Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

58
IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 105 BLOQUE 3 O MUNDO ACTUAL

description

3º Bloque do libro de CCSS de 4º da ESO

Transcript of Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

Page 1: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 105

BLOQUE 3 O MUNDO ACTUAL

Page 2: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 106

Page 3: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 107

TEMA 10

O CAMIÑO CARA Á COOPERACIÓN E A GUERRA FRIA

Page 4: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 108

Page 5: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 109

Sede da ONU en Nova York

I- O NACEMENTO DA ONU Ó finalizar a guerra, nun intento de limar rivalidades, creouse en 1945 un organismo internacional chamado Organización das Nacións Unidas. Nese momento tiña 50 estados membros que se foron ampliando co paso do tempo. Os seus obxectivos son catro: a defensa dos dereitos da persoa, o mantemento da paz e resolución dos conflitos entre os seus membros por medios pacíficos, a libre autodeterminación dos pobos, e o fomento da cooperación entre as nacións. Os seus órganos principais son: 1. Consello de Seguridade. Integrado por 15 membros: 5

permanentes e 10 elixidos pola Asemblea Xeral para períodos de dous anos. Os membros permanentes, Rusia, Gran Bretaña, Estados Unidos, China e Francia, teñen o dereito de veto. Ten a responsabilidade do mantemento da paz e capacidade para impor sancións contra un país agresor, ou decidir o emprego da súa forza armada: os Cascos Azuis.

2. Asamblea Xeral. Órgano de deliberación integrada por tódolos países membros que teñen dereito a voto. As súas decisión non son de obrigado cumprimento, pero marcan a opinión da ONU sobre a política mundial.

3. Secretaría Xeral. Está encargada da representación da ONU por medio do seu Secretario.

4. Tribunal Internacional de Xustiza. Corte suprema á que poden recorrer ós distintos países.

Os obxectivos da ONU non se cumpriron ó longo destes anos; durante a Guerra Fría a súa efectividade quedou mermada, converténdose nun lugar de rivalidade e vixilancia mutua entre a URSS e os EEUU. Hoxe tampouco parece resultar demasiado efectiva. II- OS XUÍZOS DE NUREMBERG En Nuremberg, no ano 1947, iniciouse un proceso xudicial cun tribunal militar internacional para xulgar a 24 membros do partido nazi e 8 organizacións do mesmo

Asamblea Xeral (Recomendación) Secretaría Xeral

(Xestión)

Consello de Seguridade (Resolución)

Tribunal Internac. Xustiza (Consultivo)

Organismos colaboradores

UNICEF, UNESCO, OMS, FMI,..

Page 6: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 110

carácter. A súa repercusión non será soamente a condena a morte ou a penas de cárcere ós encausados (acusados de crimes contra a Humanidade, morte de prisioneiros, desprazamentos forzados da poboación civil e guerra de agresión), senón a definición do delito de xenocidio e o interese internacional en colaborar para que este tipo de accións non puideran repetirse no futuro. O delito de xenocidio consiste na realización de actos, ben sexa en tempos de paz ou de guerra, que pretendan acabar totalmente ou en parte cos membros dun grupo étnico,

nacional, racial ou relixioso. Pero os xuízos provocaron polémica, pois castigábase un crime sen haber lexislación previa, ditouse con posterioridade. Por iso se dixo que unha nación acusadora, a URSS, podía á súa vez converterse en acusada (recordemos as purgas de Stalin). III- GUERRA FRÍA.CARACTERÍSTICAS

Aínda que a guerra unira en alianza países política e economicamente moi diferentes, a paz trae a división do mundo en función de sistemas ideolóxicos antagónicos: o comunismo da URSS e o capitalismo de EEUU. A división materialízase en Europa; en palabras de Churchill, un telón de aceiro divide Europa. O mundo vive no marco do enfrontamento entre as dúas superpotencias, pero sen chegar a unha guerra aberta. Esta situación comezou a coñecerse nos medios de comunicación da época có nome de Guerra

Fría, e así seguimos a denominala. As relacións caracterízanse por: 1. Enfrontamento bipolar de carácter global, xa que conleva o aliñamento de estados

en cada un dos Bloques: a posibilidade de permanecer neutral en caso de conflito era moi escasa.

2. Enfrontamento non bélico. Recoñécense “zonas de influencia exclusiva” (Europa occidental, América e Xapón para os EEUU, Europa oriental e balcánica para a URSS) na que non se pode intervir nin militar nin politicamente. A pesar da carreira de armamentos, das ameazas constantes, do estoupido de guerras locais con apoios de ambos Bloques, non se chegou a un enfrontamento directo.

3. Enfrontamento ideolóxico. No fondo trátase dun enfrontamento entre sistemas de vida completamente diferentes: capitalismo contra comunismo, democracia parlamentaria contra democracia popular (ditadura do proletariado)

Page 7: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 111

Krusechev e Kennedy

4. Carreira de armamentos. Nun intento por parte de cada superpotencia de superar á outra en potencial militar, desenvolverase unha masiva fabricación de armas estratéxicas e nucleares que porán en grave perigo a seguridade do planeta

Ó longo dos anos, alternaron momentos de tensión e de distensión, o que leva a falar ós historiadores de dúas etapas: momento álxido (1947-1962) e coexistencia pacífica (1963-1990) IV- OS BLOQUES: CARACTERÍSTICAS E EVOLUCIÓN Desde concepcións opostas, os bloques evolucionaron de xeito distinto. Se o mundo occidental seguía un ritmo constante de crecemento, os países comunistas afirmábase un férreo control social, fortalecíase a unión interna e emprendía a industrialización. IV.1 Bloque occidental: as democracias liberais Estados Unidos. O presidente Truman implantou principios conservadores

materializados na persecución de persoas e institucións consideradas de esquerdas, acusándoselles de antiamericanas. No exterior a doutrina Truman materializouse na axuda a tódolos que se resistiran ó comunismo e co Plan Marshall axudou economicamente á Europa Occidental a superar a ruína económica que podería abrir un camiño ó comunismo. Certo é que serviu para aumenta-las relacións de dependencia dos países receptores da axuda. Máis importante para futuro foi o establecemento de alianzas militares cos países considerados amigos, concretamente a creación da OTAN en 1949. A superioridade armamentística dos EEUU e a construción de bases militares norteamericanas nos países membros, fixo que na práctica a OTAN quedase baixo o liderado estadounidense.

Europa. Coa axuda americana (Gran Bretaña foi máis beneficiada, seguida de Francia, Alemaña occidental e Italia) e un grande esforzo as economías recuperáronse de xeito espectacular nalgúns casos, como en Alemaña. A produción industrial de Europa Occidental constituía nos anos 60 o 25% de toda a produción mundial.

Mais dentro do bloque houbo tensións producidas cando, ante movementos sociopolíticos opostos ó dominio norteamericano, EEUU interveu directamente para instaurar ditaduras conservadoras (Guatemala, O Salvador, Arxentina, Panamá, Chile). IV.2 Bloque oriental: as democracias populares URRS. Nas zonas liberadas polo Exército Vermello, a URSS apoiou os partidos

comunistas no establecemento de réximes de carácter comunista a fin de asegurarse unha zona de seguridade fronte ó mundo capitalista. Nace así o bloque de países do Leste. Reconstruíu a súa economía, planificada polo Estado, por medio dos plans quinquenais. Déuselle prioridade á industria pesada, á de armamento e ás comunicacións coa fin de lograr o desenvolvemento dos territorios orientais.

Page 8: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 112

Continuaron as colectivizacións agrícolas. O crecemento foi innegable pero desequilibrado: a debilidade da industria de bens de consumo orixinou carencia de produtos, e a distribución da produción de forma axeitada dentro da URSS resultaba imposible. En todo caso, ós cidadáns garantíaselles seguridade social, pensións, educación, vivenda e traballo. No terreo político, en 1955 fundouse o Pacto de Varsovia con carácter defensivo fronte a calquera ameaza estranxeira; grazas ó pacto, a URSS manterá a hexemonía do comunismo mundial. Será a etapa da estalinización. Desenvolveron plans propios de recuperación mediante a creación dun espazo económico común, autárquico e de axuda mutua, o COMECON (1949), especie de mercado común comunista escasamente conectado co resto do mundo.

Países do Leste. O proceso foi distinto. En principio procedeuse o reparto das grandes propiedades agrícolas entre os campesiños, sen chegar á colectivización, e nacionalizáronse soamente as grandes empresas e a banca. Pero a partir do 49, a URSS temeu perder a súa influencia e impuxo o modelo soviético, desde entón fielmente seguido agás en Iugoslavia.

No interior deste bloque as discrepancias foron importantes: a URSS tivo que enviar as súas tropas para deter os movementos antisoviéticos en Hungría e Checoslovaquia, pero non puido impedir o alonxamento de Iugoslavia e China. V- OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA V.1 Conflito de Berlín (1948-49)

Cando Estados Unidos, Gran Bretaña e Francia uniron as súas respectivas zonas de administración en Alemaña, a URSS excluíuse do pacto e respondeu có bloqueo de Berlín, tentando que esta cidade quedara baixo o seu dominio. Quedou confirmada a partición de Alemaña en dous países (a RFA, capitalista, e a RDA, comunista) e de Berlín, a súa antiga capital, en dous sectores (o Berlín oeste, capitalista, e o Berlín este, comunista). Pero durante o ano que durou o bloqueo, Berlín occidental subsistiu gracia ó masivo ponte aéreo que abasteceu á poboación. Posteriormente (1961) levantouse un muro para dividir ambas partes da cidade de Berlín, enclavada na RDA. V.2 A Guerra de Corea (1950-1953) Trala capitulación de Xapón, a súa colonia Corea quedou dividida en dúas zonas, separadas polo paralelo 28: o Norte baixo control soviético, e o Sur baixo control norteamericano. En 1948 ambas zonas convértense en estados independentes, un comunista e outro prooccidental. En 1950 as tropas de Corea do Norte invaden a Corea meridional; en resposta da agresión a ONU acordou a intervención militar, que liderou Estados Unidos. Pero o

Page 9: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 113

Rapaces vietnamitas fuxindo dun bombardeo norteamericano con NAPALM.

conflito podía ir a máis, pois China, decidiu apoiar o goberno comunista norcoreano. Finalmente, despois de dous anos de cruenta guerra, asinouse un tratado de paz que perpetúa a anterior división cas fronteiras anteriores ó conflito. V.3 Crise dos mísiles en Cuba (1962)

No ano 1959 chega ó poder na illa Fidel Castro, quen impulsa un programa de goberno revolucionario e prosoviético. En 1962, os soviéticos comezan a instalar bases para mísiles nucleares en Cuba; estas bases foron descubertas polos EEUU e este país decretou o bloqueo de calquera barco que se dirixira a Cuba con material militar. A tensión chegou ó máximo e a confrontación directa parecía inevitable. Finalmente, os soviéticos detiveron a construción das bases e comprometéronse a retirar as súas armas nucleares.

V.4 Outros conflitos En Vietnam os EEUU non puideron deter a

conversión desta antiga colonia francesa ó comunismo. Esta supuxo a primeira guerra na que os EEUU non acadaron a vitoria (a pesares do emprego de toda a súa enorme maquinaria militar e das perdas provocadas ós vietnamitas) e ademais supuxo unha enorme fractura na sociedade estadounidense entre os que apoiaban e os que criticaban esta guerra.

Afganistán supuxo un fracaso para as aspiracións da URSS de estender a súa ideoloxía cara ó sur, e tivo que retirarse dun país inmerso nunha guerra civil. Deste conflito xurdirán problemas posteriores, xa que os EEUU financiaron as guerrillas anticomunistas e entrenaron ós seus líderes. Entre eles estaba Bin Laden e despois da retirada soviética o país quedou nas mans dos talibán, un grupo cunha visión radical do Islam e que no futuro lle dará apoio a grupos terroristas de carácter islámico como a Al Qaeda do xa citado Bin Ladden.

Oriente Próximo. Os enfrontamentos entre árabes e israelís, apoiados por Estados Unidos serán constantes, propiciando un clima bélico na zona que chegará ata os nosos días.

