Jolichadas2012

60
I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012 1 l

description

Revista escolar

Transcript of Jolichadas2012

Page 1: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

1

l

Page 2: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

2

Page 3: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

3

Limiar Índice

Ao recibir a honra de abrir coas miñas palabras esta edi-ción de Jolichadas, parei a pensar nos anos que levo, así como os meus compañeiros, esperando esta revista ao fi-nal de cada curso como quen espera a caída das follas en outono: como algo inevitable, previsible. Nin bo nin malo; tan só un feito que sabes que vai ocorrer. Pero este ano quero recordar a dous grupos de alumnos para os que esta revista ten un significado especial: aque-les que a reciben por primeira vez, e aqueles, coma min, para os que será a derradeira. Sen dúbida nós poderíamos contarlles aos máis pequenos o que contén a revista, cal é a súa liña, qué seccións a conforman. Pero non temos ma-neira de saber que novas aportarán eles, que ideas, ou ta-lentos, ou puntos de vista. As cousas non permanecerán iguais cando veñamos visitar o instituto en dous, cinco, dez anos. Tampouco son iguais agora que á nosa chegada: porque cada xeración que pasa polo instituto deixa no centro, e en Jolichadas, unha pe-gada da súa personalidade, do seu talento, das súas expe-riencias. Deixan a súa impronta, provocando que o institu-to, como as linguas que nel se estudan, sexa un ente vivo que evoluciona e cambia ano tras ano. Non mentirei dicindo que non me gustaría que os festi-vais de Samaín, Nadal e Antroido; as panxoliñas no hall, a carreira dos institutos, os concursos da biblioteca … ; continuasen tal e como eu as gardarei na miña memoria: pero é imposible, e é bo que así sexa. Por iso me dirixo a tódos os alumnos que permanecen no centro para dicirlles: non teñades medo de destacar, de aportar, de mostrar o que podedes ofrecer. O instituto medrará e irá a mellor cada ano.

E vós, tamén.

María Mariño 2º Bac B

Portada Angelo G. Vásques Paulet4º ESO Contraportada Equipo de Dinamización Lingüística Dirección,Deseño e Maquetación Equipo de Dinamización Lingüística Grazas a todos os que fixeron posible a publicación deste número da revista do Asorey. Os erros asumímolos os que diriximos e maquetamos esta edición de Jolichadas

3– Limiar 4– Letras Galegas 7– Semana das Letras 9– Festival das Letras 12- Jolichadas entrevistas 20– Actividades Asorey 30– Samaín 31– Nadal 32– Antroido 33– Biblioteca 36– Historias Minguantes 38– Recuncho Literario 44– Colaboracións 50—Jolichadas deportivas 53– Libros para o Verán 54– Sabías que? 57– Pasatempos

Page 4: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

4

LETRAS GALEGAS

Valentiz Paz Andrade naceu en Lérez o 23 de abril de 1898 e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Paz Andrade foi licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago no ano 1921. Ó rema-tar os estudos dirixiu o diario Galicia, onde tamén colaboraban Castelao, Risco e Vilar Ponte, entre outros. En 1924 foi condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos e, en 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Posteriormente mar-chou a Extremadura e en 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. Foi membro da Real Academia Galega e tamén da Academia Galega das Ciencias. Despois da morte de Fran-co, formou parte da Comisión dos 10 da oposición demo-crática e en 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, den-tro da Candidatura Democrática Galega. Paz Andrade cultivou sobre todo poesía e ensaio. Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa poesía fala da morte de Castelao, trata os temas do exilio, amor ausente, a sociedade galega da épo-ca e a paisaxe de Galicia. Os seus poemarios son:

● Pranto matricial ●Sementeira do vento ●Cen chaves de sombra ●Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo

Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesquei-ros. Algúns dos seus ensaios son:

●Los puertos nacionales de pesca. Aportacíón de Vigo al estudio del problema ●Producción y fluctuación de las pesquerías ●Sistema económico de la pesca en Galicia ●Galicia como Tarea ●La anunciación de Valle-Inclán ●La marginación de Galicia ●A galecidade na obra de Guimarães Rosa ●Castelao na luz e na sombra ●Galiza lavra a súa imagem

Ademais, Paz Andrade colaborou en O Ensino, Grial e Outeiro con artigos sobre literatura e con artigos económicos e políticos en xornais como El País ou La Vanguardia.

Paz Andrade recibiu varios premios, como o Pedrón de Ouro no ano 1975, a Medalla da cidade de Pontevedra no ano 1979, a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo en 1986 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo no ano 1986.

VALENTÍN PAZ ANDRADE por Cristina González Escudeiro 2º Bach A

Paz Andrade, autor homenaxeado na Día das Letras 2012

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño” O porvir da lingua (Valentín Paz Andrade)

Page 5: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

5

LETRAS GALEGAS

Galegos, meus irmaos, veño de ter co-a morte. Sin o agardar unha vez mais atopo o ventureiro empalme con a vida. Estóu na singladura do retorno, con ollos recuncantes na alborada, tímpano a se tremer en libres odas, pernas reencanadas para andar os camiños resucitados. Veño da morte, irmaos, e no fardel, pouco trouxen pra vos: cicatrices de ferro nas palavras PRANTO MATRICIAL NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare...

VALENTÍN PAZ ANDRADE

AS

PALA

BRA

S

Vén

o ar

ateig

ado

de

palab

ras,

cada

mañ

á cha

mando

aos n

osos

vidr

os,

para

por a

xerm

olar s

on

e sem

ente

.

Page 6: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

6

LETRAS GALEGAS

VALENTÍN PAZ ANDRADE

CANTARELA DO CANTEIRO Plim-plim, plim-plim, plim-plim... Con sílaba de ferreiro canta, canta, os minerais sonos debullando, plim-plim, plim-plim, plim-plim... canta, canta o teu cincel. ... O teu arte, canteiro, arte maior do pico e da marreta, qué xeolóxico verso, na castidade crúa do perpiaño labrará para min? ... Plim-plim, plim-plim, plim-plim... As voces unisílabas da pedra, só por túa mao, canteiro, se xuntaron ao pentagrama máxico do mundo.

TRIADAS DO VENTO NO MAR

Verde vento polas leiras e vento azul polo mar, panos da mesma bandeira. Quen fora vento, meu mar e sobre o teu lombo brando puidera o corpo deitar! Quen fora o vento poboado de polen e de cantigas e malvises namorados! Quen fora o vento que rube a refrescar as estrelas despois de folgar coa nube! Quen fora xinete alado de ardor e de vidro feito sobre das olas montado!

CANTIGA MATINAL DE SAMIL

A cabalo da mañá teño unha baranda nova, para escoitar a riveirana de luces de cada aurora. Bañado na onda do mare e peneirado na brisa entre as palmas do mencer entrou encoiros o día. A gasa da néboa ao lusco ten remendos amarelos, que lle botan á mañá as roupas dos bolicheiros.

O BARCO DE SOMBRAS Para Xosé Núñez Búa ...Despois da meia noite de Vilaxoán partían... Polo peirao durmido vultos de homes da vila pouco a pouco engulidos por un barco sen luces a pasarela entrando en alongada fila. ... Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora repican a maitíns as monxas dun convento, as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen, o mar saúda o barco coa súa mao ao vento. ... Alá fica Rianxo con Castelao de fora, e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro. Despois o barco vira a costa de Pondal para ter da liberdade o rumo verdadeiro. Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza, as cantábricas puntas de Galiza dixeron: Adeus fillos da Terra as alleas ciscados e que Deus vos recolla no anaco que nos deron! ... De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron poucas malvas darían camposanto da Terra. A dispersión, a praga bíblica de Galiza, nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.

Page 7: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

7

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS Na Semana das Letras Galegas houbo celebracións por todo o alto no IES Asorey.

O EDL e o equipo daBilblioteca espuxeron unha serie de carteis onde se nos contaba a vida e a obra do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. Desta for-ma puidemonos achegar ao traballo deste autor e descu-brir a un home que loitou activamente pola nosa terra du-rante toda a súa longa e intensa vida, xa que ademais de escritor tivo tamén unha presenza destacada noutro ei-dos como é o da actividade empresarial, posto que foi o impulsor de numerosas iniciativas neste campo .

E así demos paso a unha serie de actividades que se concretaban día a día e que perfilaban un cartel desti-nado para todos os nosos alumnado O luns 14 de maio foi un día moi activo para todos nós. Comezamos escoitando a Tropa de trapo e os seus “Contos coas mans abertas”. Contos que nos falan de xestes sinxelas de distintos lugares, de diferentes paí-ses do mundo. Historias que nos trasladan a outras épo-cas e que nos ensinan que todos os homes e mulleres de ben queremos o mesmo: a paz, a felicidad. Que non im-porta de onde procedamos e como vivamos. A humanidade aspira e aspirou sempres ao mesmo. A vivir en harmonía.

Despois da actuación e dun obradoiro que ofreceron para ensinarnos a aprezar e contar historias, fomos a unha conferencia sobre a historia do cine. Charla impartida por Miguel Anxo Fernández, estudoso galego que nos ensinou moito sobre a sétima arte de maneira amena e divertida, o cal lle agradecimos todos cun sonoro aplauso ao rematar Agardamos que o ano que vén volte con novas historias.De feito este ano xa recuncaba, e como todos estes anos triunfou entre o estudantado.

Pola tarde visitáronnos de novo os compoñentes de Teatro do Oprimido. Esta vez coa obra titulada “A viaxe de Ana”. Unha reflexión sobre a inxustiza que se comete con moitas mulleres estranxeiras ao non recoñecerlles a súa valía pro-fesional e ao ofrecerlles no noso país un único posible tra-ballo: o de criada. Traballo normalmente mal pagado e no que son en moitos casos explotadas. A través de distintas in-tervencións do público puidemos ver como podía cambiar a historia, a vida, se poñemos todos algo da nosa parte. O martes 15 de maio, alumnos de 1ºe 2º ciclo de ESO asistiron a un taller de olería ás primei-ras horas da mañá, impartido por Elías González. Esta tradición tan nosa foi traída ao centro para recordarnos as técnicas máis elementais dos oleiros. Este artesán, chegado dende a Ribei-ra Sacra (Lugo) compartiu con nós o seu saber e demostrounos, con gran habilidade, que con barro e auga, ben mesturados e nas proporcións axeitadas, e o seu posterior paso polo forno podemos fabricar uns obxectos de longa duración, que se poden usar tanto con fins domésticos coma con fins decorativos, e o que é mellor: totalmente ecolóxicos e, propios da nosa terra ( que non barro xa que ti proba a facer un produto coa terra do aparcadoiro)

Page 8: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

8

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E, do traballo artesanal, pasamos a rir a gargalla-das co espectáculo de Candido Pazó titulado “Outras historias”. Foron moitos os momentos da actuación nos que iamos do surriso a risotada e todo grazas a mestría deste actor ao contar de forma maxistral ata o máis trivial e mundano. Un grande artista que nos fai gozar da nosa maneira de ser, da nosa retranca e sentido do humor, a través de historias, de contos sinxelos cheos de chispa e sabedoría popular. Xa nos está a resultar familiar a escaleira de Cándido.

O mércores 16, para ir abrindo boca, antes de em-pezar o que esperabamos con ansiedade, o Equipo da Biblioteca e o EDL entregou os libros de micro-rrelatos aos autores seleccionados para confor-mar este novo volume de historias minguantes. De todo o concerniente a este concurso, tedes infor-mación máis detallada nunha páxina especial de Jolichadas onde se recolle unha mostra das histo-rias escritas este ano na biblioteca, e que,ben se-guro serán recollidos no volume, que se publicará no seguinte curso

Despois, chegou o gran momento por todos nós: O Festival das Letras. Un ano máis, alumnos e profesores do centro superáronse a si mes-mos ofrecéndonos un espectáculo inolvidable. Viaxamos con Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro a un mundo de mortos moi vivos. Os monólogos, os diálogos, a lectura de poemas, a interpretación de cancións, o baile, a música, o bo facer, estiveron presentes en todo momento neste día de homenaxe ás nosa letras. Grazas desde aquí a todos aqueles que traballaron du-ramente para que isto fora posible. De feito , e como queda reflec-tido na reprodución do cartaz anunciador de todos os actos cele-brados esta Semana das Letras, esperamos que o vindeiro curso, teñamos tantas actividades de tanta calidade coma as que puide-mos asistir este ano.

Page 9: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

9

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 16 de maio, un día antes do día das Letras Galegas, o IES Francisco Asorey fixo a súa particular homenaxe á cultura galega máis universal cun espectáculo multimedia pro-tagonizado por alumnos e profesores do centro. A obra representouse no salón de actos ante a presenza de todos os alumnos e profesores. Resultou un grande éxito que compensou todas as horas de esforzo e nervios dos participantes. Porque detrás do que todos vistes, hai moito traballo e moito esforzo. Todo comezou coa idea de poñer xuntos aos grandes nomes da poesía galega que tiñan conmemoracións ao longo deste ano: Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro. A miña primeira idea peregrina de baixar aos infernos a encontrarnos con eles transformouse nun maxistral guión escrito por Domingo Tabuyo que os resucitaba, e os facía fuxir a Cambados durante o día das Letras Galegas. “Hai días e lugares propicios para que, a maxia das cousas, lance os seus feitizos e sucedan

efectos que poucas veces ocorren, e moito menos que teñamos a oportunidade de asistir, en vivo

e en directo, a tales momentos únicos.

Pois tal día coma hoxe, nun espazo coma este, xuntáronse Cabanillas, Rosalía de Castro, Álvaro

Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro, todos Poetas, todos grandes e todos recentemente home-

naxeados en Centenarios e demais recoñecementos.

