LARADA FEBREIRO

8
FEBREIRO 2012 nº 37 - Ano IV Amar non é só querer; é sobre todo comprender. (Françoise Sagan) ¿Y AHORA QUÉ?... ¿Y ahora qué? dijo el sol al ponerseSe suele decir que los hombres pasan y las instituciones permanecen. Suele ser verdad pero, tal vez, la cuestión está en cómo permanecen. Nos hallamos estos días sufriendo la ausencia del amigo, del guía, del sacerdote, pero sinceramente creo que el mejor regalo que podemos hacernos a nosotros mismos, pues Miguel no nos necesita, es seguir con su obra. Obra que, por cierto, no es solamente de unos cuantos, sino que es de todos. Uno de los grandes logros de nuestro sacerdote, fue precisamente, la de unirnos, la de acercarnos y ayudarnos a convivir en paz, como verdaderos cristianos e insistir en que la parroquia la formamos entre todos. Unos aportarán más que otros, pero eso no es lo importante, lo importante es que no podemos permanecer si no estamos unidos en un mismo sentimiento, en un mismo quehacer, formando un racimo que muestre en su día a día, que ha asumido las enseñanzas del amigo. Estoy seguro que este es el mejor homenaje: que todos seamos uno. Es lógico que algunos de vosotros os halléis en un momento de incertidumbre o con dudas sobre lo que puede ocurrir a partir de ahora, por eso, desde las personas que son conocedoras y que prestan una colaboración más cotidiana en los temas parroquiales, queremos haceros saber que tenemos la intención de que todo “siga igual”. Se respetarán las fechas para las primeras comuniones, se atenderá el despacho parroquial, se continuará con todas las actividades que venían desarrollándose: tanto lúdicas como de Cáritas o cualquier otra que ya estaba en marcha. Estamos encantados de poder atenderos en cualquier cuestión que deseéis plantear y dentro de nuestro entender, intentaremos solventar cualquier duda que os surja. De igual forma estamos a vuestra disposición para hablar de aquello que queráis. No pretendemos sustituir a nadie, no podríamos hacerlo, al igual que no podemos hacer a nadie feliz, pero siempre podemos ayudar a que lo sea un poco más. Miguel, el sacerdote, nos enseñó a derribar muros y construir puentes por los que podamos seguir acercándonos unos a otros. Por eso, aquí estamos, como siempre, para seguir haciendo Parroquia, creando comunidad. Se hará lo que se pueda, respondió una humilde vela. SUMARIO Rostros do Barrio Compartindo… (Páxina 2) Bautismo: unha primeira aproximación (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Cousas da rapazada (Páxina 5) Avanzando na Doutrina Social da Igrexa (Páxina 6) A nosa vida, unha viaxe en tren (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

description

Revista parroquial mensual

Transcript of LARADA FEBREIRO

Page 1: LARADA FEBREIRO

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I

FEBREIRO 2012 nº 37 - Ano IV Amar non é só querer; é sobre todo comprender. (Françoise Sagan)

¿Y AHORA QUÉ?...

¿Y ahora qué? dijo el sol al ponerse…

Se suele decir que los hombres pasan y las instituciones

permanecen. Suele ser verdad pero, tal vez, la cuestión está en

cómo permanecen.

Nos hallamos estos días sufriendo la ausencia del amigo,

del guía, del sacerdote, pero sinceramente creo que el mejor regalo

que podemos hacernos a nosotros mismos, pues Miguel no nos

necesita, es seguir con su obra.

Obra que, por cierto, no es

solamente de unos cuantos, sino que

es de todos.

Uno de los grandes logros de nuestro sacerdote, fue precisamente, la

de unirnos, la de acercarnos y ayudarnos a convivir en paz, como verdaderos

cristianos e insistir en que la parroquia la formamos entre todos. Unos

aportarán más que otros, pero eso no es lo importante, lo importante es que no

podemos permanecer si no estamos unidos en un mismo sentimiento, en un

mismo quehacer, formando un racimo que muestre en su día a día, que ha

asumido las enseñanzas del amigo. Estoy seguro que este es el mejor

homenaje: que todos seamos uno.

