ismo ecolóxic ctivismo - core.ac.uk · (vicia sativa) de talo gabeador e flores de cor violeta que...

22
Do act i vi smo ecolóxico ao act i vi smo lingüístico TERESA MOURE Universidade de Santiago de Compostela 1. Durante séculos o pobo galego distinguiu con clareza moitas das especies vexetais que o rodeaban. As persoas, especialmente as mulleres idosas, sabían cando florecían as herbas e tamén que males podían curar, colocadas como apósito ou bebidas como infusión. Para manexalas comodamente puxéronlles nomes, moitos deles con correlato no mundo, auténticas metáforas, como estes: Agullas de pastor Amenta de auga Amenta de lobo Amores pequenos Apio de cabalos Árbore da rabia Árbore fría Cabeza de cobra Cabriña Callaleite Castiñeiro das bruxas Cebola das gaivotas Chícharo de raposo Cristas de galo Escornabois Escornacabras Felgueira de raposa Fento das boticas Fento das pedras Figueira do demo Herba da andoriña Herba da cuca Herba da fame herba da rula Herba do cuco Herba do demo Herba do lobo Herba do sapo Herba dona Herba dos burros Herba dos pitos Herba piolleira Herba rateira Lingua de boi Lingua de cervo Lingua de vaca 65

Transcript of ismo ecolóxic ctivismo - core.ac.uk · (vicia sativa) de talo gabeador e flores de cor violeta que...

65

Do activismo ecolóxico ao activismolingüístico

TERESA MOUREUniversidade de Santiago de Compostela

1. Durante séculos o pobo galego distinguiu con clareza moitas das especies vexetaisque o rodeaban. As persoas, especialmente as mulleres idosas, sabían cando florecíanas herbas e tamén que males podían curar, colocadas como apósito ou bebidas comoinfusión. Para manexalas comodamente puxéronlles nomes, moitos deles con correlatono mundo, auténticas metáforas, como estes:

Agullas de pastorAmenta de augaAmenta de loboAmores pequenosApio de cabalosÁrbore da rabiaÁrbore fríaCabeza de cobraCabriñaCallaleiteCastiñeiro das bruxasCebola das gaivotasChícharo de raposoCristas de galoEscornaboisEscornacabrasFelgueira de raposaFento das boticas

Fento das pedrasFigueira do demoHerba da andoriñaHerba da cucaHerba da fameherba da rulaHerba do cucoHerba do demoHerba do loboHerba do sapoHerba donaHerba dos burrosHerba dos pitosHerba piolleiraHerba rateiraLingua de boiLingua de cervoLingua de vaca

65

66

MatalobosMel de raposoMenta de augaMenta de burroMenta de loboMexacánNabo de nouzaOllo de canPan do cucoPata de galiñaPé de boiPé de cabaloPé de galiñaPé de paxaroPé de sapo

Pelo de raposoPirixel das bruxasPorqueiraRabo de cabaloRabo de lebreRabo de raposaRascacúTollemerendasTrevo das pozasUña de cabaloUvas de raposoUvas de canUvas de gatoXesta do mar

A maioría d@s falantes actuais descoñecemos estas palabras. A menos que nos espe-cialicemos en estudos de botánica, nin sequera ouvimos nunca tales etiquetas. Comoacontece sempre nestes casos, a perda das etiquetas non é un simple problema léxico;tampouco non recoñecemos os exemplares correspondentes. Persoalmente apenasdistingo dúas ou tres destas variedades. Desa ignorancia nacen algunhas reflexiónsque quixera expor a seguir.

A primeira reflexión pasa por recoñecermos que ninguén protexe o que non coñece.Os cambios sociais xurdidos ao abeiro da globalización neoliberal explican por quedeixamos de coñecer estas herbas. Nun proceso lento mais decidido, certos saberesforon caendo en desuso, cando non considerados pura superstición. A casa que seabastece no seu contorno de substancias sandadoras de males menores, das doreshabituais e coñecidas, xa non existe. A industria farmacéutica fixo ben o seu traballo;varreu coa competencia. Non se trata de que as persoas traballen noutros cometidos epasen menos tempo no seu enderezo particular, polo menos non só diso. Trátase deque ninguén acredita xa no valor do saber tradicional: en vez da infusión do anís queo sol madurou nas lindes do camiño, compramos Aerored en cápsulas na farmaciamáis próxima, coa seguranza de que será máis efectivo como remedio. Iso significaque un tipo de coñecemento do contorno inmediato que estaba ao noso alcance haidúas xeracións, deixou de operar como tal. Para nós todo o que nos rodea fica indife-renciado como herbas, ou mellor como herballada, algo que brota espontaneamente

TERESA MOURE

67

e fóra de control. A herba apenas é iso que hai que segar cunha máquina segadora nasfins de semana. Ao tempo, as máquinas cortacéspede, que eran un aparello apenaspresente nas películas americanas cando eu era pequena, están agora nas nosas casas.Para cortarmos grama, máis nada. E voltamos ao comezo: ninguén protexe o que noncoñece. Ninguén o ama. Nin o valora.

As persoas nacidas na costa saben que hai décadas o peixe sapo volvía ás augas candocasualmente entraba nas redes. Só cando algún cambio social determinou o seu con-sumo, puido pasar a ser ben cotizado. A comunidade que non o valoraba non o víacomo un peixe específico, non lle prestaba a atención mínima de nomealo. Unha novaforma de facermos lingüística, a eco-lingüística ven ocupándose desta ollada ás linguascomo fornecedoras dun coñecemento do mundo. Así, Mühlhäusler (2003) indica queos animais australianos con aparencia de rata deben recibir axiña novos nomes para sesalvaren da extinción. Os problemas de imaxe destes mamíferos proceden de serenchamados ratos e ratas cando en absoluto están emparentados con esas variedadesque os europeos introduciron co seu estabelecemento nos últimos centos de anos.Mais o uso destes nomes, que actúan na práctica como deostativos do animal, podeestar implicado en que a poboación desexe exterminalos como auténticas pestes. Enresposta, desde a ecoloxía e desde a lingüística suxeriuse unha listaxe de dúas milpalabras aborixes australianas. Resucitarmos esas palabras quizais serva para conser-var animais inocentes. Enténdaseme ben. Non é que eu queira culpabilizar de nada asratas mais estas especies que cómpre salvar non son ratas. Reparo nisto e en que namiña lingua o pobre peixe sapo, hoxe ben cotizado, aínda non ten un verdadeiro nome,por iso en vez dunha bonita etiqueta como tamboril ou rape, teño que chamalo, pordicir así, co seu nome de monstro, de peixe-que-ten-cara-de-sapo.