Actividade 1: A ONU 1. Investiga que países son actualmente membros do Consello de Seguridade, sen

conta-los permanentes 2. ¿Quen é o Secretario Xeral da ONU? 3. Busca tres lugares nos que estean despregados os Cascos Azuis 4. ¿Onde reside o Tribunal Internacional de Xustiza?

Page 10: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 114

Actividade 2: Xuízos de Nuremberg 1. Investigación sobre acusados. Busca información sobre Hermann Goering, Rudolf

Hess, Martín Borman e Frank von Papen. Indica as funcións que desempeñaron na Alemaña nazi e o veredicto do xuízo.

2. Alguén decidiu sobre os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, ¿foron xulgados os seus responsables?. Expresa a túa opinión sobre as diferenzas.

3. ¿Qué pensas sobre os xuízos, son un castigo, unha vinganza, un acto de xustiza,..? 4. Nuremberg permitiu definir o delito de xenocidio, ¿pódese aplicar este termo

noutras situacións posteriores?

Actividade 3: Enfrontamentos capitalismo-comunismo A Doutrina Truman (1947). Unha forma de vida baséase na vontade da maioría e distínguese pola existencia de institucións libres, un goberno representativo,eleccións, garantías á liberdade individual, liberdade de palabra e dereito a vivir sen opresión política. O outro basease na vontade dunha minoría imposta mediante a forza á maioría. Descansa no terror e a opresión, en eleccións fraudulentas e na supresión das liberdades individuais.

Declaración de Fidel Castro (1961). Fronte á acusación de que Cuba quere exporta-la súa revolución, respondemos: as revolucións non se exportan senón que as fan os pobos. O que Cuba pode dar ós pobos xa o deu: o seu exemplo. ¿Qué ensina a revolución cubana? Que a revolución é posible, que os pobos poden facela, que no mundo contemporáneo non hai forzas capaces de impedi-lo movemento de liberación dos pobos.

Declaración de “Tito” (1953). A URSS iniciou a súa política de expansión cando asinou o pacto con Hitler para repartirse zonas de influencia. Continuou esa mesma política cando rematou a guerra mundial.Cando se trata dun país socialista,a URSS tenta xustifica-los seus métodos imperialistas coa necesidade de subordinar os intereses deses países ós da URSS, supostamente no nome da revolución mundial. En realidade, esta subxugación de pobos pequenos ten a finalidade da hexemonía mundial.

A protesta estudiantil do 68. A sociedade do benestar non solucionaba tódolos problemas, nin eliminaba a distancia entra ricos e pobres.Por iso, en 1968 no mundo occidental capitalista houbo movementos de protesta que denunciaban a corrupción dos partidos políticos, o dominio dos EEUU e a súa política imperialista no mundo, a pobreza do Terceiro Mundo, o modelo de escola selectiva ou a hipocrisía imperante no mundo capitalista.

1. En función do subliñado explica as ideas fundamentais de cada texto 2. ¿Cales son as características das distintas “formas de vida” para Truman? 3. ¿Poderías contrapoñer o pensamento de Castro e de Truman sobre o comunismo? 4. Tito expón que a URSS fala da “revolución mundial”. ¿É a mesma idea de Castro? 5. ¿Cales serían os “puntos escuros “ do comunismo segundo Truman e “Tito”? 6. ¿Cales serían os “puntos escuros“ do capitalismo para os manifestantes do 68? 7. En maio do 68 fixéronse famosos algúns slogáns, lee os que seguen expresa a túa

opinión sobre eles:

“Sede realistas, pedide o imposible” “A imaxinación ó poder” “Deteñan o mundo que quero baixarme” “Corre, o vello mundo te persegue”

8. ¿Queda xustificada a alusión ó imperialismo dos EEUU e a URSS? Coméntao

Page 11: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 115

TEMA 11

ESPAÑA REPÚBLICA, DICTADURA E TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA

1.931-1.978

Page 12: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 116

Page 13: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 117

I.- A CAÍDA DA MONARQUÍA A comezos do século XX o réxime liberal atravesaba unha etapa de dificultades provocadas por conflitos sociais entre obreiros e gobernantes, divisións entre os partidos políticos máis importantes, crise económica, terrorismo anarquista, guerras en Marrocos… Un primeiro intento de solucionar os problemas foi a imposición dunha ditadura (Miguel Primo de Rivera) que contaba co beneplácito do monarca Afonso XIII. Ó non poder resolvelos o ditador dimitiu, convocáronse eleccións municipais e os partidos republicanos, por vez primeira, acadaron bos resultados nas principais cidades. O 14 de Abril de 1931 foi proclamada a República e o rei decidiu marchar cara ó exilio. II- A IIª REPÚBLICA ESPAÑOLA Un amplo número de españois confiaba en que a república solucionara os antigos problemas, pero estas esperanzas víronse moi pronto frustradas, xa que o labor

lexislativo dos primeiros meses atopouse de seguida coa oposición dos sectores máis conservadores. Na segunda República diferéncianse varias etapas. Bienio Reformista (1931-1933). Gobernaron partidos de

esquerda (republicanos e socialistas) emprendendo reformas urxentes: reforma agraria para dar acceso á propiedade ós campesiños sen terras (terras sen cultivar ou mal cultivadas polos seus propietarios son expropiadas con indemnización e cedidas ós campesiños máis necesitados), secularización do Estado, aprobación do Estatuto de Autonomía de Catalunya, reforma do exército, Constitución de 1931. Pero estas reformas

non contentaron a ninguén: para os grupos dominantes (propietarios) eran demasiado radicais porque ameazaban a súa supremacía na sociedade, e para as clases máis desfavorecidas eran demasiado lentas na súa aplicación. Cando os membros do goberno se enfronten entre si por disparidade ideolóxica convocaranse novas eleccións, nas que gañan os partidos de centro e de dereita.

O Bienio de dereitas (1933-1936). Gobernan os partidos máis conservadores e paralizan toda a obra lexislativa do goberno anterior. Teñen que facer fronte a unha revolución obreira xurdida no norte de España (outubro 1934) e isto debilítaos tanto que deciden convocar outras eleccións.

A Fronte Popular (1936). É unha coalición de tódolos partidos de esquerda para presentarse unidos ás eleccións. O seu froito foi gañar ditas eleccións e chegar ó goberno, As posturas radicalizaranse. No seo da F.P. algúns falarán de facer a revolución proletaria. Mentres, a oposición de dereitas decide unirse formando o Bloque Nacional. Disturbios, asasinatos e enfrontamentos entre uns e outros aparecen cada día. Os militares deciden poñer orde nesta conflitiva situación e,

Cartel para referendo do Estatuto de Autonomía en Galicia

Page 14: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 118

Cartel en pro das colectivizacións

contando co apoio do Bloque Nacional, dan un golpe de estado. Parte do país mantívose fiel á República e apresurouse a defendela: foi o inicio da Guerra Civil.

III- A GUERRA CIVIL (1936-1939) Bando republicano. O golpe de estado non triunfou nas zonas

máis industrializadas nin onde os xornaleiros eran maioritarios (Asturias-Cantabria, País Vasco, Cataluña, Levante e gran parte de Castela-A Mancha e Andalucía). Aínda que este bando contaba cun territorio extenso e con recursos, tivo que facer fronte a numerosos problemas internos que contribuirán ó seu fracaso nesta guerra. Entre estes problemas destaca a presión dos grupos de esquerda máis radicais (anarquistas e o POUM), empeñados en facer a revolución proletaria aproveitando a situación de guerra no país. Os máis moderados, sabedores de que esta pretensión lles restaría apoios, opóñense a eles a pesar de estar no mesmo bando. Isto trae como consecuencia unha grande inestabilidade política, sucedéndose distintos gobernos. Ademais, non contaron con axuda estranxeira importante: soamente a URSS enviará estrategos expertos, pero estes contribuirán ó malestar xeral.

Bando Nacional. Desde un primeiro momento os militares fanse co poder, desprazando ós partidos políticos de dereitas, obrigados a integrarse na Falange Española. Este partido será controlado por quen conseguirá facerse co mando político e militar: Francisco Franco. Polo tanto, mon hai divisións internas neste

bando: un só goberno, unha soa xefatura militar e un só partido. Ademais, conta cos apoios de sendas ditaduras, a italiana de Mussolini e a alemana de Hitler. Pouco a pouco irán dominando a maior parte do territorio e o goberno republicano aceptará a rendición: moitos republicanos serán encarcerados, condenados a morte ou exiliaranse ó finalizar a guerra.

Exiliados en Francia

Page 15: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 119

Como vemos na simaxes seguintes o exercito nacional tivo como primeira preocupación unir os seus exércitos mediante a conquista de Extremadura cousaque non poideron facer os republicanos con Euskad, territorio que rematou caendo nas mans dos nacionais. A continuación loitouse en dous frentes, por un lado os nacionais queren conquistar Madrid e por outro ambos bandos loitan polo control do val do Ebro (Batalla de Aragón), que rematan gañando os nacionais e así conseguiron aillar a Cataluña do resto do bando republicano. Madrid resistiu durante a guerra pero a insostenible situación no bando gubernamental fixo que este se rendiraa finais de marzo do ano 1939.

IV-O FRANQUISMO España viviu sometida ó réxime ditatorial de Franco dende o remate da Guerra Civil (1939) ata a morte do ditador (1975). Na fundamentación ideolóxica desta ditadura atopamos un pensamento que rexeitaba a democracia, o socialismo e o nacionalismo, e defende valores moi tradicionais e o catolicismo. O poder está nas mans de Franco: aínda que houbera institucións que servían para dar unha certa aparencia democrática (Cortes, referendos...) o certo é que tiñan moi pouco peso. Nun primeiro momento (ata finais dos 50) España permanece sumida no illamento internacional: o réxime de Franco non é Franco,baixo palio, entra

na catedral baixo palio

Page 16: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 120

recoñecido polas potencias e non se lle permite a entrada nos organismos internacionais. Paralelamente, Franco declarou que España debería lograr a autosuficiencia económica sen necesidade de axudas externas; comeza así a etapa da autarquía, caracterizada pola intervención estatal na economía, a escaseza, o pobre desenvolvemento industrial e comercial. A partir dos anos 60 España comeza a ser aceptada internacionalmente debido a que podía ser un importante aliado do bloque occidental na Guerra Fría. Ó mesmo tempo, o país ábrese cara ó exterior, permitindo a entrada de capitais estranxeiros (inversións, turismo) e acabando coa autarquía. Economicamente prodúcese "o milagre español", é dicir, España deixa de ser un país escasamente desenvolvido e acada un forte crecemento, feito que provoca importantes cambios na sociedade: xa que aumenta o nivel de vida, a escolarización e se reciben influencias europeas, as mentalidades faranse máis abertas e menos intransixentes. As forzas de oposición ó réxime atopábanse no interior do país (revoltas na Universidade, nacemento do sindicato clandestino CCOO, folgas obreira, ETA) e no exterior, organizándose en distintos países reunións entre líderes de partidos democráticos como o PSOE e o PCE. V-A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA Franco designara como sucesor ó príncipe Juan Carlos, que foi proclamado rei á morte do ditador. A intención dos franquistas era que o rei seguira co réxime, sen a penas variacións. A oposición democrática, pola contra, esixía o cambio. No seu primeiro discurso Juan Carlos promete a instauración dunha monarquía parlamentaria, pero ó mesmo tempo, xura defende-las leis existentes en España . Pouco tempo despois logra designar a Adolfo Suárez como Xefe de Goberno. Entre os principais políticos do momento aparece un acordo unánime: lograr traer a democracia a España, pero de forma legal, é dicir, sen romper nun primeiro momento coas leis, senón transformándoas lentamente. Nesta transición aparecen tres momentos fundamentais: A aprobación polas Cortes franquistas da "Lei para la Reforma Política", o que

significaba a disolución do sistema político vixente ata entón. A maior parte dos parlamentarios franquistas decatáronse da inutilidade de continuar co réxime anterior. Pola súa banda, as forzas democráticas aceptaron a reforma proposta por Suárez, aínda que fora máis lenta do que desexaban. Os españois tamén aprobaron esta lei nun referendo.

