Información Sindical nº1

8
Percorreron a prensa internacional os retratos de Mariano Rajoy e Angela Merkel ao bordo dun barco polo río Chicago. E as máquinas de pro- ducir ilusión, que achican a auga lamacenta do naufraxio da economía española tentando em- palar a disidencia, botáronse a roldar para pro- ducir colectivamente unha narrativa farragosa na que un heroi calquera, Mariano Rajoy por exemplo, debuxaba sobre a area cos seus dedos de estratega, delicadamente, unha porta de saída á crise, agora ben, consensuada coa Grande Europa. Calquera saída posíbel a esta crise, disque, virá da reconcentración dos esfor- zos de todo o edificio económico europeo nunha sorte de solidariedade e apoio mutuo transnacional que resulta a cada pouco menos críbel. Pouco tempo despois da nacionalización dunha insoportábel débeda (Bankia), unha das novas máis nefastas para o conxunto dos pobos dos Estado, o rescate financeiro do Reino de Es- paña, está a ser transformado logo dunha in- xente laboura de maquillaxe retórica nunha “oportunidade” para o conxunto da economía ou mesmo nunha vitoria política da xestión do PP en Madrid. Ora ben, se algo caracteriza os debuxos na area é que perduran pouco no tempo. Un res- cate financeiro, a través da inxección mediata de recursos do Fondo de Estabilidade Financeira (FEEF) para a consecuente recapitalización da banca, é algo máis do que un prestamo favorá- bel: supón o endebedamento público do estado como tal e a renuncia expresa ao exercicio de certos ámbitos da soberanía estatal. Eis que tal “rescate”, é elemento suficiente xa, para denun- ciar que neste momento, o Reino de España está a sofrer unha intervención externa, que se ma- nifestará progesivamente de agora en diante, e que habemos pagar sen dúbida as clases popu- lares. E que máis aínda ha pagar a custe da súa propia supervivencia unha nación deturpada e en quebra como é a galega. Segundo o principio latino da excusatio non petita accusatio manifesta, foron en van os es- forzos de De Guindos e outros membros do Go- berno de Madrid, entre os que se atopa o mesmo Presidente, por vender (non se sabe se todo este teatro se destina á cidadanía ou aos “mercados”) as bondades dun suposto “emprés- timo sen condicións” que as propias institu- cións Europeas, a través neste caso do vicepresidente da Comisión Europea, non tarda- ron en desmentir. Ao primeiro, maniféstase con claridade o nulo impacto que esta inxección de capital terá na 1 información sindical información sindical voceiro da Unión Comarcal de Compostela da CUT XUÑO 2012 Rescate bancario: naufraxio dun pobo

description

Voceiro da Unión Comarcal de Compostela da CUT

Transcript of Información Sindical nº1

Page 1: Información Sindical nº1

Percorreron a prensa internacional os retratosde Mariano Rajoy e Angela Merkel ao bordo dunbarco polo río Chicago. E as máquinas de pro-ducir ilusión, que achican a auga lamacenta donaufraxio da economía española tentando em-palar a disidencia, botáronse a roldar para pro-ducir colectivamente unha narrativa farragosana que un heroi calquera, Mariano Rajoy porexemplo, debuxaba sobre a area cos seus dedosde estratega, delicadamente, unha porta desaída á crise, agora ben, consensuada coaGrande Europa. Calquera saída posíbel a estacrise, disque, virá da reconcentración dos esfor-zos de todo o edificio económico europeonunha sorte de solidariedade e apoio mutuotransnacional que resulta a cada pouco menoscríbel.

Pouco tempo despois da nacionalizacióndunha insoportábel débeda (Bankia), unha dasnovas máis nefastas para o conxunto dos pobosdos Estado, o rescate financeiro do Reino de Es-paña, está a ser transformado logo dunha in-xente laboura de maquillaxe retórica nunha“oportunidade” para o conxunto da economíaou mesmo nunha vitoria política da xestión doPP en Madrid.

