INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS...

25
INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS EN GALICIA 22 DE FEBREIRO 2015 DÍA POLA IGUALDADE SALARIAL

Transcript of INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS...

Page 1: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

INFORME SOBRE

DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS EN GALICIA

 22 DE FEBREIRO 2015 

DÍA POLA IGUALDADE SALARIAL  

 

Page 2: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

ÍNDICE

INTRODUCCIÓN

ANÁLISE

Brecha salarial Variación interanual Salarios por comunidades autónomas Ganancia por hora normal traballada Ganancia por hora normal traballada nos países da Eurozona Ramas de actividade Contratos de duración indefinida e determinada Ganancia segundo tipo de xornada Complementos salariais Salario Mínimo Interprofesional Tramos de idade Acollemento a reducións de xornada e excedencias Mulleres traballadoras en risco de pobreza Prestacións por desemprego Pensións

CONCLUSIÓNS

FACTORES DE DISCRIMINACIÓN SALARIAL

PROXECTO “FERRAMENTAS PARA COMBATER A BRECHA

SALARIAL”

Page 3: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

1. INTRODUCIÓN O 22 de febreiro conmemórase en España o Día pola Igualdade Salarial de Mulleres e Homes como data invariable, fronte a outros países que a conmemoran calculando os días de máis que as mulleres terían que traballar para percibir as mesmas cantidades que os homes nun ano, e fixando a data en función deste resultado. Dende UGT Galicia sumámonos ano tras ano a esta conmemoración para reivindicar a necesaria loita contra a histórica e persistente discriminación salarial que sofren as mulleres. O principio da igualdade de retribución entre mulleres e homes para un mesmo traballo ten a súa base no artigo 119 do Tratado de Roma asinado en 1957, constitutivo da Comunidade Económico Europea (hoxe artigo 141 da versión consolidada polo Tratado de Amsterdam en 1997) no que se recollía: “Cada Estado miembro garantizará durante la primera etapa, y mantendrá después, la aplicación del principio de igualdad de retribución entre los trabajadores masculinos y femeninos para un mismo trabajo. Se entiende por retribución, a tenor del presente artículo, el salario o sueldo normal de base o mínimo y cualesquiera otras gratificaciones satisfechas, directa o indirectamente, en dinero o en especie, por el empresario al trabajador en razón de la relación de trabajo. La igualdad de retribución, sin discriminación por razón de sexo, significa: a .Que la retribución establecida para un mismo trabajo remunerado por unidad de obra realizada se fija sobre la base de una misma unidad de medida; b . Que la retribución establecida para un trabajo remunerado por unidad de tiempo es igual para un mismo puesto de trabajo”.

É importante sinalar que tal e como recolle o “Código práctico sobre a aplicación da igualdade de retribución entre homes e mulleres para un traballo de igual valor” da Comisión das Comunidades Europeas, estamos a falar dunha cuestión que ten un alcance que supera a mera análise do réxime de retribución dunha empresa, dun sector ou conxunto de sectores. Require tamén unha acción a nivel nacional, non só por parte das federacións do empresariado e de traballadores e traballadoras, que tamén, se non das instancias gobernamentais.

O Consello Económico e Social constata que a igualdade retributiva definida como “igual retribución para traballos de igual valor ou equivalentes” segue sendo un reto pendente non só en España, se non tamén no conxunto da Unión Europea. É un feito preocupante, non só pola súa magnitude, se non tamén pola súa persistencia, polas súas repercusións nas condicións de vida das mulleres e pola súa complexidade de análise e resolución.

Page 4: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

Explicar o porqué da existencia da brecha salarial é complexo, estamos ante un problema estrutural e o ámbito laboral é un reflexo dos demais ámbitos. Non é fácil a incorporación a un mercado laboral organizado por e para homes, sen deixar de asumir, case totalmente, as responsabilidades familiares e de coidados, ao non existir a necesaria corresponsabilidade. Parece existir un amplo consenso respecto de que o groso das diferenzas salariais e a súa persistencia non parecen xustificarse pola menor cualificación das mulleres ou a súa menor experiencia laboral, cando as desigualdades laborais por sexos se dan en todos os sectores. As traxectorias educativas e profesionais das mulleres e dos homes responden en boa medida a adscricións de roles e papeis sociais resultado dun conxunto de circunstancias socioculturais, sendo unha das consecuencias a segregación ocupacional e sectorial ou a necesidade de compatibilizar o rol produtivo co coidado no entorno familiar. As diferenzas retributivas responden a múltiples factores, que analizaremos no presente informe.

Page 5: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

2. ANÁLISE Coñecer as diferenzas salariais no emprego entre mulleres e homes de forma detallada é un luxo que acontece cada catro anos, e dos que ata o 2016 aproximadamente non poderemos volver a dispoñer. Referímonos á Enquisa de Estrutura Salarial de periodicidade cuatrienal, que se realiza no marco da Unión Europea con criterios comúns de metodoloxía e contidos, co fin de obter uns resultados comparables sobre a estrutura e distribución dos salarios entre os seus Estados Membros. Esta enquisa investiga a distribución dos salarios en función dunha grande variedade de variables como o sexo, a ocupación, a rama de actividade, a antigüidade ou o tamaño da empresa. Pola contra, a Enquisa Anual de Estrutura Salarial só obtén estimacións da ganancia bruta anual por traballador e traballadora por tipo de xornada, sexo, e actividade económica. De feito, se analizáramos as diferenzas entre as estatísticas que recollen datos económicos desagregados por sexo e as que os obvian, estariamos ante unha discriminación máis. Os datos que non se coñecen non se poden analizar e polo tanto non se toman medidas para resolver situacións lesivas para as mulleres das que non se ten información. Neste informe realízase unha análise das principais variables e estatísticas sobre diferenzas salariais entre mulleres e homes segundo os datos máis recentes dispoñibles, extraídos das seguintes fontes de información:

Enquisa cuadrienal de estrutura salarial do ano 2010 do Instituto Nacional de Estatística, publicada o 24 de outubro de 2012.