Es lógico que algunos de vosotros os halléis en un momento de

incertidumbre o con dudas sobre lo que puede ocurrir a partir de ahora, por

eso, desde las personas que son conocedoras y que prestan una colaboración

más cotidiana en los temas parroquiales, queremos haceros saber que tenemos

la intención de que todo “siga igual”.

Se respetarán las fechas para las primeras comuniones, se atenderá el

despacho parroquial, se continuará con todas las actividades que venían

desarrollándose: tanto lúdicas como de Cáritas o cualquier otra que ya estaba

en marcha.

Estamos encantados de poder atenderos en cualquier cuestión que

deseéis plantear y dentro de nuestro entender, intentaremos solventar cualquier duda que os surja. De igual

forma estamos a vuestra disposición para hablar de aquello que queráis. No pretendemos sustituir a nadie,

no podríamos hacerlo, al igual que no podemos hacer a nadie feliz, pero siempre podemos ayudar a que lo

sea un poco más.

Miguel, el sacerdote, nos enseñó a derribar muros y construir

puentes por los que podamos seguir acercándonos unos a otros. Por eso,

aquí estamos, como siempre, para seguir haciendo Parroquia, creando

comunidad.

…Se hará lo que se pueda, respondió una humilde vela.

SUMARIO

Rostros do Barrio

Compartindo…

(Páxina 2)

Bautismo: unha primeira

aproximación

(Páxina 3)

Á calor da Palabra

(Páxina 4)

Cousas da rapazada

(Páxina 5)

Avanzando na Doutrina

Social da Igrexa

(Páxina 6)

A nosa vida, unha viaxe en

tren

(Páxina 7)

Axenda

(Páxina 8)

Page 2: LARADA FEBREIRO

A FUME DE CAROZO

ROSTROS DO BARRIO

Aurora é ben coñecida no barrio. Coñecida e respectada. Naceu en Carballo, casou na nosa parroquia

no1965 e aquí quedou dende entón.

Nai de tres fillos, a súa vida non foi fácil, pero

ela sempre lle fixo fronte con coraxe, sen renderse

nunca.

Coidou nenos e traballou en empresas de

limpeza ata retirarse.

Avoa de tres netos, leva facéndose cargo de

dous deles dende que naceron. A eles dedica todo o seu

tempo e por eles vai a onde faga falta.

A súa xornada comeza sobre as 7 da mañá,

hora na que se levantan para prepararse, almorzar

xuntos e acompañalos ao colexio. Despois vai á Cociña

Económica, na que espera ata que lle toca recoller a

comida que levará para a casa para ela e os nenos.

O resto da mañá dedícao a atender a casa, con todo o que iso supón. Pola tarde, recolle aos nenos e atende a

que fagan os traballos escolares, dándolles a merenda e preparando a cea.

Para todos nós é un verdadeiro exemplo: aínda que non sexa moi forte fisicamente, a súa forza é

tanta que xa quixeramos moitos e moitas de nós ter a metade da que ela ten. Sempre cun sorriso, sempre

agradecendo todo, nós só podemos dicir GRAZAS, Aurora, por todo o que aprendemos coa túa maneira de

mirar a vida, sempre tirando a pesar de calquera dificultade. Contigo queda demostrado que non é preciso ter

moito para ser alguén moi grande e importante.

COMPARTINDO DOR E ESPERANZA: GRAZAS

Neste último mes, a raíz do falecemento do noso párroco, Miguel, foron moitas as celebracións que

se organizaron no seu recordo, agradecendo a súa vida e celebrando a súa resurrección.