E xuntáronse para divertirse e divertirnos, durante un rato. Para ser diferentes aos que lemos

nos libros e para celebrar o Día das Letras con todos nós. “

Este era o comezo da obra narrado ma-ravillosamente pola voz en off de María Mariño, que nos metía de cheo nunha atmosfera máxica na que todo era posi-ble. Os Xeitosiños, vestidos co traxe tradicional, apareceron tras o telón para ilustrar a nosa idea de celebrar as le-tras e a lingua de forma alegre e diverti-da. O galego é un privilexio que temos, e queremos que saia á escena como tal, sen vitimismos, nin tristuras nin morriñas. Queremos amosar que a poesía galega e os vellos autores están aínda vivos por-que as súas palabras viven connosco. Por

isto, ao rematar a súa actuación, os Xeitosiños baixaron do escenario e mesturáronse co público, facéndoo partícipe do espectáculo.

Festival das letras: Uns mortos moi vivos por Belén Trobajo repetidora per vita eterna

Page 10: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

10

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Despois foron aparecendo pouco a poco todos os perso-naxes. Diego Mariño, de 1º da ESO, deu vida marabillosa-mente a Ramón Cabanillas. Foi todo un descubrimento, e un talento para ter en conta no futuro. Manexou un texto denso e difícil con mestría, dándolle o caríz cómico que queriamos, e proporcionando moita tranquilidade aos de-mais coa súa seguridade e dominio dos diálogos. Ata rapeou un poema do seu personaxe, “Camiño longo”, acompañado na percusión por Diego Cores e bailado por Manuel Fernán-dez de 2º de ESO, toda unha sorpresa.

Rosalía de Castro estivo representada por Martina Mendoza, de 4º da ESO, sempre amable e risoña, un gusto traballar con ela. Martina leva a farándula nas súas veas, é un diamante en bruto que cando se lle pule un pouco brilla como o que máis. Os ensaios e o seu traballo persoal fixeron que rematara domina-do o personaxe, os xestos, as cadencias, e que formara unha primeira gran parella cómica con Cabanillas. Á metade da obra apareceu Iván Rey de 1º da ESO, facendo

volver ao mundo dos vivos a Álvaro Cunqueiro, como non, acompañado dunha caixa de albariño “para regalar” e disposto a buscar algún furancho onde perderse. Nunca Cunqueiro podería teri-maxinado que un rapaz como Iván, con esa inocencia e desenvoltura, podería evocar tan ben a súa personalidade. Xa no Samaín Iván mostrou as súas dotes artísticas narrando un relato de terror. A súa actuación no festival das letras vaino consolidar tamén como unha das promesas do Asorey. Pero sen dúbida, o actor revelación foi Celso Emilio Ferreiro, ou, o que é o mesmo.... Miguel Leiro, alumno de 2º de ESO, que co seu monólogo sobre las laranxas, meteuse a todo o público no bolsillo e gañouse os maiores aplausos da mañá. Foi Teresa Romero a descubridora deste talento para o monólogo cómico. Aínda que ao principio parecía ter dúbidas sobre a súa partici-pación na obra, despois tomouno con entusiasmo e, case diría, profesionalidade. Sen apenas indicacións sacoulle todo o xugo ao texto, nunca mellor dito, e ao público un sinfín de gargalladas que ben están nestes derradei-ros días de clase. Estes personaxes foron representando con soltura e moita graza o guión de Domingo, ata o pun-to de que alguén insinuou se estaba gravado o texto... pois non, todo era en vivo e en directo. Como tamén o foi a música, outro dos grandes atractivos da función.

Un gran elenco de alumnos e profesores, dirixidos por Belén Tro-bajo, e cos arranxos musicais desta profesora multitarea, sor-prenderon á audiencia con varias cancións que musicaban textos dos autores homenaxeados. O piano de Rebeca, o chello de Veróni-ca, os violíns de Belén e Lara, a batería e caixón de Diego, a gaita, a frauta e pandeireta de Anxo, as guitarras de Andrea, Enmanuel, Miguel e Marcos, levaron á escena a paixón pola música, sendo o

colchón sobre o que nos fixeron soñar as voces de alumnos e profesores:

Festival das letras: Uns mortos moi vivos por Belén Trobajo repetidora per vita eterna

Page 11: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

11

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Andrea Falcón de 4º de ESO deu novos e doces aires ao famosísimo “Adiós ríos, adiós montes” de Rosalía de Cas-tro, acompañada por guitarras, corda e percusión. Un grupiño de alumnas de 1º de ESO fixeron tamén unha presentación de fotos para acompañar á letra. Domin deixou a todos coa boca aberta, coma sempre, coa súa interpretación do “Niño novo do vento” de Cunquei-ro. Aínda que perdeu un pouco de “protagonismo” debido á emocionante aportación da gaita de Anxo Xesteira, de 1º de ESO, que saíu do público e voltou a el tocando como un auténtico profesional. A audiencia volveuse sorprender cando empezou a saír xente do público, uns minutos despois, para formar un coro de alumnos e profesores que acompañaron a José Luis López cantando e recitando “Irmáns”, de Celso Emilio Ferreiro. Un poema que fala da tolerancia, da paz, da soli-dariedade, que nos deu a oportunidade de escoitar unha magnífica voz solista. Os seus alumnos, den dúbida, disfrutaron do lindo con estoutra faceta do seu profesor.

Para moitos foi a interpretación de “Negra sombra” de Rosalía da alumna do Ciclo medio de Administrativo, Cristina Fontán, de 1º ciclo Administrativo, xunto ao chelo de Verónica e a gui-tarra de Enmanuel, uns dos momentos máis impactantes da función, unha proba de que a sencillez engrandece a emoción cando as cousas se fan con gusto e con talento. Outros grandes momentos foron ás lecturas de poemas: María Mariño leu “A calzada de Cambados” de Cabanillas, Mariña Costa o poema contra o matrimonio de Rosalía, Xesús Castro o

“Deitado frete ao mar” de Celso Emilio. Fotografías de Adela Leiro e montaxes de Belén Troba-jo ilustraron os recitados. A obra rematou co famoso “Miña terra galega” cantado por Xesús Castro mentras saían todos os participantes no festival a recibir o seu merecido aplauso. Desde aquí tamén vaia o noso para todos aqueles que traballaron na sombra: o debuxante do cartel anunciador Bahadir Tasmedir, as apuntadoras Carmen Rofríguez, de 1º Bac e Julia Varela de 1º de ESO, os técnicos de son e iluminación J Manuel Domínguez, Adrián Gª Rial (2º ESO)e o grupo Caracol que nos cedeu os decorados. Moitas grazas pola súa colaboración. E grazas a todos vós, os que traballastes polas tardes, en horas de recreos, en atencións educa-tivas, incluso perdendo horas de clase que tivestes que recuperar. Grazas polo voso entusiasmo, pola vosa amabilidade, polas vosas aportacións e suxestións. A miúdo, cando se fala de que a xuventude non ten ideas, que son maleducados ou que non ten valores, eu penso que son afortu-nada de coñecer a rapaces coma vós. Por vós merece a pena se-guir traballando a pesar dos recortes e das trabas. Por vós se-guiremos adicando o noso tempo a organizar actividades nas que vos podades expresar fóra das aulas. Desde Jolichadas quero darvos á noraboa e as grazas a todos os que participastes e unha mención especial para os dous “Domis”, Domingo e Domin, que foron imprescindibles neste proxecto. Un abrazo a todos e....

adeus Letras Galegas, ata o ano que vén!!!!!!

Festival das letras: Uns mortos moi vivos por Belén Trobajo repetidora per vita eterna

Page 12: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

12

JOLICHADAS ENTREVISTA O cambio climático na nosa zona

porAntía Chantada e Aldara García 1º Bach-B

Nota perdas económicas no seu sector? En momentos puntuais si que se poden notar per-das económicas xa que si se coincide con un tem-po demasiado seco hai que regar máis da conta, por exemplo este ano nos meses de febreiro e marzo foron moi secos e houbo que regar máis da conta, e tal e como está o combustible de prezo, inflúe negativamente nos costes de pro-dución. Contesta agota as nosas preguntas D Claudio Otero, pescador e dono de varias bateas. Como ve vostede que afecta o cambio climático a esta zona? Eu non falaría dun cambio climático, definiríao máis ben como un ciclo climático. Hai 10 anos, a primavera era máis ou menos cálida, xunto co verán e o inverno e outono eran fríos e húmidos, o clima era estable, cousa que agora non é así. O ciclo climático esta a cambiar, o tempo que de-bería facer en decembro estao facendo a finais de abril e principios de maio. E isto, afecta tanto ao mar como á terra, xa que as cousas non se colleitan no tempo que se debería.

Primeiro en respostar ás nosas preguntas é Manuel Chantada, membro da cooperativa Hortumía Como ve vostede que afecta o cambio climá-tico a esta zona? En principio, nesta zona, non está afectando demasiado. O clima galego sempre se carac-terizou por ser moi irregular, sempre houbo anos máis secos e outros máis chuviosos. O único que hai que ter en conta e que hai que adaptarse á hora de plantar co clima que haxa nese momento, esto quere dicir que si vai frío ou hai abuntantes choivas hai que esperar o momento axeitado. Os cambios de temperatura e inestabilidade nas estacións, como afectan aos seus culti-vos? Dependendo dos cultivos os cambios de tem-peratura van afectar ou non ao seu desen-volvemento. Aínda que eu creo que no sector da agricultura non hai importantes cambios xa que hai cultivos que poden estar listos en mes e medio, e ademais, a principal época de produción na horta da zona das Rías Baixas é o verán, e de momento non hai esaxerados cambios no clima.

Todos escoitamos falar do cambio climático e como este afecta a o noso planeta, pero nunca es-coitamos os efectos que causa este en Galicia e en Cambados. Entrevistando Manuel Chantada membro da cooperativa Hortumia , Claudio Otero pescador e dono de varias bateas e M. Luis Costas Fontán, propietario da adega Lagar de Costas e antigo alumno do IES Francisco Asorey . Estudiaremos os cambios que ocasionou o cambio climático na nosa zona.

Claudio Otero

Manuel Chantada

Page 13: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

13

JOLICHADAS ENTREVISTA

O cambio climático na nosa zona porAntía Chantada e Aldara García 1º Bach-B

Os anos en Galicia non son todos iguais, pode vir un ano moi seco e outro moi chuvioso. O que está claro e que a Galicia que todo o mundo coñece como verde, fría e húmida está a cambiar, xa que o clima non está como hai 10 anos, agora o clima é inestable. Antes vendimábase a finais de setembro ou principios de outubro, nos últimos anos a vendima xa se estivo adiantando a media-dos de setembro, pero o ano pasado tívose que vendimar a finais de outubro e principios de se-tembro, xa que a uva maduraba antes de tempo grazas a calor e a que hai menos auga. Os cambios de temperatura e inestabilidade nas estacións, como afecta aos seus cultivos? Na viña tamén aparecen novas bacterias e fun-gos que non son propias desta zona e que non se coñecían, isto implica comprar novos produtos químicos para eliminalas que contaminan o resto do contorno. Algunhas bacterias que xa se daban na zona aparecen con máis facilidade como a araña roxa ou o mildeo, que ao facer máis calor e menos humidade crecen con moita máis facilida-de e isto implica, outra vez, empregar máis pro-dutos químicos, os cales antes case non facía falta empregalos xa que estas bacterias co frío é moi difificil que aparezan. Nota perdas económicas no seu sector? Agora hai que traballar máis e gañar menos, pero como en todos os sectores. Moita xente ten uvas e o seu prezo non é tan alto como hai uns anos. O que ocorreu o ano pasado foi que fixo moito ca-lor e a uva madurou antes de tempo, pero a se-mana que tocaba vendimar comezou a chover, facendo que as uvas contasen con menos gradua-ción e a uva pesase máis, o cal fixo que houbese máis quilos pero a uva custase menos e moita uva tívose que tirar ou deixar sen vendimar.

Os cambios de temperatura e inestabilidade nas estacións, como afecta aos seus culti-vos? Ao facer máis calor do normal, o fondo ma-riño énchese de algas máis facilmente polo cal o marisco deses fondos mariños pódrese ao non poder respirar ben e carecer de sufi-ciente alimento. Como case non chove na época que ten que chover, o mexillón ao ca-recer de auga doce suficiente non engorda. Antes o marisco non tiña case toxinas, e as que tiña duraban 15 días ou menos, agora aparecen máis toxinas que antes non se da-ban nesta zona e duran de 5 a 7 meses o cal afecta notablemente ao produto, xa que es-te non se pode comercializar, causando grandes perdas económicas. Nota perdas económicas no seu sector? Debido o que comentaba antes acerca da falta de auga doce para que o mexillón me-dre e das toxinas que impiden comercializar o producto nun período de 5 a 7 meses, as perdas económicas son bastante grandes, aínda que as bateas que se atopan na boca das rías non teñen tantas perdas económicas como as outras.

Por último respondeu ás nosas preguntas D. M. Luis Costas Fontán propietario da bode-gas Lagar de Costas e ex-alumno do Asorey: Como ve vostede que afecta o cambio climá-tico a esta zona?

