dous puntos e medio menos que en 2014. No que á ocupación se refire, un dos as-pectos máis salientables é o forte au-mento do número de asalariados no sector privado (2,7%), que se concentra basicamente nos contratos temporais polo que a taxa de temporalidade as-cende ata o 25,4%, a máis elevada den-de o ano 2009. En canto ao desempre-go, cómpre destacar tanto o descenso daquelas persoas que levan máis dun ano en paro, como que esta redución prodúcese en todos os grandes grupos de idade.

7. Da evolución do PIB e do emprego despréndese que a produtividade apa-rente do factor traballo medrou no último ano un 0,2%, sendo este incremento do 2,6% no caso da industria manufactu-reira (3% no sector primario, pero neste caso por mor da caída da ocupación). Tras esta evolución, a produtividade aparente do traballo en Galicia represen-ta o 88,5% da media estatal, situándose esta porcentaxe no 76,7% no caso da industria manufactureira. Tan só o sector

primario ten unha produtividade superior á media española.

8. O sector da automoción produce en España a mesma riqueza material en termos reais en 2012 que en 1995 cun terzo menos do emprego. Polo que atinxe a Galicia, cae a produción rela-tiva pero mantense o emprego, o que quere dicir que outras zonas produtoras de España están a gañarnos en compe-titividade.

9. A crise económica evidenciou a existencia de dous modelos fiscais al-ternativos a nivel autonómico. Toman-do como referencia o resto de Comu-nidades Autónomas de réxime común, Galicia situase en niveis de imposición baixos nos tributos locais, no Imposto sobre matriculación e, dende a recen-te reforma no Imposto de Sucesións e Doazóns, nas herdanzas entre familia-res. Pola contra, ás esixencias fiscais maiores no Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Docu-mentados, Imposto sobre o Patrimonio e Imposición sobre Hidrocarburos. No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Galicia presenta unha presión fiscal media- baixa.

10. O Indicador Foro de Conxuntu-ra Económica de Galicia para o mes de decembro de 2015 amosa un incre-mento da taxa interanual de crecemen-to da actividade económica galega ata o 2,9% e unha taxa intertrimestral que permanece constante durante todo o ano lixeiramente por riba do 0,7%.

Page 4: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

4

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Page 5: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

5

Marzo de 2016

CONTIDOS

I- ANÁLISE DE CONTAS. . Balance da economía galega no ano 2015

II- INDICADORES DE CONXUNTURA . Síntese estatística . Indicador Foro de Conxuntura Económica

III- COMENTARIO . Chequeo ao sector da automoción Autor: Albino Prada Blanco

. Fiscalidade galega no eido autonómico: Unha perspectiva empresarial Autor: Alberto Vaquero García

ISSN: En trámite.

O Informe de Conxuntura Socioeconómica ten como obxectivo subministrar aos axentes sociais, económicos e políticos a infor-mación básica e estratéxica que permita definir a situación actual da economía de Galicia. Asemade, pretende facilitar a avaliación continua das magnitudes máis salientables do noso País, e sa-lientar os avances e melloras, mais tamén os atrancos ou retro-cesos na súa dinámica macroeconómica.

Page 6: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

6

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

A economía galega aumenta o seu dinamismo ao longo de todo o ano 2015, acadando un crecemento medio do 2,1% respecto ao ano anterior, sendo o seu principal motor de crecemento a demanda interna. Os datos intertrimestrais amosan a tendencia ascendente da produción galega a diferenza do que acontece no Estado, rematando o ano ambas as dúas economías cunha medra intertrimestral do 0,8%. Non obstante, a pesar do positivo comportamento da actividade económica ao longo de todo o ano e da redución continua-da do diferencial coa evolución do PIB no conxunto do Estado, o crecemento económico galego segue a presentar unha menor intensidade en comparación co rexistrado en Espa-ña, situándose novamente como unha das comunidades con menor crecemento en 2015.

A devandito crecemento reflíctese na evolución dos principais indicadores do mercado de traballo galego, que volve a presentar un comportamento positivo en termos dunha maior ocupación (Seguridade Social, EPA e traballo a tempo completo) e da redución do desemprego(rexistrado e estimado pola EPA). A devandita recuperación económica non logra deter a caída da poboación activa, que se pode considerar un dos principais pro-blemas do mercado de traballo xunto co peso do desemprego de longa duración, que a pesar da súa redución, e que esta afecta a todos os grupos de idade, representa case o 55% do paro total. Asemade, a creación de emprego concéntrase no emprego temporal aumentando considerablemente a taxa de temporalidade ata o 25,4%, case dous puntos máis que no ano anterior.

I- ANÁLISE DE CONTAS

Balance da economía galega no ano 2015

Tras a saída da segunda recesión econó-mica a finais de 2013 e principios do 2014, a economía galega encadeou seis trimes-tres consecutivos de taxas de crecemento positivas, acadando no derradeiro trimestre de 2015 unha medra interanual do 2,6%. A pesar de que a nosa economía segue amo-sando unha recuperación significativamen-te máis feble que a rexistrada no conxunto

do Estado, cómpre mencionar que segue mellorando o diferencial con respecto á media española, que a finais de 2015 se sitúa en nove décimas, a cifra máis baixa dende o segundo trimestre de 2014. No conxunto do ano, a actividade produtiva de Galicia acumula un incremento medio do 2,1% respecto ao ano anterior, 1,7 puntos máis que o rexistrado en 2014, sendo este

Page 7: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

7

Marzo de 2016

Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España

Fonte: INE e IGE

crecemento do 3,2% en España. En termos intertrimestrais, tanto Galicia

como España presentan un incremento do 0,8%, se ben a economía galega continúa coa súa tendencia ascendente mentres que no Estado o comportamento amosa certa desaceleración tendo en conta que o crecemento é similar ao experimentado no trimestre anterior e inferior ao dos dous primeiros trimestres do ano. Dende que co-mezou a crise económica, o desigual com-portamento de ambas economías queda reflectido no feito que dos 8,5 puntos de

volume do PIB perdidos en Galicia dende o segundo trimestre de 2008 ata o cuarto de 2013, nos últimos ano recuperáronse 3,2 puntos mentres que no conxunto do Esta-do recuperáronse 5,2 puntos dos nove per-didos durante a crise económica.

Se a comparación se realiza co resto das comunidades autónomas españolas, os datos da Autoridad Independiente de Res-ponsabilidad Fiscal reflicten que a recupe-ración económica en Galicia é xunto con Asturias á mais feble, cunha medra anual media de 1,5%, oito décimas menos que

Page 8: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

8

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Crecemento económico nas CC.AA. no cuarto trimestre de 2015.

Fonte: Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIReF)

DEMANDA AGREGADA

Mentres que no período 2008-2013 a contracción da demanda interna explica-ba a evolución negativa do PIB, a recu-peración experimentada nos anos 2014 e sobre todo no 2015 débese ao maior dinamismo da demanda interna, que con-tribúe en Galicia en 2,8 puntos ao crece-mento agregado do PIB, lonxe non só do

rexistrado no conxunto do estado senón tamén da súa achega no ano 2007. Por el contrario, o sector exterior, que no pe-ríodo de crise sostiña a caída da activi-dade económica, detrae no último ano 7 décimas ao crecemento do PIB fronte ás cinco décimas en España. Atendendo á súa evolución trimestral, a demanda in-

no conxunto do Estado. O crecemento acu-mulado no ano 2015 da economía galega foi do 2,6%, o que a sitúa tan só cun me-

llor comportamento que Asturias (2,3%) e Estremadura (2,4%) lonxe da media estatal que se ascende ata o 3,2%.

Page 9: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

9

Marzo de 2016

Achega da demanda interna e externa en Galicia e España 2007-2015

Fonte: IGE e INE

terna en Galicia contribúe positivamente ao crecemento agregado do PIB por sex-to trimestre consecutivo, situándose no cuarto trimestre en 2,8 puntos, dúas déci-

mas menos que no trimestre anterior. Por contra, o sector exterior galego detrae en Galicia 0,2 puntos porcentuais fronte ás seis décimas no conxunto do Estado.