Probabelmente a conexión de cada lingua co seu contorno sexa un dos campos menosestudados en lingüística e que máis atención demandan. Se quixermos modificar asnosas relacións co planeta, o cambio comezará por aí, por prácticas depurativassemellantes ás que pretenden erradicar o racismo ou o sexismo na linguaxe. Vexamosun exemplo. Na nosa lingua, igual que as mulleres son deostadas con nomes de animaiscotorras, raposas, víboras, a natureza descríbese en termos claramente sexuais dedominio: as reservas naturais descóbrense, conquístanse ou tómanse; a fera salvaxecontrólase, desbrávase ou dómase, os seus segredos son penetrados e o seu seo estáao servizo do home. Do mesmo xeito, as fragas virxes pínchanse, címbranse ou, moielocuentemente, vérganse para as converter en terras fértiles, desbotando as estériles.Esta linguaxe reflicte unha lóxica de dominación da que sae fortalecido un poderpatriarcal eminentemente asoballador, unha violencia que se ceba na natureza porconsiderala inferior (Moure 2008). Neste sentido, e en relación ao noso exemplo ini-

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

68

cial das herbas, nada hai máis significativo que a expresión mala herba que transloceunha visión intereseira e produtivista. As malas herbas son as que proliferan, a pesarde non seren coidadas nin desexadas, especialmente nun campo sementado. Son ma-las non porque envelenen o ambiente, como fai a contaminación humana, nin porqueestraguen un contorno marabilloso, como o lixo: son malas porque lle disputan auga ealimentos a unha herba que nos vai dar de comer. A nichela é unha planta leguminosa(vicia sativa) de talo gabeador e flores de cor violeta que abunda entre os cereais eresulta prexudicial para as sementeiras. Na nosa lingua tamén se chama ervellaca,veza ou, elocuentemente, herba da fame. O nome é unha imaxe tendenciosa. Obvia-mente a etiqueta con que a denominarmos podería evocar a idea de que os seus froitosleguminosos dan alimento as aves e chamarse, por exemplo, pan dos paxaros. Defeito, a medida que os humanos fican sen nomes para as súas herbas, a medida que ascortan para urbanizar, os paxaros desaparecen da súa paisaxe. Os nomes arrastranunha cosmovisión, unha Weltanschauung.

2. A segunda reflexión que xorde ao lermos esta listaxe de herbas xa descoñecidas

que deberon de ser tan próximas ás avoas pasa por nos preguntarmos se esa

cosmovisión está completamente perdida

Na fronteira entre Canadá e Estados Unidos, 7 mil persoas aínda falan kalispel. Enkalispel non se pode dicir lago; tampouco montaña. Non hai substantivos que deno-minen estes accidentes xeográficos; cómpre usar verbos e dicir algo así como montañea

ou laguea. Ao careceren dunha etiqueta con que designaren estas entidadesconxuntamente, as persoas que falan kalispel consideran cada lago ou cada montañapor separado; non poden pensar neles como máis un entre tantos. Tampouco eu nonconsidero as montañas nin os lagos simples accidentes da paisaxe; mais teño quepregarme á visión da miña tribo para poder falar. Con todo, sinto ás veces que o meudeber é alertar de que o nome non é inocuo: as montañas, vistas como anécdotasinsubstanciais, poden ser perforadas pola minaría, poden asolarse e dinamitarse, por-que as súas entrañas, se contiveren metais, deben poñerse a servizo do capital. Igual-mente os lagos poden desecarse e os ríos traballar para as centrais eléctricas movendoturbinas, se foren accidentes. Desde o kalispel esta visión instrumental da naturezasería impensábel.

A realidade non se presenta perante os nosos ollos obxectiva e pura. Cada vez quecremos analizala, actuamos constrinxid@s por un acervo común: no meu exemploese acervo é lingüístico mais a realidade tamén se ve mediada pola historia, porexemplo; se estou a primar a lingua entre as forzas colectivas que nos modelan é

TERESA MOURE

69

porque merece ser reivindicada como nunca cando impera o desapego cara a ela;finalmente, como dicía Castelao, se aínda somos galeg@s é por obra e graza do idio-ma. En todo o caso, xa nos refiramos á lingua ou á historia partillada, cadaquén tenaloxado na súa mente todo un colectivo. Nunha época de máximo individualismocomo a que nos toca vivir, convén salientar este dato. Mesmo cando unha persoapermanece soa nun cuarto, matinando nun problema, a concatenación dos seuspensamentos realízase por vía lingüística e, nese sentido, cabo do individuo pensador,están sentándose a pensar os demais falantes da súa comunidade lingüística e cultural,as distincións e as nocións comúns na súa época, a bagaxe científica, artística eideolóxica que o colectivo amasou ao longo de anos e, como non, a morea desupersticións, prexuízos e conceptos distorsionados que poida arrastrar. Para benou para mal, o pensador só apenas existe. Avanzamos lenta e penosamente, mais encolectivo.

Nalgunha outra ocasión téñome ocupado (Moure 2011) da gramática do luiseño. Estalingua amerindia danos toda unha lección de teoría política e de ontoloxía posto quedi con palabras distintas correr se hai un só corredor ou se un grupo de persoas mar-chan correndo, ou voar, se un paxaro voa só polo ceo ou se a acción de voar é realiza-da por unha bandada enteira. O luiseño concede pertinencia gramatical aos colecti-vos, o que necesariamente terá implicacións na súa sociedade.

