Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non...

15
Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do consumidor e usuario Tramitación parlamentaria: Proxecto de lei, BOPG núm. 304, do 7.7.1984. Emendas, BOPG núm. 330, do 27.9.1984. Debate de totalidade, DSPG núm. 86, do 2.10.1984. Informe da Ponencia, BOPG núm. 354, do 18.12.1984. Dictame da Comisión, BOPG núm. 358, do 26.12.1984. Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 358, do 26.12.1984. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 98, do 28.12.1984. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 364, do 10.1.1985. Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 1.2.1985. Boletín Oficial del Estado núm. 139, do 11.6.1985.

Transcript of Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non...

Page 1: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego doconsumidor e usuario

Tramitación parlamentaria:Proxecto de lei, BOPG núm. 304, do 7.7.1984.Emendas, BOPG núm. 330, do 27.9.1984.Debate de totalidade, DSPG núm. 86, do 2.10.1984.Informe da Ponencia, BOPG núm. 354, do 18.12.1984.Dictame da Comisión, BOPG núm. 358, do 26.12.1984.Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 358, do26.12.1984.Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 98, do 28.12.1984.

Publicación:Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 364, do 10.1.1985.Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 1.2.1985.Boletín Oficial del Estado núm. 139, do 11.6.1985.

Page 2: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

A preocupación do lexisladorpor acadar unha axeitada defensa eprotección xurídica do consumi-dor e usuario xurdiu, fundamental-mente, a partir da década dos anossesenta, como unha necesidadeineludible para mellora-la posi-ción de indefensión en que se ato-paban amplos sectores da poboa-ción co desenrolo da moderna«sociedade de consumo».

Hai que suliñar que o desenrolodas técnicas de venda no mercadoimpulsou un cambio de perspecti-va nas relacións entre empresariose clientela, de tal xeito que o con-sumidor ou usuario soe verseconstrinxido a contratar en situa-ción de desigualdade que entorpe-ce o libre exercicio da autonomíada vontade. Así mesmo, o grannúmero de productos e serviciosque existe no mercado para satisfa-ce-las mesmas necesidades, a com-plexidade técnica de moitos deles ea contratación en masa, conduce aunha falta de transparencia quedificulta a orientación do consumi-dor; contribuíndo tamén a estasituación, o uso certamente fre-

cuente de mensaxes publicitariasque tratan unicamente de influír noconsumidor ou usuario, dunhaforma suxestiva ou insistente, paraque adquira ou solicite determina-do producto ou servicio dotadodunha marca, pero non informancorrectamente sobre as súas carac-terísticas fundamentais. A clarifi-cación de tales situacións non sóredundará en beneficio dos consu-midores, senón tamén dos fabri-cantes e intermediarios da cadeade distribución, ó se garantizar aaqueles a sanidade e calidade dosproductos postos á súa disposiciónno mercado, e protexer a estescontra as manipulacións ou usosindebidos dos seus productos.

Así as cousas, e dentro da ten-dencia actual á crecente penetra-ción das ideas sociais no campoxeral dos consumidores, non ésoamente, nin sequera dunhaforma primordial, un interés pri-vado que colisiona co interés pri-vado da empresa, senón uninterés público en xeral que ospoderes públicos deben protexere tutelar.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do consu-midor e usuario

Pola Sentencia do Tribunal Constitucional 62/1991, do 22 de marzo (BOE núms. 98, do24 de abril de 1991, e 128, do 29 de maio de 1991), estimouse parcialmente o recurso deinconstitucionalidade núm. 376/1985, interposto polo Goberno da nación, e declarouse ainconstitucionalidade e, polo tanto, a nulidade dos artigos 18 (agás o primeiro parágrafo),21 e 31 (no seu segundo parágrafo).

cmoreiras
Cuadro de texto
LEsta lei foi derrogada pola Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
cmoreiras
Nota adhesiva
Marked definida por cmoreiras
Page 3: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

Intentouse encubri-la situaciónde indefensión dos consumidorese usuarios por dúas vías que nonse exclúen entre si, senón que secomplementan dunha forma efi-caz. Dunha parte, os poderespúblicos procuran apoia-las inicia-tivas dos consumidores e usuariosen orde a crea-las súas propiasOrganizacións ou Asociacións endefensa dos seus intereses; e daoutra, xurdiu unha nova disciplinaxurídica, baixo o nome de Dereitodo Consumo, ou Dereito dos Con-sumidores, que día a día vaicobrando un maior desenrolo,tanto nas lexislacións nacionaiscoma no marco supra-nacional.