O devandito dinamismo da deman-da interna en Galicia e España explícase fundamentalmente polo comportamento do gasto final en consumo, tanto públi-co como privado, como en maior medida pola evolución do investimento, medido a través da formación bruta de capital, rexistrándose nestes tres indicadores un incremento inferior na comunidade autó-noma que no conxunto do Estado. Dunha

banda, a medra interanual do investimen-to 2015 ascende ata o 5,8% en Galicia fronte ao 7% en España, o que se explica en parte pola maior confianza empresarial en España. Doutra banda, o diferencial existente entre as taxas de crecemento do consumo privado (2,3% en Galicia fronte a 3,1% no Estado) explícase, entre os fac-tores, pola evolución do mercado laboral, pola percepción favorable que os cida-

Page 10: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

10

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Evolución do Índice de Confianza empresarial e do consumi-dor 2013-2015 en Galicia e España

Fonte: Elaboración propia a partir de IGE e CISNota: O Indicador de Confianza do Consumidor esténdese dende 0 a 200, entendendo que os valores por baixo de 100 indican unha percepción desfavorable sobre a actividade económica e por riba de 100 unha situación favorable.

dáns teñen sobre a actividade económica en España (aínda desfavorable no caso da economía galega), os menores salarios e pensións en Galicia en comparación co conxunto do Estado, ou un menor impac-to da caída do prezo do petróleo. Asema-de, vinculado en parte ao ciclo electoral, o gasto das administracións públicas tri-plica o seu crecemento en Galicia, cun-ha medra en 2015 do 1,9%, sendo esta medra sensiblemente superior en España, cun 2,7%.

No que atinxe á demanda externa, a achega negativa ven motivada por un maior incremento das importacións que das exportacións, sendo este ritmo de crecemento inferior ao da economía espa-ñola. Dunha banda, o IGE reflicte que as importacións galegas de bens e servizos medran un 5,1% en relación ao ano ante-rior, un punto e unha décima por riba das

exportacións. Doutra banda, no conxunto do Estado a taxa de variación interanual das importacións ascende ata o 7,5% fronte ao 5,4% no caso das exportacións.

Se se consideran tan só as relacións co-merciais con terceiros países, o sector ex-terior galego caracterízase tanto polo súa elevada concentración xeográfica como sectorial. Dunha banda, os países da UE-28 representan o 74,8% das exportacións galegas (64,8% en España) e os BRIC e os países emerxentes latinoamericanos o 2,2% e 4,4%, respectivamente (4% e 4,5% no Estado). Doutra banda, as catro partidas exportadoras máis importantes representan o 55,3% do total fronte ao 31,7% no estado. Asemade, o investi-mento galego no exterior nos primeiros nove meses do ano representa tan só o 1,9% do total estatal, porcentaxe moi re-ducida en relación ao peso do PIB.

Page 11: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

11

Marzo de 2016

AGREGADOS DA OFERTA

Polo lado da oferta, a característica principal da evolución sectorial da activi-dade produtiva galega é o crecemento de todos os sectores produtivos (tan só no caso dos servizos o subsector de activi-dades financeiras e de seguros presenta taxas negativas). As contas económicas de Galicia reflicten que a industria manu-factureira se sitúa como principal motor de crecemento, cun 4,6% respecto ao ano anterior, por diante da construción (3,7%) que retoma as taxas positivas an-teriores ao estalido da crise económica.

A evolución trimestral ao longo de todo o ano 2015 indica o crecemento continuo da industria de manufacturas, que remata o ano cunha medra do 7,5% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

O valor engadido bruto da actividade industrial no seu conxunto, incluído o subsector enerxético, influenciado polo comportamento das manufacturas, pre-senta tamén taxas de crecemento posi-tivas (2,1%) acadando no segundo se-mestre de 2015 taxas superiores ao 3%. Asemade, o sector servizos e o sector

Produto Interior Bruto en Galicia e España en 2015: distribución segundo principais compoñentes da demanda.

Taxas de variación interanual.

Page 12: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

12

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

primario manteñen as taxas positivas de crecemento interanual rexistradas no ano anterior, acadando en 2015 unha medra do 2,0% e 1,4%, respectivamente. Aten-dendo á evolución trimestral, ao igual que acontecía coa industria manufactureira,

o veb xerado polo conxunto das ramas terciarias aumenta a medida que avanza o ano, acadando no cuarto trimestre de 2015 unha medra do 2,3% en relación ao mesmo período do ano anterior (3,4% no Estado).

Produto Interior Bruto en Galicia e España en 2015: distribución segundo principais compoñentes da oferta.

Taxas de variación interanual

Fonte: IGE e INE

Comparado co que acontece no conxunto do Estado, tan só o subsector da industria manufactureira presenta un mellor comportamento en comparación co que acontece no conxunto do Esta-do (3,8% fronte aos devanditos 4,6%

en Galicia) o que explica o menor crece-mento do PIB polo lado da oferta. A pe-sar do moi bo comportamento da cons-trución na comunidade autónoma, o seu incremento en España é punto e medio superior, acadando o 5,2%, sendo este

Page 13: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

13

Marzo de 2016

Proceso de converxencia da economía galega á UE-28 e España 200-2014

Fonte: IGE e INE

incremento do 3,5% no caso do sector industrial, do 3,1% no conxunto das ac-tividades do sector servizos e do2,0% no sector primario.

• Proceso de converxenciaA modo de síntese cómpre observar

cómo co estalido da crise económica o proceso de converxencia da economía

galega coa media europea (UE-28) fréa-se drasticamente, pasando do 89% de 2009 ata o 80% da media da UE no ano 2012, manténdose nese nivel en 2013 e 2014. En relación á media española, o paulatino acercamento ao nivel do PIB per cápita estatal remata no ano 2009, rexistrándose un lixeiro descenso ata o ano 2012.

Page 14: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

14

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

A incidencia e gravidade da crise econó-mica e a posterior recuperación en 2014 e 2015 reflíctese claramente na evolución dos principais indicadores do mercado de traballo así como nunha marcada caí-da da poboación residente en Galicia. No que á poboación se refire, a pesar das ta-xas positivas de crecemento do PIB nos dous últimos anos, a poboación galega continuou coa súa tendencia descenden-te, sendo esta caída moito máis acusada no caso da poboación potencialmente activa (16 a 64 anos). Entre 2008 e 2013 a poboación descendeu en case 35.500 persoas e a poboación activa en case 90.000, ao que hai que engadir que en 2014 a poboación empadroada en Gali-cia reduciuse en máis de 16.000 persoas, e a poboación de 16 a 64 anos o fixo en preto de 23.500 persoas.

Segundo os datos da EPA, a po-boación activa en 2015 descendeu ata as 1.260.700 persoas, un 1% inferior á

estimada no ano anterior (13.200 activos menos), sendo esta caída de tan só unha décima no conxunto do Estado. Tanto en Galicia como en España a poboación activa con idades comprendidas entre 25 e 34 anos descende de xeito signifi-cativo, con 16.700 activos menos en Ga-licia (-5,1%, nove décimas máis que no conxunto do Estado). Asemade, cómpre salientar a caída dun 2,1% da poboación activa galega de 16 a 24 anos (-4.300 persoas menos), sendo esta porcentaxe moi superior á estimada en España, cun-ha redución do -0,8%.

Doutra banda, se coa crise económica a taxa de emprego descende entre 2008 e 2013 en 7,8 puntos e a taxa de paro aumenta en 13,4 puntos, o crecemento económico dos dous últimos anos fixo que se recuperaran 0,9 puntos da taxa de ocupación (43,1% en 2015) e des-cendera en 2,7 puntos a de desempre-go (19,3% no último ano). No conxunto

Ocupación e desemprego en Galicia 2013-2015. Taxas de variación interanuais

Fonte: IGE e INE

MERCADO DE TRABALLO

Page 15: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

15

Marzo de 2016

Poboación ocupada en Galicia e España segundo grupos de idade. Taxas de variación interanuais.

Fonte: INE/IGE

do Estado, a crise económica ten unha maior incidencia nos dous indicadores mencionados, se ben a partir de 2014 a súa evolución é máis positiva que en Ga-licia, recuperando a taxa de ocupación 2,1 puntos dos 9 perdidos, e a taxa de desemprego redúcese en catro puntos (aumenta case quince puntos no período 2008-2013).