Aínda que a dor nos invade, temos ao mesmo tempo un

sentimento moi fondo de gratitude e de sabernos parte dunha

comunidade moito máis grande ca a nosa parroquia, porque estes días

tivemos a oportunidade de compartir eucaristías e encontros con

persoas doutros moitos lugares. Dende a Parroquia de San Miguel dos

Agros, en Santiago de Compostela, ata a nosa, pasando por Aranga e

por San Xoán de Campo, de Trazo, polo Colexio das Franciscanas,

por Bañobre, e mesmo pola Escola de Espiritualidade. En todos eles,

respirábase o mesmo: a tristeza humana lóxica ante a desaparición

dun amigo, de alguén querido, pero tamén o agradecemento por ter

compartido camiño con Miguel e a certeza da fe de que el está

connosco e gozando da VIDA PLENA que DEUS PAI NAI nos

ofrece.

Por iso, só podemos dicir GRAZAS por todo o cariño

recibido, por sentirnos todos irmáns, por orar xuntos, por

CELEBRAR a VIDA, por deixar a individualidade e sentirnos

COMUNIDADE FRATERNA.

Que sexamos quen de manter o mesmo espírito de Miguel

que é o espírito de Xesús.

Page 3: LARADA FEBREIRO

A LAREIRA

BAUTISMO: UNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN

O sentido do sacramento do Bautismo nunha primeira aproximación é ben sinxelo: ser incorporados

á Igrexa como membros de Cristo, eliminando en nós a pegada do pecado Orixinal. Aínda que este sentido é

sinxelo, vén acompañado de grandes implicacións:

Ser incorporados á Igrexa como membros de Cristo

Así como as persoas ao nacer, para crecer e desenvolverse necesitan vivir nunha familia, nunha

sociedade, así tamén o cristián, no sacramento do Bautismo recibe unha vida nova, necesita incorporarse

vitalmente a esa gran familia que formamos, ao Pobo de Deus, para vivir plenamente a vida que recibiu. Polo

tanto somos incorporados á Igrexa, comunidade de fe e de vida, "integrándonos na súa construción para ser

fogar de Deus, polo Espírito" (Ef 2,22).

Esa persoa única, que recibe o bautismo, dende este momento é

testemuña e presenza de Xesús para toda a súa vida. Toda a “igrexa de

Cristo” personificada na comunidade parroquial dá esa benvida, esa

primeira aperta de acollemento á vida en común. Toda a comunidade

cristiá pasa a ser responsable da fe da nova persoa bautizada, sendo, por

suposto, especial a responsabilidade dos pais e padriños .

Bautizar a un neno é facerlle un agasallo inmenso, desexarlle o

mellor, que é a vida en Cristo. Este é un agasallo que no seu futuro

poderá aproveitar ou poderá abandonar, pero sempre o terá a man para

achegarse á Igrexa, e por medio desta a Xesús.

Elimina a pegada do pecado Orixinal

Os nosos antergos cando queren explicarnos ensinanzas

importantes da vida, normalmente acoden a un conto ou unha lenda para

que entendamos ben a mensaxe que nos queren transmitir. Iso foi o que se

fixo co relato da Creación e coa desobediencia de Adán e Eva nesa

historia. E dende esa desobediencia acúñase o nome de “pecado orixinal”.

Este pecado orixinal, non é máis que a soberbia ou egoísmo que as

persoas, polo feito da nosa condición humana, posuímos.

O sacramento do bautismo é don e tarefa á vez. Como don somos

chamados a eliminar este egoísmo dos nosos corazóns, abríndonos ao

Amor do Pai/Nai. E como tarefa somos capacitados para traballar

responsablemente na transformación da realidade na que vivimos, nun

mundo máis fraterno.