Quizais moitas das nocións que manexamos cada día, e con que modelamos o nosocoñecemento sobre o mundo nas nosas concepcións científicas ou artísticas esteanimpregnadas de gramática. Pensamos, por exemplo, que existen o pasado, o presentee o futuro porque esta división tripartita, relativamente rara nas linguas do mundo, é aforma de contemplar a realidade da nosa lingua ou, en xeral das linguas europeas, queteñen paradigmas de pasado, presente e futuro, os cales deben ser utilizados obrigato-riamente pol@s falantes. Por moito que a ciencia actual teime en asegurar que esevector temporal non existe, que se trata dunha metáfora humana, nós non damos acre-ditado na teoría da relatividade porque a gramática que se coce no noso cerebro per-petúa a mesma visión do mundo que tiña Aristóteles. Mais, con toda probabilidade, asideas que diariamente manexamos –e talvez mesmo as teorías científicas que elabora-mos– serían distintas se Aristóteles, en vez de grego, falase luiseño.

A gramática non se presenta daquela como unha institución que regula os usos correc-tos e incorrectos, o que se debe ou non dicir. Nin sequera ten nada que ver coa listaxede todas as formas dunha lingua, con ese afán de exhaustividade que alberga odicionario. Desde esta perspectiva, máis ben, a gramática é un conxunto de instru-mentos para atraparmos a realidade, sen os cales non se pode obter da linguaxe un

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

70

coñecemento que ultrapase o anecdótico, a pura erudición. Como non uso xa esesnomes de herbas, non percibo até o final, a cosmovisión que arrastran. Podo imaxinaras cativas procurando a herba chamada mel de raposo para lle chucharen o mel, podosupor que a herba das feridas ten propiedades antisépticas, que o matalobos é tóxico,que a herba dos pobres fai referencia ao uso polos esmolantes para se faceren feridascon que inducir á compaixón e que a lingua de cervo, como lingua de boi e a lingua devaca ten follas desa forma. Mais non sei como é a lingua dun cervo. Non sei en que sedistingue da lingua dun boi. As miñas devanceiras berran desde o dicionario signifi-cados que non me resultan xa intelixíbeis.

3. Até aquí as miñas palabras quizais eran esperábeis: hai un activismo implícito narecuperación das linguas. Agora vou imprimirlles unha viraxe deliberada. A menciónda ecoloxía tende a producir nas mentes a imaxe da colección, de quen recolle avariedade para inventariala, facendo elenco por exemplo da flora ou da fauna dunhadeterminada zona. No activismo ecolóxico esta actitude é frecuente e, non porcasualidade, apóiase en material lingüístico. Cando queremos saber os nomes dasherbas en galego, non acudimos a un manual de filoloxía senón de botánica. Observe-mos que estas dúas disciplinas fican, de súpeto, irmandadas. A actitude da conserva-dora de especies en bioloxía, vou chamalo así, vai parella á actitude da conservadorade variacións en filoloxía. E a botánica cos seus herbarios aseméllase á dialectoloxíacos seus mapas onde se fixan especies como a gheada, o seseo, ou a metátese de otónica. Como non podemos conservar o que non coñecemos nin amamos, esta actitudeé historicamente básica para traballarmos contra a extinción, de especies animais oude linguas. O problema pasa agora por delimitarmos que entendemos por activismo.Vou utilizar dous exercicios propostos pola lingüista Skutnabb-Kangas (2000), pre-sente nestas xornadas.

A) Actualmente no planeta contamos con algo máis de 200 linguas que superan omillón de falantes. Trátase das seguintes:

AchinésAfrikaansAkanAlbanésAlemánAlemán, baixoAmháricoÁrabeArmenio

AssamésAimaraAzerbaijanoBaiBalinésBaluchiBambaraBashkirBatak

BembaBengalíBereberBeteBetiBhiliBhojpuriBielorrusoBikol

TERESA MOURE

71

BirmanoBuginésBúlgaroBuyiCatalánCebuanoCongoCoreanoChecoChinésChokweChuvashDanésDinkaDongEdo-BiniEfil-IbibioEslovacoEslovenoEspañolEstonianoÉuscaroEweFinésFonFrancésGalegoGandaGarhwaliGisuGondiGregoGuaraníGujaratíGurmaHadiyyaHaitianoHaniHausa

HayaHebreoHeheHiligaynonHindiHirghizHoHolandésHúngaroIgboIjoIlokoIndonesioInglésItalianoKambaKannadaKanuriKarenoKashimiriKazakhKhmerKisüKonkaniKumauniKurdoKurukhKuyuLaoLiLituanoLingalaLituanoLubaLuhyaLuoMacassarMacedonioMadurés

MagahiMaguindanaoMaithiliMakondeMakuaMalagasyMalayalamMalaioMalinkéManipuriMarathiMarwariMbunduMendeMiaoMinangkabauMongolMongo-NkunduMordavoMoreMundariNahuatlNandiNandi-KipsigisNdebeleNepalíNkore-KigaNorueguésNuerNupeNyamweziNyanjaOccitanoOriyaOromoPampanganoPanganisanoPanjabíPashto

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

72

PediPersaPolacoPortuguésQuechuaRomaníRonga-TsongaRomanésRusoRwanda-RundiSantalíSasakSenufoSerbo-croataSererShanShonaSindhiSinhalésSomalíSongeSonghai

SothoSuecoSundanésSuahiliSwaziTagaloTajikiTamilTatarTekeTelugúTemneTeso-TurkanaTaiTibetanoTigrinyaTivTongaTswanaTuluTurcoTurcomano

UcraínoUmbunduUrdúUygurUzbekoVietnamitaWarayWelamoWolofXaponésXavanésXeorxianoXhoisaYao (Chiyao)Yao (Man)YiYorubaZandéZhuangZulú

Cantas das linguas da devandita lista podes situar xeograficamente?Busca nun atlas lingüístico o número de falantes de cada lingua. Reflexiona sobre seo teu coñecemento é eurocéntrico.Busca a continuación linguas de Europa e comproba se as sabes situar xeograficamentee logo busca linguas doutras partes do mundo que sexan semellantes en número defalantes e intenta situalas

Cando unha persoa estudante de filoloxía se enfronta a este exercicio, decatarase deque non é quen de colocar no mapa a maioría das linguas que se lle ofrecen. A pesarde tratarse das linguas máis faladas do mundo, moitas delas resultan absolutamentedescoñecidas, mesmo para unha persoa interesada polas linguas. As que adoito remi-timos a un territorio son europeas. Non se trata necesariamente das máis faladas; confrecuencia son as linguas oficiais de países pequenos e se as coñecemos non é porqueen lingüística sexa moi frecuente falar delas, senón porque o seu nome coincide conome do país e ao ser este europeo, sabemos onde se atopa. O exercicio tira á luz o