As eleccións democráticas. Foron gañadas polo partido liderado por Suárez, a Unión de Centro Democrática, seguido polo PSOE e o PCE.

A aprobación da Constitución de 1978. Foi froito do consenso de tódalas forzas políticas presentes nas Cortes creadas en 1977. O pobo vaina aceptar no referendo do 6 de Decembro dese ano

Page 17: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 121

Actividade 1: Dereitos dos españois durante o s. XX a) Constitución de 1931 Art.2. Todos los españoles son iguales ante la ley (...) Art.3. El Estado español no tiene religión oficial (...) Todas las confesiones religiosas serán consideradas como asociaciones (...) El Estado no mantendrá, favorecerá o auxiliará económicamente a las Iglesias Art.36. Los ciudadanos de uno y otro sexo,mayores de 23 años, tendrán los mismos derechos electorales Art.39. Los españoles podrán asociarse o sindicarse libremente (...) Art.43. El matrimonio podrá disolverse (...) a petición de cualquiera de los cónyuges Art.46. (...) La República regulará: los casos de seguro de enfermedad, accidente, paro,vejez, invalidez y muerte; (...) la protección a la maternidad; la jornada de trabajo y el salario mínimo; las vacaciones anuales remuneradas(...) Art.48. La enseñanza primaria será gratuita y obligatoria b) Fuero de los españoles 1945 Art.1. El Estado español proclama como principio rector de sus actos el respeto a la dignidad , la integridad y la libertad de la persona humana (...) Art.2- Los españoles deben servicio fiel a la Patria, lealtad al Jefe del Estado y obediencia a las leyes (...) Art.6. La profesión y práctica de la Religión Católica, que es la del Estado, gozará de protección. Nadie será molestado por sus creencias religiosas ni por el ejercicio privado de su culto. No se permitirán otras ceremonias que las de la Religión Católica (...) Art.12. Todos los españoles podrán expresar libremente sus ideas mientras no atenten a los principios fundamentales del Estado (...) Art.16. Los españoles podrán reunirse y asociarse libremente para fines lícitos(...) Art.18. Ningún español podrá ser detenido sino en los casos que prescriben las leyes. En el plazo de 72 horas todo detenido será puesto en libertad o entregado a la Autoridad Judicial (...) Art.28. El estado reconoce a los trabajadores la necesidad de amparo en los casos de vejez, muerte, maternidad, accidente, invalidez, paro (...) Art.33. El ejercicio de los derechos que se reconocen en este Fuero no podrá atentar contra la unidad espiritual, nacional ni social de España (...) Art.35. La vigencia de los artículos 12,13,14,15,16 y 18 podrá ser temporalmente suspendida por el gobierno total o parcialmente c) Constitución de 1978 Art.14. Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer distinción alguna por razón de nacimiento, sexo, raza u religión (...) Art.15. (...) Queda abolida la pena de muerte, salvo lo que puedan disponer las leyes para tiempos de guerra Art.16. Queda garantizada la libertad religiosa(..) Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos (...) mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones Art.18. Se garantiza el derecho al honor, a la intimidad personal y a la propia imagen Art.22. Se reconoce el derecho de asociación Art.41. Los poderes públicos mantendrán un régimen público de Seguridad Social para todos los ciudadanos(...)

1- Explica as principais diferenzas que atopas entre estas Leis fundamentais, con respecto ós seguintes dereitos e explíca o que significa cada un deles con exemplos.:

liberdade de expresión relixión asociación.

2- Segundo a túa opinión ¿quedan en tódolos casos garantidos os dereitos básicos? ¿Por que?

Page 18: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 122

Actividade 2: A emigración. Pregunta na casa sobre xente da vosa familia que emigrase (preferentemente sobre a emigración a Europa) e fai unha redacción en primeira persoa sobre como puideron ser os primeiros tempos dun emigrante fora da súa patria. Tes a continuación unha serie de fotografías sobre o fenómeno da emigración española no século XX para que “te inspires”.

Page 19: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 123

TEMA 12

CONFLICTOS DO MUNDO ACTUAL

Page 20: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 124

Page 21: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 125

I DESCOLONIZACIÓN E NEOCOLONIALISMO No momento que remata a 2ª Guerra Mundial os países europeos tiñan posesións en tódolos continentes en réxime de colonias. Despois desta guerra producirase un rápido e imparable proceso polo que tódalas colonias acadarán a súa independencia, fenómeno que se completará en menos de trinta anos.

I.1.- Factores que explican a descolonización Perda de prestixio dos países colonizadores (Francia, Inglaterra, Bélxica,

Holanda,...) que sufriron moito nesta guerra e que perderon esa aureola de invencibilidade que tiñan diante das súas colonias. En moitos casos mesmo foi imprescindible a axuda destas colonias para salvar á metrópole co que tamén aumentou a confianza en si mesmos destes territorios.

Os organismos internacionais (ONU,...) déronlle cobertura legal ás súas reivindicacións sobre o dereito á independencia. A isto axudou tamén que as principais potencias xurdidas despois da guerra (USA e URSS) non tiñan colonias e apoiaron estas reclamacións, vendo nesta independencia a posibilidade de conseguir novos aliados durante a Guerra Fría pero tamén como lugares onde estender a súa influencia, económica no caso dos EEUU, e política marxista, no caso da URSS.

Xurdiron ideoloxías nos países colonizados que falaban dos dereitos destes territorios á autogobernarse, ó mesmo tempo que fomentaban a solidariedade entre estes territorios, que terán como consecuencia a realización de conferencias coma a de Bandung de onde xurdirá o concepto de Terceiro Mundo.

Ademais é imprescindible que en estas colonias xurdan unhas minorías formadas en Europa ou na educación europea capaces de darlle consistencia política ás súas reivindicacións. Todo isto se relaciona tamén coas transformacións económicas e sociais que nos derradeiros anos se produciran en estes territorios debido á intervención das metrópoles: redes de comunicación, desenvolvemento urbano, progreso cultural, ensino, aparición dunha burguesía indíxena,...

I.2.- Proceso de descolonización No proceso de descolonización podemos distinguir unha serie de fases: a) Despois da 1ª Guerra Mundial o Imperio Turco desmémbrase aparecendo unha serie

de territorios (xermolo de futuros estados) baixo a tútela de Francia e Gran Bretaña: Irak, Xordania, Siria, Líbano, Palestina.

b) Entre 1945 e 1955 produciuse a independencia das colonias de Asia meridional c) Dende 1955 e ata 1975 produciuse a independencia de África, máis pronto no

Mediterráneo e máis lento na África negra. Os procesos presentan variacións nos diferentes casos. Vexamos unhas exemplificacións no caso de África.

Page 22: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 126

I.3.- Neocolonialismo

Coa descolonización a maior parte dos países non conseguiron de tódolos xeitos unha independencia total, xa que seguiron a depender economicamente das antigas metrópoles ou de novos países. Esta nova forma de dependencia política, económica, militar é o que coñecemos como neocolonialismo.

Actividade 1: ¿Cales son mecanismos de control neocolonial? “O neocolonialismo actual representa o imperialismo na súa fase final, acaso a máis perigosa... A esencia do neocolonialismo é que o Estado é en teoría independente e ten aparentemente a súa soberanía plena, pero na realidade o seu sistema económico e, con elo, a súa política son dirixidos dende fora. Os métodos e as formas desta dirección foránea poden acadar diversos aspectos. As veces as tropas do país imperialista poden ocupa-lo territorio neocolonial e controla-lo goberno. Noutros casos non hai via militar, o Estado neocolonizado está obrigado a mercar os produtos manufacturados da potencia imperialista, mediante a prohibición de mercar produtos competidores do país que sexa. O control económico vese asegurado polo control político, conseguido mediante a concesión de préstamos ou situando en lugares de privilexio a funcionarios afíns ou mediante o control bancario. Tamén pode ser que o control neocolonialista sexa exercido por un consorcio de intereses financeiros que non se poden identificar con ningún Estado en concreto. Este sería o caso do Congo belga.”

K. NKRUMAH: Neocolonialismo, a derradeira etapa do imperialismo.

ZIMBABWE: En Rhodesia do Sur a minoría branca non aceptaou unha independencia que poidera levar ó dominio da maioría negra, polo que se proclamaron independentes de Gran Bretaña en 1965, có apoio da Unión Sudafricana, tamén gobernada por brancos e impoñendo un severo réxime racista. A maioría negra apoiada polos veciños Zambia e Mozambique creou unha guerrilla que fixo que en 1979 o goberno branco cedera. Gran Bretaña reapareceu e convocou unhas eleccións que gañaron os antigos guerrilleiros, acadando o país a súa independencia.

MOZAMBIQUE: Tamén aquí os portugueses se negaron a concede-la independencia, xurdindo unha guerra encabezada polo FRELIMO (Frente de Liberación de Mozambique) de ideoloxía marxista. En 1975 o goberno socialista concedeulle-la independencia.

SUDÁFRICA: Dende 1910, foi dominio británico en réxime de autogoberno, controlado por unha numerosa poboación branca. Dende 1948 é gobernado polos boers que reforzan o apartheid, un réxime no que as razas branca e negra viven xuntas pero separadas e no que esta última leva a peor parte, sen participación política, discriminada económica e culturalmente,... No interior formouse o CNA (Congreso Nacional Africano) que pelexa pola igualdade de dereitos, e encabezado por Stephen Biko e Nelson Mandela, e apoiados pola ONU e a Commonwealth británica. A dura represión contra o CNA (morte de Biko e encarceramento de Mandela) provocou o establecemento de duras sancións internacionais que por fin levaron a que Sudáfrica recoñecese ó CNA e liberase a Mandela que nas eleccións do ano 1993 venceu converténdose no primeiro presidente de cor deste país.

ANGOLA: na colonia portuguesa ó serlle negada a independencia aparece unha guerrilla de ideoloxía comunista, MPLA (Movemento popular para a Liberación de Angola). A dictadura militar negouse a esta independencia, xurdindo un conflicto armado que so rematou coa chegada da democracia en 1974, cando o novo goberno socialista lles outorgou a independencia.

NAMIBIA: colonia alemana gobernada por Sudáfrica en réxime de mandato, entre 1920 e 1990, a fin de asegurarse un goberno branco. A maioría negra organizouse dende o exterior (Angola) creando unha guerrilla que xunto co apoio da ONU fixo que Sudáfrica abandonase por fin o territorio.

ALXERIA: colonia francesa con numerosa poboación branca que se nega a separase de Francia. No ano 1954 comeza a guerra de liberación encabezada polo FLN, que remata coa obtención da independencia en 1962, abandonando o país moitos franceses.