Enquisa anual de estrutura salarial do ano 2012 (publicada o 25 de xuño de

2014).

“Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias”, da Axencia Estatal de la Administración Tributaria do 2013 (publicados e o 20 novembro de 2014).

BRECHA SALARIAL BRECHA SALARIAL ENTRE HOMES E MULLERES. GALICIA. ANO 2008-2012

21,120,6

21,822,7

24,2

2008 2009 2010 2011 2012

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial dos anos 2008-2012

Page 6: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

As mulleres galegas perciben un 24,2% menos de salario ao ano que os homes Se temos en conta os últimos datos da Enquisa Anual de Salarios, a do ano 2012, a brecha salarial sitúase en Galicia no 24.2% de media anual, o que implica que para unha muller galega o ano non remata o 31 de decembro en termos salariais, senón que para poder cobrar a mesmo salario anual que un home (tomando como referencia 251 días laborais) ten que traballar 80 días máis, o que nos levaría ata o 24 de abril do ano seguinte. Observando a evolución anual podemos ver como dende o ano 2009 (no que se aprecia a menor brecha do período analizado) ata o 2012, se incrementa en 3.6 puntos, producíndose o maior aumento no último ano (1.5 puntos), polo que lonxe de reducirse aumenta, e en maior porcentaxe que en anos anteriores. En canto á comparativa coa brecha salarial en España, esta se sitúa para este período no 23.93%, polo que as mulleres galegas padecemos unha brecha salarial 0.25 puntos superior á media de España. O salario das mulleres tería que incrementarse en nada menos que un 31,88% para igualar ao dos homes SALARIO MEDIO ANUAL GALICIA

16.646,42

17.342,32

17.691,11

17.291,96

16.727,15

21.105,60

21.829,80

22.626,21

22.381,85

22.059,69

2 0 0 8

2 0 0 9

2 0 10

2 0 11

2 0 12

HomesMulleres

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial dos anos 2008-2012 No período analizado (2008-2012) a diferenza entre homes e mulleres medra en 3.1 puntos, o que expresado en euros supón un aumento da existente brecha dos 4.459,18€ en 2008 a 5.332,54€ no 2012 (873.36€ máis). Isto supón que as mulleres terían que percibir un 31.88% máis de salario para cobrar o mesmo que os homes.

Page 7: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

VARIACIÓN INTERANUAL Os salarios das mulleres seguen caendo, polo que ao partir de salarios máis baixos, o diferencial segue aumentando VARIACIÓN INTERANUAL DO SALARIO MEDIO ANUAL

Homes Mulleres

2009 4,2 3,4

2010 2,0 3,6

2011 -2,3 -1,1

2012 -3,3 -1,4

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial dos anos 2008-2012 Aínda que se aprecia unha maior caída dos salarios dos homes, tamén caen os das mulleres, que ao partir de salarios xa máis baixos, é o que fai que medre o diferencial. Coa chegada da crise as mulleres pasaron en maior medida a ser sustentadoras dos fogares dada a maior incidencia do desemprego en sectores tradicionalmente masculinizados como a construción e a industria. Se antes da crise, no ano 2008, de cada 100 persoas con ingresos procedentes do traballo, 44 eran mulleres, agora son máis, 46.2 de cada cen. Hai máis mulleres que sustentan aos fogares, pero este incremento non se fai en igualdade de condicións, xa que os ingresos salariais destas seguen sendo inferiores aos dos homes. SALARIOS POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS As mulleres galegas percibimos un 14.38% menos de salario que a media do salario bruto anual das mulleres do conxunto do Estado. SALARIO MEDIO ANUAL

Mulleres Homes Brecha salarial

ESTADO 19.537,33 25.682,05 23,9

Andalucía 17.828,44 23.592,08 24,4

Aragón 18.042,28 25.766,27 30,0

Asturias 18.026,01 25.048,82 28,0

Baleares 19.022,24 22.859,04 16,8

Page 8: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

Canarias 17.498,71 21.089,85 17,0

Cantabria 16.771,99 23.309,90 28,0

Castela e León 17.552,07 23.473,82 25,2

Castela – A Mancha 17.527,30 22.810,39 23,2

Cataluña 20.931,07 27.836,40 24,8

Comunidade Valenciana 17.870,88 24.289,23 26,4

Estremadura 17.401,90 21.585,30 19,4

GALICIA 16.727,15 22.059,69 24,2

Madrid 22.841,15 29.116,20 21,6

Murcia 17.457,52 23.487,03 25,7

Navarra 19.462,13 27.632,80 29,6

País Vasco 22.313,41 30.084,89 25,8

Rioxa, A 17.486,66 23.097,08 24,3

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial Ano 2012 Os ingresos medios das mulleres galegas (16.727,15€) foron 2.810,18€ inferiores á media dos salarios das mulleres de todas as comunidades autónomas, o que supón que as mulleres galegas cobramos un 14.38% menos que a media das mulleres do estado. Os ingresos salariais medios anuais das mulleres en 2012 foron de 19.537.33 euros/ano no conxunto de comunidades autónomas. En todas, sen excepción, os salarios medios das mulleres foron inferiores aos dos homes. Galicia, é a comunidade na que as mulleres temos un salario medio anual máis baixo respecto do salario medio das mulleres do resto das comunidades autónomas. Con fortes diferenzas salariais destacan Aragón, Navarra, Cantabria e Asturias, onde as diferenzas salariais entre homes e mulleres están por riba do 28%. Polo contrario, en Baleares, Canarias e Estremadura é onde menor brecha salarial existe, pero aínda así en todas elas se sitúa por riba do 16%. A estrutura de emprego e ocupación non é homoxénea en todas as CCAA, o que explica a variación da fenda salarial dunhas comunidades e outras, pero en todas os salarios das mulleres son moito máis baixos que os dos homes.