TERESA MOURE

73

noso eurocentrismo. En primeiro lugar o eurocentrismo da disciplina lingüística, queapenas exemplifica nunca con linguas africanas ou amerindias. En segundo lugar coeurocentrismo dos sistemas educativos, que perseveraron en que debiamos aprenderos países de Europa e as súas capitais, mais non viron tan interesante preocuparse doresto do mundo coa desculpa doada «é que en África os países están cambiando con-tinuamente de capital!». Finalmente, cadaquén percibe a medida do seu propioeurocentrismo, do que está inscrito na nosas mentes e que nos manipula para pensarque o danés ou o servio son linguas que en algún momento poderemos aprender e, noentanto, o hausa ou o suahili, moi superiores en número de falantes, non serán obxectivointeresante para a nosa formación. Estamos perante un exercicio destinado a fomentara intervención. Vexamos agora un segundo exercicio proposto por esta autora:

B. Quen ten o poder e os recursos materiais no mundo?

EQUIPO A

Países desenvolvidos/industrializados

Branc@s / Rosad@s

Educación forma

Clase media ou alta urbana

Grupos maioritarios da sociedade

Falantes da lingua dominante

EQUIPO B

Subdesenvolvidos ou en vías dedesenvolvemento

Negr@s, Amarel@s, Moren@s,Vermell@s ...

Educación non formal, analfabet@s

Clase traballadora ou rural

Minorías (nacionais, inmigrantes,indíxenas)

Falantes dunha lingua dominada

Agora, inclúete como membro do equipo A ou B

1. O meu país é ______________________ , daquela pertenzo ao equipo ________

2. A miña cor de pel é ________________ , daquela pertenzo ao equipo ________

3. O meu nivel de educación é __________ , daquela pertenzo ao equipo ________

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

74

4. A miña clase social é _______________ e vivo no medio _________________ ,

daquela pertenzo ao equipo ____________

5. O meu xénero é ___________________ , daquela pertenzo ao equipo ________

6. O meu grupo social é _______________ , daquela pertenzo ao equipo ________

7. A miña lingua é ___________________ , daquela pertenzo ao equipo ________

De novo, esta proposta, máis que nos convidar a unha reflexión en abstracto, contribúea deliñarnos como seres cun papel efectivo na transformación do mundo. A diferenzadun atlas dialectolóxico, que consistiría nun puro inventario, este estilo de materiaispropician unha reflexión acerca do poder: segundo que pregunta estarei no equipo Aou no equipo B; ás veces amola estar no B, ás veces estar no B é un motivo de orgullo.

Cando, a comezos dos ’90, apareceu a revista Linguistic Typology, o tipólogo BernardComrie, no seu número 1 exhortaba ás persoas que investigan en lingüística, aabandonaren a vía especulativa ou puramente teórica que caracterizara durante déca-das as discusións entre partidari@s e detractor@s da Gramática Xenerativa. Desde oeditorial desta publicación, Comrie solicitaba con toda a urxencia posíbel que a lin-güística se dedicase a documentar linguas para telas descritas antes da súa desapari-ción, que xulgaba inminente. Mais o afán de inventariar primou sobre o afán detransformarmos a realidade. É completamente certo que as linguas están a esmorecerno mundo a un ritmo vertixinoso. É asemade certo que actuaremos como cómplicesdesa desfeita se nos refuxiamos en universos conceptuais moi complexos, evitandocalquera compromiso coa realidade. Con todo, durante os quince anos seguintes, au-mentaron as descricións de linguas exóticas, sen por iso invertermos na maioría doscasos as forzas que actuaban na súa contra. Creo que o caso galego é ben representa-tivo desta tendencia. Nas últimas décadas o galego converteuse nun obxecto de inves-tigación de primeira magnitude. Contamos con detalladas descricións das súas va-riantes fonéticas, morfolóxicas e léxicas, ás que diferentes institucións e en particularo ILG, lles dedicaron aloumiños de coleccionista. O inventario ten todo o rigor e odetalle dun herbario, ademais de estar ateigado de principios da investigaciónantropolóxica. Porén, esta enerxía parece destinada á pura erudición «a formar espe-cialistas que coñezan ce por be esa variación», mentres as dúas liñas de activismo«ecolóxico» fican bastante desatendidas:

TERESA MOURE

75

a) Por unha banda, falta investigación sobre a linguaxe, non sobre a linguagalega, feita desde esta lingua. Para cando teses, non sobre un autor e osseus textos literarios, senón sobre a adquisición infantil da linguaxe feitadesde o galego, ou feita desde o contexto de comunidades con linguas enconflito? Para cando traballos sobre sintaxe teórica «que regras actúan paraproducirmos determinados enunciados» abordados desde o galego e nondesde o inglés?

b) Unha segunda liña de activismo ecolóxico sería a da planificación lingüísti-ca, destinada a elaborar medidas para estimular o uso da lingua, para pór enpráctica todo o coñecemento acumulado pola sociolingüística. Por supostoesta liña non é inédita: estamos hoxe mesmo convocad@s por un servizo denormalización lingüística, comprometido e belixerante. Mais en xeral ten-demos a ver ese traballo como parte dunha reivindicación política ou admi-nistrativa, dun «temos dereito a...», e non como o que realmente é: unhapráctica ecolóxica, a verdadeira práctica ecolóxica porque o conservacionismode variantes en si mesmo non é máis que puro medioambientalismo.