M Luis Costas Fontán

Page 14: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

14

JOLICHADAS ENTREVISTA O dezaseis de maio no Auditorio de Cambados celebrouse a en-trega do noveno premio Ramón Cabanillas outorgado este ano a Maribel Iglesias. Os seus alumnos quixeron estar presente e sor-prenderon á homenaxeada con estas palabras: Boas noites a todos os presentes. Sorpresa, Maribel! Aquí estamos, unha vez máis, os teus alumnos acompañándote nun novo proxecto. Que non son poucos. E non sei como o consegues, pero sempre nos acabas enredando a nós tamén. E contaxiándonos o teu optimismo e ambición. As túas ganas de loitar polo que é noso, a ensinarnos cousas que van máis alá da ensinanza convencional. Porque aínda que todos saibamos que a pereza de Maribel sobrepasa límites inhumanos, tamén hai que recoñecer que ten máis paciencia que ninguén, que se involu-cra en todo o que fai. Pertence a un grupo case extinto de profesores, daqueles que te acor-das cando voltas a vista atrás con corenta anos. A que nos reúne para facer pancartas en contra da lei SOPA, a que nos manda por todo o instituto colgando carteis para concienciar sobre a igualdade e os problemas da guerra. A única que nos incita á rebelión e a conseguir cambiar o noso futuro, e se se pode facer por Internet, pois mellor aínda. E para que negalo, é unha das poucas que se preocupa polos seus alumnos, que non nos fai estar ata as cinco da mañá estudando para un exame, para que? Xa sabes o que entra, nada do que deramos o día anterior. Únicamente, gráficas, mapas, e o seu imprescindible texto da wikipedia. E despois? Logo mil trescentos traballos para vacacións, a parte de libros de lectura en inglés para con-seguir rasgar algunha decimiña a final de curso. Pero iso sí, sen excursión non quedamos, xa sexa Asturias, Londres ou Dublín, e como non, ela é a única que se atreve a acompañarnos. Por todas estas cousas perdoámoslle incluso polos intermiables vídeos da BBC. E ben, xa que nos dá unha de cal e outra de area, trátanos coma ninguén e soporta a nosa inaguantable adoles-cencia. Por iso tiñamos que estar hoxe aquí, para felicitala por este premio. Recordo que o ano pasado saíanos Aosrey ata na sopa: que se homenaxe, que se traballo de vinte páxinas…pois ben, cando críamos que xa o sabíamos todo sobre el, aparecía Maribel con novos datos. E incluso logrou atopar obras do escultor que non estaban nen sequera cataloga-das. É incansable! Esta biografía de Asorey é froito do esforzo de máis de dous anos da nosa polifacética profesora e é a proba da admiración que sente polo escultor cambadés. O traba-llo dunha grande sobre outra grande. Para ela vai esta cariñosa homenaxe dos seus alumnos, dende a cal che queremos dar as gra-zas e felicitarte por este merecidísimo premio. Parabéns Maribel; seguro que volveremos ter novas túas cedo sobre Asorey, pero que non sexa moi pronto ou ímolo ter que estudar para os exames!

Page 15: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

15

JOLICHADAS ENTREVISTA Maribel Iglesias: CAMBADESA DO ANO

por Mónica González, Paula Gondar,Lucía Santos 1º Bac A

Maribel Iglesias Baldonedo, filla dun matrimonio emigrado a Venezuela, naceu en Caracas hai 45 anos. Na actualidade é profesora de Historia e Xeografía no noso instituto, e ofreceuse, con moi-to agarimo, a abrirnos as portas da súa casa, para compartir connosco un rato agradable. -Recentemente, recibiches o IX Premio Ramón Cabanillas por dous libros: Cambados 100 anos de historia a través da fotografía e Ramón Ca-banillas Enríquez, biografía en imaxes, un tra-ballo conxunto cos alumnos e outro individual. Como te sentiches ao ver que o teu traballo se vía recompensado? Como me ía sentir? Moi a gusto e, por suposto, moi orgullosa, sobre todo, de cara á meus fillos, porque como é normal, na casa non me fan moito caso, e desta maneira tomábanme máis en serio. Como anécdota, recordo que nun periódico citaran a uns cantos expertos sobre Asorey, entre os que apa-recía eu, e cando llelo ensinei, só me preguntaron: “Experta? Experta ti?” (Risas). Así, por outra ban-da, se non che fan caso, tampouco o cres tanto… -Por que te decidiches a facer ese libro sobre Cabanillas? Recibiches algunha axuda? Cabanillas é un personaxe moi interesante, sempre me gustou moito a súa poesía. Admirábao. Unha persoa que me axudou neste traballo foi Luís Rey, traballador da biblioteca municipal, que tamén estaba a facer un libro sobre Cabanillas e pasoume moito material. Por suposto, os meus alumnos tamén tiveron que participar, obrigados, neste proxecto.

-Agora, estás a traballar na biografía máis am-pla que se redactou sobre Asorey, que aínda non está publicada. Como foi ese traballo? Bueno, en realidade, eu traballo porque me gusta. Antes de ir tomar un café coas amigas, quedo na casa, buscando información no ordenador. (Risas). A verdade é que non sei se se dará publicado, tal e como está o tema da crise, poucos editores se arriscan. Ademais, cun libro tan caro de editar. Ía publicarse en decembro, pero ao final non saiu, a ver si para o ano. Eu xa cumprín, se o libro é bo publicarase, senón, queda aí. O traballo está feito. -Ademais, o ano pasado, levaches contigo a to-da a túa familia en busca de obras do escultor por toda Galicia e parte de España; como foi esa experiencia? Pois imaxinádebos, aos meus fillos protestando cada cinco minutos. Que tortura. Fomos , por exemplo, a Oviedo, Guernica, Madrid, Barcelona…e por Galicia, cada fin de semana, o domingo tocaba excursión. Aquí, hai obras de Asorey por todos lados, e cando eles xa estaban cansos, conseguín enredar a algunha amiga. -Moitas obras de Asorey están fóra do noso país, como conseguiches estudalas? Como eu teño familia fóra, en Sudamérica, conse-guín velas, pero a través de fotografías que me enviaban. As obras que están en España conseguín velas todas ou a maioría, as que se atopan en Bos Aires e Montevideo, é máis difícil, están moi lonxe. Ademais, o mellor para facer un traballo deste tipo é velas en directo, pero neste caso, non se puido. -Como te sentiches cando os teus alumnos e compañeiros de traballo te acompañaron o día da túa homenaxe? Que vos vou dicir? Porque tiña rímel que senón, botaba a chorar alí… Ao principio daba vergonza, esas cousas sempre cohiben, pero logo, cando vol-ves a casa e recordas todo, dá gusto, sí, dá gusto. O peor é que isto anima a seguir facendo cousas. Que a pesar deque se gasten moitos cartos e sem-pre líe á miña familia, que xa está farta, a recom-pensa anima a seguir adiante. E por último, neste momento tes algo en mente? Esta vez enredáronme a mín. Manolo, o meu home, e un editor amigo, animáronme a colaborar nun pe-queno libro sobre un famoso galerista de Camba-dos, Luís Fernández Silvoso, .

Page 16: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

16

JOLICHADAS AVENTURAS

Entrevista a Adela Leiro, profesora de Ciencia Naturais e escritora

Por Desiré Rebollido e Diego Villanueva Adela Leiro Lois é mestra, vive en Camba-dos e dá clases de Ciencias Na-turais no IES Francisco Aso-rey desde hai 14 anos.

-Que estudaches? Maxisterio, especialidade en Ciencias Natu-rais e Plástica. -Como comezou a túa afección a facer ru-tas? Sempre me gustou andar ao aire libre e sem-pre fun moi curiosa. Gústame explorar e des-cubrir sitios novos. -Por que te dedicas a camiñar? Por pracer. Cando camiñas descobres un de-talle a cada paso, pódeste parar a observar as plantas, os animais, as rochas, a paisaxe. Sentes a satisfacción de chegar aos sitios co teu esforzo. Ademais consigo información para os meus libros e a miña páxina web, e moito material para as clases. Teño visitado (a pé, en coche ou en barco) todos os conce-llos e a maioría das serras, os ríos, as costas, as illas... de Galicia; ademais fixen algunhas viaxes a outros países. -A túa camiñada máis longa? A subida a Pena Trevinca (28 km) -A máis perigosa? Unhas cantas, sobre todo cando vou a algu-nhas fervenzas polos canóns dos ríos, o te-rreo é moi perigoso, hai que escalar, andar por riba das pedras, achegarse a algún preci-picio ou cruzar ríos.

“Profes” por terra, mar e aire Un profesor de Matemáticas mergullador, un profesor de Filosofía aviador e unha profesora de Ciencias Naturais correcamiños. Vese que o oficio de profe prepara para todo tipo de expe-riencias. Estas son as impresións que nos transmiten tres intrépidos aventureiros que coñecedes

-A ruta na que máis gozaches? É difícil escoller unha. Todas teñen algo intere-sante. Vou dicir a das Illas Galápagos. Podías andar por entre os animais (aves, iguanas, lobos mariños, tartarugas...) con total tranquilidade. Non teñen medo da xente e déixanse observar mantendo unha moi curta distancia de respecto mutuo. -A paisaxe de Galicia que máis che gustou? Moitas. Por poñer dous exemplos: o monte Pin-do, Trevinca... -Algunha anécdota? Unha vez ía andando pola beira dunha fervenza, falloume o terreo e caín ao río. Tiven a sorte de caer de pé, suxetei a cámara para que non se mollara e perdín as gafas, ademais da molladura nunha mañá de marzo. Algunhas veces (indo co meu home) preguntamos a algún paisano por un camiño para chegar a al-gún sitio e recibimos res-postas curiosas como “vostede pode chegar alá... pero a súa muller non creo (penso que me ven vella, gorda ou reu-mática)”. A resposta que lle damos é que a onde no dá o corpo, dá o xenio.

O mellor de camiñar...Descansar como unha raiña

Page 17: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

17

JOLICHADAS AVENTURAS “Profes” por terra, mar e aire

Entrevista a Manolo Mira, profesor de fi-losofía e aviador

Por Desiré Rebollido e Diego Villanueva Manolo Mira vive en Santiago. Traballa no IES Francisco Asorey como profesor de Filo-sofía e nas fins de semana, ou cando ten tem-po libre, pilota avións. -Que estudaches? Filosofía e aeronáutica. -Como comezou a túa afección a voar? Cando era neno, con 10 anos, xa me gustaban moito os avións e quixen estudar para ser piloto, pero non puiden porque era moi caro, naqueles tempos os meus pais non me podían pagar as matrículas nos cursos. -Que hai que estudar para ser piloto? Hai que facer como mínimo bacharelato e se-lectividade. Precisas saber algo de inglés (os exames de comunicación son en inglés), e logo tes que facer cursos de principios de voo, instrumentos, carga e centrado, performas, metereoloxía, navegación, dereito aéreo e comunicacións. -Canto tardaches en aprender a voar? Dous anos en aprender, teórica e practica. Preciso un mínimo de 45 horas de voo, pero téñoas repartidas en sesións de 30 minutos. -Que é o máis dificil de aprender: Primeiro a despegar, logo a manterte no aire e depois a aterrar.

Manuel Mira , preparado para iniciar outro voo que lle levará coñecer Galicia dende o ceo.

-

Que características debe ter un piloto? Ninhunha en especial. Pero necesita ser tranqui-lo e sereo. -Voas con avións moi grandes ? Non, non voo con avións moi grandes, o meu má-ximo foi cun avión de 8 prazas (12 metros de envergadura). Pero a miña titulación permíteme voar con calquera tipo de avión. -Cal foi o teu voo máis longo? A Madrid. -E o máis perigoso? Cando fixen un curso de acrobacia en Sabadell (Cataluña). -Cal foi o voo no que mais gozaches? Pois nese mesmo curso de acrobacia, é moi emo-cionante cando pilotas o avión boca abaixo. -Algunha anécdota? Cando estaba a facer a licenza de piloto, nunha ocasión o instrutor apagoume o motor do avión e obrigoume a volver acendelo. Máis tarde, che-gando ao aeroporto, volveu apagarmo e aterrei co motor apagado. -Un dito entre pilotos? Unha boa aterraxe é cando baixas do avión a pé. E unha aterraxe perfecta é cando baixas polo teu pé e ademais o avión pode volver a despe-gar. -Cal é a paisaxe de Galicia que máis che im-presionou desde o aire? O que máis me gusta de Galicia desde o aire é a Ribeira Sacra e toda a costa galega. Pero se teño que esoller, sen dúbida o máis bonito son as Rías Baixas, en xeral, e a ría de Arousa en particular.

Page 18: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

18

JOLICHADAS AVENTURAS “Profes” por terra, mar e aire

Entrevista a Ángel M. Rey, profesor de Matemá-ticas e mergullador Por Laura Paz , Laura Chaves , Miriam Trigo Ángel M. Rey Roca vive en Vilanova de Arousa e é profesor de Matemáticas no IES Francisco Asorey desde hai catro anos. A que idade comezaches a practicar o mergullo? Xa de pequeno, aos 9-10 anos, nos veráns, poñía ga-fas, tubo e baixaba a mirar o que había. Quen che ensinou? En apnea (a pulmón) aprendín eu só, lendo libros, revistas, falando con xente. Con equipo, autónomo facendo os cursos correspondentes. Como compaxinas o traballo co mergullo? Nos ratos libres, nas fins de semana, vacacións. En que consiste o equipamento? Elementos de protección (traxe, guantes...), equipo de respiración (jacket, regulador, botella) e outros accesorios. Que clase de mergullo fas? Cada un ten as súas características. A verdade é que me gustan todas. En apnea (a pulmón) practico pesca submariña; con equipo autónomo: inmersións guíadas, fotografía e video submariño. Mergúllaste, por afección ou competición? Por afección e tamén en competicións oficiais: cam-pionatos de fotografía e video submariño. Tanto a nivel galego como nacional. Ao mergullate fas fotografías, cazas…? Cando practico a pesca submariña collo peixes e pol-bos (só pezas grandes). Cando me mergullo con equi-po autónomo tomo fotografías coa cámara de video e/ou gravo imaxes. Cal é a maneira de mergullarse? Desde terra accedendo a través dunha praia, ou polo medio das rochas. Desde unha embarcación tirándo-nos á auga de costas ou de pé. Cal é a maior profundidade na que tocaches o fondo do mar? A 40 metros , a profundidade máxima permitida.