Independentes antes do 45 Sublevación anticolonial antes da independencia Acadou a independencia por medios pacíficos

Page 23: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 127

II.- TERCEIRO MUNDO Como xa vimos, despois da IIª Guerra Mundial o mundo quedou dividido en dous bandos irreconciliables, o comunista e o capitalista. Os países que conseguiron a súa independencia despois do 45 víronse forzados a integrarse nun destes bloques, sendo un dos mecanismos usados, cando non o da forza, o das armas do neocolonialismo. Diante desta situación algúns líderes destes países defenderon a súa capacidade de decidir por si mesmos, opoñéndose a calquera tipo de colonialismo, ó racismo e ó imperialismo, acadando unha soberanía real. Entre estos líderes destacaron Nehru (A India), Tito (Iugoeslavia) e Sukarno (Indonesia). Os tres foron os que convocaron unha reunión destes países en Indonesia (Bandung) en 1955, onde elaboraron un manifesto chamado dende aquela como o dos países non aliñados, ó rexeitar integrarse en ningún dos devanditos bloques. Tiña nacido o Terceiro Mundo. Todos estes países tiñan ademais moitas características comúns derivadas da súa situación anterior de dependencia dunha gran potencia:

a súa inexperiencia á hora de gobernar a falla de persoas formadas e capacitadas para a acción de goberno problemas internos como son a corrupción e a gran influencia do exército altas taxas de natalidade e mortalidade analfabetismo dependencia económica da antiga metrópole

Coa desaparición do bloque comunista a terminoloxía cambiou e así ós que antes formaban o Terceiro Mundo agora son chamados o Sur, xa que se pode establecer unha nova división mundial entre un Norte rico e un Sur empobrecido. III.- A DESAPARICIÓN DO BLOQUE COMUNISTA E NOVA ORDE MUNDIAL

a) Decadencia a URSS O fin da Guerra Fría márcase pola caída do muro de Berlín que acaeceu en 1989, o símbolo deste período. O proceso comezou coa chegada ó poder de Gorbachov na URSS en 1985 coincidindo cunha gran crise económica nese país e nos do seu entorno comunista. A súa política dirixirase a dous frontes, a glasnot, ou política de transparencia informativa, e a perestroika (reconstrución). A situación económica non mellorou pero a URSS abriuse ó exterior abandonando as teses da Guerra Fría e permitindo os procesos de independencia e liberalización tanto a RDA como dos Países Bálticos. A estes procesos seguiron a disolución da URSS e o nacemento dunha nova federación a CEI con 11 dos

Page 24: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 128

antigos 15 membros da URSS. Tamén logo se produzo a desmembración de Iugoeslavia, axitada por terribles enfrontamentos das distintas etnias e culturas deste país, que desembocaron nas guerras dos Balcáns: Croacia, Bosnia, Kosovo,... b) Hexemonía dos EEUU. Comeza un novo período no que os EEUU se converteron en líderes en solitario do mundo, a chamada Nova Orde Mundial, cuxa primeira manifestación será a Guerra do Golfo contra Irak como resposta á invasión de Kuwait por parte deste país. Os EEUU capitanean, na maior parte dos casos en solitario, a defensa da súa forma de entender as relacións internacionais, pero o principal defecto é o ninguneo que en ocasións sufre a ONU, o organismo que debería estar chamado a ser o verdadeiro órgano de goberno mundial, así como a insolidariedade con decisións maioritarias debido á defensa dos seus propios intereses económicos ou políticos: Un exemplo será a non firma do protocolo de Kioto contra a emisión de gases contaminantes (efecto invernadoiro) alegando a defensa dos intereses das empresas norteamericanas, baleirando de todo contido este protocolo, ó non ser referendado polo país que máis gases deste tipo emite. Tamén a defensa a ultranza das posturas de Israel no seu conflito cos Palestinos, en contra de múltiples mandatos da ONU en contra deste país. Pero o detonante desta postura será o ataque terrorista contra as Torres Xemelgas e o Pentágono o 11 de Setembro do 2001. Os EEUU asumiron neste momento encabezar unha cruzada contra o terrorismo fundamentalista islámico tanto co apoio da comunidade internacional (Invasión de Afganistán) como en solitario ou cuns poucos socios e sen o respaldo da ONU, tal e como pasou na invasión de Irak. Esta postura acompañouse de cuestionables decisións dende o punto de vista dos dereitos humanos como pode ser o establecemento dunha prisón ó marxe das leis internacionais como foi a base de Guantánamo. Actividade 2: A base de Guantánamo. Investiga sobre o que sucede na base de Guantánamo e coa axuda do teu profesor de inglés traduce o texto da seguinte viñeta reflexiona sobre cal é a crítica que se lle lle fai ó presidente dos EEUU en relación con esta cadea.

Page 25: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 129

TEMA 13 MUNDO ACTUAL NOS PAÍSES DE CULTURA

NON OCCIDENTAL

Page 26: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 130

Page 27: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 131

Antes do s. XX Asia era un continente case descoñecido para Occidente, soamente os intereses coloniais das potencias europeas as levaron cara o Leste, provocando o rexeitamento dos seus habitantes, como o reflicte este texto xaponés:

“Onde vaian os europeos, a terra deixa de producir, a vexetación deixa de crecer e, o que é peor, a especie humana desaparece. Se os nosos compatriotas entenden claramente esta situación e se dan de conta que Xapón é un país de Oriente, certamente sentirán moito medo polo seu futuro”.

Actividade 1: Asia na actualidade

PAÍSES ESPERANZA

DE VIDA (1993)

CALORÍAS (% 1988-90)

ALFABETIZACIÓN (% 1993)

PNB/HABITANTE (1993)

IDH2 (1992)

Corea do Sur 71 97 97 7.660 0,859 Tailandia 69 100 93 2.110 0,798 Malasia 71 124 78 3.140 0,794 China 69 112 73 490 0,644 India 61 105 48 300 0,382 1.- Sinala os países de cada tipo segundo o mapa. Forma grupos. 2.- Indica os que che parecen desenvolvidos e os que non 3.- ¿Cambiaron os países que figuran como en transición? 4.- ¿Pódese correlacionar democratización-desenvolvemento?. 5.- Fai unha definición completa do IDH 6.- ¿Qué outros países do mundo cres que están por debaixo dos da táboa en IDH?. Cita polo menos 6, e que non sexan todos do mesmo continente. 2 IDH ou Índice de Desenvolvemento Humano é un indicador de desenvolvemento dos países, elaborado pola ONU a partir de catro elementos. En 1992, o IDH máis elevado era o de Canadá (0,9) e o máis baixo o de Guinea (0,1).

I. ASIA: O ESPERTAR DUN CONTINENTE

Page 28: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 132

Efectivamente, como vimos no exercicio anterior, Asia é un continente de grandes contrastes. Xunto a zonas desenvolvidas como Xapón, Corea do Sur e os chamados “dragóns asiáticos” (Singapur, Taiwan..) existen países cun forte crecemento (China, cun réxime comunista, ademais) e países subdesenvolvidos ( a maior parte do continente). Así, 8 das 30 nacións máis pobres do planeta atópanse aquí, pero outros 6 sitúanse entre os 30 máis ricos. Un dos máis graves problemas que ten Asia é o dos conflitos armados; as veces estes conflitos prodúcense entre nacións debido a temas fronteirizos, noutras ocasións a estes engádense problemas de índole relixiosa (musulmáns e hindús na fronteira indo-pakistaní) e, por último, tamén aparecen loitas separatistas por parte de algunhas comunidades de certos países(Filipinas, Birmania, Sri Lanka…). O integrismo Islamista, ademais, é tamén foco de grandes tensións e enfrontamentos, especialmente na zona do Próximo Oriente ( que trataremos nun próximo apartado) pero tamén en países de Asia sudoriental como.. Moitos estados están gobernados por ditaduras militares máis ou menos personalistas, que non son capaces de atallar os graves problemas economico-sociais dos seus pobos (recordar o caso da Xunta Militar de Myanmar e a súa actuación no paso do furacán ). Nesta zona a poboación medra a gran ritmo. Historicamente tratouse da rexión máis poboada do planeta, debido a existencia de grandes ríos adecuados para o desenvolvemento dos regadíos (nacemento das primeiras grandes civilizacións) e de terras fértiles. Debido a isto, Asia era unha zona rica e desenvolvida durante a Antigüidade. Pero o aumento actual da poboación non se corresponde cun parello aumento dos recursos alimenticios ou desenvolvemento económico, o que orixina graves problemas de subalimentación. Dous son os países que fixeron un maior esforzo para reducir este crecemento demográfico, India e China, aínda que as súas políticas antinatalistas non obtiveron moitos resultados. En canto á economía, en xeral predomina a agricultura de subsistencia con escasos avances técnicos, na que se recollen, non obstante, dúas ou tres colleitas no ano nas zonas do sur asiático. Nas zonas máis áridas, predomina a gandería, seminómade as máis das veces. O subsolo é moi rico en recursos mineiros: petróleo (centrado na zona asiática de Rusia e no Golfo Pérsico), carbón, ferro … A industria non está excesivamente desenvolvida, agás en certos países xa nomeados como Xapón, China ou os “dragóns”. China é o país que máis cambios está sufrindo na actualidade, cambios que afectan a todo o seu entorno e, dado o volume da súa poboación e economía, ó mundo enteiro.

I.2 DOSSIER DE TRABALLO: CHINA, O ESPERTAR DUN XIGANTE.

As cousas non cambiaran en China ata o século XIX, cando as potencias coloniais comezaron a penetrar no territorio chinés asinando favorables tratados comerciais (Geurra do opio). Os abusos e a debilidade dos gobernos desembocaron no derrocamento do derradeiro emperador e a proclamación da República, que quedou nas

I.1. OS GRANDES CONTRASTES

Page 29: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 133

maos do partido nacionalista do Kuomitang. Gobernou, co apoio dos grandes comerciantes, de xeito ditatorial. O Partido Comunista creado na década dos 20 e convertido no principal opositor ó réxime, foi duramente perseguido, ata o punto de que os seus militantes tiveron que fuxir cara ó norte do país (Longa Marcha, 1934). A ocupación xaponesa no curso da IIGM detivo temporalmente a confrontación interna para se enfrontaren a un inimigo común. Pero despois, reanudouse a guerra civil entre os nacionalistas do goberno e os comunistas, capitaneados por Mao Zedong. No ano 47 os comunistas conseguen impoñerse, escapando os nacionalistas á illa de Formosa (Taiwán), onde estableceron un goberno coa axuda de EEUU. Comeza entón a etapa maoista. O novo goberno revolucionario conformouse como unha ditadura persoal con peculiaridades propias respecto do comunismo internacional, de xeito que negou o liderado internacional comunista da URSS. O desenvolvemento económico iniciouse por medio de planes quinquenais, tentando crear un modelo socialista centrado na produción agrícola e deixando en segundo termo a inversión industrial. A pesares do enorme esforzo da poboación, houbo que importar trigo ó tempo que a produción industrial descendeu un 50%. A unidade básica de produción era a comuna, terras de labor en propiedade colectiva, convertida no eixo da vida social do país. Ó morrer Mao en 1976 os cambios principias producíronse na economía na década dos 80, a cal medrou a ritmos superiores ó 10% anual. A planificación estriba nas catro modernizacións: - Agricultura. Permitiuse ós campesiños decidir sobre o produto do seu traballo e

vender no mercado. Pero o agro está pouco tecnificado, como medida contra o desemprego rural. A pesar de iso, China é hoxe a primeira produtora de arroz, trigo, algodón e soja, e a segunda produtora de té.

- Industria. Pecháronse as non rendibles e permitíronse, en certas zonas (zonas especiais) industrias privadas mixtas (capital e tecnoloxía estranxeiro, en terreos e con man de obra china). A industria pesada foi substituída por industria lixeira (téxtil, xoguetes) para venta no mercado interno e para a exportación.

- Defensa. A nova política militar materializouse en menores gastos en defensa. - Tecnoloxía. Importouse tecnoloxía, e privilexiouse o valor da investigación nos

sistemas de ensino. Pero subsisten problemas como as desigualdades rexionais e a inexistente liberalización política, continuando a represión contra tódalas manifestacións que demandaban liberdade política, como no caso da revolta estudantil na praza de Tiananmen, cando os carros de combate aplastaron a revolta.

Page 30: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 134

Actividade 2: análise e comentario de textos “Ós chinos gústalles falar en parábolas. Un dirixinte explicoume: “Tres homes tiñan sendos tazóns de arroz: un de aceiro, outro de vidro e o terceiro de barro. O primeiro, como o seu tazón é irrompible, manexábao sen coidado; o segundo, como o vidro é máis delicado, leva algo máis de coidado; o terceiro, sabedor da fraxilidade do barro, non deixa nunca o seu tazón por medo a que se rompa. O tazón de aceiro son as empresas do Estado e a Administración Pública. Os empregados saben que son inamovibles. Sen recompensa pola súa dilixencia e sen sanción pola súa pereza, perden case toda a súa eficacia. O tazón de vidro son as cooperativas. Os seus traballadores saben que a eficacia depende do equipo e que individualmente non son responsables. O tazón de barro é a actividade libre do campesiñado que é dono da súa terra, do artesanado e do comerciante, que só contan coas súas propias forzas. Nosoutros necesitamos moitos máis tazóns de barro e moitos menos de aceiro.”