4. No campo da ecoloxía practícase unha distinción básica entre medioambientalismoe ecoloxismo que agora quizais cómpre desenvolver. Aínda que ás veces se confun-dan os termos, o medioambientalismo xurdiu como unha aproximación, administrati-va e pouco sistemática para enfrontar os problemas do medio ambiente; non é unhaideoloxía, nin un corpo de coñecemento, apenas un remendo. Nun sentido ben dife-rente, a ecoloxía é unha forma de pensamento que fai referencia á necesidade deemprendermos cambios profundos e de maneira urxente tanto no ámbito da organiza-ción social como nas actitudes respecto do mundo natural non humano (Moure 2008).Igual que o feminismo e que o pacifismo, o ecoloxismo estivo nas bases da contra-cultura para irse despois adaptando ás peculiaridades de cada situación. Ás vecesaspira a se converter nun eixo vertebrador da vida social, alén das organizacións polí-ticas convencionais que procuran fagocitalo; ás veces aspira a transformar desde den-tro estas organizacións. En todo caso, mentres o pacifismo e o feminismo podían traerraíces de antigo, o ecoloxismo, en tanto que crítica ao produtivismo industrialista dasnosas sociedades, era unha total novidade, aquí, como en toda Europa e América.

Fronte a este calado profundo do ecoloxismo, pode xulgarse como medioambientalistaunha práctica política que se ocupe da natureza sen provocar unha mudanza funda-mental nos actuais valores de produción e consumo. Porque o ecoloxismo mantén queunha existencia sustentábel e satisfactoria precisa cambios radicais na nosa relaciónco mundo natural non humano e na nosa forma de vida social e política. Usando oexemplo de Dobson (1995), a raíña de Inglaterra non se converte en ecoloxista por

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

76

adaptar a súa flota de limousines á gasolina sen chumbo. Esta decisión seríamedioambientalista, destinada a contemporizar coa época que vivimos porque, de serecoloxista, a raíña de Inglaterra tería que tirar coas limousines.

Neste sentido, pode pensarse que o ecoloxismo é un medioambientalismo máis radi-cal. Por suposto que é máis radical mais non se trata só dunha diferenza de grao. Sefose un problema de grao, o medioambientalismo e o ecoloxismo non coincidirían,simplemente, na cantidade de CO2 que pode admitirse circulando pola atmosfera ouremediarían este problema usando filtros distintos. Mais as diferenzas entre as dúasopcións xorden de contemplaren a realidade de distinto modo. No caso do medioam-bientalismo trátase de ver canto podemos tirar da corda sen que rache e, puntualmen-te, evitar as situacións que poñen en risco o difícil equilibrio da biosfera. No caso doecoloxismo trátase de cuestionar o dominio que os seres humanos vimos exercendosobre todo o demais. É posíbel que ambas as dúas nocións produzan políticas diferen-tes en grao mais nun caso como este a diferenza de grao produce un salto cualitativo.As medidas verdes que todos os partidos políticos deseñan nas súas campañas electo-rais forman parte dunha sociedade de servizos opulenta e tecnolóxica: en realidade osfiltros de dióxido de carbono en chemineas industriais, os aerosois sen CFC e os tubosde escape con catalizadores non desafían o consenso do que resulta desexábel para asociedade do século XXI; ao contrario, acaban reforzando a opulencia e a tecnoloxíaen vez de as cuestionaren. No entanto, o ecoloxismo pretende unha revolución nonviolenta que derrube a actual sociedade contaminante, saqueadora e materialista e, noseu lugar, cree unha nova orde social que permita os seres humanos viviren en perfec-ta harmonía co planeta. Nesta perspectiva o movemento verde pretende ser unha for-za cultural e política realmente transformadora. O ecoloxismo intenta explicitamentetrasladar o ser humano como centro do mundo, cuestionar a ciencia mecanicista e assúas consecuencias tecnolóxicas, negarse a acreditar en que o mundo estea feito enexclusiva para os seres humanos e todo isto matinando se o proxecto de opulenciamaterial dominante é desexábel ou se pode continuar manténdose. Todas estas com-poñentes de procura e análise omítense se decidimos restrinxir a política verde a unmedioambientalismo que persiga unha economía máis limpa, sostida por unha tecno-loxía máis limpa e produtora dunha opulencia máis limpa. Así reciclar, unha medidamoitas veces medioambientalista, é útil e necesario mais non dará respostas funda-mentais. Alén diso, moitos dos artigos que consumimos responden a carencias queconvertemos en necesidades polas poderosas forzas persuasivas que nos rodean. Seunha sociedade ecolóxica pode substituír o actual modelo de consumo será por pro-porcionar satisfaccións máis fondas que posuír ou esgotar obxectos materiais. A pro-paganda dunha vida frugal e a exhortación a conectar coa Terra combínanse no eco-loxismo para producir ese ascetismo espiritual que constitúe unha parte tan importante

TERESA MOURE

77

do perfil d@ ecoloxista. Gústame expresar esta realidade doutro xeito: a diferenzaentre medioambientalismo e ecoloxismo ten correlato ético. Na primeira opción osseres humanos deben coidar o medio ambiente porque iso redunda nos seus propiosintereses; na segunda afírmase que a natureza ten un valor intrínseco, que ultrapasa osfins humanos e continúa a ter importancia para alén da nosa existencia. Que as selvastropicais se deben conservar porque proporcionan osíxeno, ou materias primas paramedicinas ou porque impiden que a terra se erosione non son razóns ecolóxicas radi-cais, son preocupacións por nós e polo noso futuro. Que algunhas persoas clamenpola necesidade de preservarmos a natureza como se dunha reserva de diversidadexenética se tratar, para fins agrícolas ou médicos, como materia de estudo científico,ou polas oportunidades que nos ofrece de pracer estético e inspiración espiritual nonten nada de raro. O que se bota de menos neste estilo de argumentacións é unha ópticaimparcial, que non mire polo «nosiño», unha ética menos antropocéntrica e máis bio-céntrica ou, mellor ecocéntrica, que contemple os valores intrínsecos ao mundo nonhumano.

