Jolichadas

60
IES Francisco Asorey Xuño 2011 1

description

Revista escolar

Transcript of Jolichadas

Page 1: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

1

Page 2: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

2

Page 3: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

3

Limiar Índice

O tempo non é estático nin a nosa vida se desenvolve nun mesmo lugar. A medida que medramos e evoluciona-mos acadamos novas metas, tomamos novos camiños, pero todo o pasado quedará nun oco da nosa mente a modo de pegadas do noso propio roteiro vital. Un ano máis chega ás nosas mans esta revista, que nos fai recordar que o curso está a piques de rematar. Para algúns é un sinxelo e común fin de curso, igual a todos os demais; pero para outros supón a fin dunha etapa pragada de sentimentos, anécdotas e coñecementos, e o comezo doutra que será clave para o noso futuro. Non será doado abandonar o Asorey, despois de seis anos percorrendo os seus corredores, estudando nas súas aulas e convivindo con profesores e alumnos, para volver comezar con outros compañeiros, outros profe-sores e incluso noutra cidade; pero a nosa vida debe continuar e, deste xeito, cando xa sexamos médicos, arquitectos, avogados, profesores ou granxeiros, re-cordaremos o noso instituto. Recordaremos os festi-vais das letras galegas e de antroido, recordaremos os exames (aínda que en menor medida), a carreira dos institutos, as excursións… E tamén virá á nosa mente a revista Jolichadas, que cada curso nos sorprende con algo novo. Este ano síntome agradecida de poder es-cribir o limiar; limiar que precede a todo o traballo realizado por profesores e alumnos neste novo número, e que non é un adeus senón un ata logo. Como di a célebre frase de Anatole France: “Non per-damos nada do pasado. Só co pasado fórmase o porvir”.

Sabina Casalderrey Somoza.

3- Limiar 4– Letras galegas 7– Recuncho Literario 9– Microrrelatos 10– Entrevista: Xosé Luís Méndez Ferrín 12– Entrevista: Xosé Neira Vilas 14- Colaboracións Ano Asorey 16 – Entroido e Samaín 18 –Excursións 21– Actividades 27—Comic Asorey 35– Colaboracións 47– Conmemoracións 48– Graduacións 50– Deportes 54– Pasatempos 57– Publicidade 58- Sabías que?

Portada Laura Rodriguez Duarte 4º ESO A Contraportada Equipo de Dinamización Lingüística Dirección,Deseño e Maquetación Equipo de Dinamización Lingüística Grazas a todos os que fixeron posible a publicación deste número 22 da revista do Asorey. Os erros asumímolos os que diriximos e maquetamos esta edición de Jolichadas

Page 4: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

4

LETRAS GALEGAS

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos e estudou no Colexio dos Escolapios. Comezou a escribir con 15 anos.Estudou Ciencias Políticas, Socioloxía, Lingua Inglesa, Francesa e Alemá. Alí fundou a revista Loia con outros escritores galegos. Logo trasládase á Coruña e únese á revista La Naval onde entrou en contacto con Xavier Seoa-ne, Francisco Salinas Portugal e Xulio López Valcárcel, participando en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval,Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso. Só publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfer-midade (1995). En 1996, ano da súa morte, saliu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas ea revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hi-dráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Faleceu o 24 de maio de 1996 na Coruña por unha intóxica-ción por aceite de colza desnaturalizado, a pesar de que padecía sida.

Durante anos, reivindicouse a dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta monfortino. Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a Real Academia Galega publicou a súa decisión de dedi-carlle o Día das Letras Galegas de 2011. Manuel Rivas indicou que “dedicarlle a Lois o Día das Letras Galegas 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor popular” Así que dende Jolichadas queremos contribuir a difundir un pouquiño a obra deste autor e reproducimos algúns dos seus poemas.

XII (Prayer)  Agora pecha os ollos   e imaxina  que o que escoitas  é unha pregaria atea  dirixida a ti na escuridade  por unha voz invisible e perdida   nos templos dun amor  Ritualizado.  Escoita como atravesa o silencio   ese rumor carnal desesperado   que se achega nocturno á túa existencia   contaxiando cos seus os teus desexos  e penetrando en ti vaise asentando  naudible e fatal   nas túas entranas   

HOMENAXEADO ANO 2011: LOIS PEREIRO por Ismael Agra 4º ESO B

Page 5: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

5

HOMENAXEADO ANO 2011: LOIS PEREIRO

Acróstico   Somentes   intentaba conseguir   deixar na terra   algo de min que me sobrevivise   Sabendo que debería ter sabido  impedirme a min mesmo   descubrir que só fun un interludio   atroz entre dous muros de silencio   só puiden evitar vivindo á sombra   inocularlle para sempre a quen amaba  doses letais de amor que envelenaba  a súa alma cunha dor eterna     sustituíndo o desexo polo exilio  iniciei a viaxe sen retorno  deixandome levar sen resistencia  ó fondo dunha interna  aniquilación chea de nostalxia   

  

Mala sorte   E por primeira vez desde que sou‐ben  que aínda respiraba e seguía vivo  sei o que é sentir medo a non estalo.    Interrompido na mellor escea  cando estaba soñando un soño dérmico  de paixón e beleza  cunha serea distancia literaria e sabia.   Só ela podía ser tan inoportuna groseira  inculta e pouco delicada  chamándome despois de ter sobrevivido  á confortable atracción do fracaso  e saber dunha vez o que era a vida  amar e ser amado 

Atrocity exhibition  

Deixa un bico no espello onde arde a miña sombra pola noite  

e que podrezan xuntas  a imaxe da túa ausencia, 

silueteada en roxo cos teus lavres,  e o perfil violento do meu soño  que enxendra amor gris fume 

 un odio carmesín  e na lingua e nos dentes  

sangue e semen 

Nivel  A media altura cables en vangarda entrecurzando o aire encrucilladas perspectivas anónimas sen sombra nivel de fume e fluxos do deforme un suburbio de aceiro e quilowatios  coa estatura das terras procreadas 

Despois  Agora a penitencia  os arrepíos. Todo pechado dorme e falsifica Frío en conserva ou febre delongada 

Page 6: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

6

LETRAS GALEGAS

Dende o 17 de maio de 1963 vénse celebrando o Día das Letras Galegas. Día de festa para a cultura , para as nosas letras, xa que todos os anos adícaselle este día a un escritor con obra en lingua galega. Hónrase ao noso idioma e lémbrase a unha perso-nalidade da nosa literatura, da nosa historia. 2011 foi o ano adicado a Lois Pereiro e , coma sem-pre, o Equipo de Dinamización Lingüística do Aso-rey participou na celebración que promove o Con-cello de Cambados dende hai xa tempo. O acto proposto consiste en que os alumnos dos distintos colexios e institutos da vila lean textos adicados ao

autor homenaxeado na Calzada diante do monumento en memoria de Ramón Cabanillas. Autor, este último, do que nunca se esquecen os cambade-ses e ao que se lle fai unha ofrenda floral antes da lectura dos textos. A Calzada durante esta semana de maio está adornada con paneis que estudantes de distintos centros confeccionana para honrar e salientar a figura do autor elixido cada ano pola Real Academia Galega. E, como non,o autor protago-nista dos debuxos do 2011 foi Lois Pereiro. O noso centro estivo presente grazas á obra de Miguel Pérez Ramudo, alumno d e 3º ESO, que amablemente deseñou e pintou o panel, sempre baixo a mirada atenta do seu profe-sor de Educación Plástica e Visual. O texto escollido para ser lido polo Asorey foi un guión tele-visivo que Lois Pereiro escribirá para a celebración do Día da Patria Galega emitida pola TVG no ano 1988 . O guión foi lido na Calzada por cinco alumnos de 1º ESO, que coas súas voces altas e claras foron recordándonos que era Gali-cia para Lois Pereiro.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Miguel Pérez realizou un magnífico panel-homenaxe a Lois Pereiro

No Paseo da Calzada Mariña, María, Sabela, Laura e Miguel leron o guión emitido por TVG o 25 de Xullo de 1988

Que ben lucía o noso cartel no paseo cambades, claro que despois de marcharnos nós.

Page 7: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

7

RECUNCHO LITERARIO

¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas? Poesía eres tú…

Poesía da miña alma, un ano pasou dende aquela noite de febreiro. Ti non o sabes, pero entonces eu xa estaba namorada. Nin o saberás nunca. Nunca saberás das miñas palabras, en-tre saloucos, nos oídos de nadie; nunca saberás dos meus bicos, ficticios, perdidos no aire. Dos meus sorrisos e bágoas; da dor oculta tras cada fra-se, tras cada mirada, tras cada xesto de aparente indiferenza.

Agora, na penumbra, deitada na cama que ti compartiches, son vítima do delirio e os ataques do subconsciente. E no fráxil estado entre a vixi-lia e o sono, murmuro palabras que ti pronuncia-ches, envólvenme sonatas que ti interpretaches, sentado ao piano, mentres eu contemplaba o teu dorso espido.

Agora, na túa ausencia, mesmo sinto os teus ollos cravados en min. Coma naquela noite. Ollos misteriosos, cuxo secreto estame vedado. Contraditorios; que á vez transmiten xúbilo e melancolía; que á vez son escuros, e desprenden luz!

As horas pasan, e a penumbra faise cada vez máis e máis escura. E a tristeza de non terte vese atenuada polo recordo de que te tiven. Pola esperanza de volverte ter.

Nalgún intre un mesmo comeza a decatarse do que realmente necesita na súa existencia. Considerei a posibilidade de precisar a alguén que permanecera ao meu carón, e eu ao seu co mesmo sentimento de pudor. Na miña procura amosábaste ti. Endexamais ía ao sinxelo, pois demasiado común sería, e así o amosei escolléndote. Era unha ilusión que cada verba que proferiamos facía medrar as cativas esperanzas que al-bergaba no meu interior, amparadas polas insensatas opi-nións dos que dicían ser achegados. Cadaquén é distinto, e no capítulo derradeiro do noso conto apreciábanse diferentes percepcións. Ordinario, cotián, vulgar, transeúnte, insignificante -para ti-. Espléndido, abraiante, melancólico, magoante, esmoreci-do -para min-. Agradezo que me espertaras dese sono e me amosaras que ese sentimento era irreal; que esa intensa necesidade de terte sempre ao meu carón non existía verdadeiramente. Mais amólame admitir que o meu interior ten aínda lem-branzas das manifestacións do sentimento que críamos compartir. Com amargura proclive ás bágoas enxertei os pesadumes e recordos nunha rexa e perenne gaiola que non rachará doadamente. Pese a ter erguido ese baluarte, pódense albiscar aínda faíscas de fe. A volvermos caer.

PENUMBRA por María Mariño 1º BAC B

REFLEXIONS NUN 14 DE FEBREIRO por Adriana Cordal 2º ESO A

Page 8: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

8

RECUNCHO LITERARIO

MINGUANTE, Estás ó meu carón, pero non me ves non me miras. Non. E fágome pequena, diminuta. Alienación de min, centésima de muller. Son un anaco do que fora, case invisibel ós teus ollos. E cando por fin miras, son tan pequena, diminuta, que non me ves. Xa non estou, xa non son nada. E miras a outra. [Que non te mira a ti] SILVIA FERNÁNDEZ CHAVES 2º BAC B POEMA GAÑADOR DO CON-CURSO DE CARTAS DE AMOR DE S VALENTIN

Baixo esta choiva maina sinto o impulso irrefreable de chorar, de sentirme parte da terra e volver ser parte da vida. Os recordos esvaécense co tempo na memoria. Aínda así, sinto que a túa lembranza segue a ser tan candente como o lume na herba seca. Despois de tanto aínda podo ulir o teu corpo ao meu carón, percibir o teu alento, percorrendo, docemente, cada parte do meu medo. Roxe en min un furacán de carraxe contra ti, máis, xorde o teu nome e me inunda unha profunda calma. Cando respiro, o meu peito debuxa un vaivén de movemento. O meu corazón latexa ao ritmo dunha melodía ausente de letra e podo durmir sen soñar nada, pero ao cruzar ti, tormenta eléctrica, volvo soñar esperta. Sinto o corazón loitando na peor das guerras para el, xa non existe peito nin ser humano que o acolla. A soidade cóbreme de terra neste cadaleito escuro e frío. Ás veces noto as presenzas doutras almas, almas que deambulan ao meu redor almas que non ven máis aló da morte. O medo inxéctame veleno, habítame por dentro, corróeme sen piedade. A paz xa é algo inexistente, lembranza dun doente que non sabe gardar nin a vida, nin a morte. No meu mar sen auga vivo sen ver lúa, nin sol, alimentándome do teu recordo que me inunda me inunda Te inunda.