Page 9: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

GANANCIA POR HORA NORMAL TRABALLADA As mulleres galegas son as que menor retribución perciben por hora normal traballada de todo o Estado. RESULTADOS NACIONAIS E POR CCAA: GANANCIA POR HORA NORMAL DE TRABALLO

euros/hora Mulleres Homes Brecha salarial %

Total Nacional 13,10 15,83 17,25

Andalucía 12,24 14,59 16,11

Aragón 12,22 15,80 22,66

Asturias 12,28 15,81 22,33

Baleares 12,99 14,88 12,70

Canarias 11,58 13,06 11,33

Cantabria 11,43 14,29 20,01

Castela e León 12,17 14,67 17,04

Castela A Mancha 11,88 13,82 14,04

Cataluña 13,93 17,17 18,87

Comunidade Valenciana 12,02 14,91 19,38

Estremadura 11,78 13,13 10,28

Galicia 11,02 13,36 17,51

Madrid 14,80 17,65 16,15

Murcia 11,93 14,34 16,81

Navarra 13,56 17,53 22,65

País Vasco 15,27 19,10 20,05

Rioxa, A 11,99 14,58 17,76

Fonte: Enquisa Anual de Estrutura Salarial. Ano 2012. INE. As distintas características dos empregos aos que acceden homes e mulleres explican en parte o diferencial salarial, pero para ter en conta unha variable non afectada pola temporalidade e parcialidade do emprego, unha clave e variable adecuada é analizar o número de horas traballadas ao ano. As mulleres galegas teñen unha ganancia por hora normal traballada de 11,02 euros/hora, o que supón 2.34 € menos que a dos homes galegos. Ademais, as mulleres

Page 10: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

galegas son as que menor retribución por hora perciben de todas as Comunidades autónomas. Dado que as mulleres teñen maior temporalidade na contratación e maior peso da contratación a tempo parcial, isto pode ser utilizado como escusa para xustificar unha ganancia media anual inferior, que coa ganancia por hora normal de traballo xa non se podería xustificar. GANANCIA POR HORA NORMAL TRABALLADA NOS PAÍSES DA EUROZONA España ten unha brecha salarial por hora normal traballada 2.5 puntos por riba da media dos países da Eurozona. Segundo a definición de Eurostat, a brecha de xénero non axustada ás características individuais que poden explicar parte das diferenzas salariais entre homes e mulleres, é a diferenza entre o salario bruto por hora dos homes e o das mulleres, expresado como porcentaxe do salario bruto por hora dos homes. Eurostat calcúlao unicamente para os asalariados que traballan en unidades de 10 e máis traballadores e na ganancia por hora inclúe os pagamentos por horas extraordinarias realizadas, pero exclúe as gratificacións extraordinarias.

2008 2009 2010 2011 2012

Eurozona (17 Estados)

16.8 16.9p 16.4 16.6p 16.8p

Bélxica 10.2 10.1 10.2 10.2 10.0

Alemaña 22.8 22.6 22.3 22.2p 22.4p

Estonia 27.6 26.6 27.7 27.3 30.0

Irlanda 12.6 12.6 13.9 11.7p 14.4p

Grecia 22d : 15.0 : :

ESPAÑA 16.1 16.7 16.2 17.9 19.3

Francia 16.9 15.2 15.6 15.6 15.4p

Italia 4.9 5.5 5.3 5.8 6.7

Chipre 19.5 17.8 16.8 16.4 16.2

Luxemburgo 9.7 9.2 8.7 8.7p 8.6p

Malta 9.2 7.7 7.2 6.2 6.1

Holanda 18.9 18.5 17.8 17.9 16.9

Page 11: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

Austria 25.1 24.3 24.0 23.7 23.4

Portugal 9.2 10.0 12.8 12.5 15.7

Eslovenia 4.1 -0.9 0.9 2.3 2.5

Eslovaquia 20.9 21.9 19.6 20.5 21.5

Finlandia 20.5 20.8 20.3 19.6 19.4p

P= provisional d= definición diferente non dispoñible = estimado  Fonte: Eurostat  A brecha salarial por hora normal traballada segundo datos do Eurostat nos países da Eurozona sitúase no ano 2012 no 16.8%, situándose España 2.5 puntos por riba da media. Constátase tamén que aumenta no período analizado, xa que no ano 2008 se situaba no 16.1%, estando no 19.3% no 2012. España ocupa o quinto lugar en canto ás brechas máis altas, por detrás de Estonia, Austria, Alemaña e Eslovaquia. RAMAS DE ACTIVIDADE SALARIO MEDIO ANUAL POR RAMAS DE ACTIVIDADE ECONÓMICA E SEXO GALICIA 2013

Ambos sexos Homes Mulleres % M sobre H

Total sectores 17.770 19.820 15.383 22,39

Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 13.163 13.962 9.641 30,95

Industria extractiva, enerxía e auga 25.160 26.131 20.341 22,16

Industria 19.775 21.880 15.154 30,74

Construción e actividades inmobiliarias 15.963 16.036 15.510 3,28

Comercio, reparacións e transporte 16.106 18.465 13.117 28,96

Información e comunicacións 21.499 23.894 17.782 25,58

Entidades financeiras e aseguradoras 28.399 32.476 23.467 27,74

Servizos ás empresas 14.119 17.331 11.550 33,36

Servizos sociais 22.867 25.552 21.116 17,36

Outros servizos persoais e de ocio 8.289 9.729 7.391 24,03

Fonte: AEAT “Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias” Ano 2013 (A comunidade autónoma do perceptor é Galicia).