Ao igual que acontece en 2014, os tres indicadores de emprego considerados (Seguridade Social, EPA e postos de tra-

ballo a tempo completo) presentan no úl-timo ano taxas de crecemento positivas ao tempo que se reduce o paro rexistra-do nas oficinas de emprego e o estima-do na Enquisa de poboación activa. Este bo comportamento do emprego unido ao acusado retroceso da poboación activa é o que xustifica o devandito descenso do paro, situándose a taxa de desempre-go no conxunto do ano 2015 no 19,3%, case dous puntos e medio menos que no ano anterior.

Page 16: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

16

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Poboación asalariada en Galicia e España no 3º trimestre de 2015. Variación interanual

No que atinxe á evolución do emprego en 2015, o número de afiliacións rexis-tra unha medra do 2,0% respecto ao ano anterior (18.607 afiliacións máis), sendo este incremento do 1,9% no caso da poboación ocupada estimada pola EPA (19.225 ocupados máis) e do reflectido polas contas económicas (18.375 postos de traballo equivalente a tempo comple-to). Fronte a estes datos sen dúbida po-sitivos hai que ter en conta que se a aná-lise se fai en termos comparativos con outras comunidades autónomas, Galicia segue presentando unha medra da súa poboación ocupada moi inferior á media estatal (1,9% fronte ao 3,0% de España), manténdose como a novena C.A. coa taxa de crecemento máis elevada.

Centrándonos na análise da poboación ocupada, se durante a etapa de con-tracción económica a destrución do em-prego era sensiblemente superior nos varóns, xa que a crise afectou en maior medida aos sectores da construción e a industria, no ano 2015, coincidindo cun maior dinamismo da economía galega, o acceso ao emprego dos homes volve a ser maior que o das mulleres. No último ano a ocupación feminina aumenta en 5.300 persoas respecto ao ano anterior (1,1%), sendo este incremento de 13.900 persoas no caso dos homes (2,7%).

Tendo en conta a estrutura demográfi-ca galega e o maior impacto da crise nas persoas máis novas, o mercado laboral galego presenta un elevado grao de en-

Fonte: INE

Page 17: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

17

Marzo de 2016

vellecemento, xa que máis do 44% dos ocupados teñen máis de 45 anos (39,6% no conxunto do Estado) e tan só o 3,6% son menores de 25 anos (5% en Espa-ña). En relación ao ano anterior, continúa a tendencia descendente da ocupación entre as persoas menores de 25 anos e entre as persoas de 25 a 34 anos, se ben esta caída é sensiblemente inferior á rexistrada en 2014. O incremento da ocupación máis acusado, tanto en ter-mos absolutos como relativos, prodúce-se entre as persoas maiores de 55 anos, cunha medra de 10.900 persoas (6,6%) respecto ao ano anterior.

No concernente á distribución sectorial da ocupación, as estimacións recollidas na EPA reflicten unha vez máis o paulati-no proceso de destrución de emprego no sector primario, que en 2015 se sitúa en 63.700 persoas, 2.400 menos que no ano anterior. pero a diferenza do que acontece no ano anterior, esta caída estímase tan só no sector agrogandeiro e forestal, con 3.500 persoas menos (-7,1%), aumen-tando na pesca en máis de mil ocupados (1,1%). Por contra, o resto dos sectores presentan un incremento interanual da ocupación, salientando en termos re-lativos a construción, cunha medra do 9,7% (6.500 persoas), por diante da in-dustria, cun 3,6% (5.500 ocupados), e os servizos, cun 1,4% (9.700 persoas). Tras esta evolución, o sector servizos acolle o 70,8% dos ocupados, case catro pun-tos porcentuais máis que en 2010, fronte ao 15,7% do sector industrial (15,6% en 2010), e o 7,2% da construción (9,5%). O sector agrario tamén reduce o seu peso relativo, acadando o 4,5% (6,1% en 2010) manténdose o sector pesqueiro no

1,8%.No que atinxe á situación profesional

dos ocupados, cómpre resaltar o for-te crecemento rexistrado no caso dos asalariados, que se concentra exclusi-vamente no sector privado, así como un novo descenso do número de empresa-rios sen asalariados. No ano 2015 o nú-mero de asalariados ascendía en Galicia a 800.200 persoas, 20.700 máis que no ano anterior (2,7%), dos que 619.200 son asalariados no sector privado (22.400 máis que no ano anterior), e o número de empresarios sen asalariados a 139.900 persoas, 3.800 menos que no ano ante-rior (-2,6%). Entre os asalariados do sec-tor privado o incremento máis acusado prodúcese nas persoas con idades com-prendidas entre 45 e 54 anos, cunha me-dra superior ao 8% (11.300 asalariados), mentres que no caso do sector público, o incremento máis acusado rexístrase nos maiores de 55 anos, con 6.900 asa-lariados máis (17%), a diferenza do que acontece no caso das persoas de 25 a 34 anos, onde o número de asalariados públicos descende case un 18% (4.700 persoas menos).

O incremento no número de asalaria-dos prodúcese case exclusivamente en-tre os que teñen contratos temporais, cunha medra de 20.600 asalariados máis (o 11,3%), permanecendo practicamente constante os asalariados con contratos de duración indefinida. Esta evolución fai que reponte considerablemente a taxa de temporalidade, que no último ano se sitúa no 25,4%, tres décimas por riba da media española. Esta porcentaxe non só é case dous puntos por riba da estimada no ano anterior, senón que é a máis ele-

Page 18: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

18

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

vada dende o ano 2009.No que atinxe ao desemprego, os fac-

tores mencionados anteriormente expli-can que o número de persoas paradas estimadas na EPA descenda en Galicia en 2015 un 11,7% en relación ao ano an-terior (case 2 puntos superior á estimada para o conxunto do Estado), para situar-se nas 243.400 persoas, 32.400 parados menos. Comparado co resto de España, seis CC.AA. presentan unha caída da po-boación parada estimada pola EPA supe-rior á galega: Aragón (-19,8%), A Rioxa (-16,8%), Navarra (-13,3%), Castela e León (-13,0%) C. Valenciana (-11,9%) e

Asturias (-11,8%). No caso do número de persoas rexistradas no servizo público de emprego esta caída sitúase no 9,2%, acadando os 233.450 parados (23.510 persoas menos que no ano anterior).

O bo comportamento do mercado de traballo reflíctese tamén no caída da taxa de desemprego, que no conxunto do ano 2015 situouse no 19,3% (case tres pun-tos menos que no conxunto do Estado), a cifra máis baixa dende 2011. No último ano a taxa de paro feminina volve a ser superior á estimada no caso dos homes, descendendo ata o 20% e 18,7%, res-pectivamente.

Taxa de paro en Galicia no terceiro trimestre 2009-2015

Fonte: IGE

201020112012201320142015

15,317,320,522,021,719,3

14,616,620,822,321,618,7

16,218,120,221,721,720,0

5,57,19,2

11,111,610,6

35,437,745,249,948,543,5

Total Homes Mulleres Menores 25 anos

De 25 e máis anos

No que atinxe ao número de persoas desempregadas que levan máis dun ano en paro, cómpre destacar non só o im-portante descenso experimentado no último ano, senón tamén que esta redu-ción prodúcese en todos os grandes gru-pos de idade. O paro de longa duración descendeu en 2015 en 14.100 persoas,

o que representa un 9,6%, máis de dous puntos menos que no conxunto de Ga-licia, situándose o número de parados de longa duración en 133.200 persoas. Deste xeito, o 54,7% dos parados levan máis dun ano en situación de desempre-go, sendo esta porcentaxe do 53,4% no ano anterior.

Page 19: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

19

Marzo de 2016

Variación interanual do paro de longa duración en Galicia en 2015.

Fonte: IGENota. Datos en miles de persoas

Transicións laborais

Se se considera a análise dende unha perspectiva dinámica, os datos de fluxos de entrada e saída do mercado laboral re-flicten no ano 2015 unha creación neta de emprego (media dos catro trimestres) de 9.300 persoas, consecuencia da entrada na ocupación de 66.425 persoas e da saí-da de 57.125 persoas. Atendendo á evo-lución ao longo dos últimos anos cómpre salientar que por segundo ano consecuti-vo a devandita creación de emprego neta é positiva, feito que non acontecía dende o comezo da crise económica. Asemade, o número medio de persoas que entran na ocupación medra por segundo ano conse-cutivo en tanto que continúa o descenso do número de persoas que saen da ocu-pación.