Maria Malena 1º Bach B

Page 9: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

9

Microrrelatos

O muíño do demo Nunha vila chamada Cambados, nun antigo muíño de mareas, apareceu flotando un corpo inerte, devorado polas gaivotas. O xefe da investigación policial presentouse no lugar, onde deci-diu que o morto pasara polo muíño debido ás súas feridas. O corpo apareceu sen identificación, polo que ninguén puido bus-car sospeitosos e na vila crecu a desconfianza. Dentro do muíño o ambiente era terrorífico. A escuridade e as sombras non permitían ver con claridade e o sangue impregnaba as pardes e as ruelas. Se ese home fora asesinado, o sicario era un sádico. O xefe achegouse a unha zona onde tres axentes miraban ao chan. Cando o xefe se achegou puido ver con claridade unha palabra escrita con sangue: “Traidor” Iago Paz Trigo, 4º ESO A

Foto Jessica Calo

Os capitáns da camisa branca Ramón, Ramón… Eh, Ramón! Que queres? -Mira ese barco. Leva aí semanas. Podiamos collelo e surcar os mares nel. Eu sería o seu capitán e ti axudaríasme a tripúlalo. -Ti non poderías ser capitán, non sabes nada de navegación e fai falla moito valor para levar un barco por mares perigosos. -Por aquí non hai mares perigosos. Eu ben podería lévalo…Imaxínaste todo o que fariamos nun barco? Seriamos os máis fanfarróns da vila e todas as rapazas quererían subir con nós… - Ás rapazas só lles gustan os capitáns. Homes bravos coa melena solta e as camisas abertas polo peito. E ben se ve, queridiño Pepe, que ao que mellor lle quedan as camisas é a min. -Iso paréceche a ti., pero as camisas brancas quédanche fatal. Fanche corpo de barreño e iso si que non lle gusta ás rapazas… Queda claro que eu quedo mellor no posto de capitán. -Mira que dous parviños! Pepe e Ramón, os capitáns do barco… Sodes imbéciles ou non vos dades de conta de que sodes dúas gaivotas que non poden poner camisas? Pepe e Ramón fitáronse un ao outro. -Ademais, interesante sería vervos desamarrar o barco, sen máis. Pero de soños tamén se vive, non? Fuensanta Buceta Bugallo , 4º ESO B Foto Ariadna Cordal

Con cornos de vaca no seu casco achegábase cara a min o xefe vikingo. Espada en man, dispoñíase a asesinarme. Empuñei a miña espada e loitei contra el coma nunca, para así facer tempo xa que esperábamos axuda dos nosos aliados do sur. O ruído das nosas espadas resoaba en todo Cambados mais el asasinou-me cando a axuda chegaba. Só puiden contemplar unha última imaxe: a cabeza do meu asasino separada do seu corpo.

Antón Chaves Otero, 1º ESO A

Foto Mariela Cores

Gre

en

Espe

rtei e

todo

era

ver

de, a

miñ

a ca

sa e

ra v

erde

, o c

eo e

ra v

erde

e m

esm

o o

meu

can

pa

recí

a fe

ito d

e he

rba.

Ent

ón d

ecat

eim

e! L

evab

a po

stas

as g

afas

! M

ª Mal

ena

Sine

iro P

onti,

1º B

AC

B

Foto

Enm

anue

l Jov

en

Page 10: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

10

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRIN Por Ismael Agra Soto 4º ESO B

O 6 de maio Xosé Luís Méndez Ferrín, Presi-dente da Real Academia Galega e escritor da Nova Narrativa Galega, achegouse a Camba-dos para presentar a nova obra de Domingo Tabuyo, Svea Kött, unha novela negra ambien-tada entre Cambados e Madrid. Aproveitei a súa visita para facerlle unha pequena entrevis-ta. 1.Co traballo como Presidente da RAG, gar-da tempo para a literatura? -Si. Xubileime como profesor e entón teño moito tempo para a literatura e a RAG. 2.Que cambios introduciu na RAG desde que vostede é Presidente? Eu son un presidente continuista de Del Rie-go e Xosé Ramón Barreiro mantendo a liña de ambos. Principalmente a defensa da lingua e o traballo en favor dunha idea de Galicia como nación cunha cultura propia.

3.Como presidente da RAG, haberá algunha reforma nas normas? Ninguén lle pregunta á RAE por qué están cambiando as normas. Só nos preguntan a nós por que introducimos cambios no galego.

ENTREVISTA JOLICHADAS

4.Que forma prefire, Galicia ou Galiza? Por que? -Ambalas dúas son léxitimas, históricas ga-legas. 5.Que criterios se tiveron en conta (aparte dos propios da RAG) para elexir o autor homenaxeado este ano, Lois Perei-ro? Fundamentalmente a súa excelencia, un gran poeta, e por riba contemporáneo. Se estivese vivo sería máis novo que a maioría dos Académicos.

6.Cal é a súa opinión sobre a narrativa galega actual? -É moi importante, abundante. Hai moi-tas tendencias, incluso contrapostas. 7.Que se sente ao ser seleccionado para o Premio Nobel de Literatura? -Que nunca mo van dar. Nin a min nin a ningún escritor en lingua galega. 8.Escribir en galego segue tendo un com-poñente ideolóxico? -Para min sí, non sei para os demais. Escri-bir en galego é escribir nunha lingua mar-xinada e asoballada.

Ferrín ás portas da Academia

Page 11: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

11

9.Con que xénero literario se identifica máis? Coa poesía ou a narrativa? -Cos dous por igual. 10.Esta semana estamos estudando a Nova Na-rrativa Galega, que características comparten os autores desta xeración? Fundamentalmente o romper co realismo do XIX e incorporar as novas técnicas do relato contemporáneo.

ENTREVISTA A XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

O presidente da RAG nun momento da presentación do libro de Domingo Tabuyo

Ismael Agra nun momento da entrevista ó presidente da RAG

“A lingua galega segue en perigo de desaparición. Moitos galegos fan de-saparecer o galego quitándoo da súa boca.Tamén é verdade que moitos galegos intensifican o galego na súa vida diaria e outros recupérano.”

11.Cal é a súa opinión sobre a situación que está a vivir a lingua galega? Que lle parece o Decreto do galego? Estou en contra do Decreto. É prexudicial para o noso idioma. A lingua galega segue en perigo de desaparición. Moitos galegos fan desaparecer o galego quitándoo da súa boca. Tamén é verdade que moitos galegos intensifican o galego na súa vida diaria e outros recupérano. Como vai terminar ese proceso? Eu espero que co triunfo do noso idioma sobre o estranxeiro, o castelán. 12.Cal era o seu obxectivo ao presentarse as Eleccións Europeas con Iniciativa Inter-nacionalista? E que opina da decisión do T.Constitucional sobre Bildu? Que Galicia tivese representación no Parla-mento Europeo cun nacionalista indepen-dentista. Estou de acordo coa decisión do Constitucional, porque se non se produci-se iso sería un atentado contra a liberdade dos pobos. 13. Para rematar, posto que hoxe nos ato-pamos aquí na presentación da novela Svea Kött de Domingo Tabuyo, que lle pareceu a súa obra-Moi boa. Non son afecccionado á novela, pero esta é especial. Domingo soubo facer que teñamos a tenta-ción de saltar liñas para saber o que vai acontecer, eso é un bo sinal. Recoméndo-cha. Eu vouna volver ler. 14? Cre que dentro de anos (esperemos que moitos) se lle adicará o Día das Letras Galegas a el? E a vostede? Non o sei, é imprebisible.

Page 12: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

12

XOSÉ NEIRA VILAS por Xesús Castro 1º BAC B

Entrevistamos a Neira Vilas con motivo da súa visita ao noso centro. En principio viña dar unha conferencia, pero ao final conver-teuse nun diálogo entre amigos. Aquí temos as respostas do escritor 1 – Como descubriu a súa vocación? -Descubrina moi novo,descubrina con nove ou dez anos. Escribía versos e algún conto,iso si,sempre en galego. Nunca houbo ningún tipo de premisa. Escribíaos en galego porque era a lingua que falaba aínda que na escola o que ensinaban era o castelán. Era unha inclinación natural que logo, cando emigro a Bos Aires con vinte anos, xa tomo máis en serio por que xa comezo a publicar. Resumindo comecei con nove anos a escribir. 2-Que modelos literarios tiña en mente a hora de escribir? -Foron tantos, lin tantos. Na escola lin pou-co. Lía o que había. Pódoche contar unha anécdota: Meu pai tiña a estafeta de correos na vila on-de eu vivo,onde eu nacín. Era o carteiro. Tres veces á semana eu ía co paquete ao lombo oito quilómetros ida e oito de volta,ata había veces que ía a escola cos dazaseis quilómetros percorridos,e non por bos camiños, como hai agora. Levando os paquetes descubrin que podía pedir libros contrareembolso,e así que eu co-mecei a pedir libros contrareembolso á edito-rial de Barcelona. Escondíaos na ripa do tella-do. Un día atopáronmose dixéronme : “que é iso?”eu : “nada… pedinos por contrareem-bolso”, Deixáronme seguir pedindo, si, pero con moderación.

ENTREVISTA JOLICHADAS

Sempre fun un gran lector,pero non che po-dería dicir a ningún autor na miña etapa primeira. Cando emigro a Bos Aires,podo dispoñer dunha coleccíon. Ía a unha librería moi céntrica e collía paquetes e paquetes de libros. Despois xa non podía telos na casa e doná-baos a colexios e así. Si por ler xa tiña lido a Rosalía,a Manuel Antonio,Curros,a Cabanillas…en Bos Aires. 3-Cal foi o motivo de escribir obras dende a óptica dos nenos? -Pois mira…si,si,empecei por ese li-bro,Memorias dun neno labrego que conta co-mo era a vida nese tempo aquí, en Galicia. Logo non,logo escribín libros para adultos, Xente no rodicio, escribín Camiño bretemoso,os contos A muller de Ferro… No ano que escribín Memorias foi no ano tamén no que marchei para Cuba,e alí coñe-cin dunha maneira moi clara o que era a literatura para nenos.Foi coa miña muller, Anisia, xaque ela se dedicaba case enteira-mente a facer contos para nenos. Alí es-cribín contos coma O cabaliño de Buxo, O espantallo Amigo, Cantarolas…,pero escribindo en paralelo novelas para adultos,de investiga-ción,etc.