Recibir un sacramento non é algo máxico ou místico que nos cambie sen máis. Recibir o sacramento

do bautismo é abrirnos á acoller a graza da fe. Unha fe viva e compartida, que sexa semente do Reino de

Deus. Non todos temos a graza de ser pais ou nais pero si todos somos fillos. Recibir o sacramento do

bautismo aseméllase ao “bico de boas noites” que pedimos cando somos pequenos ou nalgúns casos

podemos dar cando somos pais. Ese bico que cando nolo dan acóuganos, e á vez nos enche de forzas para

continuar a tarefa ao día seguinte. O bautismo é ese primeiro bico, que nos da o Pai común e que se vai

renovando todos os días da nosa vida. Felices sonos!

Yolanda e Juan

Page 4: LARADA FEBREIRO

Á CALOR DA PALABRA

Domingo 12 (Mc 1,40-45) Entonces se le acercó un leproso para

pedirle ayuda y, cayendo de rodillas, le dijo: "Si

quieres, puedes purificarme". Jesús, conmovido,

extendió la mano y lo tocó, diciendo: "Lo quiero,

queda purificado". En seguida la lepra

desapareció y quedó purificado. Jesús lo

despidió, advirtiéndole severamente: "No le digas

nada a nadie, pero ve a

presentarte al sacerdote y

entrega por tu purificación

la ofrenda que ordenó

Moisés, para que les sirva

de testimonio". Sin

embargo, apenas se fue,

empezó a proclamarlo a

todo el mundo,

divulgando lo sucedido,

de tal manera que Jesús ya

no podía entrar

públicamente en ninguna ciudad, sino que debía

quedarse afuera, en lugares desiertos. Y acudían a

él de todas partes.

Domingo 19 (Mc 2,1-12. Unos días después, Jesús volvió a

Cafarnaún y se difundió la noticia de que estaba

en la casa. Se reunió tanta gente, que no había

más lugar ni siquiera delante de la puerta, y él les

anunciaba la Palabra. Le trajeron entonces a un

paralítico, llevándolo entre cuatro hombres. Y

como no podían acercarlo a él, a causa de la

multitud, levantaron el techo sobre el lugar donde

Jesús estaba, y haciendo un agujero descolgaron

la camilla con el paralítico. Al ver la fe de esos

hombres, Jesús dijo al paralítico: "Hijo, tus

pecados te son perdonados". Unos escribas que

estaban sentados allí pensaban en su interior:

"¿Qué está diciendo este hombre? ¡Está

blasfemando! ¿Quién puede perdonar los pecados,

sino sólo Dios?" Jesús, advirtiendo en seguida

que pensaban así, les dijo: "¿Qué están pensando?

¿Qué es más fácil, decir al paralítico: 'Tus pecados

te son perdonados', o 'Levántate, toma tu camilla y

camina'? Para que ustedes sepan que el Hijo del

hombre tiene sobre la tierra el poder de perdonar

los pecados -dijo al paralítico- yo te lo mando,

levántate, toma tu camilla y vete a tu casa". El se

levantó en seguida, tomó su camilla y salió a la

vista de todos. La gente quedó asombrada y

glorificaba a Dios, diciendo: "Nunca hemos visto

nada igual “.

Domingo 26 ( Mc 1,12-15) En seguida el Espíritu lo llevó al desierto,

donde estuvo cuarenta días y fue tentado por

Satanás. Vivía entre las fieras, y los ángeles lo

servían. Después que Juan fue arrestado, Jesús se

dirigió a Galilea. Allí proclamaba la Buena

Noticia de Dios, diciendo: "El tiempo se ha

cumplido: el Reino de Dios está cerca.

Conviértanse y crean en la Buena

Noticia".

Domingo 4 de marzo (Mc 9,2-10.

Seis días después, Jesús

tomó a Pedro, Santiago y Juan, y

los llevó a ellos solos a un monte

elevado. Allí se transfiguró en

presencia de ellos. Sus vestiduras

se volvieron resplandecientes, tan

blancas como nadie en el mundo

podría blanquearlas. Y se les aparecieron Elías y

Moisés, conversando con Jesús. Pedro dijo a

Jesús: "Maestro, ¡qué bien estamos aquí!