Débese advertir, sen embargo,que a axeitada formación dunDereito dos Consumidores veseinterferida pola existencia dunhavariada normativa civil, mercantil,penal e procesal que non se axustafacilmente ós principios que debeninformar esta nova disciplina xurí-dica; de aí que o reto que se plan-texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correcciónsnesta normativa común que posi-biliten unha eficaz defensa e pro-tección xurídica dos intereses dosconsumidores e usuarios.

Neste sentido, e no plano supra--nacional, hai que sinala-la Cartade Protección do Consumidor doConsello de Europa, e o ProgramaPreliminar da ComunidadeEconómica Europea para unhapolítica de protección e informa-ción ós consumidores, que cons-titúen un encomiable intento de

configurar un catálogo de dereitosdos consumidores e usuarios, asícomo de presentar unhas recomen-dacións ós países membros, dirixi-das a conseguir unha harmoniza-ción lexislativa neste campo.

Entre os dereitos dos consumido-res e usuarios, que se foron conso-lidando, pódese establecer, dunhaforma xeral, unha clasificación fun-damental: os dereitos substantivos,que se concretan nos dereitos ásaúde e seguridade física dos con-sumidores e usuarios, o dereito áprotección dos seus lexítimos inte-reses económicos e sociais, e odereito a unha eficaz protecciónxurídica, administrativa e técnica ea unha axeitada reparación dedanos e prexuícios; e os de carácterinstrumental, que constitúen unpresuposto ineludible para o eficazexercicio dos dereitos substantivos,podéndose sinalar como tales: odereito á información e á educacióncomo consumidores e usuarios, e odereito de representación a travésdas Asociacións e Organizaciónsde consumidores e usuarios, e o deque estas sexan consultadas nasmaterias que lles afecten.

Finalmente, e en atención a quenon debe acollerse a un conceptouniforme do consumidor ou usua-rio, soen establecerse medidas deprotección especial en relacióncon aquelas persoas que se encon-tren en especiais circunstancias de indefensión, inferioridade ousubordinación, como é o caso dosnenos, mulleres en estado de xes-tación, anciáns e minusválidos.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 4: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

Nesta corrente inscríbese avixente Constitución Española de1978, que no artigo 51 recoñe-ce expresamente que os poderespúblicos garantizarán a defensados consumidores e usuarios, pro-texendo, mediante procedementoseficaces, a seguridade, a saúde e oslexítimos intereses económicos esociais dos mesmos; así mesmo,promoverán a información e aeducación dos consumidores eusuarios, fomentarán as súas orga-nizacións e consultarán a estas nascuestións que lles afecten.

Polo demais, débese suliñar que,conforme co previsto no artigo 53da Constitución, o recoñecemento,respeto e protección dos principiosrecollidos no Capítulo III, e, enparticular, os que menciona o arti-go 51, informarán a lexislaciónpositiva, a práctica xudicial e aactuación dos poderes públicos.

Consciente a Xunta de Galiciadesta problemática, e ó fin dedotar ós consumidores e usuariosdun amparo legal para a defensados seus intereses, e dispoñendo aComunidade Autónoma Galega decompetencias exclusivas nestamateria, en virtude do artigo 30,apartado I, párrafo cuarto, do Esta-tuto de Autonomía, formúlase apresente Lei do Estatuto Galegodo Consumidor e Usuario, senprexuício das limitacións impostaspolo respeto ás normas de aplica-ción xeral e as referentes á políticaxeral de precios e as que cons-titúen a lexislación sobre defensada competencia, e ós principios

constitucionais da liberdade deempresa, no marco da economíade mercado e da libre circulaciónde bens no territorio do Estado.

Por todo o exposto, o Parlamen-to de Galicia aprobou e eu, de con-formidade co artigo 13.2 do Esta-tuto de Galicia e co artigo 24 daLei 1/1983, do 22 de febreiro,reguladora da Xunta e do seu Pre-sidente, promulgo en nome de El--Rei, a Lei do Estatuto Galego doConsumidor e Usuario.

Título I

Principios xerais

Artigo 1

Conforme ó previsto no artigo30, apartado l, párrafo cuarto, doEstatuto de Autonomía, a presenteLei ten por obxecto establece-losprincipios e normas básicas a quedebe aterse a defensa dos dereitose intereses dos consumidores eusuarios no ámbito da Comunida-de Autónoma de Galicia.

Artigo 2

Enténdese por consumidores eusuarios, ós efectos desta Lei,tódalas persoas físicas ou xurídi-cas que adquiran, utilicen ou dis-fruten de bens, mobles, inmoblese semoventes, medios, productosou servicios e actividades, cal-quera que sexa a natureza, públi-ca ou privada, individual oucolectiva, de quen o produce ouintervén, directa ou indirectamen-te, na súa comercialización, sem-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 5: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

pre que o seu destino final sexapara o seu uso persoal, familiarou colectivo.