O escritor foi entreavistado no novo céspede do instituto, inaugurando unha serie de entrevistas que se farán a persoaxes senlleiros neste singular

espazo

Page 13: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

13

XOSÉ NEIRA VILAS ENTREVISTA JOLICHADAS

4 - Que repercusión tivo Memorias dun neno labrego a ámbito persoal? Bueno….Memorias… publícase no ano 51 en Buenos Aires,logo véndense aquí 300 exem-plares que mos pedirá aquí Galaxia,e que-dou aí.Pero pasan 6 anos e publícao edicións Do Castro,que dirixía Díaz Pardo,e de aí van indo as publicacións sucesivamente. Até o día de hoxe,as contas fixéronse o final de 2009,saíran publicados máis de 600000 exemplares,traducidos a diferentes lin-guas,coma o ruso, o chinés,… Hai unha edi-ción en esperantoe outra en braill,promovida pola ONCE. 5 – Que recordos ten vostede de Gres? De Gres todo.É o meu ámbito, a miña pla-centa. Lembro que tras 24 anos vivindo fóra , regreso a Grese publico en Lar. Alí cito que os meus ósos están feitos coas pe-dras de Gres,e que o meu sangue vai polos arroios do río Ulla( pero todo iso de forma poética). Temos alí ínsulas de sete ou oito carballei-ras, unidas con pontes,que é o único acci-dente xeográfico dese tipo situado en Gali-cia. Logo temos unha ponte medieval, uns 4 pazos con moita historia,e temos o méri-to,anque custou (risa) de derrotar en 1809 as tropas de Napoleón Bonaparte (gargalladas)

6 – Do vivido en Cuba…con que se quedaría? De Cuba,quedaríame,como se fala sempre tanto de xeografía, pois eu quedaríame co po-bo cubano. Xente marabillosa, formal, cariño-sa, solidarios…. 7 – Que consellos lle daría vostede a un rapaz ao que lle gustaría comezar a escribir? Primeiramente que lea moito,e ler ben. Hai que desmontar unha novela, para aí ver que trucos ten o autor,que léxico utiliza, e, ler moitos autores. Á hora de escribir,non deixalo para o día se-guinte, senón escribir moito, tranquilamen-te,pausado… Pero o principal,ler moito ,ler ben e ler bos autores. E moito esforzo. 8 – Que opinión lle merece a xuventude ac-tual respecto ao tema da lingua e cultura ga-lega? Moi boa. Fixéronme en conmemoración aos 50 anos de Memorias dun neno labrego, na facultade de filoloxía os días 12 e 13 do mes que pasou un encontró e vin alí unha organización no-va,chámase LIGA Estudantil Galega, vin alí uns rapaces e rapazas marabillosos. En canto ao emprego da lingua nin falar,pero non só niso, senón que é na conciencia de nacionali-dade e no dominio da nosa historia,….Foron dous días nos que eu mesmo aprendín moito

O escritor respondeu amablemente a todas as preguntas que lle fixemos no Salón de Actos

Neira Vilas escoita atentamente a presentación feita polos alumnos

Page 14: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

14

COLABORACIÓNS: ANO ASOREY por Estela Vilanova 3º ESO A

Francisco Hipólito Asorey González naceu en Camba-dos o 4 de marzo de 1889. Estudou no colexio os Sale-sianos en Sarriá (Barcelona) e en Barakaldo (País Vas-co) onde foi profesor de debuxo e montou un taller de imaxinería. Foi en Madrid cando empezou a súa carrei-ra como escultor e realizou os seus primeiros encargos, pero posteriormente trasládase a Santiago de Compos-tela onde traballa como escultor na facultade de Medi-cina. En 1919 casa e comeza a enviar as súas obras a exposicións nacionais nas que ten un grande éxito. Morre o 2 de xullo do 1961 en Santiago.

A casa natal do escultor atópase en fronte de praza que leva o seu nome e tamén onde se atopa a réplica da “Naiciña”. Na fachada da casa encóntra-se unha placa que afirma que o escultor naceu e viviu alí durante os seus anos novos

Asorey traballou fundamentalmente os seguintes materiais: madeira, pedra, mármore e bron-ce. Posuía unha grande destreza técnica que demostrou en todos eles. As súas obras máis destacadas foron:

A Naiciña (1922): Atópase na praza de Francisco Asorey en Cambados unha réplica feita por Xosé Cao Lata da obra orixi-nal de Asorey.

Page 15: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

15

COLABORACIÓNS: ANO ASOREY

O tesouro (1924): Esta obra é unha das máis emblemáticas da cerámica artística. Con esta obra conseguíu a súa segunda medalla da Exposición Nacio-nal. Sitúase en Madrid.

Monumento a San Francisco de Asís (1926): Foi unha das obras máis importantes, encargada por un con-vento coa que obtuvo a súa primeira medalla da Exposición Nacional. Sitúase en Santiago de Compostela.

A virxe de Tanxil (1930): Foi un encargo monumental que o médi-co e amigo Ánxel Baltar lle fixo a Asorey nos anos 30. O monumento en pedra de máis de 3 metros de altura que represen-ta á Virxe de Guadalupe, colocouse a carón da propiedade da familia Baltar, na praia de Tanxil en 1932. A causa dun conflito, a escultura atópase em paradei-ro descoñecido hoxe en día.

Monumento a Curros Enríquez (1928): Asorey recibe o encargo do monumento a Curros Enríquez. O 12 de agosto de 1934 inaugúrase o mo-numento nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

Page 16: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

16

ENTROIDO 2011

Page 17: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

17

HALLOWEEN-samaín

Eiquí vai unha escolma das mellores fotos do festival de halloween-samaín

Page 18: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

18

EXCURSIÓNS, VIAXES E OUTRAS AVENTURAS DO ASOREY

Este curso, os alumnos de 1º de Bacharelato fomos de excursión a Londres do 17 ao 21 de Xaneiro. Acompañáronnos Suso Bao, María José e Emma, a lectora estadounidense. A saída foi o luns 17 pola mañá. Os nervios palpábanse no ambiente cando nos reunimos na porta do instituto coas maletas… Pero en canto o autobús se puxo en marcha, pasóusenos to-do! Á hora da comida chegamos a Oporto . Tras facturar e comer o que trouxeramos da casa, chegou o momento de embarcar… Para algúns, era a primeira vez nun avión e non podiamos estar máis nerviosos! Aínda que unha vez pasado o momento do despegue, o vo foi agradable e fíxosenos curto. Dende o aeroporto de Gatwick collemos un bus cara ao hotel; segundo nos achegabamos á cida-de, ía subindo a nosa emoción. Deixamos a un lado os MP4s e non parabamos de sina-lar cada edificio ou obxecto típico de alí, que só viramos ata entón nas películas! O martes, xa nos tocou madrugar: ás oito es-tabamos todos listos na porta do hotel para comezar o día. Durante toda a mañá, visitamos o centro de Londres: vimos por fóra o British Museum, o Big Beng, a Abadía de Westmister; sacamos fotos con bobbys (os policías ingleses), cos autobuses de dous pisos, e co típico garda que non se move fagas o que fagas! Cara o final da mañá, empezáronse a oír as campás que anunciaban o cambio da garda no palacio de Buckingham. Non conseguimos chegar a tempo de coller sitio, así que o vímos todo dende o outro lado da estrada. De todas as maneiras, o desfile dos gardas e a banda musical pasou moi preto de nós: era un espectáculo digno de ver! Á hora de comer, apañámonos como puidemos: algúns de nós, cansos de buscar un local, mercamos a comida nun pequeno autoservizo do metro e comemos alí mesmo, sentados no chan. O máis curioso e que a maioría da xente non miraba para nós, coma se fora algo nor-mal! A que si parou foi unha muller que dicía ser fotógrafa, e pediunos que posaramos para ela. Tamén nos sacou esta foto coa nosa propia cámara. Tras a comida, seguimos baixando por esa rúa ata que nos topamos con nada máis e nada menos que o Hard Rock Café de Londres! No café non tivemos tempo de entrar: non obstante, pasamos un bo rato na tenda e moitos compramos souvenirs. Despois diso tocou o paseo por

Hyde Park, onde alimentamos aos esquíos e aos cisnes; esta foi unha das partes que máis gustou en xeral. A última visita do día foi ao Museo de Historia Natural, onde vimos moitísimas cousas curiosas, empezando polo propio edificio onde está emprazado, dunha impresionante arquitectu-ra. Na volta a casa aínda nos faltaba por ter unha última experiencia: subir no Underground, o Me-tro de Londres.

Aínda que comíamos nos mellores restorantes do país…..

VIAXE A LONDRES, TRAVEL TO LONDON BY MARÍA MARIÑO COSTA 1º BAC B

Caramba, os coches viñan by the left, Que medo!!!!

Page 19: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

19

EXCURSIÓNS, VIAXES E OUTRAS AVENTURAS DO ASOREY

O mércores foi o día onde máis cousas vimos, e o que nos deixou máis esgotados! A mañá de-dicámola á zona dos arredores do río. Sacamos multi-tude de fotos co Támesis e o “Ollo de Londres” de fondo. A zona chamada “The City”, o centro finan-ceiro de Londres, tamén se atopa por alí: practica-mente o único lugar con grandes rañaceos en toda a cidade. Recén saídos desta zona, ao lado do río, acon-teceu una anécdota a recordar: un pequeno grupo perdémonos dos demais. Despois de buscar un rato sen éxito, divisamos a un grupo de moitos rapaces na outra beira do río e pensamos que xa os atoparamos, pero non; eles tamén perderan de vista aos profeso-res! Case vinte rapaces nos xuntámos ao lado do río ata que conseguimos contactar cos profesores, e por fin nos reunimos. Din que unha viaxe sen unha anécdota deste tipo, non esta completa, non? Fixemos tamén unha pequena parada na impresionante Catedral de San Paulo, onde sacamos unha das fotos de grupo da viaxe. Este día tamén foi dedicado ás pontes. Á parte da arquicoñecida Ponte da Torre sobre o río Támesis, dende o cal se divisaban ben as obras do coñecido arquitecto Norman Foster, tamén atravesamos a Ponte do Milenio, para chegar á outra beira do río onde paramos a comer nun restaurante. Despois de comer visitamos o Tate Modern, o museo de arte contemporáneo, onde vimos dende obras que espertaron a nosa curiosidade ata outras que nós pareceron gali-matías incomprensibles! Ao saír do Tate Modern, constatamos que xa non quedaba tempo para subir ao London Eye: de maneira que fomos directos ao hotel. Iso si, con paradas: pri-meiro, en Covent Garden, un mercado pequeniño cuns postos a cada cal máis curioso; no Soho; e por suposto en Piccadilly Circus, unha das principais prazas de Londres. O último día, o xoves, foi principalmente dedicado a museos… e ás compras! Pola mañá, fo-mos directos ao National Gallery, un museo realmente enorme onde vimos obras moi coñeci-das de autores coma Renoir, Monet ou Van Gogh. Á hora de comer, achegámonos ao gran mercado de Camden Town, onde estivemos ata que caeu a noite (que non é máis tarde das cinco!) e aprendemos a arte do regateo! Despois diso, quedounos moi pouco tempo para visitar o Museo Británico, que para ser visto enteiro precisaría dun día completo! Pero quedounos un bo recordo, e ganas de volver de no-vo para velo con tempo. O venres foi o día da despedida. No bus ata o aeroporto, non se oía unha palabra: todos estábamos fati-gados da viaxe, e quen non estaba durmindo relaxábase escoitando música. Pero por sorte, ou por des-graza, puidemos descansar pronto: ese mesmo día, tras dunha longa viaxe. Estabamos de novo na casa!

Cómo se aprecia, foi una excursión “movida”

De S. Sadurniño tower á London tower

Page 20: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

20

EXCURSIÓNS, VIAXES E OUTRAS AVENTURAS DO ASOREY

O día 4 de abril fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela os alumnos de 2º de bacharelato. Os de ciencias pola mañá fomos ao museo da Facultade de Química, men-tres que os de economía e humanidades á Catedral. A visita resultou ser máis entretida do que todos nos esperabamos. O Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela localízase nos baixos da Facultade de Química, na Avenida das Ciencias do Campus Sur. O seu nome débese ao catedrático de Bioloxía Xeral da Facultade de Ciencias Naturais da Universidade, gran animador do museo e director desde 1932: Luis Iglesias.Ten as súas orixes no Gabi-nete de Historia Natural nado en 1840 grazas a An-tonio Casares.Consérvanse moitas das coleccións do século XIX, que se foron ampliando co paso do tem-po; tanto de botánica, como de zooloxía, de xeoloxí-a,…A disecación de animais comezouse a facer debi-do a que antigamente os estudantes non podían saber como eran as especies exóticas dou-tras partes do mundo.Despois da visita demos un paseo pola alameda de enfronte da faculta-de mirando a variedade de árbores que alí podemos aprezar: teixos, magnolios de folla pe-renne e caduca,… De seguido subimos aos tellados da catedral e xa pola tarde fomos a Mete-ogalicia.O grupo de humanidades visitamos en profundidade a Catedral toda a mañá…. Su-bimos ás cubertas da Catedral desde onde se ten unha vista magnífica de Santiago, visitamos as dependencias do Pazo de Xelmirez, o 1º arcebispo compostelán, visitamos tamén o Museo catedralicio e fixemos unha visita “virtual” (en video) do Pórtico da Gloria, porque está en restauración e non se pode ver. O que máis nos gustou foi a visita aos tellados e ao interior da Catedral así como ao Museo.