Ora ben, se algo caracteriza os debuxos naarea é que perduran pouco no tempo. Un res-

cate financeiro, a través da inxección mediatade recursos do Fondo de Estabilidade Financeira(FEEF) para a consecuente recapitalización dabanca, é algo máis do que un prestamo favorá-bel: supón o endebedamento público do estadocomo tal e a renuncia expresa ao exercicio decertos ámbitos da soberanía estatal. Eis que tal“rescate”, é elemento suficiente xa, para denun-ciar que neste momento, o Reino de España estáa sofrer unha intervención externa, que se ma-nifestará progesivamente de agora en diante, eque habemos pagar sen dúbida as clases popu-lares. E que máis aínda ha pagar a custe da súapropia supervivencia unha nación deturpada een quebra como é a galega.

Segundo o principio latino da excusatio nonpetita accusatio manifesta, foron en van os es-forzos de De Guindos e outros membros do Go-berno de Madrid, entre os que se atopa omesmo Presidente, por vender (non se sabe setodo este teatro se destina á cidadanía ou aos“mercados”) as bondades dun suposto “emprés-timo sen condicións” que as propias institu-cións Europeas, a través neste caso dovicepresidente da Comisión Europea, non tarda-ron en desmentir.Ao primeiro, maniféstase con claridade o nulo

impacto que esta inxección de capital terá na

1

información sindical

informaciónsindicalvoceiro da Unión Comarcal de Compostela da CUT

XUÑO 2012

Rescatebancario:naufraxiodun pobo

Page 2: Información Sindical nº1

economía produtiva e na creación do emprego,revelando outra volta que a loita contra o des-emprego e pola reactivación da economía pro-dutiva nunca estivo, nin estará, na primeiraplana das axendas deste goberno, nin de ningúnoutro que acepte as ataduras e o taboleiro dexogo do Capital. Ao segundo, abre o panoramadun camiño tortuoso xa non só para a devolu-ción deses recursos, senón para o pago dosxuros cuxa cuantía aínda descoñecemos. Final-mente, as condicións que se opoñen a este em-préstimo favorábel aínda non foron postassobre a mesa. Sen dúbida está por vir un evi-dente aprofundamento nas políticas de recortesen servizos públicos, dereitos sociais, e derei-tos laborais, nas súas catro grandes versións: adestrución da universalidade dos servizos pú-blicos, o reforzamento dos lazos de explotacióne expropiación patriarcal da produción femi-nina e dos corpos, a reestruturación do mer-cado laboral abaratando aínda máis a man deobra asalariada, e a reforma estrutural dunhafiscalidade buscando penalizar aínda máis áclase traballadora no seu conxunto.O esgotamento dunha aposta económica, po-

lítica e social que optou pola desregularización

duns recursos acumulados en poucas mans,edificada sobre o sufrimento e a miseria damaioría social traballadora, esta a se facer decada vez máis evidente. Ben é certo tamén, quea aposta de fondo que esta central sindical com-parte, dunha outra sociedade afianzada no re-parto igual da riqueza e na redistribución daresponsabilidade democrática, ou se queremos,as bases dunha sociedade radicalmente demo-crática no plano político, social, económico ecultural, aínda é feble de máis agora. A clasetraballadora galega ten por diante a resposan-bilidade de explorar todas as marxes posíbeispara defender unha alternativa antagonista aodominio do Capital sobre o Traballo e ao deliriodunha administración ao servizo da explotaciónprivativa dos recursos.Dunha banda temos que recuperar e ampliar

o teito da nosa capacidade de resposta na rúa atoda esta serie de medidas antipopulares, maisisto non resulta abondo. Debemos tamén cons-tituír no noso día a día, e dende agora mesmo,un marco de relacións económicas, políticas,sociais e culturais que lle poidan disputar a he-xemonía ao Capital. Eis o traballo máis difícil.Todo empeza agora.

información sindical

2

A minaría asturiana, está a se xogar o seu futuronas rúas do País veciño, e é por iso que se estáa intensificar un proceso de mobilizacións quechegan neste punto a enfrentamentos directosco corpo da Garda Civil, logo de que Madrid de-cidise reforzar os operativos represivos co ob-xecto de disolver as protestas dos mineirosasturianos e tamén así de bercianos e leoneses.A esixencia de que sexa respectado o Plan Na-

cional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006-2012, e polo tanto se deixe de desproveer derecursos á conca mineira está polarizando as re-lacións entre as centrais sindicais representati-vas (CCOO e UGT) e o goberno central deMadrid, que non accede nesta altura as deman-das dos traballadores da conca.