Hagamos tres carpas, una para ti, otra para Moisés

y otra para Elías". Pedro no sabía qué decir,

porque estaban llenos de temor. Entonces una

nube los cubrió con su sombra, y salió de ella una

voz: "Este es mi Hijo muy querido, escúchenlo".

De pronto miraron a su alrededor y no vieron a

nadie, sino a Jesús solo con ellos. Mientras

bajaban del monte, Jesús les prohibió contar lo

que habían visto, hasta que el Hijo del hombre

resucitara de entre los muertos. Ellos cumplieron

esta orden, pero se preguntaban qué significaría

"resucitar de entre los muertos"

Page 5: LARADA FEBREIRO

MUXICAS

COUSAS DA RAPAZADA

Ola a tod@s! Somos un dos grupos da catequese que lle toca facer a primeira comuñón este

ano. En este mes celébrase o Antroido, festa que a todos nos fai moita ilusión, xa que na nosa

parroquia podemos realizar os nosos propios disfraces e cada ano utilizamos unha temática distinta

na que nos facemos eco do que nos arrodea.Un dos anos os nosos disfraces foron dedicados á

natureza, que temos claro que é un regalo de Deus que temos que coidar entre todos. Quedáronnos

así de bonitos:

Ao ano seguinte eliximos disfrazarnos das diferentes etnias que hai no noso mundo e…

mirade que disfraces máis xeitosos!:

E a nosa última obra de arte foi vestirnos de persoas que fan unha gran labor social:

Page 6: LARADA FEBREIRO

BRASAS

AVANZANDO NA DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA

Primeiro comeza por botar a culpa aos demais. Despois

cavila: <Xa atoparei algo>. As persoas coas que ten trato de

xeito habitual, coma a súa familia e certas amizades, poden

albiscar xa certa irritabilidade, malestar, que pode vir unido a

algún proceso de enfermidade. Vén, asemade, a envexa: <Mira

ese, que sorte ten. Claro, algo faría, quizais aquel parente

enchufouno.> Pasan semanas, e pouco a pouco as culpas agora

van para el ou ela mesma. Perde a pouca autoestima que puidera

quedar. <En que me trabucaría? Non vallo para nada...>

Deseguido pasa a ter menos vida social, posto que ou

ben ten vergoña, ou ben os cartos non poden estirarse máis. A

cotío ten vida máis sedentaria e en xeral, menos actividade

física. Todas as conversas parecen que rematan nesa pregunta

temida: <E que fas agora?>. Xorden contextos de desestabilidade psicolóxica, de dificultade para planificar a

vida con certa dimensión no tempo. Perde creatividade, liberdade, e ten unha sensación de inutilidade, de

non poder servir á sociedade.

Estas e outras moitas son as consecuencias dramáticas e reais (nada inventadas, vamos) do paro, e

non falamos de desemprego porque a estas alturas de eufemismos estamos un pouco fartos.

Claro que vista a situación de crise actual (enmarcada dentro das crises cíclicas do capitalismo, pois

noutras épocas do século XX houbo situacións semellantes), dentro da globalización económica, moi

probablemente tamén hai que afirmar o seguinte: “Reducir o nivel de tutela dos dereitos dos traballadores e

renunciar a mecanismos de redistribución do rédito co fin de que o país adquira maior competitividade

internacional, impiden consolidar un desenvolvemento duradeiro.” Bueno, isto non o di tal ou cal sindicato,

senón Bieito XVI na súa última encíclica, Caritas in veritate, no nº 32. Cravada á situación actual, vaia tino.

E continúa sinalando que “Por tanto, hanse valorar con coidado as consecuencias que teñen sobre as persoas

as tendencias actuais cara a unha economía de curto, ás veces brevísimo prazo.”