2º BAC EN COMPOSTELA Verónica Oubiña , Leticia Falcón e Fátima Vázquez

A QUE LUGARES MÁIS CHULOS FOMOS

O alumnado de 3º ESO da sección bilingüe fomos este ano demostrar o dominio que temos da lingua inglesa ao Week camp, campamento no que os rapaces deben falar inglés durante todo o día (aínda que está en León). Cando chegamos o primeiro día recibíronos con agarimo e ao rematar de comer fomos percorrer as ladeiras dun monte en busca de pegadas de animais que alí hai como o lobo, raposo e cervos entre moitos. Ao día seguinte fixe-mos escalada nunha montaña de rochas,aínda que houbo xente que tivo medo e non se atreveu, e despois ensináro-nos a facer pulseiras con fíos. O terceiro día xogamos ao béisbol e ao frisbee pola mañá e pola tarde fomos a unha cova na que tiñamos que arrastrarnos e ir encollidos case todo o traxecto, manchámonos de barro, foi moi divertido, e pola noite fixemos unha pequena festa na que bailamos moito e o pasamos xenial. O último día fomos a unhas covas chamadas “Valporquero” e nestas había pasarelas de madeira e luces de cores por todos lados.Despois de comer recollimos as equipa-xes e emprendemos a viaxe cara a Galicia. Foi unha experiencia única e desexamos volver no vindeiro ano cos nosos monitores Harry, Nessa, Jane e David e coas nosas profes, que se por-taron xenial conosco.

WEEK-CAMP LEÓN, A FALAR INGLES POR AÍ por Aída Varela 3º ESO A

Que guapos nos poñíamos para saír por aí

Page 21: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

21

ACTIVIDADES ASOREY

O xoves 27 de xaneiro,os departamentos de Música, Galego e Dinamización Lingüística in-vitáronnos a coñecer a unha musicóloga polaca e a súa instrumentista. A musicóloga chamá-base Paulina e interpretaba cantigas medievais. A instrumentista acompañábaa cun instru-mento medieval chamado fídula. Paulina tiña unha voz tremenda e gustounos moito a súa ac-tuación. Tocar a fídula era moi difícil xa que tiña que afinala cada certo tempo porque as cordas estaban feitas de tripa de animal. Á nosa idade,creo que non nos interesa moito este tipo de concertos,e moitos dos presentes no salón de actos era a pri-meira vez que asistía a un. Poda que dalgunha maneira nos chegue algún tipo de música medieval, porque é moi boni-ta, pero hai que entendela. Fixeime nalgo que nos contou Paulina, que alá no seu país, eran moi coñecidas as cantigas medievais,e aquí,moita xente non oíu na súa vida ningunha. Esta actuación gustounos porque normalmente ao instituto traen monólogos, charlas de to-do tipo, actuacións de teatro etc.,pero nunca algo parecido,e podemos presumir de que ao noso centro viñera unha rapaza polaca a cantarnos cantigas galegas. Ao final da actuación,Paulina contounos cousas sobre ela e os seus estudos como cantante e respondeu as nosas dúbidas. O máis gracioso de todo foi que os profes quedaron sorprendidos do ben que nos portamos.

O día 14 de Octubro do 2010, uns conta contos chamados "Tropa de Trapo" visitaron o IES Francis-co Asorey. No salón de actos, contaron historias con un acompañamento musical, mentres un narraba a historia, o outro tocaba suavemente a guitarra. Des-pois, na aula de música fixemos un obradoiro que consistía en que cada un se presentaba e diciamos si de pequenos nos contaban contos, que tipo de con-tos e quen nos contaba, despois disto, cunha bola de fío, fomos inventando todos unha historia, a persoa

que tiña a bola tiña que dicir algo, pa-sarlla a alguén e que este continuara o conto. Gustáronnos moito as historias que contaron, foron moi entretidas, pero o que máis nos gustou foi inventar entre todos o noso propio conto porque pui-demos deixar voar a nosa imaxinación.  

CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL NO ASOREY por Aldara Muñiz 3º ESO A

TROPA DE TRAPO por Raquel Martínez Pillado 3º ESO A

Como se pode crear una historia, a partir dunha pouca la

Música e narración dábanse a mán nesta entretida actua-

Page 22: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

22

ACTIVIDADES ASOREY

O pasado mércores 11 de Maio, viñeron ao instituto o contacontos Tim Bowley e Charo Pita. Tim contaba o conto en inglés, mentres Charo traducíao a galego. Contou varias histo-rias e nalgunhas pedía a nosa colaboración. Había historias de todas as culturas e lugares: de esquimós, africanos, cambadeses,... Houbo unha historia moi entretida, e contaba así: Había unha vez, na mitoloxía chinesa, 8 in-mortais que querían elixir a un mortal para facelo coma eles, pero non debía ser avaro. Entón un deles baixou ata un camiño e espe-rou a que aparecera unha persoa. Non pasou moito tempo, cando apareceu un campesiño polo camiño. O inmortal apuntou co seu de-do a unha pedra, e esta transformouse en ouro. Cando o campesiño se achegou ao inmortal, este díxolle que collera a pedra que era súa. O campesiño colleu a pedra de ouro e dixo: Home, con isto podería dar de comer a miña familia durante todo o ano.-E a avaricia fixo a súa aparición.- Esta pedra é un pouco pequena, non poderías apuntar a esa pedra máis gran-de?

O inmortal decepcionado volveu a pedra a súa forma inicial, e o campesiño continuou o seu camiño. Pasou un rato e polo camiño apareceu outro campesiño. O inmortal volveu a apuntar co seu dedo a outra pedra e, cando o campesiño estivo ao seu lado díxolle que collera a pedra, que era súa. O campesiño colleu a pedra e dixo: Con esta pedra podería coidar a miña familia- entón a avaricia volveu a aparecer.- Aínda que poderías converter esa outra, non si?

O inmortal outra vez decepcionado volveu a converter a pedra na súa forma inicial, e o campesiño continuou o seu camiño. Non pasou moito tempo e volveu a aparecer outro campesiño no camiño. O inmortal volveu apuntar co seu dedo a unha pedra e converteuna en ouro. Cando o campesiño estivo ao seu lado, o inmortal díxolle que a pedra era súa e que podía collela. O campesiño díxolle que no a quería. O inmortal sorprendeuse e apuntou co seu dedo a máis pedras, que se ían convertendo en ouro. O inmortal díxolle que o collera todo, que era seu pero o campesiño volveu dicir que non. O inmortal apuntou co dedo a todo o camiño converténdoo en ouro, pero o campesiño volveu rexeitar a súa proposta. O inmortal púxose ledo pensando que atopara a persoa axeita-da, entón díxolle: -Se non queres ouro, que é o que queres?

Quero o teu dedo.!!!!!!

CONTACONTOS: TIM BOWLEY E CHARO PITA Por Manuel Montes 2º ESO C

Charo e Tim nun momento da súa actuación

Page 23: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

23

ACTIVIDADES ASOREY

Este curso 2010-2011 deparounos unha semana das Letras Galegas chea de actividades e char-las con persoas involucradas no labor de promoción da nosa lingua. O luns, nas dúas horas da tarde, tivo lugar no salón de actos unha interesante xuntanza con tres músicos que, pese ás súas diferenzas respecto ao estilo, utilizan, dun xeito reivindicativo, a lingua galega nas súas composicións. Marcos Payno, compositor e músico estradense, que ade-mais é un dos fundadores da páxina promotora de bandas galegas www.komunikando.net ;Serxio García, membro do colectivo hip-hop de Ordes “Dios ke te crew” e activis-ta de colectivos ecoloxistas ; e o ourensán Abraham “el niño” guitarrista do grupo O Sonoro Maxín e exmúsico do grupo Lamatumbá, ofrecéronos aos alumnos do Aso-rey un novo punto de vista respecto á música e á súa re-percusión social, sobre todo na mocidade. Explicáronnos que os músicos deben comprometer-se coa mellora da sociedade, e non sempre facer música a nivel íntimo e emocional. Argumen-taron, por exemplo, que a música crea vínculos entre os que lles gusta, e que mediante eses vínculos pódese “fuxir” dalgún xeito da vida individual que levamos, e así mediante a unión poder defender a sectores maltratados ou esquecidos da sociedade. Esta actividade, ademais de fomentar o uso da lingua galega, achegounos un pouco máis as sensacións e as anécdotas da vida dun músico, e animounos a utilizar a música coma un xeito de cambiar a sociedade. Nesta charla tamén puidemos disfrutar dunha breve actuación dos tres músicos, con García rapeando sobre unha base composta por Payno e xunto ao acompañamento de Abraham e a súa guitarra. Tamén tivemos tempo de facer unha rolda de preguntas para non marchar de alí con dúbidas. Persoalmente, penso que é un luxo contar con actividades didácticas tan entretidas e interesan-tes no noso instituto, e agardo que continúen ofrecéndonos a oportunidade de coñecer a per-sonalidades tan importantes na nosa cultura coma das que puidemos disfrutar nesta charla.

TAMÉN TIVEMOS MÚSICA E REIVINDICACIÓNS por Miguel Palacios 1º BAC B

O taller foi eminentemente práctico

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Este ano tamén as matemáticas tiveron una presencia destacada na Galería de Exposicións noque se converten os corredores do Asorey cunha mostra de Fotografía Matemática que tivo unha gran acollida por parte dos alumnos

Page 24: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

24

ACTIVIDADES ASOREY

O mércores 1 de xuño, tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, un gran debuxante e ilus-trador galego. Veu dar unha pequena charla sobre o seu traballo e a banda deseñada. Do primeiro que falou foi que de pequeno xa lle gustaba debuxar, e que ós dezaseis anos pu-blicou o seu primeiro libro ilustrado. Despois, en 2001, partici-pou na fundación da revista “BD Banda”, que dende entón diri-xe. Un ano máis tarde, en 2002, comezou a serie Fiz nos bisbardos en “Golfiño”, unha revista para nenos de “La Voz de Galicia”. Logo, en 2004, comezou a colaborar na revista “El Jueves”. Tres anos máis tarde, en outubro do 2007, atreveuse a lanzar unha revista satírica en galego, “Retranca”. Nela plásmase toda a actualidade que sucede de forma reivindicativa pero ao mesmo tempo intenta divertir a xente. Tempo despois, no 2010, déronlle unha bolsa para que comeza-se a realizar a súa primeira novela gráfica, “Bajo la sombra de las piedras flotantes”. Sobre isto, Kiko mostrounos algúns dos luga-res e obxectos nos que se baseou para debuxa a súa obra. Tamén nos ensinou un vídeo que mostraba todo o traballo que fixo pa-ra realizar unha soa páxina do libro. Por último, mostrounos pequenos detalles nos que nos podemos fixar para debuxar máis rápi-do e mellor. E antes de marcharse fixo un pequeno agasallo para o centro, un debuxo do personaxe da últi-ma revista que comezou, “Fiz, a revista do neno máis porco do mundo”.

KIKO DA SILVA DEBUXA NO ASOREY por Bibiana Silva 3º ESO A

Kiko agasallounos cun debuxo do seu “fillo” Fiz

DÍA DO LIBRO

Como é habitual dende hai anos, o Concello de Cambados celebra o Maratón de Lectura na semana do 23 de abril, para así festexar o día do libro. Este ano do foron en representación do instituto os alumnos de 1º ESO C, acompañados por Teresa e Rocío. Os nosos compañeiros leron textos de Álvaro Cunqueiro, autor escollido por ser este o seu ano conmemorativo

Page 25: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

25

CLUB LECTOR por Martín Corbelle e Xesús Castro 1º BAC B

ACTIVIDADES ASOREY

Este curso, algúns dos alumnos que estudamos 1º Bacharelato B, ofrecémosnos voluntarios para realizar o Club Lector,proposto pola mestra de galego Aurora. No primeiro momento barallouse a posibilidade de pedir unha subvención para a merca dos libros,a cal foi concedida. O libro que escollemos os integrantes do Club foi Made In Galiza de Sechu Sende,no cal se relatan diferentes historias en referencia ao idioma e cultura galegas, cun ton crítico antes os tópicos en contra da cultura galega. Reunímosnos cada xoves no primeiro recreo,na aula de gale-go,e alí contamos e debatemos o que nos pareceron os capí-tulos seleccionados a semana previa. O máis interesante do Club é que nós non imos pola nota que nos van poñer, xa que esta actividade non suma no-ta,simplemente por que nos gusta ler,e realizar actividades en grupo cos demais compañeiros da clase 

NOVO ÉXITO DO TALLER LUMIERE

O voluntarioso Taller Lumiere (grupo de vídeo do IES Asorey) acaba de terminar o seu últi-mo traballo, un documental ao redor da vida e obra de Francisco Asorey, realizado con motivo da celebración do 50 aniversario do seu pasamento. Como todos os anos -xa van dezasete-, agradecemos a colaboración desinteresada de alumnos e profesores, sen a cal non sería posible darlle vida a estes proxectos. Tamén queremos facer constancia da necesidade de reivindicar a prolífica obra do escultor cambadés Francisco Asorey, inxustamente ignorada e cuxo mérito debería ser máis recoñecido. Prometemos máis traballos para o próximo curso. A continuación unhas imaxes deste marabilloso documental.