En termos porcentuais, a taxa de creación de emprego medio anual, entendida como o cociente (%) entre o número de persoas que acadaron un emprego no trimestre ac-tual e o número de ocupados no trimes-tre anterior, situouse no 6,58% (7,41% no conxunto do Estado), situándose no cuarto trimestre do ano no 6,03% (7,41% en Es-paña). Doutra banda, a taxa de destrución de emprego (media anual), é dicir, o cocien-te entre o número de persoas que perden ou abandonan o emprego no trimestre ac-tual en relación ao número de ocupados do trimestre anterior, descendeu no último ano ata o 5,65%, porcentaxe sensiblemente in-ferior á media estatal (7,41%), acadando no cuarto trimestre o 6,79%, e que a man-tén como a quinta C.A. con menor taxa.

Page 20: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

20

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

A provincia de Pontevedra é a que pre-senta o mellor comportamento no ano 2015, cunha creación de emprego neto de 4.925 persoas (1.725 persoas no ano anterior), seguida de A Coruña, con 4.575 persoas (-775 no ano 2014). Por contra, nas provincias de Lugo e Ouren-se, a creación de emprego é negativa a diferenza do acontecido no ano anterior, acadando no último ano valores de -150 e -125, respectivamente (1.300 e 1.200 no ano anterior).

Nos dous últimos anos a creación de

emprego neto prodúcese tanto no caso dos homes como das mulleres, se ben de xeito moito máis acusado no caso das mulleres. Asemade, a distribución segun-do diferentes niveis de formación amosa unha distribución máis equilibrada que no caso anterior, salientando a creación de emprego neto das persoas cun nivel de estudos secundarios (2ª etapa) e os estudios superiores. Asemade, cómpre destacar que esta creación é positiva no caso das persoas con primarios ou anal-fabetas por primeira vez nos menciona-

Fluxos de entrada e saída da ocupación e creación de emprego neto 2007-2015.

Os datos refírense á media dos catro trimestres do anoFonte: IGE

Page 21: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

21

Marzo de 2016

Evolución da creación de emprego neto 2010-2015.

Fonte: IGE

dos seis anos.Ao longo de todo o período 2010-2015,

a poboación maior de 55 anos presenta unha destrución de emprego neto, que no último ano se sitúa en 4.225 persoas, a cifra máis baixa dende o ano 2011. Por

contra, aumenta en toda a serie analiza-da no caso das persoas máis novas. En 2015, a taxa de creación de emprego as-cende a 13.925 persoas no colectivo de 35 a 44 anos, sendo de case 5.000 no das persoas entre 25 e 34 anos.

TotalHomesMulleres

Analfabetos e estudos primarios1ª etapa ESO2ª etapa ESOEstudos superiores

16-24 anos25-34 anos35-44 anos45-54 anosmáis 55 anos

-3.400 -4.075

625

-675 -3.800

875 275

3.050 -350

-1.250 -2.125 -2.750

-7.650 -6.200 -1.525

-1.075 -3.525

75 -3.050

1.375 1.300

-1.675 -3.825 -4.825

3.475 3.125

325

-950 275 650

3.525

1.900 4.475 1.550

825 -5.175

-5.000 -4.825

-75

-3.750 -3.275

-750 2.825

2.375 1.325

-1.125 -1.475 -6.025

-2.450 -825

-1.625

-3.425 -600

-75 1.625

2.225 1.825

400 -1.425 -5.450

9.275 4.925 4.325

250 1.800 3.875 3.425

3.950 4.900

13.925 1.300

-4.225

2010 2012 20142011 2013 2015

Finalmente, no que atinxe á distribución sectorial cómpre mencionar que o sector servizos é quen presenta unha maior en-trada na ocupación, con 46.500 persoas, seguido polo conxunto das ramas indus-triais, con 10.400 persoas. En termos porcentuais, o sector terciario representa case o 70% das entradas, a porcentaxe máis elevada tras a acada en 2013, e a

industria o 15,7%, que é a máis eleva-da nos últimos seis anos. Comparado co rexistrado no ano anterior, o incremento do 2,3% das entradas na ocupación ve-ñen explicadas polo medra experimenta-da no sector industrial (10,1%) e nos ser-vizos (5,8%), que compensa a acusada caída no sector primario (-24,8%) e na construción (-9,9%).

Page 22: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

22

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Produtividade aparente

Se se define a produtividade aparente do factor traballo (PFT) como o cociente entre o PIB e o emprego equivalente a xornada completa, os datos das contas económi-cas trimestrais reflicten que no conxunto do ano 2015 volve a rexistrarse un crece-mento interanual da produtividade motiva-do esta vez por un crecemento do PIB su-perior ao producido no emprego.Tras unha medra do PIB en termos correntes de 2,3% e do 1,9% do número de ocupados a tem-po completo, a produtividade aparente do factor traballo aumentou un 0,4%. En ter-

mos nominais, a PFT sitúase sempre por baixo da produtividade da economía espa-ñola, representando no último ano o 88,5% da produtividade no conxunto do Estado.

Atendendo á súa desagregación segun-do sectores e o seu peso no conxunto do, a industria manufactureira, a pesar do seu incremento, mantense como o sector de actividade que presenta o menor peso re-lativo con tan só o 76,7% (50.583,69 euros por posto de traballo equivalente nos ca-tro trimestres do ano). Ao igual que no ano anterior, tan só o sector primario presenta

Evolución da entrada na ocupación no terceiro trimestre 2010-2015: distribución sectorial

Page 23: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

23

Marzo de 2016

Produtividade aparente de factor traballo en Galicia 2012-2015 (España = 100)

Fonte: Elaboración propia a partir de IGE e INE

unha produtividade superior á media es-pañola sendo superior ao 90% no caso da construción. No caso das ramas industriais,

a produtividade aparente volveu a descen-der no último ano, situándose no conxunto do ano 2015 nos 65.698,38 euros, o que

representa o 87,2% do total estatal.Cando se desagrega a análise entre os

seus compoñentes do PIB e emprego, o incremento interanual da produtividade en Galicia en 2015 (0,2%) ven motivado fun-damentalmente polo incremento na indus-tria manufactureira, que presenta unha me-

dra do 2,6%, e da construción con 0,9%. O sector primario experimenta un crece-mento da súa produtividade aparente do factor traballo do 3,0% por mor tanto do incremento do valor engadido bruto xerado como pola destrución de postos de traballo equivalente.

Page 24: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

24

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Produtividade aparente de factor traballo en Galicia e España 2007-2015

Fonte: Elaboración propia a partir de IGE e INE

Page 25: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

25

Marzo de 2016

Síntese de indicadores de conxuntura da economía galega

PIB e agregados da demandaPIB realAchega da demanda interna ao crecementoConsumo fogaresFormación bruta de capitalExportaciónsImportacións

Indicadores de actividade e consumoÍndice xeral de produción industrial Produción de bens de consumo bens de consumo duradeiro bens de consumo non duradeiroProdución de bens de equipo Índice de entradas de pedidos na industria Índice de confianza do consumidorMatriculación de vehículos (turismos) Matriculación de vehículos de cargaHipotecas constituídas sobre vivendasCapital prestado para esas hipotecas Índice vendas comercio polo miúdo (deflactado)Grao ocupación hoteleira por praza ViaxeirosPernoctacións

Emprego Activos Ocupados Parados Parados longa duración (máis de dous anos) Taxa de paro Taxa de paro xuvenil (16-29 anos) Afiliacións R.X. Seg. Social (último día mes) Paro rexistrado Contratacións Indefinidos (iniciais e conversións)

Prezos IPC, xeral Inflación subxacente IPI IP vivenda nova IP vivenda 2ª man Custo laboral por traballador e mes Custo laboral por hora efectiva

Fonte

IGEIGEIGEIGEIGEIGE

IGEIGEIGEIGEIGEINEIGEDGTDGTINEINEINEINEINEINE

IGEIGEIGEIGEIGEIGE

Mº Empleo Mº Empleo Mº Empleo Mº Empleo

INEINEINEINEINEINEINE

Período

IV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestre

decembrodecembrodecembrodecembrodecembrodecembro

IV trimestredecembrodecembrodecembrodecembrodecembro

xaneiroxaneiroxaneiro

IV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestreIV trimestre

xaneiroxaneiroxaneiroxaneiro

xaneiroxaneiro

decembroIII trimestreIII trimestreIII trimestreIII trimestre

Unidade

(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)