Artigo 3

Son dereitos dos consumidorese usuarios:

a) O dereito á protección da súasaúde e seguridade e do medioambiente axeitado.

b) O dereito á protección dos seusintereses económicos e sociais.

c) O dereito á información eeducación en materia de uso econsumo.

d) O dereito a crea-las súas pro-pias organizacións en orde á repre-sentación e defensa dos seus intere-ses, e a que estas sexan consultadasnas materias que lles afecten.

e) O dereito á protección xurídi-ca, administrativa e técnica e áreparación de danos e prexuícios.

Artigo 4

Outorgarase unha protecciónprioritaria e rigorosa ós dereitos dosconsumidores e usuarios, en rela-ción coa adquisición e disfrutedaqueles productos e servicios deconsumo e uso común, ordinario ouxeneralizado, e especialmente ós derápido consumo e perecedeiros.

Título II

Dereitos do consumidor

Capítulo I

Dereito á protección da saúde e seguridade

Artigo 5

Os bens, medios, productos, ser-vicios e actividades ofertados nomercado deben ser subministradosou prestados de xeito que, en con-dicións razoables e previsibles,non leven consigo riscos que poi-dan eliminar ou reduci-las condi-cións de seguridade para a vida e asaúde dos consumidores e usua-rios. Noutro caso, e a través deprocedementos eficaces, deberánser retirados do mercado os bens,medios e productos, ou suspendi-dos os servicios e actividades sus-ceptibles de xerar tales riscos.

Artigo 6

Calquera risco previsible quepuidese provir da normal utiliza-ción de bens e servicios, en aten-ción á súa natureza e ás eventuaiscircunstancias persoais que poidanconcorrer no seu destinatario,deberá ser posto en coñecementoprevio dos consumidores e usua-rios polos medios apropiados e enforma clara e visible.

Artigo 7

No etiquetado, presentación epublicidade dos productos alimen-ticios e bebidas postos á disposi-ción dos consumidores deberánobservarse as normas comúns ouas específicas de cada producto, e,en particular, facilitarase unhacorrecta información ó consumi-dor sobre os ingredientes, aditivos,data de producción e caducidade,modo de emprego, conservación,número do rexistro sanitario de ali-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 6: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

mentos ou calquera outra circuns-tancia que poida afectar á saúde eseguridade.

Con obxecto de mante-los ali-mentos e bebidas en condiciónsidóneas para o seu consumo, adop-taranse, así mesmo, as medidasnecesarias para evita-la alteraciónou contaminación que, para talesproductos, puidese provir de faltade hixiene na súa manipulación, deenvasado defectuoso ou de inaxei-tadas condicións de transporte,conservación ou comercialización.

Regularanse os casos, modalida-des e condicións en que se poderáefectua-la venda ambulante debebidas e alimentos.

Artigo 8

En relación cos productos far-macéuticos, a AdministraciónGalega, coa necesaria colabora-ción dos organismos encargadosda protección e defensa dos consu-midores e usuarios, adoptará asmedidas necesarias para o estrictocumprimento da normativa vixen-te, en atención á súa particularincidencia sobre as condicións deseguridade para a vida e a saúdedas persoas. Do mesmo modo,arbitraranse as medidas oportunasen orde a evita-los riscos que paraa saúde dos consumidores puideserepresenta-lo uso inaxeitado dosproductos zoo e fitosanitarios.

Os cosméticos e deterxentesdeberanse axustar á normativavixente, en particular no que serefire á súa composición, envasadoe etiquetado, con obxecto de

garantiza-la súa inocuidade eprevi-los riscos derivados do seuuso inaxeitado.

Os fertilizantes, insecticidas,funxicidas, herbicidas e tódolosartículos que levan na súa compo-sición substancias tóxicas, cáusti-cas, corrosivas ou abrasivasdeberán ir envasados coas debidasgarantías e no etiquetado mesmodeberase subministrar ó usuariounha correcta e clara informaciónsobre os riscos que comporta a súamanipulación e o seu emprego, asícomo as axeitadas prevencións eos pertinentes tratamentos encasos de urxencia por posiblesdescoidos, cunha correcta, clara evisible información.

Respecto dos productos enume-rados no párrafo anterior, estable-ceranse normas rigorosas para evitar que, na súa almacenaxe,transporte ou venda, se poida pro-ducir contaminación de artículosalimentarios ou confusión no con-sumidor por similitude externa ouproximidade dos productos nosestablecementos de expedición.