Page 12: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

En todas as ramas de actividade económica os salarios das mulleres son inferiores aos dos homes Os salarios medios máis elevados danse na rama de actividade económica “Entidades financeiras e aseguradoras”, onde as mulleres, que representan o 45,3% do total de persoas asalariadas perciben unha ganancia un 27,74% inferior. A maior diferenza retributiva dáse na rama de “Servizos a empresas”, onde sendo maioría a muller (o 55.6% do total) perciben un salario un 33.4% inferior, na “Agricultura e gandería”, o 31% (neste caso o número de mulleres asalariadas é moi baixo, o 18.5% do total, habendo tan só 4.511 mulleres asalariadas nesta rama de actividade na nosa comunidade). As menores diferenzas danse na “Construción e actividades inmobiliarias” e “Servizos sociais”, un 3.3% e un 17.4% de brecha salarial entre homes e mulleres, respectivamente. Na “Construción” o número de mulleres en relación ao total de persoas asalariadas é escaso, o 13.9% do total, e dado que as súas labores ao ser de tipo técnico, comercial, de xestión, etc. están mellor retribuídas. Nos “Servizos sociais” tamén o diferencial é máis baixo que a media, debido a que neles hai un gran peso do emprego público e polo tanto menor segregación e discriminación por sexo. As mulleres nos servizos sociais representan máis do 60% do total de persoas asalariadas no sector. A brecha salarial nas empresas de control público é moito menor que nas de control privado. Tendo en conta a Enquisa cuadrienal de Estrutura Salarial 2010 do INE a brecha salarial en empresas de control público é do 12.6% fronte ao 29.8% nas empresas de control privado. Aínda así, hai que ter en conta que os continuados recortes salariais aplicados polo goberno ao persoal ao servizo das administracións públicas, que contan cun total de 150.548 persoas, das que o 56.1% son mulleres (84.453), é evidente que o maior prexuízo das medidas aplicadas polo goberno cos continuados e inxustos recortes van a recaer nelas. (Fonte: Boletín de persoal ao servizo das administracións públicas de xullo 2013 do Rexistro Central de persoal Mº de Facenda e Administracións públicas).

CONTRATOS DE DURACIÓN INDEFINIDA E DETERMINADA GALICIA 2012. GANANCIA MEDIA ANUAL POR PERSOA TRABALLADORA, SEXO E TIPO DE CONTRATO

Mulleres Homes Diferencial

Total 16.727,15 22.059,69 24.2%

Duración indefinida 17.606,01 23.600,13 25.4%

Duración determinada 13.683,00 16.361,20 16.37%

Fonte: Enquisa Anual de Estrutura Salarial. Ano 2012. INE.

Page 13: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

A maior estabilidade no emprego, maior diferencial entre os salarios de homes e mulleres. Se a diferenza salarial entre homes e mulleres nos contratos de duración determinada se sitúa en 2.678,2€ menos para as mulleres (16.37%), esta aumenta no caso dos contratos indefinidos, nos que a diferenza é de 5.994.12€ (25.4%). A muller sofre en maior medida a precariedade na contratación e maiores niveis de parcialidade, e cando accede a un contrato de duración indefinida as súas condicións tamén son peores que as dos homes. GANANCIA SEGUNDO TIPO DE XORNADA GALICIA 2010. GANANCIA MEDIA ANUAL POR PERSOA TRABALLADORA, SEXO E TIPO DE XORNADA

Mulleres Homes Diferencial

Total 17.691,11 22.626,21 21.8%

Tempo completo 20.965,44 23.584,09 11.1%

Tempo parcial 8.472,52 11.428,92 25.9%

Fonte: Enquisa Cuadrienal de Salarios Ano 2010. INE. Os contratos a tempo parcial prexudican gravemente ao salario feminino Por xornada compróbase que o tempo parcial prexudica gravemente ao salario feminino, xa que as mulleres con contrato a tempo parcial perciben 8.472.52€ de salario medio en Galicia, o que supón un 25,9% menos que un home coa mesma contratación, sendo o diferencial no caso dos contratos a tempo completo dun 11%. Máis preocupante é aínda se temos en conta que non hai nin un 7% de homes con contrato a tempo parcial fronte a nada menos que un 25% mulleres ocupadas con este tipo de contrato. Pódese concluír á vista dos datos, que o tipo de xornada afecta ás diferenzas salariais, xa que as mulleres perciben un salario inferior ao dos homes debido en parte aos contratos a tempo parcial que na súa maioría son desempeñados por mulleres, mentres que nos homes prevalecen os contratos a tempo completo.

Page 14: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

COMPLEMENTOS SALARIAIS GALICIA 2010. COMPOSICIÓN DO SALARIO BRUTO MENSUAL

Mulleres Homes % s/ total mulleres

% s/ total homes

Salario base 967,75 1.176,77 72,67 67,88

Complementos salariais 331,17 464,38 24,87 26,79

Complementos salariais por razón de nocturnidade, de quenda ou traballo durante a fin de semana

17,88 29,28 1,34 1,69

Pagos por horas extraordinarias 1,84 13,39 0,14 0,77

Salario ordinario 1.300,76 1.654,54 97,68 95,44

Pagas extraordinarias 30,96 79,14 2,32 4,56

Salario bruto 1.331,72 1.733,68 100,00 100,00

Fonte: Enquisa Cuadrienal de Estrutura Salarial. Ano 2010. INE. Os complementos salariais son unha das claves que explican o diferencial salarial entre homes e mulleres Un factor que explica por si mesmo a brecha salarial é a existencia ou non de complementos salariais e o seu peso sobre o total de salario bruto. Como se comproba no cadro anterior, do total do salario bruto no caso das mulleres o 72,67% é salario base, fronte ao menor peso deste no caso dos homes (67,88%) o que indica o forte peso que teñen os complementos salariais no caso do salario bruto mensual dos homes, complementos que son clave e inciden nas diferenzas; actuando sobre estes poderíase reducir en boa medida a desigualdade nos salarios entre homes e mulleres. Factores fixados en convenios colectivos como a antigüidade (dado que a temporalidade afecta máis ás mulleres e porque ademais a súa vida laboral soe sufrir maiores interrupcións o que dificulta a acumulación de períodos de antigüidade), a dispoñibilidade horaria ou a prolongación da xornada, son outros dos aspectos que tamén inflúen negativamente.