Page 26: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

26

ACTIVIDADES ASOREY PREMIO CONCURSO PROVINCIAL DE REDACCIÓN COCA-COLA

A fundación Coca-Cola vén celebrando dende hai 51 anos un concurso nacional de redacción para alumnos de 2º de ESO, co obxectivo de fomentar a escritura entre o alumnado e axudar aos participantes a cumprir o seu soño de converterse en escrito-res. Nos últimos anos o concurso pasou da modalidade de redacción á de relato curto. Tamén ampliou a convocatoria en Galicia para que os rapaces puideran presentar textos en galego.O noso instituto leva varios anos participando nos dous concursos: galego e castelán. Este ano celebrouse a 3º edición do concurso de Relato Curto en galego, con máis de 5000 participantes, e a nosa alumna Laura María Vázquez Millán de 2º ESO C acadou o 6º premio provincial, ocupando o posto nº 30 a nivel de toda Galicia. Presentamos agora o texto tal e como foi presentado a concurso

A gañadora do premio posa feliz

Grazas ao proxecto Arce os alumnos de PROA puidemos ir de excursión a Ciudad Real. No campamento estivemos con rapaces doutras partes de España e fixemos xunto a eles un montón de actividades: tirolina, tiro con arco, tiro con carabina, Kayac, fútbol, voleibol, beisbol… Pasámolo moi, moi ben. Tamén tivemos a oportunidade de practicar sendeirismo e de pasear pola vila nada máis e nada menos que de don Francisco de Quevedo, Villanueva de los Infantes. Alí visita-mos a súa tumba. Coñecemos o parque natural desta provincia ,que nos gus-tou moito e, así , rematamos a nosa estancia nesta parte para case todos nós descoñecida de España.

EXCURSION PROXECTO ARCE por Manuel Mouriño 2º ESO C

Page 27: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

27

Page 28: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

28

Page 29: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

29

Page 30: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

30

Page 31: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

31

Page 32: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

32

Page 33: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

33

Page 34: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

34

Page 35: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

35

COLABORACIÓNS O RAP DOS ADVERBIOS por Adrián Trigo, 1º ESO C

Aquí, acó, acá, eu non sei onde está. Hoxe, mañá, onte. Ou foi antonte cando lle falei? Así, ben ou mal, eu non sei como está. Pouco, bastante, abondo, canto agarimo terá? Non, non o sei, terá máis ou menos? Disque máis, quizais. Si, abofé que si. Antes ou despois sabereino, si. Tarde ou cedo, axiña ou tarde, todo se coñece, todo ten o seu ser, todo está dentro ou fóra, preto ou lonxe, pero... Ás veces non está! Nin á beira, nin ao pé, nin ao redor, nin enriba, nin embaixo, nin antano, nin hogano, non! Ai!, mola o aire que respiro hoxe, a tempo ou a destempo. Círculos dou, a carón, a rentes, xunto á vida

que me aproxima a ti. De ningún modo pensei, de ningún xeito o farei, de seguro que non, non sen ti, Nunca. Vou ao chou, sen treito, a eito, sen ter nada feito. Ao mellor, se cadra, outro galo canta. Terei de menos ou demais, pero irei, de súpeto de seguro que irei. Pode que a deshora, mais irei ao lado, ao teu lado. Ao xeito ou ao revés. Acaso sempre se vive soamente unha vez? Paseniño enfío este novo camiño que me aproxima ao teu carón, a algures ou, ao mellor, a ningures. Quen o saberá? Vivo a cotío neste adverbio de dúbida, nun tempo curto ou longo dun modo circunstancial.

Page 36: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

36

COLABORACIÓNS

Érase unha vez, un gran país poboado de multitude de seres fantásticos, grandes castelos, enormes prados verdes e caudalosos ríos imposibles de navegar, incluso polo máis forte e valente heroe. Nese país, rodeado por feros ma-res e océanos na súa maioría, había un fermoso val chamado Val do Ellas, no cal se agochaba un tesouro dunha riqueza inimaxinable para calque-ra mortal, e venerado polos habitantes do val; un tesouro cultural característico unicamente du-nha parte da poboación que o veneraba como sinal de identidade. O tesouro non era nin ouro nin xoias, senón algo aínda máis importante, ao que se denominou “galego”. O Val do río Ellas ou Val de Xálima sitúase no recanto noroccidental da provincia de Cáceres, nas estribacións da Serra de Gata. No val sitúan-se tres concellos, a saber, Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, nos que a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes falan maioritariamente tres variedades do antigo galego-portugués: o valverdeiro, o lagarteiro e o mañego, respectivamente. Ademais, debemos engadir a esta cifra outros tres mil habitantes naturais do val que seguen utilizando familiarmente estas falas na emigración. As variantes lingüísticas que actualmente se empregan nestes tres concellos proceden da lin-gua levada polos colonos procedentes de Galicia e de León instalados no val (ademais de noutras áreas de Salamanca e de Cáceres) polo rei Afonso VIII durante o século XIII, e os

cales repoboaron a zona. Non obstante é nece-sario dicir que de todos os lugares repoboados polos colonos galegos, este é o único no que se conserva a fala tal e como chegou. A ra-zón,entre outros motivos, é o illamento no que se atopou esta zona ao longo da historia de España, illamento producido pola dificultade para acceder ao val. Nos diversos estudos que se levaron a cabo so-bre a dialectoloxía española e portuguesa, as falas do Val do Ellas figuraban maioritariamen-te dentro do ámbito lingüístico portugués, e a maioría dos autores consideraban que os con-cellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello eran de fala portuguesa. Non obstante, co paso do tempo chegouse á conclusión de que a verdadeira orixe destas fa-las reside no galego. Este tardío descubrimento débese a que os estudos sobre dialectoloxía ga-lega son relativamente recentes, o que explica que non se tivese en conta, ata hai poucos a-

O TESOURO DO VAL DO ELLAS por Sabina Casalderrey

Son sitios máxicos, fermosísimos, incribles

Adiviñen onde están estes sinais

Page 37: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

37

COLABORACIÓNS

No que respecta á literatura, cómpre dicir que o pri-meiro escrito coñecido nalgunha destas falas é un con-to en mañego: Cuadro de Costumbres, publicado por José López Vidal. Isabel López Lajas escribiu sainetes en valverdeiro nos que recoñecía a súa fala como gale-ga. Domingo Frades, mañego e membro da Real Aca-d e m i a G a l e g a é a u t o r d e Versos de un verán e de As Ellas y o sei castelu; e Severi-no López das Ellas publicou o primeiro libro en lagar-teiro: Topónimus d'As Ellas y rimas en Lagarteiru. Centrándonos no recoñecemento e nos usos sociais, existe unha gran diferenza entre o galego de Galicia e o galego do Val do Ellas. No Val do Ellas o galego é defendido e reivindicado polos seus falan-tes, e considérano a súa lingua e valórano dun xeito extraordinario, o que se reflicte na expan-sión de usos que está a ter a medida que avanzan os anos. No Val vénse usando a fala en car-teis de festas, anuncios de diversa índole, carteis e rótulos luminosos de festas, etc, desde o

franquismo. A recuperación e dignificación da fala ten un fito senlleiro na constitución de Fala i Cultura, entidade que promove a recu-peración e normalización absoluta da lingua nos tres concellos do Val. Fala i Cultura asu-miu como tarefa a recollida de léxico patrimo-nial dos tres lugares, a elaboración dunha pe-quena gramática e unha normativa, a recupe-ración toponímica, a introdución da fala nas escolas, a posta en funcionamento dunha emi-sora de radio, a fundación de bibliotecas sobre temas galegos e do Val, e a celebración todos

os anos do "Día da Fala", entre outras cousas. Todo isto vai adiante sen ningún apoio institu-cional máis que o chamado "Manifesto dos Alcaldes", un manifesto asinado polos alcaldes dos tres concellos nos que pedían ás autorida-des provinciais e autonómicas a adopción de medidas inmediatas para a conservación da fala. Opostamente, en Galicia o galego está a perder usos e falantes, debido fundamental-mente á perda de transmisión xeracional e á ausencia nos medios de comunicación de masas. Ao contrario que no Val do Ellas, en Galicia o galego non se impulsa, senón que se marxina, e este é un problema da sociedade, a cal non defende o seu , o que lle é propio; feito que a longo parazo pode ocasionar a perda do elemen-to que nos proporciona a identidade e unha distinción con respecto ao resto dos habitantes do país. Este país noso, encantado, ateigado de tesouros agardando a seren atopados, coidados e aprezados, tesouros lingüísticos marabillosos e máxicos que os deuses e mouros da antigüida-de deixaron para o noso disfrute.

Impresionante val de vivas cores

Ata as construccións son moi semellantes, senón mira o muiño

As fervenzas como aquí, a auga cae de arriba a abaixo

Page 38: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

38

COLABORACIÓNS

MÚSICA PRIMITIVA A música xunto á danza son as formas de expresión artís-tica máis antigas da humanidade. Aínda que non se te-ñen probas directas da existencia da música na prehisto-ria, si se coñece a existencia das ferramentas e obxectos que pudieron ter unha aplicación musical: frautas de óso, arcos de corda e outro obxectos utilizados para per-

cutir MÚSICA ANTIGA Nestes tempos estaba difundida a crenza de que a música tiña poderes sobrenaturais. Algunhas das civilizacións que a utilizaban eran: Lonxano Oriente A India América Precolombiá Grecia clásica

Antiga Roma

MÚSICA NA IDADE MEDIA No terreo da música occidental escrita, os documen-tos máis antigos que hoxe en día se poden encontrar son desta época. Na música relixiosa destacaba o can-to gregoriano. Tamén existía a música profana que era escrita polos trobadores e por algúns xograres. RENACEMENTO (SÉCULO XV-XVI) Este período é o máis relevante da música española, coñecese como o século de Ouro. A maneira de com-poñer é a través da polifonía.. Os compositores máis destacados son: Cristóbal de Morales Francisco Guerrero Juan del Encina

Tomás Luis de Victoria BARROCO (SÉCULO XVII-XVIII) As características da música neste período son: Xiraba entorno a unha soa melodía acompañada por acordes. As formas musicais máis utilizadas son: a ópera e o oratorio. Os compositores máis importantes nesta época son: Vivaldi, Haendel, e con unha mención especial a un dos xenios da historia da música, J.S.Bach.

A MÚSICA DENDE O PASADO ATA HOXE por Bibiana Silva e Dobrinka Penkova 3ºESO A

Page 39: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

39

COLABORACIÓNS

ROMANTICISMO (SÉCULO XIX) A música trata de expresar emoción e sentimento (por iso é tan tris-te). Hai grandes teatros e salas de concertos e aparece o gran público. Os compositores máis importantes son:

Beethoven Liszt Bizet Verdi

MÚSICA DO SÉCULO XX Neste século non hai unha única maneira de compoñer música. Esta música vai dende a clá-sica ata a moderna. MÚSICA CLÁSICA Entre os compositores máis coñecidos destacan:

Richard Strauss Claude Debussy Ígor Stravinsky.