(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)(2010=100)

(valor)(número)(número)(número)

(miles euros)(2010=100)

(%)(número)(número)

(miles persoas)(miles persoas)(miles persoas)(miles persoas)

(%)(%)

(miles persoas)(miles persoas)

(número)(número)

(2011=100)(2011=100)(2010=100)(2007=100)(2007=100)

(euros)(euros)

Valor

98,7392,5196,0777,42115,96101,32

84,2288,1065,2089,8568,1786,62-11,814.152696833

89.310109,7317,95

147.055261.036

1.255,201.032,50222,70118,1017,7032,10696,82236,4562.6885.523

101,30103,1984,2281,3266,33

2.196,2017,50

inter- anual

2,602,802,405,306,506,50

4,630,93-3,481,1819,21-47,375,1913,29-5,9529,5563,945,471,579,506,53

-0,723,21

-15,58-16,06-3,20-4,202,71-8,710,43-6,06

-0,480,874,632,252,85-0,390,00

sobre período anterior

0,800,600,600,800,300,00

-8,71-19,21-18,19-19,27-4,68-12,94-3,127,5115,426,11

20,1626,52-3,53-19,02-20,40

-0,53-0,63-0,04-7,230,002,500,023,34-8,6826,01

-2,23-1,96-8,711,580,56-2,084,79

Valor

97,6891,6595,2876,22114,0699,92

89,81103,5475,09105,7269,11

101,34-10,583.540585,75809,42

76.912,3388,8517,95

147.055261.036

1.260,681.017,23243,43133,2319,3033,30696,82236,4562.6885.523

101,30103,1989,8180,4265,42

2.204,702.204,70

variación inte-

ranual

2,032,832,335,854,205,48

4,162,508,742,238,99-6,508,2618,507,3515,9525,34-6,501,579,506,53

-1,041,92

-11,91-9,67-2,35-4,652,71-8,710,43-6,06

-0,480,874,160,04-0,771,251,95

II- INDICADORES DE CONXUNTURA

Último dato (actualizado a 1 de marzo)

Taxas de variación

Media no que vai de ano

Page 26: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

26

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Indicador Foro de Conxuntura Económica. Variación interanual e intertrimestral

Indicador Foro de Conxuntura Económica de Galicia

Os datos do Indicador Foro de Conxun-tura Económica de Galicia para o mes de decembro de 2015 amosan un incremento da taxa interanual de crecemento da acti-vidade económica en Galicia ata o 2,9%, e unha taxa intertrimestral que se mantén durante todo o ano no intervalo 0,70%-0,75%.

No derradeiro mes de 2015 a economía galega seguiu incrementando a súa taxa

de crecemento en termos interanuais. Pola contra, en termos intermestrais o Indica-dor non indica que se estea a acelerar. Iso leva de seu que non cabe agardar incre-mentos na taxa de variación interanual nos vindeiros meses.

Cómpre salientar o cumprimento das pre-visións adiantadas polo Indicador para o ano 2015, e nomeadamente, o crecemento do PIB galego por riba do 2% en 2015.

Page 27: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

27

Marzo de 2016

Evolución da productividade na automoción española (índices 2010=100)

I.- Chequeo ao sector da automoción

Autor: Albino Prada Blanco

Un dos sectores industriais estratéxicos para a economía española, tamén para a galega, é o da automoción. A nosa pre-senza nos mercados mundiais do sector durante as últimas décadas sitúase por encima da que temos en moitas outras manufacturas. Para colleitar ese resultado combínanse unha serie de marcas e plan-tas ensambladoras e un numeroso colec-tivo de empresas das mais diversas com-poñentes (dende tapicerías ou plásticos, a equipos eléctricos ou mecánicos)

A automatización e robotización non só chegou a boa parte das fases do ensam-blado final senón tamén á elaboración dos seus diversos compoñentes. O vector tec-nolóxico non só se acelera neste sentido senón tamén nas prestacións que se in-corporan de serie aos novos modelos. A competitividade dos produtos do sector avanza nunha combinación de maior valor engadido e menor traballo humano directo, definíndose así no cruce entre ambas ten-dencias un aumento da produtividade.

Fonte: : elaboración propia con datos da Contabilidade Nacional do INE

Page 28: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

28

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

No que levamos deste inicio de século XXI o sector en España non foi alleo a esta tendencia imparable. Entre os anos 2000 e 2012 (último dispoñible para a Contabilida-de Nacional de España detallada) obsér-vase con claridade como a riqueza xerada polo sector foi crecente ata o ano 2007 de inicio da crise.

Comeza ese ano un declive do valor engadido polo conxunto do sector, un declive que alcanzaría en 2012 uns vinte puntos porcentuais sobre o valor inicial, caída que supón retroceder aos niveis do ano 1995 (case vinte anos). É esta unha comparación sólida porque a serie do INE cuantifica o volume en números índices o que quere dicir en termos reais (desconta-do o factor prezos). De maneira que para recuperar o nivel previo á crise tería que incrementarse a produción nun vinte por cento.

Con todo, o sucedido coas horas de tra-ballo incorporadas polo sector presenta unha tendencia lineal e constante á baixa: un axuste do cincuenta por cento. Tra-balláronse 457.000 horas no ano 2000 e

só 231.000 doce anos máis tarde. Ata o ano 2007 conseguiríase un valor engadido semellante cun permanente descenso do emprego incorporado: incremento directo da produtividade. A partir da crise ambos vectores teñen unha caída paralela, aínda que as horas traballadas parecen diminuír en maior medida.

Se en termos de valor engadido ao final do período estariamos en niveis do ano 1995, no relativo ao emprego do sector estariamos no ano 2012 nun 70% do em-prego xerado no devandito ano. Un máis que notable incremento da produtividade (VAB/emprego) como reflectimos nun se-gundo gráfico.

Producimos a mesma riqueza material en termos reais en 2012 que en 1995 cun terzo menos do emprego. E téñase en conta que englobamos o conxunto de ac-tividades: non só ensamblado de vehícu-los senón tamén compoñentes.

Para o mesmo período, aínda que ago-ra contamos con datos dos dous últimos anos, presentamos nun segundo gráfico a dinámica exportadora do sector. De novo

Evolución da rateo vab/empleo no sector da automoción en España (índice 100=2010)

Fonte: elaboración propia con datos da Contabilidade Nacional do INE

Page 29: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

29

Marzo de 2016

Evolución das exportacions da automoción (Índices nomináis 2010=100)

Fonte: elaboración propia con datos Datacomex

facémolo tomado números índices que to-man o valor 100 en 2010, aínda que agora as magnitudes non descontan a inflación. Para o conxunto de España obsérvase con claridade a dinámica exportadora ata o ano 2007 e unha caída posterior que se recuperou xa no ano 2014 (repetimos, en termos nominais).Podería concluírse que con esta evolución exportadora, xunto á do valor engadido do primeiro gráfico, o sector da automoción no conxunto de España estaría en camiño de recuperar os niveis previos á crise. E a facelo cuns recursos laborais que non cesan de dimi-nuír.

No caso de Galicia, para os datos de exportacións, a situación é moi distinta. A nosa progresión ata o ano 2007-2008 se-ría espectacular como tamén o sería o es-

borralle posterior ata o ano 2012. Como queira que o ano 2010 é o que tomamos como base tanto para España como para Galicia faise evidente que desde ese ano a automoción galega está a perder forta-leza exportadora. Estamos case nun vinte por cento por baixo da tendencia media española en millóns de euros correntes exportados polo sector da automoción.

Para o conxunto de España pode esti-marse unha rateo que informa do bo des-empeño competitivo do sector probable-mente asociado a aquelas ganancias de produtividade. O feito de que mentres no ano 2000 exportábanse 54 de cada cen euros do valor de produción do sector, no ano 2012 devandita porcentaxe ascende a 66 euros de cada cen.

Para indagar na razón máis probable do

Page 30: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

30

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

menor dinamismo exportador do sector da automoción de Galicia -en relación ao desempeño exportador do sector no conxunto de España- parece aconsellable cruzar os datos de produción e de horas traballadas en Galicia e España. Calcula-mos a porcentaxe do valor da produción galega no conxunto da española e, en paralelo, a porcentaxe das horas traballa-das tal como se recolle nun gráfico para o período 2000-2012.