Page 15: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL GALICIA 2013 PERSOAS ASALARIADAS POR TRAMOS DE SALARIOS (SMI)

Ambos sexos

Homes Mulleres % s/ ambos sexos

% s/ total Homes

% s/ total Mulleres

Total tramos de salario

969.036 521.389 447.647 100,0 100,0 100,0

De 0 a 0,5 SMI 177.395 84.556 92.839 18,3 16,2 20,7

De 0,5 a 1 SMI 121.836 53.791 68.045 12,6 10,3 15,2

Menor ou igual a 1 SMI

299.231 138.347 160.884 30,9 26,5 35,9

De 1 a 1,5 SMI 130.980 55.639 75.341 13,5 10,7 16,8

De 1,5 a 2 SMI 161.576 91.965 69.611 16,7 17,6 15,6

De 2 a 2,5 SMI 115.180 71.551 43.629 11,9 13,7 9,7

De 2,5 a 3 SMI 71.611 43.572 28.038 7,4 8,4 6,3

De 3 a 3,5 SMI 57.492 35.375 22.118 5,9 6,8 4,9

De 3,5 a 4 SMI 40.033 23.839 16.194 4,1 4,6 3,6

De 4 a 4,5 SMI 30.762 17.168 13.594 3,2 3,3 3,0

De 4,5 a 5 SMI 17.023 11.086 5.937 1,8 2,1 1,3

De 5 a 7,5 SMI 33.163 23.439 9.724 3,4 4,5 2,2

De 7,5 a 10 SMI

7.966 5.990 1.976 0,8 1,1 0,4

Máis de 10 SMI 4.019 3.418 601 0,4 0,7 0,1

Máis de 5 veces SMI

45.148 32.847 12.301 4,7 6,3 2,7

Máis de 10 SMI

4.019 3.418 601 0,4 0,7 0,1

Fonte: AEAT “Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias” Ano 2013 (A comunidade autónoma do perceptor é Galicia). A desigualdade entre homes e mulleres tendo en conta a distribución salarial en función do SMI constata que as mulleres se atopan nos tramos máis baixos de retribucións No ano 2013 segundo a AEAT, un 36% de mulleres teñen ingresos salariais menores o iguales ao Salario Mínimo Interprofesional (9.034,20€/ano, 645.3€/mes) fronte ao 26.5% dos homes.

Page 16: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

En cambio, se facemos unha análise dos salarios máis elevados, o 6.3% dos homes tiveron salarios cinco veces superiores ao SMI, fronte ao 2.7% de mulleres. Das 45.148 persoas que en Galicia teñen estes salarios, 32.847 son homes, é dicir, o 72.75% das persoas que perciben retribucións superiores a 5 veces o SMI, son homes. TRAMOS DE IDADE

2012 Galicia Ambos sexos Mulleres Homes % homes sobre mulleres

Todas as idades 19.389,20 16.727,15 22.059,69 24,2

Menos de 25 anos -10.048,29 -9.321,65 -11.122,03 16,2

De 25 a 34 anos 16.302,92 14.749,6 18.268,93 19,3

De 35 a 44 anos 19.756,18 17.056,08 22.370,94 23,8

De 45 a 54 anos 21.637,63 18.702,15 24.383,7 23,3

55 e máis anos 22.094,75 18.835,83 24.574,22 23,4

Fonte: Encuesta Anual de Estrutura Salarial. Ano 2012. INE. (Cuando la casilla está marcada con un signo '-' antes del dato, indica que el número de observaciones muestrales está comprendido entre 100 y 500, por lo que la cifra no es estadísticamente significativa y está sujeta a gran variabilidad).

En ningún tramo de idade o salario é superior no caso feminino ao masculino Segundo os datos podemos observar como a medida que aumenta a idade, tamén se incrementa a brecha salarial, pasando do 19.3% do tramo de 25 a 34 anos ao 23.4% das persoas de 55 e máis anos. En cantidades absolutas tamén se constata que en ningún tramo de idade o salario medio feminino se achega ao salario medio de ambos sexos (19.389,20€).

Page 17: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

ACOLLEMENTO A REDUCIÓNS DE XORNADAS E EXCEDENCIAS EXCEDENCIAS POR COIDADO DE FILLOS E FILLAS SEGUNDO O SEXO DA PERSOA PERCEPTORA

Galicia Total Homes Mulleres % Homes

2005 383 19 364 4,96

2006 420 30 390 7,14

2007 497 40 457 8,05

2008 477 30 447 6,29

2009 542 39 503 7,20

2010 511 29 482 5,68

2011 555 35 520 6,31

2012 536 31 505 5,78

2013 537 31 506 5,77

Fonte: IGE As mulleres seguen a ser as que se acollen a licenzas e excedencias para compatibilizar a súa vida persoal e familiar coa laboral, o que se traduce nunha diminución dos seus ingresos.

En canto ás excedencias por coidado de fillas e fillos, podemos ver como segundo datos do IGE, o número de homes que se acollen a elas é moi reducido, situándose no ano 2013 no 5.77%. No só isto, se non que dende o ano 2011, a porcentaxe está diminuíndo.