5. Co paso dos anos, o medioambientalismo foi aceptado na política, usurpándolle onome á ecoloxía e así, foron introducíndose argumentos prácticos baixo o nome depolíticas «verdes». Deste xeito, chegado un momento viuse que para deter as talasmasivas na selva amazónica, non chegaba con facer públicos os datos sobre adeforestación ou a morte dos animais porque a opinión pública non se mostraba moisensíbel a estas cuestións. Comezaron daquela a elaborarse argumentos para a capta-ción: coa perda desas fragas vanse moitas substancias que a medicina tradicionaldesas comunidades amazónicas usa para a curación de enfermidades e vanse antes deque a industria farmacéutica occidental os teña analizado. Entre as especies desapare-cidas poden estar os antídotos para as enfermidades víricas que nos poidan invadir nofuturo, quizais o segredo para a curación da SIDA, por exemplo. O medo colectivoacabou desembocando en políticas lixeiramente verdes. Este estilo de argumentoscativos, que van orientados a xerar solucións prácticas en vez de solucións éticas,tamén xorde na ecolingüística. Se a sociedade é pouco propicia a interesarse polamorte das linguas, dáselle un xiro ao argumento: Probabelmente a idea de linguaxenon poida ser abordada de non contarmos cunha abonda base empírica. Como pode-mos saber se o coñecemento que elaboramos, sobre fonemas, sobre o tempo verbal ousobre o xénero neutro, non está determinado por termos abordado unhas poucas linguasprocedentes todas da mesma área xeográfica?

Cando se fala de extinción masiva das linguas, unha opinión moi extendida aceptaque, mesmo se o asunto é real, dista moito de ser catastrófico. Cun esaxerado optimis-mo suponse que poderemos acomodarnos paulatinamente a esta redución da variedade

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

78

cultural: perderemos o anecdótico mais permanecerá o esencial. Esta actitude agochaun certo grao de colonialismo posto que a perda de pequenas linguas se valora comoinsignificante fronte á riqueza conceptual e formal de inglés, árabe ou español. Ademaisdo racismo lingüístico implícito nesa proposta, o argumento seguiría carecendo devalidez aínda que se acudise na comparación ao xaponés, o suahili ou o éuscaro. Contodo, esa defensa das linguas que se practica desde a lingüística profesional non éprecisamente desinteresada: avógase pola conservación para manter o campo profe-sional, o cal é tanto como cuestionar o futuro e o interese da conservación. Nos últi-mos vinte anos foron aparecendo diferentes iniciativas para traballar a medio camiñoentre principios ecolóxicos e lingüísticos «como a Fundación para as linguas

ameazadas (www.ogmios.org), o grupo Terralingua, o arquivo multimedia sobrelinguas do Instituto Max Planck e tantos outros». O problema é que en todos estescasos parece que a lingüística profesional pretende lavar a cara e sacudirse a malareputación cunha acción emprendida tardiamente e de escasa efectividade, que teñacomo resultado unha magnífica colección de linguas... mortas.

Levando este asunto ao eido da lingua galega, que é a que nos importa neste lugar domundo, sería pouco axeitado propornos unha sobredocumentación como a que temosque non se vise acompañada de medidas efectivas de introdución da lingua na inves-tigación sobre a linguaxe e de normalización a todos os efectos na sociedade. Nontraballamos para conservar documentada esta lingua, senón para mantérmola viva. Econ iso cuestionamos todo un sistema de valores. Cuestionamos, por un lado, aglobalización neo-liberal que nos homoxeiniza e nos reduce a simples consumidor@s,en lugar de vernos como seres que pensan e senten dun xeito en parte universal, nosentido de partillado por tod@s, e en parte modelado culturalmente. Mais cuestiona-mos tamén, desde o galego, protexéndoo e amparándoo, a conversión da lingua nuneido profesional alienado e afastado da realidade histórica, unha tecnocraciadesideoloxizada composta deses individuos que García Negro chama «comedores dogalego».

Obviamente, se queremos facer activismo lingüístico con base ecolóxica, queremossalvar o galego porque é noso, porque se non o facemos nós, quen o vai facer? Mais onoso fin non é a pura erudición, o afán de acopiarmos un nutrido inventario, senón ode nos recoñecermos como cultura diferenciada e, nese sentido, poder escoitar asvoces que desde o dicionario aínda berran: tollemerendas, matalobos, rabo de raposa,trevo das pozas, herba moura.

6. Nun sentido parcialmente diferente, a ecolingüística volve os seus ollos ao asuntoda perda de linguas no mundo. Cando, ao comezo destas páxinas nos referiamos á

TERESA MOURE

79

morte das linguas, poderiamos argumentar o dereito dos falantes de calquera tribo amanteren a súa riqueza cultural e o seu xeito habitual de interacción. Mais, despois deestudarmos a hipótese de relatividade lingüística, sabemos que cada lingua leva im-plícita unha cosmovisión, de forma que a morte de linguas actual supón a morte doutrastantas formas de ver o mundo. Ademais de perdermos os coñecementos que cadacomunidade teña almacenado en particular, deixamos de acceder a ideas que, talvez,non estean na cosmovisión propia e, daquela, a morte dunha lingua non é só unhacatástrofe para a comunidade que a fala, senón para toda a humanidade.

Mirémonos a nós. Un indicio de morte dunha lingua é a perda da súa riqueza expresi-va, que se vai fixando e acantoando a certos usos. O galego, ninguén o negará, estámellor asentado en usos coloquiais e irrelevantes, que en rexistros cultos. A calidadedo galego recoñécese en trazos concretos: o uso do futuro de subxuntivo, do infinitivoflexionado, das interpolacións pronominais, entre outros aspectos que non detallareiagora, serven para recuperarmos un potencial idiosincrático do idioma hoxe esmore-cente (Freixeiro Mato 2009). Moitas destas formas son recoñecíbeis na fala das per-soas de máis idade; non son algo inventado, ou alleo, ou exclusivo das xentes daescrita mais o seu uso é tan escaso por parte da maioría que, ou ben recuperamos estasformas diferenciais, ou ben pasamos a falar un galego que, curiosamente, coincide nasúa gramática punto por punto co español.

Se aínda posuímos unha lingua diferente doutras non é por termos nomes para aspartes do carro que xa non usamos, senón por termos estruturas subordinadas complexasintroducidas por conectores variados, porque somos quen de afirmar cun verbo espido,sen partículas –saíches onte? saín–, porque poñemos os cuantificadores detrás donome –sen pudor ningún–, porque colocamos o suxeito en acusativo –dicindo aí o

ven–, porque negamos con formas duplas –tampouco non cho dixen–, porque, paradicir todo canto queremos expresar, podemos tensar a corda dos pronomes, e recolocalosnun exercicio de malabarismo. Para insuflarlle vida á lingua temos que ser conscien-tes de tanto como a historia nos roubou e afrontarmos cun esforzo deliberado todos osproblemas dunha transmisión xeracional xa moitas veces interrompida. Porque a linguanon nos vén regalada como o aire que respiramos, nin require pedigree rural. Temosque aprender a chuchala dos que a conservan, a amasala como sarillo con que nosnutrir cada día, a expurgala. Loitarmos pola lingua con que a nosa tribo ollou desdeantigo as cousas todas é tanto como nos asegurarmos a dignidade, reconstruírmos aidentidade colectiva, en nome de quen veña detrás. Loitarmos pola lingua é loitarmospola liberdade.