Obsérvase con claridade que nos anos iniciais da crise (2007-2009) o sector da

automoción galego tería alcanzado un máximo de participación no sector es-pañol. E faríao cun diferencial de pro-dutividade favorable posto que o peso na produción española (16,5% en 2009) superaba con claridade a cota galega de horas traballadas polo sector (13,7% no devandito ano).

Con todo, cos datos do ano 2012 (último dispoñible polo IGE) a situación tórnase dobremente preocupante. Por unha ban-da polo retroceso na cota de produción galega no total español pero, ademais,

Cuota de Galicia no sector de Automoción de España

10,8  

11,5  

12,2  11,9  

11,3   11,2  

13,1  

16,3   16,4   16,5  

15,5  

14,1  

13,4  

8,2  8,7  

9,9  9,5  

9,8  

10,9  

12,1  

14,0   14,2  13,7  

14,2  

13,1  13,6  

2000   2001   2002   2003   2004   2005   2006   2007   2008   2009   2010   2011   2012  

Cuota  produción  sector   Cuota  horas  traballadas  

Fonte: elaboración propia con datos INE e do IGE

Page 31: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

31

Marzo de 2016

por outro porque o diferencial de produti-vidade estaríase volatilizando xa que nese ano a cota de produción iguala á de horas traballadas. Cae a produción relativa pero mantense o emprego, o que quere dicir que outras zonas produtoras de España están a gañar peso en produción e per-déndoo en horas traballadas. Gañando competitividade. Quizais iso non sexa en absoluto alleo ao mellor desempeño ex-portador da economía española.

¿Anota un paralelo éxito competitivo o sector de automoción radicado en Espa-ña en relación ao noso propio mercado interno?. Para contestar a esta pregunta debemos avaliar que parte das matricula-cións totais de turismos realizadas anual-mente en España fanse con automóbiles fabricados nas plantas españolas. Nun terceiro e último gráfico presentamos am-bos datos.

Como ben se observa o mercado inter-no de automoción (turismos matricula-dos) acusa unha crise aguda que só en 2013 parece frear o seu declive. En boa medida grazas aos plans de estímulo do

Goberno (PIVE). Pero neste caso os fa-bricantes nacionais, que como vimos es-taban a recuperar niveis de exportacións previos á crise, non conseguen recuperar niveis na cota de mercado interno previa á crise. Porque mentres que en 2009 eran 26 de cada cen vehículos matriculados os que foran fabricados en España, no ano 2013 xa son menos de 20.

Podemos dicir -en conclusión- que a permanente redución do emprego do sec-tor é compatible cun volume de produ-ción e de exportacións en recuperación, pero non cunha semellante recuperación da cota de mercado interno. O oitenta por cento da nosa demanda de turismos sería alimentada con crecentes importacións, mentres que exportamos preto do setenta por cento da nosa produción (unha cifra tamén crecente).

Analizar con detalle as características dos turismos que vendemos fóra de Es-paña e dos que importamos podería arro-xar luz sobre se a nosa especialización competitiva e as nosas ganancias de pro-dutividade van ou non na boa dirección.

Mercado de turismos en España (en milleiros de unidades)

Fonte: elaboración propia con datos de ANFACO

Page 32: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

32

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

II- FISCALIDADE GALEGA NO EIDO AUTONÓMICO: UNHA PERSPECTIVA EMPRESARIAL

Autor: Alberto Vaquero García (GEN y UVigo)

Polo que respecta ao IRPF, trala reforma estatal, de aplicación aos contribuíntes a partir de 1 de xaneiro de 2015, a maior parte das CC.AA optaron por rebaixas de impostos. Só tres CC.AA. (Cataluña, Anda-lucía e Galicia) decidiron non aplicar cam-bios na tarifa impositiva respecto de 2014; aínda que é certo que Galicia non subiu ti-pos como outras CC.AA e aprobou unha rebaixa previa para os individuos con ren-das máis baixas. En 2015, o tipo mínimo na tarifa conxunta do IRPF oscilaba en-tre o 19,5% (Illas Canarias, Illas Baleares, Cantabria, Castela-A Mancha, Madrid e A

Rioxa) e o 22% (Andalucía e Estremadura). En Galicia o tipo mínimo situábase entre o 21,5%-22%. En relación ao tipo máximo conxunto, o abano impositivo oscilaba en-tre o 44,5% (Comunidade de Madrid) e o 49% (Andalucía, Principado de Asturias e Cataluña). Galicia, cun 45% atopábase no grupo de CC.AA cun tipo impositivo máxi-mo máis reducido.

No entanto, é necesario ter en conta o nú-mero de tramos e a base liquidable en cada tramo, posto que en función dos dous pa-rámetros anteriores, o esforzo fiscal muda notablemente. Para determinar a inciden-

Neste comentario analizamos se as empresas galegas están soportando unha presión fiscal moi distinta ao resto das CC.AA. En particular, estudarase a incidencia no tecido empresarial do tramo autonómico do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), así como o Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), o Imposto de Transmisións Patrimo-niais e Actos Xurídicos Documentados (ITPeAXD) e o Imposto do Patrimonio (IP), os tres xestionados e con competencias normativas da Xunta de Galicia. Tamén estudarase a imposición local: Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que son as tres figuras impositivas máis vinculadas ás actividades empresariais. Ademais, farase referen-cia ao imposto sobre matriculación de vehículos (IMV) e á tributación autonómica sobre carburantes. Esta análise realizarase para o exercicio fiscal 2015, tendo en conta que para o 2016, algunhas Comunidades Autónomas (CC.AA), entre elas, Galicia, xa introduxeron modificacións en certos impostos.

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

Page 33: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

33

Marzo de 2016

Imposto de Sucesións e Doazóns

cia fiscal destas variables, optouse por rea-lizar unha simulación da cota a pagar por CC.AA en función dun rendemento xerado por unha actividade económica. A cantida-de a ingresar oscilaba entre os 13.239 eu-ros da Comunidade de Madrid e os 14.633 de Estremadura (en Galicia sería de 13.662 euros) para unha renda de 100.000 euros. Considerando unha renda de 150.000 eu-ros, as cantidades oscilarían entre os 37.566 de Estremadura e os 34.983 de Madrid (en Galicia sería de 35.660 euros). Finalmente, se o rendemento de actividade económica fose de 200.000 euros, o importe a pagar oscilaría entre os 85.965 euros de Estrema-dura e os 79.483 euros da Comunidade de Madrid (en Galicia abonaríanse 80.660 eu-ros). En resumo, a nosa CA en 2015 situá-base en posicións intermedias na presión fiscal por IRPF, e ademais, a presión relativa vai caendo conforme aumenta a base im-poñible dado que o tipo marxinal máximo é comparativamente baixo.

En 2016 Galicia avanza no proceso de rebaixa do IRPF, xa que se reduce o tipo mínimo, do 11,5% ata o 9,5%, pero se in-crementa o máximo para as rendas máis altas, do 21,5% ao 22,5%. O mesmo su-

cede en Andalucía, Aragón, Cantabria, Illas Baleares,Castela e León e A Rioxa que re-collen novos tramos na tarifa autonómica e rebaixas nos tramos inferiores de renda, ademais de subidas para as rendas máis elevadas.

Seguindo coa diferenzas, unha das cues-tións a ter en conta para fomentar a activi-dade empresarial son as posibles vantaxes fiscais ás que se poden acoller os nego-cios. Estas atópanse no tramo estatal e no autonómico. Como as primeiras afectan a todo o territorio nacional, resulta necesario analizar as segundas, pera detectar po-sibles diferenzas. En 2015, obsérvase un comportamento heteroxéneo, así todas as CC.AA menos as Illas Canarias, Murcia, A Rioxa e a Comunidade Valenciana recollían unha dedución entre o 15-20% pola adqui-sición de accións e participacións sociais. Galicia presentaba unha dedución do 20%, ata un máximo de 8.000 euros (do 15% ata un máximo de 4.000 euros para o Merca-do Alternativo Bursátil) por este concepto. Tamén en Galicia se contemplaba unha de-dución por investimento en sociedades de nova creación, ao igual que en Aragón e a Comunidade de Madrid.