A. Peyrefite, Le Nouvel Observateur, 6-10-94 “O día 16 de outubro de 1934, uns 100.000 comunistas chinos, homes e mulleres, emprenderon unha das máis extraordinarias marchas das que se ten noticia na historia da humanidade. Iniciaron unha marcha a pé que duraría un ano e que lles levaría, despois dun rodeo de 1.000 a 12.000 km., ata o outro extremo de China. Os comunistas chinos cruzaron 11 provincias, atravesaron ríos turbulentos, cadeas montañosas con neves perpetuas, bosques e terras pantanosa. Ó comezo existían entre os dirixentes, disensións. (…)As esixencias da Marcha resolveron estas disensións. Durante o seu curso, Mao revelouse coma o máis poderoso líder.”

J. Moreno, China contemporánea

II- MUNDO ISLÁMICO. UNIDADE DENTRO DA DIVERSIDADE Se observamos o mapa de países islámicos na actualidade, vemos que os países con importante presenza musulmana, maioritaria ou moi significativa, están distribuídos por espazos xeográficos moi diversos, con niveis de desenvolvemento moi diferentes e con sistemas políticos opostos.

Page 31: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 135

Actividade 3: Indica na túa libreta o nome do país ó que se corresponde cada número do mapa anterior.

Pero partindo da diversidade, hai algo que os une, basicamente: a fe, pertenza á comunidade de crentes (Umma), xerme dunha futura nación islámica. respecto a Arabia Saudí, vista como “o corazón” do Islam, pois nela están os lugares santos: Medina, símbolo da unidade política porque nela residiron os primeiros califas, e A Meca, símbolo da unidade espiritual, porque nela encontrase A Kaaba.

II.1- ISLAMIZACIÓN E FUNDAMENTALISMO FRONTE Á MODERNIDADE

A diferenza doutras relixións, o Islam non acepta a separación entre o espiritual e o temporal, tódolos ámbitos da vida han de estar referidos á lei coránica (a sharia). Este sistema teocrático supón un freo en aspectos como a emancipación da muller, a liberdade de conciencia e a modernización social, pero a pesar de todo é aceptado pola maioría da poboación dos países islámicos, de aí que o mundo islámico viva en confrontación permanente có mundo desenvolvido, visto como unha ameaza para a súa identidade, e reaccionen contra a occidentalización (imposta en moitos casos pola colonización). A confrontación chega incluso a manifestarse en países con forte inmigración islámica como Francia ou España, basta recordar o conflito desatado polo uso do velo na escola. Neste marco nacen e crecen os fundamentalismos (integrismo, Islamismo…), entendendo como tales aqueles movementos relixiosos que só aceptan o que din os libros sagrados, interpretados literalmente (O Corán neste caso). Grupos integristas actúan en moitos dos países con Estados laicos, coma Exipto ou Alxeria, recurrindo incluso á violencia. Pero hai outros casos no que o fundamentalismo exércese desde o poder do Estado, por exemplo en Irán (triunfo da revolución islámica de 1979) ou Arabia Saudí.

Aínda que a maioría do Islam é tolerante e convive pacificamente con outras culturas, as actuacións violentas protagonizadas por grupos fundamentalistas son as que máis chaman a atención. Certamente hai organizacións terroristas repartidas por todo o mundo, entre elas

Page 32: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 136 Plan de partición de 1.947

podemos citar como as máis activas: - GIA (Grupo Islámico Armado) de Alxeria - Al Qaida (a Base) de Afganistán - Irmáns musulmáns de Exipto Un dos obxectivos claros deste fundamentalismo Islamista é Israel e, por suposto, Estados Unidos na súa dobre condición de aliado de Israel e de exemplo do laicismo que os fundamentalistas queren destruír. II.2.DOSSIER DE TRABALLO: UN CONFLITO ABERTO, ISRAEL- PALESTINA Trátase dun conflito que ven de lonxe pero que se mantén aberto como un dos episodios máis sanguentos da actualidade. Para entender a situación actual temos que facer un pouco de historia. Palestina. Dende principios do século XX as terras de Palestina eran parte do

protectorado británico en Oriente Medio (antes o foran do Imperio Otomano), constituía un territorio poboado maioritariamente por xentes árabes, os palestinos, alí asentados desde o século VIII. Aspiraban a liberarse do dominio británico e crear o seu propio estado.

O sionismo. O pobo xudeu fora expulsado de Palestina fai dous mil anos (Diáspora), pero a primeiros do século XIX postula a idea de crear unha patria nos territorios de Sión (Xerusalén), concretados nos límites do Mediterráneo, o río Xordán e o mar Morto.

Inmigración e enfrontamentos. Animados pola Declaración Balfour (1917) na que Gran Bretaña se comprometía a favorecer a creación dun “fogar xudeu en Palestina”, axencias sionistas apoiaron a migración masiva de xudeus á Terra Prometida (case un millón e medio ata 1947).

Era xente máis culta e máis rica, que pronto dominaron a cultura, a agricultura, o capital e a industria. Organizáronse en kibbutz -granxa colectiva- e en moshav -traballo, consumo e ingresos individuais-, con éxito inmediato. Pero tamén foron causa das primeiras mobilizacións árabes contra o sionismo. Os británicos víronse forzados a limitar o cupo de inmigrantes e aceptar a creación dun Estado árabe-palestino cun goberno compartido entre as dúas comunidades. O xenocidio nazi da Segunda Guerra Mundial fixo que a causa xudía gañara simpatías a nivel internacional. No interior de Palestina, os sionistas máis radicais e a Haganah -exército secreto- intensificaron as accións terroristas contra o dominio británico. A situación vai evolucionar do seguinte xeito: 1947. Gran Bretaña traspasa o territorio á ONU: a

Asemblea Xeral aproba o plan de partición: zona baixo control internacional (Santos Lugares, Xerusalén e Belén); un estado árabe (44% do territorio) e outro xudeu

Page 33: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 137

A cidade vella de Xerusalén, unha cidade dividida

(territorios restantes, que inclúen a maioría de terras costeiras e as máis fértiles). 1948-49. O líder sionista Ben Gurión proclama de xeito unilateral o Estado de

Israel. Os países árabes veciños responden militarmente, 1ª guerra árabe-israelí. Israel sae fortalecida: incrementa nun terzo o seu territorio e provoca o éxodo duns 700.000 palestinos. Na miseria dos campos de refuxiados naceu e creceu un sentimento de vinganza, xerme de cultivo dos fedayins -loitadores pola liberdade-, a OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e o grupo terrorista Al Fatah. A partir deste momento Israel enfrontarase en varia guerras máis ós países musulmáns veciños como Exipto, Xordania, Siria e e Líbano, ocupando parte dos seus territorios, aínda que cara os anos ostenta, e trala mediación da ONU, de todos eles soamente quedarán no seu poder Gaza e Cisxordania, territorios nos que vivía poboación palestina. A partir de 1987 a

poboación palestina érguese, servíndose de pedras, contra o exército israelí. É a denominada 1ª intifada, intensa campaña de disturbios e insurrección civil.

Despois de que a OLP aceptase a resolución 242 e condenase o terrorismo, a década dos 90 abreu expectativas para a paz, dándose pasos significativos cos gobernos sucesivos de Rabin,

Netanyahu e Barak en Israel : Conferencia de Madrid (1991). Inícianse

conversacións entre as dúas partes para cegar a futuras negociacións.

Acordos da Casa Blanca (1993), tamén chamados de Oslo. Recoñecemento do Estado de Israel e autonomía Cisxordania e Gaza baixo Autoridade Nacional Palestina presidida por Arafat, que exerce como goberno autónomo; tamén se acepta devolver paulatinamente territorios ocupados. Arafat regresa a Gaza.

Avanzan os acordos baixo o espíritu de “paz por territorios”.

Pero no ano 2.000, a visita do dereitista Ariel Sharon (hoxe primeiro ministro), á Explanada das mesquitas en Xerusalén provoca as iras dos palestinos e o comezo da

Firma dos acordos de Washington

Page 34: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 138

2ª intifada. A zona entra nunha espiral de violencia que non cesa. As accións terroristas e as represalias conseguintes acadaron niveis inimaxinables durante estes últimos anos. Hamás e Yihad islámica continúa realizando accións terroristas (suicidas ou homes-bomba), o exército israelí responde con ataques por terra, mar e aire contra a ANP. Por outra parte, os ataques ós Estados Unidos o 11 de setembro serviron de pretexto para amplia-las campañas antiterroristas contra palestinos. O problema é que os tanques e morteiros israelís afectan por igual a terroristas e poboación civil, e por outra banda os grupos integristas palestinos (Hamás e Yihad Islámica) responden con novos atentados que inclúen ataques suicidas tamén contra poboación civil. Actividade 4: comenta unha gráfica

III- A ÁFRICA NEGRA OU SUBSAHARIANA

A independencia dos países africanos non trouxo a solución esperada ós seus problemas, tal e como xa vimos no Tema 7. Recordamos que as causas son múltiples e poden ser clasificadas en dous tipos. Causas internas: A escasa capacidade dos dirixentes africanos para afrontar os problemas das

súas respectivas nacións, xa sexa por ambicións persoais ( moitos están interesados en perpetuarse no poder, polo que non reparan en aliarse a potencias estranxeiras aínda que sexan contrarias ós intereses do seu pobo, en fomentar guerras ou en gastar o presuposto en armas) ou pola gravidade dos conflitos, que non poden ser resoltos facilmente porque, ademais, se da unha inadecuación entre as formas políticas de goberno (democráticas ou non, en moitos casos ditaduras militares) e as formas tradicionais de organización social. A pesar de que a colonización trouxo o separación de parte da poboación co respecto ós seus costumes e usos ancestrais, coa conseguinte perda de valores e desarraigo, a organización baseada en tribos, clans e liderados de consellos ou xefes non desapareceu por completo e entra en confrontación coas institucións estatais, ás que non prestan moita atención, xa que as xentes tampouco se senten atendidos polo Estado.

Page 35: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 139

A situación herdada: fronteiras irracionais (conflitos fronteirizos entre Chad e Libia, Ruanda e Burundi, Etiopía e Somalia…); inimizades antigas entre os distintos poboadores que, en ocasións, van quedar unidos nun mesmo país trala descolonización, coas conseguintes loitas polo poder; explotación dos recursos (guerras entre países pola explotación das minas, por exemplo, ou entre tribos pola posesión dun territorio);escasa industrialización e pouco desenvolvemento das infraestruturas. Crecemento demográfico forte que se produce nunha rexión moi castigadas

polas secas e as terras improdutivas, o que fai que a mortalidade infantil sexa moi elevada, problema agravado polas guerras. A pesar disto, África é un continente de xente nova, que moitas veces ten quer emigrar debido á súa situación de desamparo. Nun primeiro momento fano ás cidades ( África urbanizase a gran ritmo) e logo a outros países.

Causas externas: O que se da en chamar neocolonialismo, ou sexa a dependencia dos novos estados

a nivel económico, político e militar de potencias estranxeiras, frecuentemente do primeiro mundo (Europa ou EEUU), xa sexa para a explotación de determinados recursos (diamantes no Zaire, agricultura en plantacións de grandes compañías multinacionais, industrias nas mesma situación, imposición de prezos reducidos para a venta de materias primas ós países ricos, forte endebedamento externo por compra de tecnoloxía, armamento ou pago de préstamos ) ou ben pola súa importancia política e estratéxica. Outra razón será a pouca importancia a nivel mundial desta rexión e dos seus

representantes o que fará que teñan moi pouco peso nas reunións dos organismos internacionais (ONU, FMI, ...) o que procede da importancia marxinal dos seus recursos económicos dentro do contexto mundial.

Deste mapa da situación xurdirán así imaxes como os episodios de guerras tribais en Ruanda, de guerra civil en Sierra Leona, Liberia ou Etiopía, de catástrofes naturais sen resposta axeitada como as inundacións de Mozambique ou a seca no Sahel, cifras escandalosas como as do SIDA que afectan a un de cada tres africanos, ou a imaxe dos inmigrantes que arriscan a súa vida para tentar entrar en Europa.