As mostras de solidariedade do pobo astu-riano, que ve en risco a suepervivencia dun sec-tor estratéxico para a sustentabilidade doemprego na zona, está a reforzar unha loita queos traballadores do sector está dispostos a levarata as últimas consecuencias. Polo de agora, asprincipais estradas de Asturies están sendo in-mobilizadas polas protestas obreiras.

A CSI chama á responsabilidade.Pola súa banda, a Corrente Sindical de Esquer-

das de Asturies, chama aos sindicatos SOMA-UGT e CCOO para que “ten al altor de lostrabayadores de la minería, defendiendo losdrechos reales d’estos trabayadores y abando-nando vieyes postures carauterizaes por nego-ciaciones que, nel pasáu, namás supunxeronpieslles de pozos, perda de puestos de trabayuy especulación, cuandu non corruición, na xes-tión de los fondos mineros”.

O conflito mineiro recrudécese en AsturiesO goberno español atora a posibilidade dunha saída negociada

Page 3: Información Sindical nº1

Rocío Mosquera, máxima responsábel adminis-trativa da Sanidade, vén de declarar a “posibili-dade” da externalización do servizo de Cociñanos centros hospitalarios galegos, unha nova xaagardada dende hai tempo nun dos sectores deocupación máis maltratados polas políticas deexplotación laboral que as Administracións que-

ren trasladar dende o sector privado ao sectorpúblico, coa fin de avanzar no proceso de espo-lio deste último.

Este sector, no que traballan centos de per-soas en todo o País, profundamente femini-zado, veu sufrindo xa un proceso deinvisibilización e maltrato sistemático, que seconcreta no feito de seren as Cociñas do Sergascentros de traballo caracterizados pola falta deprotocolos de prevención laboral ou medidas dehixiene laboral que atallasen o mal estado dasinstalacións e as condicións degradantes de tra-ballo.Hoxe, todos eses centos de postos de emprego

sofren un grave risco de desapareceren polaánsia da Administración Galega de externalizarservizos a pesar do seu custo social, económicoe político. É así, que xa fracasaron diferentes ex-periencias de privatización dos servizos non sa-nitarios dos hospitais, por antieconómicos epola profunda merma de calidade que supuxe-ron.

A Administración Galega decidiu seguir apoñer en risco a saúde da cidadanía galega, in-tentando enganarnos cunha suposta cisiónentre o “dereito á saúde” e toda a serie de ser-vizos que leva necesariamente aparelladosunha Atención Sanitaria de Calidade, como seríao de comedor, o de cafetería, o de lencería, o delimpeza e o de lavandaría, entre outros.Non podemos desvincular o anuncio de mais

esta agresión ao sistema público de saúde detoda a bateria de medidas que están a impoñerun apartheid sanitário, restrinxindo o acceso aesse dereito a colectivos como o das persoasmigrantes ou desempregadas, ao mesmo tempoen que se avanza no adelgazamento e deteriorode servizos e prestacións sanitárias.

A Central Unitaria de Traballadores e Traba-lladores (CUT) iniciará un proceso asembleariopara debate entre o persoal do servizo de co-ciña co obxecto de artellar unha resposta sólidacontra todos estes abusos, porque as compañei-ras e compañeiros da nosa Sección Sindical re-mozan o seu compromiso coa Sanidade Pública, universal e de calidade, e tamén co empregopúblico, como a única forma de afrontar a irra-cionalidade dun sistema social baseado na ex-plotación de todas e todos nós.

3

información sindical

O Sergas pon en perigocentos de empregosA conselleira de Sanidade advirte da intención da súa administración deexternalizar os servizos “non sanitarios”

Page 4: Información Sindical nº1

Continúa o ciclo de asembleas populares detodos os colectivos que se agrupan ao redor dochamado "A rúa é nosa", na cidade de Compos-tela. A posta en común das análises do camiñoandado até o de agora contra a Ordenanza daExclusión que o goberno de Ángel Currás (PP), ti-rando da súa maioría absoluta, aprobou en so-litario no Pleno Municipal do 31 de marzo, entrea abstención do PSOE "por diferencias de matiz"e o voto en contra e emenda á totalidade doBNG, brindan folgos e ilusión ao proceso de rei-vindicación.