Poucas persoas haberá que non palpen, en maior ou menor medida, a realidade xa non do paro,

senón da precariedade laboral, da mobilidade xeográfica, das dificultades para harmonizar os horarios de

traballo co coidado dos fillos e da casa. E ao mesmo tempo, de todos son coñecidas as desorbitantes

gañancias duns poucos, de grandes riquezas... feitas a base de salarios miserentos, de beneficios fiscais a

esgalla, de condicións de traballo indignas e de prevalencia de prebendas políticas.

A roda da globalización está engraxada: prodúcense millóns de bens de todo tipo, que temos

divinizados, e é que se a persoa non ocupa o seu lugar, a tecnoloxía, o produto e o mercado elévanse de

categoría. Como a economía de mercado non mira ás necesidades senón aos beneficios, manipúlase de todos

os xeitos habidos e por haber aos consumidores.

“A obriga de gañar o pan coa suor da propia

fronte supón, ao mesmo tempo, un dereito. Unha

sociedade na que este dereito sexa negado de xeito

sistemático e as medidas de política económica non

permitan aos traballadores achegar niveis satisfactorios

de ocupación, non pode conseguir a súa lexitimación

ética nin a xusta paz social.” Isto xa o dixo Xoán Paulo

II no 1991 na Centesimus annus, no nº 43, e non nos

resulta en absoluto alleo.

Non viría mal meditar en buscar medidas coma

a de redución de xornada para compartir traballo, o

xeito de organizarse dos parados acadando iniciativas unicamente baseadas no seu traballo, ou mesmo o feito

de compartir bens, tempo e labores a cambio doutras tarefas cando non é posible pagar os servizos

necesitados. Ben mirado, isto é o que se fai en moitas culturas e na historia amosouse que a solidariedade é

máis valiosa que o individualismo. Alfredo Losada

Page 7: LARADA FEBREIRO

LUME ABERTO

A NOSA VIDA, UNHA VIAXE EN TREN…

A nosa vida pódese comparar cunha viaxe en tren chea de embarques, e desembarques, salpicada de

accidentes, sorpresas agradables en algúns embarques e profundas tristezas noutros.

Cando nacemos subímonos a ese tren, e

atopámonos con algunhas persoas que pensamos que

sempre estarán con nós nesta viaxe: nosos pais.

Desafortunadamente a verdade é outra: eles

apearanse nalgunha estación deixándonos orfos do

seu cariño, amizade e a súa compaña insubstituíble.

Pero isto non quita que se suban outras

persoas que serán especiais para nós. Chegan nosos

irmáns, amigos, e eses amores marabillosos.

Das persoas que collen este tren haberá

tamén os que o fagan coma un simple paseo. Outros

que atoparán soamente tristura nesa viaxe….. E

haberá outros que circulando polo tren estarán

sempre preocupados por axudar a quen o necesita.

Moitos ao baixar, deixan unha saudade permanente, outros pasan tan inadvertidos que nin sequera

nos damos conta que baleiraron o seu asento.

Resulta curioso constatar como algúns pasaxeiros (aqueles que nos son máis queridos) instálanse en

vagóns distintos ao noso. Polo tanto, verémonos na obriga de facer o percorrido separados deles.

Dende logo, ninguén nos impide que durante a viaxe, percorramos o noso vagón con atrancos e

cheguemos a eles. Pero, lamentablemente, xa non poderemos sentarnos au seu carón pois haberá outra

persoa ocupando o asento.

Non importa! A viaxe faise desta maneira: chea de desafíos, soños, fantasías, esperas, e

despedidas…., pero xamais retornos.

Entón, fágamos esta viaxe da mellor maneira posible!. Tratemos de levarnos ben con todos os

pasaxeiros, buscando en cada un o mellor deles mesmos.

Recordemos sempre que nalgún momento do traxecto, eles poderán dubidar e probablemente

precisaremos entedendelos….. …Xa que nós tamén moitas veces dubidaremos e haberá alguén que nos

comprenda.