III.1 DOSSIER DE TRABALLO: A REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO (ZAIRE)

As riquezas É o maior produtor de cobalto do mundo, o cuarto de diamantes e está na lista dos dez maiores produtores de uranio, manganeso e estaño. A maioría do cobalto usado pola industria aeronáutica e espacial dos EEUU, provén de aquí. Toda esta riqueza mineral está concentrada na meseta de Katanga. Algúns apuntamentos sobre a súa historia Durante a guerra de secesión de Katanga foron tropas mercenarias belgas as que

apoiaron ós secesionistas.

Page 36: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 140

Durante a Guerra Fría, o Zaire (con Mobutu de presidente) foi un firme aliado occidental contra de calquera pretensión soviética de se asentar en África

O goberno de Reagan nos EEUU apoiou a supervivencia de Mobutu como presidente de Zaire, xa que segundo os expertos da CIA este é un dos cinco países do Terceiro Mundo que non debe escapar ó control estadounidense xa que posúe minerais estratéxicos esenciais para a industria militar de Washington.

O presidente, Mobutu Sese Seko, tiña unha fortuna persoal valorada en máis de 580.000 millóns de pesetas (4000 millóns de dólares). A maior parte procedente de préstamos recibidos por Zaire dende o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, dos cales só unha ínfima parte chegaba á poboación zaireña. Estes préstamos seguíronse realizando a pesares de que tódolos informes da ONU sinalaban a corrupción existente.

Mobutu ademais obtiña unha parte da súa riqueza dos enormes beneficios da exportación de minerais e outros produtos.

Pola súa banda o país vivía en situación de pobreza endémica, azoutada por tremendas epidemias como a do Ébola ou cunhas das cifras máis altas en enfermos de SIDA do mundo. A renda per cápita dun zaireño é de 120 dólares. É o cuarto pais máis pobre do mundo.

Durante a derradeira Guerra Civil o líder rebelde Kabila, actual presidente do Zaire (Republica Democrática do Congo), e antes de ter conseguida a vitoria xa tiña firmados máis de 100 contratos con empresas europeas e norteamericanas

Actividade 5 1. ¿Por que pensas que a rexión de Katanga intentou independizarse (secesión) cando Zaire

conseguiu a independencia de Bélxica ? 2. ¿Que son os mercenarios? ¿Por que interviron mercenarios belgas neste conflito? 3. ¿Por que hai tanta pobreza no Zaire cando o pais é tan rico? 4. ¿Por que Occidente seguiu apoiando a Mobutu a pesares da súa corrupción? 5. As axudas que se lle daban a Zaire, ¿eran para o pobo zaireño ou para o seu presidente?

Razoa esa resposta. ¿Por que pensas que Kabila xa ten firmados tantos contratos con empresas estranxeiras? ¿Poderías adiviñar de que serán eses contratos?

Actividade 6: Conflitos armados graves existentes na actualidade (e non están todos…) Identificade os países nos que hai algún conflicto e organizadeos polo seu tipo en: relixiosos, étnicos, ideolóxicos, fronteirzos,ou outros.

Page 37: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 141

TEMA 14

GLOBALIZACIÓN E ANTIGLOBALIZACIÓN

Page 38: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 142

Page 39: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 143

I.- UNHA ECONOMÍA GLOBAL Con esta frase estamos a falar dun sistema económico no que as fronteiras estatais non son o marco básico da actividade económica, pola contra sitúa ós pobos do planeta nunha total interdependencia. ¿Cómo se manifesta a globalización? - Na internacionalización do comercio, favorecido pola desintegración do bloque do

Este e pola apertura de China. Pero os EEUU e a UE actúan cun forte proteccionismo, polo que os países pobres e os maiores produtores de materias primas (en moitos casos coinciden), reclaman un maior apertura de fronteiras.

- Na mobilidade dos capitais, especialmente a través dos mercados financeiros. As cantidades que moven os mercados de divisas están en torno ó 1,9 billóns de dólares (catro veces o PIB de España)

- Na hexemonía das multinacionais que chegan a exercer control sobre as institucións e a sociedade.

- No desenvolvemento informático que se estende por todo o mundo, ata o punto de falarse de “sociedade clableada” e facilita enormemente as relacións mundiais

- Na especialización produtiva, os países desarrollados especialízanse en industrias que requiren fortes inversións tecnolóxicas e man de obra cualificada; países subdesenvolvidos especializados en industrias que non precisan fortes inversións nin traballadores moi cualificados.

- Na división do traballo por países en función das vantaxes económicas. Moitas industrias trasládanse a países atrasados (Sony produce fora de Xapón porque lle é máis barato, a hora de traballo en Alemaña custa case 20 dólares mentres que en China custa medio dólar), pero pola contra as industrias limpas de alta tecnoloxía e ecolóxicas mantéñense.

A mundialización ou globalización económica fai que calquera país do mundo, salvo Estados Unidos, sexa dependente dos demais: - Os subdesenvolvidos dependen dos desenvolvidos debido ás débedas contraídas con

eles e á venda de materias primas. - Os desenvolvidos son dependentes entre si, porque ó mesmo tempo son

compradores e vendedores dos seus produtos e servizos. I.1. As consecuencias A interdependencia non significa igualdade, as desigualdades en lugar de desaparecer incrementáronse. Se a diferencia Norte-Sur non responde á realidade, posto que hai países desenvolvidos tamén no hemisferio Sur (Australia, Nova Zelanda ou a República Sudafricana), pervive e acrecentase a existencia de dous mundos, segundo a ONU o 20% dos páises máis ricos disfrutan do 80% da renda mundial mentres que o 20% dos máis pobres reciben só o 1,4%. A nova xerarquización mundial manifestase nun sistema-mundo dividido en dúas clases de áreas: - países desenvolvidos, “centro”. Son áreas industrializadas, cun alto nivel de vida,

con importantes centros de poder e innovación.

Page 40: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 144

- Mundo desenvolvido, “periferia”. Son as áreas nas que pervive o retraso económico e social, xunto cunha forte dependencia exterior tanto tecnolóxica como financeira (débeda externa).

- Tamén os efectos sobre os Estados son notables: - Teñen dificultades para controlar as políticas monetarias, posto que grandes

inversores especulando sobre unha divisa poden provocar a devaluación ou a evaluación.

- Perden independencia na toma de decisións, pois estas tomanse nos foros internacionais (OMC, FMI) ou están mediatizadas por outros países, empresas ou institucións.

- Para adaptarse á competencia internacional, poñen en risco de desaparición o estado do benestar (subsidios de paro, xubilacións, seguridade social,..).

Coa globalización económica vai parella outra globalización: a da cultura, as mentalidades, as ideoloxías,.. de xeito que o mundo convértese nunha aldea global na que as particularidades esvaécense substituídas pola homoxeneización. A necesidade de que os países ricos axuden ó desenvolvemento dos países pobres, debería ser un obxectivo asumido por todos, se non queremos condenar a millóns de seres humanos a unha vida miserenta e se pretende acadar un mundo máis equitativo.

Page 41: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 145

Neste marco encádranse as axudas da ONU (recomendación do 0,7% do PNB) e as Organizacións non gobernamentais (ONG). II- ANTIGLOBALIZACIÓN Pero existen outras posturas. A globalización esperta reaccións en contra, non se trata de contribuír exclusivamente con axuda humanitaria: se a globalización é a causante da desigualdade o que hai que combater é a propia globalización. Naceron así os movementos antiglobalización, que agrupan a colectivos moi diversos (anarquistas, ecoloxistas, estudantes, hackers,..) pero que teñen en común o rechazo do capitalismo e do modelo socioeconómico imposto polo neoliberalismo. Consideran que as medidas políticas nos distintos estamentos (Unión Europea, países capitalistas,..) están determinadas polas decisións económicas do FMI ou do Banco Mundial, é dicir polos poderes económicos nos que non participa a sociedade. O seu obxectivo é lograr unha sociedade máis xusta e un reparto equitativo da riqueza:

Propoñen ... Están en contra de ... condonación da débeda externa dos países pobres política do FMI e do Banco Mundial dereitos das minorías e poboacións desfavorecidas privatización dos servizos públicos A desaparición dos paraísos fiscais multinacionais A protección do medio ambiente Actividade 1: Observa todas estas caricaturas , selecciona unha e explicaa engadindo a túa opinión persona sobre ela e sobre a globalización.

Page 42: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 146

Actividade 2: Traballo utilizando Internet - Individual - De 3 a 5 folios - Segui-lo guión seguinte

¿Terán razón os antiglobalización? Nos vamos centrarnos na análise de algún documento para ver as consecuencias negativas da mundialización e para entender algún destes problemas actuais imos analizar unha serie de mapas temáticos para contrastar a realidade mundial

Actividade 3: ¡SACA CONCLUSIÓNS! Fai un informe no teu caderno no que

recollas a información dos seguintes mapas.

CUES

TIÓNS

Definición da Globalización Aspectos positivos da Globalización Aspectos negativos da Globalización Breve opinión persoal sobre a Globalización ¿Qué é a taxa Tobin? ¿Qué é a OMC? Segundo o Acordo Multimedia de Inversións, ¿qué é Inversión? ¿Que significa UNCTAD ¿Quén é Jeffrey D.Sachs? ¿Qué é ATTAC?

RECU

RSOS

http://www.el-mundo.es/especiales/2001/07/sociedad/globalizacion/globalizacion.html http://www.geocities.com/la_cou/global/global.html http://www.elpais.es/especiales/2001/antiglobalizacion/ http://www.lavanguardia.es/web/20020719/30707063.html http://www.geocities.com/la_cou/global/AMI.html http://www.wto.org/indexsp.htm http://www.unctad.org/sp/sphome.htm http://lnweb18.worldbank.org/External/lac/lac.nsf/265a7fff47916d7d852567e4004ce191/60ae0693341370258 525691800648a70?OpenDocument http://www.Inweb18.worldbank.org/External/lac/lac.nsf/265a7fff47916d852567e4004ce191/8987ce7ffd9b176585 256918006af37c?Opendocument http://lnweb18.worldbank.org/External/lac/lac.nsf/265a7fff47916d7d852567e4004ce191/e08170a363ee9a4d8 5256918006bdb15?OpenDocument http://www.globalizacion.org/biblioteca/SachsBuenasMalasGlobal.htm http://www.attac.org

III. OS PROBLEMAS PERVIVEN E ACRECÉNTANSE

Page 43: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 147

Page 44: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 148

Crise de fame no Sahel. As mulleres recollen migallas entre o polvo para poder alimentarse elas e as súas familias. O Sahel é a zona do sur do Sahara,especialmente en Malí ,o Chad e Sudán, antes fértil pero que debido ó quentamento global que se está a producir, está sendo invadido pols areas do deserto do Sahara que non para de medrar. Contra o deserto non se pode loitar, a única solución é emigrar dentro do país ou cara outros países.

Guerras civís, dirixentes corruptos, explotación dos países ricos, catástrofes naturais, fan que a esperanza de vida dun rapaz africano sexa inferior ós 35 anos cando en Europa está en torno ós 70 anos. Como vimos no exercicio anterior, collamos o parámetro que collamos o peor sitio para ter nacido é África.

A vida en África é tan dura que se está a producir un fenómeno dunha magnitude considerable e de moi difícil solución, a emigración de ilegais a Europa. Durante a década dos 90 do século XX a forma de pasar a Europa era fundamentalmente atravesando o estreito de Xibraltar dende Marrocos ou Alxeria, nas chamadas pateras, complicado pola forza da corrente pero relativamente doado pola escasa distancia a percorrer. Outro xeito era tentando a chegar a Sicilia dende Túnez ou Libia. Ó aumenta-lo control desta fronteira sur, o tráfico se desprazou cara o Atlántico a comezos do ano 2006. O destino son as illas Canarias e a forma de chegar é en kayukos, procedentes de países como Mauritania ou Senegal. Esta navegación é moito máis perigosa que a do Mediterráneo xa que estamos en mar aberto, en embarcacións moi fráxiles e sen ningún aparato de navegación que garanta que a ruta sexa a correcta. Isto provoca que moitas embarcacións se extravíen ou naufraguen antes de chegar ás Canarias o que provoca un constante goteo de cadáveres ás súas costas. Para os que chegan en boas condicións o premio é poder quedarse en Europa sempre que non sexa identificada á súa nacionalidade, xa que entón lles tocaría a repatriación ós seus países de orixe.