O camiño andadoOitocentas queixas rexistradas da veciñanza

compostelana, unha cacerolada diante do Con-cello, o reparto de información, a irrupción noPleno Mucipal, ou a instalación de mesas infor-mativas sen autorización, son as iniciativas quepolo de agora se levaron a cabo. O obxectodeste proceso de acumulación de forzas detodo o movemento político, veciñal, cultural,social e sindical de esquerda da cidade é a de-nuncia activa da provocación antidemocráticado Partido Popular, que impulsando unha nova"Ordenanza de Ocupación da Vía Pública" pre-tende privatizar as rúas e prazas, cobrarlles aoscolectivos sen ánimo de lucro polo seu uso, de-cidir discrecionalmente a retirada dun permisoxa concedido, ou mesmo establecer unha polí-tica de control social do uso dos espazos públi-cos. Afondando así nun proceso de exclusióndos colectivos "disidentes" das rúas da cidadeque se afinca xa na Ordenanza de PublicidadeEstática e Dinámica, aprobada polo goberno bi-

partito anterior, que prohíbe a colocación, co-laxe ou reparto de comunicación social de se ca-recer dunha cuestionábel "previa autorizaciónmunicipal". Esta foi a Ordenanza utilizada parareprimir a libre expresión do Centro Social AGentalha do Pichel sancionada con 1800€ poraquel goberno.

O futuro: desobediencia civil.Dous dos colectivos presentes nesta inicia-

tiva, a Rede Feminista Galega e o Cineclube deCompostela veñen de ser advertidos da necesi-dade de pagaren 1600€ para desenvolveren unCiclo de Cinema Feminista, logo de que o Con-cello decidise aplicarlles ilegalmente unha or-denanza fiscal para actividades de carácterlucrativo, querendo tomarlle o pulso ao tecidosocial compotelán sobre os efectos da novanorma que se está a cociñar.É por iso que as asembleas decidiron facer un

chamado á desobediencia civil activa por partedo conxunto do tecido asociativo, e é por isoque insubmisas a este proceso de privatizacióndas rúas e de control social, os colectivos impli-cados, entre os que a CUT se atopa, iniciamosun proceso de socialización da necesidade datoma directa da rúa, de reapropiación desta porparte da cidadanía, precindindo de calquera trá-mite burocrático e facéndolle frente ao descaroantidemocrático dun goberno local que deuabondas mostras da súa intención de establecerun apartheid contra o movemento social e deesquerdas da cidade.Todo isto cunha clara vontade, demostrarmos

que a rúa é nosa, e ningunha administraciónnos impedirá utilizala libremente.

información sindical

4

Colectivos de Compostelachaman á desobedienciaOs colectivos sociais da cidade opóñense á “Ordenanza da Exclusión”que prevee a privatización das rúas e o control do espazo social

Page 5: Información Sindical nº1

As historias de vida son moi diferentes, maliaque as dúas traballan nun dos sectores máisprecarizados, o do emprego no fogar. Sandraveu do Perú no 2008. Alí traballaba como pro-motora dunha universidade privada e, indefi-nida, limpaba nun hospital. Segue á agarda dasúa autorización de residencia por arraigo so-cial. María foi propietaria dunha empresa textilcon 11 traballadoras ao cargo, cuxo peche a pre-cipitou á inmigración. Ten formación en xeria-tría. No 2003 soou a campá do procesoextraorinario de regularización que desenvol-vera o goberno do PP. Ten “papeis” e deixa atráso Paraguay. As dúas comparten o espazo sindi-cal na CUT e tiveron que poñerlle coraxe paradenunciaren o maltrato dalgunha das emprega-doras para as que traballaron.

Experiencias laborais.“A xente pobre non é ninguén para elas”, asípensa María maioritariamente ás empregadorasdo fogar, xa que a pesares de que recoñece que“tiven sorte coas empregadoras que me tocaron,e tocoume xente moi boa, que me tratou moiben”, é consciente de que para ela o maltrato “émaioritario no sector”. Coincide con Sandra enque hai recursos recurrentes para aterrorizar ástraballadoras como o “eu teño moitos contac-tos, eu coñezo moita xente” para insinuar posí-beis problemas se alzan a voz. Para Sandra, “énecesario deixarlles as cousas claras dende oprincipio, eu vou cun modelo de contrato queestablece as mínimas condicións laborais, asídéixaslle claro dende o principio que non podenfacer o que queiran contigo” e recoñece quemoitas veces “non queren contratar a unha per-soa que lles planta cara”. Mais asegura que me-rece a pena.