MÚSICA MODERNA Destaca o expresionismo e o serialismo. Neste período a música que máis resalta é a electrónica e o jazz xunto cos seus derivados. Tamén é moi importante a música rock. Algún dos seus artistas máis representativos son:The Beatles, Queen, The Rolling Stones, John Lennon, .…

SÉCULO XXI A partir deste século moitos dos tipos de música que existían no século pasado vanse modifi-cando e evolucionan a outro novos. A música de hoxe en día está, a miúdo, relacionada coas cien-cias e as novas tecnoloxías. Aínda que neste sécu-

lo seguen a gustar moito os grupos e cantantes dos 90. Como por exem-plo: Guns and Roses, Nirvana, Metallica,

Oasis…

Page 40: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

40

COLABORACIÓNS

Cal foi o primeiro disco do grupo británico The Who? My generation Quadrophenia The who sell out

Cal dos seguintes grupos foi o primeiro no que tocou Jimmy page? Led-Zeppelin The Animals The Yardbirds

En que ano publicaron os Beatles o seu primeiro traballo? 1998 1967 1963

Como se chama o primeiro LP dos Rolling Stones? let it bleed 12x5 Alter-math

Cal destes grupos é da chamada“Era da Psicodelia” Grateful Dead Eric Clapton Jhon Mayall´s Bluesbreakers

Cal destes discos de Santana contén o tema “Oye como vá”? Santana Lotus Abraxas Santana 3

En que ano faleceu Jimmy Hendrix? 1986 1934 1971

Que famoso debuxo ilustra o álbum“The Velvet Underground & Nico” Un plátano Un bote de tomate de sopa “Campbell” Un bote de fabada “Litoral”

Como se chama o grupo no que tocaba Frank Zappa? Frank Zappa´s Group Steppenwolf The mothers of invention

Cal destes vinilos de Pink Floyd é do ano 1973? The wall The Dark Side of The Moon Animals

Cal é o disco máis recoñecido do guitarrista Mike Ofield? Tubullar bells Ommadawn Music of the Spheres

De que ano é o LP “In the court of the Crimson King”? 1988 1969 1990

TEST DE MUSICA ROCK por Miguel Pérez Ramudo 3º ESO A

RESPOSTAS:1-a, 2-c, 3-c, 4-b, 5-a, 6-b, 7-c, 8-a, 9-c, 10-b, 11-a, 12-b.

Page 41: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

41

COLABORACIÓNS

As orixes da publicidade remóntanse á Antigüidade. Un dos primeiros métodos de publicidade consistían en pintar os anuncios nos muros. Os arqueólogos encontraron numerosas mostras desta técnica, en especial na antiga Roma e en Pompeia. Un anuncio desenterrado en Roma informa sobre un terreo posto en venta, e outro encontrado nunha parede de Pompeia anuncia unha taberna situada noutra cidade.

Durante a Idade Media desenvolveuse unha técnica simple pero moi efectiva, que consistía en anunciar de viva voz eventos e produtos, grazas aos pregoneiros, persoas que lían noticias en público, ou comerciantes que anunciaban os seus produtos. Aínda que hai anuncios gráficos desde hai séculos, a publicidade impresa non se desenvolveu, en realidade, ata a aparición da imprenta. A finais do século XIX moitas empresas estadounidenses empezaron a ven-der os seus produtos en envases que levaban impresa a marca. Este feito marcou un mito na historia da publicidade, xa que antes os produtos do-mésticos e habituais como o azucre, o xabón, o arroz, a manteiga, o leite, os caramelos e doces vendíanse a granel, polo que os consumidores non coñeceran ata entón ao produtor. Realmente o nacemento da publicidade moderna pódese datar no último cuarto do século XIX, coincidindo coa II Revolución Industrial. Esta revolución fai posible o desenvolvemen-

to do capitalismo e da produción en masa, que dá orixe á súa vez a necesida-de de comunicarse cos clientes. O invento máis significativo despois da guerra foi a televisión, un medio que forzou á industria publicitaria a mellorar as súas técnicas comerciais utilizan-do medios visuais e sonoros. O desenvolvemento da comunicación publicitaria e a chegada dos novos medios e as novas tecnoloxías cambiaron as formas de chegar ao consumi-dor. Hoxe en día a linguaxe publicitaria busca a complicidade do receptor nun diálogo íntimo de persoa a persoa.

Na publicidade, como na moda, hai tendencias. Hoxe lévanse as saias lon-gas, pero mañá lévanse as saias curtas. Hoxe realízanse anuncios en cor, mañá volve o branco e o negro. Nos últimos cincuenta anos, a moda pasa de ser, desde un punto de vista formal á de “viste como queiras”. E a pu-blicidade deixa de buscar a persuasión para tratar de conseguir a complici-dade do receptor. Actualmente os anuncios son máis emocionais que informativos, e van di-rixidos a un público maduro que coñece moi ben o mecanismo da publici-dade. Os novos consumidores buscan nos anuncios sentido do humor, es-

pectáculo, estética e intelixencia. Para a ama de casa, a publici-dade pode significar o anuncio que ve no xornal do xoves e fala das ventas especiais do supermercado local, para o seu marido, quizais significa o anuncio do novo Mercedes que lle gustaría comprar; para os seus fillos tal vez, os anuncios animados dos cereais para o almorzo que ven pola televisión. Para o estudan-te pode significar o anuncio cantado que oe tararear aos seus compañeiros na escola.

A PUBLICIDADE por Estela Vilanova 3º ESO A

Page 42: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

42

Estou encantado e incluso emocionado de poder volver escribir en Jolichadas. Detallazo por parte de Rocío, animarnos e ofrecernos a oportunidade. Grazas. En primeiro lugar dicir que estudo Xornalismo en Santiago de Compostela. A carreira real-mente non era o que agardaba, pero neste caso é positivo. Esperábame unha carreira moito máis teórica, moito máis típica e aburrida, pero realmente é todo o contrario. Todas as sema-nas temos prácticas, xa sexa, de radio, tele, prensa escrita, etc. Ademais a nosa facultade conta cuns excelentes platós e estudos de radio que están á disposición dos estudantes. Realmente é moi gozoso estudar deste xeito, aínda que a “chapatoria” non é pouca. Por outra banda tamén podería falar do plan Boloña e de canto o odiamos e o mal plantexado que está, mais tería que necesitar media Jolichadas para desafogarme a gusto, polo que mellor non o fago, e xa volo contarán os de segundo de Bacharelato para o ano. O que si quería facer mención é á cantidade de xente que se coñece. Ade-mais dos compañeiros de clase, acabas por coñecer a persoas completamen-te distintas ao que estabas acostumado. No meu caso, grazas a unhas Xorna-das que organizou a Liga Estudantil Galega, á cal pertenzo, tiven o pracer de comer e tomar o posterior café co mesmísimo Neira Vilas, ademais de por exemplo coñecer a Bragado, director da editorial Xerais, ou mesmo a poetas como Dores Tembrás. Fago un breve resumo e non me estendo máis. A Universidade é unha porta para todo. Eu recomendo elixir moi ben o que se quere facer sen pensar as saídas que poida ter dita carreira ou o feito de cobrar máis ou menos. Estupideces. Estudar o que se quere é un gozo , aínda que sigo tendo en mente Filoloxía Galega e fareina nun futuro pero por agora estou encantado. Ademais de como non… as noites en Compostela, non as cambio por nada!

Entre os contos populares galegos atopamos moitos e de diversas temáticas: uns falan de mou-ros, outros de tesouros agochados.Tamén os hai de aparecidos, de lobisomes e de infinidade de elementos fantásticos e religiosos ( Virxes, Santos, Apóstolos e demos trampulleiros mestú-ranse no imaxinario popular). Aquí traémosvos dous deses contos, extraídos de “Contos e lendas do Miño”(A Nósa Terra); pero ao noso modo, transformándoos nunca sorte de cousas:

COLABORACIÓNS XA ESTOU FÓRA DO ASOREY, E ASÍ SE VIVE por Ramón R . Nogueira

É DE FAMILIA “Isto era un home que disque vía e sentía moitas cousas ra-ras.Unha noite, cando ía ca-miñando sentiu uns ruídos estraños, campaíñas, murmu-rios….Apretou os puños con forza e viu pasar a carón súa a Santa Compaña. Oíu a un que dicía: “Aquí cheira a vi-vos”, e outro respondeulle: “Deixao, é da familia”.O tal que que escoitou estas pala-bras había ser familia del, que ao outro día morreu.

A MOURA E A PEGUEIRA Unha muller estaba pastando as ovellas no monte cando se lle apa-receu unha moura pedíndolle un anaco de broa. A cambio dáballe unha barra de ouro, pero non llo podería decir a ninguén.A pegueira deulle o pan a cambio do ouro e ao cegar á casa ensinollo ao seu home.Cando lle dixo que lla dera unha moura a cambio dunha barra de pan; o ouro desapareceu.

HISTORIAS DA SANTA COMPAÑA por María Grandal e Laura A.. Santos 2º BAC A

Page 43: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

43

COLABORACIÓNS

COMID

A B

ASU

RA• A comida basura aumentou na última

década nos países desenvolvidos e incluso

chegou ós países subdesenvolvidos, porque nestes non obteñen información sobre os danos que produce este tipo de

comida

• Por que é considerada mala a comida basura?

*porque provoca:-exceso de peso-elevación do nivel de colesterol no

sangue.-dixestións difíciles-alteración do sentido do gusto-adicción

ALT

ERA

CIÓ

N A

O S

ENTI

DO D

O

GUST

O•

Estes alim

entos teñen máis sal que

 os qu

e temos en casa 

porque

 o sal se utiliza com

o conservante e así m

anteñense 

máis tempo

 sen

 estragarse.

Para con

seguir o aspecto desexado levan engadido

s colorantes, con

servantes, antiapelm

azantes, estavilizantes…

Estes platos soen incluír con

dimentos fortes ou aditivos qu

cambion

 o sabor e estim

ulan

 o apetito e, co tempo, a

lteran o 

sentido do

 gusto e crean

 hábito

.

ADICCIÓNS • Os investigadores aseguran que a comida con gran

cantidade de graxa e azucre pode provocar no cerebro cambios similares aos que provocan algunhas drogas como o tabaco.Moitas persoas despois de probar esta comida son incapaces de regresar a unha dieta equilibrada, a gran maioria desta xente é obesa.

A COMIDA BASURA por Lara Bande Uri 3º ESO A

Page 44: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

44

COLABORACIÓNS

Unha tribu urbana é un grupo de persoas que se comporta de acordo coa súas ideoloxías e o seus estilos. As persoas que pertencen a unha tribu é porque se identifican cos demais inte-grantes dese grupo. Maioritariamente distínguese polos gustos musicais e a forma de vestir dos integrantes. Non deixemos de recordar que hai que respectar as ideoloxías de todos e non dis-criminar a ninguén:

EMOS: A música que es-coitan deriva do hardcore punk e a súa forma de ves-tir é con roupa negra e maquilla-xes brancos con sombras que resal-tan.

Grunges: A música que escoitan deriva do rock e o pop e a súa forma de vestir é con pantalón apretados e camisas frouxas

Góticos: A música que escoitan punk, rock ou metal e a súa forma de vestir é de roupa negra e ma-quillaxes brancos. Gústalles o sadismo, a bru-xería…

Heavies: A música que escoi-tan é o heavy metal e visten con panta-lóns vaqueiros, ca-misetas frouxas e botas altas.

Hippies: Escoitan rock psicodélico e folk, e visten con roupa frouxa e colorida. Son ecoloxistas e buscan o amor libre.

Mods: Escoitan jazz e blues e vis-ten con tra-xes entalla-dos e anda-ban en mo-tos “vespa”

AS TRIBUS URBANAS por Aida Varela Roma

Page 45: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

45

COLABORACIÓNS Pijos: Escoitan pop e visten con roupa cara como camisas e pantalóns de pinzas aín-da que estes tempos xa non quedan os verdadei-ros que son os que teñen realmente diñeiro.

Punks: Escoitan punk que proven do rock e visten con roupa negra na que expre-san os seus ideais con parches e lemas e van peinados cu-nha cresta de cores.

Rapeiros: Escoitan rap e hip-hop ( non son o mesmo) e visten con roupa frouxa. Dentro desta catego-rías existen: graffiteiros, breakers e skaters.

Rockeros: Escoitan rock e visten con diversas prendas pero sobresae a cor negra nos seus atuendos.

Ska: Escoitan unha mestura de rock e reggae e visten con pantalóns cur-tos e camisetas de tiras.

Cabezas rapadas: Escoitan ska, rock e reggae e visten con botas militares, vaquei-ros e camisetas negras.

Page 46: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

46

O luns de Pascua celebrouse, como todos os anos, a festa da Armenteira, coñeci-da tamén como romería da Virxe das Cabezas. Unha tradicional celebración que ten moitos anos e á que acode xente de todo o Salnés e outras zonas de Ga-licia. Moitos van oír unha misa e a pedirlle á Virxe que lle cure os males da cabeza ou enfermidades dos nervios, para o que lle ofrecen figuras de cera. Tamén din que mellora a intelixencia e a memoria dos estudantes. É costume ir andando en grupos, sobre todo de xente moza, e pasar alí o día de festa. Esta romería está ligada a unha lenda, á Lenda de San Ero. Dise que nun lugar da Armenteira existía un mosteiro moi antigo, fundado por un ancián que alí tiña o seu pazo. O home recolleuse nun santo recinto para facer oracións e penitencia e chamou a San Bernardo para que lle axudara a lograr o que se lle propoñía; foi no ano 1149. Ao señor da Armenteira que se chamaba don Ero elexírono para ser o abade do novo mostei-ro. Ero era un devoto da virxe Santa María e acostumaba nos seus rezos pedir coñecer o paraí-so. Conta a lenda que saía moitos días para relaxarse un pouco camiñando polo bosque que había no declive do monte Castrove, próximo ao mosteiro. Un día adentrouse na horta e atopou unha fonte de auga clara e barbullante, que semellaba ofrecerlle un apacible repouso á sombra dunha frondosa árbore. O ancián abade, pechou os ollos beatificamente e, como tiña por costume, rogou á nosa señora -Oh virxe! Que será o paraíso? E non podería velo antes de saír de aquí? Entón, nas árbores de pólas frondosas comezou a cantar un paxariño. A música era tan agra-dable e tan harmoniosa que o ancián se esqueceu do tempo que pasaba e botou alí tumbado 300 anos, parecéndolle que non estivera máis que un chisquiño. Despois de esperatar o an-cián abade, encamiñouse cara ao mosteiro; pero ao chegar, atopouse cun gran pórtico que nunca vira, e dixo : -Ai , Santa María me vaia! Isto no é un mosteiro! Con todo entrou nel e os monxes ao velo sentiron un gran pavor; e o prior preguntou: -Amigo, quen es ti ? Que buscas aquí ? Cando souberon o a que Don Ero lle tiña acontecido, o abade, e todos os monxes exclamaron asombrados: ``Nunca tan gran maravilla como deus por este fez polo rogo de sa madre Virgen Santa de gran Prez ! ´´ Este é un dos milagros da virxe María cantadas polo rei Alfonso X o Sabio nunha das súas fa-mosas cantigas de Santa María (a número 103). Cabanillas tamén lle adicou un poema titulado “O paxaro de Armen-teira” ... Oindo o canto dun paxaro estivo trescentos anos, -como o lin o escribo- i ó chegar ó mosteiro de retorno. o novo monacal coro ademira

COLABORACIÓNS A ROMERÍA DE ARMENTEIRA

Álvaro Lema, Laura Caldas, Laura Mendoza, Noelia Padín (1º ESO A)

Page 47: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

47

CONMEMORACIÓNS: DÍA DA CIENCIA Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüís-tica deseñaron unha serie de actividades que foron levadas a cabo na Praza do Concello de Cambados o día catro de novembro pa-ra celebrar o Día da Ciencia en Galego. Celebración que quere reivindicar o uso da lingua galega nas materias do ámbito científi-co-tecnolóxico.

Participaron un total de 109 alumnos e alumnas que se distribuíron en tres grupos, cada un dos cales participou nunha das actividades que se describen a continuación. “A Terra no Sistema Solar” Consistiu en facer un modelo a escala do Sistema Solar sobre o chan da praza, colocando os planetas representados por obxectos esféricos (bolas, pelotas, balóns de praia) que tiñan que gardar unha certa proporción ao tamaño real de cada planeta, deixando as distanzas a escala de acordo coa seguinte táboa.

Ao mesmo tempo amosáronselle aos alumnos e alumnas gráficos sobre as características dos planetas e os seus tamaños relativos e describíronse as carácterícas dos distintos obxectos pre-sentes no Sistema Solar, facendo fincapé na distinción entre planetas e planetas ananos. Posteriormente, empregando unha esfera terrestre de 90 cm de diámetro, reproducironse os movementos de traslación e rotación terrestre e as súas consecuencias (ciclo día/noite, esta-cións). “Medición da altura de obxectos” Consistiu na medición de altura de grandes obxectos (un edi-ficio, unha árbore, un farol) empregando dúas metodoloxías: Empregando un pau graduado. Empregando un goniómetro. En ambos casos previamente houbo que construír as ferra-mentas a empregar (pau graduado e goniómetro) para o cal facilitouselle o material e as instrucións necesarias ao alumna-do. “Descrición do experimento de Eratóstenes” Reproduciuse nun modelo a escala o experimento efectuado no S III a. de C. polo astrónomo grego Eratóstenes, no que medindo a lonxitude da sombra dun gnomon, un pau, sobre a su-perficie da Terra en dous puntos situados a unha distancia coñecida sobre o mesmo meridiano e ao mesmo tempo. Con este experimento, Eratóstenes demóstrou a esfericidade terrestre e fixo unha estimación do radio do planeta. Para isto empregouse unha esfera sobre a que se dispuxeron dous paus da mesma lonxitude, e comprobouse como a partir da lonxitude das súas sombras se pode calcula o radio da esfera. Esta celebración foi seguida polos medios de comunicación e tivemos a posibilidade de ver os nosos compañeiros na tele e na prensa. Esperamos repetir este tipo de experiencias

Mercurio Venus Terra Marte Cinto de Asteroides

Xúpiter Saturno Urano Neptuno

0.24m 0.44m 0.60m 0.92m 1.69m 3.12m 5.72m 11.22m 18.00m

Page 48: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

48

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO O venres 20 de maio celebrouse no Asorey o acto de graduación do alumnado de 2º Bacharela-to. Neste emotivo acto houbo recordos, imaxes e palabras dos profesores para os alumnos e dos alumnos para os profesores. Como despedida desta xeración, á que botaremos de menos, Jolichadas quere publicar os discursos que os nosos xa bachareles leron . DISCURSO DE GRADUACIÓN DE LAURA ALMUDENA SANTOS VIEITEZ E MARÍA GRANDAL OTERO (2º BCH.A) Bos días a todos e todas. Ou mellor, boas noites. Se entre a nosa atenta audiencia se atopa algún sentimental ou un fan dos Lunnis, prégaselles que deixen a sala; uns porque corren peri-go de chorar; e os outros porque xa deberían estar durmindo. Metámoslle man ao tema despois des-te amable anuncio. O Asorey acolleunos no seu seo can-do xa eramos demasiado maiores para xogar nos columpios e soñar con ser futbolistas e perruqueiras (sen que teñamos nada en contra de ningunha desas profesións). Entramos atemorizados, coma quen entra na cova dun ogro. Todo parecía estar feito un par de tallas máis grande do que nos usabamos. Co paso do tempo a cousa foi mellorando. Fómo-nos acostumando, cambiamos e medramos. Maduramos (uns máis ca outros). O Asorey asistiu á nosa metamorfose, acompañounos na nosa andaina cara a madurez e tamén foi branco da nosa rabia estudiantil. Pero agora, xa ao final do noso camiño decatámonos de que foi un gran piar da nosa evolu-ción persoal. Decatámonos de que nada volverá a ser o mesmo: o Asorey e todo o que conleva non estará presente na nosa nova vida. Faltaranos o transcorrer devagariño dos segundos mentres agardamos o son milagreiro do tim-bre. Añoraremos as clases, as que foron delirantes e as que se nos fixeron eternas; e aos profe-sores, uns tan peculiares e ou-tros tan estritos, polos que ás veces dubidábamos se sentir odio ou afecto. Faltarannos eles. Anos coas mesmas persoas traennos á me-moria momentos de risas, de absurdo, de felicidade e tamen de pelexas (polo menos finxi-das). Xa para rematar, só queremos decir :

GRAZAS ASOREY!

Page 49: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

49

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO DISCURSO DE GRADUACIÓN DE ANADÍA VIÑAS FRAGA (2º BACH. B) Ola a todos! Nun día coma hoxe, no que nos atopa-mos todos aquí reunidos coa intención de celebrar o remate dun curso escolar e tamén dunha importante etapa das nosas vidas, en nome do curso de 2º de Bacharelato B quería expresar que non existe mellor ocasión que a que se nos presenta para dicir de forma segura: Non te botaremos de menos Asorey. Non botaremos de menos as aulas, co seu incesante barullo, agás nas que está dando clase Chus, coas súas pizarras electrónicas, que ningún profesor domi-naba tan ben pero que tampouco os facía desistir, coas súas mesas marcadas para sempre cos nosos nomes, coas súas cadeiras que tantas horas soportaron o peso dos nosos corpos adurmiñados. Non botaremos de menos a cafetería, coas súas colas interminables, cos bocadillos de chouri-zo e queixo de Isa, coas loitas diarias por conseguir unha mesa. Non botaremos de menos os profesores, co seu empeño incomprensible por facernos apren-der,coas súas teimas, os seus exames, con todas as horas que pasaron intentando facernos me-llorar como alumnos e, tamén, como persoas. Non botaremos de menos os nosos compañeiros e amigos, os anos que pasamos xuntos ago-biados polo traballo, criticando os profesores ou simplemente rindo ás gargalladas sen nin-gunha razón. Non botaremos de menos ningunha destas cousas, ningún destes recordos, por unha sinxela razón, a de que son imborrables. Todos estes momentos, pese a que o próximo curso non esta-remos aquí, levarémolos connosco alá onde vaiamos, facéndoos nosos para sempre como parte do que somos agora e do que seremos nun futuro.

Durante estes últimos seis anos, a maioría do que nos aconteceu e que nos axudou a aprender a rir, a chorar, a facer amigos, a querer, a traballar, a medrar, sucedeu no interior destas paredes. Por todo isto e moito máis, a cla-se de 2º Bacharelato B quer dicir ben alto: NON TE BOTAREMOS DE MENOS ASOREY, LEVÁMOS-TE NO CORAZÓN

Page 50: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

50

JOLICHADAS DEPORTIVAS

Como imos falar de deportes, obrigatoriamente temos que falar sobre o que aconteceu, futbolisticamente falan-do. Dous dos mellores clubs de España e do mundo, o Real Madrid e o Barcelona, por unha vontade da deusa fortuna, veranse as caras ata 5 veces, cando o normal é 2 (os dous partidos de liga).Este ano xogan 2 encontros de liga, 2 de semifinais de Champions e un da final da Copa do Rei. O caso e que lles desexamos aos dous clubs toda a sorte e que gañe o mellor...

Continuando un pouco polo camiño do fútbol, este pasado mes de xaneiro houbo un debate sobre se foi xusto que Lio-nel Messi recibira o balón de ouro ou se o merecía Xavi ou Iniesta, dous xogadores que fixeron unha gran tempada e aínda por enriba gañaron a copa do mundo coa nosa selec-ción. Decidimos facer polo noso instituto unha pequena estatística para saber cal sería destes tres grandes xogadores o balón de ouro de este ano. Messi: 20 % Iniesta: 37.8 % Xavi: 42.2 %

Estaría moi ben, ademais de gañar trofeos e medallas, como pasa na nosa carreira dos institu-tos, je je, gañar algo de cartos, non? Isto ocorre e ás veces con cantidades desorbitadas no mundo do deporte. Da igual cal sexa o deporte aínda que moitos pensen que só pasa no fút-bol. Moitas veces una soa persoa chega a gañar unha auténtica fortuna por ano e ás veces dá lugar a datos coma este: Tiger Woods gaña 2,8 dólares por un segundo de vida. Os deportistas mellor pagados actualmente son (ó ano en millóns de dólares): 1º T. Woods (golf) 91 2º R. Federer (tenis) 61,7 3º P. Mickelson (golf) 61,6 4º Floyd M.(boxeo) 60,2 5º L.James (basket) 45,7 6º L. Messi (fútbol) 44

REFLEXIÓNS DEPORTIVAS por Manuel Somoza 1º BAC A

Page 51: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

51

JOLICHADAS DEPORTIVAS

¿Por qué? Porque una victoria nos

retrata. Porque una derrota te

obliga a mejorar. Porque un estadio es par-

lamento vivo. Porque cien mil ojos no

mienten. Porque estalla un grito

de dentro. Porque corren por mí.