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

80

A gramática é a compoñente fundamental da lingua. A gramática humanizou a espe-cie. A gramática esixe dunha localización cerebral específica, que non está nos parentessimios nin nos seres humanos privados da función lingüística. A gramática é unconxunto de regras que nunca equivocamos durante o proceso de adquisición quecadaquén percorre en soidade, que nunca conculcamos; é a ordenación esencial quefai a lingua e, de admitirmos que a lingua implica unha forma de ver o mundo, seráesa gramática a que nos dea os tixolos para construírmolo. Por iso, se perdemos ofuturo de subxuntivo, por poñer un exemplo, perdemos unha forma acabada de nomeara realidade que non está na maioría das linguas do mundo; unha forma de pensar nofuturo como algo real: Se fores á praia verás qué grande é o mar, ou sexa cando vaias,no momento que sexa. E pensar no futuro como algo real é darlle valor as utopías.Igual só por iso o pobo galego non se pode permitir perder o futuro de subxuntivo...Ao visitar a gramática con este matiz revolucionario, a ecolingüística vén demostrarque a lingua, por riba de instrumento de comunicación e mesmo de obxecto estético é,sobre todo, unha peneira da realidade e un proxecto colectivo.

O galego é unha lingua románica, instalada desde a Idade Media nun recuncho davella Europa. Quizais por iso non dista demasiado doutras linguas con que estáemparentada –o portugués e o español, mais tamén o francés, o romanés ou o friulano,por exemplo– ou doutras linguas que fixeron Europa, como o inglés, o sueco, ou ocheco, a pesar de estas pertenceren a familias distintas, que as fan máis distantes. Poriso non é frecuente pensar que a perda do galego, por exemplo, implica a perda dunhacosmovisión. Na actualidade asistimos a un proceso común co resto do planeta: asformas de vida tradicional esmorecen. De aí que as partes do carro ou os artellos dalareira, con toda a súa riqueza léxica detrás xa non nos resulten accesíbeis: os falantesnovos ou urbanos non nos recoñecemos neses vestixios dun mundo antigo. Porén, tale como viamos cos nomes da neve cos que Whorf se equivocou, non serán as palabrasos atributos máis definitorios dunha lingua. Ao comezo destas páxinas o exercicio doluiseño inducíanos a considerar a gramática como o artefacto principal. Por supostoesta é unha argumentación de especialista e resulta algo máis dificultosa. Porénintentarei poñer a continuación un par de exemplos da cosmovisión do galego:

a) En galego hai complementos directos con preposicións variadas: guindar coa pedra,comer no caldo, tirar co vaso, coller de chaqueta, chamar por ela, que sempre podenaparecer en lugar dunha estrutura con complemento directo do tipo guindar a pedra,comer o caldo, tirar o vaso, coller a chaqueta ou chamala. Este estilo de complemen-tos con preposición dan problemas aos gramáticos e non aparecen nas linguas veciñas.No entanto, sen entrarmos en detalles, poderiamos remitilos a valores semánticosconcretos. Así, por exemplo, digo Xoán tirou o vaso cando o fixo voluntariamente e

TERESA MOURE

81

Xoán tirou co vaso cando creo que o fixo involuntariamente, ou digo Xoán comeu o

caldo cando acabou o prato e Xoán comeu no caldo cando comichou un pouco senacabalo. En termos estritos, diriamos que a estrutura transitiva de suxeito-verbo-com-plemento está en todas as linguas do mundo para que os seres humanos poidamoscontar como os axentes realizan accións sobre os pacientes. O que está a facer ogalego é matizar e indicar que esa acción non se realizou sen máis, senón que serealizou involuntariamente, ou non na súa totalidade, ou con calquera outro matiz.Contamos, logo, o mundo dunha forma peculiar porque a nosa gramática fai que ovexamos cuns lentes determinados.

b) Algunhas linguas do mundo, especialmente linguas australianas mais tamén outras,como o veciño éuscaro, compórtanse dun xeito peculiar. Cando unha oración ten suxeitoe complemento estes distínguese con casos diferentes. En éuscaro, por exemplo, paradicir ‘O home comeu o pastel’, home ponse en caso ergativo e pastel en caso absolutivo:

Gizona-k gozokia-ø jan-duHome-ERGATIVO pastel-ABSOLUTIVO comeu

Porén, nas oracións intransitivas, o suxeito non leva un caso ergativo como no exemploanterior, senón o caso absolutivo dos complementos directos. Para dicir ‘O home veu’en éuscaro dise:

Gizona-ø etorri-daHome- ABSOLUTIVO veu

Este efecto, chamado ergatividade, é moi raro nas linguas do mundo. Aínda que é moiimportante para traballarmos en universais, as linguas ergativas estanse perdendo ou,para explicalo mellor, as estruturas ergativas están sendo substituídas por estruturasacusativas mesmo nas poucas linguas en que o efecto da ergatividade está documen-tado. Pois ben, fixémonos nesta oración en galego:

Aí o vén

O que pasa aquí é que temos unha destas rarezas, unha estrutura ergativa porque esesuxeito está no caso do obxecto. Pois ben, en ecolingüística interprétase que as linguasergativas están máis próximas a unha visión non dominante sobre a natureza(Mühlhäusler 2003); de forma que recuperarmos estes indicios de «diferenzas» expli-ca en parte quen somos. Como falantes do latín da Gallaecia, estamos implicados nomundo occidental e na manipulación da natureza, mais aínda mantemos vixentes nanosa gramática as pegadas doutras maneiras de ver a realidade.

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

82

Só se trata dun par de exemplos e probabelmente poidan ser rebatidos. En todo caso,a dignificación completa desta, como de calquera outra, lingua pasa por recoñecer asúa condición de instrumento creador da realidade mental e, daquela, a investigaciónsobre a cosmovisión implícita na lingua galega é un asunto urxente e necesario,ecoloxicamente irrenunciábel.