As dúas acabaron sindicalizándose na CUTlogo dun conflito laboral onde se misturaronimpagos de débedas e situacións de acoso. Nosector, os impagos, a inxustiza económica,forma parte de estratexias de acoso que se re-piten. Sandra tivo xa máis dun conflito. ParaMaría é o primeiro. “Utilízase moito a crise

como escusa para o maltrato”, di ela, que reco-ñece que “se sentiu soa durante o último traba-llo onde me querían facer durmir nun colchóncos ferros de fóra, e onde me encerraron conchave porque me tiñan medo, durante días”.“Pero eu nunca lles tiven medo”, di “eu dedí-come a facer o meu traballo, nunca roubei nadaa ninguén” e confésase cansa “de que me esti-veran ameazando todo o día cos seus contactos,que se coñezo a Rajoy, que se traballo na Admi-nistración”. Sandra celebra que despois deverse maltratada por unha ETT “houbo respostaporque hai xente que si quere axudarnos” echama a “compartir as experiencias positivasdos nosos conflitos con outras compañeiras dosector, é importante, é unha misión por nós,pero tamén polas demais, hai que pensar nelas”

Xustiza de clase.María quéixase de que tivo que abandonar o seuPaís porque “alí a xustiza non funciona”. Polasúa banda Sandra asegura que “tampouco aquía xustiza funciona” e pon sobre a mesa a situa-ción de acoso que María viviu para exemplificarque “con papeis ou sen papeis a inxustiza éigual para todas as inmigrantes”.

5

información sindical

“Con papeis ou sen papeis,a inxustiza é igual paratodas as inmigrantes”Dúas visións sobre o emprego, a xustiza, a inmigración e a necesidade daautoorganización, crúzanse para comprendermos mellor á clase traballa-dora.

Page 6: Información Sindical nº1

información sindical

6

A CUT, que denuncia os Expedientes de Regulación como medidas anti-sindicais, topou coa posición pro-ERE da CIG, CCOO e UGT nestes centros

SANTOS e CLECE USC, dousERE’s peculiares

A CUT oponse, por decisión firme, ao pacto decalquera tipo de Expediente de Regulación deEmprego, nunha liña sindical que leva man-tendo ao longo do tempo polo carácter especial-mente gravoso dunha medida que só favoreceao empresariado e condena a todo o cadro depersoal á degradación das súas condicións deemprego e mesmo á ruína das súas vidas.

A loita da patronal pola flexibilización dascondicións de emprego, conseguiu que nas su-cesivas reformas laborais se contemplase estafigura de destrución colectiva das condición deemprego entre múltiples protestas, candomenos retóricas, dalgunhas centrais sindicaisque hoxe pactan ERE’s en calquera condición,mesmo en empresas con benedificios.Este é o caso das empresas de referencia, SAN-

TOS Cocina y Baño Sl, madeireira de Boqueixóne CLECE Servizo de Limpeza da USC, en Com-postela, onde as asesorías das centrais sindicaisCIG, CCOO e UGT, optaron por pactar un ERE deredución de xornada. Na madeireira a empresa

Un intento de sanción antisindical contra o de-legado de persoal, procurando o seu despedi-mento, por parte da Dirección do Hotel NHObradoiro foi a faísca que incendiou a indigna-ción dos compañeiros e compañeiras da SecciónSindical da CUT e da afiliación de base doutrascentrais. A chamada da Sección á afliación daCUT para desenvolver un programa de mobili-zación, concretouse entre outras accións naocupación do Hotel compostelán.

Logo dunha campaña de fondo, e coa adhe-sión activa das centrais sindicais CCOO e UGT aunha negociación na que coincidiron no carác-ter represivo desta sanción, á Dirección Estatal

seguía en beneficios, no servizo de limpeza daUniversidade a empresa nin sequera chegou aentregar as contas, o que fai se cabe, aínda máisincomprensíbel unha renuncia desta entidadeaos dereitos laborais colectivos.

Consecuencias irreparábeis.Se en SANTOS, o ERE de “perdas previstas” queestas centrais asinaron pon en risco a consoli-dación por parte da empresa da redución dexornada de xeito indefinido coa correspondentemerma da calidade no emprego, no Servizo deLimpeza da Universidade a CUT amóstrase pre-ocupada porque “un recorte desta entidade pre-tende que as compañeiras produzan o mesmo,con moito menos persoal e en moito menostempo” o que traerá “consecuencias irrepará-beis para a saúde e a calidade de vida das tra-balladoras dun servizo no que xa moitas sofrenlongo enfermidades profesionais que nunca severán reparadas”.

de Recursos Humanos non lle quedou outra que retirar a sanción para restaurar a normalidadenas relacións empresa e representación sindicaldentro do centro de traballo.A Sección Sindical, onda as compañeiras e

compañeiros da central, conseguiron frear asíun proceso de persecución contra a representa-ción deste sindicato no Hotel, que tivo diversosepisodios de presión á afiliación e mesmo odespedimento dunha compañeira da CUT.

Unha volta de 180º graos á realidade laboralno centro que veu dada pola forza e a solidarie-dade de clase, que conseguiu que pregar á Di-rección desta multinacional hoteleira.

NH Hoteles: unidade declase pode vencer a unhamultinacionalA Sección Sindical da CUT no NH Obradoiro, vén de consolidar unha vito-ria clara, logo de que Madrid decidise retirar a sanción contra o delegado

Page 7: Información Sindical nº1

Ao contrario do que poida semellar, polo carác-ter público da Compañía de Radio/Televisión deGalicia, a representación colectiva e sindicaldos intereses das traballadoras e traballadoresé unha tarefa ardua. E é que as relacións entre arepresentación e a dirección da empresa nonentran no concepto de “normalidade”. Unha radiotelevisión pública, denunciada rei-

teradamente dende dentro e dende fóra polamanipulación sistemática da información tendetrás dúas forzas indispensábeis: a irrespon-sabilidade dun goberno autonómico que non seinteresa pola dimensión informativa e si de con-trol deste servizo, e unha patronal que desen-volve con toda a naturalidade e explorandotodos os recursos, os seus mecanismos de neu-tralización e represión contra a representacióncolectiva.

... e chegou a CUT.Na última convocatoria electoral, a vitoria daCUT, que se presentaba por primeira vez áseleccións sindicais resultou ser diáfana. Tantoque lanzou a cadros sindicais cheos de moci-dade e de enerxía á Presidencia do Comité Inte-rempresas. Todo isto, baixo un programa claro,que quixeron manipular máis dunha vez: o com-promiso co carácter público da CRTVG e cos va-lores dunha radiotelevisión ao servizo do pobogalego e do seu idioma, o compromiso coa es-

tabilidade de todos os empregos e a fin da con-tratación lixo, e sobre todo, unha vontade detransformar uns Comités de Empres enferruxa-dos, nada transparentes, e burocratizados, nunespazo para facer unha nova forma de sindica-lismo.

Un sindicalismo de Sección Sindical e Asem-blea Xeral, de mobilización nas rúas e conscien-cia xeral de pertenza a unha clase por riba dosector concreto, de compromiso cos dereitos la-borais dentro e fóra do centro de traballo. Unxeito de facer sindical que non lle agrada nadaá Dirección da Empresa.

Un primeiro ano de representación sindicalque comezou duro: sancións a traballadores/aspola presentación dun contrainformativo noToural durante a folga da CRTVG, un ERE encu-berto que ameazaba (e ameaza) a dúcias de pro-fesionais, un expedinte contra varias delegadase delegados pola actitude de diálogo durante aocupación do centro de traballo polas persoasafectadas polas preferentes bancarias, etc.

Ilusión, enerxía: futuro.Con todo, contra o cerco mediático e manipula-ción, o silencio informativo sobre a actividade daCUT, a represión empresarial ou os intentos do go-berno de privatizar este medio público, a represen-tación sindical da CUT está a demostrar que éprecisa unha nova maneira de facer sindicalismo.

7

información sindical

CUT-CRTVG, sindicalismoda transparenciaA vitoria electoral da CUT na CRTVG deu comezo a un curso de represen-tación sindical marcado pola loita dende abaixo contra a represión

Page 8: Información Sindical nº1

Cal é a situación en Casa das Crechaslogo do conflito laboral?Parece que pouco a pouco volta á nor-malidade, ainda que, na miña opinión,non deixa de ser unha normalidadeanormal. O conflicto laboral saldousecun total de 5 persoas despedidas, tresdelas da sección sindical Cut-Crechas.Todos os despidos foron xustificadospola Empresa como “despidos obxec-tivos por causas económicas”

Ademais, a dirección da Empresaaplicou modificacións sustanciais amembros da sección sindical, redu-cindo considerablemente a xornada la-boral e adecuando os horarios aprodutividade.Todos estes cambios, levados a cabo a principio de

ano, proporcionaron unha especie de tregua, onde pa-rece ser que hai compañeirismo e bo ambiente de tra-ballo. Ainda que o ambiente cos compañeiros é máisameno e doado, coa dirección da Empresa é algo máisdifícil, xa que a seguimos coas nosas demandas xudi-ciais polos incumprimentos do convenio colectivo.Neste momento, coas contratacións levadas a cabo

despois dos despidos, conto con 6 compañeiros detraballo(encargado, segunda encargada e axudante deencargado), unha camareira, un pincha-discos quetamén fai función de camareiro e unhalimpiadora.Todas e todos teñen previlexios, comopode ser a non obrigatoriedade de levar uniforme, aposibilidade de cambiar días ou o consumo internosen límite de prezo ou producto, agás eu, que sigocoa obriga de actuar segundo o protocolo establecidopola Empresa a finais de 2010.

Como valoras as actuacións da Sección Sindical?. A sección sindical Cut-Crechas, actou seguindo osprincipios de todos os seus membros. Loitaron polosseus dereitos, polo que é xusto, e síguenno facendo.O apoio, a solidariedade e cooperación foron subli-mes, estabamos fortalecidos e inquebrantables. Todaesa fortaleza foi construída paso a paso; moitas nonnos levabamos ben, e non tiñamos nen idea dosnosos dereitos, das nosas obrigas, ou dos nosos de-beres.

Coa axuda da asesoría sindical empezamonos amover para esixir o que nos correspondia. Mesmo coadestrucción da Sección, seguimos compartindo osmesmos espazos de loita e mobilización, para quequede claro a aquelas e aqueles que pensaban que era

unha loita persoal e polos nosos intereses. De todasformas, e como xa dixen antes, seguimos co procesode recoñecemento dos nosos dereiros, quedan aindamoitos xuízos por vir.

Unha parte fundamental do proceso de reivindica-ción dos dereitos laborais foi a solidariedade ex-terna. Cóntanos disoA verdade é que non teño palabras para describir epara agradecer o apoio recibido nestes longos dousanos de conflicto. A xente respondeu moi positiva-mente ás convocatorias de concentracións, e arrou-pounos durante todo o que durou o conflicto. Aindaagora, pasado meses dende a desaparición da Sec-ción, e calmado o ambiente, seguimos recibindo mos-tras de solidariedade e de cariño. O único que mequeda é dar as grazas a toda a xente que, sen temer amalas caras ou a repercusión, actuou segundo a éticae a responsabilidade social.

Mereceu a pena ese conflito?Depende do punto de vista. Se pensamos que a raízdo conflicto algunhas persoas, acabaron despedidasde maneira, cando menos, sospeitosa: pois consideroque non. Pero se pensamos que fixemos o que tiña deser feito: pois claro que si. Ainda que a metodoloxíaseguida puido ser cuestionada, e que outras formaspoderían ser máis fiables e rápidas, a Sección Sindicalnon se arrepinte das súas decisións e da súa traxec-toria.

Crecemos como Sección, como persoas e comoaxentes modificadores da realidade; tamén aprendi-mos a seleccionar mellor as persoas que conformana nosa rede de apoio.

información sindical

8

“Non nos arrepentimos dasnosas decisións” A compañeira Claudia Fidalgo, delegada de persoal pola CUT no bar Casadas Crechas, vén de vencer no TSXG un proceso por represión sindical