No ano 2012, 30.132 traballadores e traballadoras galegas con nenos e nenas menores de 13 anos reduciron a súa xornada de traballo para o seu coidado, das que 22.262 foron mulleres, o 74% do total.

Por último, no tocante á flexibilización e coordinación do horario, tres de cada dez persoas ocupadas con nenos e nenas flexibilizaron ou coordinaron o seu horario para a súa atención, estando entre as mulleres esta porcentaxe no 36,8%, mentres que para os homes sitúase no 24,6%.

Todo isto constátannos unha vez máis, que as mulleres sofren unha mingua nos seus ingresos e cotizacións como consecuencia de que interrompen moito máis as súas carreiras profesionais para atender as responsabilidades familiares que non deberían asumir elas soas.

Page 18: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

MULLERES TRABALLADORAS EN RISCO DE POBREZA O 10,8% das mulleres galegas ocupadas percibe uns ingresos inferiores ao limiar da pobreza. Eurostat calcula este índice en base ao 60% da renda mediana, o que equivale a 7.355€ anuais no caso de España, que supoñen uns ingresos mensuais de 612,9€ no ano 2013 (o SMI no noso país estableceuse en 645,30€ para ese ano). Segundo o INE, no ano 2012, a taxa de risco de pobreza das mulleres é do 26.7%, e se restrinximos a taxa a aquelas mulleres que teñen traballo, as mulleres ocupadas, a taxa é do 10,8% (a terceira taxa máis elevada da UE). Isto é consecuencia das maiores dificultades ás que se enfrontan as mulleres no mercado laboral, con menores posibilidades para acceder e permanecer nel e en peores condicións, o que ten como consecuencia que a súa situación de risco de exclusión e vulnerabilidade sexa moi superior. Non podemos esquecer que son taxas insostibles, e o que indican é que contar cun traballo, ás veces non asegura saír da pobreza.

PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

Persoas Desempregadas Prestación media anual

Ambos sexos Homes Mulleres Ambos sexos Homes Mulleres

2013

322.423 177.521 144.902 3.897 4.281 3.427

Fonte: AEAT “Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias” Ano 2013 (A comunidade autónoma da persoa perceptora é Galicia). As beneficiarias de prestacións por desemprego son menos e perciben unha prestación un 19.9% inferior á dos homes No ano 2013 as beneficiarias de prestacións por desemprego en Galicia son un 18.37% menos que os homes, e perciben unha prestación media anual máis baixa, que sitúa nos 3.427€, o que supón que é un 19.9% inferior á dos homes. A crise económica está a incluír grandes niveis de dificultades na cohesión social. O desemprego con niveis insostibles non se ve compensado por unha cobertura social adecuada, e máis no caso das mulleres. Dende sempre as mulleres teñen menos acceso ás prestacións por desemprego como consecuencia das escasas cotizacións, tanto en termos temporais como monetarios, derivada das súas condicións de contratación e salario, polo que incluso non acadan os mínimos requiridos para ser beneficiarias deste tipo de prestación; non podemos esquecer tampouco ás case 27.000 traballadoras do anterior réxime especial do fogar da Seguridade Social (agora integradas no réxime xeral coma un sistema especial) que non teñen dereito a desemprego.

Page 19: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

PENSIÓNS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL POR CLASES E IMPORTE MEDIO. GALICIA.

Número Importe medio (euros) 2013

Ambos sexos

Homes Mulleres Ambos sexos

Homes Mulleres

Total 744.106 344.320 399.779 726,39 903,13 574,17

Incapacidade permanente 69.304 46.784 22.518 802,02 856,96 687,88

Xubilación 460.108 264.832 195.273 818,29 975,53 605,06

Viuvez 186.429 18.988 167.439 523,22 388,43 538,51

Orfandade 22.540 11.832 10.708 365,05 364,98 365,13

Favor familiares 5.725 1.884 3.841 463,64 439,87 475,30

Fonte: Elaboración propia a partir de datos de Pensións contributivas da S.S. do I.G.E. - Instituto Galego de Estatística As pensións por xubilación das mulleres galegas son un 38% inferiores ás dos homes Atendendo ao importe medio das pensións en Galicia no ano 2013, podemos observar como os homes perciben de media 903.13€ e as mulleres 574.17€, o que supón un 36.42% menos. Se temos en conta só a pensión de xubilación o diferencial sitúase no 38%, xa que as mulleres teñen un importe medio de 605,06€ fronte aos 975,53€ dos homes. A Lei reguladora do Factor de Sostibilidade da pensión de xubilación e o índice de revalorización do sistema de pensións da Seguridade Social aprobada en decembro do ano 2013 introducen un dos recortes máis severos da historia ás persoas pensionistas, tanto actuais como futuras, cargándolles o axuste do déficit público e a redución de seu poder adquisitivo, incrementado a desigualdade deste colectivo con respecto á restante cidadanía e un aumento do xa de por si elevado risco de pobreza do colectivo. O goberno vincula a partir do 2019 as pensións á esperanza de vida: a maior idade menor contía, e segundo os datos do IGE as mulleres viven en Galicia unha media de 85,7 anos fronte aos 79 anos dos homes. Engadíndolle a isto que a contía da pensión calcúlase tanto en función do soldo percibido nos últimos 25 anos como do total de anos traballados, as mulleres se verán dobremente prexudicadas, debido a súa tardía incorporación ao mercado laboral, e á maior interrupción das súas cotizacións pola atención das responsabilidades familiares. Podemos concluír que esta reforma do sistema público de pensións non corrixe a discriminación existente entre pensións de xubilación por sexos, se non que a fenda pode elevarse, e hai que ter en conta ademais