III. IV- DOSSIER DE TRABALLO. UNHA SITUACIÓN QUE NOS AFECTA DIRECTAMENTE:A EMIGRACIÓN A EUROPA

Page 45: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 149

TEMA 15

A ARTE DO SÉCULO XX

Page 46: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 150

Page 47: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 151

“Habitación amarela” de Van Gogh

I.- AS ARTES PLÁSTICAS: PINTURA E ESCULTURA. Nacen directamente dos postulados do impresionismo e profundizando nas liñas de investigación que se comezara na arte a finais do século XX. Imos estudar brevemente os estilos artísticos deste século. I.1. Post-impresionismo (1890-1900) Fundamentalmente se tratará de pintores que, partindo do impresionismo, desenvolven a súa individualidade artística explorando diferentes vías, pero tendo en común: - Recuperación da forma e do trazo de contorno - Ademais de capta-la luz interesa a expresividade das cousas e as persoas. - Rexeitan representar fielmente a natureza, senón que impoñen a súa visión subxectiva Os máis importantes serán: Cezanne Profundizará na investigación da forma, chegando á súa xeometrización. Esta liña de

investigación levará ó cubismo cuio principal expoñente será Picasso. Gauguin Usará a cor plana e arbitraria en grandes superficies, renunciando á perspectiva e as

sombras. Esto tamén conducirá a un novo estilo o fauvismo (Matisse). Van Gogh Anticipará o expresionismo coa cor libre e formas serpenteantes que reflicten a súa

paixón ea s súas vivencias

Actividade 1: A pintura de Van Gogh “Trátase simplemente do meu dormitorio, pero eiquí a cor debe facelo todo e, ó procurar coa súa simplificación un estilo máis grande ás cousas, ten que suxerir o descanso ou o soño en xeral. As sombras e a proxección de sombras están suprimidas; está pintado en libres capas lisas de cor, como nas estampas xaponesas”

Descripción do cadro “Habitación amarela” de Vincent Van Gogh .

1. ¿Por que se lle chama expresionismo ao estilo que inaugura Van Gogh? 2. ¿Que te chama a atención do seu cadro “Habitación amarela”. 3. ¿Agrádate ó seu estilo? ¿Por qué?

I.2. As vangardas (Ata 1918) Como características xerais veremos que no século XX cambia a función da arte:

os valores tradicionais (forma, cor, luz, espacio) son revisados e, no seu caso, rechazados.

por riba de todo está a creatividade e a experimentación de novas vías (cine,fotografía), servíndose de todo tipo de materiais (periódicos, corcho, area,...).

a arte non trata de copiar ou imitar a realidade, resulta da creación mental. Tamén se produce o fin da unidade estilística e así os movementos artísticos se suceden con gran rapidez ou incluso son simultáneos.

Page 48: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 152

“O berro “ de Munch

Expresionismo: Preocupado polos problemas humanos, presenta unha visión tráxica e intensa da realidade buscando a máxima expresión, transmitindo o que se oculta detrás das aparencias. En certo sentido é un novo romanticismo pois prima o sentimento do artista diante da vida sen buscar a beleza ou os valores estéticos. A cor é arbitraria e de cores escuras, con formas simples e liñas ondulantes. Ilustra o lado pesimista da vida (preguerra), e o desencanto fronte ó progreso e ó positivismo. Parte directamente das experiencias de Van Gogh. Destacará a escola alemana e sobre todo o pintor noruego Munch . Fauvismo: O termino deriva da verba “fauve”(salvaxe) pola forma que tiñan de empregar as cores. As súas influencias fundamentais foron Van Gogh e Gauguin e os principais artistas son Matisse e Dufy. As características máis importantes son: A cor forte, violenta e contrastada aplicada de forma plana, iuxtaposta e en amplas superficies é independente da forma dos obxectos e arbitraria porque expresa os sentimentos. Ausencia de perspectiva e volume (pintura plana). Os temas son intranscendentes: interiores con personaxes, paisaxes, naturezas mortas.

Cubismo: Reclama unha pintura plana, bidimensional, oposta ás técnicas tradicionais de perspectiva e claroscuro. Queren representar unha imaxe simultánea e así se presentan ó mesmo tempo as formas desde varios puntos de vista (o que na realidade é imposible). Representa os obxectos en si, incluso o seu interior. Non hai abstracción, segue sendo realista pero cambiando o xeito de representación. O espacio e o obxecto, volume, fúndense por superposición de planos, non se diferencian. Destacará por suposto Picasso, pero tamén Gris ou Braque.

Page 49: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 153

O cadro máis famoso do século XX é este Guernica de Pablo Picasso. A pesar do difícil do cadro este é absolutamente clásico na súa composición (simétrico, equilibrado,…) e gracias ós múltiples bocetos que durante a realización do cadro nos deixou Picasso é moi doado entender o significado das súas figuras, por exemplo a dor da muller có neno á esquerda do cadro ou o soldado ferido e a muller asoimándose da casa en chamas á dereita.

Actividade 2: O Guernica. “¿Que cren vostedes que é un artista? ¿Un imbécil que só ten os seus ollos se é un pintor, os seus ouvidos se é un músico, unha lira se é un poeta, ou só os seus músculos se é un boxeador? Ö contrario, é ó mesmo tempo un ser político, constantemente atento ós sucesos desgarradores, atroces ou felices, ante os que reacciona. ¿Como sería posible non interesarse nos demáis e, por virtude dunha indiferencia de marfín, desasirse da vida que tan copiosamente nos procuran? Non, non se fai pintura para decorar habitacións. É un instrumento de guerra, de ataque e defensa fronte ó inimigo.” Pablo Picasso.

1. Investiga que pasou en Guernica e por que Picasso pintou este cadro. 2. Lendo o texto anterior que perseguía Picasso con este cadro.

I.3. As vangardas 2 (1918-1945) Dadaismo: Estamos diante dun grupo de artistas que desconformes có sistema de valores burgués, a arte se converte en actividade de protesta por medio de obras antiestéticas que denominan obxectos. A arte forma parte dunha sociedade monstruosa e debe ser aniquilada. Buscan provocar por medio do escándalo, a violencia, a contradicción, todo en contra dos valores estéticos establecidos. Reutilizan materiais, ready-mades. Os artistas máis destacados son Duchamp, Tzara e Arp. Surrealismo: Ten influencia do cubismo (o interior), o Dadá (contra os valores establecidos, a imaxinación non sometida pola razón) e o psicanálise (o inconsciente, os soños, as alucinacións). Haberá neste movemento artistas que serán figurativos e outros que serán abstractos, pero teñen en común:

Superar a realidade exterior e amosar o mundo do inconsciente (subxectividade).

Imaxes do subconsciente, dos sonos, alucinacións (psicanálise).

Os artistas máis importantes serán Klee e de novo dous pintores españois, Dalí e Miró.

“A persistencia da memoria” de Salvador Dalí

Page 50: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 154

“Vista de Madrid” de Antonio López

“Composición. Verán 1944” de Jackson Pollock

“Sopa Campbell” de Andy Warhol

Abstracción: Prescinde do figurativo, é dicir da representación de formas recoñecibles. Concentra a forza expresiva nas formas e cores sen relación algunha coa realidade visual (fin da relación icónica). Crea unha nova linguaxe racionalizadora sen conexión coa natureza: Teoría das cores de Kandinski,... I.4. As vangardas 3 (1945-hoxe)

Expresionismo Abstracto Americano. Busca lograr un automatismo (xa no surrealismo) absoluto, convertido en action painting ou pintura de acción, por medio de técnicas distintas: pincelada xestual rápida, goteo ou chorreado (dripping), frottage, ... con obras de gran formato. O gran mestre deste estilo será Jackson Pollock. Pop Art. Crea novos iconos con motivos da vida cotidiana, seriados, indiferenciados. Pasa a outros medios: cine, deseño, fotografía. Detsacará entre outros moitos artistas Andy Warhol. Minimal. Formas escuetas, simples, xeométricas, de factura impersonal e alto nivel de acabado. Economía de formas (menos é máis) e ausencia de contido. Hiperrealismo. Copia da realidade a xeito de crónica da mesma. As súas obras semellarán fotografías, aínda que pasando sempre pola composición ou imaginación do autor. Destacará sobre todo o español Antonio López.

II.- AS ARTES PLÁSTICAS: ESCULTURA

A escultura sufrirá un cambio radical no século XX, abandoando a busqueda tradicional da beleza e do naturalismo para chegar dende a liberación da forma que supuxo o cubismo, a unha simple elaboración de formas geométricas.

II.1 Primeira metade do século XX (1900-1945)

Page 51: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 155

O primeiro gran escultor da modernidade será Brancusi que tras uns comezos de raigame cubista, pasará a elaborar unha linguaxe escultórica propia, herdeira tamén do expresionismo. As súas figuras chegarán á máxima estilización pero sen caer na abstracción, ou sexa na arte non figurativa. O traballo e experimentación con outros materiais será unha constante dos artistas deste período, e así no uso do ferro destacarán dous escultores españois, Gargallo e Julio González. O último gran artista desta etapa será Henry Moore, dificilmente clasificable, pero sempre recoñecible. As súas influencias partirán da simplicidade do románico, de Picasso e a súa etapa surrealista,... para chegar a unhas obras netamente humanistas tanto na forma como na temática, que en moitas ocasións adquiren un aire monumental e cada vez máis cercano á abstracción.

II.2 Segunda metade do século XX (1945-hoxe) O camiño cara a abstracción será a característica deste amplo e variado período, tanto de artistas que como Gargallo e Moore traballaron na etapa anterior, como de novos escultores como Chillida, que experimentara cunha arte fusión de arquitectura e escultura por medio de enormes bloques de ferro ou Calder, que dará lugar ó chamado arte cinética, na que as obras se suspenden no aire de xeito inestable, conseguíndose así o seu movemento polo aire ou por un sistema de contrapesos (os famoso móviles).

III.- AS ARTES PLÁSTICAS: ARQUITECTURA E URBANISMO

“O bico” de Brancusi “Rei e raiña” de Henry Moore

Page 52: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 156

“Museo Guggenheim” de New York de Frank Lloyd Wright

“Ville Saboie” de Le Corbusier

Dende finais do século XIX xurdiron xa grandes novidades na arquitectura e no urbanismo: ensanches planificados, rañaceos, emprego de novos materiais (aceiro, cristal, formigón,...). Hai varias características nas necesidades arquitectónicas do século XX, que faran que esta evolucione como ningunha das outras artes:

A) En primeiro lugar os edificios e as súas funcións son novos e únicos neste século: aeroportos, estacións de metro, ...

B) O espacio interior será o gran protagonista desta arquitectura e non só facer fachadas.

C) Como norma os edificios deberán ser funcionais. D) Non haberá compromisos có pasado de tal xeito que os arquitectos xogarán con

volumes enteiramente novos.

III.1 Primeira metade do século XX (1900-1945)

A) Racionalismo: simplicidade de formas usando volumes elementais(cubo, cilindro, cono,…), e cunha gran importancia da lóxica constructiva, por encima sempre dos valores ornamentais. Os grandes arquitectos deste período serán Le Corbusier, Mies Van der Rohe e Walter Gropius. Le Corbusier é un gran teórico e os seus principios básicos son cinco: 1. Pilares:A casa e os edificios se construirán sobre pilares, separándose do solo co que o xardín e as rúas poden seguir libremente. 2. Teitos-xardín: as azoteas se empreñan para xardín, piscina, … 3. A fiestra longitudinal que da máis iluminación ó non ser o muro o elemento sustentante. 4. Cada piso pode ser independente do superior e inferior. 5. A fachada pode deseñarse de xeito libre. 2. Organicismo A arquitectura abandonará as formas puras, que para unha parte do público eran un pouco frías para retomar unha nova forma de facer edificios que se baseará no gusto pola liña curva, polas formas redondeadas e pola búsqueda dunha arquitectura integrada na naturaleza e pensando nos homes a quen vai adicada. Será sobre todo a arquitectura de Frank Lloyd Wright, quen destacará por obras como a “Casa da fervenza” ou o “Museo Guggenheim” de New York.