Artigo 9

Adoptaranse as medidas oportu-nas en orde a que os productosmanufacturados que poidan xerarun risco para a saúde e seguridadefísica das persoas sexan sometidosa controis rigorosos e eficaces noseu proceso de fabricación, trans-porte e comercialización, prestan-do a este respecto a debida aten-ción ós servicios de reparación emantemento.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 7: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

Artigo 10

O Goberno Galego, anualmente,levará a cabo a confección dunharelación de productos, bens e ser-vicios considerados de primeiranecesidade, atribuíndose esta con-dición a aqueles que por seren deuso ou consumo común, ordinarioou xeneralizado, e polo tanto afec-taren a amplos sectores da poboa-ción, precisan dun control máisintenso e continuado.

Artigo 11

Quen pretenda adquirir, utilizarou disfrutar dunha vivenda para oseu uso particular, familiar oucolectivo, terá dereito a obter doque a ofrece no mercado unhainformación veraz sobre as carac-terísticas constructivas, calidadede material e instalacións de todotipo, mesmo aquelas que conlevenun aforro enerxético, condiciónshixiénico-sanitarias, e todas aque-las circunstancias que poidanrepercutir na saúde e seguridadedas persoas e na calidade de vida.

En todo caso, observarase aprohibición de utilizar na cons-trucción de vivendas en locais deuso público materiais e demaiselementos susceptibles de xerarriscos para a saúde e seguridadedas persoas.

Artigo 12

Os poderes públicos, conformeá normativa vixente, e en atenciónó interés xeral dos consumidores eusuarios, velarán pola seguridade,calidade e salubridade dos trans-

portes e locais de uso público,exercendo dunha forma rigorosa eeficaz as funcións de control, ins-pección e sanción, no seu caso,que teñen atribuídas para asegura--lo cumprimento daquelas condi-cións.

A prescrición contida no párrafoanterior exercerase con especialrigor e intensidade respecto dostransportes e locais destinados óuso e servicio de menores en idadeescolar.

Artigo 13

Os poderes públicos, xa sexadirectamente a través dos propiosórganos da Administración, ouben en colaboración coas organi-zacións e asociacións de consumi-dores e usuarios, organizarán cam-pañas informativas así comoactuacións programadas de con-trol de calidade, especialmente enrelación cos productos e serviciosde uso ou consumo común, ordi-nario ou xeneralizado, e cos quereflexen unha maior incidencianos estudios estadísticos e epide-miolóxicos, dirixidos entre outrosobxectivos a:

1) Previ-los riscos que se puide-sen derivar do uso inaxeitado deproductos ou servicios eventual-mente perigosos, fundamental-mente nos que poidan afectar enmaior grado á saúde e seguridadedas persoas.

2) Evita-los fraudes ou adultera-cións de que poidan ser obxecto osproductos no seu proceso de fabri-cación e comercialización.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 8: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

3) Impedi-las situacións deindefensión ou inferioridade enque se poidan encontra-los usua-rios e consumidores, tanto na con-tratación coma durante o desenro-lo do contrato, e na súa xenéricaposición xurídica de usuarios dunservicio público.

4) Protexer e vixiar dun modoespecial os productos con denomi-nación de orixe.

Artigo 14

A Administración da Comuni-dade Autónoma de Galicia, através dos órganos encargados daaplicación e control da normativaque garantice o dereito á protec-ción da saúde e seguridade dosconsumidores, publicará anual-mente unha memoria detallada dassúas actividades, indicando osresultados dos controis efectuadose presentando como anexos osfundamentos das súas decisións.

Capítulo II

Dereito á protección dos intereses económicos e sociaisdos consumidores e usuarios

Artigo 15

Sen prexuício do que establezanas normas civís e mercantís namateria, e outras disposicións decarácter xeral ou as específicas decada producto ou servicio, en aten-ción ó interés xeral dos consumi-dores e usuarios, deberán ser res-petados e defendidos os lexítimosintereses económicos e sociais nos

términos establecidos nesta Lei edisposicións complementarias.

Artigo 16

A publicidade en xeral dos pro-ductos, servicios ou actividadesofrecidas no mercado axustarase ásúa verdadeira natureza, carac-terísticas, condicións, utilidade oufinalidade. Calquera manifesta-ción publicitaria enganosa queatente contra os lexítimos intere-ses dos consumidores ou usuariosserá considerada como fraude epoderá ser obxecto de sanciónadministrativa. As asociacións deconsumidores e usuarios estaránlexitimadas para iniciar e intervirnos oportunos procedementosadministrativos.