Page 20: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

que as mulleres producen servizos non remunerados, eximindo ao estado de obrigacións de coidados e o sistema as penaliza. Aínda que é superior o importe medio das pensión de viuvez no caso masculino, hai que ter en conta que as pensións de viuvez en moitos casos son a única fonte de ingresos das mulleres, non así nos homes, e a media destas sitúase en 538.51€. NÚMERO DE PERSOAS BENEFICIARIAS DAS PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS DE XUBILACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL SEGUNDO SEXOS

Total Homes Mulleres % Mulleres

2013 27.774 6.024 21.750 78,31

Fonte: Elaboración propia a partir de datos de Pensións non contributivas da S.S. do I.G.E. - Instituto Galego de Estatística A presenza de mulleres é moi elevada entre os perceptores e perceptoras de prestacións de protección social non contributiva, representan o 78.31%. Estas prestacións viñeron a paliar a situación de pobreza de moitas mulleres que non tiñan os períodos suficientes cotizados para poder acceder a unha pensión contributiva, xa que non podemos esquecer a esixencia dunha autorización do marido para que a esposa puidera traballar (“licenza marital”) e que se mantivo ata a reforma lexislativa de 1975, ou que despois, unha vez modificado o Código Civil, o cambio das ordenanzas laborais aos convenios colectivos, aínda arrastraron cláusulas que recollían a dote que se ofrecía ás mulleres cando se casaban para abandonar o seu posto de traballo. Todo isto, entre outras moitas circunstancias, fai que exista un grupo de mulleres maiores de 65 anos cuxa protección social se circunscribe á protección social non contributiva. Por outro lado, vendo os importes medios das pensións non contributivas facémonos unha clara idea do baixo poder adquisitivo que teñen moitas mulleres trala xubilación, xa que se sitúa en tan só 351,8€ (fonte: Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013 do CES Galicia).

Page 21: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

3. CONCLUSIÓNS

As mulleres galegas perciben un 24.2% menos de salario ao ano que os homes, polo que terían que traballar 80 días máis nun ano, para cobrar o mesmo salario.

Dende o ano 2009 a brecha salarial increméntase en 3.6 puntos na nosa comunidade, producíndose no último ano un incremento de 1.5 puntos.

A brecha salarial en Galicia é 0.25 puntos superior á de España.

salario das mulleres tería que incrementarse en nada menos que 31.88% para igualar ao dos homes.

As mulleres galegas percibimos un 14.38% menos de salario que a media do salario bruto anual das mulleres do conxunto do Estado.

Galicia é a comunidade autónoma na que as mulleres teñen un salario medio anual máis baixo.

As mulleres galegas son as que menor retribución perciben por hora normal traballada de todo o estado, e perciben 2.34€ menos que os homes en Galicia.

España ten unha brecha salarial por hora normal traballada 2.5 puntos por riba da media dos países da Eurozona (19.3% fronte ao 16.8%).

En todas as ramas de actividade económica os salarios das mulleres son inferiores aos dos homes. A maior diferenza dáse na rama “Servizos a empresas” na que é do 33.4% e a menor en “Construción e actividades inmobiliarias” cun 3.3%, na que o número de mulleres ocupadas en relación ao total é escaso e desenvolven traballos técnicos.

A brecha salarial nas empresa de control público é moito menor que nas de control privado (12.6% vs 29.8%).

A maior estabilidade no emprego, maior diferencial entre os salarios dos homes e das mulleres (nos contratos de duración indefinida é do 25.4% e nos de duración determinada do 16.37%).

Os contratos a tempo parcial prexudican gravemente o salario feminino: o diferencial neste tipo de contratación sitúase no 25.9% e no caso dos contratos a tempo completo no 11.1%. Non podemos esquecer ademais que máis do 25% das mulleres ocupadas teñen este tipo de contrato.

Os complementos salariais son determinantes á hora de analizar as desigualdades salariais, xa que o 72.67% do salario bruto das mulleres é salario base, fronte ao 67.88% no caso dos homes.

Mentres o 36% das mulleres teñen ingresos salariais menores ou iguales ao SMI, no caso dos homes é do 26.5%. Pola contra, o 72.75% das persoas que en Galicia teñen ingresos superiores a 5 veces o SMI, son homes.

En ningún tramo de idade o salario é superior no caso feminino ao masculino, e a brecha se incrementa a medida que aumenta a idade.

Page 22: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

As mulleres seguen a ser as que se acollen a licenzas e excedencias para compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, o que se traduce nunha diminución dos seus ingresos. A porcentaxe de homes que no ano 2013 en Galicia solicitou excedencias por coidado de fillos e fillas foi do 5.77%.

10.8% das mulleres ocupadas percibe un s ingresos inferiores ao limiar da pobreza, o que se traduce en que ter un traballo, non asegura saír da pobreza.

As beneficiaria de prestacións por desemprego son menos e perciben unha prestación un 19.9% inferior á dos homes. E non podemos esquecer ás case 27.000 traballadoras do anterior réxime especial do fogar da Seguridade Social, que non teñen dereito a desemprego.

As pensións por xubilación das mulleres galegas son un 38% inferiores ás dos homes. No caso das pensións non contributivas, cuxo importe medio é de 351.8€, o 78.31% das beneficiarias son mulleres.

Page 23: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

4. FACTORES DE DISCRIMINACIÓN SALARIAL Despois de todas as variables analizadas, e aínda que como xa apuntamos é complexo determinar todos os factores que inflúen nas desigualdades e discriminacións salariais entre homes e mulleres, é importante apuntar algunhas das súas causas, xa que aí é onde hai que actuar:

Persistencia de roles e estereotipos de xénero: inflúen na elección das sendas educativas e por conseguinte nas carreiras profesionais que se desenvolven. Tamén as tradicións e estereotipos fan que se espere que as mulleres reduzan as súas horas de traballo ou abandonen o mercado laboral para atender aos fillos e fillas e persoas dependentes, motivo polo que as mulleres interrompen máis as súas carreiras profesionais e traballan menos horas que os homes.

Infravaloración do traballo das mulleres: frecuentemente as competencias das

mulleres valóranse de distinta forma que as dos homes.

Problemas na conciliación da vida laboral, persoal e familiar e falta de corresponsabilidade familiar.

Condicións laborais (xornada parcial e temporalidade entre outras).

Segregación horizontal: os sectores onde máis mulleres traballan, unha gama

moi pequena de ocupacións, concéntranse naqueles sectores peor pagados.

Segregación vertical e promoción: teito de cristal. Pouco ten que ver a promoción das mulleres co nivel formativo que teñen.

Discriminación directa: algunhas mulleres gañan menos que os homes no

desempeño do mesmo traballo.

Maiores dificultades para o emprendemento feminino debido a que o mercado empresarial está masculinizado, polo que atopan maiores dificultades para a financiación (os estereotipos de xénero que condicionan a valoración dentro das entidades financeiras dos proxectos das empresarias e emprendedoras, pois se soen presentar xeralmente pequenas empresas e na lóxica do autoemprego non encaixan cos proxectos empresariais que interesan ás entidades financeiras: grandes empresas o con perspectivas de expansión e crecemento, polo que teñen un menor respaldo de avais), brecha dixital de xénero, dificultades para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e á participación en redes e órganos de toma de decisións.

Saída do mercado de traballo. A brecha salarial tradúcese en prestacións por

desemprego e pensións de xubilación ou incapacidade de menor contía que as dos homes.

Page 24: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

5. PROXECTO UGT: “FERRAMENTAS PARA COMBATER A BRECHA SALARIAL” Á vista dos datos analizados, non podemos se non concluír que ademais de que como apuntabamos ao principio a brecha salarial é un feito moi preocupante, non só pola súa magnitude, se non tamén pola súa persistencia, polas súas repercusións nas condicións de vida das mulleres e pola súa complexidade de análise e resolución, despois da análise feita, a preocupación é aínda maior, xa que se constata que nada se está a facer para intentar solucionar este problema que afecta á metade da poboación, pois as cifras, lonxe de mellorar, están empeorando, e mostran tamén que as mulleres galegas, sufrimos peores condicións xa non só respecto aos homes, se non tamén respecto ás mulleres das demais comunidades autónomas. E o Goberno, impoñendo reformas laborais totalmente inxustas e aplicando políticas de desmantelamento do Estado de Benestar, está contribuíndo a que estas diferenzas se incrementen. Estamos ante unha discriminación insostible, consecuencia da falta de políticas de igualdade entre mulleres e homes e a falta de vixilancia do cumprimento da Lei que prohibe este tipo de discriminacións. UGT Galicia reivindica a igualdade entre mulleres e homes. Unha muller non é independente senón o é no plano económico. O cumprimento da premisa “igual salario por traballos de igual valor” non é só fundamental para a consecución da igualdade de oportunidades no mercado de traballo senón que é fundamental para constituír unha sociedade xusta, sen predominio dun sexo sobre outro. Todos os datos analizados poñen de manifesto que a pesar dos avances experimentados no terreo laboral, temos que seguir falando de desigualdade salarial e da súa existencia na práctica totalidade das variables analizadas, o que constitúe un indicativo da existencia de discriminación por razóns de xénero, que en boa parte responde á menor valoración pola sociedade do traballo realizado pola maioría das mulleres a pesar do seu importante valor económico e a súa contribución ao sostemento do benestar social. Ante esta situación, dende UGT acabamos de poñer en marcha un proxecto subvencionado a través do Programa “Igualdad de Género y Conciliación de la vida laboral y familiar” subscrito entre Noruega, Islandia, Liechtenstein e España. O obxectivo do mesmo é contribuír á redución da brecha salarial a través da negociación colectiva, sendo a meta final incrementar o número de convenios e plans de igualdade que conteñan medidas dirixidas a reducir a brecha salarial entre mulleres e homes. Tratarase de desenvolver ferramentas que permitan ás persoas negociadoras dos convenios detectar a existencia de desigualdades salariais, así como facilitar orientacións e recomendacións para adoptar medidas específicas dirixidas a corrixilas. Para isto, elaboraranse dúas aplicacións informáticas: “Indicador Xeral de Igualdade Salarial” que se instalará nos teléfonos móbiles e permitiranos coñecer de forma

Page 25: INFORME SOBRE DESIGUALDADE SALARIAL POR SEXOS …praza.gal/xornal/uploads/22-febreiro-2015-informe-igualdade-sal... · O 22 de febreiro conmemórase ... investiga a distribución

 Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais UGT‐Galicia  Día pola Igualdade Salarial – 22 febreiro 2015

inmediata a porcentaxe nas diferenzas salariais existentes, e “Indicador ponderado de Igualdade Salarial” que será unha ferramenta informática que vai a permitir, cun catálogo de índices e variables, identificar os factores que inflúen na brecha salarial para poder actuar sobre eles. Isto complementarase cunha investigación dos factores que inflúen na brecha salarial e unha guía de boas prácticas e de recomendacións que se dirixirá ás persoas negociadoras dos convenios e á representación dos traballadores e traballadoras para que as teñan en conta á hora do deseño e adopción de medidas dirixidas á redución da brecha salarial. Como resultado de todo isto levaranse a cabo xornadas de formación, información e sensibilización sobre a igualdade salarial, o seu tratamento legal e os instrumentos para combatela, e das ferramentas e materiais elaborados no marco do proxecto.