O gran misterio, ao fin, é que non saberemos nunca en que estación nos apearemos; moito menos,

onde baixarán os nosos compañeiros, nin sequera os que están sentados ao noso lado.

Non me fai falla pensar, para darme conta, que dado o caso sentirei nostalxia……Separarme dalgúns

amigos cos que fixen a viaxe é moi doloroso. Pero aférrome á esperanza de que nalgún intre chegarei á

estación principal, e darame un pulo o corazón ao velos chegar cunha equipaxe que non tiñan cando

embarcaron.

O que me fará verdadeiramente feliz será pensar que dalgunha maneira axudei a que a súa equipaxe

medrara e se fixera valiosa.

Amigos meus, fagamos que a nosa presenza nese tren sexa tranquila e que pague a pena. Fagamos o

que estea nas nosas mans para que cando chegue o momento de apearnos e deixar o noso asento baleiro,

deixemos bos recordos aos que sigan nesa viaxe.

A vós que sodes parte do meu tren deséxovos unha feliz viaxe.

Mariló

Page 8: LARADA FEBREIRO

AGENDA FEBRERO 2012

INTENCIONES MISAS

Semana del 6 al 12:

Sábado 11:

17,30 h.: Funeral de Oliva Barreiro

Méndez.

18,30 h.: Aniversario de Juana Gallardo

López.

Domingo 12:

13 h.: Por el Padre Córdoba y el Padre

Teo.

Semana del 13 al 19:

Sábado 18:

18,30 h.: Por Mª del Carmen Ramos

Meijide.

Domingo 19:

13 h.: Intenciones de Elisa Bello.

Semana del 20 al 26:

Sábado 25: 18,30 h.: Por Manuel Martínez Dopico.

Domingo 26:

13 h.: Por José Sánchez Varela, Begoña

Soliño y difuntos de la familia.

Semana del 27de febrero al 4 de marzo:

Jueves, 1:

20,15 h: Aniversario de Antonio Liñares.

Sábado 3:

18,30 h.: Por Federico Alonso Díaz.

Domingo 4:

13 h.: Intención de Jaime Villares.

Descansan en la Paz del Padre:

Antonio Senra Gestal

Manuel Patiño Palleiro

Irene Olga Valeiro Casares

Rosalía Patiño Regueira

Mª Carmen Armesto Rodríguez

Nicasio Fernández Tejo

Se incorporó a la comunidad cristiana por el bautismo.

¡Bienvenid@s!:

Álvaro Sogués Soto

REUNIONES PARROQUIALES:

Viernes, 10: CATEQUISTAS (21 h)

Martes, 21: LITURGIA (16 h)

HORARIO ATENCIÓN DESPACHO PARROQUIAL:

Despacho Parroquial: martes y viernes, de 18 h. a 20 h.

Despacho Cáritas: todos los miércoles, de 19 h a 20 h.

INICIO DE LA CUARESMA:

El miércoles 22 de febrero comienza la Cuaresma. Es el

Miércoles de Ceniza. En nuestra parroquia no habrá celebración de la

Imposición de la Ceniza, pero seguro que en las parroquias vecinas sí.

Así que, esperamos que todos y todas quienes lo deseéis podáis participar

en alguna.

MESA DE REDACCIÓN E

COORDINACIÓN

Yolanda Sánchez Sánchez

Juan López Sánchez

Alfredo Losada Suárez

José Juan Videla Rodríguez

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

DIRECCIÓN

“Centro Parroquial”

R/ Birloque, 52 B

15. 008 A Coruña

Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

E-MAIL

[email protected]

BLOG:

sancristovodasvinas.blogspot.com

TIRADA

500 Exemplares.

DISTRIBUCIÓN

Primeiro domingo de mes na

parroquia e no barrio.

IMPRIME

Velfer