O máximo que te alonxaches da costa? Saíndo desde terra máis de1 km. Canto aguantas a respiración? Ente 2 minutos e dous minutos e medio. En que consisten as competicións? Video: tes catro horas para gravar debaixo da auga, dúas horas para gravar en terra e catro horas para editar o video; dunha duración entre 2 e 6 minutos. Fotografía: tes catro horas para mergullarte e tomar fotografías; delas tes que presentar seis: unha de paisaxe submariña; unha de paisaxe submariña con buceador incluído; unha dun peixe enteiro; unha du-nha parte dun peixe (ollo, aleta...); unha de “macro” (un bichiño moi pequeno que non sexa un pei-xe) que pode ser un nudibranquio, unha flabelina...; unha de “macro selectivo”, a organización do campeo-nato decide que é o que temos que sacar (camarón, pinza de crustáceo, ollo de nécora...) Sempre tes que ir cun compañeiro? Obrígao a lei. Ademais é moi, moi importante: axúda-che, suxéitache a luz, da maior seguridade… Como vos entendedes? Con só mirarnos, xa nos entendemos, pero hai sinais que se aprenden nos cursos de mergullador. Levaches algún premio? Os máis destacados: en 2007 subcampión galego de fotografía, no 2008, subcampión galego de video, no 2009, terceiro en foto e no 2011 campión galego de video e, en equipo, campión nacional por comunidades. Nunca tiveches algún imprevisto, e cun animal perigoso? Si , unha vez, nun campionato, pasámonos do tempo porque nos faltaba facer unha foto. No ascenso tive-mos unha “parada de descompresión” de 15 minutos a 3 m de profundidade. Cun animal nunca. Viches algunha vez golfiños ou tiburóns? Golfiños non, pero tiburons sí. Hai un tiburón moi común que é o can do mar (pintarroxa) que pode che-gar a medir 2 metros. Está apoiada na area, non fai nada e come mariscos. Cal foi o animal que máis che gustou dos que ato-paches? Un peixe lúa. Vinno na costa oriental de Ons. Cal e o teu lugar favorito para bucear? Calquera zona de Galicia ,sobre todo as rías. Que é o que máis che asomba nas inmersións? Cada vez que me meto na auga sempre atopo algo novo: unha especie, un comportamento novo nalgunha especie… Cal foi a experiencia que máis che gustou? Mergullarme en Cíes, Ons ou Sálvora. Son impresio-nantes

Page 19: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

19

JOLICHADAS ENTREVISTA OS TRIUNFADORES DO ANO, CON NOS……

TALLERE LUMIÈRE GAÑADORES DA 39º EDICION DO CERTAME AUDIOVISUAL LICEO CASINO VILAGARCÍA

PORFERNANDO GARCÍA 1º BAC A Como xorde o “Taller Lumière”?. Tomé: Pois este grupo leva activo dende o curso 94-95 facendo pequenos curtos. Ademais de nós come-zamos traballando con Manolo Pérez, Xosé Antón Pérez e Andrés Vilas, aínda que só quedemos nós ago-ra. O nome caeu de caixón, como nos dedicamos ao audiovisual, collimos o nome dos irmáns Lumière. Nestes anos fixemos videos, algúns documentais, videos narrativos, pero todas elas curtas… A repor-taxe sobre Asorey foi un documental, pero máis de estilo periodístico ,de investigación. Xa vexo.Outra cousa que me gustaría saber é que función realizades cada un dentro do taller. Xesús: Neste grupo colabora moita xente, aínda que se se trata de nós os tres… facemos un pouco de to-do… (risas). Tomé: (risas) Si, bueno, Xesús é ademais o que compón a música nas curtas. Pero en xeral todo face-mos un pouco de todo, por iso nos créditos sempre asina “Taller Lumière”. Ben,agora imos ao asunto. Sorprendeuvos que a curta saíse premiado? Tomé: Nós xa levabamos a idea de que era un boa curta, pero aínda así sorprendeunos moito que saíse premiada porque era un concurso aberto, non só limi-tado ao ámbito escolar, había incluso moitos outros filmes nos que participaban actores coñecidos. Que a nosa curta saíse gañadora foi moi importante e si significou moito para nós. En moitos outras curtas houbo moita participación do alumnado, como foi en este? Santi: Pouca, pero importante, nesta curta só partici-paron uns cantos alumnos que escollemos para facer declaracións ao final, sobre todo o que aprenderan nese ano, en especial coa colaboración da profesora Maribel e Adela. Tomé: Axudaron moito coa documentación. Santi: Pero participou menos xente que na curta des-te ano sobre Álvaro Cunqueiro, no que temos un re-parto de polo menos once actores activos.

Onde estou incluído (risas). Xesús: (risas) Certo, certo. Pero a particularidade que tivo facer a curta de Asorey foi un pouco a aventura, xa que fomos gravar en moitos sitios.: Vigo, Santiago, Ponteareas, Lalín… O que si nos cha-mou a atención foi a cantidade de lugares que nos pediron o vídeo. Santi: Si, xa que, ao parecer, na nosa curta tíñamos información que se descoñecía case. Gustaríame saber un pouco máis… Canto levou facer este curto? Santi: Practicamente todo o curso. Entre gravación e edición faise bastante longo Tomé: Especialmente facer a montaxe e una graba-ción con tantos exteriores. Xesús: Si que é verdade que leva meses facelo, por-que hai que quedar fóra do horario escolar. Tomé: Si, está todo extraído do noso tempo persoal. Pero sae rentable. Tomé: Si, si, por suposto,porque nos encanta e por iso se levamos xa 18 anos e seguiremos. Santi: Facemos ás veces vídeos secundarios, incluso, cun carácter máis social, e con temas relacionadas co instituto, por exemplo, a publicidade do centro e dos ciclos formativos Xesús: Si, e no propio instituto sempre veñen a nós cando se refire a asuntos de video ou audiovisuais. Santi: Pero agora é máis fácil, que é todo moi dixi-tal, antes pasábamos un bo traballo para facer os curtos, e non se tiñan tan bos resultados Tomé: Era moi complicado, xa que, por exemplo, ao insertar cada imaxe, había que facelo trozo a trozo, e os erros notábanse tremendamente. Deséxovos moita sorte coa nova curta sobre Cunqueiro. Grazas

Gañadores do mellor audiovisual e documental da 39º edición do certame do Liceo

Page 20: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

20

ACTIVIDADES ASOREY Día da ciencia por Paula Gondar Núñez, 1º de Bach. A

O catro de novembro celebrouse no noso instituto o II Día da Ciencia en Galego co gallo de rei-vindicar o uso da nosa lingua para as materias científicas. Este ano a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística deu a oportunidade a cen centros de Galicia (que cumpriran certos requisitos) de asistir a unha videoconfe-rencia impartida por D. Ángel Carracedo, que foi emitida desde a cidade de Natal en Brasil. D. Ángel Carracedo, científico galego de elite mundial, falou para máis de seis mil alumnos de xenética forense, dos avances desta rama nas últimas décadas e do que se conseguiu grazas a eles. Comentounos como descubrimentos na com-posición do ADN favorecen, por exemplo, a in-vestigación no ámbito criminal, no ámbito da xe-nética e da medicina en xeral. Contestou a un montón de preguntas que alumnos de toda Galicia lle enviaban vía chat e , todo isto dunha forma amena e apropiada para nós. Debemos sentirnos afortunados de que un gran investigador e médico forense, solicitado polas policías cientícas de moitos países, persoa clave na resolución de moitas identidades, aceptara a invitación dos equipos de normalización para ofrecer unha conferencia destas características.

Momento da videoconferencia de Angel Carracedo

Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o Día da Paz con diversos actos. Os máis salientables foron: un pequeno concerto dunha banda formada por alumnos e profes e unha exposición coas letras de cancións famosas que versa-ban sobre a Paz. Todos estes actos foran seguidos con gran entusiasmo pola practica totalidade de alumnos

Page 21: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

21

SEMANA DA MÚSICA•Martes 22 de novembro (Santa Cecilia)

•1º recreo: música instrumental para piano solista (biblioteca)•Alba Rodríguez•Rebeca Chaves

•Alborada (corredores e entrada)•Os Xeitosiños: Anxo Xesteira, Roi Xesteira, Miguel Romero, •Victor Vázquez e Diego Cores

•2º recreo: música pop (vestíbulo salón de actos)

•Enmanuel Franco (guitarra), Sofía Oliveira (piano), •Diego Cores (percusión) e Andrea Rey (voz)

•Música ambiental durante o día (autor: Paulo Díaz)

SEMANA DA MÚSICA•PROGRAMA

•Xoves 24 de novembro

•1º recreo: música ska (vestíbulo salón de actos)•Xesús Castro (guitarra e voz)•Miguel Pérez (batería e clarinete)•Brais Padín (guitarra)•Adrián Padín (baixo)•José Ramón Fernández (percusión)•Adrián Crespo (trombón)

•2º recreo: música rap (vestíbulo salón de actos)•Miguel Palacios (voz)•Toño Lema (voz)•Miguel Falcón (voz)•Jason Pérez (voz)•Pablo Pintos (Dj)

SEMANA DA MÚSICA•Mércores 23 de novembro

•1º recreo: música hard rock e heavy (vestíbulo salón de actos)•Xesús Castro (guitarra e voz)•Miguel Pérez (batería e clarinete)•Brais Padín (guitarra)•Adrián Padín (baixo)

•2º recreo: música rap (vestíbulo salón de actos)•Miguel Palacios (voz)•Toño Lema (voz)•Miguel Falcón (voz)•Jason Pérez (voz)•Pablo Pintos (Dj)

SEMANA DA MÚSICA•PROGRAMA

•Venres 25 de novembro

•1º recreo: trío de corda (biblioteca)•Lara Fernández (violín)•Belén Trobajo (violín)•Verónica Noya (violonchelo)

•2º recreo: baladas heavy (vestíbulo salón de actos)•Andrea Falcón (guitarra e voz)•Bibiana Silva (voz)•Mariela Cores (baixo)•Rebeca Chaves (piano)

ACTIVIDADES ASOREY

Do 21 ao 25 de novembro celebramos no Asorey a Semana da Música. Corredores, biblioteca, vestíbulos, cafetería… todo se iluminou, todo cambiou por uns días no noso instituto. Calquera lugar se convertía de súpeto nun sitio ideal para escoitar un pequeno concerto. Alumnos e profe-sores fixéronnos vibrar ao son de distintas interpretacións musicais de todos os estilos: desde o heavy á música ska,pasando polo rap, hard rock, música instrumental, música tradicional , pia-no… Cada ano son máis os alumnos e profesores que participan e que nos fan disfrutar. A todos eles, en especial a Belén Trobajo, Moisés e Ana, grazas. Aquí tedes o programa cos participantes.

SEMANA DA MUSICA

Page 22: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

22

ACTIVIDADES ASOREY ROMA 2012 por Ismael Agra, 1º Bac B

O pasado mes de xaneiro os alumnos de humanidades de 1ª de bacharelato xunto cos alumnos de 2º bacha-relato B fixemos unha viaxe a Roma cos profesores Belén e José Luís. Chegamos á capital italiana un luns a mediodía, e tras acomodarnos no noso hotel, na zona de Termini, come-zamos a visita pola cidade. A primeira visita foi á Basílica de Santa Maria Mag-giore, situada na Piazza dell' Esquilino. No centro da praza hai un enorme obelisco orixinario do Mausoleo de Augusto.

Tamén visitamos o Foro de Traxano, formado pola Praza porticada, a Basílica Ulpia, a columna traxana e o Templo de Traxano. En fronte encóntrase o Palazzo Barbo (Palacio de Venecia) agora con-vertido en museo. Preside a Praza de Venecia o Monumento a Víctor Manuel II, unha construción impresionante pola súa dimensión. A seguinte visita foi ao Panteón de Roma, unha obra inmensa adicada aos deuses. Rematamos o día con tempo libre na Praza Navona e arredores. O segundo día visitamos o Coliseo Romano, con capacidade para 50.000 espectadores, adicado a loitas de gladiadores e a diferentes espectáculos públicos. Na entrada José Luís e Belén, coa mantilla e peineta de Mariña, inter-pretaron unha sevillana para o deleite de tódolos que alí estabamos.

Despois visitamos o Foro Romano, zona onde tiñan lugar o comercio, os negocios, a prostitución, a relixión e a administración de xustiza. Nel encóntrase ruínas de varios templos, de basílicas, dos Arcos de Séptimo Severo e Tito, a Curia Hostilia, o Tabulario, etc. Por el pasa a Vía Sacra, vía principal da Antiga Roma. Despois visitamos os Museos Capitolinos, onde se encontra a Loba Capitolina, que conta a lenda que dou de mamar a Rómulo e Remo, fundadores de Roma. Ao acabar de ver os museos, dirixímonos pola Vía Cavour, unha das avenidas máis famosas de Roma onde se encontran tódalas tendas de roupa, á Fontana di Trevi, e como é tradición, tiramos unha moeda e pedimos un desexo. Despois fomos ata a Piazza del Popolo, onde se en-contra o obelisco da cidade. Este segundo día acabámolo na fermosa Praza de España, comunicada coa Via Cavour pola Via Con-dotti, rúa onde están as tendas de roupa máis ca-ras do mundo. Na Praza de España atópase a embaixada de Espa-ña ante a Santa Sede e tamén a coñecida escalina-ta que sobe ata a igrexa de Trinità dei Monti e a barroca Fontana della Barcaccia.