Artigo 17

Aqueles métodos de venda quelimiten, dificulten ou restrinxan aliberdade de elección así como avontade de contratar en prexuíciodos consumidores e usuarios, serándebidamente regulamentados.

En especial, protexerase ós con-sumidores e usuarios coas corres-pondentes regulamentaciónsespecíficas, frente ós prexuíciosque se puidesen derivar das vendasambulante, a domicilio, por co-rrespondencia, mediante saldos eliquidacións, ou das que inclúan aconcesión dun premio, a participa-ción nun sorteo, concurso e cal-quera outra clase de prima e entodas aquelas que dalgún xeitopoidan redundar en detrimento daliberdade de elección, da compro-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 9: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

bación de calidade ou da vontadede contratar dos consumidores eusuarios.

Artigo 18

Conforme á normativa xeralvixente na materia, os consumido-res e usuarios serán protexidosfrente ás eventuais cláusulas abu-sivas contidas nos contratos tipoou de adhesión establecidas dunxeito unilateral por quen ofrece nomercado bens ou servicios, incluí-dos os que faciliten as Administra-cións Públicas e as Entidades eempresas delas dependentes.

En especial deberán cumpri-losseguintes requisitos:

a) Concreción, claridade e sin-xeleza na redacción, con posibili-dade de comprensión directa, senreenvíos a textos ou documentosque non se faciliten previa ousimultaneamente á conclusión docontrato, e ós que, en todo caso,deberá facerse referencia expresano documento contractual.

b) Entrega, agás renuncia do inte-resado, do recibo, xustificante,copia ou documento acreditativo daoperación, ou, no seu caso, do pre-suposto, debidamente explicado.

c) Boa fe e xusto equilibrio dascontraprestacións, o que, entreoutras cousas, exclúe, ademais dasprevistas na lexislación xeral, asseguintes:

1) Os incrementos de preciospor servicios accesorios, financia-ción, aprazamentos, recargos, in-

demnizacións ou penalizaciónsque non correspondan a presta-cións adicionais susceptibles deseren aceptados ou rexeitados encada caso e expresados coa debidaclaridade e separación.

2) A repercusión sobre o consu-midor ou usuario de fallos, defec-tos, ou erros administrativos, ban-carios ou de domiciliación depagamentos, que non lle sexandirectamente imputables, así comoo custo dos servicios que no seudía e por un tempo determinado seofreceron gratuitamente.

3) A inversión da carga da probaen prexuício do consumidor ouusuario.

4) A negativa expresa ó cumpri-mento das obrigas ou prestaciónspropias do productor ou subminis-trador, con reenvío automático aprocedementos administrativos ouxudiciais de reclamación.

5) A imposición de renuncias ósdereitos do consumidor e usuariorecoñecidas nesta Lei.

6) A obrigada adquisición debens ou mercancías complementa-rias ou accesorias non solicitadas.(1)

Artigo 19

Adoptaranse tódalas medidasprecisas e oportunas para a defen-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

(1) Reprodúcese a versión orixinaria. Oparágrafo segundo do artigo 18 foi decla-rado inconstitucional e, polo tanto, nulopola Sentencia do Tribunal Constitucional62/1991, do 22 de marzo.

Page 10: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

sa da calidade dos bens e serviciosofrecidos no mercado e o mante-mento da transparencia nos pre-cios.

A este respecto, os bens e servi-cios postos á venda axustaranse ássúas propias normas de calidade, een xeral esixirase dos mesmos quesexan axustados á finalidade quepode motiva-la súa adquisición,conforme ás expectativas razoa-bles que se deriven da súa descri-ción, precio e outras circunstan-cias.

Así mesmo, para mante-la trans-parencia dos precios no mercado,esixirase absoluta precisión noprecio da adquisición, xa sexa ócontado ou aprazado, e, ó mesmotempo, garantizarase a exactitudeno peso e na medida.

Artigo 20

Respecto dos bens de naturezaduradeira, adoptaranse dentro danormativa vixente as medidas queconduzan a logra-los seguintesobxectivos:

a) Entrega, polo fabricante ouvendedor, dunha garantía que, for-malizada por escrito, expresaránecesariamente:

1) O garante.

2) O beneficiario da garantía.

3) O obxecto ou contido dagarantía.

4) O prazo de duración dagarantía, durante o cal o beneficia-rio da mesma terá dereito, como

mínimo, á reparación totalmentegratuíta dos vicios ou defectos ori-xinarios e dos danos e prexuíciospor eles ocasionados, así como ásubstitución do obxecto adquiridopor outro de idénticas característi-cas ou á devolución do preciopagado nos supostos en que areparación efectuada non fosesatisfactoria e o ben non tivese ascondicións óptimas para cumpri--lo uso a que estivese destinado.

5) Unha información precisaque lle permita diferenciar conclaridade os servicios post-vendadebidos polo vendedor ou fabri-cante en concepto de garantía con-tractual dos que teñen que ser cus-teados ó seu cargo.

b) Axeitado servicio técnico eexistencia de repostos durante operíodo ordinario de duraciónsegundo os casos. En todo caso, ospoderes públicos velarán polas con-dicións dos servicios post-venda.

Artigo 21

O réxime de comprobación,reclamación, garantía e posibilida-de de renuncia ou devolución quese estableza nos contratos, deberápermitir, en conformidade coalexislación xeral, que o consumidorou usuario se asegure da natureza,características, condicións e utili-dade ou finalidade do producto ouservicio; poida reclamar con efica-cia en caso de erro, defecto ou dete-rioro e facer efectivas as garantíasde calidade ou nivel de prestación,así como obte-la devolución equi-tativa do precio no mercado do pro-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 11: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

ducto ou servicio, total ou parcial,en caso de incumprimento.(2)

Capítulo III

Dereito á información e educación

Artigo 22

Os consumidores e usuariosteñen dereito a recibir unha infor-mación veraz, completa, obxectivae eficaz sobre as característicasesenciais dos bens e servicios pos-tos á súa disposición no mercado,coas indicacións para o seu correc-to uso ou consumo e as adverten-cias sobre riscos previsibles, de talforma que poidan realizar unhaelección consciente e racionalentre os diversos bens e serviciosconcorrentes e utilizalos dunhamaneira segura e satisfactoria.

Artigo 23

Para garantiza-lo dereito dosconsumidores e usuarios a unhacorrecta información sobre osdiversos bens e servicios que seofrecen no mercado, a Administra-ción da Comunidade Autónoma deGalicia esixirá o estricto cumpri-mento da normativa vixente,común ou específica, de cada pro-ducto ou servicio, relativa á fabri-cación, composición e etiquetado,presentación e publicidade dos pro-ductos e servicios postos á venda.

Arbitraranse as medidas oportu-nas para que a información sobreos bens e servicios, contida no eti-quetado, facilitada nos establece-mentos mercantís, ou difundidamediante anuncios publicitarios,sexa rigorosamente veraz e obxec-tiva, e, particularmente, sobre osseguintes extremos: orixe empre-sarial e procedencia xeográfica; natureza e composición; calidade,cantidade e categoría comercial;condicións de idoneidade para oconsumo e advertencias sobre osriscos previsibles; condicións dosservicios, precios e demais carac-terísticas relevantes.

En todo caso, a Administraciónda Comunidade Autónoma fomen-tará a oportuna información sobreo xeito de utilización, as contrain-dicacións e as garantías dos pro-ductos.

A estes efectos, e no ámbito daComunidade Autónoma Galega,propiciarase o emprego do galego.

Artigo 24

Co fin de facilitarlles ós consu-midores e usuarios a informaciónprecisa para o axeitado exerciciodos dereitos que esta Lei llesrecoñece, e, en xeral, atender ádefensa e protección dos seuslexítimos intereses, a Administra-ción da Comunidade Autónomade Galicia promoverá, fomenta-rá e, no seu caso, habilitará ouapoiará a creación de oficinas eservicios de información ó consu-midor e usuario, xa sexan de titu-laridade pública, xa dependan

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

(2) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 21 foi declarado inconstitucional e,polo tanto, nulo pola Sentencia do TribunalConstitucional 62/1991, do 22 de marzo.

Page 12: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

dunha organización ou asociaciónde consumidores.

Nas Oficinas de Informaciónnon estará permitida a publicidadeexpresa ou encuberta.

Artigo 25

Coa finalidade de conseguir queo consumidor ou usuario poidaefectuar unha elección racionalentre os diversos productos e ser-vicios postos á súa disposición nomercado, o Goberno Galego ins-trumentará as medidas precisaspara o desenrolo das seguintesactuacións:

a) Utilización de etiquetas vo-luntarias informativas.

b) O outorgamento, por unhaentidade pública ou privada, decertificados de calidade ou deno-minación de orixe que acrediten oaxeitamento do producto ou servi-cio a determinadas normas de cali-dade.

c) A realización de ensaios ouprobas comparativas entre osproductos e servicios concorren-tes.