Son explosión y dulzura. Sangre en vena; arteria

pura. Porque apretamos un

puño. Porque donde no llega el talento llega el corazón. Porque hay que pregun-

tarse ¿por qué? Porque argumentas y es-

cuchas. Porque el que se entrega

no busca excusas. Porque es una cima de la

civilización. Porque fija normas uni-

versales. Porque iguala continen-

tes y tribus. Porque educa a nuestros

hijos. Porque es estrategia.

Porque intuyes e impro-visas.

Porque es creativo. Porque es solidario.

Porque cada semana puede ser heroica.

Porque cada temporada empieza de cero.

Porque al asociarnos somos más fuertes.

Porque discurres tácti-cas y filigranas.

Por que intentas com-prender para estar a la

altura. Y aceptas el reto.

Y el reto te encumbra.

Porque olvidas las trage-dias.

Porque nos hace felices. Porque " yo " no conju-

ga. Porque somos " noso-

tros". Porque vas a llorar. Por que vas a soñar. Porque es batalla sin

víctimas. Porque es sudor y agua

clara. Porque es la ilusión de

los niños Y la memoria de los

abuelos. Porque el talento gene-

roso se vuelve mito. Porque un grande

auténtico mejora a los demás.

Porque es cálculo Porque es geometría. .Porque es ciencia y

método. Porque es balística y ar-

quitectura. Porque es equilibrio

mental. Porque es espacio y

tiempo. Plano y parábola.

Trazar en presente y Proyectarse al futuro.

Porque es ritmo. Porque es ballet.

Porque jugando ellos jugamos todos.

Porque somos héroes Porque somos juego.

Porque hay que poner atención.

Porque nos vuelve sensi-bles.

Porque nos emociona. Porque es Arte.

¿Por qué?

POR QUE? PORQUE…… por Jaime Díaz

Page 52: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

52

JOLICHADAS DEPORTIVAS

Coma todos os anos, celebrouse entre os 2 institutos, o Ramón Cabanillas e o Francisco Asorey, a carreira dos institutos. A clasificación foi a seguinte: XERAL E XERAL HOMES XERAL FEMININA CADETES HOMES

CADETES FEMININA INFANTIL HOMES INFANTIL FEMININA

CARREIRA DOS INSTITUTOS: CLASIFICACIÓNS

1º Martín Fabila 2º Sergio Chaves 3º Victorino Souto

1º Jennifer Oubiña 2º Lourdes Fariña, 3º Noelia Dozo Leiro.

1º Adrián Feijoo 2º Daniel Somoza 3º Reinaldo Abal

1º Andrea Torres 2º Aldara Muñiz 3º Raquel Martínez

1º David Somoza 2º Javier Carou 3º Rodrigo Mejía .

1º Miriam Trigo, 2ºTamara Parracho 3º Alba Abal Durán.

Page 53: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

53

JOLICHADAS DEPORTIVAS

O club X.A.V. Cambados (Xoves Afec-cionados ao Voleibol) naceu no ano 1994 con Rita Yánez, unha canaria que se trasladou a Cambados para formar un equipo de voleibol. Daquela na vila había moi pouco deporte feminino. Primeiro reuniu a un grupo de rapazas do instituto; logo, formou unha sección dentro do Cambados TM de tenis de mesa. Despois de dous anos, en 1996, o equipo tiña suficientes rapazas e formouse un club de vo-leibol independente: o X.A.V. Cambados, que tomou o seu nome do J.A.V. Las Palmas, club onde xogara Rita nas Canarias.

Na actualidade, Rita Yánez deixou a xestión de club en mans de Rocío Vilas, xogadora do equipo Senior. Na tempada pasada foron noventa as fichas tramita-das polo club na federación, que formaron os oito equipos que o club tiña na competición. O equipo principal, Senior, actualmente compite na Segunda División A, xogando contra os mellores equipos de Galicia. E as formacións menores, infantil, cadete e xuvenil están competindo na Liga Galega. Todas estas rapazas adestran no pavillón do instituto Ramón Cabanillas. O problema deste pavillón é a súa pista de cemento, que este ano propiciu moitas lesións, sobre todo de xeonllos. Por iso o club pediu ao Concello xa hai tempo que lles faga un pavillón ou que lles deixen adestrar algún día no pavillón do

Pombal xa que ten a pista de parqué. O futuro do club aparenta ser moi bo xa que cada vez máis rapazas se únen a este deporte. E tamén polas súas categorias inferiores posto que cada vez teñen maior técnica e táctica.

Formación do Club X.A.V. de Cambados

O CLUB X.A.V. CAMBADOS por Bibiana Silva 3º ESO A

Momentos dun encontro do Clube X.A.V. de Cambados

Espectaculares xogadas vense nun partido de voley

A deportividade sempre está presente nos partidos

Page 54: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

54

PASATEMPOS, ENCRUCILLADOS

5 1 9 3 6 3 6 5 9 8

6 9 8 5 7

9 3 6 1 7 5 2

7 4 3 5 6 9

6 9 3

8 5 3 9 1

7 9 4 1 8 1 9 4

4 9 5

1 5 8 2 6 7

2 7 1

8 9 2 6 8 9 9 1 7 6 3 4 8 2

4

1.SUDOKU FÁCIL: 2.SUDOKU MEDIO:

3.TEST DE INTELIXENCIA:

?

Cal é a carta oculta? 4.TEST DE INTELIXENCIA: Todas as caras dun corpo sólido son triángulos. O corpo ten 9 vértices. En seis destes vértices encóntranse 4 caras e nos outros 3, 6 caras destes. Cantas caras ten o corpo?

Page 55: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

55

PASATEMPOS, ENCRUCILLADOS

M A T A I B O Y A I D I L C D

O A C H L D O M I N G U E Z R

L I R P Q P Z Q K L S Ñ Y E O

U L U I S A N G E L A D O A M

I S A A C N M I L S M Z S I A

S M Y J R A A A E L I D I A L

A I G O T B R N H L Y M U J P

P L S S U L I M O I S E S Q Z

R N K E A A B C E I A D E L A

I V M L E N E C Z N J I D O F

E F Y U W C L Y R A D B E W E

T M O I C O R A E Y H U C A S

O D F S I J O S E D E L R I O

B A U R O R A X N Z C A E A J

T E R E S A R O M E R O M S N

Busca os seguintes nomes dos profesores do centro: José del Río Teresa Romero Mari Carmén Durán Adela Isaac Rocío Lidia Moisés Luísa Gelado Domínguez Taibo Aurora

5. SOPA DE LETRAS:

Page 56: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

56

PASATEMPOS, ENCRUCILLADOS

Ten dentes e non é boca, - Voa sen ás, chifla sen boca, se adiviñas, na cabeza che dá. Non se ve e tampouco se toca. Solución: o peine Solución: o vento Ráñanme continuamente - No medio do campo nacín de forma moi pracenteira, o que chore por min o meu a miña voz é moi ben timbrada corpo fará pedazos. e o meu corpo de madeira Solución: a cebola Solución: a guitarra Si me tiran polo chan, Levo a miña casa ó ombro xa non hai quen me recolla camiño sen unha pata, e quen queira sosterme, e vou marcando a miña pegada seguro que se molla. Cun goteo de prata. Solución: a auga Solución: o caracol Moitas dun nun buraco - No alto vive, no alto mora, e todas visten de negro. No alto tece a tecedora. Solución: as formigas Solución: a araña Son animal no campo, - Se me nomeas son pintura na cidade desaparezo e o meu nome como di Braulio quen son? nesta adiviña está. Solución: o silencio Solución: o paso de cebra Coa miña cara vermella, - Alto como un piñeiro o meu ollo negro e o meu pesa menos que un comino. vestido verde a todo campo alegro. Solución: o fume Solución: a amapola No mar non me mollo, - É como unha paloma branca nas brasas non me queimo, e negra, pero boa sen ás no aire non me caio e fala sen lingua. e tesme nos labios. Solución: a carta Solución: a letra A

8 5 7 1 9 3 6 23 1 2 6 7 4 5 94 6 9 2 8 5 1 39 3 6 8 1 7 4 57 4 1 3 5 2 8 65 2 8 4 6 9 7 12 8 4 5 3 6 9 76 7 3 9 4 1 2 8

1 9 5 7 2 8 3 4

726 48 1 3 9314 97 5 6 8958 23 6 1 4249 76 3 8 5187 59 4 2 3635 81 2 9 7491 32 7 5 6563 14 8 7 2

872 65 9 4 1

M A T A I B O Y A I D I L C D O A C H L D O M I N G U E Z R L I R P Q P Z Q K L S Ñ Y E O U L U I S A G E L A D O O A M I S A A C N M I L S M Z S I A S M Y J R A A A E L I D I A L A I G O T B R N H L Y M U J P P L S S U L I M O I S E S Q Z R N K E A A B C E I A D E L A I V M L E N E C Z N J I D O F E F Y U W C L Y R A D B E W E T M O I C O R A E Y H U C A S O D F S I J O S E D E L R I O B A U R O R A X N Z C A E A J T E R E S A R O M E R O M S N

TEST DE IN

TELIXENCIA:

A. O

as de diamantes.

B. 21 caras

Page 57: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

57

Portadas propostas polos alumnos de 4º de informática. Grazas pola vosa colaboración.

Page 58: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

58

.

As unllas das mans máis lon-gas de todos os tempos per-tencían a una americana e a suma da lonxitude das súas unllas era igual a 9,85 me-tros. Tiña 63 años.

Cristiano Ronaldo cous-toulle ao Madrid 57 ve-ces o seu peso en ouro.

As bananas non crecen nas árbores… O bananei-ro é, en realidade, un dos arbustos máis grandes do mundo.

Cada año destruímos 15.000.000 de hectáreas de selvas tropicais, durante os últimos 50 anos perdéronse un terzo das nosas selvas tropicais.

O submarino da mariña británica purifica a agua e o aire, polo que pode dar a volta ao mundo sen saír da superficie. Ademais, ao tra-tarse dun submariño nuclear, po-de estar 25 anos sen repostar.

Un neno chinés su-maba entre os seu pés e as súas mans 30 dedos, 16 nos pés e 14 nas mans.

O home vivo máis alto do mundo mide 246,5 cm, seus pes miden 36,5 cm, e as súas mans 27,5 cm, case o longo desta páxina.

A árbore máis antiga do mundo está en Irak, crese que ten máis de 4000 anos e foi declarado monumento nacional.

A árbore de madeira dura máis alta do mundo é un eucalipto, e mide 101 metros.

Micael García Martín Blanco 1º BAC A

Page 59: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

59

.

.

O maior milpés do mundo mide 40 cm de lonxitu-de e ten 256 patas

Os arquipélagos de Tuvalu e as Maldivas están formados por arrecifes e atolones. Encóntranse en perigo polo quentamento global xa que as máximas elevacións de Tuluva e as Maldivas sitúanse entre 5 e 4 metros sobre o nivel do mar respectiva-mente

En 2010, en Bolivia, un veciño presenciou un asasinato e debuxou un retrato robot do asasino. Este retrato gañou o Guiness World Record ao peor retrato robot.

O maior iate do mundo mide 170 metros de lon-go, o prezo ascende a 485 millóns de dólares ame-ricanos, está equipado con 2 pistas para helicóp-teros, 11 camarotes para invitados, 1 mini subma-rino e o seu propio sistema de defensa de mísiles

A serpe viva máis longa de todos os tempos mide 7,5 metros, e atopouse en Indonesia.

A maior casa feita con Lego mide 4,69 metros de alto, 9,39 metros de longo e 5,75 me-tros de ancho. Foi construída por 1200 voluntarios e empregá-ronse un total de 2,4 millóns de pezas na súa construción.

Segundo biólogos hai 400.000.000 millóns de cans no mundo.

Page 60: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2011

60