Mercamos roupa de deseño

Page 23: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

23

ACTIVIDADES ASOREY ROMA 2012 por Ismael agra, 1º Bac B

O terceiro día, o mércores, adicámolo todo a visitar a Cidade do Vaticano. A mañá adicámola a visitar aos Museos Vaticanos, que conta contan cunha variada rede de muse-os, estancias, pinacotecas, xardíns e a Biblioteca Vaticana. Persoalmente, a parte que máis me gustou foi a das Estancias de Rafael, onde puidemos ver moi-tas das súas obras, como ‘’A escola de Atenas’’. Rematamos a visita na impresionante Capilla Six-tina, que conta con decorados de Miguel Ángel, Rafael e Botticelli. Aínda que non a todo mundo lle gustou… como a Nick, que se quedou durmido tan pronto entra-mos. Pola tarde visitamos a outra zona da Cidade do Vaticano. Entramos pola que seguramente sexa a praza máis famosa do mundo, a Praza de San Pedro. Despois, tras pagar 5€ por subir 551 chanzos ou 7€ por subir 320 chanzos e o resto en ascensor, chegemos ao alto da Cúpula da Básilica de San Pedro. Merece a pena subir, porque dende alí podes ver toda a cidade do Vaticano por dentro, toda a cidade de Roma e sacar as mellores fotos. Despois de baixar, entramos na Básilica de San Pedro. Alí puidemos ver a impresionante cátedra ou a a obra de mármore de Miguel Anxo ‘’A piedade’’, entre outras cousas. Ao rematar a visita á cidade do Vaticano fomos dando un paseo pola beira do río Tíber, ata che-gar ao Castelo de Sant’Angelo, coñecido como o Mauseleo de Adriano.

Despois tivemos que buscar durante un bo cacho un local onde ver o Real Madrid – Barcelona. O cuarto día pola mañá collemos un tren e dirixí-monos á cidade de Ostia Antica, antigo porto da cidade de Roma e onde se poden aprezar moitos restos de antigos edificios, como o teatro, que case se mantén intacto. Notábase que estábamos cansos, e como non, Nick, foi durmindo todo o camiño. Foi nun intento de José Luís por demostrarnos a boa acústica dos teatros clásicos cando descu-brimos a súa dote para o cante.

Antes do mediodía volvemos a Roma, onde tivemos a tarde libre para adicala ás compras. Pola noite fomos á zona do Trastevere, unha das zonas máis famosas, por ser onde se atopan a maioría de pubs e restaurantes. Desta vez, en vez de no metro volvemos en bus, pero a Nick pareceulle o mesmo que voltou a durmir o pouco tempo do traxecto. O venres, de madrugada, marchamos camiño do aeroporto para volver, coa sensación de ter co-ñecido unha preciosa cidade, ademais de aprender moito sobre cultura romana e arte.

Que ben saimos nas fotos, claro nestes sitios fermosos

Page 24: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

24

ACTIVIDADES ASOREY Charla concerto de Xaquín Xesteira acompañado dos Xeitosiños

Por Iago Padín, Laura Mendoza, Alejandra García, Noelia Padín, Julia Baúlo (2º ESO A).

O pasado 2 de marzo o músico e profesor Xaquín Xesteira visitou o noso instituto e explicounos algúns instrumentos típicos da música galega. Ao tempo que explicaba, tamén nos ensinou os ins-trumentos e tocou algunhas pezas. Explicounos de que materiais estaban feitos os instrumentos e como producen os distintos sons, como se afinan e un pouco de historia. Para completar a charla o grupo os Xeitosiños, no que tocan tres compañeiros nosos (Anxo Xes-teira, Víctor Vázquez e Miguel Romero) xunto con Roi Xesteira, interpretaron algunhas pezas. A charla rematou cunha muiñeira onde tocaron todos xuntos. Presentamos un pequeno resumo do contido da charla. TIPOS DE INSTRUMENTOS Idiófonos: Funcionan batendo algo contra algo, percusión. Exemplos: -Cunchas: Segundo como se batan, cambia o son. -Tarrañolas: Colócase unha entre o dedo anular e o meñique e a outra entre o índice e o corazón. Xirando a man cara a un lado prodúcese un golpe e cara ao outro, dous. -Culleres: Colócanse na man e ao movela, faise que choquen as culleres. -Charrasco: Fai de bombo ao batelo contra o chan, de pandeire-ta co son das ferreñas e de tamboril.

Membranófonos: Percusión. -Pandeiro: Está cuberto de pel e ten un axóuxere dentro. -Pandeireta: Normalmente ten once pares de ferreñas. -Tamboril: Membranófono tubular. Tócase con baquetas. -Bombo:Tamén é un membranófono tubular e tamén se toca con baquetas.

Cordófonos: -Zanfona: Usábana os cegos na Idade Media. Ten cinco cordas, tres van polo medio e chámanse cantantes, as ou-tras dúas chámanse bordóns, van por fóra e son os roncos. Para accionar as cordas hai un teclado e unha manivela.

Aerófonos: -Acordeón: produce o son ao abrir e pechar unha mem-brana flexible. Hai varios tipos. -Requinta: É unha frauta traveseira de madeira. -Gaita:Ten ronco, ronqueta, soprete... A gaita grileira ten máis potencia e é máis aguda.

Page 25: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

25

ACTIVIDADES ASOREY

O pasado 26 de abril, Juanjo, un axente forestal veu explicarnos aos alumnos do Asorey os perigos dos incendios forestais. Segundo nos contou, os incendios forestais poden darse por cau-sas naturais, como a caída dun raio sobre un tronco (causa pouco habituais), poden ser por despiste de alguén, como tirar unha cabicha acesa ou pode ser intencionado por persoas que prenden lume por diferentes motivos non xustificados. Aínda que hai lugares nos grandes bosques sen vexetación, cha-mados cortalumes, o lume pode pasar dun extremo ao outro, ben por un resto que vai ardendo e cae na outra banda, ou pola calor. Un dos grandes problemas que teñen os bombeiros para sufocar os lumes é que á parte do incendio principal, se produzan preto outros pequenos focos de lume e, nese caso, terían que ir apagar primeiro o foco secundario. Ao actuar primeiro no foco secundario evítase o perigo de que cando vaian apagar o primeiro queden atrapados entre os dous. Outros problemas que teñen os bombeiros son os dos animais que quedan atrapados. Cando se queiman botan a correr deixando lume por onde pasan, o que implica ter que apagar máis. Ademais dos bombeiros, aos incendios tamén acoden os ultralixeiros, que collen auga e a soltan sobre as chamas. Se algún bombeiro se despista e lle cae a auga dun destes avións, pode morrer ou ter feridas moi graves.

Un dos incendios máis complicados de apagar é o da mimosa, xa que o lume prende pola raíz e logo sobe ao exterior. Debi-do a isto é mellor apágalo cunha especie de escavadora que levanta todo o terreo ao redo para que non poida arder máis por abaixo. Estas foron algunas das cousas que nos explicou o axente forestal e que os alumnos de 1º ciclo de ESO puidemos aprender.

Os incendios forestais, por Uxía Casais 1º ESO

Presentación da película “Vilamor” por Paula Alba 1º BAC

Ano 1976. Recen terminada a época franquista, Breixo (Rubén Riós) atópase cunha comuna anar-quista situada nas proximidades da súa aldea. Déi-xase seducir polo seu estilo de vida e comeza a colaborar cos integrantes para crear un novo réxi-me baseado no traballo da terra, o contacto ca natureza e a ausencia da propiedade privada. A nova película de Ignacio Villar, Vilamor, está xa nos cines de España. Antes do seu estreo, o direc-tor e os protagonistas da nova película percorre-ron distintos centros galegos para promocionala .Durante a súa ruta pararon no Asorey, e, cada un deles, contounos distintas anécdotas que ocorreron antes, durante e despois da filmación: a presentación da película en diversos festivais de cine, a súa viaxe a Estados Unidos para darse a coñecer no país, e as dificultades que tiveron ao rodar no Courel.

Page 26: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

26

ACTIVIDADES ASOREY Teatro do oprimido no Asorey por Fernando García , 1º Bach A

O luns 16 de maio, co gallo da Semana das Letras, visitounos o grupo de Teatro do oprimido cu-nha nova obra, A viaxe de Ana. Obra na que se nos conta a realidade de moitas mulleres que ve-ñen a España coa esperanza de atopar un bo traballo e o único que encontran é un país sen moi-tas posiblidades e cheo de prexuízos. .OBRA: “A viaxe de Ana” GRUPO: GTO A Coruña, proxecto ONG Acsur ACTIVIDADE: “Teatro Forum”, inclúe a participación dos estudantes ARGUMENTO: “Ana é una moza brasileira que realiza unha viaxe a España, onde espera conseguir un bo traballo grazas ás súas titulacións académicas. Unha vez en Espa-ña, mentres ten que agardar por un ano á homologación do seu título, ten que traballar en condicións mínimas como empregada do fogar. Cando recolle a súa titulación diríxese a atopar traballo no seu sector. Non obstante, tense que enfrontar aos prexuízos de Manolo, un empresario sexista e racista, quen lle quere propoñer outro traballo de empregada do fogar, baseándose en que carece de experiencia en España tra-ballando no seu sector, mentres que xa ten un ano de experiencia como empregada. Sen moitas opcións e sen o valor de enfrontarse ao seu xefe, Ana acepta. No seu traballo séntese explotada, xa que é privada constantemente dos seus días libres, facen-do horas extra que non lle son pagadas. Farta da situación decide enfrontarse con Manolo de novo para reclamar os seus dereitos, pero volve ser discriminada e incluso coaccionada pola posi-bilidade de non poder atopar ningún outro traballo.” Esta obra baséase na realidade que viven moitas mulleres que veñen traballar do estranxeiro, e incluso de mulleres españolas, que son explotadas baixo discriminacións sexistas ou racistas, sen que se atrevan a reclamar os seus dereitos. Ao final da posta en escena por parte dos actores, os alumnos do centro tomamos a palabra e o escenario. Laura Lesmes, Berta Ferreiro, José Manuel Guillán e Margarita Barreiro, coa súa ima-xinación e bo facer, subiron ás táboas e intentaron darlle un final distinto a esta historia Esta actividade invita aos alumnos a participar de forma activa na representación co obxectivo de amosarlles que estas situacións son reais, e que hai cousas que poden poñer da súa parte para cambiar o rumbo de moitas vidas.

Un momento da representación

Os alumnos tamén participamos na representación teatral Estivemos todos atentos ao argumento desta interesante obra de teatro

Page 27: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

27

ACTIVIDADES ASOREY Oleiro de Gundivós por José María Prieto Valladares

O pasado 15 de maio tivemos unha de-mostración de como traballa un oleiro. Os oleiros, ou cacharreiros, como lle chaman na zona de Gundivós, son arte-sáns que elaboran pezas utilitarias con barro ou arxila. Este tipo de olaría é tradicional no con-cello de Sober, na Ribeira Sacra (Lugo) de onde é Elias González, quen nos fixo unha demostración do seu traballo. A materia prima é barro e auga e as fe-rramentas que emprega son un torno bai-xo movido coas mans, un trapo e unha pitela (pequena peza de madeira cunha forma especial). Proceso de fabricación dunha xarra: Primeiro, facemos a base e imos traba-llando a peza coa pitela. Despois imos aumentando a altura da peza a base de churros e dándolle forma mentres face-mos xirar coa man o torno e imos hume-decendo as paredes para que non se se-que o barro. Despois, facémoslle a barri-ga para aumentar a súa capacidade e a beira ou boca. Se queremos imos deco-rándoa con debuxos e formas, facendo riscos ou apegando pequenos rolos de arxila. Por último facemos o bico e máis a asa. Despois dun tempo de secado cócese a peza nun forno que pode ser de leña ou gas. A cocción dura entre 7 e 8 horas a 900 ºC. Se queremos impermeabilizala poñémola nunha fogueira de carqueixa o que lle dá unha cor negra polo fume que desprende. Cando a peza está ben quente bótaselle “pece”, unha resina de piñeiro que funde coa calor e lle dá un acabado interior que permite empregala para conter líquidos. “Ao pasar por Gundivós o primeiro que se ve son as olas a secar e os fornos a cocer”

Page 28: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

28

ACTIVIDADES ASOREY Graduación 2º Bacharelato ( ou de como por fin os botamos)

Quiero comenzar este discurso dando las gracias a las personas sin las cuales no estaríamos hoy aquí. Prime-ro, alguien que está entre el público me pidió que diera gracias a Wikipedia, verdadera responsable de que estemos aquí; he cumplido. Tenemos que agradecer a nuestros padres y familias, que nos han apoyado y, sobre todo, han mantenido su fe en nosotros inquebrantable, aun en los momentos en los que incluso se nos hacía duro creer en nosotros mismos. Estamos más que agradecidos a los profeso-res que se han volcado con nosotros. Que han trabaja-do a la velocidad de luz para que nos dé tiempo a ir desde la Prehistoria a la Transición. Que nos han llenado los archivadores de hojas de ejercicios, selectivos, y demás trabajo para nosotros, que a la hora de la corrección lo sería para ellos. A los que les preocupa no sólo que aprobemos, sino que adquiramos conocimientos, habilidades, pensa-miento crítico: en resumen, nuestra educación. Pero creo que es necesario agradecer a otro grupo que suele quedar, injustamente, en el olvido. Es necesario darnos las gracias los unos a los otros. Algunos llevamos juntos desde Primaria, desde Infantil, ¡incluso desde la guardería! Así, hemos compartido infancia, recreos, tardes de juegos; en resumen, un tiempo en el que ir al cole era hacer vida social, y no nos imaginábamos lo que se nos venía encima. El entrar en la ESO fue un cambio: académico, pero también personal: en una clase diferente, conoces personas nuevas; e intimas con otras que en realidad siempre habían estado ahí. Otros compañeros llegaron en Bachillerato, como un soplo de aire fresco en nuestra generación. Cono-cerse, y aprender a convivir con gente nueva es un reto, pero lo hemos superado con creces. Hace no mucho escuché en una canción una frase que me pareció significativa del momento en el que estamos: “hay que tener raíces antes de echar ramas”. Todos estos años han sido nuestras raíces. Hemos conocido personas, y vivido experiencias, que nos marcaron, nos cambiaron y han definido quienes somos. Hemos vivido nuestros primeros triunfos, nuestras primeras derrotas, nuestros primeros desengaños. Quizá, hemos vivido nuestro primer amor, ese que nunca se olvi-da. Hemos descubierto el significado de la amistad; algunos tenemos la suerte de haberlo hecho de la mano de un mejor amigo que nos ha acompañado durante todo el proceso, desde el principio. Pero lo que nos une ahora, y nos unirá para siempre, es que algunas de esas raíces las comparti-mos todos nosotros. Todos hemos leído los mismos libros en gallego sobre la Guerra Civil, meren-dado los mismos bocatas de Isa, participado en los mismos festivales del instituto… y todos, en un futuro, esbozaremos la misma sonrisa nostálgica al acordarnos de estas cosas.