Artigo 26

Os poderes públicos promo-verán a educación e a formaciónpermanente dos consumidores eusuarios coa finalidade de que poi-dan acadar e desenrolar un com-portamento en liberdade e respon-sabilidade no mercado de bens eservicios, e cheguen a coñece-losseus dereitos e deberes e a manei-ra de exercelos axeitadamente.

Para lograr estes fins, o GobernoGalego adoptará as medidas opor-tunas en orde a que se dea acollidano sistema educativo ás ensinan-zas en materia de consumo.

Promoverase así mesmo a infor-mación e educación dos consumi-dores ou usuarios a través dosmedios de comunicación social detitularidade pública, facilitándolle-lo acceso a eles ás asociacións deconsumidores e usuarios e máisgrupos ou entidades interesadas.

Así mesmo levaranse a cabo cam-pañas informativas coa finalidade deconseguir que o usuario de serviciosacade os coñecementos axeitadossobre as súas peculiaridades.

Capítulo IV

Dereito de representación,consulta e participación

Artigo 27

Os consumidores e usuarios teñen o dereito de se constituír enorganizacións e asociacións parafacer efectiva unha axeitada repre-sentación e defensa dos seus inte-reses.

As asociacións de consumidorese usuarios, na súa estructura inter-na e na adopción dos seus acordos,rexeranse por un sistema democrá-tico. Así mesmo, e co fin de con-seguir unha maior representativi-dade e acadar unha maior eficaciano desempeño das súas funcións,poderanse integrar en agrupaciónsou federacións.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 13: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

O Goberno Galego adoptará asmedidas precisas para promove-loasociacionismo e dar axeitada eeficaz participación ás asociaciónsde consumidores e usuarios.

Artigo 28

Ós efectos da presente Lei,serán recoñecidas como organiza-cións de consumidores e usuariosaquelas que, estando legalmenteconstituídas, teñan como finalida-de primordial a defensa, informa-ción e educación dos mesmos eestean inscritas no Rexistro co-rrespondente.

Tamén se considerarán organi-zacións de consumidores e usua-rios as Entidades constituídas polos mesmos con arregro á lexis-lación cooperativa que entre osseus fins figure, necesariamente, aeducación e formación dos seussocios e están obrigados a consti-tuír un fondo con tal obxecto, se-gundo a súa lexislación específica.

Artigo 29

O Goberno Galego estableceráas canles axeitadas para que asorganizacións ou asociacións deconsumidores e usuarios sexanconsultadas en cantos temas poi-dan afectar directamente ó interésdos consumidores e usuarios.

As asociacións de consumidorese usuarios consultaranse nos tér-minos do artigo 130, apartado 4.º,da Lei de Procedemento Adminis-trativo, na elaboración de todasaquelas disposicións de carácterxeral que lles afecten directamente

ós consumidores e usuarios, sem-pre que razóns de urxencia ouinterés xeral non aconsellen o con-trario.

O Goberno Galego, por razónsde interés xeral, promoverá a cola-boración entre organizacións deconsumidores e empresarios.

Capítulo V

Dereito á protección xurídica,administrativa

e técnica e reparaciónde danos e prexuícios

Artigo 30

De acordo co establecido nalexislación xeral do Estado enmateria de garantías e responsabi-lidades, os consumidores e usua-rios terán dereito a unha eficazprotección xurídica, administrati-va e técnica ordenada á prevenciónou reparación dos danos e prexuí-cios que poidan sufrir como con-secuencia da adquisición, uso oudisfrute dos bens e servicios quese poñen á súa disposición no mer-cado.

Artigo 31

Crearase unha comisión consul-tiva que terá que ser consultada naadopción daquelas disposiciónsque afecten directa ou indirecta-mente á protección e defensa dosconsumidores e usuarios, e velarápola correcta aplicación da norma-tiva vixente nesta materia. Nestacomisión terán que estar axeitada-mente representadas as asocia-

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

Page 14: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

cións que teñan como obxectivo adefensa dos consumidores e usua-rios e as organizacións ou entida-des vinculadas a intereses profe-sionais ou empresariais, así comoos órganos da AdministraciónGalega que desenrolen competen-cias nesta materia.

A comisión creada a tales efec-tos poderá tamén realizar funciónsde arbitraxe en materia de consu-mo, tendo as súas decisións uncarácter vinculante para as partescando así o aceptasen por compro-miso expreso.(3)

Título III

Grupos de protección especial

Artigo 32

1. Os nenos, mulleres en estadode xestación, anciáns, diminuídosfísicos e psíquicos e, en xeral,aqueles consumidores ou usuariosque, dun xeito individual ou co-lectivo, se encontren nunha situa-ción de inferioridade ou inde-fensión deberán recibir unhaprotección especial no tocante óconsumo ou utilización dos bensou servicios postos á súa disposi-ción no mercado.