A situación resulta moi heteroxénea en relación ao impacto fiscal deste imposto que condiciona o traspaso da actividade empresarial entre xeracións. A relevancia de tributo é fundamental, xa que a trans-misión da empresa, si se cumpren deter-minadas condicións, tampouco quedaría sometida ao IP, nin tributa como Ganancia

Patrimonial no IRPF. En 2015 as CC.AA. que menos gravaban a transmisión lucra-tiva das herdanzas eran a Comunidade de Madrid, Principado de Asturias, Cantabria, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Rexión de Murcia, onde a fiscalización rozaba a case exención completa. Isto débese ao seu bonificación sobre a cota

Page 34: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

34

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

do contribuínte cando a transmisión é de pais a fillos ou ao cónxuxe (grupos I e II de parentesco). Esta vantaxe fiscal implica una relevancia relativa dos tipos impositi-vos sobre o cálculo final da cantidade a pagar. Polo tanto, o especial tratamento fiscal das bonificacións na cota tributaria do Imposto de Sucesións, para os grupos I e II de parentesco, que se aplican en boa parte das CC.AA, condiciona o importa de cota a satisfacer, mais que os tipos que se poden aplicar.

Dentro deste especial tratamento fiscal a casuística resultaba complexa, xa que nal-gunhas CC.AA. é de aplicación xeneraliza-da para todos os casos (Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana ou Illas Baleares). Polo tanto, o efecto final sobre o importe a pagar resulta moi diferente.

Por tipos impositivos constátase como a variabilidade era importante, oscilando entre os tipos mínimos entre o 5% en Ga-licia e o 7,65% na práctica totalidade das CC.AA. En relación aos tipos máximos, de novo Galicia, cun 34%, presenta o tipo máis reducido, sendo Andalucía e o Prin-cipado de Asturias (ambas cun 36,5%) as CC.AA. cun tipo máis elevado. Este resul-tado debe complementarse co tratamento fiscal na sucesión de empresas, onde se observa a aplicación xeneralizada dunha redución por adquisición de empresas in-dividuais, negocios profesionais e partici-pación en determinadas entidades, cunha porcentaxe que oscila entre o 95% e o 100% (en Galicia é do 99%) si se cumpren determinados requisitos.

Tamén, e da mesma forma que sucedía no Imposto de Sucesións, algunhas CC.AA optaron por introducir bonificacións na cota do Imposto de Doazóns para o gru-po I e II de parentesco, que pode supoñer

practicamente non pagar nada, como o caso de Illas Baleares, Castela-A Mancha, Estremadura, Comunidade Valenciana e especialmente a Comunidade de Madrid. En Galicia non se contemplaba ningún tipo de bonificación.

En relación ao Imposto de Doazóns o tipo impositivo mínimo aplícase en Gali-cia e Cataluña (5%), en ambos casos para donatarios do grupo I e II de parentesco, mentres que o resto de CC.AA aplica o 7,65%. En relación aos tipos máximos, a maior parte das CC.AA utilizan o 34%. Do mesmo xeito que ocorría co Imposto de Sucesións establécense unha serie de re-ducións para a adquisición de empresas individuais, negocios profesionais e par-ticipacións en entidades, que benefician sobre todo ás empresas familiares. A por-centaxe de redución oscila entre o 95% e o 99%.

A modo de exemplo e para o exercicio fiscal 2015, por un base impoñible no Im-posto de Sucesións, por unha herdanza de padre a fillo (grupo II de parentesco) de 100.000 euros, en Galicia non se pagaría cota algunha, mentres que na Comuni-dade de Madrid sería de 98,2 euros.Pola contra, se o importe fose de 150.000 eu-ros a cota sería de 8.380 y 182,6 euros para Galicia e a Comunidade de Madrid, respectivamente, e se fose de 250.000 eu-ros as cantidades serías de 17.380 y 388,5 euros. Como se pode comprobar as dife-renzas son notables.

Para 2016 Galicia aprobou unha impor-tante rebaixa fiscal neste imposto, xa que a redución por herdanzas para descen-dentes e adoptados de máis de 25 anos, cónxuxe e ascendentes se fixa en 400.000 euros. Ademais, para descendentes e adoptados menores de 21 anos, ademais

Page 35: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

35

Marzo de 2016

de manter a redución por parentesco, se aplica unha dedución en cota do 99%. Nas Illas Canarias tamén se optou por una rebaixa fiscal debido a bonificación do 99,9% para familiares directos e en Castela e León se incrementa a redución variable para este grupo. Pola contra, en

Aragón se elimina a bonificación do 65% para patrimonios elevados e nas Illas Ba-leares se deroga a dedución do 99% para ascendentes, descendentes e cónxuxe. Polo tanto, a nosa CA aliénase no lado das CC.AA. que optaron por baixadas neste imposto.

Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados

Imposto sobre o Patrimonio

O ITPeAXD atópase moi cuestionado desde a perspectiva fiscal. Moitos dos ar-tigos da súa Lei e o Regulamento atópan-se derrogados, pero aínda así, as CC.AA veñen aplicando, con certa profusión, cambios normativos.

Comezando coa modalidade de Trans-misións Patrimoniais Onerosas (TPO) compróbase como algunhas CC.AA, entre elas Galicia, optaron por aplicar un tipo su-perior á transmisión de bens mobles (8%) ao que marca a normativa estatal (4%), que se segue aplicando en boa parte das CC.AA. Outras, como Castela-A Mancha ou Estremadura (6%) optaron por menores subidas, e outras aínda mantendo un tipo inferior ao de Galicia, aplican, en certos casos, un tipo incrementado, que pode ser ata o 8%. En relación aos bens inmobles, os tipos impositivos presentan unha maior variabilidade e, do mesmo xeito que su-cedía cos bens mobles, algunhas CC.AA decidiron aumentar o tipo impositivo des-de o 6% ata, nalgúns casos, o 11%. En

Galicia aplícase o 10% a nivel xeral. Ade-mais, existe a posibilidade de aplicar tipos reducidos para certo tipo de operacións ou bens obxectos de transmisión.

Polo que respecta á modalidade de Ac-tos Xurídicos Documentados (AXD), den-tro da categoría de Documentos Notariais (DN), o tipo xeral varía entre o 0,75% da Comunidade de Madrid ou as Illas Cana-rias, e o 1,5% de Andalucía, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Galicia e Mur-cia. Ademais, cabe a posibilidade de apli-car un tipo reducidos, para certo tipo de operacións, que varía entre CC.AA, entre o 0,01% e o 1%.

Para 2016 Galicia opta por novas dedu-cións do 100% en transmisións de chan rústico e explotacións agrarias (TPO) e nas escrituras de agrupación destas propieda-des (AXD). Pola contra en Aragón se pro-duce un incremento dos tipos impositivos en TPO, o mesmo que nas Illas Baleares. De novo se comproba como Galicia apos-ta polas rebaixas fiscais neste tributo.

O IP tamén presentaba unha importante casuística fiscal por CC.AA, que xera un

impacto moi diferente en función de onde se fiscalice o patrimonio do contribuínte.

Page 36: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

36

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

O caso extremo de menor repercusión fis-cal é a Comunidade de Madrid, onde os residentes non deben realizar pago algún por este concepto, debido á bonificación do 100% sobre a cota do imposto.

En canto aos tipos impositivos, estes varían entre o 0,2% (mínimo) e o 3,75% (máximo). En Galicia aplícanse unha es-cala que varía entre o 0,24% e o 3,03%, situándose a nosa CA no grupo de esca-las impositivas máis elevadas. Ademais, o IP presenta unha importante exención relativa aos bens e dereitos das persoas físicas necesarios para o desenvolvemen-to dunha actividade económica, que pode ser de aplicación a empresas individuais ou negocios profesionais, incluídas as em-presas familiares. Ademais, cóntase cun-ha exención de aplicación cando o suxeito pasivo ostente a plena propiedade, nuda propiedade ou dereito de usufruto vitalicio

sobre as participacións en entidades. Si se cumpren certos requisitos prodúcese unha exención completa do IP para este este tipo de rendas.

Realizando unha simulación do efec-to fiscal por CC.AA as diverxencias son notables, xa que para un patrimonio de 1.000.000 de euros, a cantidade a pagar oscilaría entre os 0 euros da Comunida-de de Madrid aos 1.747,58 de Cataluña. En Galicia o importe a satisfacer sería de 879,44 euros, o que sitúa a nosa CA nun-ha posición intermedia.