Las raíces las tenemos, y las hemos construido con nues-tra constancia y con la ayuda de los demás. Ahora nos enfrentamos a este final, que a la vez es un comienzo, y nuestras ramas, las de todos, van a llegar más lejos de lo que ahora mismo nos podemos imaginar. Mucha suerte para todos en esta nueva etapa, aunque no se necesite, y muchas gracias; por la atención, y por for-mar parte de esas raíces sobre las que construiremos una vida que apenas acaba de comenzar. María Mariño

Page 29: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

29

ACTIVIDADES ASOREY Graduación 2º Bacharelato ( ou de como por fin os botamos)

Boas noites a todos. En primeiro lugar, quería agradecerlles a todos a súa presenza neste momento tan especial para nós: Moitas Grazas! Nun día como hoxe, pero hai seis anos, este mesmo salón de actos, foi testemuña dos nervios e das inseguridades duns rapaces que esperaban impacientes escoitar o son do seu nome, cruzando os dedos para que lles tocase na mesma clase que o amigo do lado. Hoxe voltamos aquí, pero seguro que se mirades ó redor, non atopades á mesma persoa que esta-ba daquela vez. As amizades, xunto coas persoas, van cambiando, pero podemos dicir que coñe-cemos a verdadeira amizade, que está formada por esas persoas que están ó noso lado e nos apoian sempre, nos bos e nos malos tempos, persoas que nos cambiaron e nos fixeron ser como somos, sacando o mellor que temos. Chegamos a un punto nas nosas vidas, onde o mundo nos abre as portas e nos invita a probarnos, a superarnos, a conseguir os nosos obxectivos e a crecer como persoas. A partir de agora non teremos a ninguén que nos guíe e que vixíe os nosos pasos, temos que aprender a tomar as nosas propias decisións e a desenvolvernos sós, sen uns profesores que nos aconsellen e sen uns pais que busquen o mellor para nós. Acabamos unha etapa nas nosas vidas, para moitos a mellor, para outros a peor, máis de ningunha maneira a máis doada, pois a cantidade de emocións e sentimentos que experimentamos, fíxonos madurar de súpeto, case sen decatarnos pasamos de ter doce anos a ser maiores de idade. Agora tócanos volver sentir os nervios e as inseguridades, pero desta vez, non escoitaremos a un profesor chamándonos por lista, pode que nin tan sequera teñamos un amigo ó lado, estaremos sós, e nese preciso intre, pensaremos no Asorey. O Asorey, ese grande pai de cemento, que nos amparou nos peores momentos e que foi testemu-ña de instantes de xúbilo, dinos agora adeus. Non obstante, todas as vivencias que pasamos nel, durante estes seis anos, quedarán gravados no noso corazón para sempre. Entre estas catro paredes, que agora nos din adeus, namorámonos, berramos, rimos, disfruta-mos, aprendemos, cansámonos, ilusionámonos, e botamos algunha que outra bágoa, ás veces amarga, e outras, de emoción. Pode que os recordos non sexan bos, quizais ata sexan malos, pero o seguro é que os imos ter, e que nos acompañarán sempre. Estela Chaves Falcón

Page 30: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

30

HALLOWEEN-SAMAIN 2011

Page 31: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

31

NADAL 2011

Page 32: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

32

ENTROIDO 2012

Page 33: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

33

Despois de cinco anos de traballo de dinamización da Biblioteca Asorey non podemos deixar de es-tar moi satisfeitos das melloras que se produci-ron na xestión e no papel activo da biblioteca nas iniciativas culturais do centro. Un dos elementos máis destacados deste curso foi a potenciación do blogue da biblioteca co que informabamos puntualmente de todas as activida-des realizadas e das novidades adquiridas para os nosos andeis. Recordamos que o enderezo do blo-gue é [email protected]. Coma sempre, comenzamos o curso coa formación de usuarios dos alumnos de 1º de ESO aos que lles demos un carné e que participaron en actividades de búsqueda de libros nos andeis da biblio-teca.

No eido das actividades culturais este foi un curso no que a Biblio-teca estivo especialmente activa. Durante os dous primeiros tri-mestres expuxemos no taboleiro exterior a nova do día, a frase do día e a imaxe do día. No primeiro trimestre participamos na orga-nización do Halloween, decorando a Biblioteca con ambientación de terror, expoñendo libros de medo dos nosos fondos e convocando un ano máis o concurso de relatos e curtametraxes de terror que conquistaron os alumnos de 1º de Bacharelato Antía Chantada, Martín Franco, Raquel Blanco, Paula Gondar e Aldara García cunha curtametraxe titulada A lenda do chotacabras. O 22 de novembro, día da música, vivimos unha experiencia precio-sa que encheu a bliblioteca de música de piano, guitarra e voz, grazas ás boas aptitudes dos nosos alumnos. Ao final de novembro e comezos de decembro empezaron as exposicións sobre os Derei-tos dos Nenos e os Dereitos Humanos que foron visitadas por a-lumnos de ESO para realizar unha actividade con prensa.

Nas xornadas de acollida aos novos usuarios , dáselle un tríptico explicativo das normas da Biblio

Terroríficas actividades se cele-braron por Samaín na Biblio

Sempre nos mandan calar, e mira ti…. Aghora traen eles o ruído, perdón a música, á Biblio

As actividades realizadas, co gallo dos Dereitos do Neno e do Deritos Humanos foron seguidos por moitos

alumnos

Page 34: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

34

A proximidade do Nadal é o un momento especial para nós porque a biblioteca se enche de suxestións lectoras que culminamos nunha guía de lecturas que editamos no blo-gue. Ademais creamos un enorme barco de cartón que colgamos do teito da biblioteca para suxerir a viaxe máxi-ca á que nos levan os libros.

No segundo trimestre tivemos unha actividade frenética comenzando cunha exposición conme-morativa do día da Paz, acompañada dun concerto de temas musicais dos Beatles; outra exposi-ción de poemas e libros de amor, co gallo do día de San Valentín, así como un concurso de tex-tos de amor que gañaron Guillermo Álvarez Otero de 4º ESO C e Lara Fernández de 3º ESO B. 0 Día da Muller Traballadora do 8 de marzo no que exhibimos carteis coas mulleres máis senllei-ras na loita polos dereitos femininos; a conmemoración dos 200 anos da Constitución de Cádiz tamén foi obxecto do noso interese cunha exposición cos detalles desa conquista democrática da nosa sociedade. Para dar a benvida á chegada da primavera o 21 de marzo, no Día da Poesía, presentamos unha exposición de poemas sobre as pequenas cousas coitás e a entrega dun papeliño con poemas en cafetería a cada consumidor dun café, un bocata ou unha jolichada. Esta experiencia contou con moita aceptación no centro.

Curiosos compañeiros estiverona na biblio. Ata trouxeron o seu vehículo dentro

S. Valentín un clásico das actividades da Biblioteca

Page 35: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

35

O último trimestre foi o da Olimpiada Cultural que este ano chegou ás súa 4ª edición e contou con 34 equipos de alumnos de todos os niveis e profesores e persoal administrativo que competi-ron en catro categorías. Despois de tres semanas de dura loita para respostar ás difíciles pre-guntas dos catro tipos de probas (Preguntón, Psita a pista, Pregunta do día e Aposta da semana), estes son os gañadores nas catro categorías: 1º CICLO E.S.O. MADE IN GALICIA , 29 PUNTOS, Medalla de OURO. Laura Caldas García, 2º ESO A Laura Falcón Otero, 2º ESO A Andrea Pérez Cambeiro, 2º ESO B 2º CICLO E.S.O. SPRINGSTEEN, 37 PUNTOS, Medalla de OURO Bibiana Silva Chaves, 4º ESO C Mariela Cores Pérez, 4º ESO B BACHARELATO E CICLOS LET´S PLAY, 39 PUNTOS, Medalla de OURO Fernando García Prado, 1º Bacharelato A Juan Carlos Sineiro Chaves, 1º Bacharelato A Rubén González Piñeiro, 1º Bacharelato A PROFESORES e PAS VARIABLE 42 PUNTOS , Medalla de OURO Asunción Moreno Rego (profesores). Isabel Fole Pintos (administrtiva). Alberto Recuna Aragunde (administrativo). No mes de abril chegou o momento do certame de microrrelatos “Historias minguantes” que chegou á súa 5ª edición. Coma en anos anteriores acudiron á biblioteca os alumnos de ESO e 1º de Bacharelato para escribir un microrrelato inspirados, este ano, en títulos de novelas e pelícu-las como “Cando petan na porta pola noite” ou “Casas baratas”. Escolleremos os mellores 50 e publicarémolos nun libro que o ano que vén entregaremos aos alumnos, como fixemos este ano co libro do curso anterior. Os cambios físicos da biblioteca continuarán grazas á participación da Biblioteca Asorey no PLAMBE co que a Consellería dota ás bibliotecas dos centros dun orzamento específico para fondos, equipos e mobiliario. Xa houbo un cambio de andeis que este ano se estenderá a outra parede. Ademais imos incorporar unha nova cartelería para sinalizar as diferentes seccións da biblioteca que permitan atopar con facilidade calquera libro. Diante da porta da bliblioteca co-locamos un expositor móbil que fixemos aproveitando uns palés e que nos serviu estupendamente para ir colocando as exposicións temporais que se instalaron este ano.

Page 36: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

36

30 días na escuridade

Un arrepío percórreme o corpo de madru-gada. O chan está máis frío ca nunca.Xa pasaron tres días dende a última vez que o sentín. Pero seguía alí. Aquel son nocturno non amainaba, tan só se facía máis ou menos forte. De súpeto a luz da lanterna. O garda.

María Martínez Barbeito, 1º Bac. A

O bosque animado

Empezaba a escurecer. Xa era tarde e o tempo empezaba a arrefriar. Só se escoitaba o movemento das follas das árbores e os pasos daquela parella de namora-dos, ao son do canto dos paxaros. Era un cadro feliz. De súpeto, un ruído moi forte. Espertou. Chovía.

Anais Martínez Vázquez, 3º ESO A

Non mires debaixo da cama

Non se me ocorría nada. Mirei debaixo da cama buscando inspiración. Quería dicirlle tantas cousas! Pero debaixo da cama ta só había escuridade e silencio.

Ilenia Martínez Cores, 3º ESO A

Un vaso de cristal

Afogar as penas nun vaso baleiro. Iso si que ten mérito.

Aida Varela Roma, 4º ESO C

Page 37: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

37

Cando petan na porta pola noite

Era unha noite de inverno de 1937, nunha aldea galega, cando de súpeto petan na porta…

Non pode ser, Pepe! Ti saca os nenos para adiante. Recórdame.

Eu sempre te quererei. Isto non pode estar pasando. Po que?

Durante estes 75 anos toda a vila soubo onde estaba Pepe, pero ninguén se atreveu a dicilo.

Ismael Agra Soto, 1º Bac B

O vvo do cormorán

O cálido e húmido vento do mar de Frades destapáballe os cabelos da súa fronte. Era unha tarde a mediados de marzo. Os camiños de terra aínda mollados. O tímido sol comezaba a sobresaír de entre as nu-bes. O único ruído que alí había era o dos coches cruzando a ponte, ao outro lado do nó, e o dos nosos pasos. A cada paso que dabamos, o noso lugar estaba máis preto. Cando chegamos, as aves que alí había déronnos a benvida antes do comezo do noso ritual.

Sandra Romero Álvarez, 1º Bac B

Unha mente maravillosa

A árbore era moi sabia, pois xa tiña moitos anos de experiencia. Houbo grandes problemas e to-dos os animais lle ían pedir consello. El sabía escoitar a quen o precisaba, e cando alguén se sentía só, sempre intentaba animalo. Un día houbo un incendio e a vella árbore foi das primeiras en arder e morrer. Todos senti-ron a súa perda, pero descubriron que había unha ramiña e plantáronna en terra fértil. Logo dalgúns anos, volveu ser a mesma árbore de sempre. Fin O pai pechou o libro. O neno xa se quedara a durmir. Deulle un bico, tapouno e desexoulle boas noites. Logo, foise para a súa habitación.

Araceli Casal Millán, 1º ESO A

Page 38: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

38

RECUNCHO LITERARIO

Dun hoxe son, a un onte era

Sabede que non sodes o cúlmen da historia senón parte dela, parte do cambio cara a unha nova era. Nunca houbo en calquer era do home victoria sen que os habitantes do tempo se levantasen e se propuxesen chegar a ela. Atopamonos nun cambio de era pasar dun hoxe son, a un onte era do día do capitalismo, este é o seu serán sintese a brisa fría que anuncia a morte do vrán anuncia a unión de todolos irmáns a súa xuntanza unindo as mans por un novo cambio de era para o que non guste e para o que queira. Emm Joven

Coñezo, doutor, a unha muller que sofre, que non a deixan falar dentro da casa, que ante todos aparenta, pura farsa, con alma de rica, actualmente pobre.

Coñezo, doutor, a unha muller cansada, que falan por ela, que non se defende, que tropeza cada día e non aprende, que vive durmida, ferida e pasmada.

Doutor, vostede ben sabe de quen falo,

quen adoece nas rúas día a día, quen case non goza dunha compañía,

quen morre cada vez que eu, parva, calo.

Doutor, esa dona de loiros cabelos, de mans traballadoras, corazón forte, ollos azuis que espantarían á morte, é pola que escribo versos sinxelos.

Escóndese nun rincón, triste delicia,

chamana guapa, patria, país ou nación, viven por ela e a levan no corazón, pero ninguén cura á triste Galicia.

Emmanuel Joven

Page 39: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

39

RECUNCHO LITERARIO S. Valentin

Futuro perdido de Lara Fernández Otero, 3º ESO B 3.528 d. C, Gallifrey, 3:58 a.m.: Olvidar a vida pasada, era o que necesitaba. Máis dunha vez pensei en deixar este mundo, por mor de perder totalmente a cabeza, pensando en como alonxarme da-quel personaxe que me marcou de por vida na miña memoria. Aquel home era Turob. Traballabamos xuntos na axencia militar. O seu cometido era impedir a Gran Guerra. Foi imposibel, así que nos destinaron a Etyon 5. Estabamos atrapados nun lugar morto pragado dos seres máis crueis do universo, os Dalecks, metade home e metade máquina, seres desprovistos de sentimentos. Con-seguiramos adentrarnos no centro do planeta para colocaren a bomba, pero un dos engranaxes saíu disparado dándolle a Turob no peito. Caeu. Sentei ao seu lado e, chorando no seu último alen-to, pronunciou as palabras que cambiarían a miña vida: " A morte é e será o mellor regalo que me podías ofrecer". A alarma da bomba soou. Saín correndo e subín á última nave. Canto máis me afastaba, máis pensaba no que me dixera. Os meus ollos estaban inxectados en bágoas. Bagoas que caían por un rostro aflixido pola morte do único home que podería e poderi amar 

PROGRAMA SENTIMENTO, por Guillermo Álvarez Otero, 4ºESO C

Tras cavilar durante anos, a androide decideu exe-cutar o ‘’Programa Sentimento’’, aquel que o seu creador preparara milenios atrás. Conectouse ao computador central, que se erguía entre os escom-bros do laboratorio. A transmisión comezou coma outra calquera. Mais, de súpeto comezou a sentir: dende o vento ata a ternura coa que fora creada. As bágoas esvaraban sen cesar polas súas meixelas. Durante uns instantes foi libre. E logo desplomouse cal longa era, mentres perdía a luz dos seus ollos, aos pes do esqueleto daquel ser que a víu nacer. Os seus procesadores ardían co contacto das emocións que nin sequera os humanos logran controlar. Na pantalla do ordenador apareceu a derradeira mensaxe do científico, unha mensaxe incompleta:

‘’Agora xa saberás que grande é o…’’

Page 40: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

40

RECUNCHO LITERARIO S. Valentin por Miguel Pérez Ramudo

Page 41: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

41

   

- Mersedes! Mersedeeees! Miña nai queri-da, a onde vas tan apurada? - Ai, perdoa Carmucha! E que ando “aghobiadísima” sabes? Meu neto acaba de “anunsiar” na casa que se vai casar coa “ghuapa” esa e vou ó mercado a comprar algo pa’ “faser” de comer. - A rubia? Pero se non levan moito máis de seis meses! Que xuventude esta… - Xa ves. Eu non me fío nada desa muller. Robertiño é moi bo “rapas”, ben o sabes, pero tamén é moi “inosentiño” o pobre. E esa cara de lurpia… Dáme medo que se aproveite do meu neto. - Bueno Mersedes, Robertiño ten un bo traballo e non o “conseghiu” “presisamente” por ser par-vo. Se van casar será porque están namorados. Dálle un voto de “confiansa” á rubia e non sexas pájaro de mal agüero.

- “Seghuro” que tes “rasón” Carmucha, pero xa se sabe que o amor ese é chosco perdido e o meu Ro-bertiño non “merese” que o “faghan” sufrir… - Iso dillo ao neto de Rosamari… - E lo que pasou? - Non te enteraches? Ben se ve o tola que andas co da voda... Onte a noite a Rosamari deulle un infarto e espichouna - Que dis? Rosamari a das Curruchas? - Si home, esa! A filla de Rosamari casou hai dous anos cun dos sobriños de Tito,o das Barbas. Non te lembras? - “Serto, serto…” E morreu onte a noite? - Como cho conto! Os netos foron ó seu cuarto a buscala para ires “senar” e xa a encontraron morta.

- Meus pobres, e “aghora” teñen que “encargharse” eles do funeral e todo iso… Pero estaba visto eh? Rosamari sempre andaba a coti-llear de todo o mundo - Pois si. E ben cho sabe Dios que a esa xente que fala por falar dos problemas dos demais non lles espera nada bo. - Como ten que ser! Mira, por alí che ven Mucha. Ímosllo contar que “ighual” ela tampouco se ente-rou - Ui! Co mal que se levaban Mucha e Rosamari debe de estar “felis” como unhas pascuas…

RECUNCHO LITERARIO AS DÚAS DE SEMPRE por Fuensanta Buceta

Page 42: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

42

   

Cando Galinka casou, a súa nai pedíulles aos vellos sogros: —A miña filla non debería traballar, ela non esta acostumada ó traballo . Coidádea, non lle deades a vasoira para varrer, porque lle entrará po nos ollos. Poñédelle baixo a cabeza unha almofada branda e suave para que poida durmir ben. Así esta acostumada . Os vellos sogros miráronse un ao outro, pero non dixeron nada. — Prometédeme , que nunca xamais lle diredes unha palabra mala. As súas orellas non están acostumadas a escoitar palabras malas . — Non te preocupes, na nosa casa isto non existe —dixo o vello sogro e montou no coche. Ao seu lado sentou a sogra, detrás o noivo e Galinka. Marcharon a outra vila moi lonxana. Á noite, cando chegaron, a sogra preparou unha empanada, matou unha galiña e fixo unha sopa, tamén sacou unha xerra de viño.

E mentres tanto, Galinka , sentada nunha cadeira coas mans cruza-das , pensaba: -Аi!, que muller traballadora , igual ca miña nai. Aquí vivirei moi ben . Cearon todos moi ben e foron para a cama . A noite pasou. Ó día seguinte, o vello sogro levantouse moi cedo e espertou os demais : — Vamos — dixo — espertade que temos que ir ao campo ! — Que imos facer alí? — preguntou Galinka —Sacharemos o millo. — Con aixadas ? — Si — respondeu a sogra —Eu non vou . —Por que? — preguntou o marido de Galinka . — Porque a sacha pesa, eu non debo levantar obxectos pesados. — Déixaa — dixo o pai . — Que limpe a casa e que nos prepare a

cea . Aquí necesitamos unha persoa . Foron os donos ó campo. A xove quedou na casa. Estivo deitada durante todo o día. Cando se ergueu , sentiu fame e comezou a buscar algo para comer,pero non atopou nada. — Non me deixaron nada , esquecéronse de min —Galinka saíu fóra para mirar as flores do xar-dín .— Ai , que flores tan bonitas! — dixo ela . Comezou a arrancarlas todas . Camiñou ata unha árbore de cereixas e comeu unhas poucas. Deitouse baixo a árbore na herba e así pasou o resto do día. Pola noite os tres traballadores volveron moi cansos. Miraron arredor e viron :a casa sen limpar , non había auga, o lume apagado e as galiñas durmidas sen comer. A sogra levou auga, prendeu o lume , cociñou patacas e fixo pan. Preparou a cea moi rápido. Galinka sentada nunha cadeira ,observaba sen facer nada.

RECUNCHO LITERARIO CONTO POPULAR BULGARO por Dobrinka Penkova

Quen non traballa, non debe comer!

Page 43: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

43

   

Cando a cea estaba lista, a sogra invitou a todos: — Vamos cear! Galinka colocouse primeira na mesa. O sogro colleu o pan e rompeuno en tres cachos.Un para a súa esposa , outro para o seu fillo e o terceiro deixouno para el. — E Galinka? — preguntou a sogra . — Ela non ten fame .Quen non traballa, non sente fa-me. Galinka enfadouse e foi para cama e comezou a cho-rar . Non puido durmir durante toda a noite porque tiña fame. A mañá seguinte repetiuse o mesmo .Os tres traballadores foron cultivar legumes. Galinka non quixo ir. — O sol quenta moito — dixo ela — poñereime morena.

Deixárona outra vez na casa . Este día repe-tiuse, non tocou nada .Atopou un cachiño de pan seco deixado para o can, comeuno e vol-veu deitarse . Os traballadores volveron tarde pola noite outra vez, moi cansos. A sogra preparou a cea , fixo pan e o sogro de novo dividiuno en tres cachos e Galinka quedou co prato balei-ro. — Por que non lle das pan a Galinka ? — pre-guntou a sogra . —Porque, quen non traballa, non debe comer ! — respondeu o sogro.

Durante toda a noite Galinka non deixou de pensar .Quedou durmida pola mañá . Unha vez que os galos cantaron por terceira vez, ela saltou .Buscou o seu sogro , marido e sogra pero non os ato-pou porque marcharon moi cedo ó campo. Entón Galinka comezou a limpar, por aquí e por alá .Varreu a casa e o xardín . Levou auga e re-gou as plantas, acendeu o lume e deixou comida preparada para os traballadores . Fixo pan . Pola noite os cansos traballadores volveron e cando viron todo o traballo que fixo Galinka quedaron moi sorprendidos. A xove puxo a mesa e pasou o pan ó seu sogro, sentou e esperou a ver que facía el. O sogro rompeu o pan en catro cachos, o máis grande era para Galinka — Come, filla, mereces o teu pan porque hoxe traballaches duro! Galinka colleu o pan e comezou a comer .

Nunca comera un pan tan rico!

RECUNCHO LITERARIO CONTO POPULAR BULGARO por Dobrinka Penkova

Page 44: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

44

   

A ruta da Pedra da auga é un vello camiño que se percorría tradicionalmente o luns de Pacua e que seguían os devotos da Virxe das Ca-bezas buscando alivio ós seus males. A primeira parte desta ruta comeza nos Muíños de Barrantes. Este camiño dura un quilómetro e medio e consta de seis muí-ños restaurados, que forman parte da Rede Cultural Galaico-Portuguesa: o Muíño de Chantada, o Muíño de Con, o Muíño de Rivas, o Muíño de Ponte dos Carros, o Muíño de Leiro e o Muíño de Quintáns. A segunda parte da ruta comeza nos Muí-ños de Xerén, no concello de Meis. É un lugar perfectamente rehabilitado e cunha área recreativa nas ladeiras do monte Cabeza de Boi. Estes muíños lévannos ata a Aldea de Pedra, un conxunto de esculturas de granito da vida rural galega a comezos de século. Entre elas hai elementos tradicionais gale-gos: a igrexa, o piorno, o cruceiro, o carro das vacas, os animais domésticos, os labregos, a fon-te, etc,... Esta aldea foi construída polos alumnos da Escola de Canteiros de Poio. As dúas partes da ruta ofrécennos unha paisaxe sorprendente cunha natureza en estado puro. E despois de percorrelas chegamos ó punto final da ruta, o Mosteiro da Armenteira. O mosteiro é do século XII e crese que o fundou San Fructuoso ou o conde Raimundo de Borgoña, aínda que a crenza popular atribúe tal honor a Abad Ero, que é o protagonista dunha lenda de paxaros. Ó seu lado está a Igrexa. Esta conserva a súa fachada primitiva, adornada cunha porta con seis arquivoltas de medio punto e un impresionante rosetón. Dentro recíbenos a Virxe das Cabezas, que da nome ó lugar, e a que visitan cada ano para curar as dores de cabezas e as migrañas.

COLABORACIÓNS RUTA DE SENDEIRISMO DA PEDRA E DA AUGA

por Bibiana Silva e Aldara Muñiz 4º ESO C

Fermosas paixases acompáñannos durante toda a ruta

O mosteiro de Armenteira preside o Val do Salnés e que a Virxe das Cabezas vos protexa a testa

Temos a posibilidade de tomar un descanso en lugares idílicos

Page 45: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

45

COLABORACIÓNS

 

A PERSONALIDADE DA MODA por Nerea Paz Margarita Barreiro Mónica González 1º Bacharelato

''As modas pasan, o estilo permanece''. Xa o dicía nos anos 20 a icona da moda Coco Chanel, ao transformar por completo a esté-tica feminina parisina do momento, non sen xerar unha gran con-troversia. Esta actitude debería aplicarse actualmente para evi-tar así o medo a ser diferente e a ser criticado. Cantas veces vimos como alguén é discriminado polo seu estilo, xa non porque se afaste da permitido , senón porque fai diferentes combinacións máis atrevidas e personalizadas que o fan destacar na multitude. Iso é o que todos deberíamos buscar e tratar de alcanzar, para así non ter un estilo idéntico e ser uns ''zombies'' da moda.

Por outra banda, non todo o mundo pode permitirse gastar altas cantidades de diñeiro, pero isto non im-plica que gastando pouco diñeiro non poidas vestir adecuadamente. Hoxe en día temos ao noso alcance diversas tendas de roupa con prezos moi asequibles onde se poden atopar as diferentes tendencias para a tempada primavera-verán. Aínda que é bo ter vestir con personalidade, sempre se debe seguir unhas pautas para non saír demasiado do patrón. Algunhas destas tendencias son: - Os bloques de cor, é dicir, a mestura de cores vivas, tales como o amarelo e rosa, azul e verde, rosa e azul...

-Os estampados florais e psicodélicos así como os cha-mados estampados “pañuelo” ou cachemira. -A moda sempre se repite, polo que encontramos dife-rentes influenzas dos anos 20 (flocos, vestidos de cin-tura baixa e pouco cinxidos, diademas con pedrería, gargantillas...), dos anos 50 ( tonos pastel, complemen-tos naif..), dos anos 80 ( as “tachuelas”, coiro, “lentejuelas,” estampados de animais...). -As prendas asimétricas e os vestidos cinxidos. -As cores por excelencia son os tonos pastel, todos os tonos de rosa e as diferentes gamas de verde. En conclusión, seguindo estas pautas , para conseguir un ''look '' perfecto debes engadir os teus toques persoais e conxuntar todas estas prendas segundo o teu estilo.

A icona da moda Coco Chanel

Page 46: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

46

COLABORACIÓNS

Page 47: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

47

COLABORACIÓNS

Page 48: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

48

   

Definitivamente, na pasada década houbo avances tecnolóxicos que marcaron a diferenza. Todos os días hai novidades, aparatos máis avanzados, aplicacións novas, xogos, softwares, gadgets, etc.É imposible estar ao día. A década pasada marcou o principio do fin dos cables. Neste artigo falaremos dos 10 mellores inventos da última década: Google: Esta empresa foi fundada en 1998. En tan só dous anos dende a súa creación, acadou ser o buscador máis importante de toda a rede. Google converteuse en moito máis ca un busca-dor, e estase posicionando na maioría dos sectores da industria tecnolóxica (Android, Chrome).

Telefonía móbil: Esta tecnoloxía ten arredor de 20 anos de existencia, pero foi nesta última decada cando se xeralizou exponencialmente. De ser un obxecto de luxo pasou a ser unha necesidade, en 2004 había 34 millóns de terminais e, en 2008, aumentou a 76 millón. Prevese que para 2014 haberá 97 millóns.

Internet de banda ancha: Esta tecnoloxía, hoxe en día, está presente en case todos os fogares e converteuse en algo tan natural como ter electricidade. Tanto a capacidade como a calidade destes módems aumen-tou considerablemente nos últimos anos, pasando de 56K a 200Mb. Wi-Fi:Cando comezou no ano 2000, esta tecnoloxía tiña prezos moi elevados. Agora todo tipo de dispositivos, dende teléfonos ata televisores, contan con este soporte e outras tecnoloxías coma o bluetooth.

iPod: Os primeiros reproductores MP3 con disco duro foron lanzados en 2000, non obstante, Apple pronto dominaría o mer-cado no 2001 co seu iPod, que combinaba deseño, facilidade de uso e gran capacidade. O iPod converteuse rapidamente nun termo coñecido por todos marcando a era de gloria do MP3. iPhone: Triunfou pola súa pantalla táctil, fácil de usar e a súa super App Store. Apple luciuse co lanzamento do iPhone fai 5 anos. O aparello cambiou a comunicación móbil e converteuse nun exemplo a seguir por todos os fabricantes. O iPhone está na súa cuarta xeración e dende que viu a luz, a competencia ti-vo dificultades para superalo.

COLABORACIÓNS OS 10 DOS 10 porMartin Franco e Laura Rodríguez , 1º BACH B

Page 49: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

49

   

Redes Sociais (Facebook, MySpace, Twitter): Cada vez é máis o tempo que os internautas pasan nas comunida-des e medios sociais. Os máis importantes son Facebook, xunto con Tuenti en España. Pantallas planas: Actualmente a tecnoloxía predominante é o LCD. Pero xa hai alternativas de maior calidade como as pantaias LED ou OLED. Vídeo de HD: Apareceron as televisións planas, pero a tecnología DVD xa non era suficiente. Chegaron o HD-DVD e o Blu-ray. Finalmente, o Blu-ray alcanzou máis ven-das, grazas á consola PS3 e ao apoio da indus-tria do cinema. Agora queremos ver todo en- HD.

Navegación GPS: No 2000 puxeron á nosa disposición os satélites militares estadounidenses de posicionamento glo-bal: GPS, e de forma gratuita. Google luciuse neste sentido co seu programa Street View.

COLABORACIÓNS OS 10 DOS 10 porMartin Franco e Laura Rodríguez , 1º BACH B

Page 50: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

50

JOLICHADAS DEPORTIVAS CRÓNICA DEPORTIVA DO ANO por Manuel Somoza 2º Bac A

Este ano, comezarei esta sección coa crítica dos franceses ó noso deporte.

Hai uns meses o deporte español re-cibiu con tristeza a condena ó ciclista Alberto Contador. A prensa francesa, en concreto os guiñois do Canal + francés, aproveitaron a sentenza para criticar con certa ironía a dopaxe no deporte español.

Nadal, Gasol, a selección española de fútbol e Contador son presentados en Francia como deportistas que se do-pan (firman papeis cunha xiringa) e esa é a razón pola que se conseguen tantos títulos. Isto é unha clara evi-dencia da envexa que teñen dos nosos deportistas. Ese sentimento pode nacer a partir de feitos como:

Por exemplo, o tour de Francia, a carreira ciclista máis prestixiosa do mundo, a última vez que un francés a gañou foi Bernard Hinault no 1985. Ademais, dende esa ata a ac-tualidade, de 26 tours que se disputaron, 9 foron para españois, e 5 deles para Miguel Indurain de maneira consecutiva.

Outro exemplo é o Roland Garros, tamén con moito prestixio, pero no tenis. A última vez que un francés o gañou foi Yannick Noah no 1983. Pero agora, Rafa Nadal está a rachar con todos records e xa leva 6 títulos e 4 deles de forma consecutiva. Non só iso senón que España, é o país que máis veces gañou o Roland Garros con 14 vitorias, segui-do dos Estados Unidos e Australia con 11.

Tamén pode verse na fórmula 1 onde a escudería francesa, Renault, foi campiona do mundo dous anos consecutivos por primeira vez, pero grazas a un español, o piloto Fer-nando Alonso e así con multitude de deportes como o baloncesto, o balonmán, etc.

Así, desta forma , caricaturizaban en Canal Plus Francia aos de-portista españois, ironizando sobre a dopaxe no deporte español

Page 51: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

51

JOLICHADAS DEPORTIVAS CRÓNICA DEPORTIVA DO ANO por Manuel Somoza 2º Bac A

Cambiando de tema, imos falar do deporte rei na maioría dos países e tamén no noso, o fútbol.

Desgraciadamente, dende hai uns anos, comeza a haber una su-premacía do Barcelona e do R. Madrid na liga e na copa. Isto pro-voca que a liga sexa moito menos emocionante, que só haxa dous equipos ós que interese ver e que os demais non sexan igual de valorados como co R. Madrid e o Barcelona.

Ademais non só iso, os dereitos televisivos provocan que tanto o Madrid como o Barcelona teñan un orzamento moito máis elevado ca o resto dos equipos. Isto inflúe á hora de fichar xogadores e mellorar a súas plantillas. Deste xeito créase unha espiral que provoca que cada vez teñan máis cartos os grandes equipos e melloren os seus equipos e haxa menos competitividade. Isto é prexudicial para equipos con bastante prestixio pero non ó nivel dos dous grandes, como o Valencia ou o Atlético de Madrid que son en teoría os mellores detrás do R. Madrid e o Barcelona.

Ademais, xa comezan a xurdir termos como “a outra liga”, que é a mesma liga pero sen contar ó Madrid e ó Barcelona, e “outra liga irlandesa” con referencia a liga irlandesa, na que só pelexan dous equipos por ela dende hai moitos anos como son o Glasgow Rangers e o Celtic.

E, baixando un pouco a mirada deica a 2º división, puidemos ver como os dous equipos galegos fixeron unha gran tempada. Tanto o Deportivo como o Celta estiveron nos postos de arriba , o que provocou un final del iga moi interesante. Subiron a primeira divi-sión e serán acompañados dun terceiro equipo que sairá do choque entre Valladolid e Alcorcón .

Isto é moi bo para o deporte galego xa que non milita actualmente ningún club galego na 1º división e isto non é xusto se miramos un pouco a recente historia da 1º división ou con maior importancia, a Cham-pions; cando en Europa se falaba galego.

Tanto o Deportivo como o Celta xogaban arredor do continente cos mellores clubs daquela época e chegaban bastante lonxe. Isto quería dicir que o deporte galego estaba a un gran nivel xa que por exemplo o Deportivo gañou a liga 1999-2000.

Page 52: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

52

JOLICHADAS DEPORTIVAS Carreira dos Institutos

Preparados, listos…...XA

Ai! que chego que chego!

Para o cansanzo...Botellón

A entrega de premios, Había máis que na tómbola

E por fin …... ATA O ANO no Asorey

Os músicos do Asorey amenizaron a entrega de premios

Page 53: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

53

Coas vacacións de verán non só chega un momento estupendo para o lecer, o que realmente che-ga cando empezan as vacacións é a oportunidade de achegarse de vagar, sen présas, sen imposi-cións, aos libros, eses amigos silenciosos, que non nos esixen nada, que só ofrecen aventuras e emocións de balde, que entregan o mellor que teñen, porque, como decía Cunqueiro, “os amigos son coma un espello”, así que mírate neles, nos libros.

1º ciclo ESO

2º ciclo ESO

Bacharelato e Ciclos

Libros para o verán

Page 54: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

54

Curiosidades do mundo animal por Joel Mucelli, Javi González (2º ESO A)

O animal con mellor vista é o falcón. Ten unha agudeza visual superios trinta veces á do ser humano. E o animal mais veloz é o falcón pere-grino : pode acadar 300km/h

O animal máis forte é o escaravello rinoce-ronte. Pode cargar cun peso 30 veces maior ca el.

O animal que máis dorme é o koala, entre 20 e 22 horas ao días.

O animal co pene máis gran-de, con respec-to ao seu tamaño, é o percebe. na escala humana acadaría uns 4 m de lonxitude.

O animal con máis peso é a balea azul, con 190 tonela-das., ademais é o máis gran-de con 33 m de lonxitude

O cerebro máis peque-no (con relación ao tamaño) é o do crocodi-lo; ten o tamaño dunha noz.

Page 55: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

55

Curiosidades do mundo animal por Joel Mucelli, Javi González (2º ESO A)

O animal que voa máis alto é o ansar in-dio que sobrepasa o Himalaia nas súas viaxes migratorias. En segundo lugar es-tá o voitre de Ruppel (Gyps Rueppellii).

O bebé animal máis lixeiro é o do canguro que pesa aproximadamente 1 gramo.

Aguia calva por Bahadir Tasdemir A aguia calva (Haliaeectus leococephalus), é unha especie famosa por ser o símbolo dos Estados-Unidos de América. Esta especie estivo a punto de extinguirse nos Esta-dos Unidos a finais do século XX. Os exemplares máis pequenos son os de Florida. Pe-san aproximadamente 5 quilos e teñen unha enverga-dura de 1,8 m. Os de Alaska son os máis grandes, con 7 kilos e unha envergadura de 2,5 m. Aliméntanse de peixes e outros animais. As aguias calvas son sexualmente maduras aos catro ou cinco anos de idade. Cando teñen a idade suficien-te para reproducirse, a miúdo volven á zona onde na-ceron. Poñen un ou 2 ovos e incúbanos 24 ou 25 días. Pode chegar a vivir máis de cincuenta anos.

Page 56: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

56

As dez especies máis velenosas do planeta por Laura Caldas e Laura Falcón

Page 57: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

57

PASATEMPOS, ENCRUCILLADOS por Lidia Martínez 4º ESO C

1

2

3

4 5 6

7

8

9

Page 58: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

58

PASATEMPOS, ENCRUCILLADOS por Lidia Martínez 4º ESO C

Sudoku:

Adiviñas:

Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dálle-dálle, catro mexafontes e un rega-montes. Solución: A vaca (os cornos, o rabo, as tetas

o mexadoiro) Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos e unha punta-da. Solución: A galiña Anda e non ten pés, come e non ten boca e toda a comida lle pa-rece pouca. Solución: O muíño Somos sete irmáns que só vivi-mos un día cando un nace, outro morre e así pasámo-la vida. Solución: A semana

A D F A G F N E M T

V B I O H B F Ñ I L

E L E M R Q T O D S

S N P L O M X H P A

P D S A L T I U T O

A G E F I A V G M A

R L I B E L U L A R

P U L G A S B Z U D

SOPA DE LETRAS: Busca 5 insectos

Busca as sete diferenzas:

Solucións:

A D F A G F N E M T V B I O H B F Ñ I L E L E M R Q T O D S S N P L O M X H P A P D S A L T I U T O A G E F I A V G M A R L I B E L U L A R P U L G A S B Z U D

Page 59: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

59

Page 60: Jolichadas2012

I.E.S. Francisco Asorey Xuño 2012

60