6. Quizais as persoas presentes se sintan sorprendidas por esta teima de procurarmosque é idiosincrático do galego. Explicarei, para rematar, como chegamos a esta vía.Durante anos un grupo de investigación da USC tivemos financiado un proxecto paradeseñarmos un atlas das linguas do mundo. Na primeira fase almacenamos datos dunhaescolma de linguas do mundo, comparando as informacións que sobre elas aparecíannos manuais, atlas e compendios ao uso.

A ficha que pretendiamos cubrir para cada lingua era a seguinte:

LINGUAS DO MUNDO. O INVENTARIO DA LINGUO-DIVERSIDADE

Nome: ______________________________________________________________

Data (día, mes e ano): _________________________________________________

Datos collidos de:• Campbell • Lyovin• Comrie xeral • del Moral• Comrie rexional • Moreno Cabrera• Ethnologue • Moseley&Asher• Katzner • Outros (especificar): ___________________

DATOS XERAIS

1a. Nome da lingua: ___________________________________________________

1b. Outros nomes: ____________________________________________________

TERESA MOURE

83

DATOS XENÉTICOS

2a. Familia: __________________________________________________________

2b. Grupo: __________________________________________________________

2c. Subgrupo: ________________________________________________________

2d. (outras divisións): _________________________________________________

DATOS XEOGRÁFICOS

3a. Territorio orixinal:

3b. Cambios de territorio (expansión colonial, migración ou retroceso):

3c. Dialectos xeográficos:

DATOS SOCIOLINGÜÍSTICOS

4. Grao de oficialidade:Lingua declarada oficial /cooficial da comunidade.Lingua que se comporta como oficial de facto.Lingua sen recoñecemento institucional.

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

84

5. Estandarización:Lingua con institucións que garantan a súa unidade.Lingua con gramática normativa.Lingua fixada por escritor@s ou tradutor@s no seu uso, sen formas prescritivas.Lingua oral, sen forma escrita.

6. Normalización:Lingua de prestixio (medios de comunicación, ensino, administrac.)Lingua de plenos dereitos nas institucións mais en competencia con outra máisprestixiosa na comunidade.Lingua baixa dun proceso de diglosia ou semellante.Lingua falada nunha comunidade sen acceso a institucións.Lingua a piques de desaparecer do uso efectivo.

7. Documentos escritos: SI NON

7a. Desde: ___________________________________________________________

7b. Natureza do texto do primeiro documento: ______________________________

7c. Sistema de escritura: _______________________________________________

8. Conciencia de identidade étnico-lingüística:

9. Número de falantes estimado:

Entre 100.000 e 500.000 falantesEntre 500.000 e 1.000.000 de falantesEntre 1.000.000 e 5.000.000 de falantesEntre 5.000.000 e 10.000.000 de falantesEntre 10.000.000 e 100.000.000 de falantesMáis de 100.000.000 de falantes

TERESA MOURE

85

10. Grao de ameaza estimada:Alto Medio Incerto Non ameazada

11. Historia externa

12. Presenza na tradición lingüística:Lingua amplamente descritaLingua que figura na tradición gramatical pola súa condición de membro dunhafamilia amplamente descritaLingua exótica

13. Rexistro de fenómenos interesantes para unha teoría sobre universais que a linguadocumenta

A) C)

B) D)

14. OBSERVACIÓNS. Algo que queiras facer constar

O abraiante resultado desta primeira etapa foi decatarnos de que os principais recur-sos que a lingüística manexa sobre o seu campo de saber non coinciden. A nosa hipóteseinicial «o desinterese con que a lingüística trata as linguas da humanidade» cumpríase.A continuación intentamos elaborar parámetros sobre o grao de ameaza que afecta as

DO ACTIVISMO ECOLÓXICO AO ACTIVISMO LINGÜÍSTICO

86

distintas linguas e comezamos unha procura diferente. Pescudamos nas revistas espe-cializadas as mencións que se facían de linguas non occidentais e obtivemos que alingüística manexa moi poucas linguas e, as que menciona, son remitidas sempre aosmesmos fenómenos: o dyirbal, por exemplo, aparece mencionado en lingüística sópara ilustrar a construción ergativa. En consecuencia estamos en disposición de pro-bar que o coñecemento que a lingüística ten das linguas humanas é excesivamentecurto e que está trivializado. Se unha situación tal se dese, poñamos por caso, enbioloxía, teríamos que a diversidade dos seres naturais se resumiría nos textos espe-cializados da zooloxía ás dúas ou tres especies máis frecuentes nos contornos huma-nos. O noso plano de traballo pasou na seguinte fase por dar forma, coherencia edifusión á esa investigación previa. Pensabamos estar en disposición de elaborar unatlas que non só informase, tamén explicase a situación lingüística da humanidade: asdiverxencias entre as linguas, as ameazas que deben afrontar, as posibilidades pararescatar algo desa diversidade. Trataríase de conmover á lingüística profesional e áopinión pública. Como tantas veces acontece no activismo, nesa fase ficamos senfinanciación, iso quere dicir, que a investigación se detivo, que non conseguiremoscon ela sexenios nin chegaremos aos grandes centros de irradiación do saber. Mais asemente está botada. E un dos seus agromos pula por reivindicarmos un lugar para ogalego na cosmovisión que o pobo galego teña da realidade.

7. Referencias bibliográficas

Dobson, A. (1995): Green political Thought (London: Routledge). [Trad. Esp.: Dobson,A, (1997): Pensamiento político verde (Barcelona: Paidós).

Freixeiro Mato, X. R. (2009): Lingua de calidade (Vigo: Xerais).

Moure, T. (2008): O natural é político (Vigo: Xerais).

Moure, T. (2011): Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética (A Coruña: Servizo dePublicacións da Universidade da Coruña).

Mühlhäusler, P. (2003): Language of environment. Environment of language. A course

in Ecolinguistics (London: Battlebridge).

Skutnabb-Kangas, T. (2000): Linguistic genocide in education –or World-wide diversity

and Human Rights? (Mahwah, NJ, : Erlbaum).

TERESA MOURE