2. Os órganos e servicios daAdministración Autonómica Gale-

ga que teñan atribuídas competen-cias en materia de consumo adop-tarán as seguintes medidas en re-lación cos bens ou serviciosdestinados a ser consumidos ouutilizados por aquelas persoas:

a) No etiquetado, presentación epublicidade daqueles bens ou ser-vicios proporcionarase unha co-rrecta información, así como asadvertencias precisas, por mediosclaros e notorios, acerca dos riscosque para a saúde e seguridade físi-ca dos seus destinatarios se puide-sen derivar dun uso normal ou dunprevisible mal uso.

b) Instrumentaranse os controisnecesarios para verifica-lo estrictocumprimento das condicións deseguridade esixidas legalmente, enorde a garantizar un uso ou disfru-te sen riscos daqueles bens ou ser-vicios.

Artigo 33

Nos medios de comunicaciónsocial de carácter público ou quereciban algunha subvención ouaxuda con cargo ós fondos públi-cos, as mensaxes dirixidas ósnenos a través dos anuncios publi-citarios, programas, espectáculosou publiacións deben reuni-lasseguintes condicións:

a) Evita-la manipulación psíqui-ca dos nenos, co fin de non inter-ferir no axeitado desenrolo da súapersonalidade.

b) Evita-la incitación á violenciaou á realización de actos delicti-vos.

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO

(3) Reprodúcese a versión orixinaria. Oparágrafo segundo do artigo 31 foi decla-rado inconstitucional e, polo tanto, nulopola Sentencia do Tribunal Constitucional62/1991, do 22 de marzo.

Page 15: Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do … · 2012. 4. 13. · dunha marca, pero non informan ... texa ó lexislador sexa o de intro-duci-las necesarias correccións

c) Non suxerir hábitos de consu-mo de bebidas alcohólicas, tabacoou calquera outro producto quepoida orixinar efectos nocivos paraa saúde ou que xeren dependencia.

d) Que os seus contidos nonsexan contrarios á moral públicaou ofendan sentimentos éticos ourelixiosos.

Artigo 34

O Goberno Galego establecerá anormativa axeitada para que osanciáns e diminuídos físicos nonse vexan discriminados, por ra-zóns de inferioridade ou indefen-sión, nos diferentes aspectos davida social que afecten ó seu usoou disfrute dos bens e serviciosque se poñan á súa disposición nomercado. En particular, adoptaran-se as medidas oportunas para faci-litárlle-la utilización dos transpor-tes e servicios públicos e o accesoós locais de uso público.

Disposición derradeira primeira

A incoación, trámite e resolucióndos expedientes sancionadores quese deriven da presente Lei e doutrasdisposicións que se dicten no seudesenrolo, así como a finalizacióndos mesmos na vía administrativa,corresponderalles ós órganos com-petentes da Comunidade Autóno-ma que teñan asumidas regulamen-tariamente tales facultades.

No que afecta á calificación deinfraccións, tipo de sancións e, noseu caso, contía das mesmas, seráde aplicación o réxime xeral querexe para o Estado.

Disposición derradeira segunda

O Goberno Galego promoveráoportunamente a creación de labo-ratorios que teñan por obxectoefectuar ensaios, controis e análi-ses, na medida en que conte conmedios para a súa realización, ou,noutro caso, por medio da colabo-ración con outras entidades e orga-nismos capaces de presta-la asis-tencia técnica axeitada; todo isocon obxecto de facilitar unhainformación útil ós consumidoresou de contribuír á mellora da cali-dade dos productos, así como pro-porcionárlle-los informes precisosós órganos da Administraciónencargados do exercicio da potes-tade sancionadora en materia deconsumo, podendo emiti-las certi-ficacións correspondentes.

Disposición derradeira terceiraO Goberno Galego presentará

anualmente ante a comisión corres-pondente do Parlamento Autónomounha memoria das actividades quedesenrole no ámbito do consumo.

Disposición derradeira cuartaO Goberno Galego poderá dictar

cantas disposicións legais sexanprecisas para o desenrolo normati-vo da presente Lei.

Disposición derradeira quinta

A presente Lei entrará en vigoró día seguinte da súa publicaciónno Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 dedecembro de 1984

Gerardo Fernández AlborPresidente

LEI 12/1984, DO 28 DE DECEMBRO, DO ESTATUTO GALEGO DO CONSUMIDOR E USUARIO