Para 2016 Galicia non aprobou cambios neste imposto, pero sen embargo outras CC.AA. optaron por rebaixar o mínimo exento e incrementar a tarifa, como é o caso das Illas Baleares ou a Comunidade Valenciana. Polo tanto, na nosa CA, a pre-sión fiscal polo IP se mantén estable.

Presión fiscal autonómica

Unha vez analizadas as notas básicas da fiscalidade empresarial do IRPF, ISD, ITPeAXD e o IP en Galicia, dende unha óp-tica comparada, convén determinar o im-pacto fiscal da recadación dos tres tribu-tos cedidos. Para iso optouse por calcular a presión fiscal (recadación por cada figu-ra tributaria entre o PIB), ao ser o indicador máis utilizado para medir a carga que so-portan os contribuíntes. Partindo do ISD, a presión fiscal máxima en 2012 producíase no Principado de Asturias (0,49%), men-tres que a mínima dábase nas Illas Cana-rias (0,09%). Galicia tiña un indicador do 0,35% do PIB. En canto ao IP, a presión fiscal variaba entre o 0,16% de A Rioxa e a recadación practicamente nula da Comu-

nidade de Valencia ou Madrid. En Galicia o indicador era do 0,08.

En canto ao ITPeAXD, modalidade TPO, a presión fiscal recadación en 2012 os-cilaba entre o 0,74% das Illas Baleares e o 0,22% de Galicia. Polo que respecta á modalidade AXD, os valores extremos dábanse en Castela-A Mancha (0,27%) e Illas Canarias (0,11%). En Galicia a presión fiscal por este concepto, supoñía o 0,17% do PIB.

Finalmente, si considérase o total de tri-butos cedidos en relación ao PIB, os rateos de presión fiscal en 2011 oscilaban entre o 1,40% de Cantabria e o 0,85% das Illas Canarias (en Galicia era do 1,09%). Tendo en conta só os tributos cedidos do capítu-

Page 37: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

37

Marzo de 2016

Imposición local

Outras figuras impositivas: O Imposto de Matriculación de vehículos

En termos agregados por CC.AA os ti-pos impositivos medios do IBI situaban, en 2014, a Galicia dentro do grupo de CC.AA con menores tipos, xunto con Cantabria, Madrid e Illas Canarias. Os casos extremos dábanse na Comunidade Valenciana e Ca-taluña.

En relación ao IAE, Galicia situábase en

2014 nunha posición intermedia-baixa, cun coeficiente se situación mínimo próximo á media, pero cun coeficiente de situación máximo reducido. En relación ao IVTM, a CA de Galicia situábase nunha posición inter-media, con Murcia e Cataluña como CC.AA cos tipos máis altos e Castela e León e Cas-tela- A Mancha cos tipos máis reducidos.

Segundo este imposto, os vehículos des-tinados ao transporte de mercancías ou de viaxeiros atópanse non suxeitos a o IMV, o mesmo que aqueles que se utilicen exclu-sivamente para uso industrial ou comercial. Os automóbiles destinados á súa utilización como taxis, para actividades de ensino de condutores e actividades de aluguer esta-rán exentos. Só aqueles vehículos para os que non se contempla a non suxeición ou a exención pero que son utilizados polo per-soal da empresa, deberán soportar o IMV. Neste caso, o importe a satisfacer depen-derá do tipo de vehículo e as emisións de CO2 que xere.

Ademais, as CC.AA poden incrementar os tipos de gravame anteriores ata nun

15% como máximo, este foi o caso para certo tipo de vehículos en 2015, de Andalu-cía, Principado de Asturias, Baleares, Can-tabria, Cataluña, Estremadura e Murcia. Non foi o caso de Galicia, xa que a nosa CA emprega os tipos non incrementados: 0% para vehículos cuxas emisións oficiais de CO2 non sexan superiores a 120 g/km; 4,75% para vehículos cuxas emisións ofi-ciais de CO2 sexan superiores a 120 g/km e inferiores a 160 g/km; 9,75% para vehícu-los cuxas emisións oficiais de CO2 sexan superiores a 160 g/km e inferior a 200 g/km; 14,75% para vehículos cuxas emisións oficiais de CO2 sexan iguales o superiores a 200 g/km e o 12 % para outro tipo de vehículos.

lo I (impostos directos), os rateos variaban entre o 0,46% do Principado de Asturias e o 0,09% das Illas Canarias (en Galicia era do 0,31%), mentres que os tributos ce-

didos do capítulo II (impostos indirectos) tiñan unha banda entre o 1,05% das Illas Baleares e o 0,58% das Illas Canarias (en Galicia sería do 0,67%).

Page 38: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

38

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

Outras figuras impositivas: O Imposto Especial de Hidrocarburos

Valoracións xerais

Desde o 1 de xaneiro de 2013, o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determina-dos Hidrocarburos (IVDMH), tributo indirec-to que gravaba o consumo de determina-dos hidrocarburos na súa venda minorista, queda integrado no Imposto Especial de Hi-drocarburos (IEH). O IEH presenta tres tra-mos, o tipo estatal xeneral, que o tipo actual do IEH (400 euros/litro para Gasolina Sen Chumbo 95 e 307 euros/litro para o gasóleo A), o tipo estatal especial, que é antigo tra-mo estatal do IVDMH (24 euros/litro) e o tipo autonómico, que o establecen as CC.AA.

O tramo autonómico en 2015 non se apli-caba no Principado de Asturias, Navarra,

País Vasco, A Rioxa e Aragón. No resto, sal-vo nas Illas Canarias, que non procede, apli-caban este imposto para a gasolina SP95 e o Gasóleo A. Galicia, Estremadura, Andalu-cía, Castela-A Mancha, Murcia, Comunida-de Valenciana, Cataluña e Illas Baleares (48 euros por 1.000 litros) presentan os tipos autonómicos máis altos. Pola contra, entre as CC.AA que aplican este tipo, a Comuni-dade de Madrid (17 euros por 1.000 litros), é a que presenta a tarificación máis reduci-da. En 2016 as únicas CC.AA. que non apli-carán este tramo autonómico serán o País Vasco, Cantabria, A Rioxa, Castela-León e Illas Canarias.

Tomando como referencia o resto de au-tonomías de réxime común, Galicia sitúase en niveis de imposición baixos nos tributos locais e o imposto sobre matriculación. En sentido contrario, as esixencias tributa-rias son maiores que a media en ITPeAXD (a pesar dos cambios introducidos para o exercicio fiscal de 2016), IP e IEH (en ám-bolos dous casos non presentan cambios para 2016). No caso do ISD, a diferenza máis substancial de Galicia respecto de outras CCAA como Madrid, ata 2015, foi a existencia dun límite á bonificación fiscal no caso de sucesións ou a súa non existencia en doazóns. Sen embargo, na última modifi-cación fiscal en Galicia no ISD, introdúcese

unha redución de 400.000 euros por her-danzas para descendentes e adoptados de máis de 25 anos, cónxuxe e ascendentes, e unha dedución do 99% para o grupo I de parentesco, o que vai reducir notablemente a presión fiscal por este imposto. Finalmen-te, no IRPF en Galicia sitúase no grupo de CC.AA de presión fiscal media, e ata baixa cando falamos de niveis de renda máis ele-vados (por encima de 200.000 euros). Ten-do en conta as modificación aprobadas para 2016, no tramo autonómico do IRPF se reducirá a recadación polas rendas máis baixas, ao mesmo tempo que é esperable un aumento da presión fiscal nas rendas máis elevadas.

Page 39: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

39

Marzo de 2016

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferen-cia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública. É unha ferramenta da sociedade civil que pretende con-tribuír a coñecer mellor os retos, desafíos, oportunidades e amea-zas sobre a estrutura produtiva galega, as súas empresas, e o seu sector público. O Foro integra a profesores e investigadores, empresarios e directivos representativos dos diferentes sectores e

áreas de Galicia, e xornalistas galegos de referencia.

www.foroeconomicodegalicia.es

Page 40: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

40

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

Marzo de 2016

SOCIOS

Page 41: I / 2016gaspar.udc.es/subido/feg_i2016.pdfINFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA 7 Marzo de 2016 Evolución do PIB real 2007-2015 en Galicia e España Fonte: INE e IGE crecemento do

INFORME DE CONXUNTURA SOCIOECONÓMICA

41

Marzo de 2016