La revolución mexicana

7
LA REVOLUCIÓN MEXICANA 1910-1917 EGO RIVERA – Liberación do peón (1931) Club de lectura Arao Adultos Biblioteca IES

Transcript of La revolución mexicana

Page 1: La revolución mexicana

LA REVOLUCIÓN MEXICANA

1910-1917

DIEGO RIVERA – Liberación do peón (1931)Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 2: La revolución mexicana

A Revolución Mexicana foi un movemento social e cultural violento que tivo lugar entre 1910-1917. Este movemento formou ou México do século XX.

A finais do século XIX México estaba gobernado por Porfirio Díaz. A súa presidencia caracterizouse pola promoción da industria e a pacificación do país. Fomentou o investimento estranxeiro principalmente dos norteamericanos, os franceses e os ingleses. Pese ao crecemento macroeconómico do país, a paz e o progreso relativos lográronse a expensas da sobreexplotación das clases campesiña e obreira, concentrando a riqueza, o poder político e o acceso á educación nun feixe de familias posuidoras de grandes latifundios.

PORFIRIO DÍAZ (1830-1915)

Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 3: La revolución mexicana

En 1910, Porfirio Díaz presentouse ás eleccións por quinta ocasión. O seu adversario, Francisco Madero, un popular e adiñeirado empresario educado no estranxeiro, simpatizaba coas reformas sociais e os ideais socialistas e liberais. Díaz ordenou o arresto de Madero e puido ser reelixido unha vez máis para a Presidencia da República.

FRANCISCO MADERO (1873-1913

Madero conseguiu fuxir e exiliarse en Texas, onde redactou o Plan de San Luís no que chamaba a un levantamento armado, declaraba nulas as eleccións de 1910, restituía aos indíxenas as terras e establecía o principio de non reelección (aínda vixente en México).

Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 4: La revolución mexicana

Moitos intelectuais uníronse ao movemento, así como os indíxenas encabezados par Emiliano Zapata no sur, e Pancho Villa no norte. Porfirio Díaz renunciou ao goberno e exiliouse en Francia.

EMILIANO ZAPATA (1879-1919) - PANCHO VILLA (1878-1923) Formouse un goberno provisional encabezado por Francisco León sucedido por Madero en 1911.

Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 5: La revolución mexicana

En 1913 Madero sería vítima dun golpe de estado encabezado polo xeneral Victoriano Huerta que o fixo matar e proclamouse presidente da nación (A Decena Tráxica). O golpe contou co apoio do embaixador dos Estados Unidos en México, pois as reformas promovidas por Madero afectaban os intereses dos norteamericanos e británicos que controlaban as empresas petroleiras do país.

Coñécese como Decena Tráxica o movemento armado que tivo lugar do 9 de febreiro ao 18 de febreiro de 1913 para derrocar a Francisco Madero da Presidencia de México. A sublevación iniciouse na cidade de México, cando un grupo de disidentes levantouse en armas, asaltando algunhas dependencias de goberno e decretando o estado de sitio. Club de

lectura Arao

Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 6: La revolución mexicana

Os caudillos enfocaron a loita en contra do novo goberno de Huerta, nunha longa guerra onde cada caudillo tiña diferentes ideais.

VENUSTIANO CARRANZA (1859-1920)Para deter a loita Venustiano Carranza, gobernador do estado de Coahuila formou o Exército Constitucionalista coa intención de pacificar ao país adoptando a maior parte das demandas sociais esgrimidas polos rebeldes e integrándoas nunha  constitución progresista e socialista, a Constitución de 1917, a primeira constitución progresista e social do mundo. Con ela acabou oficialmente a Revolución, aínda a violencia continuaría durante algúns anos máis.

Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia

Page 7: La revolución mexicana

Os presidentes post-revolucionarios van realizar a expropiación petroleira, a repartición de terras aos campesiños e indíxenas, promoven a educación gratuíta bilingüe ás comunidades indíxenas e crean o Instituto Mexicano do Seguro Social.

México logrou un impresionante crecemento económico. Moitos inmigrantes suramericanos e europeos, principalmente españois exiliados da Guerra Civil, establecéronse no país.

Club de lectura

Arao Adultos Biblioteca

IES Pedra da

Aguia