Page 53: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 157

“Edificio da Opera de Disney “de Jorn Utzon

III.2 Segunda metade do século XX (1945-hoxe) A destrucción que sufrira Europa na 2ª GM levará a cabo unha necesidade perentoria de reconstrucción urbana que fará que haxa un enorme esforzo urbanizador que en algúns casos se fixo seguindo as directrices dos teóricos como Le Corbusier. Un exemplo desto é a reconstrucción de Rotterdam que seguiu as pautas marcadas por Le Corbusier. Este desenrolo do urbanismo “teórico” acadará o seu máximo significado no deseño e construcción de Brasilia por Oscar Niemeyer e Lucio Costa, onde partindo dun espacio baleiro se pretendeu construir unha cidade ideal. As características da arquitectura deste período son o gran individualismo dos autores co que temos unha creba importante da unidade estilística, e polo tanto non poderemos falar de escolas ou estilos e a investigación constante de novos materiais e formas cada vez máis arriscadas nas que se fai necesario un amplo dominio da enxeñería, ademáis do propio coñecemento da arquitectura. Actividade 3: ¿arte moderno? 1. Observa a seguinte imaxe, o Pabellón alemán da exposición internacional de Barcelona de 1929 de Mies Van der Rohe e explica se cres que a arquitectura evolucionou moito nos últimos 70 anos. 2. ¿Qué opinión te merecen edificios coma este que se escapan da “normalidade”. 3. Indica algún edificio “moderno” do teu entorno e se podes aporta algunha fotografía.

Page 54: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 158

“Solarización” de Man Ray

IV.- OUTRAS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS. IV.1 A fotografía A fotografía é en principio unicamente unha nova técnica que permite obter imaxes visibles dun obxecto e fixalas sobre un soporte (papel,...). Estamos diante dun invente que combina as leis da óptica coa química e que nace no século XIX. Progresou de xeito extraordinario ó longo do século XX, sobre todo dende que se poideron conseguir soportes fléxibles que recollían a imaxe en negativo (películas enrollables) e cámaras asequibles a tódolos cidadáns (a famosa de 35 mm). Esto sucede en 1925, e moi pronto en 1935 xa aparecerán as primeiras películas en cor (Kodak e Agfa). As melloras nas películas e nas cámaras foron constantes durante o que queda de século, pero a finais deste século xx se produce un cambio que ben poderíamos chamar revolucionario que será a aprición da fotografía dixital, é dicir a que en vez de usar un soporte químico para recibi-la imaxe, será un chip de silicio quen captará os elementos mínimos da imaxe, os píxeles. A fotografía naceu coma unha técnica da que se podían valer os pintores para practicar, das familias para obter retratos dun xeito máis cómodo que acudindo ós pintores e sobre todo como soporte da información, xa que a prensa e os libros antes tiñan que ir acompañados de costosas imaxes realizadas por pintores. Esto será sustituido por fotografías moito máis baratas e que ademáis eran copias fieis da realidade. Pero pronto apareceu un novo uso da fotografía, o artístico, que foi evolucionando có paso do tempo. No século XIX a fotografía buscaba unicamente representar a realidade: era a chamada fotografía pictoralista ou documentalista. No século XX houbo fotógrafos que comezaron a colaborar cos movementos pictóricos de comezos do século (cubismo, abstracción, surrealismo, por exemplo Man Ray,...). Posteriormente a arte fotográfica seguiu diversas tendencias ata chegar ós nosos días:

Reportaxe: Cartier-Bresson, Robert Capa,... Abstracción formal a través de detalles aillados de motivos correntes. Fotografía narrativa. Fotografía publicitaria( revista Vogue,...) Fotoperiodismo no que destaca nos últimos anos o fotógrafo Sebastiao Salgado.

Page 55: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 159

Parque Yosemite serie de fotografías de Alving Langdom:

Igor Stravinsky, fotografiado por Arnold Newman

Morte dun miliciano de Robert Capa

Sahel de Sebastiao Salgado

IV.2 O cinema.

A sucesión de fotografías a gran velocidade produce a sensación de movemento, dando lugar a unha nova disciplina, a cinematografía ou cinema. O cinema será coñecida coma a sétima arte debido a que esta técnica foi utilizada en moitos casos para conseguir unhas doses elevadas de creatividade e cunha gran calidade estética. Pero tamén o cinema é unha industria e así en moitos casos prevalece o sentido do negocio sobre o artístico polo que non poderemos considerar todo o cinema coma unha arte do mesmo xeito que non podemos dicir que todas as fotografías son artísticas. Os comezos (das orixes ata a 2ª GM) De seguro que os creadores do cinema non se decataron das posibilidades da nova rate. Estamos a falar dos Irmáns Lumiére que en 1895 fixeron as primeiras proxeccións de imaxes en movemento con temas da vida cotiá: “Saída dos obreiros da fábrica”, “Entrada do tren na estación”,... Coas súas proxeccións so pretendían reproducir a realidade, non crear nada. O que si que parece que se decatou das posibilidades creativas do invento foi George Mélies, o pai da Ciencia Ficción quen de xeito rudimentario empezou a inventar historias gracias ós trucos fotográficos como o famoso “Viaxe á lúa” (1902). Tamén nos Estados Unidos decatáronse pronto das posibilidades económicas do invento e comezou a chamada guerra das patentes, da que saiu vencedor Thomas Alva Edison

Page 56: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 160

Fairnbanks, Pickford, Griffith e Chaplin, os fundadores da United Artists

que se fixo co control dende New York de todo o nacente mercado do cine nos EEUU. Para romper ese monopolio unha serie de empresarios se xuntaron e marcharon ó outro extremo dos USA, California, para mercar unha finca onde montar uns estudos de grabación independentes en réxime de cooperativa. Esa finca se chamaba Hollywood, e foi o lugar no que se xuntaron directores, guionistas, actores,... para dar lugar ó nacemento desta enorme industria. Nesta primeira etapa o cine non tiña sonido e se acompañaba nos teatros ou salas de proxección de un pianista que seguía unhas partituras que nalgúns casos xa eran feitas ex profeso para cada película. Nesta etapa destacan sobre todo o directos de cine Griffith e actores como Charles Chaplin, Mary Pickford e Douglas Fairnbanks. Precisamente estos catro montaron unha compañía que chegou ata os nosos días, United Artists. Outras compañías famosas deste período tamén perviven na actualidae, Warner Bross, Universal Pictures, Metro Goldwin Mayer,... O cine sonoro nace en 1927 coa proxección da película “O cantor de Jazz” e supuxo unha enorme revolución dentro do mundo do cinema e a desaparición de moitas das grandes estrelas da etapa anterior que non poideron adaptarse ó novo medio. Nesta primeira etapa o cine xa se extendera polo resto do mundo coas características de negocio e espectáculo que xa tiña nos EEUU. Destca sobre todo o cine feito na nacente URSS, un cine posto ó servicio da Revolución Bolxevique e cuio principal director é Serguei M. Einsenstein coa súa obra mestra “O acoirazado Potemkin”. Tamén será moi importante no periodo de entreguerras o cine feito en Francia (René Clair, Jean Renoir,...) e sobre todo a escola expresionista alemana con grandes directores que coa chegada do nazismo fuxirían ós EEUU facendo na maior parte dos casos unha exitosa carreira cinematográfica. Falamos de personaxes como Fritz Lang,Ernst Lubitsch, Billy Wilder,Von Sternberg, Von Stroheim, Douglas Sirk, Otto Preminger,... No tocante a España destacará o director Luís Buñuel quen partindo do cine surrealista en colaboración con Dalí “Un perro andaluz” e documentalista “Las Hurdes, tierra sin pan”, chegará a facerse cun estilo propio que lle valerá o recoñecemento en todo o mundo. Neste periodo anterior á 2ª Guerra Mundial xa apareceran os grandes xéneros do cine dos anos seguintes: cine negro (detectives, mafia,...), o western (recreación en clave épica dos episodios das Guerras Indias e da vida dos Vaqueiros), a comedia romántica, o cine de suspense (co gran director británico Hitchcock desembarcando nos

Page 57: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 161

John Ford foi un dos grandes directores de cine estadounidense, destacando sobre todo no xénero do Western. Esquí aparece na fotografía co seu actor fetiche, John Wayne.

EEUU),...Xa apareceran neste período algunhas características do que será o cine ata os nosos días: Tarefa importante dos productores, as personas que controlan a producción das películas coa súa financiación ou coa busqueda de diñeiro entre inversores e que controlan as películas tanto ou máis coma o propio director. De entre todos destaca a figura de David O’Selznick, productor de películas como Rebecca . Presencia dos chamados directores estrela, ademáis dos xa citados outros moitos como poden ser sobre todo John Ford, Howard Hawks,William Wyler, ... Aparición do chamado Star System, no que algúns actores e actrices por si mesmos teñen a capacidade de asegurar un éxito na taquilla: Gary Cooper, Cary Grant, Greta Garbo, Charles Chaplin, ... O incremento progresivo dos custes pero tamén dos beneficios deste negocio o que fai cada vez máis complicado o proceso de realización dos filmes e máis dependente polo tanto dos estudos e dos productores, en detrimento do poder dos creadores. O predominio do cinema estadounidense sobre o doutros continentes. O crecemento (dende a 2ª GM ata 1980) O desenrolo do cine nos EEUU tivo algúns atrancos despois da 2ª Guerra Mundial coa chegada da Guerra Fría e coa persecución de moitos intelectuais residentes en USA acusados de comunistas polo senador McCarthy. Sufriron persecución entre outros Chaplin, Welles, ...que acabaron fixando a súa residencia fora dos EEUU. Tamén se mantiveron códigos de conducta “autoimpostos” pola industria coma o código Hays e que eran debidos á presión sempre forte nese país dos grupos puritamos partidarios de impoñer un férreo control da moralidade. Esto provocou un aletargamento da capacidade creativa de moitos directores e do cine estadounidense. Por este código por exemplo non se podía amosar unha cama de matrimonio xa que podía dar a entender que alí se practicaba o sexo, ¡mesmo entre personas casadas!!!! Fora dos EEUU xurdiron cinemas moi potentes coma por exemplo o neorrealismo italiano (De Sicca, Rossellini, Fellini,...) que tentaba amosar con crudeza as pésimas condicións de vida da Italia da postguerra; a visión nórdica do xenial director sueco Ingmar Bergmann; xa nos sesenta o cinema francés da chamada nouvelle vague (Truffaut, Godard, Rohmer,...); o cine xaponés co gran Akira Kurosawa ou o nacemento da gran industria do cinema indio. A partires dos anos 80 o cine norteamericano volve a acadar unha posición de privilexio no mercado mundial debido ó enorme potencial económico e á chegada dunha nova xeira de directores creativos coma Spielberg, Coppola, George Lucas, Scorsese, Woody Allen,...

Page 58: Libro de CCSS de 4º da ESO 3º Bloque

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 162

Actividade 4: ¿É o cine unha arte? 1. Indica algunha película que viras ultimamente que penses que se poida considerar artística explicando o por que. 2. ¿Sabes o nome dalgún director de cine dalgunhas das películas que fuches ver no último ano?. ¿E de algún actor? 3.¿Cando vas ó cine como escolles a película: pola historia, polos actores, polo directos,...? 4.¿Cal cres que é a mellor película da historia? ¿Por qué? 5.¿Por que dicimos que o cine é unha arte colectiva? 6.Investiga quenes son os seguintes participantes na confección dunha película: productor, script, director de fotografía, extra, dobre, actro de reparto, maquillador, compositor da música, guionista. 7.¿Quen cres que é máis importante de todos os que participan nunha película?

Actividade 5: ¿Qué sabes de cinema? Identifica a estos personaxes do mundo do cinema, indicando todo o que saibas de cada un deles: